programación xeografía españa 2014 2015

20

Upload: agrela-elvixeo

Post on 14-Jul-2015

112 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

ÍNDICE 1. Marco lexislativo 2. Obxectivos xerais. 3. Bloques de coñecementos 4. Secuenciación de contidos 5. Obxectivos e contidos por bloques temáticos e un idades 6. Metodoloxía, materiais e recursos 7. Avaliación 7.1. Procedemento de avaliación 7.2. Criterios de cualificación 7.3. Contidos mínimos

2 2 3 8 9

17 18 18 18 19

1. MARCO LEXISLATIVO A lexislación correspondente (Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 23 de xuño de 2008) establece o currículo de Xeografía de 2º de bacharelato, de onde se desprenden os OBXECTIVOS que debe alcanzar o ensino da Xeografía e os CONTIDOS; polo tanto, qué debe ensinarse e qué debe aprender e coñecer o alumno. Por outro lado esta lexislación vixente condiciona a regulación das probas e as condicións de acceso aos ensinos de grao, e os procedementos de admisión ás universidades do Sistema Universitario de Galicia. Tendo en conta estes dous aspectos, adaptamos a programación de xeografía a estas dúas referencias.

1. OBXECTIVOS XERAIS O proceso de ensino-aprendizaxe desta materia debe contribuír a que os alumnos e as alumnas desenvolvan as seguintes capacidades: 1. Ser capaz de identificar os rasgos xeográficos-históricos que individualizan ó territorio español (atendendo máis concretamente ó espacio galego) en relación con outros países do mundo. 2. Comprender e coñecer os conceptos básicos que explican a realidade do medio natural español (acentuando o ámbito galego): relevo, clima, vexetación, hidrografía, etc., individualizando os trazos destes en relación co seu contorno. 3. Dominar os procedementos específicos que o método xeográfico utiliza: cartografía, gráficos, tratamento de datos estatísticos, imaxe, comentario de texto, etc. 4. Ser conscientes da desigual distribución xeográfica da poboación, nos súas diferentes categorías comprendendo a súa dinámica, estructura e problemas demográficos que poidan presentarse no futuro. 5. Identificar e describir as características do mundo rural e das zonas industriais de España. Analizando en profundidade o caso galego.

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 3

6. Interrelacionar mapas de redes de transporte coas do medio físico, redes urbanas, zonas industriais e zonas turísticas, establecendo implicacións e sacando conclusións sobre a articulación do espacio e ordenación do territorio. 7. Comprender e explicar, nas súas coordenadas temporais e espaciais, os principais procesos urbanos que xeraron unha organización territorial que privilexia en grande parte as áreas litorais, xunto con algúns puntos escasos do interior. 8. Ser conscientes dos graves problemas producidos a causa de actuacións incorrectas: contaminación, degradación urbana, desforestación, degradación ambiental, desertización, etc. 9. Comprender as consecuencias espaciais da integración de España (e de Galicia) na Comunidade Europea, e da interacción con outros ámbitos xeopolíticos mundiais. 3. BLOQUE DE COÑECEMENTOS Atendendo aos criterios das orientacións do Grupo de Traballo de Xeografía das PAU tendo como marco o deseño curricular base (DCB) de Xeografía de España elaborado a partir da LOE, a programación deste departamento estruturase nos seguintes bloques de coñecementos: BLOQUE IV A ORGANIZACIÓN POLÍTICO ADMINISTRATIVA ES PAÑOLA. CONSTRASTES E POLÍTICAS REXIONAIS Os obxectivos serán: que o alumnado identifique e analice os cambios xerais que tiveron lugar ao longo da historia na organización territorial do Estado español. É necesario coñecer as bases do proceso histórico da división administrativa, resaltando as etapas máis significativas (a Reconquista como base da diferenciación do Estado; o uniformismo borbónico cos Decretos de Nueva Planta; a división provincial promovida por Javier de Burgos base do modelo provincial actual; os nacionalismos, o novo mapa das Autonomías, partindo da regulación que destas fai a Constitución española actual. É necesario, tamén, sinalar as diferencias máis evidentes entre as Comunidades Autónomas actuais (tamaño, poboación, poboamento, carácter histórico, capitalidade, trazos económicos xerais...).

Tamén contará con outra unidade que fale dos contrastes rexionais e as políticas que se aplican, tanto a nivel autonómico, estatal e da UE para vencer estes desequilibrios e os seus resultados. Este bloque conta con dúas unidades : Unidade 1. Organización político-administrativa act ual española

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 4

11. Evolución histórica 1.2. Formas de goberno. A democracia 1.3. A organización territorial do Estado español Unidade 2. Contrastes e políticas rexionais en Espa ña 2.1. Antecedentes históricos 2.2. Desequilibrios territoriais 2.3. Factores de transformacións 2.4. Políticas rexionais Este bloque traballarase no 3º trimestre e fusionarase nunha unidade didáctica: Organización política de España. Os contrastres rex ionais BLOQUE I NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN ESPAÑA Ten como obxectivo que o alumnado localice e coñeza as características máis relevantes de: As formas maiores do relevo do territorio do Estado (continental e litoral), en relación cos grandes tipos de rochas (silíceas, calcarias, arxilosas...) e os acontecementos principais da súa evolución xeolóxica (as oroxenias herciniana e alpina fundamentalmente). Os grandes dominios climáticos (oceánico, interior, mediterráneo, de montaña) identificando os elementos das situacións atmosféricas como os centros de acción (anticiclóns, borrascas), masas de ar (polares, tropicais) e frontes (fríos, cálidos) en mapas de superficie e comentando as súas consecuencias termopluviométricas. A auga. As grandes arterias fluviais (cursos, bacías, vertentes), lagos e capas freáticas e a súa dinámica (réximes simples) en relación cos caracteres morfolóxicos e climáticos do territorio, así como os problemas que do aproveitamento do auga en España. Os dominios bioclimáticos que destacan en cada unha das áreas climáticas anteriormente citadas; as principais formacións vexetais (arbóreas e arbustivas) e tipos de paisaxe resultante no contexto da Iberia Húmida, Iberia Seca e Árida; as consecuencias da acción antrópica. Sinalar que estes apartados, anteriormente descritos, teñen que estar relacionados cun enfoque ecoxeográfico onde acción antrópica modifica e altera o medio natural. Este bloque conta con seis unidades : Unidade 3. O relevo. Diversidade xeolóxica e morfol óxica 3.1. Formación e evolución xeolóxica 3.2. Variedade litolóxica e formas do relevo diferencial 3.3. Unidades morfoestruturais 3.4. O litoral español: cantábrico, atlántico e mediterráneo.

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 5

Unidade 4. O clima. Diversidade climática 4.1. Factores xeográficos e termodinámicos do clima 4.2. Tipos de tempo 4.3. Dominios climáticos: atlántico, mediterráneo, de interior, de montaña,

subtropical. Unidade 5. As augas. Diversidade hídrica 5.1. Concas hidrográficas e tipos de réximes fluviais 5.2. Lagos, lagoas, zonas húmidas costeiras 5.3. Problemas dos recursos hídricos: transvases, desalinización, recuperación

de acuíferos, saneamentos dos ríos. Unidade 6. Diversidade bioxeográfica 6.1. Factores da diversidade bioxeográfica 6.2. Paisaxes vexetais: atlántico, mediterráneo, canario e de montaña 6.3. O solo: composición e valor do solo Unidade 7. Natureza e medio ambiente de Galicia 7.1. O relevo de Galicia 7.2. Os climas e o medio natural de Galicia Unidade 8. Riscos e problemas ambientais 8.1. Repercusións ambientais da acción humana: Contaminación, cambio

climático, pegada ecolóxica. 8.2. Respostas e solucións cara a sustentabilidade. 8.3. A paisaxe: recurso común, interpretación e transformacións recentes 8.4. O patrimonio natural español e categorías de protección Este bloque (o máis amplo da programación) traballarase entre o 1º e 2º trimestre e fusionarase en catro unidades didácticas integrando a unidade 7 Natureza e medio ambiente en Galicia nas catro primeiras e a unidade 8 Riscos e problemas ambientais na unidade 5 referente ás augas e na unidade 6 sobre diversidade bioxeográfica. BLOQUE III A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN Ten como obxectivo que o alumnado coñeza a evolución dos efectivos humanos na súa secuencia histórica, de xeito que posúa un contexto temporal e espacial para analizar: A evolución xeral da poboación española: o movemento natural (natalidade, mortalidade, fecundidade, crecemento vexetativo, esperanza de

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 6

vida); (os movementos migratorios internacionais e interiores (emigración, inmigración, saldo); a distribución espacial (densidade) e a estructura por idade e sexo. O proceso de urbanización nas súas etapas principais (preindustrial, industrial e posindustrial) e a configuración da rede urbana. A morfoloxía e estrutura urbana e a súa configuración no plano, distinguindo no interior da cidade as áreas funcionais e históricas que conforman a súa paisaxe con exemplos en Galicia. Este bloque de contidos traballarase no 2º trimestre e contará con dúas unidades didácticas , unha adicada á demografía e outra referente ao proceso de urbanización e ó urbanismo. Unidade 9. A poboación española 9.1. Dinámica de poboación 9.2. Os movementos naturais de poboación 9.3. Mobilidade espacial da poboación e debate sobre a imigración 9.4. A estrutura demográfica: idade, sexo e actividade económica 9.5. Distribución espacial Unidade 10. O sistema urbano 10.1. O proceso de urbanización en España 10.1.1. O concepto de cidade 10.1.2. Axentes sociais urbanos 10.1.3. Urbanismo e ordenación do territorio 10.1.4. Morfoloxía (tipos de planos) 10.1.5. Funcións urbanas 10.2. Fenómeno urbano en España 10.2.1. A cidade preindustrial 10.2.2. A cidade industrial 10.2.3. A cidade posindustrial 10.2.4. Xerarquías e redes urbanas en España 10.3. Transformacións recentes na estrutura das cidades 10.3.1. A cidade difusa 10.3.2. Os cambios no centro urbano (degradación /vs/ rehabilitación) 10.3.3. Cambios no uso no solo urbano 10.4. Impacto ambiental da urbanización Este bloque de contidos traballarase no 2º trimestre e contará coas dúas unidades didácticas anteriormente mencionadas. BLOQUE II TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN ES PAÑA Preténdese que o alumnado distinga os diferentes sectores de actividade económica (primario, secundario, terciario) en relación coa estructura da

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 7

poboación e os recursos existentes no territorio. Isto supón que interprete: Os factores que explican a organización da explotación dos recursos

agrícolas (elementos, sistemas de cultivo, paisaxe) e as principais rexións pesqueiras, analizando os problemas de ambos no marco da UE.

As materias primas e fontes de enerxía así como as condicións de desenvolvemento industrial no Estado español e os seus contrastes espaciais: fases da industrialización, factores de localización, desequilibrios rexionais e reconversión industrial.

A articulación das actividades terciarias como elemento organizador da canalización de bens e servizos (comercio, transporte, comunicacións, lecer e turismo). Este bloque de contidos disporá de tres unidades didácticas que se traballarán no 2º e 3º trimestre. Unidade 11. Cambios e permanencias no sector primar io 11.1. Usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos 11.2. A estrutura agraria e as súas transformacións recentes (UE) 11.3. O desenvolvemento da gandería española e as súas transformacións 11.4. A explotación dos bosques 11.5. As paisaxes agrarias: atlántica, mediterránea, de interior, canaria e de

montaña 11.6. A pesca e os espazos pesqueiros Unidade 12. A restruturación dos espazos industriai s 12.1. Proceso e factores da industrialización española 12.2. O tecido industrial español e os seus contrastes 12.3. Gran variedade de paisaxes industriais 12.3.1. Áreas de antiga industrialización 12.3.2. En áreas urbanas e rurais 12.3.3. Paisaxes de innovación 12.4. Situación actual da industria: desafías e globalización 12.5. A enerxía: a diversidade de fontes de enerxía Unidade 13. España unha economía de servizos 13.1. Terciarización da economía e sociedade do benestar 13.2. Distribución comercial e espazos do consumo 13.3. Os servizos financeiros e a súa organización espacial e a balanza de

pagamentos 13.4. Transporte e comunicacións 13.5. Os espazos turísticos 13.5.1. Paisaxes turísticas 13.5.2. Impactos e políticas de ordenación

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 8

BLOQUE V ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO Este bloque trata da situación de España na Unión Europea, da globalización e as súas consecuencias e a proxección que ten o noso país en múltiples áreas do planeta fundamentalmente nos países iberoamericanos.

Este bloque ten dúas unidades didácticas que serán tratadas no último

trimestre.

Unidade 14. Unión Europea 14.1. Institucións e órganos da UE 14.2. A construción da UE 14.3. España no contexto da UE e balance da adhesións Unidade 15. España no mundo 15.1. Globalización económica 15.2. O novo escenario xeopolítico 15.2.1. Desigualdade económica 15.2.2. Comercio desigual, débeda externa 15.3. Posición de España no mundo

4. SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS

II BLOQUE DE CONTIDOS: NATUREZA E MEDIOAMBIENTE EN ESPAÑA 1º e 2º TRIMESTRE. 1ª e 2ª AVALIACIÓN (40/50 sesións). UNIDADE 3. O relevo. Diversidade xeolóxica e morfolóxica UNIDADE 4. O clima. Diversidade climática UNIDADE 5. As augas. Diversidade hídrica UNIDADE 6. Diversidade bioxeográfica. UNIDADE 7. Natureza e medio ambiente de Galicia UNIDADE 8. Riscos e problemas ambientais III BLOQUE DE CONTIDOS: A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN 2º. TRIMESTRE. 2ª AVALIACIÓN (25 sesións)

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 9

UNIDADE 9. A poboación española. UNIDADE 10. O sistema urbano. II BLOQUE DE CONTIDOS. TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN ESPAÑA 2º e 3º TRIMESTRE. 2ª e 3ª AVALIACIÓN (30 sesións)

UNIDADE 11. Cambios e permanencias no sector primar io UNIDADE 12. A restruturación dos espazos industria is UNIDADE 13. España unha economía de servizos IV BLOQUE DE CONTIDOS: A ORGANIZACIÓN POLÍTICO ADMINISTRATIVA ESPAÑOLA, CONSTRASTES E POLÍTICAS REXIONAIS 3º TRIMESTRE. 1ª AVALICACIÓN (8 sesións). UNIDADE 1. A organización politico-administrativa a ctual española UNIDADE 2. Contrastes e políticas rexionais de Espa ña

V BLOQUE DE CONTIDOS. ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO 3º TRIMESTRE. 3ª AVALIACIÓN (8 sesións) UNIDADE 14. Unión Europea UNIDADE 15. España no mundo 5. OBXECTIVOS E CONTIDOS POR BLOQUES TEMÁTICOS E UN IDADES. 3.3. Contidos actitudinais. • Tomar conciencia da pluralidade que hai dentro do Estado español. Con pobos e culturas

diferenciadas. • Ser solidarios ante os problemas de atraso económico que algunhas das áreas do territorio

estatal ten. I BLOQUE DE CONTIDOS: NATUREZA E MEDIOAMBIENTE EN E SPAÑA.. 1º trimestre. 1ª avaliación. (Unidade 3. O relevo, Uni dade 3. O clima, Unidade 4. As augas, Unidade 5. Diversidade bioxeográfica, Unidade 7. Natureza e medio ambiente en Galicia e Unidade 8. Riscos e pro blemas ambientais) 1. Obxectivos didácticos.

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 10

A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas Canarias e Baleares.

Tipos de unidades morfoestruturais: zócolo, macizos antigos, cordilleiras de pegamento, cuncas hidrográficas.

b) O Relevo de Galicia. c) Factores xeográficos e termodinámicos do clima. d) Tipos de tempo. e) Os grandes dominios climáticos. f) Climas e medio natural en Galicia. g) Os recursos hídricos. h) Concas hidrográficas e tipos de réxime fluvial. i) Lagos, lagoas e zonas húmidas costeiras. j) Problemas dos recursos hídricos. k) Factores da diversidade bioxeográfica: situación xeográfica, procesos naturais e acción

antrópica. l) Os principais dominios bioclimáticos. m) Problemas ambientais: contaminación, cambio climático e pegada ecolóxica 2. Criterios básicos. Ao finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. • Principais unidades de relevo. • Evolución xeolóxica da Península Ibérica. • Materiais litolóxicos. • Tempo e clima. Principais elementos atmosféricos e factores climáticos. • Hidrografía de España. Principais concas. Réxime hidrolóxico español. • Os solos españois. Tipos de solo. • A vexetación en España. Principais dominios bioclimáticos. • Principais problemas medio ambientais. 3.2. Contidos procedimentais. • Elaboración e análise de mapas de relevo: España e Galicia. • Comentario de mapas do tempo da Península Ibérica. • Comentario guiado dun fragmento dun mapa toporgráfico. • Comentario de perfís topográficos. • Comentario do mapa litolóxico de España. • Comentario de debuxos e gráficos con tipo de modelaxe: granítica, cárstica, glaciar ou

volcánica. • Comentario de imaxes identificativas de badlands, páramos, canóns. • Comentaría de mapas do tempo en superficie: advección do Oeste, anticiclón de verán e gota

fría. • Comentario de climogramas • Comentario de mapa de temperaturas e precipitacións medias • Comentario do mapa dos climas de España • Comentario de gráficos con rexímenes hídricos (hidrogramas: nival, nivo-pluvial, pluvio-nival,

pluvial oceánico, pluvial mediterráneo) dos principais rios españois. • Análise das concas hidrográficas. • Localización dos principais ríos.

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 11

• Comentario de mapas temáticos sobre vexetación, solos e material litolóxico. • Comentario das principais áreas afectadas pola contaminación. 3.3. Contidos actitudinais. • Preocupación por preservar o entorno e o medioambiente. III BLOQUE DE CONTIDOS: A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN. Unidade 9. A poboación española. 2º trimestre. 2º avaliación. 1. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Evolución e distribución da poboación. b) Crecemento natural da poboación. c) Mobilidade espacial: migracións. d) Estructura demográfica. e) Procesos de concentración e urbanización. f) Proxección de futuro: política demográfica. 2. Criterios básicos. Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. a) Distribución da poboación. b) Evolución espacial e histórica. c) Crecemento natural. Esperanza de vida. d) Mobilidade espacial: migracións interiores e exteriores. Evolución histórica. e) Estructura demográfica: poboación por idades, por actividade e ocupación. f) Proceso de concentración urbana e éxodo rural. g) Política demográfica. 3.2. Contidos procedimentais. • Realizar e comentar mapas de densidades e distribución da poboación, resaltando as

diferencias entre as distintas rexións. • Realizar gráficos e comentarios do crecemento natural da poboación destacando as fases

máis importantes na evolución da natalidade, mortalidade e mortalidade infantil. • Saber comparar diversas taxas poboacionais de diferentes CC_AA. • Saber utilizar as fontes para o estudio da poboación. • Saber comentar mapas dos movementos de poboación. • Saber comentar as pirámides de poboación. 3.3. Contidos actitudinais. • Preocupación polos temas demográficos. • Erradicar todo comportamento de xenofobia e chouvinismo fronte as outras culturas e

inmigrantes.

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 12

III BLOQUE DE CONTIDOS. A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN . Unidade 10. O sistema urbano. (10/12 sesións). 2ª avaliación

1. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Proceso de urbanización. b) Funcións e usos do chan. c) O urbanismo como regulador e ordenador do espacio. d) A paisaxe urbana: o plano e as súas transformacións. e) Os problemas da cidade. 2. Criterios básicos. Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. • Proceso de urbanización en España. primeiras etapas de formación: localización e

emplazamento. Crecemento urbano: cidades preindustriais, industriais e posindustriais. Recente aceleración do proceso de urbanización: estado da cuestión, definición de cidade, definición de urbanización. Funcións das cidades e usos do chan. Usos do chan e as súas modificacións, axentes que interveñen, poboación activa urbana, crecente terciarización das actividade urbanas.

• Urbanismo como regulador e ordenador do espacio: proceso característico da cidade posindustrial. Área de influencia das cidades. Rápida transformación dos espacios periurbanos. Difusión dos xeitos de vida urbanos no medio rural.

• Xerarquización urbana. Aglomeración urbana. Planificación urbana e territorial. • A paisaxe urbana: o plano urbano. Transformacións. Desenvolvemento máis profundo da

cidade próxima. Edificacións. Transformacións urbanas de rehabilitación, remodelación, equipamentos e espacios varios.

• Os problemas da cidade: diferenciación por barrios, calidade de vida, recepción de inmigrantes,

3.2. Contidos procedimentais. • Representación e análise dun gráfico que represente o incremento das actividades

terciarias nas cidades. • Elaborar e comentar un mapa que ofreza a xerarquización urbana das cidades españolas. • Elaborar e comentar un mapa que ofreza a xerarquización urbana das cidades galegas. • Sobre un plano da cidade: elaborar e distinguir as fases do seu crecemento. • Recoñecer e identificar os distintos tipos de planos de cidades españolas a través de

transparencias. • Analizar mediante transparencias superpostas algunha das redes de equipamento básico

das cidades valorando a súa densidade ou deficiencias. 1.1. Contidos actitudinais. • Distinguir os espacios de pobreza e riqueza que se dan dentro da cidade. Intentando dar

solucións a aquelas áreas máis desfavorecidas desta.

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 13

II BLOQUE DE CONTIDOS: TERRITORIO E ACTIVIDADES ECO NÓMICAS EN ESPAÑA Unidade 11. Cambios e permanencias no sec tor primario. (8 sesións) 2ª avaliación 1. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Factores da actividade agraria: medio, propiedade... b) Valoración económica do espacio rural. c) Diversidade dos espacios agrarios españois. d) Estructura da actividade pesqueira. e) A producción pesqueira. f) A transformación dos recursos pesqueiros. 2. Criterios básicos. Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. • Factores da actividade agraria: medio natural, poboación activa agraria, propiedade,

explotacións, desenvolvemento científico e técnico, políticas agrarias. • Valoración económica do espacio rural: aportación ó PIB, usos do solo e principais

aproveitamentos, transformacións agroindustriais, comercialización e entrada na UE, outras actividades do medio rural.

• Diversidade dos espacios agrarios españois. • Estructura da actividade pesqueira: caladoiros, poboación activa, flota pesqueira, principais

portos. • A producción pesqueira: extensión das augas xurisdiccionais dos países ricos en caladoiros e

acordos bilaterais para o acceso dos barcos españois, incidencia da política pesqueira da UE e do norte de África na producción pesqueira española, especies capturadas e desembarcos por rexións, a súa evolución, importacións e exportacións pesqueiras, acuicultura.

3.2. Contidos procedimentais. • Identificar as paisaxes rurais a través de fotografías. • Utilización de datos, tanto numéricos como os reflexados en gráficos que sirvan para

valorar a traxectoria dalgúns aspectos agrarios e elaborar hipóteses novas. • Pasar os datos a gráficos para avaliar correcta e adecuadamente a representación que os

alumnos fan. • Utilización de textos de natureza descriptiva analizando tipos de paisaxes e tamén aqueles

que inviten a interrelacionar os aspectos que aparecen. • Utilización de mapas temáticos para saber comentar os mapas de cultivo e

aproveitamentos. • Utilización de anuarios de estatística agraria para aprender a buscar os datos nas fontes de

xeografía. • Análise do mapa onde se reflecten os caladoiros máis importantes onde faenan os

pesqueiros españois. • Análise do censo da flota pesqueira. • Análise dos datos de importacións e exporatacións pesqueiras do noso país. • Descripción e comentario dalgunha arte de pesca.

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 14

• Debate sobre o futuro e posibilidade da acuicultura. 1.2. Contidos actitudinais. • Valoración e diferenciación das actividades económicas do noso país. • Preocupación polo rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de

información utilizada polo alumno.

II BLOQUE DE CONTIDOS. TERRITORIO E ACTIVIDADES ECO NÓMICAS EN ESPAÑA. Unidade 12. A restruturación dos espazos industriais 3ª avaliación. (15 sesións) 1. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Fontes de enerxía e materias primas en España. Localización dos principais xacementos e

importancia destas no marco internacional. b) Etapas da industrialización en españa. c) Factores que limitaron a industrialización e o seu desenvolvemento tardío. d) Importancia da actividade industrial. e) Localización das principais áreas industriais en España. f) Problemas do sector industrial na actualidade: a reconversión industrial. 2. Criterios básicos. Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. • Etapas da industrialización: focos industriais orixinais e factores que os impulsaron. Política

industrial ó longo do último século. • Factores que limitan a industrialización: escasez de materias primas; materias primas

renovabeis e non renovabeis, dependencia das fontes de enerxía: producción escasa, consumo elevado; fontes enerxéticas alternativas. Política enerxética.

• Importancia da actividade industrial: poboación activa, aportación ó PIB, principais sectores de producción: a súa distribución e a súa importancia, estructura empresarial.

• Localización actual das industrias españolas: rexións industriais. Desequilibrios espaciais. Novas pautas de industrialización: alternativa dos poderes públicos e industrialización endóxena.

• Problemas do sector industrial: reconversión dos sectores tradicionais en crise polos problemas enerxéticos, os cambios no proceso productivo, a aparición de novos factores de localización. Impacto desigual, tanto en sectores como en rexións, da necesidade de reconversión. Acordos e relacións coa UE. Incidencia ambiental: sectores máis conflictivos, rexións máis afectadas, medidas de protección ambiental.

3.2. Contidos procedimentais. • Comentario do mapa de España onde se sinale a localización de materias primas e fontes

de enerxía. • Comentar algún texto obtido da prensa no que se analice a situación industrial española do

momento en relación coa escasez de materias primas e fontes de enerxía. • Comparar datos de poboación activa, aportación da industria ó PIB cos doutros países

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 15

europeos. • Analizar comparativamente organigramas do proceso de producción de empresas de

diferentes sectores. • Análise e comentario do mapa da localización das zonas industriais de España. • Identificar e comentar o plano dunha área industrial importante do país. • Comentario de mapa detallado ou fotografía aérea onde se sinale a ubicación dalgunha

zona industrial planificada (ZUR, parques industriais...) de onde deben destacarse os factores que decidiron esta localización, tipos de industria que se foron asentanto no espacio.

1.3. Contidos actitudinais. • Valoración e diferenciación das actividades económicas do noso país. • Preocupación polo rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de

información utilizada polo alumno. IV BLOQUE DE CONTIDOS: O TERRITORIO DO ESTADO ESPAÑ OL. UNIDADE 1. Organización político-administrativa act ual. UNIDADE 2. Contrastes e políticas rexionais en España (8 sesió ns) 3º trimestre. 3ª avaliación. 2. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Situación e configuración xeográfica de España. b) Rexións e paisaxes diferentes das illas e a península. c) Evolución histórica da divisón administrativa do Estado español. d) A ordenación do territorio: entidades locais e CC_AA. e) España no marco da UE. f) Os desequilibrios rexionais e as políticas para corrixir estes. 3. Criterios básicos. O finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 4. Contidos. 4.1. Contidos conceptuais. • Situación e configuración do territorio estatal. • Rexións e paisaxes. • Fases históricas na división administrativa do Estado español. • A ordenación territorial: as CC_AA e entidades locais segundo o título VIII da Constitución

española. • Desequilibrios territoriais • España no marco da UE. Políticas rexionais. 4.2. Contidos procedimentais. • Análise e interpretación de mapas históricos onde se contemple a evolución e os cambios na

división administrativa. • Saber comentar a división administrativa do mapa do Estado español actual. • Comentario dun texto de actualidade sobre algunha cuestión referente aos problemas das

competencias entre concellos, CC.AA. e Estado Central.

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 16

• Mapa de crecemento do PIB das CC.AA. • Gráficas de índices de benestar social das CC.AA.

II BLOQUE DE CONTIDOS. TERRITORIO E ACTIVIDADES ECO NÓMICAS EN ESPAÑA Unidade 13. España unha economía de servi zos. 3ª avaliación. (10 sesións) 1. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Coñecer as actividades do sector terciario: transporte e comunicacións. b) Comercio. c) Actividades de ocio. O turismo. d) Outras actividades do sector servicios. 2. Criterios básicos. Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. • Transporte e comunicacións: tipos e redes de transporte, a súa incidencia no espacio e a súa

dependencia del. As infraestructuras. Vertebración territorial e desequilibrios no sistema español de transporte: eixos máis activos, transporte de cercanías, transporte de mercancías. Planificación de novas redes e sistemas de transporte. Novas formas de comunicación. Impacto espacial e medioambiental.

• Comercio: a súa importancia, factores de localización comercial. Desequilibrios territoriais. Desequilibrios dentro dos espacios urbanos. Comercio interior: tradicional, novas formas de comercio (especialización), circuitos de comercialización.

• Actividades de ocio: recreo, culturais. O turismo. • Outras actividades: educación, sanidade, funcións administrativas, servicios financeiros... 3.2. Contidos procedimentais. • Comentario e representación dos datos da poboación activa e da aportación deste sector ó

PIB. • Comentario de mapas que reflecten as redes de cada tipo de transporte, resaltando os

desequilibrios, as ausencias nas zonas economicamente deprimidas. • Elaboración e comentario de mapas de fluxos de transportes. • Elaborar unha gráfica e analizar o volume de importacións e exportacións. • Localizar nun plano as grandes superficies comerciais nalgunha cidade próxima e analizala. • Elaboración e comentario dun mapa de España onde se mostren os focos máis importantes

de concentración turística. • Representar a rede educativa e sanitaria de Galicia e comentala facendo valoracións e

suxerencias. 4.3. Contidos actitudinais. • Valoración e diferenciación das actividades económicas do noso país. • Preocupación polo rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de

información utilizada polo alumno.

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 17

V BLOQUE DE CONTIDOS. ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO U nidade 14. A Unión Europea. Unidade 15. España no mundo. 3ª avaliación. (8 sesións) 1. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Institucións e órganos da UE. b) A construción da UE. c) España na UE e balance da súa adhesión. d) Desigualdade no mundo. e) Globalización e impacto na sociedade e economía española. f) Posición de España no mundo principalmente cos países Iberoamericanos e conca

mediterránea. 2. Criterios básicos. Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. • Fases de ampliación da UE. • Institucións da UE. • España na UE e balance da súa adhesión. • Globalización económica. • Un novo escenario xeopolítico: desigualdade no mundo, comercio desigual. • Posición de España no mundo. 3.2. Contidos procedimentais. • Comentario dun texto de actualidade sobre distintos problemas entre España e a UE. • Comentario do mapa do PIB per cápita en Europa e no mundo. • Comentario de gráfica de débeda externa total por rexións do mundo. • Comentario da gráfica ou táboa do índice de desenvolvemento humano no mundo. 4.4. Contidos actitudinais. • Crítica as desigualdades xeradas polo fenómeno da globalización. • Preocupación polo rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de

información utilizada polo alumno.

6. METODOLOXÍA, MATERIAIS E RECURSOS

O método pretende ser activo na medida do posible aínda que, para este curso, dispoñemos de poucos recursos didácticos. Pretendemos lograr un desenvolvemento das capacidades críticas, perceptivas e comunicativas do alumando. O obxectivo fundamental é conseguir unha madurez que permita percibir a realidade do entorno baseándose no coñecemento da súa evolución. •••• Intentarase que a explicación teórica (á que non renunciamos) este equilibrada coa

realización de actividades prácticas (comentarios e exposicións). •••• Usaranse medios informáticos e audiovisuais (principalmente as TIC). Para iso todos os

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 18

contidos, presentacións e actividades estarán presentes na aula virtual da páxina web do instituto.

•••• Como elementos básicos no proceso de aprendizaxe e como forma máis atractiva para a asimilación dos conceptos, unidos a mapas de diferentes escalas, gráficos e textos que serán a base sobre a que se sustentará a maioría das clases.

•••• Preténdese que o alumnado alcance soltura no manexo de fontes, tanto como material de consulta, como para desenvolver os rudimentos dun traballo investigador principio do campo xeográfico.

•••• Como materiais didácticos utilizarase: vídeos, mapas temáticos, diapositivas, gráficos, libros de consulta, artigos de prensa, fotografía aérea, planos...

•••• Na programación de aula de cada unidade especificarase de forma máis concreta os tipos de materiais e actividades que se van a desenvolver para lograr os obxectivos.

•••• O libro de texto utilizado será: Mª Concepción Muñoz-Delgado y Mérida. Xeografía. Editorial Anaya. (ISBN 978-84-667-8331-6)

•••• Ademais estará acompañado polo material de apoio elaborado polo departamento de Xeografía e Historia do IES Elviña e que se pode ver e descargar da páxina web do instituto: http://www.edu.xunta.es/centros/ieselvina/aulavirtu al/course/view.php?id=26 . Ou do blog: http://agrelaelvina.blogspot.com/

7. AVALIACIÓN 7.1. Procedemento de avaliación

Ao finalizar cada dúas unidades didácticas o alumnado realizará unha proba escrita que versará sobre os conceptos e procedementos que se traballaron. As cuestións serán semellantes ós exercicios realizados previamente.

Os procedementos expostos serán utilizados en cada un dos tres períodos de avaliación en que se secuenciaron os contidos.

O exame constará de tres partes (idénticas ao exercicio que se fará nas PAU): a) Definición breve de cinco conceptos xeográficos básicos relacionados cos temas. b) Desenvolvemento dun tema de xeografía. c) Lectura, interpretación, explicación e análise crítico dun documento gráfico.

Realizarase como mínimo dous parciais por trimestre.

7.2. Criterios de cualificación

A primeira pregunta (definicións ) terá unha puntuación máxima de 2 puntos (0’4 por concepto ). Requírese resposta breve (máximo cinco liñas) e concreta (utilizando termos con significado xeográfico), que cumpla o criterio fundamental de toda definición (non repetir o concepto a definir na mesma).

A segunda pregunta (desenvolvemento dun tema ou unha cuestión ) terá unha

puntuación máxima de 4 puntos . Solicítase que o alumno responda á cuestión proposta da forma máis completa posible, é decir, plantexando a resposta en base ós caracteres xeográficos máis relevantes do tema; valorarase a organización dos contidos, o nivel explicativo do seu desenvolvemento, e a capacidade para establecer relacións comparativas. Requírese boa redacción sen faltas de ortografía.

A terceira pregunta (comentario dun documento, gráfica ou mapa ) (localización,

lectura, interpretación, explicación e análise crítica). Terá unha puntuación máxima de 4 puntos . Requírese a correcta interpretación do documento, valorando tanto a comprensión (lectura), como a súa explicación (análise) en termos, sempre que sexa procedente, de causas e consecuencias posibles. Con vistas a facilitar a resolución deste exercicio práctico se

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 19

recordan os puntos básicos ós que debe atender a resposta: a) Localizar os elementos xeográficos solicitados, físicos e políticas. b) Definir a tipoloxía da imaxe: identificar o sistema de representación, así como a

información que contén e a súa estructura (tipo de escala e datos...). c) Localizar no espacio e no tempo: o ámbito territorial considerado, secuencia

temporal que abarca e significación da mesma respecto ó fenómeno tratado (por exemplo se é un gráfico da emigración, se o período temporal constitúe unha ou varias etapas de singular importancia).

d) Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflexados (por exemplo, no caso dun gráfico de emigración, na intensidade e dirección dos fluxos; no caso dun diagrama climático, no réxime de temperaturas e precipitacións), aludindo ós aspectos relacionados (nos casos anteriores: situación socioeconómica, polítia; situacións atmosféricas e paisaxes bioclimáticos asociados).

e) Contrastar e comparar os resultados da interpretación con aspectos ou feitos similares, noutros ámbitos espaciais, que axuden á comprensión e explicación do fenómeno (por exemplo, nos casos anteriormente citados, correntes de emigración comparables noutros países e períodos; diversificación e extensión territorial das condicións climáticas analizadas).

f) Aportación crítica sobre algún aspecto derivado da interpretación do fenómeno, se dá lugar, no contexto da dinámica do mundo actual, e conclusións.

7.3. Contidos mínimos Principios xerais para cada unidade • Utilizar correctamente sen faltas de ortografía e boa sintaxe a linguaxe escrita. • Saber ordenar e xerarquizar ideas. • Usar un vocabulario básico de termos xeográficos de cada unha das unidades. • Saber interpretar os documentos cartográficos e gráficos de todo tipo que estén en relación

coa materia que se presenta en cada unha das unidades. Unidade 1 e 2. Organización político administrativa de España. Os desequilibrios rexionais • Saber localizar, utilizando a latitude e lonxitude, algún punto elexido sobre o mapa de

España. • Sobre un mapa mudo: saber sinalar e identificar as provincias e comunidades autónomas

de España. Saber definir estas dúas entidades administrativas e dar sinal da súa orixe e funcionamento.

• Coñecer outras entidades locais: como o concello. • Importancia da Comarca e da Parroquia no caso galego como entidades de ordenación do

territorio. • Coñecer os principais organismos da UE e os países que conforma ésta na actualidade. Unidades 3 ao 8. O medio natural e as súas paisaxes. • Mapa mudo no que os alumnos e alumnas deben sinalar e comentar as principais

subunidades do medio físico. • Ofrecer datos de temperatura e precipitación dun punto xeográfico determinado para que os

alumnos realicen correctamente un climograma e o comenten sabendo determinar que tipo de clima é.

• Mapa de España e de Galicia onde os alumnos sinalen e identifiquen ríos e sistemas montañosos máis importantes.

• Definir con propiedade os conceptos aprendidos nesta unidade. Unidade 9 A poboación.

Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 20

• Ante un mapa de densidades de poboación nas provincias españolas, comentar os

desequilibrios e razóns que os propiciaron así como a presión que exerce este fenómeno sobre o medio.

• Comentario comparado das pirámides de poboación. Deducir o réxime demográfico ó que pertencen.

• Realizar e comentar gráfico da evolución da poboación española. • Definir brevemente os conceptos xeográficos aprendidos nesta unidade. Unidade 10. A Urbanización. • Ante un plano da cidade identificar factores xeográficos de localización e emplazamento, tipo de

plano (morfoloxía) e usos de chan (estructura). • Analizar, brevemente, a xerarquía urbana existente en España. • Definir brevemente os conceptos xeográficos aprendidos nesta unidade como: área

metropolitana, estructura, morfoloxía, cidade satélite, conurbación, ensanche... Unidade 11. As actividades do sector primario. • Ante unha fotografía de espacios agrarios españois, tratar de dar resposta a; identificación do

parcelario, cultivos que aparecen, elementos de adaptación ós condicionantes do medio físico, comentario razoado do tipo de agricultura que mostran destacando as peculiaridades e a que área xeográfica corresponde.

• Importancia deste sector na economía española. Características da política comunitaria dentro da agricultura e pesca de España.

• Definir brevemente os conceptos xeográficos aprendidos nesta unidade didáctica. Unidade 12 Sector secundario. • Identificar as áreas industriais nun plano e comentar os factores de localización desas industrias e

subsectores. • Desenvolver os conceptos sobre a actividade industrial. Unidade 13. Sector terciario: servicios e transporte. • Analizar e comentar o mapa de redes de transporte terrestre, marítimo ou aéreo. Desequilibrios e

xerarquización.

• Definir os conceptos sobre a actividade comercial e os servizos. Unidade 14 e 15. Unión Europea e Globalización •••• Entender o concepto de globalización. •••• Coñecer as principais institucións da UE.