programación departamento de inglés

138
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE INGLÉS

Upload: susana-bayon

Post on 13-Jun-2015

1.952 views

Category:

Health & Medicine


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Programación Departamento De Inglés

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE INGLÉS

CURSO 2008 - 09I.E.S. MONTE CASTELO

BURELA

Page 2: Programación Departamento De Inglés

Índice:

1. Composición do Departamento de Inglés ...........................................……… p 32. Alumnado e grupos ......................................................................................... p 33. Cambios na Programación con respecto ó curso pasado .......................... p 44. Materiais e recursos didácticos .................................................................... p 45. Metodoloxía ..................................................................................................... p 66. Procedementos de avaliación ........................................................................ p 6- Instrumentos de Avaliación - Probas e Exames - Libro de lectura …………. p 67. Medidas de atención á diversidade - Adaptacións curriculares ………………………………………………………...... p 8- Atención ó alumnado estranxeiro Obxectivos …………………………………………………………………………….. p 9 Contidos ……………………………………………………………………………….. p 10 Secuenciación de contidos ………………………………………………………….. p 13 Mínimos esixibles …………………………………………………………………….. p 14 Criterios de cualificación …………………………………………………………….. p 15 Temas transversais ………………………………………………………………….. p 15 Materiais didácticos ………………………………………………………………….. p 158. Actividades de recuperación .......................................................................... p 169. Actividades complementarias e extraescolares ........................................... p 1610. Tratamento do fomento da lectura …………………………………………….. p 1611. Tratamento do fomento das TIC ……………………………………………….. p 1612. Educación Secundaria Obligatoria: Introducción ……………………………………………………………………………… p 17As competencias básicas ………………………………………………………………. p 18Obxectivos ……………………………………………………………………………….. p 24

1º ESO Contidos. Secuenciación. Mínimos esixibles ………………………………………. p 25 Criterios de avaliación. Criterios de cualificación ………………………………….. p 30 Temas transversais …………………………………………………………………… p 31

2º de E.S.O. Contidos. Secuenciación. Mínimos esixibles ………………………………………. p 32 Criterios de avaliación. Criterios de cualificación …………………………………. p 36 Temas transversais …………………………………………………………………… p 37

3º de E.S.O. Contidos. Secuenciación. Mínimos esixibles ………………………………………. p 38 Criterios de avaliación. Criterios de cualificación ………………………………….. p 42 Temas transversais …………………………………………………………………… p 43

4º de E.S.O. Contidos. Secuenciación. Mínimos esixibles ………………………………………. p 44 Criterios de avaliación. Criterios de cualificación ………………………………….. p 48 Temas transversais …………………………………………………………………… p 49

13. Bacharelato: Introducción ……………………………………………………………………………… p 51

1

Page 3: Programación Departamento De Inglés

As competencias básicas ………………………………………………………………. p 52Obxectivos ……………………………………………………………………………….. p 52Contidos ………………………………………………………………………………….. p 53Criterios de avaliación. …………………………………………………………………. p 56Criterios de cualificación ……………………………………………………………….. p 58Metodoloxía ........................................................................................................... p 58

1º de Bacharelato Contidos. Secuenciación. Mínimos esixibles ………………………………………. p 58 Temas transversais …………………………………………………………………… p 622º de Bacharelato Contidos. Secuenciación. Mínimos esixibles ………………………………………. p 63 Temas transversais …………………………………………………………………… p 68

14. Educación das Persoas Adultas

14.1. Módulos de E.S.A. Competencias Básicas. Obxectivos ................................................................. p 68

Módulos 1 e 2 de E.S.A. Contidos. Mínimos esixibles .............................................................................. p 70 Criterios de cualificación ................................................................................... p 70 Temas transversais …………………………………..……………………………… p 71

Módulos 3 e 4 de E.S.A. Contidos. Mínimos esixibles ............................................................................. p 71 Criterios de cualificación ................................................................................... p 71 Temas transversais …………………………………..……………………………… p 72

14.2. Bacharelato de Adultos ............................................................................. p 72

15. Ensinanzas de idiomas de réxime especial

15.1. CUALE - Nivel Básico 1 Obxectivos …………………………………………………………………………….. p 73 Contidos. Competencias básicas. Secuenciación ………………………………… p 75 Criterios de avaliación. Procedemento de avaliación. Criterios de cualificación. Certificación p 84 15.2. CUALE - Nivel Básico 2 Obxectivos ……………………………………………………………………………... p 88 Contidos. Competencias básicas. Secuenciación ……………………..………….. p 88 Criterios de avaliación. Procedemento de avaliación. Criterios de cualificación. Certificación p 96

Metodoloxía ……… ……………………………………………………………………... p 101

16. Sinaturas do/-as integrantes do Departamento ........................................ p 102

2

Page 4: Programación Departamento De Inglés

1. Composición do Departamento de Inglés:

- Susana Bayón González , Profesora de Ensino Secundario e titora de 1º de Bach A. Este curso da clase de Inglés 4º ESO, 1º Bach, 2º Bach ( 1 grupo) e Atención Educativa en 1º Bach.

- Antón Crego Martínez, Profesor de 1º Ciclo de E.S.O. (Inglés, Proxecto Interdisciplinar e Atención Educativa) e titor de 2º de ESO B.

- Mª Luisa Rodríguez Fugarolas, Profesora de Ensino Secundario e Xefa de Departamento.Este curso da clase de Inglés 3º ESO, 2º Bach ( 2 grupos) e Reforzo de Linguas ( non Francés) en 2º ESO.

- Isabel Pena Bonome, Profesora de Ensino Secundario en prácticas e profesora dos Cursos para a FormaciónComplementaria da Aprendizaje de Linguas Estranxeiras (Cuale) – niveis A1 e A2. Titora do Grupo B de 2º Bacharelato de adultos. Encargada de Atención a Pendentes.

- O nivel I + II da ESA o imparte Raquel Río Río, Profesora do Departamento de Lingua Castelá.

As reunións de Departamento serán periódicas e nelas se comentará o seguemento da programación con carácter mensual e as actividades programadas. Os membros do Departamento, traballando en equipo segundo os niveis que impartan, confeccionarán os modelos de exame a realizar en cada avaliación. En Xuño se deixarán preparadas as probas de Setembro, co correspondente número de copias xa feito e co correspondente listado de estudiantes a examinar. Se deixarán tamén os libros e materiais didácticos utilizados polo profesorado xunto cos exames e probas realizados durante todo o curso nas estanterías/ casilleiros do Departamento.

Estes exames serán destruidos en Outubro do seguinte curso escolar.

2. Alumnado e grupos:

CURSOS NÚMERO DE GRUPOS

RATIO DE ALUMNOS

1º ESO 2 192º ESO 2 213º ESO 2 194º ESO 2 181º DE BACHARELATO 2 272º DE BACHARELATO 3 21

ENSINANZAS DE ADULTOS:

1ºe 2º MÓD. ESA 1 7

3ºe 4º MÓD. ESA 1 151º DE BACHARELATO ADULTOS 1 72º DE BACHARELATO ADULTOS 1 19

ENSINANZAS DE IDIOMAS DE REXIME ESPECIAL:

CUALE

Nivel Básico 1 1 20

3

Page 5: Programación Departamento De Inglés

Nivel Básico 2 1 10

3. Cambios na Programación con respecto ó curso pasado:

Como tódolos anos, cambian os libros de lectura ( vid lista de libros aprobada na Reunión de Departamento do 20 de Xuño de 2008 e incluida en Materiais e Recursos Didácticos).

Se implantan as novas Ensinanzas de Idiomas de Réxime Especial (Programa Cuale) no Nivel Inicial Básico 2, e se extinguen os cursos de Potenciación de Linguas Extranxeiras dirixidos ó nivel de 3º de EOI.

Se suprime o Workbook no nivel de 1º de Bacharelato de adultos.

Se suprimen os libros de lectura en 1º e 2º de Bacharelato de adultos.

O libro de lectura en 2º Ciclo da ESO e Bacharelato puntuarase como optativo, engadíndose a cualificación nunha porcentaxe decimal ó total da nota final de Xuño. Non será avaliado en Setembro. (Aprobado polo Departamento na Reunión do 28 de Marzo de 2008).

Avaliación de Pendentes: seguindo a legislación ó respecto, este curso a proba final que se viña realizando en Abril para que non interferise cos exames finais do alumnado de 2º de bacharelato se fará en Maio. O alumnado poderá optar a eliminar parte (un 40%) da materia pendente nun exame anterior a realizar en Xaneiro ( anteriormente o facíamos en Novembro). En caso de non presentarse a ese exame, contan coa opción de facelo todo en Maio. En caso de presentarse, se lles aplicará o baremo de 40% e 60% a cada proba respectivamente.

No caso da repetición opcional de probas ( non exames finais) a posibilidade de repetir ( non podendo superar o 6 na repetición) quedará supeditada a que teñan un mínimo de 2 na primeira convocatoria. O motivo é que se deron casos de alumnado que non estudiaba para a primeira convocatoria xa pensando en facer a recuperación. Se se pode repetir unha proba e ó repartir os exames da primeira convocatoria correxidos alguén se queda con él, non se terá en conta a repetición a ninguén, incluso aínda que xa está feita e o profesorado se decate despóis da súa realización da falla desa primeira proba.

Na proba das PAAU, a composición da quinta pregunta pasa dunha extensión de 120 palabras a 100.

Se inclúen os apartados de Competencias básicas, Tratamento do fomento da lectura e Tratamento do fomento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).

4. Materiais e Recursos Didácticos:

Libros de texto, de lectura, videos, gravacións de audio, Internet, prensa, revistas, fotografías, folletos turísticos, cancións, xogos.

Libros de Texto e Lectura obrigatorios:

1º ESO: New English Zone ESO 1 - Student’s Book, Workbook. Ed. Longman.London, de Vicky Shipton ( Penguin Readers)

Alumnado inmigrante: Oxford Spotlight – Basics Progress Book ( OUP 2006) , The Heinemann Elementary English Grammar ( Heinemann, 1993)

2º ESO: New English Zone ESO 2 - Student’s Book, Workbook. Ed. Longman.NOTA: Se podería cambiar o libro de texto por levar xa catro cursos implantado ( este será o quinto), pero é preferible empezar por 1º ESO.

4

Page 6: Programación Departamento De Inglés

American Life, de Vicky Shipton (Penguin Readers)

3º ESO: Spotlight 3 - Student’s Book, Workbook. Ed. Oxford University Press.Round the World in Eighty Days, , de Jules Verne ( Penguin Active Readers – Level 2)

4º ESO: Spotlight 4 - : Student’s Book, Workbook. Ed. Oxford University Press.Alien at school, de Michelle Brown (Black Cat- Vicens Vives Reading and Training - Step 3)

Diccionario recomendado para E.S.O.: Oxford Pocket inglés – español. Oxford University Press.Gramática recomendada: Gramática Oxford for ESO

1º Bacharelato: English in Context 1 - Student’s Book, Workbook. Ed. Oxford University Press.The Moonstone, de Wilkie Collins ( Black Cat- Vicens Vives Reading and Training - Step Four)

2º Bacharelato: English in Context 2 – Student’s Book ( sen workbook – sen libro de actividades) Ed. Oxford University Press.The picture of Dorian Gray, de Oscar Wilde ( Black Cat- Vicens Vives Reading and Training – Step Five)Ed. Black Cat – Vicens Vives

Diccionario recomendado para Bacharelato.: Oxford Study inglés – español. Oxford University Press.Gramática recomendada: Gramática Oxford for Bachillerato

ESA - Módulos 1 e 2: New English File Elementary - Student’s Book, Workbook, Ed. Oxford University Press.Módulos 3 e 4: New English File Elementary - Student’s Book, Workbook, Ed. Oxford University Press.

Diccionario recomendado para E.S.A.: Oxford Pocket inglés – español. Oxford University Press.Gramática recomendada: Gramática Oxford for ESO

1º Bacharelato adultos: English in Context 1 - Student’s Book. Ed. Oxford University Press.

2º Bacharelato adultos: English in Context 2 – Student’s Book ( sen workbook – sen libro de actividades) Ed. Oxford University Press.

Diccionario recomendado para Bacharelato.: Oxford Study inglés – español. Oxford University Press.Gramática recomendada: Gramática Oxford for Bachillerato

ENSINANZAS DE IDIOMAS DE REXIME ESPECIAL:

CUALENiveis Básicos 1 e 2: New Headway (Elementary) - The THIRD Edition - Student´s Book, Workbook. Ed. Oxford University PressGramática recomendada: Essential Grammar in Use, by Raymond Murphy. Ed. Cambridge University Press (edición en español).

Material de reforzo:

Oxford Spotlight Basics ( A, B, C) ( Oxford University Press, 2006)

New Thumbs Up – Basic Grammar Revision ( Oxford University Press, 2000)

5

Page 7: Programación Departamento De Inglés

5. Metodoloxía:

A metodoloxía empregada é o enfoque comunicativo na aprendizaxe de idiomas, tendo tamén en conta as aportacións doutros métodos didácticos que poden axudar a un maior rendemento do alumnado e adquisición dos obxectivos marcados para cada nivel. Por tanto se tende a plantexar situacións da vida coditiá no idioma inglés co obxecto de que o alumnado se comunique coa maior fluidez posible.

Como obxectivo específico do ensino do inglés, proponse que os/as estudiantes dominen as catro destrezas básicas da comunicación: comprensión e expresión oral e comprensión e expresión escrita. Trátase de que manexen as catro habilidades da lingua de forma simple e real; e aínda que na vida diaria vaian unidas, na clase é necesario separalas para adicarlles o tempo preciso para desenrolalas.

O enfoque metodolóxico será o adecuado en cada ocasión segundo a diferencia de idade e madurez do alumnado. Iniciarase a práctica con actividades deseñadas para averigua-los coñecementos previos, axudándolles a organiza-los seus cadernos de vocabulario, gramática, etc. e fomentarase o emprego correcto de materiais de consulta, Internet, diccionarios, etc.

Para acadar a súa participación de modo espontáneo, o profesorado conta con actividades orais como diálogos, entrevistas, noticias, descricións, “role-play”, etc. O profesorado proporcionará ó alumnado uns elementos antes de realiza-lo diálogo, mentras que no “role-play” o alumnado atópase cunha situación máis ou menos complexa que terán que resolver utilizando tódolos recursos que posúan.

En canto ó “listening”, usaranse CDs gravados con conversacións, anuncios, cancións, etc. e películas en versión inglesa.

Sobre o inglés escrito, xunto ós exercicios correspondentes ás leccións nas que se van practicando os diferentes puntos gramaticais, desenvolveranse unha serie de exercicios cara á adquisición de soltura e seguridade nunha lingua extranxeira, como son: dictados, composicións, lectura de xornais e comentarios de noticias, redacción de informes e resumes, escritura de cartas, cumplimentación de documentos, follas de instruccións, etc.

As composicións veñen sendo un dos exercicios máis difíciles para os/as estudiantes; non só requiren un esforzo imaxinativo senón que tamén teñen que escribir sen fallos ortográficos ou gramaticais.

Se potenciará o ensino vivo na clase, onde o alumnado sexa o elemento activo e o profesorado o asesor da súa actividade. Será o alumnado o que pregunte, corrixa erros, adiviñe, busque información, ... en xogos, dramatizacións, cancións, “role-play”, etc.

6. Procedementos de avaliación:

Dado o carácter da aprendizaxe do inglés (que supón unha ampliación continua dos coñecementos do inglés, pero sen esquece-lo aprendido) se aplicará unha avaliación continua que integre:

- Unha avaliación inicial, para saber en que situación se atopan os/as estudiantes en relación cos contidos novos que se van tratar, mediante proba escrita, oral, ...- Unha avaliación formativa, na que o profesorado observará a reacción do alumnado perante as distintas tarefas e actividades, dando explicacións complementarias ou cambiando o ritmo destas cando sexa necesario.- Unha avaliación final. Cando unha unidade/s didáctica/s remata é convinte realizar unha avaliación dos resultados da aprendizaxe.

Instrumentos de Avaliación – Probas e Exames – Libro de lectura

Entre os instrumentos de avaliación a empregar están:

6

Page 8: Programación Departamento De Inglés

- Traballo escrito: Ficheiro de proxectos, caderno de vocabulario e gramática, exercicios e tarefas encomendadas na clase e para casa.- Produccións orais: Individuais ou en grupo; diálogos, entrevistas, postas en común sobre un determinado tema. - Traballos ou exercicios de comprensión oral: Gravacións en CD ou DVD.- Probas escritas: cuestionarios, exames de avaliación, probas do libro de lectura.

Dous aspectos da comunicación humana son a expresión e a comprensión orais, polo que a participación en clase é esencial para unha aprendizaxe satisfactoria. A participación do alumnado será avaliada regularmente.

Unha cualificación positiva obtense mediante as intervencións orais e unha actitude participativa. Para unha aprendizaxe óptima, o alumnado deberá aproveita-lo tempo de clase, repasar e realizar as tarefas na casa e preguntar dúbidas cando se presenten.

Ó tratarse dunha avaliación continua, o alumnado que supere a Terceira Avaliación terá aprobada a materia; esto quere dicir que nos 2º e 3º Trimestres entrarán conceptos dos anteriores, incluso aínda que se teñan aprobados previamente. No caso de non aprobar a Terceira Avaliación, o alumnado terá que examinarse en Setembro. As notas das avaliacións e a nota final (Terceira Avaliación) serán o resultado das notas acadadas polos seguintes conceptos:

1. O traballo persoal do/da estudiante, que o gardará ordenado, en todo momento a disposición do profesorado.2. A asistencia a clase puntualmente co material requerido e boa disposición.3. A participación e actitude na clase, que axudarán a avalia-la comprensión e a expresión oral.4.Controis, probas do libro de lectura e exames de avaliación:

No apartado de probas, éstas poderán ser de calquera das 4 destrezas lingüísticas, e non terán por qué avisarse con antelación. Se a/ o profesor/-a o considera oportuno, e sempre cun criterio formativo ( non punitivo) , poderán ser “sorpresa”. Dado que en moitas ocasións serán probas cortas e centradas en poucos apartados gramaticais ou de vocabulario, será frecuente que se esixa un 60% de acertos para aprobalas.

As probas poderán ser de calquera das catro destrezas, nunha porcentaxe na que as destrezas orais ( Listening e Speaking) se aproximarán ó 35% do total da nota, e as escritas ( Reading e Writing) ó 65%. O alumnado de 3º da ESO será a primeira promoción que, ó chegar a 2º de Bacharelato, terá proba de expresión oral.

Será obrigatorio en tódolos niveis que o alumnado resposte a tódalas preguntas das probas para que estas teñan validez e fagan media coas outras notas. Se se trata de composicións cunha extensión mínima, o feito de non escribir o número mínimo de palabras especificado suporá perder unha décima de punto por cada palabra de menos.

Os exames deberán ter unha nota mínima de 3 para facer media con outras cualificacións. En caso de non chegar ó 3, e aínda que a media dé para aprobar, se considerará suspensa a materia. No caso da repetición opcional de probas ( non exames finais) a posibilidade de repetir ( non podendo superar o 6 na repetición) quedará supeditada a que teñan un mínimo de 2 na primeira convocatoria. O motivo é que se deron casos de alumnado que non estudiaba para a primeira convocatoria xa pensando en facer a recuperación. Se se pode repetir unha proba e ó repartir os exames da primeira convocatoria correxidos alguén se queda con él, non se terá en conta a repetición a ninguén, incluso aínda que xa está feita e o profesorado se decate despóis da súa realización da falla desa primeira proba. En caso de que se poda repetir unha proba para subir nota ( nunca exame), a nota máxima que se poderá acadar nesa repetición será de 6, para que sexa máis xusto respecto ó alumnado que aproba na primeira convocatoria.

Se o/ a profesor/a ten argumentos ( por exemplo: idénticas respostas entre alumnado de desiguais resultados noutras probas ou exames, ou desigualdade entre o nivel habitual dese/a estudiante e a proba

7

Page 9: Programación Departamento De Inglés

presentada) para sospeitar de “cambiazo” ou copia de proba ou exame, será anulada/-o ( tanto do que copie como do que deixe copiar).

As probas ou os exames, especialmente nos grupos de Bacharelato, poderán realizarse fóra do horario lectivo do grupo, para podelos axeitar ós contidos requeridos polo sistema de avaliación continua e seguir o modelo das PAAU.

O libro de lectura en 2º Ciclo da ESO e Bacharelato puntuarase como optativo, engadíndose a cualificación nunha porcentaxe decimal ó total da nota final de Xuño. Non será avaliado en Setembro. ( Aprobado polo Departamento na Reunión do 28 de Marzo de 2008).

Para unha clara comprensión do procedemento de avaliación, se recomenda entregarlle ó alumnado unha copia dos criterios de avaliación do seu nivel, no que se informe dos seguintes puntos:

a) Os obxectivos a lograr no estudio da lingua estranxeira.b) A actitude e comportamento axeitados para logralos.c) As tarefas que se lles encomendarán. d) Os criterios de cualificación.

7. Medidas de Atención á Diversidade:

O sistema de avaliación continua presenta como unha das súas principais ventaxas a posibilidade de prestar especial atención ás diferencias que o alumnado vai amosando ó realiza-las actividades nas que aplican e concretan os conceptos, procedementos e actitudes seleccionados.

Os manuais do profesorado nesta etapa contemplan esta atención, brindando material e suxerencias para establece-lo grao de coñecementos e autonomía na lingua estranxeira dos/das estudiantes.

As actividades no Student’s Book e no Workbook refrexan unha revisión cíclica continua de estructuras e vocabulario, ofrecendo, por unha banda, amplias oportunidades de reforzo para o alumnado con menor capacidade e, por outra banda, facilitando a ampliación de materia para quen teña un nivel máis avanzado.

Nos traballos en grupo e/ ou por parellas, ofrécense numerosas oportunidades a aqueles/-as estudiantes máis analíticos/-as, en forma de táboas, esquemas e exercicios; e actividades orientadas ó alumnado máis creativo.

Tamén existe material específico de reforzo ou ampliación de contidos para os/as estudiantes que o precisen, podendo ser realizado dentro ou fóra dos períodos lectivos: Oxford Spotlight Basics ( A, B, C) ( Oxford University Press, 2006) e New Thumbs Up – Basic Grammar Revision ( Oxford University Press, 2000).

Adaptacións curriculares

En 3º e 4º da ESO se realizan sendas Adaptacións Curriculares Significativas coordinadas polo Departamento de Orientación. A alumna e o alumno con Adaptacións Curriculares asistirán a clases de reforzo por separado.

Tamén se farán 10 adaptacións curriculares individuais no 1º ciclo da ESO ( 5 en 1º e 5 en 2º) cos seguintes obxectivos mínimos:

Mínimos esixibles

Communicative functions

- Personal information

Grammar

- Question words

Vocabulary

- The alphabet

8

Page 10: Programación Departamento De Inglés

- Nationalities- Introducing people-Talking about likes and dislikes, routines-Telling the time

- Personal pronouns- Possessive adjectives- To be- Have got- A / an ; this/that- Present simple: positive/negative- Present simple: questions and short answers- Adverbs of frequency- Prepositions of place- There is/are some/any

- The family- Countries and nationalities- Months- Ordinal numbers- School subjects- Everyday activities- Food and drink- Clothes

Atención ó alumnado extranxeiro:

Co alumnado extranxeiro que non teña coñecementos previos da lingua inglesa faremos unha aproximación ós conceptos básicos gramaticais e de vocabulario da mesma, seguindo os obxectivos do nivel A1 do Marco Común de Referencia Europeo e utilizando o material de reforzo de Oxford Spotlight Basics ( A, B, C) (Oxford University Press, 2006). É de resaltar a falta de medios que temos para traballar con reforzos ó alumnado inmigrante, pois o profesor de 1º ciclo ten nas súas clases de 1º de ESO 6 alumnos-as con adaptación para alumnado inmigrante que ás veces tamén precisan de adaptación curricular, tendo que adaptarlles os contidos e obxectivos ó tempo que atende ó resto do alumnado do grupo. Isto supón unha cuarta parte do alumnado do grupo que debería contar cun Profesor-a de Apoio.

Dado que parte do horario do Departamento se está adicando a Estudio, sería deseable canalizar este excedente de horario hacia un Reforzo de Inglés contemplado como tal no horario do alumnado. Especialmente no Primeiro Ciclo ( a cargo do profesor Antón Crego), se está realizando unha labor encomiable tendo que atender a unha variedade de alumnado con serias dificultades de aprendizaxe que ten que compartir horario con alumnado que lle leva anos de ventaxa na aprendizaxe de idiomas. Antón Crego leva preparados materiais adaptados ós casos individuais, que serían aínda máis aproveitados de contar cun grupo desdoblado.

Obxectivos

Oxectivos xerais

1. Comprensión oral: comprender o sentido xeral, a información esencial e os puntos principias de textos breves, referidos a asuntos da vida cotiá, ben estruturados, articulados a unha velocidade lenta e con claridade, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos, nunha variedade de lingua estándar, e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.

2. Expresión e interacción oral: producir textos orais breves, referidos a asuntos da vida cotiá, tanto en comunicación á cara como por teléfono ou outros medios técnicos, e comunicarse de forma comprensíbel, aínda que resulten evidentes o acento estranxeiro, as pausas e titubeos, e sexa necesaria a repetición, a paráfrase e a cooperación dos interlocutores para manter a comunicación.

3. Comprensión de lectura: comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principias e os detalles relevantes en textos breves referidos a asuntos da vida cotiá, de estrutura sinxela e clara, nunha variedade de lingua estándar.

4. Expresión e interacción escrita: escribir textos breves e de estrutura sinxela, referidos a asuntos da vida cotiá, nos que se pide ou transmite información, utilizando axeitadamente os recursos de cohesión e as convencións ortográficas e de puntuación máis elementais.

Obxectivos específicos

1. Comprensión oral:

9

Page 11: Programación Departamento De Inglés

Comprender o esencial en situacións nas que se utilicen frases moi sinxelas sobre temas frecuentes que se refiren ao ámbito persoal sempre que se fale con lentitude e con claridade.

Seguir un texto breve articulado con claridade, a xeito e con pausas, no que se utilicen expresións sinxelas e habituais referidas a temas moi coñecidos ou a necesidades inmediatas.

Comprender instrucións moi básicas pronunciadas lenta e claramente e seguir indicacións sinxelas e breves.Comprender a información esencial de pasaxes curtas gravadas que traten sobre asuntos cotiáns, e que

estean pronunciadas con lentitude e claridade.Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas.

2. Expresión e interacción oral:Establecer contactos sociais moi breves, de estrutura moi sinxela, utilizando e recoñecendo fórmulas

habituais de inicio e peche da conversa, tomando a palabra con cortesía.Presentarse e intercambiar información básica e sinxela sobre si mesmo e sobre outras persoas, e expresar

gustos, preferencias e intereses sobre temas moi cotiáns.Participar en conversas moi básicas sobre temas predicíbeis, facendo invitacións e propostas e

reaccionando adecuadamente ante elas, e expresar sentimentos e opinións de forma básica.Interactuar para obter ou ofrecer bens e servizos ligados a necesidades inmediatas sempre que se fale a

modo e con estruturas moi sinxelas e habituais, e reaccionando adecuadamente.Solicitar, mediante preguntas sinxelas e directas, a colaboración do interlocutor para entender e facerse

entender.

3. Comprensión de lectura:Comprender textos que inclúan ou soliciten información persoal básica.Comprender instrucións breves e sinxelas, e indicacións, especialmente se contan con apoio visual.Comprender mensaxes breves que conteñan informacións moi sinxelas relacionadas con actividades e

situacións da vida cotiá.Comprender o sentido global e localizar información relevante en textos moi básicos e claramente

estruturados relacionados con temas da súa experiencia. Comprender correspondencia persoal moi breve e sinxela.

Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas.

4. Expresión e interacción escrita: Completar documentos básicos nos que se solicite información persoal.Tomar notas e escribir mensaxes moi breves e sinxelas a partir dunha información moi sinxela e predicíbel.Escribir mensaxes sinxelas con información, instrucións e indicacións moi básicas relacionadas con

actividades cotiás e de inmediata necesidade.Intercambiar correspondencia persoal breve e moi sinxela, sobre temas da vida cotiá.Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos, e elaborar estes

seguindo textos modelo.

Contidos

1. Contidos léxico-semánticos

Sinálanse os aspectos que o alumno debe ser capaz de comprender ou producir dos temas xerais que se indican. O léxico e as estruturas lingüísticas utilizados para desenvolver estes aspectos adecuaranse aos obxectivos que marca cada un dos dous cursos do Nivel Básico.

Os contidos léxico-semánticos deberán adaptarse ás realidades socioculturais dos países das linguas obxecto de estudo.

Identificación persoal:NomeEnderezoTeléfono, enderezo electrónico

10

Page 12: Programación Departamento De Inglés

Data e lugar de nacementoIdade e sexoEstado civilOrixe e nacionalidadeFamilia directaGustos e hábitos

Actividades da vida diaria:Na casaNo traballo

Tempo libre e ocio:Actividades de lecer (xogos, deportes, prensa, radio, televisión...)Actividades culturais (cine, teatro, museos, exposicións...)

Viaxes e transportes:Lugares de interese públicoTransporte público (horarios, billetes, medios de transporte)

Relacións humanas e sociais:Relacións con outras persoas: familiares, amorosas, de amizade, etc.Formas de tratamento sinxelasCorrespondencia persoal

Saúde e coidados físicos:Partes do corpo

Educación:Material e actividades da aula

Compras e actividades comerciais:Establecementos comerciaisPrezos e formas básicas de pagamento

Alimentación:AlimentosComidas do díaTipos de comida e bebidaTipos de establecementos: cafés, bares, restaurantes...

Lingua e comunicación:Actividades de lingua (comprender, falar, repetir...)Metalinguaxe non especializada (letra, son, frase...)

Clima, condicións atmosféricas e ambiente:Estacións do anoFenómenos atmosféricos (calor, frío, chuvia, sol...)

Ciencia e tecnoloxía:Medios técnicos de comunicación (telefonía, Internet)

2. Contidos gramaticais

11

Page 13: Programación Departamento De Inglés

1. A ORACIÓN SIMPLE1.1. Tipos de oración, elementos constituíntes e a súa posición.1.1.1.Oración declarativa.1.1.1.1.Afirmativa: Suxeito (+ CC) + V (OD / OI / OD + OI / OI + OD)(+CC).1.1.1.2. Afirmativa: Sux. + V + Atrib.1.1.1.2. Negativa: Sux. + VAux. (+ Neg.) (+ V).1.1.2.Oración interrogativa.1.1.2.1.Total: VAux. + Sux. + V.1.1.2.2.Parcial: elemento interrogativo + VAux. + Sux. + V.1.1.3. Oración imperativa.1.1.3.1. (Don´t) + V.1.1.3.2. Oración exclamativa: Wha t + SN1.2. Fenómenos de concordancia.

2. A ORACIÓN COMPOSTA2.1. Expresión de relacións lóxicas.2.1.1.Conxunción: and.2.1.2. Disxunción: or.2.1.3 Oposición: but.

3. O SINTAGMA NOMINAL (SN)3.1. Núcleo.3.1.1. Substantivo: contábeis e non contábeis.3.1.1.1. Xénero.3.1.1.2. Número: singular e plural.3.1.1.3. Caso: xenitivo s` e `s.3.1.2. Pronomes.3.1.2.1. Persoais de suxeito e de obxecto.3.1.2.2. Posesivos.3.1.2.3. Demostrativos.3.1.2.4. Indefinidos: some3.1.2.5. Interrogativos.3.2. Modificación do núcleo.3.2.1. Determinantes.3.2.1.1. Artigos.3.2.1.2. Demostrativos.3.2.134. Posesivos.3.2.1.4. Cuantificadores: some, any, much, many, a lot of, a glass/cup/bottle of; números cardinais e ordinais (first, second, third)3.2.2. Modificación mediante SAdx: a big tree.

4. O SINTAGMA ADXECTIVAL (SAdx.)4.1. Núcleo: Adxectivo.4.1.1. Grao: positivo.4.2. Modificación mediante negación (not...) e SAdv. (very).4.3. Posición dos elementos: (Neg. +) (SAdv. +).

5. O SINTAGMA VERBAL (SV)5.1. Núcleo: verbo (to be, to have(got), there (be), auxiliares, modais).5.1.1. Tempo.5.1.1.1. Expresión do presente: presente simple.5.1.1.2. Expresión do futuro: will.5.1.1.3. Expresión do pasado: pasado simple.5.2. Modificación do verbo mediante negación.

12

Page 14: Programación Departamento De Inglés

5.3. Posición dos elementos:5.3.1. Oración declarativa: V; VAux. + not + V.5.3.2. Oración interrogativa: VAux. + SN + V.5.3.3. Oración imperativa: (don't) + V.5.4. Funcións sintácticas do sintagma.

6. O SINTAGMA ADVERBIAL (SAdv.)6.1. Núcleo.6.1.1. Adverbio.6.1.1.1.Clases: tempo (now,yesterday), lugar (here,there), dirección (to), frecuencia (often, never), interrogativos (when, where).6.1.1.2. Grao: Positivo.6.1.2. Locucións adverbiais.6.2. Modificación do adverbio mediante un SAdv (very fast).6.3. Posición dos elementos: (SAdv. +) Adv.6.4. Funcións sintácticas do sintagma.

7. O SINTAGMA PREPOSICIONAL (SPrep.)7.1. Núcleo.7.1.1. Preposicións: tempo (at,on), duracion (for), lugar (on,in,next to), dirección( to).7.1.2. Locucións prepositivas.7.2. Posición dos elementos: prep.+ termo.7.3. Funcións sintácticas do sintagma.

3. Contidos ortográficos

1. Representación gráfica de fonemas e sons.2. Cambios ortográficos ante inflexións.3. Uso de maiúsculas en nomes propios (días da semana, meses do ano) e adxectivos derivados.

4. Contidos fonéticos

1. Sons e fonemas vocálicos. Introdución.2. Sons e fonemas consonánticos. Introdución.3. Procesos fonolóxicos.3.1. Alternancias morfofonolóxicas.3.1.1. Asimilación e epéntese nos sufixos /-(e)s/ /-ed/ só cando teña valor semántico.3.2. Enlace.4. Entoación e acentuación.4.1. Pautas básicas de entoación en distintos tipos de estruturas oracionais: oracións declarativas, interrogativas e exclamativas.4.2. O acento en palabras básicas de uso cotián.

Secuenciación dos Contidos de 1º E.S.O. – alumnado inmigrante

Communicative functions

Grammar Vocabulary SkillsStudy skills / Pronunciation

1st TERM

- Introduce people

- Ask for and give personal information about family and friends

-Subject pronouns -a/ an-Be- Have got- ‘s

UNIT 1 My family - Numbers- Colours- The time- Classroom objects-The family and friends- Parts of the body

- Introduce yourself- Say the time- Description of relatives and friends

-Capital letters- Sound /h/

13

Page 15: Programación Departamento De Inglés

-Talking about your daily routine

-Present simple affirmative

UNIT 2 My day- Daily activities- Days of the week- Months

- Explaining your daily routine Pronunciation of the /-s/ in the 3rd person singular

- Ask for and give personal information about sports

- Present simple negative and interrogative

UNIT 3 Sport- Sports- Prepositions in time expressions

- Produce oral and written texts such as interviews with sportsmen and women

-Practise intonation in questions

2nd TERM

- Talk about the weather and current activities

- Present continuous

UNIT 4 Around the world- Weather- Countries and nationalities

- Produce oral and written texts such as email messages

- Practise pronunciation of the -ing (/IN/) ending

- Asking and giving information about the town

- There is / areUNIT 5 My town- Buildings in cities- Prepositions of place

- Produce oral and written texts such as descriptions of urban areas

- Practise word stress

- Express your tastes in food

- Plural nouns- Countable and uncountable nouns- Some y any- Indefinite pronouns.

UNIT 6 Food and Health- Food and drink - Produce oral and written texts

such as descriptions of food habits

- Practise sentence stress

3rd TERM

- Talk about the past

- Ask for and give

information about life at

school

- Past simple of be - there was / there were

UNIT 7 School days- School subjects- Ordinal numbers

- Produce oral and written texts such as emails

- Practise weak forms /w@z/, /w@(r)/

- Gain access to a public

place, e.g. a museum

- Ask and give

information about

elements of culture

- Past simple affirmative

UNIT 8 In the past- Parts of the house- Dates

- Description of an ancient civilisation

- Past simple word endings

- Talk about summer

holiday plans

- going toUNIT 9 Holidays- Items of clothing and adjectives

- Description of holiday plans - Practise sentence rhythm

Mínimos esixibles14

Page 16: Programación Departamento De Inglés

Communicative functions

- Personal information- Nationalities- Introducing people- Talking about possession- Saying the date- Understanding classroom instructions-Talking about likes and dislikes, routines-Telling the time

Grammar

- Question words- Personal pronouns- Possessive adjectives- To be- Have got- A / an ; this/that- Possessive ´s- Imperatives- Present simple: positive/negative- Present simple: questions and short answers- Adverbs of frequency- Prepositions of place- There is/are some/any

Vocabulary

- The alphabet- The family- Countries and nationalities- Possessions- Months- Ordinal numbers- School subjects- Everyday activities- Food and drink- Clothes

Criterios de cualificación:

A seguinte escala de porcentaxes concreta a valoración dos distintos criterios de avaliación:

- Asistencia, participación en clase e tarefas : 20%- Expresión oral: 20%- Comprensión oral: 20%- Expresión escrita: 20%- Comprensión escrita: 20%

Temas transversais:

- Educación para a paz e a convivencia - Interculturalidade:- Comprender e respetar modos de vida distintos: comparar diversas formas de organización familiar; interesarse pola forma de ser e vivir de xoves doutros países. My family, Unit 1.- Mostrar interese por lugares de interés turístico para reflexionar sobre o patrimonio histórico das nosas cidades e doutras no resto do mundo e a importancia que teñen como medio de entendemento entre os pobos. My Town, Unit 5.

- Educación para a igualdade:- Desempeño de funcións na familia: My family, Unit 1.

- Educación para a saúde e a sexualidade:- Establecemento de relacións equilibradas co sexo oposto. My family, Unit 1, My day, Unit 2, Holidays, Unit 9 .- Adquirir hábitos e estilos de vida sanos. Importancia da práctica do deporte para levar una vida sana. Sports, Unit 3. Incidir asimesmo na práctica de hábitos alimentarios saudabeis. Food and Health, Unit 6.

- Educación ambiental :- Comprende-la importancia de coñecer e respetar o reino animal para mante-lo equilibrio natural do planeta. Around the world, Unit 4.- Valoración positiva das actividades de aire libre e do contacto co entorno natural. Holidays, Unit 9.

Materiais didácticos:

Oxford Spotlight – Basics Progress Book ( A, B) – Oxford University Press 2006

The Heinemann Elementary English Grammar – Heinemann, 1993

Diccionario Oxford Pocket inglés – español. Oxford University Press

15

Page 17: Programación Departamento De Inglés

8. Actividades de Recuperación:

O alumnado coa materia de Inglés pendente do curso anterior será avaliado en Maio ou/ e Setembro, coincidindo os contidos coa Programación do curso 2007-08 ( a excepción do libro de lectura).

A Xefa de Departamento será a responsable de facilita-las actividades de apoio e recuperación destes alumnos en todos os niveis.

Tanto nos 1º e 2º Ciclos da ESO como no Bacharelato o alumnado realizará dúas probas ( unha no segundo trimestre e outra no terceiro) de contidos mínimos. Na primeira das probas entrarán os contidos mínimos correspondentes ás unidades 1-4 do libro de texto, ambas inclusive, e na segunda proba entrarán os contidos mínimos correspondentes ás unidades 5-9 do libro de texto, ambas inclusive.

Seguindo a legislación ó respecto, a proba final que se viña realizando en Abril para que non interferise cos exames finais do alumnado de 2º de bacharelato se fará en Maio. O alumnado poderá optar a eliminar parte (un 40%) da materia pendente nun exame anterior a realizar en Xaneiro ( anteriormente o facíamos en Novembro). En caso de non presentarse a ese exame, contan coa opción de facelo todo en Maio. En caso de presentarse, se lles aplicará o baremo de 40% e 60% a cada proba respectivamente.

O profesorado de cada nivel facilitará libros de lectura ou exercicios de reforzo para o verán a aqueles/-as estudiantes que o precisen.

9. Actividades Complementarias e Extraescolares:

Como actividade extraescolar está prevista a asistencia do alumnado da ESO á obra de teatro Robinson Crusoe en inglés representada pola compañía Firewalk en Lugo o 21 de Xaneiro.

Como actividades complementarias celebraranse algunhas das datas especialmente sinaladas na cultura anglosaxona, como Halloween, Thanksgiving Day, Christmas, Martin Luther King´s Day , St Valentine, St Patrick’s, ou Easter, dependendo da súa adecuación ó ritmo da programación.

10. Tratamento do fomento da lectura:

O fomento da lectura se fará a través dos textos lidos na aula, lectura na casa do libro de lectura e asistencia á obra de teatro Robinson Crusoe, baseada na obra de Daniel Defoe.

En grupos pouco numerosos se fomentará a lectura en grupo, e se intentará facer algunha pequena dramatización ( dalgunha escea ou mini obra de teatro). Tamén se fomentará a lectura de poesía en datas sinaladas ( San Valentín, por exemplo).

11. Tratamento do fomento das TIC:

O fomento das TIC, a falta de aula materia (imprescindible para o ensino de linguas extranxeiras), será a través de incentivar o emprego de recursos online en Bacharelato de cara a preparar as PAAU e ampliar contidos ós que se fai referencia nas actividades de aula. Se seguen a empregar, coma sempre, materiais audiovisuais en distintos soportes (CD, DVD). Se facilita ó alumnado material en CD-Rom sempre que está dispoñible ( acompañando a libros de lectura e cuadernillos de actividades) que poden utilizar na súa casa.

A páxina web da consellería ( www.edu.xunta.es/contidos/rede ), onde se recollen os contidos educativos para o uso das TIC na materia de Inglés é moi interesante, pero a premura por conseguir acabar o curriculo anual fai que a súa explotación teña que limitarse a grupos pequenos ou uso individual por parte do alumnado na casa.

16

Page 18: Programación Departamento De Inglés

12. Educación Secundaria Obrigatoria:

No referente a obxectivos e contidos, nos remitimos á legislación vixente ( vid. DOGA Nº 136, do Venres, 13 de xullo de 2007- Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.).

Introdución

As linguas son instrumentos de comunicación e de coñecemento, vehículo dos sistemas de valores e das expresións culturais e factor determinante da identidade dos pobos e das persoas. No mundo actual, cada vez máis globalizado, no que están a desaparecer os límites xeográficos da comunicación,a aprendizaxe de linguas estranxeiras constitúe unha necesidade de achegamento á información, ao coñecemento e ás tecnoloxías, así como a distintas formas e estilos de vida e maneiras de pensar de diferentes culturas.

Galicia está a participar de cheo nas relacións internacionais en todos os eidos. A necesidade de coñecer outras linguas faise cada vez máis evidente na Europa de hoxe. É este coñecemento o que posibilita o contacto con costumes e formas de vida diferentes e o que promove unha actitude de tolerancia e respecto cara a outros países, aos seus falantes e á súa cultura. A nosa comunidade non é tampouco allea aos movementos migratorios que están a acontecer no mundo e de aí que, desde unha perspectiva integradora, a función da lingua como ferramenta de mediación teña no noso caso especial relevancia. Ademais, o dominio e uso de linguas estranxeiras non só fomenta as relacións interpersoais - favorecendo a formación integral do individuo- senón que tamén nos permite comprender mellor a lingua propia desde unha visión máis ampla e rica da realidade.

A Unión Europea defínese a si mesma como unha comunidade multilingüe. O concepto de multilingüismo fai referencia tanto á capacidade dunha persoa para utilizar varios idiomas como á coexistencia de diferentes comunidades lingüísticas nunha zona xeográfica determinada. Na nosa comunidade, o estudo de varias linguas estranxeiras en contexto escolar ten unha finalidade que supera o simple multilingüismo.

Adoptando o enfoque plurilingüe promovido polo Marco Común Europeo de Referencia, a presencia de varias linguas estranxeiras no currículo da educación secundaria obrigatoria pon énfase no feito de que as persoas, conforme se amplía a súa experiencia lingüística e o contacto coas linguas doutros pobos, desenvolven unha competencia comunicativa plurilingüe conformada por todos os seus coñecementos e experiencias lingüísticas e nela as linguas aprendidas relaciónanse entre si e interactúan. A competencia plurilingüe estase a conformar como un aspecto esencial para a protección e o desenvolvemento da herdanza lingüística, como fonte de enriquecemento mutuo. Esta competencia permitiralles ás alumnas e aos alumnos relacionar, de modo significativo, as distintas culturas ás que teñen acceso mediante os seus coñecementos lingüísticos e lograr unha mellor comprensión delas. As competencias lingüística e cultural respecto de cada lingua modifícanse mediante o coñecemento mutuo e contribúen a crear unha conciencia, unhas destrezas e unhas capacidades interculturais. Permiten que as alumnas e os alumnos desenvolvan unha personalidade máis rica e complexa, melloran a capacidade de aprendizaxe posterior de novas linguas e de apertura a novas experiencias culturais. Tales competencias permitiranlle ao alumnado axudar como mediador a conseguir algún grao de comunicación entre persoas que non teñan unha lingua común e carezan, xa que logo, da capacidade para comunicarse.

Xunto con todo o anterior, o sentido e as funcións desta materia veñen determinados tamén por razóns profundamente educativas, derivadas da contribución que realiza ás competencias básicas e aos obxectivos educativos xerais. O proceso de ensino e aprendizaje de linguas estranxeiras contribuirá á formación educativa do alumnado desde unha perspectiva global que favoreza o desenvolvemento da súa personalidade, compense as desigualdades de partida axudando á integración social, teña en conta as distintas capacidades e ritmos de aprendizaxe e posibilite o acceso a datos de interese. Ao empezar a etapa de educación secundaria obrigatoria, o alumnado debe estar familiarizado coa lingua estranxeira usada en situacións de comunicación sinxelas presentadas no ensino primario. Trátase na etapa de secundaria de conseguir un dominio comunicativo suficiente para desenvolverse non só en situacións habituais da vida cotiá, senón tamén noutras conectadas coas súas motivacións e intereses futuros (académicos e laborais), de maneira que, ao rematar a etapa, adquiran destrezas comunicativas suficientes para enfrontarse a novas situacións. Os contidos e criterios de avaliación organízanse por cursos, tendo en conta as recomendacións feitas desde o Marco Europeo Común de Referencia. Esta especificación de contidos por cursos hai que interpretala como un continuo no que se irán construíndo

17

Page 19: Programación Departamento De Inglés

progresivamente as distintas habilidades comunicativas, de maneira que os contidos volverán aparecer en distintos contextos, xa que a aprendizaxe non se produce de forma lineal senón global, nun progreso que se vai enriquecendo ciclicamente.

Dentro de cada curso, os contidos aparecen estruturados en catro bloques: bloque 1 Escoitar, falar e conversar, bloque 2 Ler e escribir, que se refiren as habilidades lingüísticas, bloque 3 Coñecementos da lingua (que se refiren aos elementos lingüísticos e á súa relación) e bloque 4 Aspectos socioculturais e consciencia intercultural. Aínda que aparecen separados para maior claridade, temos que entendelos como inseparables na práctica lingüística. Estes catro bloques teñen características distintas en canto a que necesitan de metodoloxías específicas para aplicalos ao proceso de ensino e aprendizaxe pero gozan do mesmo peso á hora de contribuír á aprendizaxe da lingua. Así, os dous primeiros bloques refírense ás habilidades lingüísticas e necesitarán dunha metodoloxía baseada nos procedementos, entendidos estes como as operacións -tanto na oralidade como na escrita- que permiten relacionar os conceptos adquiridos coa súa realización en actividades de comunicación que desenvolvan o saber facer. O terceiro bloque ten como punto de partida as situacións de uso que favorezan a reflexión sobre a lengua estranxeira e as estratexias que axuden a progresar na aprendizaxe. O cuarto bloque refírese aos aspectos socioculturais, contribuíndo ao coñecemento dos costumes, formas de relación social, trazos e particularidades dos países nos que se fala a lingua estranxeira, etc. Promóvese así a tolerancia e aceptación de formas de vida diferentes.

As competencias básicas

Na definición que a Lei orgánica de educación (LOE) fai do currículo, atopámonos tanto cos compoñentes tradicionais (obxectivos, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación) coma coas competencias básicas. Este é un dos aspectos orientadores do conxunto do currículo e, en consecuencia, orientador dos procesos de ensino-aprendizaxe. En 2º de ESO o alumno debe participar na denominada avaliación de diagnóstico, na que deberá demostrar a adquisición de determinadas competencias. Esta avaliación non ten consecuencias académicas para os alumnos, pero o feito de que os seus resultados sirvan de orientación para que os centros adopten decisións relativas ás aprendizaxes dos alumnos, dános unha idea de como os procesos educativos se ven condicionados por este elemento na liña de ser moito máis funcionais. En 4º de ESO a decisión de se o alumno consegue a promoción de etapa, basearase en parte en se adquiriu ou non as competencias básicas, por iso é polo que acaben converténdose nun referente para a avaliación do alumno.

Fronte a un modelo educativo centrado na adquisición de coñecementos máis ou menos teóricos, desconectados entre si en moitas ocasións, un proceso educativo baseado na adquisición de competencias incide, fundamentalmente, na adquisición duns saberes imprescindíbeis, prácticos e integrados, saberes que terán que ser demostrados polos alumnos (é algo máis ca unha formación funcional). En suma, unha competencia é a capacidade posta en práctica e demostrada de integrar coñecementos, habilidades e actitudes para resolver problemas e situacións en contextos diversos. De forma moi gráfica e sucinta, chegouse a definir como a posta en práctica dos coñecementos adquiridos, os coñecementos en acción, é dicir, mobilizar os coñecementos e as habilidades nunha situación determinada (de carácter real e distinta daquela en que se aprendeu), activar recursos ou coñecementos que se teñen (aínda que se crea que non se teñen porque se esqueceron).

Hai un aspecto que debe destacarse, sobre o que se pode chamar carácter combinado da competencia: o alumno, mediante o que sabe, debe demostrar que o sabe aplicar, pero ademais que sabe ser e estar. Desta forma vemos como unha competencia integra os diferentes contidos que son traballados na aula (conceptos, procedementos e actitudes), exemplo dunha formación integral do alumno. En suma, estamos recoñecendo que a institución escolar non só prepara o alumno no coñecemento de saberes técnicos e científicos, senón que o fai tamén como cidadán, por iso é polo que deba demostrar unha serie de actitudes cívicas e intelectuais que impliquen o respecto aos demais, ser responsábel, traballar en equipo...

Tamén é importante outro aspecto: formar en competencias permite facer fronte á constante renovación de coñecementos que se produce en calquera área de coñecemento. A formación académica do alumno transcorre na institución escolar durante un número limitado de anos, pero a necesidade de formación persoal e/ou

18

Page 20: Programación Departamento De Inglés

profesional non acaba nunca, polo que unha formación competencial no uso, por exemplo, das tecnoloxías da información e da comunicación permitirá acceder a este instrumento para solicitar a información que en cada momento se precise (obviamente, logo de analizarse a súa calidade). Se ademais temos en conta que moitas veces é imposíbel tratar en profundidade todos os contidos do currículo, está claro que o alumno deberá formarse nesa competencia, a de aprender a aprender.

No noso sistema educativo considérase que as competencias básicas que debe ter o alumno cando finaliza a súa escolaridade obrigatoria para enfrontarse aos retos da súa vida persoal e laboral son as seguintes:

- Competencia en comunicación lingüística. - Competencia matemática. - Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. - Competencia no tratamento da información e competencia dixital. - Competencia social e cidadá. - Competencia cultural e artística. - Competencia para aprender a aprender. - Competencia en autonomía e iniciativa persoal.

Contribución da área de Lingua Estranxeira á adquisición das competencias básicas

A aprendizaxe dunha lingua estranxeira contribúe á adquisición da competencia en comunicación lingüística de xeito directo, completando, enriquecendo e enchendo de novos matices comprensivos e expresivos esta capacidade comunicativa xeral. Unha aprendizaxe da lingua estranxeira baseada no desenvolvemento de habilidades comunicativas, contribuirá ao desenvolvemento desta competencia básica no mesmo sentido que o fai a primeira lingua.

A achega da lingua estranxeira ao desenvolvemento desta competencia é primordial no discurso oral ao adquirir as habilidades de escoitar, falar e conversar, unha relevancia singular nesta etapa. Así mesmo, a aprendizaxe da lingua estranxeira, mellora a competencia comunicativa xeral ao desenvolver a habilidade para expresarse, oralmente e por escrito, utilizando as convencións e a linguaxe apropiada a cada situación, interpretando diferentes tipos de discurso en contextos e con funcións diversas. Por outra banda, o recoñecemento e a aprendizaxe progresiva de regras de funcionamento do sistema da lingua estranxeira, a partir das linguas que se coñecen, mellorará a adquisición desta competencia.

A partir da adquisición da linguaxe, esta convértese en vehículo do pensamento humano, en instrumento para a interpretación e representación da realidade e na ferramenta de aprendizaxe por excelencia. Esta materia contribúe ao desenvolvemento da competencia para aprender a aprender posto que acrecenta a capacidade lingüística xeral conferíndolle novas potencialidades e recursos diferentes para a comprensión e expresión, facilitando ou completando a capacidade de alumnos e alumnas para interpretar ou representar a realidade e así construír coñecementos, formular hipóteses e opinións, expresar e analizar sentimentos e emocións.

Esta materia é ademais un bo vehículo para o desenvolvemento da competencia social e cidadá. As linguas sérvenlles aos falantes para comunicarse socialmente, forman parte da cultura común das diferentes comunidades e nacións. Pero tamén, en gran medida, son vehículo de comunicación e transmisión cultural, e favorecen o respecto, o interese e a comunicación con falantes doutras linguas e o recoñecemento e a aceptación de diferenzas culturais e de comportamento. O intercambio de información persoal axuda a reforzar a identidade dos interlocutores. Doutra banda, en lingua estranxeira é especialmente relevante o traballo en grupo e en parellas e, a través destas interaccións, apréndese a participar, a expresar as ideas propias e a escoitar as dos demais, desenvólvese a habilidade para construír diálogos, negociar significados, tomar decisións valorando as achegas dos compañeiros, conseguir acordos, e, en definitiva, favorécese aprender de e cos demais.

As competencias citadas están na actualidade en relación directa coa competencia en tratamento da información e competencia dixital. As tecnoloxías da información e a comunicación ofrécennos a posibilidade de comunicarnos en tempo real con calquera parte do mundo e tamén o acceso sinxelo e inmediato a un fluxo incesante de información que medra cada día. O coñecemento dunha lingua estranxeira facilita o acceso á información que se pode atopar nesta lingua, á vez que ofrece a posibilidade de comunicarnos utilizándoa.

19

Page 21: Programación Departamento De Inglés

Ademais, facilita a comunicación persoal a través do correo electrónico en intercambios con mozos doutros lugares, e, o que é máis importante, crea contextos reais e funcionais de comunicación. Así mesmo, na medida en que a lingua estranxeira esixe o contacto con modelos lingüísticos moi diversos, a utilización de recursos dixitais para a aprendizaxe, é inherente á materia e este uso cotián contribúe directamente ao desenvolvemento desta competencia.

Esta materia inclúe especificamente un achegamento a manifestacións culturais propias da lingua e dos países nos que se fala e, xa que logo, contribúe a adquirir a competencia artística e cultural ao propiciar unha aproximación a obras ou autores que contribuíron á creación artística. Así mesmo, a área contribúe ao desenvolvemento desta competencia se se facilita a expresión de opinións, gustos e emocións que producen diversas manifestacións culturais e artísticas e se se favorecen os traballos creativos individuais e en grupo, como a realización e representación de simulacións e narracións. En definitiva, vehicular en lingua estranxeira o coñecemento e a apreciación da diversidade cultural a partir de manifestacións artísticas, contribuirá ao desenvolvemento desta competencia.

O coñecemento dunha lingua estranxeira contribúe tamén á adquisición da competencia autonomía e iniciativa persoal, en varios sentidos. O currículo fomenta o traballo cooperativo na aula, o manexo de recursos persoais e habilidades sociais de colaboración e negociación, o que supón pór en funcionamento determinados procedementos que permiten o desenvolvemento de iniciativas e toma de decisións na planificación, organización e xestión do traballo, propiciando así a autonomía e a iniciativa persoal.

Finalmente, e a pesar de que a Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico e a Competencia matemática non se mencionan especificamente nos obxectivos para Lingua Estranxeira, dada a natureza dos materiais elaborados para a impartición desta materia, pódense atopar moitas oportunidades de desenvolver tamén estas competencias.

De forma sucinta, e recollendo o máis significativo do que estabelece o currículo escolar, cada unha delas achega o seguinte á formación persoal e intelectual do alumno:

- Competencias básicas directamente relacionadas coa aprendizaxe da lingua extranxeira

- Competencia en comunicación lingüística:

Supón a utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita e como instrumento de aprendizaxe e de autorregulación do pensamento, das emocións e da conduta, polo que contribúe, así mesmo, á creación dunha imaxe persoal positiva e fomenta as relacións construtivas cos demais e coa contorna. Aprender a comunicarse é, en consecuencia, estabelecer lazos con outras persoas, achegarnos a outras culturas que adquiren sentido e provocan afecto despois de que se coñecen. En suma, esta competencia lingüística é fundamental para aprender a resolver conflitos e para aprender a convivir. A adquisición desta competencia supón o dominio da lingua oral e escrita en múltiples contextos e o uso funcional de, polo menos, unha lingua estranxeira.

O estudo dunha lingua estranxeira contribúe ao desenvolvemento desta competencia dunha maneira directa, completando, enriquecendo e enchendo de novos matices comprensivos e expresivos esta capacidade comunicativa xeral. A competencia en comunicación lingüística refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das emocións e da conduta. Na clase de inglés se realizan unha gran variedade de actividades que promoven a comunicación real na aula, cun desenvolvemento sistemático das destrezas escritas e orais e moitas oportunidades para personalizar. Tamén se lle proporcionan ao alumnado oportunidades para desenvolver os seus coñecementos nun contexto de comunicación oral real (describir, narrar, escribir unha carta...)

- Competencia no tratamento da información e competencia dixital:

20

Page 22: Programación Departamento De Inglés

Son as habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información e transformala en coñecemento. Inclúe aspectos que van dende o acceso e selección da información ata o seu uso e transmisión en diferentes soportes, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación como un elemento esencial para informarse e comunicarse. A adquisición desta competencia supón, polo menos, utilizar recursos tecnolóxicos para resolver problemas de modo eficiente e ter unha actitude crítica e reflexiva na valoración da información de que se dispón.

As tecnoloxías da información e da comunicación ofrecen a posibilidade de comunicarse en tempo real con calquera parte do mundo e tamén o acceso sinxelo e inmediato a un fluxo incesante de información que aumenta cada día. O coñecemento dunha lingua estranxeira ofrece a posibilidade de comunicarse utilizando as novas tecnolóxicas creando contextos reais e funcionais de comunicación. Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información e transformala en coñecemento.

A serie Oxford Spotlight ten a súa propia páxina web (www.oup. com/elt/spotlight) onde os xogos interactivos dan a oportunidade de procesar información e consolidar coñecementos. Cos enlaces a outras páxinas web poden realizar actividades en tempo real. Cada alumno/a ten acceso a un Multi-ROM onde pode practicar o inglés de forma interactiva mediante xogos e diálogos.

- Competencia social e cidadá:

Esta competencia permite vivir en sociedade, comprender a realidade social do mundo en que se vive e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade cada vez máis plural. Incorpora formas de comportamento individual que capacitan as persoas para convivir en sociedade, relacionarse cos demais, cooperar, comprometerse e afrontar os conflitos, polo que adquirila supón ser quen de pórse no lugar do outro, aceptar as diferenzas, ser tolerante e respectar os valores, as crenzas, as culturas e a historia persoal e colectiva dos outros. En suma, implica comprender a realidade social en que se vive, afrontar os conflitos con valores éticos e exercer os dereitos e deberes cidadáns dende unha actitude solidaria e responsábel.

As linguas sérvenlles aos falantes para comunicarse socialmente, pero tamén son vehículo de comunicación e transmisión cultural. Aprender unha lingua estranxeira implica o coñecemento de trazos e feitos culturais vinculados ás diferentes comunidades de falantes desta.

Este feito favorece a comprensión da realidade social en que se vive, o respecto, o recoñecemento e a aceptación de diferenzas culturais e de comportamento, promove a tolerancia e a integración e axuda a comprender e apreciar tanto os trazos de identidade como as diferenzas.

Ao longo do curso os textos proporcionan temas de interese social e cultural. Se proporciona información sobre diferentes culturas en comparación coa súa propia.

- Competencia cultural e artística:

Esta competencia implica coñecer, apreciar, comprender e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas, utilizalas como fonte de gozo e enriquecemento persoal e consideralas parte do patrimonio cultural dos pobos. En definitiva, apreciar e gozar a arte e outras manifestacións culturais, ter unha actitude aberta e receptiva ante a plural realidade artística, conservar o común patrimonio cultural e fomentar a propia capacidade creadora.

Esta competencia supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas a aprendizaxe dunha lingua estranxeira colabora no desenvolvemento desta competencia se os modelos lingüísticos que se utilizan conteñen, aínda coas limitacións desta etapa, producións lingüísticas con compoñente cultural. Trátase, polo tanto, dunha competencia que facilita tanto expresarse e comunicarse como percibir, comprender e enriquecerse con diferentes realidades e producións do mundo da arte e da cultura.

21

Page 23: Programación Departamento De Inglés

Ao longo do curso, tócanse temas variados que inclúen textos escritos ou orais acerca da música, do cine, das obras de arte, etc. Todo iso contribúe ao enriquecemento cultural e artístico do alumnado.

- Competencia para aprender a aprender:

Esta competencia supón, por unha banda, iniciarse na aprendizaxe e, por outro, ser capaz de continuar aprendendo de xeito autónomo, así como buscar respostas que satisfagan as esixencias do coñecemento racional. Así mesmo, implica admitir unha diversidade de respostas posíbeis ante un mesmo problema e atopar motivación para buscalas dende diversos enfoques metodolóxicos. En suma, implica a xestión das propias capacidades dende unha óptica de procura de eficacia e o manexo de recursos e técnicas de traballo intelectual.

A aprendizaxe dunha lingua estranxeira rendibilízase enormemente se se inclúen contidos directamente relacionados coa reflexión sobre a propia aprendizaxe, identificando como aprenden mellor e que estratexias os fan máis eficaces. Isto comporta a conciencia daquelas capacidades que entran en xogo na aprendizaxe como a atención, a concentración, a memoria, a comprensión, a expresión lingüística e a motivación do logro entre outras.

O material multimedia (Student’s Multirom) axuda o alumno a desenvolver a aprendizaxe autónoma, con axuda dos exercicios autocorrectivos, así como a páxina web do alumnado. (www.oup. com/elt/spotlight).

- Competencias básicas non directamente relacionadas coa aprendizaxe da lingua extranxeira

- Competencia matemática:

Esta competencia consiste, ante todo, na habilidade para utilizar os números e as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e de razoamento matemático para producir e interpretar informacións, para coñecer máis sobre aspectos cuantitativos e espaciais da realidade e para resolver problemas relacionados coa vida diaria e co mundo laboral. A adquisición desta competencia supón, en suma, aplicar destrezas e actitudes que permiten razoar matematicamente, comprender unha argumentación matemática, expresarse e comunicarse na linguaxe matemática e integrar o coñecemento matemático con outros tipos de coñecemento.

Utilizar números e as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático para producir e interpretar informacións, para coñecer máis sobre aspectos cuantitativos e espaciais da realidade e para resolver problemas relacionados coa vida diaria. Forma parte da competencia matemática a habilidade para interpretar e expresar con claridade e precisión informacións, datos e argumentacións.

En moitas das unidades se presentan datos que o alumnado debe analizar para sacar as súas propias conclusións e utilizar a información extraída de forma adecuada á tarefa que se solicita. Por exemplo, analizar información nas seccións de Reading e presentar datos/argumentos nas tarefas de Writing. En primeiro ciclo, o alumnado traballa o cálculo con diferentes tipos de moeda e coas horas.

- Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico:

É a habilidade para interactuar co mundo físico nos seus aspectos naturais e nos xerados pola acción humana, de modo que facilite a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias e a actividade dirixida á mellora e preservación das condicións de vida propia, das demais persoas e do resto dos seres vivos. En suma, esta competencia implica a adquisición dun pensamento científico-racional que permite interpretar a información e tomar decisións con autonomía e iniciativa persoal, así como utilizar valores éticos na toma de decisións persoais e sociais.

22

Page 24: Programación Departamento De Inglés

Esta competencia, e partindo do coñecemento do corpo humano, da natureza e da interacción dos homes e mulleres con ela, permite argumentar racionalmente as consecuencias duns ou doutros modos de vida, e adoptar unha disposición a unha vida física e mental saudábel nunha contorna natural e social tamén saudábel. Son parte desta competencia básica o uso responsábel dos recursos naturais, o coidado do medio ambiente, o consumo racional e responsábel, e a protección da saúde individual e colectiva como elementos clave da calidade de vida das persoas.

Ao longo dos cursos se tratan diversos temas relacionados co coñecemento e coa interacción co mundo físico, como poden ser o consumo responsábel, a protección do medio ambiente ou o clima.

- Competencia en autonomía e iniciativa persoal:

Esta competencia refírese á posibilidade de optar con criterio propio e levar adiante as iniciativas necesarias para desenvolver a opción elixida e facerse responsábel dela, tanto no ámbito persoal coma no social ou laboral.

A adquisición desta competencia implica ser creativo, innovador, responsábel e crítico no desenvolvemento de proxectos individuais ou colectivos.

O alumnado ten a posibilidade, con ferramentas como a páxina web www.oup. com/elt/spotlight e o Student’s Multirom, de optar a realizar auto-avaliacións de forma periódica sen axuda do profesor.

Nunha competencia non hai saberes que se adquiren exclusivamente nunha determinada materia e só serven para ela (sobre todo nesta e para esta). Con todo o que o alumnado aprende nas diferentes materias (e non só na institución escolar) constrúe unha bagaxe cultural e de información que debe servirlle para o conxunto da súa vida, que debe ser quen de utilizalo en momentos precisos e en situacións distintas (a linguaxe é, para estes efectos, paradigmática). Por iso, calquera desas competencias poden alcanzarse se non en todas, si na maioría das materias curriculares, e tamén por iso en todas estas materias poderá utilizar e aplicar estas competencias, independentemente de en cales as puido adquirir (transversalidade). Ser competente debe ser garantía de alcanzar determinadas aprendizaxes, pero tamén permitirá alcanzar outras, tanto na propia institución escolar coma fóra dela, garantía da súa aprendizaxe permanente (ou, neste caso, capaz de comunicarse en situacións moi diversas, algunhas das cales o/ a propio/a alumno/a nin sequera pode considerar aínda que terá que facelo).

Dito isto, queda claro que hai unha evidente interrelación entre os distintos elementos do currículo, e que temos que póla de manifesto para utilizar adecuadamente cantos materiais curriculares se utilizan no proceso de ensino-aprendizaxe. Cando nunha programación didáctica, coma esta, se indican os obxectivos dunha unidade (formulados, do mesmo xeito cós criterios de avaliación, en termos de capacidades), sábese que estes condicionan a elección duns contidos ou outros, da mesma forma que se deben indicar uns criterios de avaliación que permitan demostrar se o alumno os alcanza ou non os alcanza. Por iso, os criterios de avaliación permiten unha dobre interpretación: por unha banda, os que teñen relación co conxunto de aprendizaxes que realiza o alumno, é dicir, haberá uns criterios de avaliación ligados expresamente a conceptos, outros a procedementos e outros a actitudes, xa que cada un destes contidos han de ser avaliados por ser traballados na clase e que son os que se avalían nos diferentes momentos de aplicación da avaliación continua; e por outro, haberá criterios de avaliación que foron formulados máis na súa relación coas competencias básicas.

A avaliación de competencias básicas é un modelo de avaliación distinto ao dos criterios de avaliación, tanto porque se aplica en diferentes momentos doutras avaliacións, coma porque a súa finalidade, aínda que complementaria, é distinta. Se partimos de que as competencias básicas supón unha aplicación real e práctica de coñecementos, habilidades e actitudes, a forma de comprobar ou avaliar se o/ a alumno/a as adquiriu é reproducir situacións o máis reais posíbeis de aplicación, e nestas situacións o habitual é que o alumno se sirva desa bagaxe acumulada (todo tipo de contidos) pero responda, sobre todo, a situacións prácticas. Desta forma, cando

23

Page 25: Programación Departamento De Inglés

avaliamos competencias estamos avaliando preferentemente, aínda que non só, procedementos e actitudes, por iso é polo que as relacionemos cos criterios de avaliación con maior carácter procedemental e actitudinal.

Competencias/ Subcompetencias

As competencias, pola súa propia formulación son, inevitabelmente, moi xenéricas. Se queremos que sirvan como referente para a acción educativa e para demostrar a competencia real do alumnado, debemos concretalas moito máis, descompoñelas, sempre en relación cos demais elementos do currículo. É o que chamamos subcompetencias, e que sen pretender chegar a abarcar todas as posíbeis, si recollen aquelas que maior relación teñen co currículo da materia e maior presenza en todas as materias polo seu carácter interdisciplinar. Na materia de lingua estranxeira, estas subcompetencias son as seguintes:

Comunicación lingüística - Expresar oralmente pensamentos, emocións, vivencias e opinións de xeito sinxelo. - Adecuar a fala a situacións comunicativas variadas, controlando os elementos non verbais e respectando as regras propias do intercambio comunicativo. - Ter conciencia das convencións sociais e culturais á hora de producir textos. - Comprender distintos tipos de textos propios do ámbito académico recoñecendo a súa intención comunicativa e os seus trazos formais.- Gozar da lectura e, a través dela, descubrir outras contornas, idiomas e culturas. - Tomar conciencia da necesidade de respectar as normas ortográficas na produción de textos escritos. - Coñecer os principais procedementos de formación de palabras como instrumento para ampliar o léxico. - Utilizar un vocabulario suficientemente amplo para expresarse oralmente e por escrito con propiedade e precisión en situacións concretas. - Compor textos propios do ámbito académico, adecuados ao propósito comunicativo. - Escribir textos para expresar ideas, sentimentos e experiencias.

Tratamento da información e competencia dixital- Buscar, obter, procesar e comunicar información na lingua estranxeira para transformala en coñecemento utilizando sistemas informáticos ou Internet. - Analizar de xeito crítico a información obtida.

Social e cidadá- Coñecer e practicar o diálogo como ferramenta básica de comunicación interpersoal e de resolución de conflitos. - Coñecer os valores que caracterizan unha sociedade democrática: liberdade, solidariedade, participación, cidadanía, tolerancia. - Valorar a pluralidade lingüística como unha riqueza cultural.

Cultural e artística - Apreciar a diversidade cultural a partir de diferentes manifestacións artísticas.

Aprender a aprender- Coñecer e utilizar de xeito habitual as principais estratexias e técnicas que favorecen o traballo intelectual (resumo, esquema, mapas conceptuais...). - Utilizar diferentes recursos e fontes para a recollida e tratamento da información.

Autonomía e iniciativa persoal - Actuar con iniciativa e creatividade persoal. - Desenvolver as habilidades sociais.

Obxectivos

24

Page 26: Programación Departamento De Inglés

O ensino da lingua estranxeira nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Escoitar e comprender información xeral e específica oral en distintas situacións comunicativas, adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación co falante.

2. Comunicarse oralmente en situacións habituais de forma comprensible, axeitada e con certo nivel de autonomía.

3. Ler e comprender textos diversos dun nivel axeitado ás capacidades e intereses do alumnado co fin de extraer información xeral e específica, e utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal.

4. Escribir textos sinxelos con fins diversos sobre distintos temas utilizando recursos axeitados de cohesión e coherencia.

5. Utilizar eficazmente os compoñentes fonéticos, léxicos, estruturais e funcionais básicos da lengua estranxeira en contextos reais de comunicación.

6. Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, reflexionando sobre o propio proceso de adquisición a lengua e transferindo á lingua estranxeira coñecementos e estratexias de comunicación adquiridas noutras linguas.

7. Buscar, seleccionar e presentar información oralmente e por escrito na lingua estranxeira utilizando todos os medios ao seu alcance, (bibliotecas, tecnologías da información e a comunicación e as estrategias de aprendizaxe).

8. Valorar a lingua estranxeira e as linguas en xeral, como instrumento de acceso á información e como ferramenta de aprendizaxe de contidos diversos, como medio de comunicación e entendemento entre persoas de procedencias, linguas e culturas distintas evitando calquera tipo de discriminación e de estereotipos lingüísticos e culturais.

9. Manifestar unha actitude receptiva e de autoconfianza na propia capacidade de aprender e usar a lengua estranxeira.

10. Coñecer os elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, establecer relación entre aspectos culturais deses países e os propios rexeitando estereotipos negativos.

Contidos

1º ESO :

Bloque 1. Escoitar, falar e conversar

* Comprensión de mensaxes orais sinxelas e básicas para realizar actividades de aula.* Comprensión de textos orais sinxelos gravados ou en diferentes soportes multimedia, conectados cos seus intereses e apoiados con imaxes, sons e xestos.* Uso de estratexias básicas de comprensión das mensaxes orais: anticipación do contido xeral do que se escoita con axuda de elementos verbais e non verbais e uso dos coñecementos previos sobre a situación.* Memorización de producións orais breves significativas (saúdos, rutinas para iniciar ou manter a quenda de palabra, para manter a atención), propias da vida cotiá.* Produción de mensaxes orais curtas, con estrutura lóxica e con pronuncia que non impida a comunicación (saúdo, despedida, presentacións, felicitación ás persoas da aula nos seus aniversarios....).* Participación en conversas breves e sinxelas controladas dentro da aula, espontáneas e/ou en simulacións relacionadas con experiencias e intereses persoais.

25

Page 27: Programación Departamento De Inglés

* Uso de respostas axeitadas ás cuestións requeridas polo profesor/a e os compañeiros/as nas actividades de aula.* Identificación e desenvolvemento progresivo de estratexias para superar as interrupcións na comunicación (como por exemplo a demanda de repetición e aclaración entre outras), facendo uso de elementos verbais e non verbais nas actividades de aula en parella e en grupo.* Valoración da lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e para achegarse a persoas doutras culturas.* Valoración positiva das intervencións orais propias e alleas.* Uso de estratexias de cooperación na interacción e no traballo con outras persoas.* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 2. Ler e escribir

* Comprensión de instrucións básicas para a resolución de actividades presentadas por escrito.* Asociación e identificación de grafía, pronuncia, fonema e significado a partir de modelos escritos, de imaxes, con palabras coñecidas e relacionadas con temas próximos ao alumnado, en situacións contextualizadas empregando diferentes recursos visuais e informáticos.* Comprensión xeral e identificación de informacións específicas en diferentes tipos de textos sinxelos auténticos e adaptados, en soporte papel e dixital, sobre diversos temas axeitados á súa idade e relacionados con contidos doutras materias do currículo.* Iniciativa para ler con certa autonomía textos axeitados á idade, intereses e nivel de competencia do alumnado.* Uso de estratexias básicas de comprensión lectora: identificación do tema dun texto coa axuda de elementos textuais e non textuais, uso dos coñecementos previos sobre o tema, inferencia de significados polo contexto, por comparación de palabras ou frases similares nas linguas que xa coñecen.* Recoñecemento dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita e como se diferencia da linguaxe oral.* Desenvolvemento da expresión escrita de forma guiada, como por exemplo completando ou modificando frases e parágrafos sinxelos.* Composición de textos curtos sinxelos, coñecidos previamente en producións orais, con elementos básicos de intencións comunicativas a partir de modelos e utilizando cohesión e con diversas estratexias como a planificación, textualización e revisión do texto. * Coidado na presentación dos textos escritos en soporte papel e dixital usando as regras básicas de ortografía e de puntuación e recoñecendo a súa importancia na comunicación escrita.* Valoración positiva dos textos escritos propios e os do resto das persoas da aula, colaborando na súa produción e exposición e integrándoas na rutina da aula.* Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter información e realizar tarefas individuais ou en grupo.* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 3. Coñecementos da lingua

Coñecementos lingüísticos:

* Identificación de elementos morfolóxicos básicos e habituais no uso da lingua como o substantivo, o verbo, o adxectivo, o adverbio ou a preposición e conectores básicos de adición, enumeración e ordenación.* Identificación e uso de expresións comúns, de frases feitas sinxelas e de léxico relativo a contextos concretos e cotiáns e a contidos doutras materias do currículo.* Identificación de antónimos básicos e de uso habitual. * Uso de estruturas e funcións básicas relacionadas coas situacións cotiás máis predicibles.* Identificación de fonemas de especial dificultade.* Recoñecemento e produción de patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

Funcións da Linguaxe, Gramática e Léxico correspondentes a:26

Page 28: Programación Departamento De Inglés

- Saudar, dar, pedir e comprender información persoal:

Fórmulas: saúdos e despedidas.Verbos be e have got.Pronomes persoais, demostrativos e interrogativos.Artigos determinados e indeterminados: uso do artigo diante das profesións e omisión diante de substantivos xerais.Orde das palabras na oración. Adxectivo + substantivo.Estructura das oracións interrogativas, negativas e afirmativas.A posesión: O xenitivo saxón.Preposicións: on, in , at etc.A cantidade: números cardinais.Formación de palabras.

- Dar, pedir e comprender intruccións e direccións:

Imperativos.Can: How can I get to...? Can you tell me the way to...?Frases adverbiais: Turn right, go straight on, on your left,etc.Números ordinais.

- Describir e comparar persoas, lugares e cousas:

Presente simple.There is / are...some / any. How much / many...?Adxectivos cualificativos.Preposicións de lugar.Substantivos contables / incontables.

- Expresar hábitos, gustos, habilidades, estados físicos e anímicos:

Adverbios de frecuencia e frases adverbiais que acompañan o presente simple.Like/love/dislike/don´t like/hate ... + substantivo.Pronomes persoais obxecto.Can.Adverbios de grao: very much, at all, a lot ...Conectores: And, but, because.Expresións que denoten hora, día e data.Respostas curtas.

- Dar, pedir ou contrastar informacións sobre algo que está en curso fronte a algo que é habitual:

Presente simple/ contínuo.Expresións temporais: Now, today, on Mondays ...Indefinidos.

- Describir e narrar feitos pasados:

Pasado simple do verbo to be.There was/were.Pasado simple de verbos regulares e irregulares.Adverbios e frases adverbiais: yesterday, last week, etc.

- Expresar plans e intencións para o futuro:

Presente continuo con valor de futuro.Be going to + verbo.Adverbios e frases adverbiais: Next week, tomorrow ...

27

Page 29: Programación Departamento De Inglés

- Facer suxerencias, aceptalas e rexeitalas:

Let´s ... , Why don´t we ...? Shall we ...?Respostas de aceptación ou rexeitamento: Great, OK, Oh, no!, etc.

- Expresar obriga:

Must / mustn´t.

Fonética:

As terminacións: /s/, /z/, /iz/.Pronunciación de –ing.A terminación –ed no pasado simple.Pronunciación de vocais e consonantes de especial dificultade: t, d, h, r, a, etc.As formas débiles: Was/were/can/some ...Acentuación das palabras e frases.Entoación de frases, ritmo.

Reflexión sobre a aprendizaxe:

* Aplicación de estratexias básicas para organizar, adquirir, recordar e utilizar léxico.* Uso progresivo de recursos para a aprendizaje como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas e tecnologías da información e a comunicación.* Reflexión guiada sobre o uso e o significado das formas gramaticais axeitadas a distintas intencións comunicativas.* Iniciación nas estratexias de autoavaliación e autocorrección das producións orais e escritas propias.* Aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe e ter unha actitude positiva para superalo.* Organización do traballo persoal como estrategia para progresar na aprendizaxe.* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaje creadas no contexto da aula e fóra dela.* Participación activa e cooperativa en actividades e traballos grupais.* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural

* Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación na aula, ou con persoas doutras culturas.* Identificación dos principais costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira. Comparación cos patróns culturais existentes en Galicia, evitando os estereotipos.* Uso de fórmulas de cortesía axeitadas nos intercambios sociais.* Coñecemento dalgúns trazos históricos e xeográficos dos países onde se fala a lingua estranxeira, obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a internet e outras tecnoloxías da información e comunicación.* Interese e iniciativa na comunicación con falantes ou aprendices/zas da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Secuenciación dos Contidos de 1º E.S.O.

Communicative functions

Grammar Vocabulary SkillsStudy skills / Pronunciation

1st TERM

-Personal information-Nationalities

-Question words-Personal pronouns -Possessive

UNIT 1 Who are you? -The alphabet-The family-Countries and nationalities

-Read two letters-Write a letter to a penfriend-Word stress in countries and

-Capital letters-The alphabet-Word stress:

28

Page 30: Programación Departamento De Inglés

adjectives-To be

nationalities countries and nationalities

-Introducing people-Talking about possession -Saying the date

-Have got-A / an ; this/that- Possessive ´s

UNIT 2 What have you got?-Possessions-Months-Ordinal numbers

-Read a strip, birthday cards-Write a card- Listen to the people at a party

-Word webs-Word stress: dates

-Understanding classroom instructions-Talking about likes and dislikes, routines-Telling the time

-Imperatives-Present simple: positive/negative

UNIT 3 At school, on holiday-School subjects-Everyday activities -Listen to people talking about

school subjects-Read about a special holiday and do a quiz-Write a magazine article

-Similar words-3rd Person “s” :/s/, /z/, /iz/

2nd TERM

-Talking about animals and pets.-Talking about habits

-Present simple: questions and short answers-Adverbs of frequency

UNIT 4 Do you like animals?- Wild animals and pets -Read about animals

-Listen to an interview-Write an advert

-Good study habits-Does: weak and strong form

-Offering food and drink-What people are doing/ wearing

-Present continuous-Countable and uncountable nouns

UNIT 5 What is happening?-Food and drink-Clothes-Action verbs

-Listen to the description od a campsite-Read an e- mail and -Write the description of a painting

-New vocabulary-Pronouncing-ing endings

-Asking for permission-Talking about abilities, rules,the weather

-Can / can´t-Must / musn´t

-UNIT 6 What can you do? -Sports-The weather

-Read rules and signs, a comic strip-Listen to a conversation about sports, a description of the weather-Write about the weather

-Strong forms and weak forms of Must and Can

3rd TERM

-Directions-Describing towns-Plans and intentions

-Prepositions of place-There is/are some/any-Be going to

UNIT 7 In the City-Places in cities-Leisure activities

-Read about cities-Listen directions and descriptions of cities-Write a description of a town

-Homework diary- Go

-Talking about the past and about famous people from the past

-Past simple of be and regular verbs

UNIT 8 Famous people-Adverbs of past time -Read about superstars

-Listen to famous people-Write about famous people

-Recording past tense forms-ed endings:(/t/, /d/ or /id/.

-Making / responding to suggestions-Talking about plans

-Why don´t.../, let´s .../shall we...-Present continuous for future plans

UNIT 9 What are you going to do?-Past simple of irregular verbs -Read about Ramadan

-Listen to arrangements-Write about arrangements

-Vocabulary posters- The vowel sounds in Cat and Say

Mínimos esixibles

Communicative functions

- Personal information- Nationalities- Introducing people- Talking about possession

Grammar

- Question words- Personal pronouns- Possessive adjectives- To be

Vocabulary

- The alphabet- The family- Countries and nationalities- Possessions

29

Page 31: Programación Departamento De Inglés

- Saying the date- Understanding classroom instructions-Talking about likes and dislikes, routines-Telling the time

- Have got- A / an ; this/that- Possessive ´s- Imperatives- Present simple: positive/negative- Present simple: questions and short answers- Adverbs of frequency- Prepositions of place- There is/are some/any

- Months- Ordinal numbers- School subjects

- Everyday activities- Food and drink- Clothes

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e as informacións específicas máis relevantes de mensaxes orais emitidas cara a cara ou por medios audiovisuais sobre asuntos cotiáns se se fala amodo e con claridade.

A través deste criterio apreciase a capacidade de alumnos e alumnas para comprender o esencial de diálogos emitidos cara a cara ou por medios audiovisuais, aínda que non se comprendan na súa totalidade. Trátase de avaliar esencialmente se se identifica o significado de instrucións, comentarios, preguntas e respostas, diálogos curtos, descricións e narracións breves sobre temas cotiás utilizando as estratexias básicas de comprensión das mensaxes orais.

2. Comunicarse oralmente participando en conversas e en simulacións sobre temas coñecidos ou traballados previamente, utilizando as estratexias axeitadas para facilitar a continuidade da comunicación e producindo un discurso comprensible e axeitado á intención de comunicación.

Este criterio avalía a capacidade de comunicarse oralmente participando en conversas, reais ou simuladas, sobre temas coñecidos. Estas consistirán esencialmente en presentar e contestar preguntas, intercambiar ideas e información, relatar experiencias sobre temas familiares en situacións predicibles utilizando os recursos lingüísticos e as estratexias que aseguren a comunicación. As producións poderán ter incorreccións léxicas, morfosintácticas ou fonéticas que non dificulten a comunicación.

3. Identificar e interpretar palabras e enunciados sinxelos e contextualizados, en situacións de comunicación significativas para o alumnado, coa axuda de elementos textuais e non textuais, sobre temas variados e outros relacionados con outras materias do currículo.

A través deste criterio apreciarase a capacidade para comprender textos diversos: instrucións, correspondencia, descricións e narracións breves, mensaxes, cuestionarios, etc. aplicando estratexias básicas de lectura como a inferencia de significados polo contexto ou por elementos visuais ou a comparación coas lenguas que o alumnado coñece. Con este criterio tamén se avalía a capacidade de ler textos, en soporte papel ou dixital, de certa extensión, para aprender ou para gozar da lectura, recorrendo ao dicionario cando sexa preciso.

4. Redactar de forma guiada textos breves en diferentes soportes utilizando as estruturas, as funcións e o léxico axeitados, así como algúns elementos básicos de cohesión, partindo de modelos e respectando as regras elementais de ortografía e puntuación.

Este criterio avalía a capacidade para redactar, aínda que de forma elemental, notas, descricións, correspondencia postal ou electrónica e mensaxes. Os textos conterán palabras de uso habitual, oracións simples e conectores básicos. Valorarase tamén a presentación clara, limpa e ordenada, en soporte papel ou dixital.

5. Na lingua propia, comparar aspectos da vida cotiá dos países nos que se fala a lingua estranxeira cos propios, identificando elementos básicos e evitando estereotipos.

A través deste criterio trátase de avaliar o interese por coñecer a outra cultura e se as alumnas e alumnos son consciente do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas doutras culturas.

30

Page 32: Programación Departamento De Inglés

6. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamente traballados na aula, para facelo comprensible a interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira estudada.

Trátase de avaliar a capacidade de facer mediación entre persoas interlocutoras que non poden entenderse polo descoñecemento da lingua, facendo equivalencia dunha lingua a outra ou dando explicacións do significado do texto.

7. Identificar e utilizar algunhas estratexias utilizadas para progresar na aprendizaxe.

Este criterio pretende avaliar se o alumnado identifica e utiliza as estratexias básicas que favorecen o proceso de aprendizaxe, como a capacidade de ir valorando os seus progresos, a reflexión sobre como aprende un mesmo máis e mellor, a incorporación da aceptación do erro como parte do proceso de aprendizaxe, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico, o uso correcto do diccionario para identificar a acepción axeitada ao contexto; o uso de recursos bibliográficos, informáticos e dixitais co fin de recoller información, ampliar ou revisar aspectos traballados na aula, etc.

8. Usar de forma guiada as tecnoloxías da información e a comunicación para buscar información, producir mensaxes a partir de modelos e para establecer relacións persoais amosando interese polo seu uso.

Trátase de valorar con este criterio a capacidade do alumnado de utilizar as tecnoloxías da información e comunicación como ferramenta de comunicación e de aprendizaxe, en actividades habituais de aula e para establecer relacións persoais de forma guiada. As comunicacións que se establezan versarán sobre temas familiares previamente traballados e realizaranse a partir de modelos. Tamén se terá en conta a actitude cara a lingua estranxeira, os intentos por utilizala e se se valora a diversidade lingüística como elemento enriquecedor.

Criterios de cualificación

A seguinte escala de porcentaxes concreta a valoración dos distintos criterios de avaliación:

- Asistencia, participación en clase e tarefas : 20%- Expresión oral: 20%- Comprensión oral: 20%- Expresión escrita: 20%- Comprensión escrita: 20%

Temas transversais

- Educación para a paz e a convivencia - Interculturalidade:- Comprender e respetar modos de vida distintos: comparar diversas formas de organización familiar; interesarse pola forma de ser e vivir de xoves doutros países. Paul and his family, Unit 1.- Valoración positiva da amistade e fomento da relación a través das celebracións e as felicitacións. Respeto ante celebracións e festas propias de diversas culturas. On holiday, Unit 2.- Valoración positiva dos avances tecnológicos: aplicación destes na vida cotidiana para fomenta- la comunicación: o correo electrónico. I’m bored, Unit 5. - Mostrar interese por lugares de interés turístico para reflexionar sobre o patrimonio histórico das nosas cidades e doutras no resto do mundo e a importancia que teñen como medio de entendemento entre os pobos. Which city is it?, Unit 7.

- Educación para a igualdade:- Coñecemento de personaxes masculinos e femeninos destacados. Great women and men, Unit 8

- Educación para a saúde e a sexualidade:- Establecemento de relacións equilibradas co sexo oposto. Susan’s party, Unit 2.

31

Page 33: Programación Departamento De Inglés

- Adquirir hábitos e estilos de vida sanos. Habits, Unit 3. Importancia da práctica do deporte para levar una vida sana. Sports, Unit 6. Incidir asimesmo na práctica de hábitos alimentarios saudabeis.

- Educación ambiental :- Comprende-la importancia de coñecer e respetar o reino animal para mante-lo equilibrio natural do planeta. Man’s best friend, Unit 4.- Valoración positiva das actividades de aire libre e do contacto co entorno natural. A camping trip, Unit 5.

- Educación moral e cívica- Educación para a convivencia:- Respeto ás capacidades e destrezas doutros compañeros. The agency is in danger, Unit 6.- Respeto e acatamento das normas de convivencia na casa e en lugares públicos. Rules and regulations, Unit 6.- Respeto polas celebracións propias a outras relixións. A religious festival, Unit 9.- Incidir no cumprimento das normas establecidas no Regulamento de Réxime Interno con respecto ó comportamento e a convivencia ( bos modais, respecto, etc.)

- Educación vial:- Coñemento e respeto polas normas e sinais de tráfico. Rules and regulations, Unit 6.- Desplazamentos nun plano: lugares que se poden visitar, rutas, etc. Communicate, Unit 7.

2º ESO :

Bloque 1. Escoitar, falar e conversar

* Escoita e comprensión de mensaxes orais, de progresiva dificultade, emitidas dentro da aula, relacionados coas actividades habituais.* Obtención de información xeral e específica de textos orais sobre asuntos cotiáns e predicibles procedentes de diferentes medios audiovisuais e con apoio de elementos verbais e non verbais.* Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, así como identificación de palabras clave.* Produción de mensaxes orais breves e coherentes sobre temas de interese persoal e cunha pronuncia que non dificulte a comunicación.* Participación en situacións reais ou simulada de comunicación (conversas telefónicas, peticións, autopresentacións, identificación de obxectos, lugares ou persoas) en todo tipo de interaccións (parellas, grupos, equipos) dentro da aula, con pronuncia e entoación axeitadas para conseguir a comunicación.* Resposta axeitada a situacións de comunicación na aula.* Desenvolvemento de estratexias de comunicación para superar as interrupcións na comunicación e para iniciar e concluír intercambios comunicativos.* Valoración positiva das intervencións orais propias e alleas na lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e coñecer outras culturas.* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 2. Ler e escribir

* Asociación de grafía, pronuncia e significado a partir de modelos escritos e expresións orais coñecidas e consolidación das asociacións grafía-son das mensaxes empregadas en situacións funcionais de comunicación.* Comprensión da información xeral e específica en diferentes tipos de textos, en soporte papel e dixital, auténticos e adaptados, sobre asuntos familiares e relacionados con contidos doutras áreas do currículo.* Iniciativa para ler de xeito autónomo textos de certa extensión.* Uso de estratexias de comprensión lectora: anticipación do contido antes e durante a lectura, identificación do tema dun texto coa axuda de elementos textuais e non textuais, emprego dos coñecementos previos sobre un tema, inferencia de significados polo contexto, por elementos visuais, por comparación de palabras ou frases similares nas linguas que coñecen.

32

Page 34: Programación Departamento De Inglés

* Recoñecemento e iniciación no uso dalgunhas fórmulas que diferencian a linguaxe formal e informal nas comunicacións escritas.* Composición de distintos textos coa axuda de modelos, atendendo a elementos básicos de cohesión e utilizando estratexias elementais no proceso de composición escrita (planificación, textualización e revisión).* Comunicación persoal con falantes da lengua estranxeira mediante correspondencia postal ou utilizando medios informáticos: chats, correo electrónico, etc. Utilización das tecnoloxías da información e a comunicación para ler e transmitir información.* Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital usando as regras básicas de ortografía e puntuación e valorando a súa importancia nas comunicacións escritas e o sentido estético destes. * Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 3. Coñecemento da lingua

Coñecementos lingüísticos.

* Identificación de elementos morfolóxicos no uso da lingua: substantivo, verbo, adxectivo, adverbio, preposición, etc.* Ampliación de expresións comúns, de frases feitas e de léxico apropiado a contextos concretos, cotiáns e a contidos doutras materias do currículo.* Uso das estruturas e funcións máis habituais.* Recoñecemento e pronuncia de fonemas de especial dificultade.* Recoñecemento e produción de patróns básicos de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe.

* Ampliación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar léxico.* Uso de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación.* Reflexión sobre o uso e o significado das formas gramaticais axeitadas a distintas intencións comunicativas.* Participación en actividades de avaliación compartida, na avaliación da propia aprendizaxe e uso de estratexias de autocorrección.* Organización do traballo persoal como estrategia para progresar na aprendizaxe.* Interese por aproveitar as oportunidades da aprendizaje creadas no contexto da aula e fóra dela.* Participación activa en actividades e traballos grupais.* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Funcións da Linguaxe, Gramática e Léxico correspondentes a :- Saudar e presentarse formal e informalmente e dar ou pedir información persoal:

Verbo to be.Presente simple.Adverbios de frecuencia.Fórmulas: Nice to meet you ...

- Describir cousas, lugares e persoas. Expresar obrigas, consellos e rutinas:

Have got, there is/are.Must/n´t, should/n´t.Adxectivos en grao comparativo.Much/many/ alot of ...Preposicións de lugar: Under, between ...Vocabulario sobre o corpo, a roupa, profesións, a escola, ...

- Narrar feitos pasados:

33

Page 35: Programación Departamento De Inglés

Pasado simple /continuoThere was/were.Could.When, while, first, after that ...

- Falar sobre habilidades, expresar gustos, dar e pedir opinión:

Can/could.Like/love/hate ...+ sustantivos/V-ing.I think/I don´t think ...Vocabulario sobre o lecer.

- Expresar futuro:

Futuro simple.Futuro de intención.Presente continuo con valor de futuro.Expresións temporais : Next weekend, this year ...

- Expresar condición:

Condición do primeiro tipo : If + Present.

Fonética:

Fonemas de especial dificultade.Formas contractas.Terminacións de tempos verbais.Formas débiles : was/were/can.Entoación e ritmo de frases simples e compostas.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural

* Recoñecemento e valoración da lingua estranxeira como instrumento de comunicación internacional.* Identificación e respecto cara aos costumes e trazos da vida cotiá propios doutros países e culturas onde se fala a lingua estranxeira respecto a patróns culturais existentes en Galicia.* Ampliación de fórmulas de cortesía axeitadas nos intercambios sociais.* Coñecemento dos acontecementos culturais diversos de tipo histórico, aspectos xeográficos ou literarios, obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a internet e outras tecnoloxías da información e comunicación.* Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos con falantes ou aprendices/zas da lingua estranxeira, utilizando soporte papel ou medios dixitais.* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.* Respecto pola cultura da lingua estranxeira en comparación coa galega, acadando unha consciencia intercultural que supere os estereotipos.

Secuenciación dos Contidos de 2º E.S.O.

Communicative functions

Grammar Vocabulary SkillsStudy skills / Pronunciation

1st TERM

-Asking/giving personal information.-Describing physical appearance

-Present simple-Interrogative pronouns

UNIT 1 A journey in time-Physical appearance adjectives-The family

-Read about the Amish/an e-pal website-Write a physical description

- Pronouncing new words

34

Page 36: Programación Departamento De Inglés

-Talking about likes/dislikes

-Making requests-Talking about health problems/healthy habits

CanPossessive adjectivesHow often...?Adverbial phrases of frequency

UNIT 2 Health matters-Parts of the body-Health problems-Food

-Speak about health-Read about the Mediterranean lifestyle-Write a questionnaire

-Third person “s”

-Talking about what people are doing -Present

continuousThere is/areSome/any

UNIT 3 At home-Housework-Household objects

-Read a diary-Listen to a song-Read and listen to a comic strip

-ing endings-Memorizing vocabulary

2nd TERM

-Saying the date (revision)-Talking about the past

-Past simple of be, have

UNIT 4 Were you there?-Dates-Home appliances/toys/clothes

-Read/Speak about a filmstar-Listen to someone speaking about her past

-Was

-Giving advice -Past simple regular/irregular verbs: affirmative-Modals: Should

UNIT 5 Friends-Feelings -Reading about the origins of

Valentine´s day-Speak about friends-Listen to a song

-Recording verb forms-ed endings

-Asking for permission-Describing past events

-Permission: Can-Past simple negative/interrogative

UNIT 6 Going out-Theme parks and funfairs-Types of music

-Speak about past events- Listen to a conversation about a party

-Using time connectors-Intonation

3rd TERM

-Talking about obligation/permission-Describing past events-Talking about who things belong to

-Modals: Must/n´t-Possessive pronouns-Past continuous

UNIT 7 On the street-Road safety-Means of transport

- Read/listen to the report of an accident

-Yours

-Making arrangements-Making predictions

-Present continuous-Will/won´t-Prepositions

UNIT 8 Back to the future-Jobs and professions -Write a diary

-Read some future predictions-Speak about jobs/professions

-Word diagrams-´ll

-Talking about plans/intentions/future possibility-Making comparisons

-Be going to-Comparative/superlative form of adjectives-First conditional

UNIT 9 On the move-Adjectives -Write a quiz

-Speak about plans-Read about a trip for cinema lovers

-Parts of speech-Schwa

Mínimos esixibles

Communicative functions

- Asking/giving personal information- Describing physical appearance - Talking about likes/dislikes- Making requests- Talking about what people are doing

Grammar

- Present simple- Interrogative pronouns- Can- Present continuous- Past simple of be, have- Past simple regular/irregular verbs: affirmative/ negative/interrogative- Will/won´t

Vocabulary

- Physical appearance adjectives- Parts of the body- Housework, household objects- Jobs and professions

35

Page 37: Programación Departamento De Inglés

- Talking about the past- Making predictions- Plans for the future

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea xeral e informacións específicas de mensaxes orais emitidas cara a cara ou procedentes de distintos medios audiovisuais, sobre temas coñecidos.

Este criterio avalía a capacidade para comprender a idea xeral e detalles específicos de mensaxes breves e conversacionais sobre temas familiares tanto emitidos cara a cara como por distintos medios audiovisuais sempre que sexa nunha pronuncia estándar, utilizando as estratexias básicas de comprensión das mensaxes orais.

2. Participar con progresiva autonomía en conversas e simulacións relativas ás experiencias persoais, plans e proxectos, empregando estruturas sinxelas, as expresións máis usuais de relación social, e unha pronuncia axeitada para conseguir a comunicación.

Con este criterio avalíase a capacidade para desenvolverse en situacións interactivas que supoñen a integración da comprensión e da expresión oral. As conversas daranse en situacións de dous tipos: as habituais de clase (pedir información e aclaración, pedir permiso, traballar en grupo, etc.) e as creadas polo profesor (xogos, simulacións, xogos de rol, comunicacións mediante as novas TIC, etc.). As mensaxes poderán ser aínda titubeantes e conter erros morfosintácticos e léxico reducido sempre que a mensaxe sexa comprensible.

3. Comprender a información xeral e a específica de diferentes textos escritos, auténticos e adaptados de extensión variada e axeitados á súa idade, demostrando a comprensión mediante unha actividade específica.

Mediante este criterio avalíase a capacidade para comprender textos escritos de carácter interpersoal como correspondencia, anuncios, folletos de diverso tipo, narracións, artigos de revistas xuvenís, páxinas web, letras de cancións, etc., aplicando estratexias de lectura como a inferencia de significados polo contexto, a aplicación de regras de formación de palabras ou dos coñecementos transferidos das linguas que coñece ou vinculados a outras áreas do currículo. Con este criterio avalíase tamén a capacidade para ler textos, en soporte papel ou dixital, dunha certa extensión, recorrendo ao dicionario de xeito espontáneo cando resulte difícil a comprensión global do argumento por descoñecemento dalgunha palabra clave, e demostrando a súa comprensión mediante tarefas lingüísticas e non lingüísticas.

4. Redactar de xeito guiado textos diversos en diferentes soportes, empregando estruturas, conectores sinxelos e léxico adecuados, coidando os aspectos formais e respectando as regras elementais de ortografía e de puntuación para que sexan comprensibles ao lector e presenten unha corrección aceptable para a comunicación.

Por medio deste criterio avalíase a capacidade do alumnado para expresar por escrito, en soporte papel ou dixital, de xeito comprensible para o lector, descricións sobre acontecementos e actividades cotiás e familiares, narracións sobre experiencias persoais, plans e proxectos, cartas, postais, formularios e correos electrónicos de forma guiada. Valorarase tamén a presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira, en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autoaprendizaxe e de autocorrección das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

Este criterio avalía a capacidade do alumnado para aplicar os seus coñecementos sobre o sistema lingüístico e reflexionar sobre a necesidade da corrección formal que fai posible a comprensión tanto das súas propias producións como das alleas.

36

Page 38: Programación Departamento De Inglés

6. Identificar, utilizar algunhas estratexias básicas utilizadas para progresar na aprendizaxe.

Este criterio pretende avaliar se se empregan estrategias que favorecen o proceso de aprendizaxe como a capacidade de valorar os seus progresos, a reflexión sobre a propia aprendizaxe, a utilización de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico; o uso correcto do dicionario para identificar a acepción adecuada ao contexto; uso de recursos bibliográficos, informáticos e dixitais co fin de recompilar información, ampliar ou revisar aspectos traballados na aula, participación na avaliación da propia aprendizaxe, e uso dalgúns mecanismos de autocorrección.

7. Usar de xeito guiado as tecnoloxías da información e a comunicación para buscar información, producir textos a partir de modelos e para establecer relacións persoais mostrando interese polo seu uso.

Trátase de valorar con este criterio a capacidade de utilizar as tecnoloxías da información e comunicación como ferramentas de comunicación e de aprendizaje de xeito guiado, en actividades habituais de aula e para establecer relacións persoais. As comunicacións que se establezan versarán sobre temas familiares previamente traballados. Tamén se terá en conta se se valora a diversidade lingüística como elemento enriquecedor, a súa actitude cara á lingua estranxeira e os seus intentos por empregala.

8. Identificar e poñer exemplos dalgúns aspectos sociais, culturais, históricos, xeográficos ou literarios propios de países onde se fala a lingua estranxeira e amosar interese por coñecelos.

A través deste criterio apreciarase o coñecemento dos trazos máis importantes e característicos da sociedade, cultura, historia, xeografía e literatura dos países onde se fala a lingua estranxeira. Tamén se avaliará se alumnos e alumnas amosan respecto cara aos valores e comportamentos doutros pobos, superando dese xeito algúns estereotipos.

9. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamente traballados na aula, para facelo comprensible a interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira en estudo.

Trátase de avaliar a capacidade de facer mediación entre persoas interlocutoras que non poden entenderse polo descoñecemento da lingua, facendo equivalencia dunha lingua a outra ou dando explicacións do significado do texto.

Criterios de cualificación

A seguinte escala de porcentaxes concreta a valoración dos distintos criterios de avaliación:

- Asistencia, participación en clase e tarefas : 20%- Expresión oral: 20%- Comprensión oral: 20%- Expresión escrita: 20%- Comprensión escrita: 20%

Temas transversais

- Educación para a paz e a convivencia - Interculturalidade:- Comprender e respetar modos de vida distintos: comparar diversas formas de organización familiar; interesarse pola forma de ser y vivir de xoves doutros países. The Amish, Unit 1.- Valoración do patrimonio cultural e histórico doutros lugares y das viaxes como medio para coñecer outras culturas. Planificación dunha viaxe: mapas, maneras de moverse, folletos informativos. A trip for city people, Unit 9.

37

Page 39: Programación Departamento De Inglés

- Educación para a saúde:- Valoración dos alimentos que resultan saludables para un bon desarrollo; Fomento de hábitos recomendables e saudables . The ideal lifestyle?, Unit 2.

- Educación para a igualdade:- Reparto equitativo das tarefas no fogar sen discriminacións por razón de sexo. Speak, Unit 3.- Interese por coñecer personaxes masculinos y femeninos de relevancia. Famous people, Unit 4.

- Educación para o consumidor:- Interese polo mundo do cine e mostrar unha actitude crítica. Rebel without a cause, Unit 4.- Reflexión sobre a oferta de actividades para o tempo libre. A day out, Unit 6.

- Educación sexual:- Amosar interés polos problemas afectivos, estados de ánimo e sentimentos dos seres máis cercanos, así como comunicar os propios e pedir consello sobre os mesmos. I’ve got a big problem, Unit 5.- Establecemento de relacións equilibradas co sexo oposto. Speak, Unit 3.

- Educación moral e cívica- Educación para a convivencia:- Aceptación e cumprimento das normas e compromisos adquiridos. The party, Unit 6.- Incidir no cumprimento das normas establecidas no Regulamento de Réxime Interno con respecto ó comportamento e a convivencia ( bos modais, respecto, etc.)

- Educación vial :- Coñecemento e respeto polas normas de seguridade vial. On the street, Unit 7- Interese pola seguridade nos distintos medios de transporte. A hit and run accident, Unit 7.

- Educación ambiental :- Valoración das accións do presente cara ó futuro. Future world, Unit 8.

- Educación para a igualdade :- Igualdade de oportunidades para acceder ás mesmas profesións. What will you be?, Unit 8.

3º ESO :

Bloque 1. Escoitar, falar e conversar.

* Comprensión de instrucións en contextos reais e simulados.* Comprensión global e específica de textos orais de progresiva complexidade, relacionados con actividades propias da aula, cos intereses das alumnas e dos alumnos, cos seus sentimentos, desexos e gustos.* Escoita, identificación e comprensión de información xeral e específica de mensaxes sinxelas, de progresiva dificultade, cara a cara ou emitidas por medios audiovisuais sobre temas concretos e coñecidos, pronunciados con lentitude e claridade.* Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave e identificación da intención do falante.* Produción oral de descricións, narracións e explicacións breves sobre acontecementos, experiencias e coñecementos diversos.* Participación en conversas e simulacións sobre temas cotiás e de interese persoal con diversos fins comunicativos.* Emprego de respostas espontáneas a situacións de comunicación na aula.* Uso progresivamente autónomo das convencións máis habituais e propias da conversa en actividades de comunicación reais e simuladas.* Uso progresivamente autónomo no uso de estrategias de comunicación para resolver as dificultades durante a interacción.* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

38

Page 40: Programación Departamento De Inglés

Bloque 2. Ler e escribir.

* Comprensión da información xeral e específica de textos auténticos, en soporte papel e dixital, sobre temas cotiás de interese xeral e relacionados con contados doutras áreas do currículo.* Lectura autónoma de textos relacionados cos seus intereses, para obter información ou goce.* Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter información co fin de realizar tarefas individuais ou en grupo.* Uso de diferentes estratexias de lectura como a identificación do contido dun texto escrito coa axuda de elementos textuais e non textuais, uso do contexto, de dicionarios ou aplicación de regras de formación de palabras para inferir significados.* Produción guiada de textos sinxelos e estruturados, con algúns elementos de cohesión para marcar con claridade a relación entre ideas e utilizando estrategias básicas no proceso de composición escrita (planificación, textualización e revisión de borradores) que axuden á reflexión sobre o proceso de escritura.* Uso progresivamente autónomo do rexistro apropiado ao lector ao que vai dirixido o texto (formal e informal).* Comunicación persoal con falantes da lengua estranxeira mediante a correspondencia postal ou utilizando medios informáticos: chats, correo electrónico, etc.* Interese pola presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital, utilizando adecuadamente a ortografía e os signos de puntuación.* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 3. Coñecemento da lingua.

Coñecementos lingüísticos.

* Uso progresivamente autónomo de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese persoal e xeral, temas cotiás e temas relacionados con contidos doutras áreas do currículo.* Uso, con progresiva autonomía, de expresións fixas, enunciados e léxico sobre temas de interese persoal.* Identificación de antónimos, de «falsos amigos» e de palabras con prefixos e sufixos máis habituais.* Uso de estruturas e funcións asociadas a diferentes situacións de comunicación.* Recoñecemento e pronuncia de fonemas de especial dificultade.* Recoñecemento e produción de diferentes patróns de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe.

* Aplicación de diferentes estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar léxico.* Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou tecnoloxías da información e da comunicación.* Análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.* Participación na avaliación da propia aprendizaje e uso de estratexias de autocorrección.* Organización do traballo persoal como estrategia para progresar na aprendizaxe.* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaje creadas no contexto da aula e fóra dela.* Participación activa en actividades e traballos grupais.* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Funcións da Linguaxe, Gramática e Léxico correspondentes a :- Saudar,presentarse a sí mesmo e a outros. Expresar hábitos, habilidades, descricións físicas e de personalidade. Expresar gustos e preferencias:

Fórmulas.Presente simple e presente continuo. Can.Love/ like/ dislike/ hate/ can't stand... + -ing. > Adxectivos: posicións atributiva e predicativa. ~ Comparativos e superlativos.

39

Page 41: Programación Departamento De Inglés

Expresar cantidade:

Much / many / a lot of / too... / enough. Narrar feitos do pasado e biografías.Pasado simple e continuo. Could.Expresións temporais: Ago / since/ for / later / when / after/ before/ then , etc.Marcadores do discurso: conectores e outros recursos de cohesión.

Preguntar e responder sobre feitos que xa rematuon ou aínda non remataron, sobre feitos recentes e experiencias:

Presente perfecto e pasado simple. Ever/ never/ just.

Facer suxerencias e invitacións e responder ás mesmas:

How / what about... + -ing form?Shall we..? / Why don't we...? , etc. Would you like....?

Dar Consello:

Should /shouldn't.

Expresar plans, a idea de Futuro de intención. prediccións, probabilidade, posibilidade e promesas:

Presente continuo.Will / be going to + infinitive. Oracións condicionais do tipo I.

Expresa-lo deber, a obriga e a ausencia da mesma:

have to / don't have to / must / mustn't / should.

Describir lugares, dar e pedir información sobre música, autos, libros, etc.:

A voz pasiva ( presente simple e pasado simple ). Frases adverbiais.

Fonética: Pronunciación de fonemas de especial dificultade. Pronunciación de formas contractas.Pronunciación da terminación en formas de tempos verbais. Formas débiles. Entoación de frases, ritmo.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

* Valoración do uso da lingua estranxeira como medio para comunicarse con persoas de procedencias diversas.* Identificación dos trazos comúns e das diferentas máis significativas que existen entre os costumes, usos, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se estuda respecto a patróns culturais existentes en Galicia.* Uso apropiado desde o punto de vista socio-cultural de fórmulas lingüísticas en situacións concretas de comunicación para expresar matices semánticos como cortesía, acordo, discrepancia, etc.* Coñecemento dos elementos culturais máis significativos dos países onde se fala a lingua estranxeira: literatura, arte, música, cine, obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a prensa, a Internet e outras tecnoloxías da información e da comunicación.

40

Page 42: Programación Departamento De Inglés

* Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices/zas da lingua estranxeira utilizando soporte papel ou medios dixitais.* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Secuenciación dos Contidos de 3º E.S.O.

Grammar Vocabulary Reading/ WritingListening, phonetics and speaking

1st TERM- Present simple- Adverbs of frequency- Present tense contrast

- Hobbies and interests- Similar words

- Football- Personal description- Using paragraphs

-Talking about arrangements- Cancelling an arrangement- Word stress

- Past simple - Could/ couldn’t- Time expressions

- Adjectives to describe feelings- Verb + noun

- Surfing- Description of a school day- Sequencing words

- Talking about holidays- My best and worst holidays- -ed endings

- Past continuous - Adverbs

- Shops- Two-word nouns

- A robbery- An interview- Linking words

- Giving directions- An eye-witness account- Souns /e/ and /ɜ:/

2nd TERM- Talking about plans

- Have to- Some and many- Much, many, a lot of

- Housework- make and do

- Romance- Description of a bedroom- Making notes

- An argument- Sentence stress

- Comparative and superlative adjectives- Too and enough

- Adjectives to describe personality- Negative prefixes: in-, un- im-

- Personality and birth order- A personality description- Order of adjectives

- Talking about likes/ dislikes/ preferences- Describing people- Sounds /٨/ and /æ/

- Present perfect aff. and neg.- Present perfect with just

- Adventure sports- get

- Survival on the mountain- A description of a personal experience- Checking your work

- Talking about experiences- A frightening experience- Short forms

3rd TERM- Present perfect int.- for and since- How long…?

- Making films - False friends

- Hollywood kids- A biography- Avoiding repetition

- At an Underground station- On an Underground train- Intonation in questions

-will- First conditional

- Action verbs- Phrasal verbs

- Science fiction- Personal hopes- Speculating about the future

- Giving advice- Inviting- Sound / /

- Present passive aff., neg. and int.

- Food - Taste- A food questionnaire- Using commas

- Suggestions- Homophones- Rhythm

Mínimos esixibles

Communicative functions

- Talking about habits- Talking about future arrangements- Describing personality

Grammar

- Present simple and continuous- Adverbs of frequency- Past simple - Could/ couldn’t

Vocabulary

- Teenagers and free time- At school- Personality- Friendship

41

Page 43: Programación Departamento De Inglés

- Giving advice- Talking about the past- Talking about quantity- Talking about plans and intentions

- Past continuous - Adverbs- Some and many- Much, many, a lot of- Comparative and superlative adjectives- Present perfect aff. , neg. and int-will

- Music- Sports- Fame- Places in cities- Leisure activities- Food

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea principal e algúns detalles relevantes de textos en mensaxes orais sinxelas sobre temas concretos e coñecidos emitidas con claridade.

Este criterio avalía a capacidade para seguir instrucións, comprender avisos, diálogos ou exposicións breves sobre temas coñecidos como lecer e tempo libre, preferencias, experiencias persoais, organización da aula, e aqueles nos que identifiquen a intención do falante ben cara a cara ou emitidos por medios audiovisuais cunha pronuncia estándar utilizando as estratexias básicas de comprensión das mensaxes orais.

2. Participar en conversas e simulacións breves, relativas a situacións habituais ou de interese persoal e con diversos fins comunicativos, empregando as convencións propias da conversa e as estratexias necesarias para resolver as dificultades durante a interacción.

Con este criterio avalíase a capacidade para desenvolverse en conversas empregando as estratexias adecuadas para comprender e facerse comprender co fin de expresar gustos, necesidades, sentimentos, dar e procurar información, dar opinións e relatar experiencias.

3. Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de textos escritos auténticos, de extensión variada recoñecendo feitos e opinións e identificando, no seu caso, a intención comunicativa do autor.

A través deste criterio avalíase a capacidade para comprender diferentes tipos de textos escritos (narrativos, descritivos, argumentativos) que traten temas de interese xeral ou relacionados con outras áreas do currículo, aplicando as estratexias de lectura coñecidas e outras novas como a identificación do tema por medio de elementos textuais e paratextuais

4. Redactar de forma guiada textos diversos, coidando o léxico, as estruturas, e algúns elementos de cohesión e coherencia para marcar a relación entre ideas e facelos comprensibles ao lector.

Este criterio pretende avaliar a capacidade para comunicarse por escrito iniciándose na elaboración e revisión de borradores e na elección do rexistro adecuado. Os textos presentarán unha sintaxe simple e facilmente comprensible, léxico limitado pero axeitado ao contexto, e a ortografía e a puntuación correctas.

5. Empregar de xeito consciente en contextos de comunicación variados os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

A través deste criterio apreciarase a capacidade para aplicar de xeito cada vez máis autónomo os seus coñecementos sobre o sistema lingüístico e reflexionar sobre a necesidade da corrección formal que fai posible a comprensión tanto das súas propias producións como das alleas.

6. Identificar e utilizar diferentes estratexias empregadas para progresar na aprendizaxe.

42

Page 44: Programación Departamento De Inglés

Este criterio pretende avaliar se se utilizan as estrategias que favorecen o proceso de aprendizaxe como valoración dos seus progresos e a reflexión sobre a propia aprendizaxe; a utilización de estratexias diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico; o uso cada vez máis autónomo de dicionarios, recursos bibliográficos, informáticos e dixitais; a análise e a reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece, a utilización consciente das oportunidades de aprendizaxe na aula e fóra dela e o uso de mecanismos de autocorrección.

7. Usar as tecnoloxías da información e a comunicación de xeito progresivamente autónomo para buscar información, producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico e para establecer relacións persoais orais e escritas, amosando interese polo seu uso.

Trátase de valorar con este criterio a capacidade de utilizar as tecnoloxías de información e comunicación como ferramenta de comunicación e de aprendizaje en actividades habituais de aula e para establecer relacións persoais tanto orais como escritas. As comunicacións que se establezan versarán sobre temas familiares previamente traballados. Tamén se terá en conta se se valora a diversidade lingüística como elemento enriquecedor, a súa actitude cara á lingua estranxeira e os seus intentos por empregala.

8. Identificar os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira, sinalar as características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade da que se estuda a lingua e amosar unha valoración positiva de patróns culturais distintos aos propios.

A través deste criterio apreciarase se os alumnos e alumnas son quen de identificar nos textos orais e escritos algúns trazos significativos e característicos da cultura xeral dos países onde se fala a lengua estranxeira, se poden describilos de xeito claro e sinxelo e amosan respecto cara aos valores e comportamentos doutros pobos, superando así algúns estereotipos.

9. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamente traballados na aula, para facelo comprensible a interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira en estudo.

Trátase de avaliar a capacidade de facer mediación entre persoas interlocutoras que non poden entenderse polo descoñecemento da lingua, facendo equivalencia dunha lingua a outra ou dando explicacións do significado do texto.

Criterios de cualificación

- Realización das tarefas ( Homework): 15%- Asistencia, puntualidade, materiais, actitude e traballo de clase ( Participation): 15%- Probas ( Quizzes): 35%- Exames ( Tests): 35%

Temas transversais

- Educación para a paz:- Valoración do inglés como forma de comunicarse con xente de outras culturas.

- Educación para a saúde:- Comentario sobre o valor do descanso a e práctica de deportes.- O valor das vacacións para descansar e ir a lugares diferentes.- Unha dieta saudable.

- Educación ambiental :- Problemas e solucións para o futuro do planeta.

43

Page 45: Programación Departamento De Inglés

- Reflexión sobre a posibilidade de que existan adiantos que melloren a vida no futuro.

- Educación para a igualdade de oportunidades: - Reflexión sobre os roles preconcebidos e sexistas.

- O autocoñecemento ( Unit 2 : Highs and lows): falar dos propios sentimentos, (Unit 5: What are you like?): describindo a propia persoalidade.

- Educación vial:- Desnvolverse axeitadamente nun entorno urbán: dando direccións (Unit 3 – Everyday English), utilizando o

metro (Unit 7 – Everyday English).

- Educación moral e cívica- Educación para a convivencia:- Incidir no cumprimento das normas establecidas no Regulamento de Réxime Interno con respecto ó

comportamento e a convivencia ( bos modais, respecto, etc.)

4º ESO :

Bloque 1. Escoitar, falar e conversar.

* Escoita, identificación e comprensión do significado xeral e específico de conversas interpersoais sinxelas sobre temas coñecidos presentados de forma clara e organizada co fin de contestar no momento a preguntas ou cuestións sobre temas coñecidos.* Escoita, identificación e comprensión xeral e dos datos máis relevantes de programas emitidos por medios de comunicación audiovisuais nunha linguaxe clara e sinxela.* Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais: uso do contexto verbal e non verbal e dos coñecementos previos sobre a situación, identificación de palabras clave e identificación da actitude e intención do falante.* Produción oral de descricións, narracións e explicacións sobre experiencias, acontecementos e contados diversos.* Participación activa en conversas e simulacións sobre temas cotiáns e de interese persoal con diversos fins comunicativos.* Uso de estratexias de cooperación na interacción e no traballo con outras persoas, colaborando, verificando a comprensión e cooperando activamente na realización das tarefas de comunicación.* Emprego de respostas espontáneas e precisas a situacións de comunicación na aula.* Uso de convencións propias da conversa en actividades de comunicación reais e simuladas.* Uso autónomo de estratexias de comunicación para iniciar, manter e terminar a interacción.* Valoración das linguas como medio para comunicarse e relacionarse con compañeiras e compañeiros doutros países, como recurso de acceso á información e como instrumento de enriquecemento persoal ao coñecer culturas e maneiras de vivir diferentes.* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 2. Ler e escribir

* Identificación da intención do emisor da mensaxe.* Comprensión de instrucións e indicacións sinxelas e de comentarios básicos aos seus traballos escritos.* Obtención de información xeral de textos orais auténticos, gravados e en soporte multimedia que conteñan vocabulario relativo a lugares, persoas, obxectos, acontecementos e accións ligados a temas de conversa habituais na idade das alumnas e alumnos.* Comprensión xeral e específica de diversos tipos de texto, en soporte papel e dixital, de interese xeral ou referidos a contidos doutras materias do currículo.* Lectura autónoma de textos máis extensos relacionados co seus intereses.* Uso de distintas fontes, en soporte papel, dixital ou multimedia, para obter información co fin de realizar tarefas específicas.

44

Page 46: Programación Departamento De Inglés

* Consolidación de estratexias de lectura xa utilizadas como a identificación do tema dun texto escrito co apoio contextual que este conteña.* Composición de textos diversos, con léxico axeitado ao tema e ao contexto, cos elementos necesarios de cohesión para marcar con claridade a relación entre as ideas e utilizando con autonomía estratexias básicas no proceso de composición escrita como a planificación, textualización e revisión do texto.* Uso con certa autonomía do rexistro axeitado ao lector ao que vai dirixido o texto (formal e informal).* Comunicación persoal con falantes da lengua estranxeira a través de correspondencia postal ou utilizando medios informáticos.* Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital utilizando correctamente a ortografía e os signos de puntuación.* Comprensión do sentido dun texto e reformulación na propia lingua, como actividade de mediación ante interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira.

Bloque 3. Coñecementos da lingua

Coñecementos lingüísticos.

* Uso de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas de interese persoal e xeral, temas cotiáns e temas relacionados con contidos doutras materias do currículo.* Recoñecemento de antónimos, sinónimos e «falsos amigos» e formación de palabras a partir de prefixos e sufixos.* Consolidación e uso de estruturas e funcións asociadas a diferentes situacións de comunicación.* Recoñecemento e pronuncia de fonemas de especial dificultade.* Recoñecemento e produción autónoma de diferentes patróns de ritmo, entoación e acentuación de palabras e frases.

Reflexión sobre a aprendizaxe.

* Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar o léxico.* Organización e uso, cada vez máis autónomo, de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas ou recursos dixitais e informáticos.* Análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece.* Participación na avaliación da propia aprendizaje e uso de estratexias de autocorrección.* Organización do traballo persoal como estrategia para progresar na aprendizaxe.* Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaje creadas no contexto da aula e fóra dela.* Participación activa e cooperativa en actividades e traballos grupais.* Confianza e iniciativa para expresarse oralmente e na escrita.

Funcións da Linguaxe, Gramática e Léxico correspondentes a :- Describir estilos de vida, expresar gustos e preferencias:

Presente simple e continuo.Used to + infinitivo.

Expresar feitos pasados relacionados co presente ou con un pasado anterior:

Pasado simple e continuo.Presente perfecto simple con for e since.Preguntas suxeito e obxecto: Who.../what...?Marcadores do discurso.

Facer prediccións e expresar intencións, certeza ou probabilidade:

Will.45

Page 47: Programación Departamento De Inglés

Be going to + infinitivo/ presente continuo.Oracións temporais e condicionais (tipo 1).May/might/can/can´t ... .

Expresar preferencias e opinións. Aceptar e rexeitar invitacións:

Pronomes relativos.I like/hate ... + V-ing.Conectores: and, but, so, such, because ...Comparativos e superlativos.

Expresar hipótese e recomendación:

As oracións condicionais ( 2º tipo).Should.

Transmiti-las opinións e ideas alleas:

Estilo indirecto: statements and questions. ( Say, tell, ask)Expresións temporais: Then, the day before ...

Expresar procesos e cambios..describir e identificar cousas, lugares ou persoas:

A voz pasiva: presente e pasado.Pronomes e adverbios relativos, oracións de relativo.

Fonética:

Pronunciación de fonemas de especial dificultade.Pronunciación de formas contractas e de tempos verbais.Acentuación de palabras, entoación de frases e ritmo.

Bloque 4. Aspectos socioculturais e consciencia intercultural

* Valoración da importancia da lingua estranxeira en todos os eidos das relacións internacionais.* Identificación das características máis significativas dos costumes, normas, actitudes e valores da sociedade cuxa lingua se estuda e respecto a patróns culturais distintos aos existentes en Galicia.* Coñecemento dos elementos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira obtendo a información por diferentes medios, entre eles a biblioteca, a prensa, a internet e outras tecnologías da información e comunicación.* Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices/zas da lingua estranxeira utilizando soporte papel ou medios dixitais.* Uso apropiado, desde o punto de vista sociocultural, de fórmulas lingüísticas en situacións concretas de comunicación para expresar matices semánticos, como cortesía, acordo, discrepancia...* Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación con persoas pertencentes a outras culturas.

Secuenciación dos Contidos de 4º E.S.O.

Grammar Vocabulary Reading/ WritingListening, phonetics and speaking

1st TERM

46

Page 48: Programación Departamento De Inglés

- Present tense contrast-Like/ hate + gerund- Subject and object questions

- Describing appearance- -ed and –ing adjectives

- Playing to win- Personal description- Expressing contrast

- Making arrangements- Word stress and syllables

- Past simple and continuous- used to

- Urban landscape- Extreme adjectives

- Liverpool-Description of a place- Structuring an essay

- Expressing likes and dislikes- Stress and intonation

- Present perfect- Present perfect with alredy, yet, just

- The senses- Words that are verbs and nouns

- Synaesthesia- Personal memories- Brainstorming

- At the doctor’s- An accident- Consonant clusters

2nd TERM

- At a restaurant- Complaining in a restaurant

- Present perfect with for and since- Past simple with ago- Past simple and present perfect

- Relationships and dating- Noun endings

- Splitting up- History of a realationship- both … and …, neither … nor

- Verb endings

- Comparative and superlative adjectives- not as … as- Expressing result: so and such

- Jobs- Suffixes

- Sixteen and serious- A formal letter- Job application letter

- At the post office- Sending letters and getting a new passport- Word stress and the weak vowel

- will: and going to- First conditional

- Global issues- Verb plus noun

- You can make a difference- A campaign leaflet- Checking your work

- Talking about possibilities- Missing a march- /j/ and /d /

3rd TERM- Second conditional- should

- Money - Word families: nouns and adjectives

- If the world was a village, …- Making plans- Reason and purpose

- Giving advice- Talking about a concert- Short forms

- Passive:present simple and past simple- Relative clauses

- Materials- Adjective plus preposition

- Everyday intentions- A lifestyle description- Too and either

- Catching a bus- Journey to the Science Museum- Weak forms: / / and / /

- Reported speech - Gestures- Verb plus preposition

- Body language- An informal letter- A letter to a friend

- Talking about plans- Talking about holidays- Rhythm

Mínimos esixibles

Communicative functions

- Making arrangements- Expressing likes and dislikes- Narrating in the past- At the doctor’s// restaurant// post office- Talking about possibilities- Giving advice- Talking about a concert- Talking about plans- Talking about holidays

Grammar- Present tense contrast-Like/ hate + gerund - Subject and object questions- Past simple and continuous- Present perfect- Present perfect with for and since- Past simple with ago- Comparative and superlative adjectives- not as … as- will and going to- First conditional- Second conditional

Vocabulary

- Describing appearance- -ed and –ing adjectives- Urban landscape- Extreme adjectives- The senses- Words that are verbs and nouns- Realtionships and dating- Noun endings- Jobs- Suffixes- Global issues

47

Page 49: Programación Departamento De Inglés

- should- Passive:present simple and past simple- Relative clauses

- Verb plus noun- Money - Word families: nouns and adjectives

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea principal e os detalles máis relevantes de mensaxes orais emitidas en situacións de comunicación interpersoal ou polos medios audiovisuais, sobre temas que non exixan coñecementos especializados.

Con este criterio avalíase a capacidade de alumnos e alumnas para comprender mensaxes emitidas en situación de comunicación cara a cara e que xiren en torno a necesidades materiais e relacións sociais, sensacións físicas e sentimentos ou opinións.

2. Participar en conversas e simulacións utilizando estratexias axeitadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, producindo un discurso comprensible e adaptado ás características da situación e á intención comunicativa.

Con este criterio valórase a capacidade para desenvolverse en conversas con intencións comunicativas diversas (establecer relacións, expoñer, narrar e argumentar, describir e dar instrucións), utilizando as estratexias e os recursos que aseguren a comunicación cos interlocutores habituais na aula ou falantes nativos.

3. Comprender a información xeral e específica de diversos textos escritos auténticos e adaptados de extensión variada, identificando datos, opinións, argumentos, informacións implícitas e intención comunicativa do autor.

A través deste criterio apreciarase a capacidade do alumnado para comprender os textos máis usuais e útiles da comunicación escrita, ou textos literarios e de divulgación que traten temas relacionados coa cultura e a sociedade dos países onde se fala a lengua estranxeira estudada, aplicando as estratexias adquiridas e progresando noutras novas como a realización de inferencias directas.

Con este criterio tamén se avalía a capacidade para ler de forma autónoma textos de maior extensión co fin de consultar ou buscar información sobre contados diversos, para aprender, ou por pracer ou curiosidade, facendo uso correcto de dicionarios e doutras fontes de información en soporte papel ou dixital.

4. Redactar con certa autonomía textos diversos cunha estrutura lóxica, utilizando as convencións básicas propias de cada xénero, o léxico apropiado ao contexto e os elementos necesarios de cohesión e coherencia, de maneira que sexan facilmente comprensibles para o lector.

Trátase de apreciar a capacidade para comunicarse por escrito de forma ordenada, iniciándose na produción de textos libres (avisos, correspondencia, instrucións, descricións, relatos de experiencias, noticias...) cunha estrutura adecuada, lóxica e prestando especial atención á planificación do proceso de escritura. En todos os escritos, en papel ou soporte dixital, avaliarase a progresiva utilización das convencións básicas de cada xénero e a presentación clara, limpa e ordenada.

5. Utilizar de forma consciente os coñecementos adquiridos sobre o sistema lingüístico da lingua estranxeira en diferentes contextos de comunicación, como instrumento de autocorrección e de autoavaliación das producións propias orais e escritas e para comprender as producións alleas.

Este criterio avalía a capacidade para aplicar os seus coñecementos sobre o sistema lingüístico e reflexionar sobre a necesidade da corrección formal que fai posible a comprensión tanto das súas propias producións como das alleas.

48

Page 50: Programación Departamento De Inglés

6. Identificar, utilizar e explicar estratexias utilizadas, poñer exemplos doutras posibles e decidir sobre as máis axeitadas ao obxectivo da aprendizaxe.

Este criterio pretende avaliar se as alumnas e os alumnos utilizan as estratexias que favorecen o proceso de aprendizaxe, como a aplicación autónoma de formas diversas para almacenar, memorizar e revisar o léxico; o uso cada vez máis autónomo de dicionarios, recursos bibliográficos, informáticos e dixitais; a análise e a reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece, a utilización consciente das oportunidades de aprendizaxe na aula e fóra dela, a participación na avaliación da propia aprendizaje ou o uso de mecanismos de autocorrección.

7. Usar as tecnoloxías da información e a comunicación con certa autonomía para buscar información, producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico e para establecer relacións persoais orais e escritas, mostrando interese polo seu uso.

Trátase de valorar con este criterio a capacidade de utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación como ferramenta de comunicación e de aprendizaje en actividades habituais de aula e para establecer relacións persoais tanto orais como escritas.

8. Identificar e describir os aspectos culturais máis relevantes dos países onde se fala a lingua estranxeira e establecer algunhas relacións entre as características máis significativas dos costumes, usos, actitudes e valores da sociedade falante da linguaen estudo e a propia, e amosar respecto cara a elas.

Este criterio pretende comprobar se coñecen algunhas mostras significativas da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira, se establecen semellanzas e diferenzas e se valoran e respectan patróns culturais distintos aos propios.

9. Reformular na lingua propia o sentido dun texto, oral ou escrito, sobre temas previamente traballados na aula, para facelo comprensible a interlocutores que descoñecen a lingua estranxeira en estudo.

Trátase de avaliar a capacidade de facer mediación entre persoas interlocutoras que non poden entenderse polo descoñecemento da lingua, facendo equivalencia dunha lingua a outra ou dando explicacións do significado do texto.

Criterios de cualificación

- Realización das tarefas ( Homework): 15%- Asistencia, puntualidade, materiais, actitude e traballo de clase ( Participation): 15%- Probas ( Quizzes): 35%- Exames ( Tests): 35%

Temas transversais

- Educación para a paz:- Valoración do inglés como ferramenta de comunicación con xente doutras culturas.

- Educación para a non discriminación por razón de sexo:- Presencia de homes e mulleres en tódolos ámbitos. Importancia de abrir camiño a plantexamentos igualitarios . - Os roles sexistas nas relacións persoais.

- Educación para a amistade e as relacións humanas:- Necesidade de cuida-las relacións humanas dende a adolescencia. Atracción dos adolescentes polos seus ídolos na pantalla e na música.

49

Page 51: Programación Departamento De Inglés

- Educación académico profesional: - O mundo do traballo ( Unit 5).

- Educación ambiental: - As cidades ( Unit 2). - Pasar á acción en temas globais (Unit 6).

- Educación moral e cívica- Educación para a convivencia:- Valoración do patrimonio cultural, histórico e artístico.- Importancia de coñecer aspectos que nos achegan e diferencian doutras culturas. - Incidir no cumprimento das normas establecidas no Regulamento de Réxime Interno con respecto ó comportamento e a convivencia ( bos modais, respecto, etc.)

50

Page 52: Programación Departamento De Inglés

13. Bacharelato:

No referente a obxectivos e contidos, nos remitimos á legislación vixente (Decreto 19 de xuño de 2008 - Currículo de Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia - DOGA 23.6.08 para 1º de Bacharelato, e Decreto 231/2002, do 6 de xuño, polo que se modifica o Decreto 275/1994, do 29 de xullo – DOGA 15.7.02. para 2º de Bacharelato)

Introducción

A capacidade de comprensión e comunicación noutras linguas distintas da materna e o desenvolvemento das capacidades lingüísticas son factores esenciais á hora de alcanzar o obxectivo dun mellor aproveitamento do potencial humano de Europa. A libre circulación das persoas, os bens e os servizos é o motor para o desenvolvemento sustentable da Comunidade Europea. Por iso, unha das prioridades fundamentais para a Unión Europea é a mobilidade real dos seus cidadáns e das súas cidadás. Para favorecer a creación dun mercado de traballo verdadeiramente europeo, a Eurocámara instou os Estados membros a que promovan a difusión do multilingüismo mediante unha mellora das políticas de aprendizaxe dun maior número de idiomas e a que establezan as súas prioridades políticas consonte os obxectivos comúns fixados no marco da Estratexia de Lisboa. Saber idiomas é unha habilidade esencial que deben ter todas as persoas europeas para poder gozar das vantaxes do mercado interior europeo e ter opción aos mercados exteriores. Esta mobilidade refírese, non só ao cambio de rexión ou país, senón tamén á mobilidade laboral; é dicir, á frecuencia de cambio da actividade profesional.

Hoxe en día, alcanzar o éxito profesional é máis probable dominando idiomas, tendo un espírito emprendedor e aberto e experiencia internacional. Aprender outras linguas, coñecer culturas diferentes, desenvolver habilidades comunicativas e adquirir competencias para desenvolverse en ambientes internacionais son calidades imprescindibles e de incalculable valor nun mundo en permanente modernización e internacionalización.

Por outra parte, a sociedade da información é susceptible de garantir un maior acceso á información e constitúe unha grande oportunidade de acceder á riqueza e á diversidade cultural e lingüística existente. Este acceso á información vese enriquecido polo coñecemento doutras linguas. Coñecer idiomas favorece a igualdade de oportunidades de participar na sociedade da información, independentemente da situación social, cultural, lingüística ou xeográfica.

O noso sistema educativo debe contribuír a eliminar os obstáculos á mobilidade e actuar para proporcionar condicións para acadar o éxito profesional e oportunidades accesibles de mobilidade e información, xa sexa con fins educativos, profesionais ou doutro tipo.

Ademais, a aprendizaxe dunha lingua estranxeira contribúe á formación do alumnado desde unha perspectiva integral, pois favorece a adquisición de estratexias de aprendizaxe esenciais para continuar a aprender ao longo da vida; permítelle un mellor coñecemento de si e das outras persoas, intercambiar opinións sobre problemas que se comparten internacionalmente e consolidar valores sociais como o respecto cara a outras linguas e o interese por se comunicar coas persoas falantes delas, logrando un mellor achegamento a outras formas de vida e ampliando e diversificando o seu horizonte persoal e profesional.

Canto á súa configuración, o presente currículo está organizado seguindo as escalas de descritores dos niveis comúns de referencia que se presentan no Marco de referencia europeo. O seu desenvolvemento permitirá que o alumnado logre unha maior competencia en comunicación lingüística coa realización de distintas actividades da lingua que abranguen a comprensión, a expresión, a interacción e a mediación (en concreto, a interpretación).

51

Page 53: Programación Departamento De Inglés

Por iso, os bloques 1 e 2 están constituídos polas actividades ou habilidades de escoitar, falar e conversar, e ler e escribir, respectivamente.

O bloque 3, Coñecemento da lingua, aborda dous aspectos: por unha parte, o coñecemento lingüístico que se refire á competencia lingüística, considerada como o coñecemento dos recursos formais da lingua estranxeira de que se trate e a capacidade de utilizalos para articular e formular mensaxes ben formadas e significativas. Pola outra, a reflexión sobre destrezas e procedementos, co fin de satisfacer as necesidades en cada contexto e completar con éxito a tarefa de comunicación.

O último bloque de contidos, o bloque 4, establece contidos referidos a aspectos socio-culturais e consciencia intercultural. Preséntase neste bloque o coñecemento da sociedade e da cultura da comunidade ou comunidades en que se fala o idioma.

Competencias básicas

Nesta etapa o obxectivo non se limita xa a que as mensaxes resulten intelixíbeis, senón que terán que ser

o máis correctas posíbel. A etapa educativa do Bacharelato resulta clave para lles proporcionar aos alumnos

ferramentas de futuro en función de intereses e orientacións profesionais que neles se van perfilando, pero ao

mesmo tempo todos os contidos tratados teñen vínculos coas aprendizaxes de etapas anteriores.

Competencia lingüística: elementos morfosintácticos, fonolóxicos e léxicos.

Competencia discursiva: elementos funcionais, nocionais, cohesión e coherencia.

Competencia sociolingüística: rexistros, acentos, diferenzas léxicas e ortográficas.

Competencia estratéxica: estratexias de comprensión, interacción e negociación.

Obxectivos

1. Comprender o sentido xeral, a información específica e os detalles necesarios de textos orais transmitidos en situacións cara a cara ou por medios técnicos, emitidos nunha lingua estándar e que traten temas habituais vinculados coa vida persoal e social e as distintas disciplinas do currículo.

2. Producir textos orais coherentes e adecuados a distintas situacións de comunicación propias da idade e do nivel académico de estudos, con razoable fluidez e corrección, asegurando na interacción e a eficacia comunicativa dos discursos emitidos.

3. Escribir, en soportes variados, diversos tipos de textos sinxelos, ben organizados e con razoable corrección lingüística e formal, sobre temas próximos e con distintos propósitos comunicativos.

4. Comprender textos escritos en lingua estándar, tanto en rexistro formal como familiar, que aborden unha temática xeral ou relacionados co ámbito académico propios da idade e do nivel de estudos.

5. Ler de forma autónoma textos xornalísticos, de divulgación científica e literarios, seleccionando a estratexia de lectura apropiada ao propósito da lectura e valorando esta como fonte de información, coñecemento e lecer.

6. Utilizar e valorar a lingua estranxeira, e as linguas en xeral, como medio para acceder á información e a outros coñecementos e culturas, e recoñecer a súa importancia como medio de comunicación e entendemento internacional nun mundo multicultural e plurilingüe.

52

Page 54: Programación Departamento De Inglés

7. Coñecer os trazos sociais e culturais fundamentais dos países en que se fala a lingua estranxeira tomando conciencia das similitudes e diferenzas entre estes e os propios, e evitando toda discriminación e estereotipos culturais e lingüísticos.

8. Utilizar a mediación entre persoas que non poden entenderse para facilitar que a comunicación se realice sen malentendidos e mellorar a comprensión intercultural.

9. Saber planificar a propia aprendizaxe e adoptar unha postura activa e responsable dela, utilizando recursos, como as tecnoloxías da información e da comunicación, e estratexias para mellorar o desenvolvemento da competencia comunicativa e poder guiar a aprendizaxe de forma consciente dentro e fóra da aula.

10. Afianzar estratexias de autoavaliación na adquisición da competencia comunicativa na lingua estranxeira amosando neste proceso actitudes de iniciativa, confianza e responsabilidade.

Contidos

I. Escoitar, falar e conversar.

- Escoitar e comprender.

Comprensión xeral e específica de discursos, presentacións e conferencias en que se traten temas de interese xeral ou relacionados co seu ámbito académico de coñecemento e realizados en lingua estándar e de xeito claro e pausado.

Comprensión xeral e específica de mensaxes transmitidas por medios de comunicación, emitidas tanto en lingua estándar como por falantes con diferentes acentos pero cunha cadencia normal.

Comprensión de interaccións orais de carácter persoal, familiar ou público suficiente para poder reaccionar con espontaneidade.

Uso de estratexias de comprensión como a identificación do propósito e do contexto comunicativo do texto, a elaboración de hipóteses sobre o contido, a inferencia de significados e o apoio no contexto total -lingüístico e non lingüístico.

Toma de conciencia da importancia de chegar a comprender textos orais e escritos sen precisar entender todos e cada un dos seus elementos.

-Falar e conversar.

Produción oral atendendo á súa planificación e utilizando estratexias de comunicación como o uso de circunloquios, paráfrases ou substitucións léxicas, que permiten sacar proveito dos medios lingüísticos dispoñibles.

Utilización de mecanismos de coherencia e cohesión textual propios da lingua oral.

Participación en conversacións e debates utilizando o rexistro adecuado á situación de comunicación e estratexias de colaboración.

Expresión de opinións, suxestións e argumentos en intercambios sociais achegando exemplos e explicacións que faciliten a comprensión, cunha reacción lingüística e social adecuada aos puntos de vista e opinións dos demais participantes na interacción.

53

Page 55: Programación Departamento De Inglés

Descrición de experiencias, acontecementos, desexos, plans e aspiracións respondendo a preguntas para dar detalles necesarios para o éxito da comunicación.

Produción oral planificada sobre temas xerais e académicos propios da idade e do nivel de estudos, nunha secuencia lineal, apoiándose en notas e elementos gráficos e respondendo a preguntas complementarias de carácter previsible.

Resumo oral do sentido dun texto galego ou castelán oral ou escrito, coa finalidade de facelo comprensible a falantes da lingua estranxeira.

- Ler e escribir.

- Comprensión de textos escritos.

Comprensión de información xeral de textos xornalísticos, literarios ou académicos, en soporte papel e dixital, que traten temas próximos e coñecidos, identificando o propósito comunicativo, as ideas principais e, se é o caso, o punto de vista de quen os escribe.

Localización e comprensión de información específica en documentos escritos de uso cotián e en documentos oficiais breves e habituais.

Uso e consolidación de diferentes estratexias de lectura, como a identificación da intención comunicativa, a anticipación da información a partir dos elementos textuais e non textuais, o uso do contexto, a aplicación de regras de formación de palabras para inferir significados e o apoio na organización da información e no tipo de texto.

Lectura autónoma de textos de diversa extensión e natureza -académicos, persoais, literarios e xornalísticos- recorrendo ao uso de estratexias de lectura adecuadas á finalidade desta.

Uso, progresivamente autónomo, de distintas fontes en soporte papel, dixital ou multimedia para obter información co fin realizar tarefas concretas.

- Composición de textos escritos.

Composición de textos escritos atendendo ás secuencias de planificación, á textualización e revisión do texto obtido, á persoa ou persoas a quen se dirixe e ao tipo de texto que corresponda á intención de comunicación, utilizando mecanismos de coherencia e cohesión textual.

Composición de textos diversos -descritivos, narrativos, argumentativos e explicativos- relativos aos ámbitos persoal, público e educativo, con coherencia, claridade, cohesión, razoable corrección gramatical e léxico axeitado ao tema.

Presentación coidada dos textos escritos, en soporte papel e dixital, adecuados aos fins funcionais e valorando a súa importancia nas comunicacións escritas.

II. Coñecemento da lingua.

- Coñecementos lingüísticos.

54

Page 56: Programación Departamento De Inglés

Ampliación do uso de elementos morfosintácticos e léxicos que permiten recoñecer, formular e organizar distintos tipos de texto.

Recoñecemento e uso de expresións frecuentes e de locucións idiomáticas, frases feitas e léxico propio de temas relativos a feitos de actualidade e relacionados con contidos académicos.

Uso de antónimos, sinónimos e falsos amigos, substitución léxica sinxela e formación de palabras mediante recursos de derivación e de composición.

Recoñecemento e produción autónoma e intelixible de diferentes patróns de ritmo, entoación e acentuación necesarios para a comprensión e expresión de actitudes, sentimentos e reaccións.

Uso do alfabeto internacional para mellorar a produción oral propia.

- Reflexión sobre a aprendizaxe.

Selección, organización e uso autónomo de recursos para a aprendizaxe como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas e recursos dixitais e informáticos.

Aplicación de estratexias para organizar, adquirir, lembrar e utilizar o léxico e as estruturas lingüísticas.

Reflexión sobre as estratexias utilizadas para mellorar as producións propias e para comprender máis eficazmente as realizadas por outras persoas.

Identificación das causas dos propios erros, considerándoos parte natural de todo proceso de aprendizaxe e uso autónomo de estratexias de autocorrección e de reparación, e máis interese por superalos.

Esforzo por lograr unha progresiva espontaneidade no emprego da lingua á hora de realizar as tarefas de aprendizaxe.

Participación activa nas tarefas de aprendizaxe amosando iniciativa, creatividade, e confianza nas propias posibilidades.

Interese por aproveitar as oportunidades de aprendizaxe creadas no contexto da aula e fóra dela, recorrendo ás tecnoloxías da información e da comunicación.

- Aspectos socioculturais e consciencia intercultural.

Toma de conciencia da diversidade lingüística e cultural española e europea, e aceptación da pertenza a unha sociedade pluricultural, evitando actitudes etnocéntricas e androcéntricas.

Valoración do enriquecemento persoal que supón a relación e a comunicación con persoas pertencentes a outras culturas.

Interese e iniciativa por comunicarse con falantes ou aprendices da lingua estranxeira utilizando soporte papel ou tecnoloxías da comunicación que permiten os intercambios orais e escritos.

Uso apropiado, desde o punto de vista sociocultural, de rexistros, de marcadores lingüísticos de relacións sociais, de exclamacións e interxeccións e das normas de cortesía en situacións concretas de comunicación.

55

Page 57: Programación Departamento De Inglés

Establecemento de relacións entre a cultura propia e a cultura propia da lingua estranxeira para cumprir o papel de intermediación cultural, abordando con eficacia a resolución de malentendidos interculturais e esforzándose por superar relacións estereotipadas.

Criterios de avaliación

1. Comprender a idea principal e os detalles máis relevantes de mensaxes orais emitidas en situacións de comunicación interpersoal ou polos medios audiovisuais sobre temas concretos relacionados cos ámbitos persoal, público e académico, realizados en lingua estándar e de xeito claro e pausado.

Con este criterio trátase de avaliar a capacidade dos alumnos e das alumnas para comprender información concreta de discursos orais, identificando tanto a idea principal como detalles específicos. Os discursos -conversacións cara a cara, presentacións e conferencias, avisos, instrucións, noticias de informativos, pasaxes narrativas…- serán claros e textualmente ben organizados e estarán emitidos nunha lingua estándar, cun acento normal e cadencia pausada, aínda que sexa emitida nun rexistro formal.

2. Participar activa e autonomamente e con eficacia na comunicación da aula, en conversas, debates e simulacións, con diversos propósitos comunicativos, e diferentes funcións do discurso, intercambiando opinións, achegando suxestións e respondendo a elas, coincidindo e discrepando sobre temas xerais ou específicos dunha materia, establecendo contacto social en función da situación de comunicación, pedindo aclaración sobre palabras clave que non entende, reformulando e rectificando se non consegue facerse comprender e distinguindo un cambio de tema se a persoa interlocutora articula con claridade.

Trátase con este criterio de verificar a capacidade de desenvolverse en interaccións sociais con finalidades comunicativas diversas (opinar, suxerir, argumentar) e de usar adecuadamente saúdos, fórmulas de tratamento, normas de cortesía e linguaxe corporal propios de contextos de comunicación próximos tanto informais como formais (académicos, de relación entre xeracións, etc.). Avaliarase tamén o uso de estratexias de cooperación na interacción e no traballo con outras persoas: verificando a comprensión propia e a das outras persoas e cooperando activamente na realización das tarefas de comunicación. Trátase igualmente de valorar o uso dos recursos textuais e lingüísticos adquiridos e a súa adecuación sociolingüística, considerando, así mesmo, a utilización de frases feitas e locucións idiomáticas habituais da comunidade en cuestión. Valorarase igualmente a independencia progresiva dos modelos.

3. Expresarse con razoable fluidez e corrección gramatical, coherencia, certa riqueza léxica e pronunciación, ritmo e entoación adecuados, facéndose entender con claridade nunha variedade de situacións.

Trátase de verificar a capacidade de expresarse de forma intelixible, prestando atención, non só á pronunciación silábica e de palabras, senón tamén á vinculación entre sílabas e palabras da frase, respectando e reproducindo os patróns acentuais e as tendencias rítmicas propias da lingua estranxeira.

4. Realizar oralmente breves exposicións previamente planificadas sobre temas xerais ou académicos propios do nivel de estudos, nunha secuencia cohesionada e lineal, utilizando apoios textuais e gráficos, e achegando explicacións e exemplos cando llelos soliciten, de maneira que se faga entender sen dificultade a maior parte do tempo.

Trátase de valorar a capacidade do alumnado de producir un discurso breve, sinxelo, coherente e claro que poida ser seguido sen esforzo. Valorarase a súa corrección lingüística e que as ideas principais estean explicadas con léxico adecuado e razoable precisión.

5. Mediar entre falantes que teñen dificultade para entenderse por descoñecemento da lingua ou de aspectos socioculturais, aclarando o sentido de textos orais e escritos coa finalidade de garantir a relación fluída entre falantes e culturas.

56

Page 58: Programación Departamento De Inglés

Trátase con este criterio de resumir un texto oral ou escrito desligándose da formulación lingüística orixinal, e expresando o sentido na propia lingua ou na lingua estranxeira, adecuándoo así a unha persoa interlocutora próxima, que descoñece a lingua e cultura estranxeira ou propia da persoa aprendiz, coa finalidade de facer o texto comprensible e de evitar malentendidos entre falantes e culturas.

6. Uso de diversas estratexias de expresión oral e escrita como a planificación e o axuste da mensaxe aos medios lingüísticos dispoñibles e á información procedente da actitude das persoas participantes na interacción.

Trátase de valorar que o alumnado planifique a súa intervención na interacción oral e escrita atendendo á persoa ou persoas destinatarias, decidindo a intencionalidade comunicativa, o tema e as rutinas, frases feitas, modelos e esquemas de interacción que facilitarán a interpretación da súa mensaxe. Valorarase que se logre a comunicación aínda que sexa utilizando circunloquios, paráfrases e substitucións léxicas. Na interacción oral valorarase igualmente a colaboración no desenvolvemento dos temas (iniciar un tema, amplialo, acabalo, cambiar de tema) e nas quendas de palabra (cando e canto falar, cando se debe ceder a palabra, etc.), así como a toma en consideración dos elementos non lingüísticos (xestos, expresións faciais e movementos das persoas interlocutoras) para reconducir o tema ou achegar aclaracións para lograr o éxito da comunicación.

7. Ler con autonomía textos, cun obxectivo preciso de lectura, redactados nunha lingua estándar e relacionados tanto coa vida cotiá como co contexto educativo, para identificar as ideas máis significativas, a liña argumental ou a información relevante para realizar unha tarefa.

Con este criterio preténdese avaliar a capacidade de buscar e comprender a información xeral ou específica transmitida en textos variados -cartas, listaxes, prospectos, catálogos, correspondencia persoal e formal, informes, multas e sancións, actas, artigos, pasaxes de obras literarias en prosa, publicados en xornais e revistas de carácter xeral ou de divulgación, páxinas web ou libros de consulta. Valorarase, así mesmo, o uso de estratexias de lectura que permitan que esta sexa máis eficaz.

8. Redactar textos diversos, seguindo conscientemente o proceso de produción escrita utilizando os esquemas textuais propios de cada xénero, o léxico apropiado ao contexto comunicativo e os elementos necesarios de cohesión e coherencia, de maneira que sexan facilmente comprensibles na súa lectura.

Trátase de apreciar a capacidade para comunicarse por escrito, prestando especial atención á planificación do proceso de escritura nas súas accións sucesivas: planificación, xeración de ideas, textualización e revisión e redactándoos de forma clara e ordenada, cunha estrutura adecuada e lóxica. En todos os escritos, en papel ou soporte dixital, avaliarase o respecto das regras básicas de ortografía e puntuación, así como a presentación clara, limpa e ordenada.

9. Utilizar de forma consciente os coñecementos lingüísticos, sociolingüísticos, estratéxicos e discursivos adquiridos, así como identificar e utilizar de xeito progresivamente autónomo estratexias de aprendizaxe, explicar as utilizadas, poñer exemplos doutras posibles e decidir sobre as que son máis axeitadas ao obxectivo da aprendizaxe.

Con este criterio preténdese verificar se alumnos e alumnas manexan estruturas gramaticais, conectores e ordenadores do discurso complexos que expresan maior grao de madurez sintáctica. Tamén se valora a utilización de léxico máis especializado, o perfeccionamento na pronunciación e a maior corrección ortográfica.

Pretende igualmente avaliar se as alumnas e os alumnos utilizan as estratexias apropiadas que favorecen o proceso de aprendizaxe, como a aplicación autónoma de formas diversas para almacenar, memorizar, ampliar e revisar o léxico; o uso autónomo de dicionarios, gramáticas, material de consulta, recursos bibliográficos, informáticos e dixitais; a análise e reflexión sobre o uso e o significado de diferentes formas gramaticais mediante comparación e contraste coas linguas que coñece, a utilización consciente das oportunidades de aprendizaxe na aula e fóra dela, a participación na avaliación da propia aprendizaxe ou o recurso autónomo a mecanismos de

57

Page 59: Programación Departamento De Inglés

autocorrección.

10. Analizar, a través de documentos auténticos en diferentes soportes, aspectos característicos sociais, culturais, históricos, xeográficos e artísticos propios de países onde se fala a lingua estranxeira e amosar interese por coñecelos.

A través deste criterio apreciarase o coñecemento dos trazos máis importantes e característicos da sociedade, cultura, historia, xeografía e manifestacións artísticas dos países onde se fala a lingua estranxeira. Trátase de verificar igualmente se, a medida que se vai ampliando a experiencia lingüística do alumnado e o coñecemento de aspectos socioculturais doutros países e comunidades, se vai consolidando un modo de competencia plurilingüe e pluricultural constituída pola complexa rede de relacións que se establecen entre os coñecementos lingüísticos e culturais.

Criterios de Cualificación

A seguinte escala de porcentaxes concreta a valoración dos distintos criterios de avaliación:

- Realización das tarefas ( Homework): 15%- Asistencia, puntualidade , materiais, actitude e traballo de clase ( Partcipation): 15%- Probas ( Quizzes): 35%- Exames ( Tests): 35%

Metodoloxía

O alumnado que se incorpora ás ensinanzas de bacharelato, en calquera das súas modalidades, posúe unha serie de competencias imprescindibles para a aplicación dos saberes adquiridos que foron desenvolvidas ao longo das etapas do ensino obrigatorio.

As metodoloxías comunicativas axudan a reproducir na clase as situacións de uso en contextos auténticos, ao tempo que, para desenvolverse nelas, achegan o apoio de procesos de aprendizaxe (traballo previo do vocabulario, das estruturas, dos contidos sociolingüísticos; reflexión sobre as estratexias de comunicación e de aprendizaxe, etc.) que han posibilitar a realización das tarefas comunicativas propostas.

A utilización de calquera dos enfoques metodolóxicos comunicativos polos que opte o profesorado levarao a percorrer un itinerario de planificación dos procesos de ensino e de aprendizaxe inverso ao seguido no ensino de idiomas baseado en contidos lingüísticos (léxicos, nociofuncionais e morfosintácticos), que partía da lingua para abordar as actividades.

O enfoque debe estar baseado na acción, na actividade social, no uso da lingua, tal como se establece no enfoque metodolóxico adoptado polo Marco común europeo de referencia para as linguas. Neste enfoque, a selección de contidos lingüísticos deriva directamente da actividade de uso da lingua que se vaia realizar.

Os contidos introduciranse, entón, en función das necesidades do proceso da aprendizaxe da lingua como instrumento de comunicación. A progresión gramatical é, consecuentemente, gradual e concéntrica; e a súa presentación farase no marco das correspondentes tarefas e de forma integrada coas necesidades lingüísticas para levar a cabo a tarefa, a acción, con corrección e coherencia.

1º de Bacharelato

Contidos lingüísticos

58

Page 60: Programación Departamento De Inglés

1. Funcións da linguaxe e gramática.

1.a Describir a aparencia física, estado de saúde, carácter, gustos e intereses. Comparar, contrastar e diferenciar entre datos e opinions. Expresar preferencias.

Present Simple / Present Continuous.

Like / enjoy / love / hate / prefer ... + xerundio (-ing) ou to + infinitivo.

Verbos non utilizados en forma contínua: believe, know, seem, etc.

Adxectivos. Comparativos e superlativos.

Phrasal verbs para expresar rasgos físicos.

Pronomes relativos.

Oracións de relativo especificativas e explicativas.

1.b Falar de costumes e hábitos no pasado. Expresar os cambios que se producen neles e nas cousas que nos rodean.

Past Simple / Past Continuous.

Pretérito Perfecto + just / yet / already.

For / since / ago / during.

Pretérito pluscuamperfecto.

Voz pasiva.

Would / used to + infinitivo.

Could / was able to ...

Be / get used to + -ing.

Usos do xerundio despois de preposicións e como suxeito.

Adverbios de modo e intensidade.

1.c Expresar plans e disposicións con distintas referencias temporais. Concertar citas. Predicir acontecementos e facer prognósticos.

Present Continuous / Will / Be going to. Revisión das diferencias.

When / as soon as / before / after ... + presente simple.

59

Page 61: Programación Departamento De Inglés

When / as soon as / before / after ... + pretérito perfecto.

Futuro continuo.

1.d Expresar obrigación e ausencia de obrigación, necesidade, capacidade , posibilidade, prohibición, pedir e dar permiso ou consello.

Must / mustn´t.

Should / ought to.

Need / needn´t

Have to / don´t have to.

Can / be able to / could.

Can / could / may.

1.e Expresar posibilidades reais e formular hipóteses.

Oracións condicionais tipo I, II e III.

Uso de "unless".

1.f Relatar o que outra persoa dixo, preguntou, ordenou ou suxeriu.

Estilo indirecto: preguntas, oracións declarativas, ordes e suxestións.

Verbos introductorios : ask, declare, apologise, explain, invite, offer, say, suggest, tell, etc.

1.g Facer deduccións, suposicións ou referencias a accións presentes e pasadas.

Must, can, may, could, should + infinitivo.

Must, can, may, could, should + infinitivo perfecto.

1.h Expresar consecuencia, resultado e causa.

Oracións subordinadas introducidas polos nexos: because, since, so as, as a result, consequently, etc.

Have / get + something + participio.

2. Léxico-semántico.

Relacionado cos temas tratados: experiencias persoais, noticias, ocio (deportes, viaxes, vacacións), intereses, lugares, aspecto físico, saúde, relacións familiares e de amizade, as novas tecnoloxías, a ciencia, etc.).

Fórmulas e expresións.60

Page 62: Programación Departamento De Inglés

3. Fonética.

Pronunciación de fonemas vocálicos, consonánticos e ditongos de especial dificultade: fonemas mudos, semivocais, semiconsonantes, etc.

Pronunciación de formas débiles: have / has / was / were , etc.

Pronunciación de formas contractas: mustn´t / can´t / shouldn´t / ´ll, etc.

Acentuación de palabras e frases.

Entoación de frases.

Ritmo.

Secuenciación dos contidos de 1º de Bacharelato

Grammar Vocabulary Reading/ Writing Listening and speaking

1st TERM- Present simple and present continuous- Stative verbs- Present perfect simple

- Special occasions and dates- Adj. + prep.- Phrasal verbs

- Working out the main topic- An informal letter- Word order- Thinking about the task

- Halloween- Introductions- Talking about likes and dislikes

- Past simple and past continuous- Past simple and present perfect simple- Past perfect simple- used to

- Adjectives for describing places- Noun suffixes: people- Comparatives and superlatives

- Guessing the meaning of words: word formation- A description of a place- Modifiers- Brainstorming

- Tanzania- Describing photos- Talking about new experiences- Comparing places

- Modal verbs - Television- Verb + preposition- do and make

- Understanding idioms- An opinion essay- Giving opinions - Paragraphing and topic sentences

- TV Turn-off week- Asking for information- Making suggestions

2nd TERM

- Future forms - Technology- Negative prefixes- Adjectives for describing objects

- Finding key words- A formal letter- Formal and informal language- Layout of a letter

- Mobile phones- Explaining what you want- Asking for assistance

- Conditionals - Adjectives for describing appearance and personality- Compound adjectives- Clothes and fashion

- Understanding the purpose of a text- A description of a person- Linkers: addition- Making your writing more interesting

- Celebrity fashion- First impressions- Offering help- Asking for assistance

- The passive - News and crime- Adverbs of manner- False friends

- Understanding pronoun references- A summary- Linkers: reason and result- Including essential information

- TV newsreader- Asking for and giving advice

3rd TERM

61

Page 63: Programación Departamento De Inglés

- Relative clauses - Sport- Adjective suffixes- Phrasal verbs

- Predicting paragraph content- A discussion essay- Linkers: contrast- Beginning and ending an essay

- Extreme sports- Invitations

- Reported speech - Doubt and relief- Prefixes- Speech: ways of speaking- Reporting verbs

- Guessing the meaning of words: context- A narrative- Sequencing- Error correction

- Forest fire- Expressing surprise and disbelief

- Gerund - Music- Verb to noun- Adjective + -ed7 -ing

- Understanding difficult sentences- An opinion essay- Linkers: review- Writing review: stages of a writing task

- From punk to professional- Asking for permission- Making and responding to requests

Mínimos esixibles

Communicative functions

- Introductions- Talking about likes and dislikes- Describing photos- Talking about new experiences- Comparing places- Asking for information- Making suggestions- Asking for assistance- Offering help- Asking for and giving advice- Invitations- Asking for permission

Grammar

- Present simple and present continuous- Stative verbs- Present perfect simple- Past simple and past continuous- Past simple and present perfect simple- Past perfect simple- used to- Modal verbs- Future forms- Conditionals- The passive- Relative clauses- Reported speech

Vocabulary

- Adj. + prep.- Adjectives for describing places- Comparatives and superlatives- Verb + preposition- Negative prefixes- Adjectives for describing appearance and personality- Compound adjectives- Clothes and fashion- News and crime- Adverbs of manner- False friends- Sport- Adjective suffixes- Phrasal verbs- Adjective + -ed7 -ing

Temas Transversais

- Educación moral e cívica - Educación para a convivencia:- Análise crítico dos prexuizos ante o aspecto da xente: Unit 5 - Appearance- Valoración do patrimonio cultural, histórico e artístico.- Importancia de coñecer aspectos que nos achegan e diferencian doutras culturas.- Incidir no cumprimento das normas establecidas no Regulamento de Réxime Interno con respecto ó comportamento e a convivencia ( bos modais, respecto, etc.)

- Educación para o consumidor:- Acercamento ó mundo dos famosos para facer unha reflexión do que significa en términos, entre outros, de consumismo e exclusividade: Unit 4 – Techgnology, Unit 9 - Music

- Educación para a saúde; educación sexual:

62

Page 64: Programación Departamento De Inglés

- Experiencias extremas: conciencia do risco fronte que ós beneficios que implican: Unit 5 – Appearance, Unit 7 – Sport.

- Educación ambiental:- Coñecemento dos desastres naturais que se producen no noso planeta; conciencia da responsabilidade das persoas como desencadenantes dalgúns deles: Unit 8 – Listening: Forest fire.

- Educación para a non discriminación:- Análise das diferencias e similitudes entre homes e mulleres sen prexuizos sexistas: Units 5- Appearance, Unit 7 – Sport.

- Educación para a paz – Interculturalidade- Ciudadanía europea:- Respeto polas diferencias entre as persoas; aceptación destas diferencias para contribuir o entendimento entre los diferentes países: Unit 1 – Celebrations.- Conciencia do enriquecemento persoal que supón viaxar a outros lugares do mundo para acercarnos a realidades distintas con un talante respetuoso: Unit 2 – Home and away.

2º de Bacharelato

Contidos

I. Habilidades comunicativas.

Obtención de información global e específica en textos orais e escritos e identificación das ideas principais contidas nos mesmos co fin de realiza-las tarefas requiridas: transferencia de información, comprobación de datos previos, etc.

Predicción e inferencia de información en distintos tipos de textos e comprobación das ideas ou suposicións feitas mediante a lectura ou audición posterior.

Participación e contribución activa en discusións ou debates sobre diversos temas.

Expresión de argumentación e contra-argumentación, tanto oralmente como por escrito, sobre diversos temas.

Resolución de problemas de forma cooperativa e toma de decisións en grupo sobre un tema específico.

Lectura de forma autónoma de textos escritos referidos á actualidade, á vida cultural ou relacionados cos intereses profesionais, presentes ou futuros, dos alumnos.

Comparación e contraste entre textos sobre o mesmo tema publicados en diferentes medios de comunicación.

Narracións orais e escritas de acontecementos, experiencias e opinións persoais.

Planificación das mensaxes que se desexan transmitir tendo en conta os interlocutores, a intención comunicativa e os esquemas textuais axeitados.

Participación na elaboración de proxectos, tales como a confección dun periódico, folleto, enquisa, sondaxe, etc., integrando as destrezas de forma axeitada.

Construcción de textos coherentes, atendendo á corrección no uso de elementos lingüísticos, estruturación de frases e parágrafos, e a relevancia do contido e ideas expostas en relación cun tema determinado.

63

Page 65: Programación Departamento De Inglés

Finalización de textos dos que se proporciona un ou varios parágrafos, acadando un texto final con elementos que lle dean cohesión e coherencia.

II. Reflexións sobre a lingua.

II.1. Funcións da linguaxe e gramática.

II.1.a Dar e pedir opinións e consellos. Persuadir e advertir.

Oracións de relativo especificativas e explicativas.

Oracións subordinadas consecutivas introducidas por so / such ... that.

Should / had better.

Nexos : although, even if, in spite of, etc.

II.1.b Solicitar información empregando preguntas indirectas. Referirse a unha información recibida anteriormente empregango verbos específicos.

Estilo indirecto: afirmacións, preguntas, ordes, suxestións.

Estilo indirecto cos seguintes verbos introductorios : accept, advise, agree, apologise, ask, beg, declare, explain, insist, invite, offer, etc.

II.1.c Narrar unha biografía e planificar un relato.

Subordinadas de finalidade introducidas por so (that), (in order) to, in order not to, so as to, so as not to.

Adxectivos + enough / Too + adxectivo.

Usos do infinitivo ou xerundio despois de determinados verbos e adxectivos (easy to understand, pleased to see you).

Phrasal Verbs.

II.1.d Formular hipoteses e especular. Establecer condicions e falar de verdades xerais. Expresar queixas, desexos e sentimentos de pesar e arrepentimento.

Oracións condicionais, revisión dos tres tipos.

Futuro. Revisión das distintas formas de expresar o futuro, (will, be going to, present continuous).

Futuro Continuo.

Futuro Perfecto.

Oracións condicionais con unless / as long as / providing that , etc.

64

Page 66: Programación Departamento De Inglés

Wish + pasado simple (I wish you were...)

Wish + pretérito pluscuamperfecto (I wish I hadn´t ...)

Wish + would (I wish you would ...)

II.1.e Describir detalladamente o aspecto físico e o carácter dunha persoa real ou imaxinaria.

Orden de adxectivos e adxectivos compostos.

Phrasal verbs para explicar rasgos de carácter ou modos de comportamento.

Participio de presente e de pasado.

Expresiones idiomáticas.

Prefixos e sufixos para formar substantivos.

II.1.f Mostrar acordo e desacordo e dar explicacións.

Regret / remember + xereundio / infinitivo.

Conectores: for this reason, in addition, moreover, on the other hand, because, whereas, for example, consequently, etc.

II.1.g Analizar cambios en diferentes lugares e cousas e na sociedade.

Voz pasiva.

Pretérito perfecto continuo.

Preterito pluscuamperfecto continuo.

Need / needn´t + infinitivo.

Could / may / might / must / should / ought to + have + participio.

Have / get something done.

Verbos seguidos de xerundio ou infinitivo.

II.1.h Expresar sentimentos e falar de relacións persoais.

Be + adxectivos.

Comparacións : as if, as ....as, as though.

Verbos pronominais seguidos de adxectivos: look angry / smell good, etc.

65

Page 67: Programación Departamento De Inglés

Phrasal verbs para falar do desenrolo das relacións persoais.

Prefixos e sufixos para formar adxectivos.

II.2. Léxico-semántico.

Relacionado cos temas tratados: experiencias, noticias, ocio, intereses, lugares, relacións persoais, traballo, estudios, medio ambiente, etc.

Fórmulas e expresións.

II.3. Fonética.

Pronunciación de fonemas vocálicos e consonánticos de especial dificultade.

Pronunciación de fonemas mudos, semivocales, semiconsonantes, etc.

Pronunciación de formas débiles : have / has / was / were / been, etc.

Pronunciación de formas contractas: can´t / mustn´t / shouldn´t / ´ll, etc.

Acentuación de palabras e frases.

Entoación de frases.

Ritmo.

III. Aspectos socioculturais.

Identificación dos rasgos dialectais máis significativos da lingua estranxeira.

Recoñecemento de diferencias culturais e de comportamentos sociais entre grupos de falantes da mesma comunidade lingüística.

Reflexión sobre similitudes e diferencias entre culturas.

Reflexión sobre outros modos de organiza-las experiencias, co fin de desenvolver actitudes de comprensión cara a outras convencións culturais.

Uso de rexistros axeitados segundo o contexto comunicativo, o interlocutor e a intención dos interlocutores.

Recoñecemento da importancia da lingua estranxeira para afondar en coñecementos que resulten de interese ó longo da vida profesional.

IV. Actitudes, valores e normas

Usa-lo discurso adecuado ás diferentes situacións de comunicación en lingua estranxeira.

Valorar críticamente as informacións recibidas na lingua estranxeira.

66

Page 68: Programación Departamento De Inglés

Interesarse por usa-la lingua de xeito creativo.

Valora-la importancia das convencións sociolingüísticas nos actos de comunicación na lingua estranxeira..

Utiliza-la lingua estranxeira como acceso á información sobre as diferentes materias do currículo.

Valora-lo enriquecemento que a nivel persoal ou profesional supón o coñecemento de varias linguas.

Reflexionar sobre o funcionamento das linguas, a partir das similitudes e diferencias que se poden establecer entre os seus sistemas lingüísticos.

Valora-lo coñecemento da lingua estranxeira como medio de acceso e comunicación entre os pobos e outras culturas.

Valora-las diferencias existentes entre as diversas culturas e manifestar unha actitude de aceptación e respecto cara a elas.

Secuenciación dos contidos de 2º de Bacharelato

Grammar work Vocabulary work Reading/Writing Listening and speaking

1st TERM

-Tense review-Defining and non-defining relative clauses

- Education- Prefixes- False friends

R: Exam focus: reading for gistWr.:Exam focus: Discussion essay

- Studying at university- Giving and responding to opinions

-Modal verbs - Love and relationships- Negative prefixes- Phrasal verbs

R: Exam focus: Answering true or False questionsWr.:Exam focus: A dialogue

-Relationships- Making and responding to suggestions

-Complex clauses and linkers

- Travel and adventure- Noun suffixes- Phrasal verbs

R: Exam focus: Answering questions in your own wordsWr.:Exam focus: A narrative

-A holiday to remember- Reacting to what people say

2nd TERM-Reported speech -Law and justice

- Compound nouns- Crime and criminals

R: Exam focus: Completeing sentencesWr.:Exam focus: Writing a summary

- Ashley and the mugger- Expressing possibility and certainty

- The passive- Advertising and marketing- Adjective prefixes- Phrasal verbs

R: Exam focus: Answering multiple-choice questionsWr.:Exam focus: An opinion essay

-Freeganism- Expressing preferences

- Conditional sentences -Food and diet- Nouns + prepositions- Senses

R: Exam focus: Working out meaning of wordsWr.:Exam focus: A biography

- Eating competition- Making recommendations and requests

3rd TERM

-Gerund/ infinitive- Articles

-Personality adjectives- Compound adjectives- Similes and idioms

R: Exam focus: Rewriting sentencesWr.:Exam focus: Description of a person

-Brothers and sisters- Describing a person

67

Page 69: Programación Departamento De Inglés

- General revision - Work- Verbs+prepositions- Phrasal verbs: family life

R: Exam focus: Reading in examsWr.:Exam focus: Formal letter

- Job interview- Checking and clarifying information

Mínimos esixibles

Communicative functions

- Giving and responding to opinions- Making and responding to suggestions- Expressing possibility and certainty- Expressing preferences- Making recommendations and requests- Describing a person

Grammar

-Defining and Non-defining relative clauses -Modal verbs- Complex clauses and linkers- Reported speech-The passive- Conditional sentences

Vocabulary

- Education- False friends- Love and relationships- Negative prefixes- Travel and adventure- Noun suffixes- Compound nound- Crime and criminals- Advertising and marketing- Food and diet- Personality adjectives- Work- Verbs + prepositions

Temas Transversais

- Educación moral e cívica - Educación para a convivencia:- Reflexión e debate en torno a cuestión do delito e a infracción de normas sociais, así como dos correspondentes castigos ou penalizacións - English in Context 2 – Unit 4.- Incidir no cumprimento das normas establecidas no Regulamento de Réxime Interno con respecto ó comportamento e a convivencia ( bos modais, respecto, etc.)

- Educación para o consumidor :- Conciencia dos numerosos objectos dos que nos rodeamos na nosa vida diaria; reflexión crítica acerca do noso grao de dependencia respecto destes. English in Context 2 - Unit 5.

- Educación para a saúde; educación sexual:- Observación de aspectos que conforman as relacións sentimentais entre adolescentes (ligues, celos, atractivo físico): English in Context 2 - Unit 2.

- Educación para a non discriminación – Educación para a igualdade de oportunidades:- Reflexión crítica en torno ó traballo de homes e mulleres como pais e nais de familia; comparación da realidade ilustrada coa propia - English in Context 2 - Unit 8.

14. EDUCACIÓN DAS PERSOAS ADULTAS

14.1) Módulos de E.S.A.:

Competencias básicas

68

Page 70: Programación Departamento De Inglés

Se terán en conta os diversos tipos de competencias que conforman a competencia comunicativa dun

usuario, a fundamental na aprendizaxe de linguas extranxeiras:

A competencia gramatical ou capacidade para poñer en práctica os elementos e normas que rexen o sistema

lingüístico.

A competencia discursiva ou capacidade para recoñecer e producir diferentes tipos de textos.

A competencia sociolingüística ou capacidade para utilizar a lingua en contextos específicos.

A competencia sociocultural ou capacidade para apreciar graos de formalidade e utilizar a linguaxe adecuada

en cada situación.

A competencia estratéxica ou capacidade para utilizar estratexias de comunicación que compensen as

posíbeis lagoas noutras competencias.

As competencias do alumnado desenvólvense expoñéndoos a unha ampla diversidade de situacións,

contextos e textos realistas, e mediante actividades que lles permitan traballar co material didáctico, ben de forma

individual, ou ben con outros/as compañeiros/as en parellas ou grupos pequenos, para así estabelecer unha

situación de comunicación máis auténtica.

Para un correcto desenvolvemento do idioma estranxeiro, os alumnos necesitan seguir a dobre vía da

aprendizaxe e da adquisición da lingua.

A aprendizaxe defínese como o estudo consciente, formal e explícito da lingua estranxeira: aprender regras

de gramática e listas de palabras, ou practicar a pronuncia.

A adquisición, pola contra, lévase a cabo mediante actividades cuxo obxectivo é a codificación ou

descodificación dunha mensaxe, sen lles prestar unha atención explícita aos detalles formais da lingua: ler unha

historia, tomar parte nunha conversa ou escoitar a alguén mentres fala.

As actividades de aprendizaxe céntranse na pronuncia, no vocabulario e na gramática e actividades nas que

as destrezas lingüísticas se utilizan con algún fin concreto, en cada unidade.

O alumnado ocupan unha posición central no proceso de ensino-aprendizaxe. Iso require prestarlle maior

atención a aspectos da aprendizaxe, e transmitirlle ó alumnado estratexias de aprendizaxe que os fagan máis

autónomos/as.

Obxectivos

1. Comprender mensaxes orais breves, propias das situacións de comunicación estudiadas no módulo, procedentes de distintas fontes: profesor, compañeiros, radio televisión, videos anuncios, etc., extraendo a información relevante en cada caso.2. Producir e intercambiar mensaxes orais comprensibles para os interlocutores a un nivel básico e dentro das situacións de comunicación propias deste módulo.3. Comprender textos relacionados cos contidos conceptuais do módulo, de interese para as persoas adultas (instruccións informacións, avisos, etc.) e capacidade de inferir, a partir do contexo, o significado dalgunhas palabras descoñecidas.4. Localizar en diferentes textos as fórmulas estudiadas no módulo.5. Transpoñer-las expresións orais traballadas á expresión escrita, tendo en conta as características gráficas da lingua estranxeira.6. Producir textos escritos empregando as fórmulas aprendidas.7. Utilizar materiais auténticos procedentes de distintas fontes co fin de obte-las informacións desexadas.

69

Page 71: Programación Departamento De Inglés

8. Participar en intercambios orais breves relativos ás actividades habituais da vida cotiá, producindo un discurso comprensible e adaptando as características da situación e á intención comunicativa.9. Comprender textos de diferentes tipos (instruccións, informacións, avisos, etc.) de interese para as persoas adultas, e inferir, a partir do contexto, o significado de palabras que se descoñezan.10. Identificar en diferentes textos as fórmulas traballadas no módulo e empregalas na producción de escritos propios.11. Utilizar materiais auténticos, procedentes de distintas fontes, co fin de obte-las informacións desexadas.12. Identifica-los trazos socioculturais dos países nos que se fala a lingua estranxeira para unha mellor comprensión das mensaxes.13. Recoñece-lo erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e tendencia a supera-las dificultades que xorden na comunicación oral por falta de recursos lingüísticos, explotando ó máximo os coñecementos e as estratexias de comunicación que se traballan no módulo.14. Tomar conciencia da capacidade para comprender globalmente unha mensaxe, dentro das situacións comunicativas abordadas, sin necesidade de entender tódolos seus elementos.15. Interesarse polas mensaxes orais e escritas na lingua extranxeira co fin de obter información, ampliar coñecementos, gozar, etc.16. Amosar curiosidade, respecto e valoración crítica das formas de vida e dos aspectos socioculturais característicos dos países nos que se fala a lingua extranxeira.17. Valora-lo enriquecemento persoal que supón a relación con persoas doutras culturas.

Módulos 1 e 2 de E.S.A.

Contidos (NOTA: correspóndense coas unidades 1-4, a. i., do libro de texto – New English File Elementary, de Oxford University Press)

1. Presentaciones. Pronomes persoais. Verbos be, have got.2. Dar e pedir información persoal. Adxectivos posesivos e cualificativos.. Pronomes e adverbios interrogativos. 3. Profesións. 4. Familia.5. O alfabeto. Demostrativos. O xenitivo saxón.6. Accións da vida cotidiana. O calendario. Aficións.7. Rutinas. A hora. 8. Presente simple dos verbos máis comúns.9. Pronunciación e entoación básica.

Mínimos esixibles

Communicative functions

- Personal information- Nationalities- Introducing people- Talking about possession- Saying the date-Talking about routines-Telling the time- Talking about capacity- Talking about likes/ dislikes

Grammar

- Question words- Personal pronouns- Possessive adjectives- To be- Have got- A / an ; this/that- Possessive ´s- Present simple: positive/ negative- Present simple: questions and short answers- Adverbs of frequency- Can/ can’t

Vocabulary

- The alphabet- The family- Countries and nationalities- Possessions- Months- Ordinal numbers- Everyday activities- Jobs- Free time activities

70

Page 72: Programación Departamento De Inglés

Criterios de Cualificación

- Realización das tarefas ( Homework): 20%- Asistencia, puntualidade, materiais, actitude e traballo de clase ( Participation): 20%- Probas e exames ( Quizzes e Tests): 60%

Temas Transversais

- Educación moral e cívica - Educación para a convivencia:Incidir no cumprimento das normas establecidas no Regulamento de Réxime Interno con respecto ó

comportamento e a convivencia ( bos modais, respecto, etc.)

- Interculturalidade:Países e nacionalidades (Unit 1, Unit 2).

- Educación para a ciudadanía – Hábitos alimentarios:Apreciar os beneficios dunha boa alimentación (Unit 2).

Módulos 3 e 4 de E.S.A.

Contidos (NOTA: correspóndense coas unidades 5-9, a. i., do libro de texto – New English File Elementary, de Oxford University Press)

1. Pasado simple. Verbos regulares e irregulares.2. Descrición de lugares. Preposicións.3. Expresar cantidade. Nomes contables e incontables. Comidas e bebidas.4. Facer prediccións e plans futuros.5. Comparacións. 6. Adxectivos de persoalidade.6. O tempo atmosférico.7. O pretérito perfecto.

Mínimos esixibles

Communicative functions

- Talking about past events- Describing personality- Talking about the past- Talking about quantity- Talking about plans and intentions

Grammar

- Present simple- Adverbs of frequency- Present continuous- Comparatives and superlatives- Past simple- Countable and uncountable nouns-There is/are/ There was/were... - some/any- Present perfect

Vocabulary

- House and furniture- Prepositions of place- Food and drinks- Holidays- Personality adjectives- The weather

Criterios de Cualificación

- Realización das tarefas ( Homework): 20%- Asistencia, puntualidade, materiais, actitude e traballo de clase ( Participation): 20%- Probas e exames ( Quizzes e Tests): 60%

71

Page 73: Programación Departamento De Inglés

Na ESA se fará especial énfasis na asistencia e participación na clase, de xeito que o feito de non traer o material de aula implicará a imposibilidade de asistencia á clase e subseguinte falta de asistencia, sendo a/o alumna/-o enviado/-a á Biblioteca a traballar.

Temas Transversais

- Educación moral e cívica - Educación para a convivencia:Incidir no cumprimento das normas establecidas no Regulamento de Réxime Interno con respecto ó

comportamento e a convivencia ( bos modais, respecto, etc.)

- Autocoñecemento: Diferencias ou similitudes entre mulleres e homes (Unit 4).A convivencia entre vecinas/-os (Unit 6).

- Educación para a ciudadanía- Educación vial:Dar direccións na cidade (Unit 6).Apreciar as cualidades da boa conducción (Unit 8).

- Educación ambiental:O consumo racional da auga (Unit 7).

14.2) Bacharelato de adultos:

(vid Programación 1º e 2º de Bacharelato – Réxime ordinario)

En canto a materiais, se resolve non contar co libro de lectura nin co Workbook.

72

Page 74: Programación Departamento De Inglés

15. ENSINANZAS DE DIOMAS DE RÉXIME ESPECIAL

15.1) Curso para a formación complementaria da aprendizaje de linguas estranxeiras (Cuale) - Nivel Básico 1:

Curso preparatorio dirixido ao alumnado de 3º da ESO co fin de preparalo para a proba de certificación do nivel correspondente nas ensinanzas de idiomas de réxime especial.

Poderá cursar esta modalidade o alumnado que superase o segundo curso de ensino secundario obrigatorio, e que estea matriculado en 3º de ESO no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos públicos ou privados concertados.

O currículo, a metodoloxía e as condicións de promoción deste curso realizaranse tendo en conta o nivel de referencia A1 do Marco Común Europeo de Referencia (MCER).

O profesorado dos centros docentes públicos que imparta esta modalidade será o responsable da elaboración e avaliación de probas de aproveitamento, que se axustarán, en todo caso, aos criterios e á estrutura establecidos na correspondente programación didáctica.

O alumnado que siga esta formación en centros públicos non terá consideración de alumno ou alumna oficial da escola oficial de idiomas, polo que a realización das probas terminais específicas de certificación estarán suxeitas ás condicións establecidas para o alumnado escolarizado nas escolas oficiais de idiomas polo réxime libre.

Ao finalizar cada curso o profesorado de lenguas estranxeiras implicado no programa deberá elaborar unha memoria, co visto e prace do xefe/ a de departamento, que recollerá polo menos os seguintes puntos: resultado da avaliación continua, número de alumnos e alumnas presentados ás probas parciais e finais, criterios de avaliación e criterios de correción e porcentaje de aprobados e cualificacións obtidas.

O profesorado responsable realizará probas ao remate do curso. A superación das devanditas probas suporá a expedición por parte do centro:

- Do certificado do nivel básico A1 de competencia en 3º da ESO.

O currículo do Nivel Básico está organizado atribuíndolle obxectivos xerais e obxectivos específicos a cada destreza. Eles serán os referentes de todo o proceso de ensino-aprendizaxe. O seu grao de adquisición está definido e acoutado nos criterios de avaliación. Pola súa parte, os contidos responden a aquilo que se debe ensinar e aprender para lograr os obxectivos comunicativos propostos para este nivel. Carecen de entidade propia pois unicamente deben ser considerados na medida en que son os instrumentos necesarios para acadar o grao de dominio lingüístico establecido nos criterios de avaliación e, xa que logo, os obxectivos deste Nivel Básico. Para lograr as aprendizaxes establecidas para este nivel, realizaranse actividades da lingua que impliquen procesos para producir e recibir textos relacionados con temas incardinados en ámbitos específicos, poniendo en xogo as estratexias máis axeitadas para levar a cabo as tarefas que se deban realizar. Así pois, os departamentos didácticos deberán considerar os obxectivos e os criterios de avaliación como o punto de partida e o centro das súas programacións: as tarefas, os contidos, as actividades e instrumentos de avaliación, os materiais e o enfoque metodolóxico polo que se opte deberán estar, en todo caso, supeditados a eles.

Obxectivos

Oxectivos xerais

1. Comprensión oral: comprender o sentido xeral, a información esencial e os puntos principias de textos breves, referidos a asuntos da vida cotiá, ben estruturados, articulados a unha velocidade lenta e con claridade, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos, nunha variedade de lingua estándar, e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.

2. Expresión e interacción oral: producir textos orais breves, referidos a asuntos da vida cotiá, tanto en comunicación á cara como por teléfono ou outros medios técnicos, e comunicarse de forma comprensíbel, aínda

73

Page 75: Programación Departamento De Inglés

que resulten evidentes o acento estranxeiro, as pausas e titubeos, e sexa necesaria a repetición, a paráfrase e a cooperación dos interlocutores para manter a comunicación.

3. Comprensión de lectura: comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principias e os detalles relevantes en textos breves referidos a asuntos da vida cotiá, de estrutura sinxela e clara, nunha variedade de lingua estándar.

4. Expresión e interacción escrita: escribir textos breves e de estrutura sinxela, referidos a asuntos da vida cotiá, nos que se pide ou transmite información, utilizando axeitadamente os recursos de cohesión e as convencións ortográficas e de puntuación máis elementais.

Obxectivos específicos

1. Comprensión oral: Comprender o esencial en situacións nas que se utilicen frases moi sinxelas sobre temas frecuentes que se

refiren ao ámbito persoal sempre que se fale con lentitude e con claridade.Seguir un texto breve articulado con claridade, a xeito e con pausas, no que se utilicen expresións sinxelas e

habituais referidas a temas moi coñecidos ou a necesidades inmediatas.Comprender instrucións moi básicas pronunciadas lenta e claramente e seguir indicacións sinxelas e breves.Comprender a información esencial de pasaxes curtas gravadas que traten sobre asuntos cotiáns, e que

estean pronunciadas con lentitude e claridade.Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas.

2. Expresión e interacción oral:Establecer contactos sociais moi breves, de estrutura moi sinxela, utilizando e recoñecendo fórmulas

habituais de inicio e peche da conversa, tomando a palabra con cortesía.Presentarse e intercambiar información básica e sinxela sobre si mesmo e sobre outras persoas, e expresar

gustos, preferencias e intereses sobre temas moi cotiáns.Participar en conversas moi básicas sobre temas predicíbeis, facendo invitacións e propostas e

reaccionando adecuadamente ante elas, e expresar sentimentos e opinións de forma básica.Interactuar para obter ou ofrecer bens e servizos ligados a necesidades inmediatas sempre que se fale a

modo e con estruturas moi sinxelas e habituais, e reaccionando adecuadamente.Solicitar, mediante preguntas sinxelas e directas, a colaboración do interlocutor para entender e facerse

entender.

3. Comprensión de lectura:Comprender textos que inclúan ou soliciten información persoal básica.Comprender instrucións breves e sinxelas, e indicacións, especialmente se contan con apoio visual.Comprender mensaxes breves que conteñan informacións moi sinxelas relacionadas con actividades e

situacións da vida cotiá.Comprender o sentido global e localizar información relevante en textos moi básicos e claramente

estruturados relacionados con temas da súa experiencia. Comprender correspondencia persoal moi breve e sinxela.

Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas.

4. Expresión e interacción escrita: Completar documentos básicos nos que se solicite información persoal.Tomar notas e escribir mensaxes moi breves e sinxelas a partir dunha información moi sinxela e predicíbel.Escribir mensaxes sinxelas con información, instrucións e indicacións moi básicas relacionadas con

actividades cotiás e de inmediata necesidade.Intercambiar correspondencia persoal breve e moi sinxela, sobre temas da vida cotiá.Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos, e elaborar estes

seguindo textos modelo.

74

Page 76: Programación Departamento De Inglés

Contidos xerais básicos

1. Competencias xerais

Coa finalidade de realizar as tarefas e as actividades que se requiren para abordar as situacións comunicativas nas que participan, os alumnos utilizarán varias competencias desenvolvidas no curso da súa experiencia previa. Á súa vez, a participación en acontecementos comunicativos, incluída a aprendizaxe de linguas, dá como resultado un maior desenvolvemento destas competencias. Todas as competencias humanas contribúen dunha forma u doutra á capacidade comunicativa do alumno e poden considerarse aspectos da competencia comunicativa.

No entanto, pode resultar útil distinguir entre as competencias lingüísticas propiamente ditas e as competencias xerais, menos relacionadas coa lingua pero que xogan un papel esencial na eficacia da comunicación. É destas últimas das que nos imos ocupar neste apartado.

Estas competencias serán desenvolvidas ao longo de todo o Nivel Básico.

1.1. Competencia sociocultural

Dado que as actividades comunicativas se integran dentro dun contexto sociocultural, as alumnas e os alumnos deben adquirir un coñecemento da sociedade, da mentalidade e da cultura dos países e territorios en que se fala o idioma obxecto de estudo. De todos é sabido que a ausencia de competencia sociocultural pode distorsionar a comunicación.

O desenvolvemento destes contidos enmarcarase nunha perspectiva intercultural.Terán que ser adaptados ás circunstancias socioculturais específicas de cada lingua, e o léxico e as

estruturas utilizados para os desenvolver adecuaranse aos obxectivos do Nivel Básico.Estes contidos deberán considerarse ao elaborar os materiais didácticos, mais non terán que aparecer

necesariamente nun apartado específico da programación, xa que a maioría deles poden presentarse formando parte das diferentes áreas temáticas, coas que están estreitamenterelacionados.

Teranse en conta as seguintes áreas:

A vida cotiá: a distribución do día e a rutina diaria: horarios e hábitos de comida, alimentos asociados; horarios e costumes relacionados co traballo; os ciclos anuais (estacións, festas e vacacións); actividades de lecer, etc.

As convencións sociais e as fórmulas de cortesía en situacións da vida cotiá: comportamento na mesa, felicitacións, invitacións, presentacións, puntualidade, regalos, saúdos e despedidas; tabús, vestiario, etc.

As condicións de vida: condicións da vivenda, condicións laborais (introdución ao mundo laboral, busca de emprego...), sanidade (seguridade social, hábitos de saúde e hixiene...), transporte, sistema educativo, etc.

Os servizos públicos: servizos de comunicación (teléfono, correo…), medios de transporte e tipos de establecementos.

As relacións persoais: estrutura e relacións sociais e familiares: relacións familiares, xeracionais e profesionais; relacións entre distintos grupos sociais, relación coas autoridades ou coa Administración, etc.

Valores, crenzas e actitudes: principais festas populares, costumes e tradicións máis frecuentes, celebracións máis significativas e comportamento nelas (p.e., en aniversarios...), principais relixións, etc.

A linguaxe corporal e os sons paralingüísticos: expresións faciais, acenos, posturas, distancia interpersoal, contacto visual; calidade de voz, ton, volume, etc.

1.2 Competencia estratéxica

As programacións didácticas terán en conta os diferentes tipos de estrategias de aprendizaxe e de comunicación. É importante facerlles comprender aos alumnos a importancia de establecelas como base para o futuro desenvolvemento da competencia comunicativa, especialmente no Nivel Básico, e para que poidan autodirixir consciente e intencionalmente a súa aprendizaxe.

75

Page 77: Programación Departamento De Inglés

Estas estratexias non serán avaliadas directamente, aínda que o maior ou menor grao de aplicación destas inflúa na consecución dos obxectivos.

As estratexias que cómpre ter en conta nas distintas programacións didácticas para lle axudar ao alumnado a comprender, aprender ou sembrar nova información son, entre outras:

1.2.1 Estratexias de aprendizaxeAs estratexias de aprendizaxe son maneiras de obter, comprender e reter a nova información na memoria

para poder utilizala posteriormente; inclúen tanto a reflexión sobre o que se aprende e a maneira de aprendelo como as nocións, as motivacións ou a organización da aprendizaxe. Algunhas estratexias son:

Establecer de forma clara e realista os propios obxectivos e as necesidades a curto e a longo prazo.Organizar adecuadamente o tempo persoal para a aprendizaxe da lingua.Desenvolver o estilo de aprendizaxe que mellor se adapte ás características persoais e ás distintas tarefas

e contidos lingüísticos.Desenvolver e utilizar técnicas de estudo e de traballo adecuadas ás propias capacidades e ás distintas

tarefas e contidos lingüísticos obxecto de aprendizaxe.Organizar e usar axeitadamente o material persoal de aprendizaxe.Desenvolver a autonomía na aprendizaxe, utilizando os recursos dispoñíbeis tanto dentro como fóra da

aula e da escola e buscando ou creando oportunidades para practicar a lingua.Recoñecer e entender a función dos distintos tipos de actividades así como das diversas funcións do

profesor.Comprender o papel dos erros no proceso de aprendizaxe e aprender deles.Utilizar a autoavaliación como elemento de mellora do proceso de aprendizaxe.Usar materiais de consulta e autoaprendizaxe adecuados ao nivel (dicionarios, gramáticas, libros de

exercicios, novas tecnoloxías, etc.).Tomar notas de palabras clave mentres se escoita ou se le.Empregar recursos para destacar a información importante dun texto.Utilizar distintas técnicas de memorización e organización axeitadas ao estilo de aprendizaxe persoal, por

exemplo, os mapas conceptuais ou as táboas de clasificación.Utilizar a linguaxe aprendida a medida que se adquire.Aproveitar a presenza de nativos, ou falantes cun nivel de competencia lingüística máis avanzado para

aclarar, verificar ou corrixir.Tolerar a comprensión parcial ou vaga nunha situación comunicativa.Valorar e reforzar a motivación como clave do éxito na aprendizaxe.Solicitar axuda, correccións, aclaracións ou confirmacións.Participar en actividades de lecer conectadas coa aprendizaxe da lingua.Saber traballar en equipo, considerando os compañeiros como outra fonte máis de aprendizaxe.

1.2.2. Estratexias de expresiónDeterminar os requirimentos da tarefa e avaliar os propios coñecementos e recursos lingüísticos para

desenvolvela.Planificar o texto na súa estrutura básica.Ensaiar o texto oral ou escrito (p.e., gravarse, repetir termos en voz alta, empregar regras mnemotécnicas,

subliñar…).Adecuar de forma básica o texto (oral ou escrito) ao destinatario, ao contexto e á canle.Aproveitar os coñecementos previos (p.e., utilizar a linguaxe da que se sente moi seguro…).Probar novas expresións e, en xeral, ser capaz de adoptar certos riscos sen bloquear a comunicación.Utilizar procedementos lingüísticos (p.e., aproximacións e xeneralizacións cun nivel de lingua moi sinxelo,

parafrasear, usar a lingua materna ou “estranxeirizar” palabras desta…) ou extralingüísticos (p.e., facer ver aquilo ao que quere referirse sinalándoo co dedo, usar a linguaxe corporal, usar sons onomatopeicos…).

Valorar se se conseguiron ou non os obxectivos propostos (p.e., no caso de textos orais, analizar a reacción do interlocutor ou da audiencia …).

Consultar as posíbeis dúbidas e corrixir os erros.

1.2.3. Estratexias de comprensión76

Page 78: Programación Departamento De Inglés

Determinar os requirimentos da tarefa e avaliar os propios coñecementos e recursos lingüísticos para o seu desenvolvemento.

Identificar o tipo de texto adaptando a súa comprensión a esa tipoloxía.Decidir con antelación prestar especial atención a distintos aspectos do texto oral ou escrito (p.e.,

comprender o sentido xeral, procurar información específica…).Predicir e facer hipóteses do contido do texto baseándose nos seus coñecementos do tema e no contexto.Localizar e usar adecuadamente recursos lingüísticos ou temáticos do nivel.Identificar o contexto e os coñecementos adecuados a ese contexto.Establecer expectativas ou facer hipóteses respecto á organización e ao contido do texto.Deducir e inferir do contexto o significado probábel das palabras ou frases que descoñece.Identificar o tema e a idea principal dun texto.No caso de textos escritos, utilizar ferramentas como subliñar ou tomar notas para lograr unha mellor

comprensión do contido e da estrutura do texto.Tratar de lembrar as palabras ou estruturas novas aprendidas.

1.2.4. Estratexias de interacciónPreparar ou planificar o posíbel desenvolvemento do intercambio tendo en conta a situación de

comunicación e o obxectivo que se pretende acadar.Utilizar estratexias sinxelas para comezar, manter ou acabar unha conversa breve e para pedir que lle

presten atención.Resolver de forma básica dúbidas ou bloqueos na comunicación, gañando tempo para pensar.Cooperar co interlocutor para facilitar a comprensión mutua, pedindo ou facilitando axuda ou aclaracións

cando sexa preciso.Efectuar, de forma básica, as repeticións, aclaracións e correccións necesarias para compensar as

dificultades, rupturas e malentendidos na comunicación.Valorar se se comunicou ou non o que se desexaba.

2. Competencias comunicativas

2.1. Competencias lingüísticasConsidéranse incluídos no Nivel Básico 2 todos os contidos consignados para o Nivel Básico 1 segundo a

súa pertinencia para acadar os obxectivos dese nivel.

2.1.1 Contidos Léxico-SemánticosSinálanse os aspectos que o alumno debe ser capaz de comprender ou producir dos temas xerais que se

indican. O léxico e as estruturas lingüísticas utilizados para desenvolver estes aspectos adecuaranse aos obxectivos que marca cada un dos dous cursos do Nivel Básico.

Os contidos léxico-semánticos deberán adaptarse ás realidades socioculturais dos países das linguas obxecto de estudo.

Identificación persoal:NomeEnderezoTeléfono, enderezo electrónicoData e lugar de nacementoIdade e sexoEstado civilOrixe e nacionalidadeProfesión propia e dos achegadosFamilia directaGustos e hábitos

Vivenda, fogar e contorna:A vivenda e as súas dependencias: partes da casa

77

Page 79: Programación Departamento De Inglés

Mobiliario básico

Actividades da vida diaria:Na casaNo traballo

Tempo libre e ocio:Actividades de lecer (xogos, deportes, prensa, radio, televisión...)Actividades culturais (cine, teatro, museos, exposicións...)

Viaxes e transportes:Lugares de interese públicoTransporte público (horarios, billetes, medios de transporte)Transporte particular

Relacións humanas e sociais:Relacións con outras persoas: familiares, amorosas, de amizade, etc.Invitacións e citasFormas de tratamento sinxelasCorrespondencia persoal

Saúde e coidados físicos:Estado físico (dor, malestar) e necesidades corporais (sono, fame, cansazo, frío, ir ao baño...)Hixiene e coidado corporalPartes do corpo

Educación:Material e actividades da aula

Compras e actividades comerciais:Establecementos comerciaisPrezos e formas básicas de pagamento

Alimentación:AlimentosComidas do díaTipos de comida e bebidaTipos de establecementos: cafés, bares, restaurantes...

Bens e servizos:Correos e telecomunicaciónsServizos de emerxencia

Lingua e comunicación:Actividades de lingua (comprender, falar, repetir...)Metalinguaxe non especializada (letra, son, frase...)

Clima, condicións atmosféricas e ambiente:Animais e plantas da contornaEstacións do anoFenómenos atmosféricos (calor, frío, chuvia, sol...)

Ciencia e tecnoloxía:Medios técnicos de comunicación (telefonía, Internet)

78

Page 80: Programación Departamento De Inglés

2.1.2. Contidos Gramaticais

1. A ORACIÓN SIMPLE

1.1. Tipos de oración, elementos constituíntes e a súa posición.1.1.1.Oración declarativa.1.1.1.1.Afirmativa: Suxeito (+ CC) + V (OD / OI / OD + OI / OI + OD)(+ CC).1.1.1.2. Afirmativa: Sux. + V + Atrib.1.1.1.2. Negativa: Sux. + VAux. (+ Neg.) (+ V).1.1.2.Oración interrogativa.1.1.2.1.Total: VAux. + Sux. + V.1.1.2.2.Parcial: elemento interrogativo + VAux. + Sux. + V.1.1.3. Oración imperativa.1.1.3.1. (Don´t) + V.1.1.3.2. Oración exclamativa: Wha t + SN1.2. Fenómenos de concordancia.

2. A ORACIÓN COMPOSTA

2.1. Expresión de relacións lóxicas.2.1.1.Conxunción: and.2.1.2. Disxunción: or.2.1.3 Oposición: but.

3. O SINTAGMA NOMINAL (SN)

3.1. Núcleo.3.1.1. Substantivo: contábeis e non contábeis.3.1.1.1. Xénero.3.1.1.2. Número: singular e plural.3.1.1.3. Caso: xenitivo s` e `s.3.1.2. Pronomes.3.1.2.1. Persoais de suxeito e de obxecto.3.1.2.2. Posesivos.3.1.2.3. Demostrativos.3.1.2.4. Indefinidos: some3.1.2.5. Interrogativos.3.2. Modificación do núcleo.3.2.1. Determinantes.3.2.1.1. Artigos.3.2.1.2. Demostrativos.3.2.134. Posesivos.3.2.1.4. Cuantificadores: some, any, much, many, a lot of, a glass/cup/bottle of; números cardinais e ordinais (first, second, third)3.2.2. Modificación mediante SAdx: a big tree.

4. O SINTAGMA ADXECTIVAL (SAdx.)

4.1. Núcleo: Adxectivo.4.1.1. Grao: positivo.4.2. Modificación mediante negación (not...) e SAdv. (very).4.3. Posición dos elementos: (Neg. +) (SAdv. +).

79

Page 81: Programación Departamento De Inglés

5. O SINTAGMA VERBAL (SV)

5.1. Núcleo: verbo (to be, to have(got), there (be), auxiliares, modais).5.1.1. Tempo.5.1.1.1. Expresión do presente: presente simple.5.1.1.2. Expresión do futuro: will.5.1.1.3. Expresión do pasado: pasado simple.5.1.3. Modalidade.5.1.3.1. Factualidade: indicativo.5.1.3.2. Necesidade: need, want.5.1.3.3. Obrigación: must, can't.5.1.3.4. Capacidade: can, can't.5.1.3.5. Permiso: can.5.1.3.6. Posibilidade: can.5.1.3.7. Prohibición: don't.5.1.4. Voz: Activa: todos os tempos estudados.5.2. Modificación do verbo mediante negación.5.3. Posición dos elementos:5.3.1. Oración declarativa: V; VAux. + not + V.5.3.2. Oración interrogativa: VAux. + SN + V.5.3.3. Oración imperativa: (don't) + V.5.4. Funcións sintácticas do sintagma.

6. O SINTAGMA ADVERBIAL (SAdv.)

6.1. Núcleo.6.1.1. Adverbio.6.1.1.1.Clases: tempo (now,yesterday), lugar (here,there), dirección (to), frecuencia (often, never), interrogativos (when, where).6.1.1.2. Grao: Positivo.6.1.2. Locucións adverbiais.6.2. Modificación do adverbio mediante un SAdv (very fast).6.3. Posición dos elementos: (SAdv. +) Adv.6.4. Funcións sintácticas do sintagma.

7. O SINTAGMA PREPOSICIONAL (SPrep.)

7.1. Núcleo.7.1.1. Preposicións: tempo (at,on), duracion (for), lugar (on,in,next to), dirección( to).7.1.2. Locucións prepositivas.7.2. Posición dos elementos: prep.+ termo.7.3. Funcións sintácticas do sintagma.

2.1.3 Contidos Ortográficos

1. Representación gráfica de fonemas e sons.2. Cambios ortográficos ante inflexións.3. Uso de maiúsculas en nomes propios (días da semana, meses do ano) e adxectivos derivados.

2.1.4. Contidos Fonéticos

1.1. Sons e fonemas vocálicos. Introdución.1.2. Sons e fonemas consonánticos. Introdución.1.3. Procesos fonolóxicos.

80

Page 82: Programación Departamento De Inglés

1.3.1. Alternancias morfofonolóxicas.1.3.1.1. Asimilación e epéntese nos sufixos /-(e)s/ /-ed/ só cando teña valorsemántico.1.3.2. Enlace.1.4. Entoación e acentuación.1.4.1. Pautas básicas de entoación en distintos tipos de estruturas oracionais:oracións declarativas, interrogativas e exclamativas.1.4.2. O acento en palabras básicas de uso cotián.

2.2. Competencia sociolingüística

Un enfoque centrado no uso do idioma supón necesariamente a súa dimensión social.Para que a comunicación sexa eficaz, o usuario da lingua non só ten que coñecer os recursos dispoñíbeis,

senón tamén saber utilizalos axeitadamente en cada contexto. Neste sentido, enténdese que a competencia sociolingüística consiste na capacidade do usuario de interpretar e comportarse de forma axeitada en diferentes situacións.

As alumnas e os alumnos deben adquirir as competencias sociolingüísticas que lles permitan comunicarse con efectividade ao nivel especificado. Entre estas competencias encóntranse o coñecemento, o discernimento e o uso de marcadores lingüísticos de relacións sociais, fórmulas de tratamento, saúdos e normas de cortesía.

Ao final do primeiro curso do Nivel Básico, as alumnas e os alumnos estarán en condicións de establecer contactos sociais básicos axeitados en contextos da vida cotiá, e relacionados coa utilización de servizos públicose as relacións persoais utilizando as convencións sociais e as fórmulas de cortesía máis sinxelas e cotiás relativas a saúdos, despedidas e presentacións; e utilizando expresións como “por favor”, “grazas”, “síntoo moito”, etc.

2.3. Competencias pragmáticas

As competencias pragmáticas refírense ao coñecemento que posúe o alumno ou a alumna dos principios segundo os cales as mensaxes se organizan, se estruturan e se ordenan para realizar funcións comunicativas.

2.3.1.Contidos Funcionais

Os contidos funcionais responden aos obxectivos e formúlanse en termos de expresión, pero considérase que inclúen tamén a comprensión e a interacción respectivas.

Usos sociais da lingua:Saudar e despedirsePresentarse ou presentar alguénDirixirse a alguénPedir desculpasAgradecerFelicitarConvidarInteresarse por persoasReaccionar ante unha información con expresións que manifesten o sentimento adecuado á situación

Control da comunicación:Manifestar comprensión e incomprensiónPedir confirmación da comprensión ao interlocutorSolicitar axuda ao interlocutor para facilitar a comprensión: por exemplo, falar devagar, soletrear, repetirPreguntar o significado dunha palabra ou expresión

Información xeral:81

Page 83: Programación Departamento De Inglés

Pedir e dar información sobre datos persoaisPedir e dar información sobre lugares, horarios, datas, prezos, cantidades e actividadesPreguntar ou expresar se existe algo, e se se sabe unha cousaIndicar posesiónIndicar onde e cando ocorre algoReferirse a accións cotiás presentes

Opinións e valoracións:Expresar intereses, preferencias e gustos (e contrarios)Afirmar e negar algoMostrar acordo, satisfacción (e contrarios)Preguntar e expresar coñecemento ou descoñecemento, seguridade ou inseguridade

Estados de saúde, sensacións e sentimentos:Expresar sensacións físicas e sentimentos

Petición de instrucións e suxestións:Pedir axuda, obxectos e servizosInvitar, e reaccionar adecuadamente

2.3.2. Contidos Discursivos

2.3.2.1. Coherencia e Cohesión

Un enfoque centrado no uso do idioma supón considerar o texto como a unidade mínima de comunicación. Para que un texto teña validez, desde o punto de vista comunicativo, debe ser coherente con respecto ao

contexto en que se produce e debe presentar unha cohesión interna que facilite a súa comprensión. O alumnado deberá adquirir, daquela, as competencias discursivas que lle permitan producir e comprender textos tendo presente a súa coherencia e cohesión.

Estes recursos entenderanse tanto para a expresión como para a comprensión.

CoherenciaAsociar enunciados simples e memorizados coas situacións en que é adecuado utilizalos (fórmulas de cortesía, saúdos, despedidas).Adaptar formas de tratamento e fórmulas sociais básicas (saúdos, despedidas) á relación social co interlocutor/a.Seleccionar o léxico e as estruturas adecuadas para acadar o propósito comunicativo.Adaptarse ás características, organización básica e formato dos textos orais e escritos aos que se enfronta ou que produce, recollidos no apartado “Tipoloxía de textos”.Utilizar recursos deícticos básicos para garantir a coherencia espazotemporal.

CohesiónUtilizar recursos moi sinxelos para iniciar, desenvolver ou rematar un texto escrito ou oral (dirixirse a alguén, tomar a palabra).Utilizar os recursos básicos de puntuación seguindo as regras e convencións propias dos textos recollidos no apartado “Tipoloxía de textos”.Utilizar os patróns básicos de entoación axeitados á situación comunicativa.Manter, de forma incipiente, a concordancia na estrutura do texto para enmarcar a mensaxe.Usar conectores básicos para enlazar grupos de palabras.

2.3.2.2. Tipoloxía de Textos

A palabra “texto” está empregada neste currículo no sentido amplo e coas características que lle outorga o MECR: “O texto é calquera secuencia de discurso (falado ou escrito) relacionada cun ámbito específico e que

82

Page 84: Programación Departamento De Inglés

durante a realización dunha tarefa constitúe o eixe dunha actividade de lingua, ben como apoio ou meta, ben como produto ou como proceso”.

Este apartado inclúe un repertorio de textos orais e escritos. A complexidade de cada un deles deberá ser adaptada aos obxectivos propios do nivel.

OralAnuncios (instrucións e indicacións)Contactos sociaisConversas á caraTransaciónsPresentacións

EscritoFichas, formularios e cuestionariosListaxesHorariosCatálogos, páxinas amarelas, guías e folletosEtiquetasBilletes e entradasCorrespondencia persoal (cartas, tarxetas postais, correos electrónicos,fax, invitacións, felicitacións, tarxetas de visita…)Anuncios (instrucións e indicacións)Carteis, letreiros e sinaisMenúsTextos literarios moi sinxelosManuais de instruciónsNotas e mensaxesDicionarios e tesaurus (dicionarios bilingües)

Secuenciación de contidos

No nivel Básico 1 haberá 4 sesións lectivas semanais ( distribuidas en dous días) e se darán as Unidades 1-7 ( ambas inclusive) do New Headway Elementary – The THIRD Edition (Oxford University Press).

Grammar work Vocabulary work Reading/Writing Listening and speaking

1st TERM- Plural nouns - Be ( aff & neg)

- The alphabet- Countries- Everyday objects- Numbers

- Personal presentations - Greetings- Introducing yourself- /’s/ sound

- Possessive ‘s- Questions- Short answers

- Hobbies- Food and drink- Opposite adjectives

- Description of a person - Talk about yourself- Describe people

2nd TERM- Present simple - Jobs

- The time-Texts about jobs - Ask and give the time

- Talk about jobs- /s/ sound in 3rd person singular of verbs

- Verbs of likes and dislikes

- Free time activities- Habits- Seasons, moths, days of the week

- An informal letter - Similar sounds

83

Page 85: Programación Departamento De Inglés

- There is/are- Prepositions- This/ That- Linking words

- The house- The town- Music

- Description of the house - Information gaps

3rd TERM- Can - Countries

- Lifestyle- Compare information - Short sentences

- Homophones- Phone conversations

- Past simple - Famous historical people - Texts in te past - /-ed/ sound- Mute letters- Giving opinions

Criterios de avaliación por destrezas

Acceso de Básico 1 a Básico 2

Para poder acceder ao Nivel Básico 2 as alumnas e os alumnos demostrarán, nas condicións que determine a Administración, que posúen o grao de competencia comunicativa que se describe a seguir:

Comprensión oral

Comprender fórmulas básicas de contacto social, como saúdos, despedidas, desculpas e agradecementos, identificando a intención de comunicación e a relación de formalidade entre os interlocutores.

Trátase de verificar con este criterio a capacidade de recoñecer as fórmulas de contacto social e as normas de cortesía máis sinxelas e comúns, e aquelas utilizadas para iniciar e terminar o discurso, así como a intención comunicativa dos falantes que as utilizan (agradecer, interesarse por algo ou alguén, desculparse...), reaccionando de forma adecuada á situación de comunicación e á intención do emisor ou do interlocutor.

Comprender o esencial en conversas moi básicas e breves sobre temas frecuentes e de necesidade inmediata relativas ao ámbito persoal sempre que se fale con lentitude, articulando de forma clara e comprensíbel.

Con este criterio avalíase a capacidade para comprender os puntos esenciais e a información principal en conversas cotiás que se refiran a necesidades prácticas ou materiais, sentimentos ou sensacións físicas básicas, expresadas con lentitude e boa articulación. Así mesmo preténdese verificar a capacidade do alumnado para utilizar estrategias que faciliten a comprensión, como pedir aclaracións e repeticións ao interlocutor de forma axeitada.

Comprender transaccións moi básicas de bens e servizos, e relativas ao traballo, transmitidas de viva voz ou por medios técnicos (teléfono, televisión, radio, etc.), e articuladas a modo, utilizando frases feitas e estruturas sinxelas e previamente traballadas, sempre que as condiciones acústicas sexan boas e se se poden escoitar máis dunha vez.

Mediante este criterio preténdese avaliar a capacidade para comprender os detalles da conversa (datos persoais, horarios, prezos, números, preguntas sinxelas) en transaccións moi básicas no ámbito persoal, que se desenvolvan con lentitude e boa articulación.

Comprender instrucións moi básicas pronunciadas lenta e claramente e seguir indicacións sinxelas e breves, sempre que poidan ser repetidas. Este criterio avalía a capacidade de reaccionar de forma adecuada, lingüisticamente ou coas accións pertinentes, ante instrucións, prohibicións, permisos ou indicacións sinxelas e breves, articuladas a unha velocidade lenta e con moita claridade (por exemplo, na aula, para orientarse nunha cidade..., especialmente se se poden volver a escoitar.

84

Page 86: Programación Departamento De Inglés

Comprender a información esencial de pasaxes curtas gravadas que conteñan conversas, narracións e/ou descricións emitidas mediante estruturas e léxico moi básico, que traten sobre asuntos da vida cotiá e de necesidade inmediata, e que estean pronunciadas con lentitude e claridade, aínda que sexa necesario escoitalas máis dunha vez.

Con este criterio avalíase a capacidade do alumnado para identificar os puntos esenciais e a información principal de textos orais ou audiovisuais breves, articulados a xeito e de maneira comprensíbel, que conteñan intercambios, narracións e/ou descricións moi sinxelos, que traen sobre asuntos previsíbeis da vida cotiá ou moi coñecidos.

Utilizar estratexias de comprensión para superar as limitacións que se encontren na comprensión da mensaxe, mediante claves identificadas no contexto lingüístico e non lingüístico.

Con este criterio avalíase, en todas as tarefas de comprensión oral, a capacidade do alumnado para predicir e facer hipóteses do contido do texto baseándose nos seus coñecementos do tema e das expectativas predicíbeis na situación de comunicación, deducindo o significado probábel das palabras ou frases que descoñece coa axuda dos coñecementos doutras linguas, de claves contextuais (lugar da palabra na frase) e contextuais (ton da voz, expresións faciais, postura, posición no espazo, actos explícitos e xestos, que amosan e regulan o comportamento dos individuos), etc.

Expresión e Interacción oral

Establecer contactos sociais moi básicos de xeito intelixíbel sempre que o interlocutor colabore utilizando un discurso claro e lento e que repita o que non se comprende.

Con este criterio avalíase a capacidade do alumnado para utilizar de maneira espontánea as formas de cortesía máis sinxelas e cotiás relativas a saúdos, despedidas, agradecementos e presentacións.

Intercambiar de xeito intelixíbel información sobre si mesmo e sobre outras persoas usando un repertorio básico de palabras e frases illadas, e facéndose comprender aínda que o interlocutor necesite repeticións e aclaracións.

Con este criterio valorarase a capacidade do alumno de reaccionar nunca conversa á cara, se é quen de dar e obter información sobre datos básicos persoais como profesión, residencia, familia, orixe, gustos, posesións, etc. Valorarase que posúe un repertorio básico de expresións sinxelas relativas a estes datos. A conversa estará caracterizada por intervencións moi breves e significativas e verificarase a capacidade de usar rutinas sinxelas e básicas para iniciar e pechar a quenda de palabra.

Formular invitacións e realizar propostas moi sinxelas, reaccionando adecuadamente a elas, se se lle fala a xeito e con claridade, e usando estruturas lingüísticas sinxelas dentro dun repertorio aprendido.

Con este criterio avaliarase a capacidade de ofrecer e rexeitar (invitar a ir ao cine, ir a clase xuntos, pedir apuntamentos...) utilizando normas básicas e sinxelas de cortesía. Valorarase a utilización adecuada das expresións relativas á expresión do acordo, do desacordo, do interese, da posibilidade e imposibilidade, así como a expresión de números, cantidades, horas e expresións temporais sinxelas relacionadas co pasado e co futuro.

Comprender e dar instrucións e indicacións moi breves e sinxelas se se formulan a modo e articuladas claramente, e reaccionar adecuadamente ante elas aínda que sexan necesarias repeticións e aclaracións e se teñaque recorrer ao uso de estratexias paralingüísticas.

Trátase de avaliar esencialmente que o alumno é quen de seguir e dar instrucións moi básicas (como ir a un lugar ou comprender avisos básicos). Valorarase que se fagan preguntas e se dean respostas para asegurara comunicación. Os intercambios comunicativos poderán presentar algunhas incorreccións sempre que non imposibiliten a comunicación.

Comunicarse en conversas sinxelas que requiran o intercambio de experiencias persoais e de actividades cotiás e de necesidade inmediata mediante frases memorizadas, breves e illadas, facéndose comprender aínda que se fagan pausas para buscar as expresións e as palabras menos habituais, sendo capaz de utilizar as estratexias que lle permitan garantir a comunicación.

85

Page 87: Programación Departamento De Inglés

Trátase de avaliar a capacidade de formular e responder intelixibelmente preguntas sinxelas sobre a súas actividades da vida diaria, tempo libre e lecer, relacións humanas e sociais habituais e sobre as condicións atmosféricas. Valorarase a utilización dun repertorio léxico moi elemental pero propio dos distintos temas abordados.

Expresar brevemente e de xeito comprensíbel sentimentos e sensacións físicas frecuentes empregando un repertorio básico de expresións sinxelas e fixas, e podendo axudarse de accións non lingüísticas discretas e axeitadas.

Con este criterio avalíase a capacidade de facerse entender utilizando expresións frecuentes no ámbito público da saúde e dos coidados físicos (doenzas, accidentes, consultas), así como na expresión máis básica dossentimentos e intereses persoais, tales como satisfacción, gusto e tristeza, admiración e sorpresa.Valorarase, igualmente, a utilización de estrategias de comunicación como o uso de xestos apropiados e as esaxeracións.

Seguir unha breve exposición sinxela sobre un tema cotián, articulada de forma lenta e clara, entendendo o suficiente para poder pedir aclaracións e repeticións que aseguren a comprensión das ideas principais.

A través deste criterio apreciarase a capacidade para comprender o esencial de monólogos emitidos á cara, aínda que non se comprendan na súa totalidade.

Utilizar estratexias de comunicación e de comprensión para asegurar o éxito da interacción.A través deste criterio, aplicábel a todas as tarefas de expresión e interacción oral, valorarase o uso de

estratexias de comprensión das mensaxes orais (uso do contexto verbal e non verbal; uso dos coñecementos referenciais sobre o tema, así como identificación de palabras clave) e de estrategias de comunicación como a pertinencia das preguntas ou das solicitudes de repeticións que permitan verificar a comprensión, o uso de xestos non esaxerados, o soletreo de palabras non comprendidas, etc.

Comprensión de lectura

Comprender a información esencial, e os puntos principais ou detalles relevantes en textos breves, de estrutura sinxela, que conteñan información persoal básica propia e doutras persoas.

Con este criterio preténdese valorar a capacidade do alumno para identificar información persoal básica (descrición física, nome, enderezo, teléfono, data e lugar de nacemento, idade e sexo, estado civil, orixe e nacionalidade, profesión, gustos, etc.) presentada ou solicitada en textos como formularios, fichas, cuestionarios, carnés ou anuncios.

Comprender mensaxes breves e sinxelas que conteñan instrucións, indicacións e información básica referida a necesidades inmediatas, de estrutura moi sinxela, especialmente se contan con apoio visual.

Con este criterio preténdese valorar a capacidade do alumno para seguir instrucións básicas e comprender avisos, obrigas e prohibicións. Por exemplo, indicacións para chegar a un enderezo ou lugar, frecuencia da dose dun medicamento ou produto de coidado persoal, manexo elemental de aparellos, funcións básicas en páxinas de Internet, horarios de transportes públicos ou espectáculos, prezos e cantidades, etc.

Comprender información relevante e previsíbel en textos informativos ou narrativos breves, moi sinxelos e ben estruturados, se é o caso, en parágrafos curtos relacionados con conectores moi básicos e relativos a temasda propia experiencia.

Con este criterio preténdese valorar a capacidade para atopar a información que se precise cunha finalidade inmediata en pequenas narracións moi sinxelas en lingua estándar, e en guías de ocio, dicionarios, catálogos, etc.

Comprender a información esencial de correspondencia persoal moi breve e sinxela en papel ou soporte dixital.

Con este criterio preténdese verificar a capacidade do alumno para identificar a intención de comunicación, fórmulas de saúdo e despedida e outras convencións básicas propias deste tipo de texto, e poder reaccionar de xeito adecuado a postais, felicitacións, invitacións, citas médicas, etc.

86

Page 88: Programación Departamento De Inglés

Comprender textos escritos sinxelos superando as dificultades lingüísticas mediante a extrapolación de significados utilizando estratexias lingüísticas e non lingüísticas.

Este criterio tenta medir, en todas as tarefas de comprensión de lectura, a capacidade do alumno de inferir significados a partir do coñecemento do mundo, do coñecemento doutros idiomas, do contexto lingüístico, dos apoios visuais: imaxes, tipografía, deseño, etc., así como das características do medio no que aparece impresa a información: revistas, carteis, xornais, folletos, Internet, etc.

Expresión e interacción escrita

Completar textos escritos en papel ou soporte dixital nos que se solicita información básica sobre a identificación persoal.

Mediante este criterio avalíase a capacidade do alumnado para cubrir adecuadamente cuestionarios, formularios ou impresos con información persoal básica (nome, nacionalidade, idade, enderezo...).

Escribir notas e mensaxes moi breves e sinxelas relativas a necesidades inmediatas.Con este criterio preténdese avaliar a capacidade do alumnado de escribir textos breves moi sinxelos con

información de inmediata necesidade (indicando horas, número, prezo...), empregando palabras e expresións moi básicas de uso habitual, e frases e oracións simples e illadas, ou enlazadas con conectores elementais.

Escribir textos con información, instrucións e indicacións moi básicas e breves relacionadas con actividades cotiás ou de inmediata necesidade.

Mediante este criterio preténdese avaliar a capacidade do alumnado para elaborar textos moi curtos como a enumeración de actividades moi habituais, listas de tarefas, listas de compras, etc; textos que expresen sentimentos básicos de gusto, desgusto, aceptación, negación, etc., empreñando unha serie de modelos de oracións preparadas de antemán.

Escribir, a partir dun modelo, correspondencia persoal moi breve e sinxela sobre temas da vida cotiá ou de inmediata necesidade.

Con este criterio avalíase a capacidade do alumnado para escribir, en papel ou soporte dixital, notas, cartas persoais, postais, felicitacións e correos electrónicos moi sinxelos e breves, que conteñan información cotiáou de primeira necesidade. Isto farase a partir de modelos previos, usando as fórmulas máis básicas de saúdo e despedida, adaptando a presentación ao tipo de texto e usando frases e oracións simples e illadas ben estruturadas e cunha orde lóxica, dentro dun repertorio aprendido.

Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos, e organizar estes seguindo textos modelo.

Con este criterio preténdese avaliar, en todas as tarefas de expresión escrita, a capacidade do alumnado para utilizar estratexias que faciliten o proceso de escritura seguindo modelos de textos de características similares; a planificación e o ensaio do texto; a revisión que garanta a corrección tanto ortográfica como na orde das palabras e na presentación do escrito. Tamén se valorará o uso eficaz de materiais de consulta e autoaprendizaje adecuados ao nivel (dicionarios, gramáticas, libros de exercicios, as novas tecnoloxías, etc. ).

Procedemento de avaliación ( vid Orde 8 setembro 2008 – DOGA 26 setembro 2008- Artigo 3º)

Proceso de avaliación do alumnado:

Realizaranse dúas avaliacións por curso, coincidindo a última coa avaliación final global.Ademais, ao inicio de cada curso, o profesorado realizará unha avaliación inicial ou de diagnóstico do

alumnado que terá carácter informativo para este e orientador para o profesorado, que establecerá as medidas pedagóxicas adecuadas.

Criterios de cualificación87

Page 89: Programación Departamento De Inglés

Proba escrita: 50% da nota finalProba oral: 50% da nota final

A proba escrita constará pola súa banda de:

- Listening 15%- Phonetics 10%- Writing 25%- Reading comprehension 20%- Use of English/ Grammar 30%

Certificación da participación no programa

A asistencia e aproveitamento no 1º curso da modalidade Cuale-ESO dá dereito á certificaión do nivel A1 do MCERL. ( vid Orde do 1 de xuño de 2007 - DOGA nº 112 – Martes 12 de xuño de 2007).

15.2) Curso para a formación complementaria da aprendizaje de linguas estranxeiras (Cuale) - Nivel Básico 2:

Curso preparatorio dirixido ao alumnado de 4º da ESO co fin de preparalo para a proba de certificación do nivel correspondente (A2) nas ensinanzas de idiomas de réxime especial.

Poderá cursar esta modalidade o alumnado que superase o terceiro curso de ensino secundario obrigatorio, e que estea matriculado en 4º de ESO no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos públicos ou privados concertados.

O currículo, a metodoloxía e as condicións de promoción deste curso realizaranse tendo en conta o nivel de competencia A2 do Marco Común Europeo de Referencia (MCER).

O profesorado dos centros docentes públicos que imparta esta modalidade será o responsable da elaboración e avaliación de probas de aproveitamento, que se axustarán, en todo caso, aos criterios e á estrutura establecidos na correspondente programación didáctica.

O alumnado que siga esta formación en centros públicos non terá consideración de alumno ou alumna oficial da escola oficial de idiomas, polo que a realización das probas terminais específicas de certificación estarán suxeitas ás condicións establecidas para o alumnado escolarizado nas escolas oficiais de idiomas polo réxime libre.

Ao finalizar cada curso o profesorado de lenguas estranxeiras implicado no programa deberá elaborar unha memoria, co visto e prace do xefe/ a de departamento, que recollerá polo menos os seguintes puntos: resultado da avaliación continua, número de alumnos e alumnas presentados ás probas parciais e finais, criterios de avaliación e criterios de correción e porcentaje de aprobados e cualificacións obtidas.

O profesorado responsable realizará probas ao remate do curso. A superación das devanditas probas suporá a expedición por parte do centro:

- Do certificado do nivel básico A2 de competencia en 4º da ESO.

Obxectivos específicos

1. Comprensión oral:Comprender frases e expresións habituais relacionadas con necesidades inmediatas e temas cos que se

estea moi familiarizado sempre que se fale de xeito pausado e ben articulado. Comprender o sentido xeral e a información específica predicíbel de conversas básicas sobre temas

cotiáns que se desenvolvan na súa presenza, e identificar un cambio de tema. 88

Page 90: Programación Departamento De Inglés

Comprender o significado global e as informacións relevantes de mensaxes gravadas sinxelas que relaten experiencias persoais e predicíbeis, articuladas lentamente e nunha linguaxe estándar.

Comprender a información esencial en exposicións e presentacións públicas breves e sinxelas, referidas a temas habituais e coñecidos.

Comprender o sentido xeral e a información esencial predicíbel de textos audiovisuais sinxelos, cando exista o apoio de imaxes moi redundantes.

Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas.

2. Expresión e interacción oral:Desenvolverse nas relacións sociais habituais de xeito sinxelo pero eficaz, utilizando e recoñecendo

fórmulas habituais de inicio e peche da conversa, tomando a palabra con cortesía, utilizando expresións básicas moi habituais adecuadas á situación e aos interlocutores.

Desenvolverse en actividades habituais e transaccións e xestións cotiás, sinxelas, propias de situacións e temas coñecidos, facéndose entender ofrecendo ou solicitando información básica.

Describir nun monólogo, de forma breve e sinxela, accións, persoas, lugares e obxectos, respondendo a preguntas breves e sinxelas dos ouvintes se llas repiten e se lle axudan coas respostas.

Expoñer plans e facer hipóteses, de forma breve e sinxela, en conversas informais en relación con asuntos cotiáns; e expresar de forma breve a opinión, as crenzas ou suxestións sobre un tema coñecido.

Solicitar a colaboración do interlocutor e utilizar estratexias para asegurar a comunicación.

3. Comprensión de lectura:Comprender o sentido global e localizar información relevante e predicíbel en textos pouco complexos, en

lingua estándar e relacionados con temas da súa experiencia. Comprender tipos básicos de correspondencia sobre temas cotiáns. Comprender o sentido xeral e identificar información relevante en textos xornalísticos breves e sinxelos,

que describan feitos e acontecementos coñecidos, especialmente se contan con apoio visual. Comprender textos instrutivos, argumentativos, descritivos e narrativos sinxelos, ben estruturados e en

lingua estándar. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas.

4. Expresión e interacción escrita:

Intercambiar información concreta e sinxela sobre aspectos cotiáns e habituais nos diferentes ámbitos de actividade social.

Describir de forma sinxela lugares, obxectos e persoas, e narrar feitos e experiencias, así como expoñer plans e presentar proxectos relacionados con temas cotiáns. Intercambiar correspondencia breve e sinxela, sobre temas predicíbeis relacionados coa experiencia persoal e na que se expresen sentimentos, opinións, reaccións e actitudes, ou se solicite ou ofreza un servizo ou información, nun rexistro axeitado á situación de comunicación.

Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos, e organizar estes de acordo con textos modelo.

Contidos xerais básicos

1. Competencias xerais (Vid Nivel Básico 1 – p. 65)

2. Competencias comunicativas

2.1.1 Contidos Léxico- Semánticos

Identificación persoal:Formación e experiencia laboralDescrición persoal: carácter, preferencias, crenzasDescrición persoal: aspecto físico

89

Page 91: Programación Departamento De Inglés

Vivenda, fogar e contorna:MobiliarioElectrodomésticos e aparellos electrónicosA vivenda e a contornaAlugueiroServizos (auga, luz, calefacción...)

Tempo libre e ocio:Afeccións e intereses

Viaxes e transportes:VacaciónsAloxamentoEquipaxeDocumentaciónLugares de interese turístico

Relacións humanas e sociais:Actos sociais: festas, reuniónsCorrespondencia formal

Saúde e coidados físicos:AccidentesSaúde e enfermidade

Educación:Centros de ensinoTipos de estudos

Compras e actividades comerciais:Artigos para a casaModa e vestido

Alimentación:Comida: preparación e saboresMateriais e utensilios

Bens e servizos:BancosInstituciónsServizos médicosServizos sociais

Clima, condicións atmosféricas e ambiente:Previsións meteorolóxicasPaisaxe: campo, cidade

Ciencia e tecnoloxía:Aparellos de uso cotián

2.1.2. Contidos Gramaticais

1. A ORACIÓN SIMPLE

90

Page 92: Programación Departamento De Inglés

1.1. Tipos de oración, elementos constituíntes e a súa posición.1.1.1. Oración declarativa.1.1.1.1. Afirmativa: Sux. (+ CC) + V + (OD / OI / OD + OI / OI + OD) (+CC).1.1.1.2. Afirmativa: Sux.+ V + Atrib.1.1.1.2. Negativa: Sux. + VAux. (+ Neg.) (+ V).1.1.2. Oración interrogativa.1.1.2.1. Total: VAux. + Sux. + V.1.1.2.2. Parcial: elemento Interrogativo + VAux. + Sux. + V.1.1.3. Oración imperativa.1.1.3.1. (Don´t) + V.1.1.3.2. Let`s + V.1.1.4. Oración exclamativa.1.1.4.1. What + SN.1.1.4.2. How + SAdx.1.2. Fenómenos de concordancia.

2. A ORACIÓN COMPOSTA

2.1. Expresión de relacións lóxicas.2.1.1. Conxunción: and.2.1.2. Disxunción: or.2.1.3. Oposición: but.2.1.4. Causa : because (principal + subordinada).2.1.5. Condición: if.2.1.6. Finalidade: to.2.1.7. Resultado: so.2.1.8. Relacións temporais.2.1.8.1. Anterioridade: before.2.1.8.2. Posterioridade: after.2.1.8.3. Simultaneidade: when.

3. O SINTAGMA NOMINAL (SN)

3.1. Núcleo.3.1.1. Substantivo: contábeis e non contábeis.3.1.1.1. Xénero.3.1.1.2. Número: singular e plural.3.1.1.3. Caso: xenitivo s` e `s.3.1.2. Pronomes.3.1.2.1. Persoais de suxeito e de obxecto.3.1.2.2. Posesivos.3.1.2.3. Demostrativos.3.1.2.4. Indefinidos.3.1.2.5. Interrogativos.3.2. Modificación do núcleo.3.2.1. Determinantes.3.2.1.1. Artigos.3.2.1.2. Demostrativos.3.2.1.3. Posesivos.3.2.1.4. Cuantificadores: some, any, much, many, a lot of, a glass/cup/bottle of, a piece of; números cardinais e ordinais.3.2.2. Modificación mediante SN: toothbrush.3.2.3. Modificación mediante SAdx.: a big tree.3.2.4. Modificación mediante SPrep.: the man next to my sister.

91

Page 93: Programación Departamento De Inglés

4. O SINTAGMA ADXECTIVAL (SAdx.)

4.1. Núcleo: Adxectivo.4.1.1. Grao: Positivo, comparativo (inferioridade, igualdade e superioridade) e superlativo (formas regulares e irregulares).4.2. Modificación mediante negación (not ...), SAdv. (very).4.3. Posición dos elementos: (Neg. +) (SAdv. +) adx.4.4. Funcións sintácticas do sintagma.

5. O SINTAGMA VERBAL (SV)

5.1. Núcleo:verbo (to be, to have(got), there (be), auxiliares, modais.5.1.1. Tempo.5.1.1.1. Expresión do presente: presente, simple, presente continuo (How are you doing?).5.1.1.2. Expresión do futuro: going to, will.5.1.1.3. Expresión do pasado: pasado simple.5.1.2. Modalidade.5.1.2.1. Factualidade: indicativo.5.1.2.2. Necesidade: I'd like, need, want, could, should.5.1.2.3. Obrigación: must, can't,have(got)to, needn´t5.1.2.4. Capacidade: can, can't,could.5.1.2.5. Permiso: can, may, could,would.5.1.2.6. Posibilidade: can , may.5.1.2.7. Prohibición: don't.5.1.2.8. Intención: want, I'd like (+ SN)(+ ing), be going to.5.1.2.9. Deseo e suxestións: Shall ...?, How about . . .?.5.1.3. Voz: activa (todos os tempos estudados).5.1.4. Pasiva: be born, eggs sold, English spoken.5.2. Modificación do verbo mediante negación.5.3. Posición dos elementos.5.3.1. Oración declarativa: V; VAux. + not + V.5.3.2. Oración interrogativa: VAux.+ SN + V.5.3.3. Oración imperativa: (don't) + V.5.4. Funcións sintácticas do sintagma.

6. O SINTAGMA ADVERBIAL (SAdv.)

6.1. Núcleo.6.1.1. Adverbio.6.1.1.1.Clases: tempo (now,last week,already), lugar (here,there), dirección (to), frecuencia(often, never), grao (very, too), interrogativos.6.1.1.2. Grao: Positivo, comparativo, superlativo.6.1.2. Locucións adverbiais.6.2. Modificación do adverbio mediante un SAdv.6.3. Posición dos elementos: (SAdv. +) adv.6.4. Funcións sintácticas do sintagma.

7. O SINTAGMA PREPOSICIONAL (SPrep.)7.1. Núcleo.7.1.1.Preposicións: tempo (at,on), duración (for), lugar (to,on), dirección( to, into)7.1.2. Locucións prepositivas.7.2. Posición dos elementos: prep.+ termo.7.3. Funcións sintácticas do sintagma: CC e OI.

92

Page 94: Programación Departamento De Inglés

2.1.3. Contidos Ortográficos

1. Representación gráfica de fonemas e sons.2.2. Cambios ortográficos ante inflexións.2.3. Uso de maiúsculas en nomes propios (días da semana, meses do ano e adxectivos derivados).

2.1.4. Contidos Fonéticos

1.1. Sons e fonemas vocálicos.1.1.1. Sistema vocálico. Revisión.1.2. Sons e fonemas consonánticos. Revisión.1.3. Procesos fonolóxicos.1.3.1. Alternancias morfofonolóxicas.1.3.1.1. Asimilación e epéntese nos sufixos /-(e)s/ /-ed/ cando teña valor semántico.1.3.1.2. Sonorización en plural cando teña valor semántico.1.3.2. Enlace.1.3.2.1. -r- en acentos non róticos.1.3.2.2. /j, w/ en fronteira de sílaba.1.3.2.3. Redución en sílabas átonas.1.4. Entoación e acentuación.1.4.1. Acento e tonicidade: patróns tonais no sintagma.

2.2. Competencia sociolingüística

Ao final do segundo curso do Nivel Básico, as alumnas e os alumnos estarán en condicións de desenvolverse axeitadamente en intercambios sociais moi breves no ámbito das relacións persoais, utilizando fórmulas cotiás de saúdo e tratamento, e amosarán de maneira adecuada a linguaxe corporal que corresponda.

Estarán en condicións, por exemplo, de realizar invitacións, suxestións, pedir desculpas e responder a elas. Así mesmo, estarán en condicións de realizar funcións básicas da lingua como intercambiar e demandar información e responder a ela, ou expresar opinións e actitudes de xeito sinxelo en contextos relacionados coas condicións de vida. Ademais, estarán en condicións de desenvolverse nas relacións sociais de modo sinxelo pero con eficacia: utilizando as expresións máis sinxelas e correntes, seguindo fórmulas básicas, coñecendo as correspondentes convencións sociais, sabendo tomar a palabra, etc.

2.3. Competencias pragmáticas

As competencias pragmáticas refírense ao coñecemento que posúe o alumno ou a alumna dos principios segundo os cales as mensaxes se organizan, se estruturan e se ordenan para realizar funcións comunicativas.

2.3.1.Contidos Funcionais

Os contidos funcionais responden aos obxectivos e formúlanse en termos de expresión, pero considérase que inclúen tamén a comprensión e a interacción respectivas.

Usos sociais da lingua:Iniciar e concluír unha conversa telefónica

Control da comunicación:Reformular unha palabra ou expresión para facilitar a comprensión

Información xeral:Describir persoas, obxectos e lugares

93

Page 95: Programación Departamento De Inglés

Referirse a accións e situacións presentes e pasadasExpoñer proxectos e formular hipóteses

Opinións e valoracións:Valorar un feitoXustificar unha opinión ou unha actividadePreguntar e expresar coñecemento ou descoñecemento

Estados de saúde, sensacións e sentimentos:Expresar estados de ánimo

Petición de instrucións e suxestións:Pedir e ofrecer axuda, obxectos e servizosSuxerir unha actividade

2.3.2. Contidos Discursivos

2.3.2.1. Coherencia e Cohesión

Un enfoque centrado no uso do idioma supón considerar o texto como a unidade mínima de comunicación. Para que un texto teña validez, desde o punto de vista comunicativo, debe ser coherente con respecto ao

contexto en que se produce e debe presentar unha cohesión interna que facilite a súa comprensión. O alumnado deberá adquirir, daquela, as competencias discursivas que lle permitan producir e comprender textos tendo presente a súa coherencia e cohesión.

Estes recursos entenderanse tanto para a expresión como para a comprensión.

CoherenciaSeleccionar o léxico e as estruturas adecuadas, e ofrecer información suficiente e relevante para acadar o propósito comunicativo.Adaptarse ás características, á organización básica e ao formato dos textos orais e escritos aos que se enfronta ou que produce, recollidos no apartado “Tipoloxía de textos”.Recoñecer e usar un rexistro básico formal ou informal –dentro do estándar– de acordo co grao de familiaridade co interlocutor (tratamentos, xestos e actitudes).Organizar a información aínda que sexa de modo lineal, de forma coherente e unitaria, evitando contradicións e repeticións.

CohesiónUtilizar formulas adecuadas e sinxelas para cambiar de tema ou continuar con el.Utilizar recursos sinxelos para iniciar, desenvolver ou rematar un texto escrito ou oral.Utilizar recursos simples para evitar repeticións innecesarias.Utilizar os recursos básicos de puntuación seguindo as regras e convencións propias dos textos recollidos no apartado “Tipoloxía de textos”.Utilizar os patróns básicos de entoación axeitados á situación comunicativa.Usar elementos deícticos para referirse a conceptos citados anteriormente.Usar os conectores máis frecuentes para enlazar oracións.Utilizar as concordancias necesarias para que haxa continuidade nas ideas expresadas.Cohesionar o texto, retomando a información, con recursos sinxelos.

2.3.2.2. Tipoloxía de Textos

A palabra “texto” está empregada neste currículo no sentido amplo e coas características que lle outorga o MECR: “O texto é calquera secuencia de discurso (falado ou escrito) relacionada cun ámbito específico e que

94

Page 96: Programación Departamento De Inglés

durante a realización dunha tarefa constitúe o eixe dunha actividade de lingua, ben como apoio ou meta, ben como produto ou como proceso”.

Este apartado inclúe un repertorio de textos orais e escritos. A complexidade de cada un deles deberá ser adaptada aos obxectivos propios do nivel.

OralMensaxesAnuncios (instrucións e indicacións)AvisosHorariosEntrevistasTransaccións e xestiónsMenúsPartes meteorolóxicosPartes informativosExposición e presentación públicaConversas á caraConversas telefónicas e mensaxes gravadasContos, historias e anécdotasPresentacións

EscritoFichas, formularios, cuestionarios e enquisasListaxesHorariosCatálogos, páxinas amarelas, guías e folletosEtiquetas de produtos e embalaxesBilletes e entradasCorrespondencia persoal (cartas, tarxetas postais, correos electrónicos, fax, invitacións, felicitacións, tarxetas de visita…)Correspondencia formalAnuncios (instrucións e indicacións)Carteis, letreiros e sinaisNotas e mensaxesMenúsTextos xornalísticos (noticias, ofertas de traballo…)Textos literarios sinxelosCurrículosManuais de instruciónsNotas e mensaxesAxendas e diariosTiras cómicasFolletosReceitas de cociñaHoróscoposProgramacións de radio e televisiónCarteleiras de espectáculos

Secuenciación de contidos

No nivel Básico 2 haberá 4 sesións lectivas semanais ( distribuidas en dous días) e se darán as Unidades 8-14 ( ambas inclusive) do New Headway Elementary - The THIRD Edition (Oxford University Press).

95

Page 97: Programación Departamento De Inglés

Grammar work Vocabulary work Reading/Writing Listening and speaking

1st TERM- Past simple ( neg) - Relationships

- Time expressions- Writing about a friend - Getting information –

Famous inventions

- Count and uncount nouns

- Food and drink - Filling in forms - Food you like- Shopping for food

2nd TERM- Have got- Comparatives and superlatives

- City and country adjectives and nouns

- Describing a place - Comparing

- Present continuous- Possessive pronouns

- Clothes- Adjectives describing people

- Describing people- Getting information

- Describing a person/ scene

- going to future- Infinitive of purpose

- The weather - Writing a postcard - Future plans- Dangerous sports- Interviews

3rd TERM- Question forms- Adjectives and adverbs

- Describing feelings - Writing a story - Childhood stories

- Present Perfect- ever and never- yet and just

- At the airport - Writing an email - Cities you have been to- Things you have done

Criterios de avaliación por destrezas

Básico 2

Ao final do Básico 2, as alumnas e os alumnos deberán demostrar, nas condicións que determine a Administración, que posúen o grao de competencia comunicativa que se describe a seguir:

Comprensión Oral

Comprender o sentido global de conversas que aborden temas básicos cotiáns, se se fala a modo e con claridade utilizando expresións e palabras habituais do tema en cuestión, e identificar un cambio de tema.

Este criterio tenta verificar a capacidade de comprender a idea principal e o obxectivo comunicativo en interaccións orais relativas a accións, acontecementos e necesidades da vida cotiá, e nas que se articule lenta e

claramente.Valorarase tamén a capacidade de identificar cambios de tema recoñecendo fórmulas e procedementos lingüísticos utilizados habitualmente para ese fin. Así mesmo avaliarase a capacidade do alumnado para utilizar estratexias que faciliten a comprensión, como pedir a colaboración dos interlocutores de forma axeitada, solicitando aclaracións ou repeticións.

Comprender transaccións e xestións básicas sempre que se fale de xeito pausado e ben articulado.Trátase con este criterio de verificar a capacidade do alumnado de comprender os detalles de información

relativa a datos persoais, horarios, prezos e números, e comprender preguntas e instrucións básicas e seguir

96

Page 98: Programación Departamento De Inglés

indicacións breves relativas a necesidades cotiás sinxelas. Valorarase que se posúa un repertorio de palabras relativas a situacións de comunicación básicas dos ámbitos persoal e profesional.

Comprender a información esencial de textos gravados breves, así como conversas telefónicas, sobre temas previsíbeis e básicos sempre que non haxa distorsión do son e se poidan pedir, se é o caso, repeticións e aclaracións, ou escoitalos máis dunha vez.

Trátase con este criterio de verificar o coñecemento dun repertorio de fórmulas básicas adecuadas para o desenvolvemento dunha conversa telefónica, e a capacidade de reaccionar adecuadamente ante elas.

Comprender os puntos principais e os detalles relevantes en mensaxes e anuncios públicos, transmitidos por medios técnicos ou de viva voz, que conteñan instrucións, indicacións ou outra información relativa a situacións de necesidade inmediata.

Mediante este criterio preténdese avaliar que o alumnado é quen de comprender detalles concretos e relevantes (horas, números, letras, accesos básicos dos lugares públicos...) para o obxectivo comunicativo, relativos a accións, acontecementos e necesidades da vida cotiá.

Comprender textos sinxelos nos que soliciten ou dean información sobre feitos pasados, que conten anécdotas ou relaten experiencias persoais cotiás, cun repertorio de léxico e estruturas de carácter básico e sinxelo, identificando funcións de comunicación variadas e captando tanto as liñas xerais como os aspectos secundarios de relevancia, sempre que se fale lentamente e nunha linguaxe estándar.

Con este criterio avalíase a capacidade do alumnado para comprender as ideas principais e outros aspectos relevantes para o propósito comunicativo de textos orais que conten experiencias persoais (viaxes, estudos, experiencias laborais, relacións persoais, etc.), cunha fala lenta e nunha linguaxe estándar, identificando aspectos como a secuencia temporal das experiencias, a relevancia para a situación actual do falante e os sentimentos que suscitan.

Comprender a información esencial en exposicións e presentacións públicas sinxelas, articuladas a xeito e con claridade, que se refiran a temas habituais e coñecidos.

Este criterio avalía a capacidade de identificar as palabras clave e ideas principais dunha exposición pública breve sobre un tema habitual previamente coñecido, utilizando os coñecementos previos sobre os recursos lingüísticos máis frecuentes que poidan aparecer, e deducindo o vocabulario relacionado co tema e o contido posíbel do exposto.

Comprender o sentido xeral e identificar a información esencial de textos audiovisuais como partes meteorolóxicos ou informativos, emitidos con pronuncia clara e pausada, e cando os comentarios conten co apoio de imaxes de carácter redundante.

Mediante este criterio preténdese avaliar a capacidade de comprender textos audiovisuais informativos, sinxelos e breves (radio, televisión, publicidade, etc.), apoiándose para a comprensión nos elementos lingüísticos e paralingüísticos como son as imaxes, o coñecemento do lugar e do tema, o repertorio léxico previsíbel, sempre que sexa emitido con claridade, lentamente e en lingua estándar.

Utilizar estratexias que faciliten a comprensión sen limitare aos coñecementos lingüísticos que se poidan posuír e recorrendo aos indicios do texto, aos coñecementos sobre o tema e a información que subministran os demais compoñentes da situación de comunicación.

Este criterio avalía, en todas as tarefas de comprensión, a capacidade do alumnado para utilizar estratexias que faciliten a comprensión e permitan superar eventuais dificultades, pedindo a colaboración do interlocutor con fórmulas adecuadas, se é o caso, e deducindo do contexto o significado probábel de termos descoñecidos, axudándose do coñecemento doutras linguas, dos acenos, da entoación e de elementos non lingüísticos (imaxes,música, etc.).

Expresión e Interacción oral

Desenvolverse en intercambios sociais básicos utilizando fórmulas neutras e informais de saúdo e despedida, de estrutura sinxela, realizando e respondendo a invitacións e suxestións.

97

Page 99: Programación Departamento De Inglés

Trátase de avaliar a capacidade de expresarse nun rexistro estándar en situacións habituais de interacción social, usando adecuadamente os saúdos, despedidas, tratamentos e convencións para as quendas de palabra. Avalíase a capacidade para aceptar ou declinar unha invitación, dar a benvida, interesarse por alguén ou por algo, pedir desculpas ou reaccionar ante elas, e mostrar empatía, se é o caso, co interlocutor.

Participar en conversas con intencións comunicativas básicas diversas facéndose entender, utilizando estratexias axeitadas para poder iniciar, manter e rematar o diálogo, producindo un discurso comprensíbel con expresións básicas e adecuado ás características da situación de comunicación.

Con este criterio avalíase a capacidade para desenvolverse de xeito intelixíbel en intercambios sinxelos habituais sen moito esforzo, utilizando as fórmulas de inicio e peche adecuadas ao rexistro familiar ou neutro derivado do contexto, e estratexias e recursos básicos que aseguren a comunicación cos interlocutores como preguntar, pedir que se repita ou pedir que se fale máis a modo.

Desenvolverse nunha entrevista e en transaccións e xestións cotiás facéndose entender e intercambiando a información pertinente se se fala con lentitude e claridade.

Este criterio avalía a capacidade para comprender preguntas e dar información básica sobre si mesmo relativas ao ámbito laboral (datos persoais, formación, gustos, intereses) e para obter bens e servizos en situacións de comunicación relativas a actividades da vida diaria (traballo, compras e actividades comerciais, transportes), tempo libre e lecer, alimentación e saúde e outros temas do seu interese, aínda que teña que solicitaraclaracións ou repetir as súas respostas para facerse comprender.

Producir un texto oral breve e sinxelo no que se narra e se describe algo ou alguén mediante un repertorio básico de palabras, expresións e estruturas, utilizando un nivel elemental de coherencia e cohesión, cunha pronunciación clara e comprensíbel, aínda que teña que facer pausas para pensar o que vai dicir e recorrer a reformulacións.

Con este criterio téntase avaliar a capacidade de manter un monólogo contando unha historia cun grao suficiente de coherencia e cohesión: utilizando os conectores lineais e de secuencia máis frecuentes e os recursos lingüísticos básicos, como anáfora, catáfora e proformas gramaticais. Valorarase a utilización de vocabulario básico relacionado co tema da narración ou da descrición, así como o uso adecuado das locucións prepositivas e do tempo da narración, de xeito que a secuencia temporal dos acontecementos poida ser seguida polo interlocutor.

Realizar presentacións breves, sinxelas e previamente ensaiadas, sobre temas habituais e coñecidos, respondendo a preguntas breves e sinxelas dos ouvintes, sempre que estes as repitan cando se lles solicite e axuden coas súas respostas falando claro e a modo.

Valorase con este criterio a capacidade de producir un texto expositivo previamente ensaiado e de contido predicíbel para o ouvinte, cunha pronunciación suficientemente clara e comprensíbel, aínda que o interlocutor teña que solicitar repeticións de vez en cando para asegurarse de ter recibido a mensaxe. Valorarase, igualmente, a capacidade de responder ás preguntas dos interlocutores e de solicitar, cando cumpra, repeticións e aclaracións.Intercambiar opinións sobre un tema coñecido mediante a expresión do coñecemento, a opinión, e a crenza, mediante fórmulas básicas e expresións frecuentes memorizadas, usando estruturas sintácticas e grupos de palabras básicos.

Con este criterio téntase avaliar a capacidade de participar nun intercambio simple e directo de información sobre actividades e asuntos cotiáns, expresando a opinión, o desexo, o gusto, o descoñecemento, formulando hipóteses, rectificando ou confirmando. Valorarase a utilización de proposicións textuais introducidas por conectores simples de oposición (pero, non obstante, porén...), de adición (e , ademais, incluso...), de reformulación (é dicir, ou sexa..), de causa, de consecuencia e de peche do discurso (por último, para resumir...)

Expoñer plans ou facer hipóteses de forma breve, sinxela e comprensíbel, en conversas informais sobre asuntos cotiáns.

Trátase de valorar a capacidade de describir unha intención ou un proxecto, e de facer suposicións, se é o caso, propoñer actividades, avaliar alternativas, exemplificar e recapitular, usando expresións habituais, conectores de transición (por outro lado, por outra parte) ou temporais, cunha pronunciación intelixíbel para un locutor ben predisposto aínda que poidan producirse nalgún momento malentendidos e interrupcións.

98

Page 100: Programación Departamento De Inglés

Desenvolverse nas relacións sociais reaccionando coa expresión de actitudes e sentimentos de contento, satisfacción, decepción, interese, desinterese, esperanza, preferencia, admiración, sorpresa e tristeza, con expresións sinxelas e habituais, e respectando as normas de cortesía.

Trátase de avaliar a capacidade de expresarse nun rexistro estándar en situacións nas que se deban mostrar sentimentos que se acorden ou non coas persoas implicadas na interacción, utilizando os marcadores lingüísticos de relacións sociais básicos, as normas de cortesía, fórmulas fixas e habituais de rexistro neutro para lograr a adecuación sociolingüística á situación de comunicación.

Expresarse intelixibelmente e solicitar a colaboración do interlocutor e responder igualmente á petición deste para asegurar a comprensión e o mantemento da comunicación.

Trátase de verificar, en todas as tarefas de interacción oral, que se é quen mobilizar recursos lingüísticos como a utilización de expresións memorizadas fixas, para pedir que lle falen a un máis a modo, que lle repitan o que lle dixeron ou que lle soletreen unha palabra que non se entendeu. Valorarase que se teñan en conta aspectos paralingüísticos coma os acenos, a entoación, etc., e que se efectúen, de forma básica, as aclaraciónse as repeticións solicitadas polo interlocutor. Valorarase a intelixibilidade da pronunciación por enriba do fraseo e da entoación requiridas pola fluidez.

Comprensión de lectura

Comprender instrucións, indicacións e información básica en lugares dos ámbitos público e de estudo, así como en páxinas web de estrutura moi sinxela, que conten con apoio visual.

Con este criterio preténdese valorar a capacidade do alumnado para seguir instrucións básicas, por exemplo comprar ou reservar un billete por Internet, comprender informacións que lle permitan elixir un menú nun restaurante, seguir unha prescrición médica, unha receita de cociña, matricularse nun centro de estudos, etc.

Identificar información relevante en textos narrativos, argumentativos e descritivos, breves e sinxelos; textos que presenten unha secuencia lineal de elementos, publicados en medios de información, e que traten temas moi coñecidos ou relacionados coa súa experiencia e interese.

Con este criterio preténdese valorar a capacidade do alumnado para localizar información específica básica. Por exemplo, nunha entrevista: información sobre o carácter da persoa, o aspecto físico, os gustos, datos sobre a vivenda; nunha noticia breve ou suceso: o lugar e as persoas implicadas; nunha narración, as liñas xerais do argumento, os personaxes que as levan a cabo, o tempo ou o espazo onde se desenvolven.

Comprender correspondencia persoal breve en papel ou soporte dixital, redactada en lingua estándar e sinxela, que narre e describa acontecementos, sentimentos básicos ou desexos.

Con este criterio preténdese verificar a capacidade do alumnado para identificar as formas lingüísticas que vehiculan a intención de comunicación do remitente, comprender expresións fixas e convencións sinxelas e básicas, propias do tipo de texto, e poder reaccionar de xeito adecuado.

Comprender, de maneira suficiente, correspondencia formal para captar as informacións principais que conteña sobre cuestións básicas ou relacionadas co seu traballo.

Preténdese verificar con este criterio o coñecemento da estrutura das cartas formais (remitente, cabeceira, lugar e data; asunto, saúdo ao destinatario, corpo da carta, despedida e sinatura), así como a capacidade de comprender un repertorio básico de expresións fixas de confirmación ou denegación, obriga, coñecemento, necesidade e permiso utilizadas para a concesión dunha bolsa, a confirmación dun pedimentoo, a reserva dun hotel, etc. Poderase considerar a axuda dun dicionario.

Comprender o sentido global de textos auténticos, sinxelos, con ilustracións redundantes, e de extensión limitada cuxo tema resulte predicíbel e familiar.

Con este criterio, trátase de verificar, en todas as tarefas de comprensión de lectura, que o alumnado ten a capacidade de identificar palabras e ideas clave subministradas tanto polo texto como polas imaxes que o ilustran, inferindo o significado global a partir do contexto lingüístico e paralingüístico, e dos coñecementos que se poidan

99

Page 101: Programación Departamento De Inglés

ter doutras linguas e das características do medio no que aparece impresa a información (revistas, carteis, xornais, folletos, Internet, etc.).

Expresión e interacción escrita

Dar información elemental sobre a actividade profesional, a formación, os hábitos e os intereses.Mediante este criterio preténdese valorar a capacidade do alumnado para escribir información básica,

como redactar un currículum vitae esquemático, cubrir enquisas e cuestionarios breves, etc., sobre o traballo (profesión, horario, lugar de traballo...), os estudos, os hábitos (condicións de vida, horarios e actividades diarias) e os seus intereses (deportes, música...), dun xeito breve e sinxelo, usando estruturas básicas e aprendidas e utilizando un repertorio léxico moi básico e limitado, pero propio do tema.

Escribir descricións moi breves e básicas de lugares, obxectos e persoas mediante frases e oracións sinxelas, e co léxico propio da descrición de características físicas e psicolóxicas elementais pero precisas.

Con este criterio preténdese valorar a capacidade do alumnado de facer descricións elementais sobre lugares (os establecementos, a posición dos elementos no espazo..), obxectos (forma, tamaño, impresión que producen...) e persoas (aspecto físico, a roupa, o carácter..), utilizando un repertorio lingüístico sinxelo pero amplo.

Narrar de forma sinxela e breve feitos e experiencias, así como expoñer plans e presentar proxectos de xeito moi elemental e relacionados con temas cotiáns.

Con este criterio téntase avaliar a capacidade de redactar textos sinxelos e breves sobre acontecementos, actividades, plans e proxectos relativos a asuntos cotiáns ou de interese persoal, usando unha serie de frases e oracións sinxelas enlazadas con conectores simples nas que, aínda que poida haber erros ortográficos, quede claro o que se intenta dicir.

Escribir correspondencia breve e sinxela en papel ou soporte dixital, na que se expresen sentimentos, opinións e actitudes.

Trátase de avaliar a capacidade do alumnado para escribir notas e cartas persoais moi sinxelas nas que se expresen ideas básicas sobre temas persoais (os estudos, a familia, unha viaxe...) ou de interese persoal (música, películas...). Verificarase, igualmente, o coñecemento da estrutura das cartas persoais (cabeceira, saúdo, corpo da carta, despedida e sinatura). Tamén se valorará a capacidade de utilizar expresións fixas básicas propias da función comunicativa da carta: agradecer, desculparse, solicitar algo, invitar, etc.

Utilizar elementos coñecidos lidos nun texto escrito para elaborar os propios textos, e organizalos seguindo textos modelo.

Con este criterio preténdese avaliar, en todas as tarefas de expresión escrita, a capacidade do alumnado para utilizar estratexias que faciliten o proceso de escritura seguindo como modelo textos de características similares; a planificación e o ensaio do texto, a corrección tanto ortográfica como na orde das palabras e na presentación do escrito (marxes, espazos de interliñado, uso de maiúsculas e minúsculas...).Tamén se valorará o uso eficaz de materiais de consulta e autoaprendizaxe adecuados ao nivel (dicionarios, gramáticas, libros de exercicios, as novas tecnoloxías, etc. ).

Procedemento de avaliación ( vid Orde 8 setembro 2008 – DOGA 26 setembro 2008- Artigo 3º)

Proceso de avaliación do alumnado:

Realizaranse dúas avaliacións por curso, coincidindo a última coa avaliación final global.Ademais, ao inicio de cada curso, o profesorado realizará unha avaliación inicial ou de diagnóstico do

alumnado que terá carácter informativo para este e orientador para o profesorado, que establecerá as medidas pedagóxicas adecuadas.

Criterios de cualificación

Proba escrita: 50% da nota final100

Page 102: Programación Departamento De Inglés

Proba oral: 50% da nota final

A proba escrita constará pola súa banda de:

- Listening 15%- Phonetics 10%- Writing 25%- Reading comprehension 20%- Use of English/ Grammar 30%

Certificación da participación no programa ( vid Orde do 1 de xuño de 2007 - DOGA nº 112 – Martes 12 de xuño de 2007)

O obxectivo da avaliación para a certificación é medir o grao de competencia comunicativa do alumnado na utilización do idioma, tanto nas destrezas de comprensión como nas de expresión. As probas, que se elaborarán e se desenvolverán nas condicións que determine a Administración, terán como referencia a descrición do nivel, os obxectivos xerais e específicos por destrezas e os criterios de avaliación. Estas probas deberán buscar a validación co nivel A2 do MECR.A asistencia e aproveitamento no 2º curso de Cuale-ESO non suporá a habilitación do nivel correspondente do MCERL, senón unha certificación de aproveitamento pola asistencia ao curso preparatorio para a adquisición do nivel A2 en 4º da ESO.

Porén, para a obtención do certificado do nivel A2 será necesaria a superación de probas terminais específicas de certificación que serán elaboradas, organizadas e avaliadas polas EOIs nas condicións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determine.

Metodoloxía

As ensinanzas de linguas parten dun modelo de lingua que ten unha base fundamentalmente práctica, cuxa finalidade é o uso do idioma. Trátase do enfoque orientado á acción que promulga o MECR e, na súa posta en práctica, terá como centro tarefas baseadas nos obxectivos de comunicación definidos no presente currículo, tendo en conta as necesidades e intereses do alumnado.

Este enfoque metodolóxico posibilita que o alumnado se implique no proceso de aprendizaxe mediante tarefas deseñadas en función dos obxectivos fixados para as diferentes destrezas de xeito que permita a convivencia de distintos estilos de aprendizaxe.

A finalidade deste enfoque será a activación da variedade de procesos e habilidades necesarios para levar a cabo tarefas nas que se realizarán actividades de comprensión, expresión e interacción e que englobarán todos os compoñentes curriculares (os obxectivos, os contidos, a metodología e a avaliación). Non se trata de ver nas aulas os distintos contados de forma illada. Aínda que, por razóns estruturais, estes aparezan no currículo separadamente, terán que ser integrados na realización das diferentes tarefas e actividades, para preservar en todo momento o sentido comunicativo no proceso de ensino-aprendizaxe.

101

Page 103: Programación Departamento De Inglés

En Burela, a 24 de Novembro do 2008

Asdo. Susana Bayón González Asdo. Antón Crego Martínez

Asdo. Isabel Pena Bonome Asdo. Mª Luisa Rodríguez Fugarolas

102