programaciÓn xeral anual · 3. recursos existentes no centro e os que solicitemos á consellería,...

51
Curso 2018 - 2019 PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP ISAAC PERAL

Upload: others

Post on 29-Sep-2020

11 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Curso 2018 - 2019

PROGRAMACIÓN

XERAL ANUAL

CEIP ISAAC PERAL

Page 2: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 1

ÍNDICE

1. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO CENTRO PARA ESTE CURSO ............ 2

2. ORGANIZACIÓN DO CENTRO ............................................................ 4

2.1 ESTRUCTURA ORGÁNICA DO CENTRO. ........................................................ 4

2.2 CADROS DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA.................................................. 5

2.3 ORGANIZACIÓN DO PERSONAL NON DOCENTE ........................................... 8

3. FUNCIONAMENTO DO CENTRO......................................................... 8

3.1 PLAN DE ACTUACIÓN DE:

3.1.1. Órganos de goberno: unipersonales e colexiados.................... 8

3.1.2. Órganos de coordinación docente .......................................... 8

3.1.3. Departamento de Orientación ............................................... 9

3.1.4. Dinamizacións. .................................................................... 12

3.2 HORARIOS:

3.2.1 Xornada escolar ................................................................... 16

3.2.2 Criterios pedagóxicos de elaboración de horarios ................... 17

3.2.3 Horarios de cursos ............................................................... 17

3.2.4 Quendas de recreos .............................................................. 17

3.2.5 Horarios de atención ao público. .............................................. 18

3.3 ESTATÍSTICA DE PRINCIPIO DE CURSO. ..................................................... 19

3.4 INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO: SITUACIÓN E UTILIZACIÓN. ................... 19

3.5 LIBROS DE TEXTO E OUTROS MATERIAIS CURRICULARES. ....................... 21

4. ACTIVIDADES DO CENTRO:

4.1 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS .............................................................. 25

4.2 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ................................................................ 26

5. SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

5.1 COMEDOR ...................................................................................................... 30

6. PROGRAMAS E FORMACIÓN:

6.1 PROXECTOS DE FORMACIÓN E GRUPOS DE TRABALLO DO PROFES. ....... 31

7. PLANS E PROXECTOS

7.1 PLAN DE POTENCIACIÓN DA LINGUA GALEGA ................................ 31

7.2 PLAN DE AUTOPROTECCIÓN DO CENTRO ....................................... 32

7.3 Outros: PLAMBE, Prox ABALAR, Prox. DIXGAL ERASMUS +,… ......... 32

8. RELACIÓNS DO CENTRO COAS FAMILIAS E A COMUNIDADE ............. 32

9. PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO- PROPOSTAS DE MELLORA. 33

10. PROCEDIMENTOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN XERAL........... 34

11. APROBACIÓN DA PXA. .................................................................... 35

12. ANEXOS ......................................................................................... 36

Page 3: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 2

1. OBXECTIVOS DO CENTRO PARA ESTE CURSO: MEDIDAS E

RECURSOS.

OBXECTIVOS XERAIS

1. Velar pola boa organización e funcionamento do Centro, utilizando os

recursos materiais e humanos dispoñibles.

1.1 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

DE CARÁCTER XERAL

1. Mellorar as infraestruturas do Centro.

2. Cumprir as normas básicas de convivencia do Centro.

3. Promover unha boa coordinación pedagóxica entre o profesorado e os

distintos equipos, así como unha boa relación con toda a comunidade

educativa e con todas as institucións coas que nos relacionamos.

4. Levar a cabo unha escola de nais/pais.

DINAMIZACIÓN DO CENTRO

1. Abrir o centro a novos países, descubrindo á vez modos, métodos e formas

de ensino.

2. Favorecer a planificación e organización das distintas actividades xurdidas

no ámbito da biblioteca escolar, normalización lingüística, equipo das Tics e

convivencia …

3. Organizar e desenvolver actividades complementarias ao longo do curso.

4. Seguir mellorando a xestión dos espazos de uso compartido: ludoteca, usos

múltiples, psicomotricidade, pavillón...

5. Optimizar o funcionamento dos diferentes recursos didácticos.

TIC

1. Aumentar o grao de informatización dos datos do Centro a través de Xade

web e do programa de Xestión de Bibliotecas “MEIGA”.

2. Aumentar a implicación do profesorado na xestión informática dos datos

académicos que competen ao seu alumnado.

3. Fomentar os usos das novas tecnoloxías nas aulas.

4. Profundizar no uso dos libros dixitais: Proxecto E-DIXGAL.

5. Manter e ampliar os contidos da páxina web do centro.

Page 4: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 3

ORIENTACIÓN

1. Desenvolver medidas de atención ao alumnado con necesidades educativas

especiais, ou con necesidade de reforzo educativo.

2. Favorecer a integración de alumnos e alumnas procedentes doutros

colexios.

3. Previr o acoso escolar.

4. Levar a cabo o proxecto “recreos saudables”.

PLANS, PROXECTOS E PROGRAMACIÓNS

1. Actualización de Plans e Proxectos xa vixentes.

2. Revisións e actualizacións das programacións.

1.2 MEDIDAS

1. Elaboración dos distintos horarios de atención ao alumnado.

2. Distribución do profesorado nos distintos órganos de

participación e coordinación. Unha vez constituídos, elaborarán

e desenvolverán os plans respectivos.

3. Reunión dos Equipos de Dinamización, de Actividades

Complementarias e da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Ademais dos equipos encargados da elaboración dos diferentes

proxectos.

4. Información aos pais/nais para que a súa colaboración co

centro reverta nunha mellora educativa para os seus fillos/as.

1.3 RECURSOS

1. A normativa vixente en canto a organización e funcionamento do

centro nos diferentes aspectos.

2. O currículo de Infantil e Primaria.

3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería,

ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións.

4. As asignacións orzamentarias da Consellería de Educación.

5. O XADE web, o programa MEIGA, e a plataforma dixital EVA.

6. Os medios de difusión do centro: radio, vídeo, páxina web,

facebook.

Page 5: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 4

ORGANIZACIÓN DO CENTRO

2.1 ESTRUCTURA ORGÁNICA DO CENTRO

Profesorado

Lingua Inglesa Lingua Francesa Educación Física Educación Musical Audición e Linguaxe Pedagoxía Terapéutica Relixión Católica

Page 6: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 5

2.2 CADROS DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA

ED

UC

AC

IÓN

INF

AN

TIL

3 anos A Sofía Meijueiro Pérez - Mendaña

3 anos B Lorena A. Patiño Núñez

4 anos A Laura Carregal Fernández

4 anos B Rosa Anido Abeledo

5 anos A Ángeles Romero Abad

5 anos B Ángela Pérez Ruíz

Apoio Manuela T. Allegue Pérez

Apoio - Coord ciclo

Margarita Martínez Bouza

ED

UC

AC

IÓN

PR

IMA

RIA

1º A Fernando García Fernández

1º B José Luis Sánchez Bouzán

2º A Nieves López Feal

2º B Soledad Castro Campelle

3º A Lara Barcia Novás

3º B Rosario Martínez Seijido

4º A Mª Dolores López Espiñeira

4º B Mª Dalia Abella Pérez

5º A Mª Isabel Cajide Pedreira

5º B Irene Freire Tobio

6º A Mª Virtudes Pérez Corral

6º B Mª Pilar Rodríguez Carrasco

Educación Física José Luis Docampo Amoedo

Mª Virtudes Pérez Corral (Titora)

Lingua Estranxeira

Inglés Raúl Bugallo Lago

Marta López Díaz

Francés Rosario Mª Martínez Seijido (Titora)

Educación Musical Francisco Manteiga Rodríguez

Orientadora Mª Esperanza González Pino

Pedagoxía Terapéutica Delfina Fernández Piñeiro

Pedagoxía Terapéutica Mª Isabel Sánchez Casal

Pedagoxía Terapéutica Ana Isabel Seage Breijo

Audición e Linguaxe Paula Fernández García

Ensinanza Relixiosa Mª Leonor Janeiro Lombos

Equipo Directivo

Directora Mª José Piñeiro Abeledo

Xefa de Estudios Marta López Díaz

Secretaría Manuela Allegue Pérez

Page 7: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 6

GRUPOS

COMISIÓN DE COORDINACIÓN

PEDAGÓXICA

Directora Mª José Piñeiro Abeledo

Xefa de Estudios Marta López Díaz

Secretaria - E. Infantil Manuela Allegue Pérez

Orientadora Mª Esperanza González Pino

Coordinadora de E. Infantil Margarita Martínez Bouza

Primaria (Dinam. Lingua galega) Mª Virtudes Pérez Corral

Primaria (Activ. Extraescolares) José Luis Sánchez Bouzán

Primaria (Dinamización da Biblioteca)

Ángela Pérez Rúiz

DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

E. Infantil Sofía Meijueiro Pérez Mendaña

E.Primaria Nieves López Feal

E.Primaria Rosario Mª Martínez Seijido

E. Primaria (Música) Francisco Manteiga Rodríguez

E.Primaria Mª Virtudes Pérez Corral

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Orientadora Esperanza González Pino

Prof. de Pedagoxía Terapéutica Delfina Fernández Piñeiro

Prof. de Pedagoxía Terapéutica Ana Isabel Sánchez Casal

Prof. de Pedagoxía Terapéutica Ana I. Seage Breijo

Prof. de Audición e Linguaxe Paula Fernández García

E. Infantil Margarita Martínez Bouza

DINAMIZACIÓN BIBLIOTECA

E. Infantil Ángela Pérez Ruiz

E. Infantil Margarita Martínez Bouza

E.Primaria Fernando García Fernández

E.Primaria Mª Dolores López Espiñeira

E.Primaria Mª Isabel Cajide Pedreira

Xestión da Biblioteca Mª Leonor Janeiro Lombos

DINAMIZACIÓN TICS

E Infantil Manuela Allegue Pérez

E. Primaria Mª José Piñeiro Abeledo

Biblioteca Margarita Martínez Bouza

Dimanización da Lingua Galega Mª Virtudes Pérez Corral

Dinamización da Lingua Galega Rosario Mª Martínez Seijido

EQUIPO DE ACT. COMPLEMENTARIAS / EXTRAESCOLARES

Directora Mª José Piñeiro Abeledo

Xefa de Estudos Marta López Díaz

Secretaria - E. Infantil Manuela Allegue Pérez

Orientadora Mª Esperanza González Pino

Primaria (Coordinador) José Luis Sánchez Bouzán

E. Infantil Margarita Martínez Bouza

Infantil (Biblioteca) Ángela Pérez Ruiz

Prim. (Normalización) Mª Virtudes Pérez Corral

Page 8: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 7

EQUIPOS DE CICLO E COORDINACIÓN

ED

UC

AC

IÓN

INF

AN

TIL

3 anos A Sofía Meijueiro Pérez Mendaña

3 anos B Lorena Aitana Patiño Núñez

4 anos A Laura Carregal Fernández

4 anos B Rosa Anido Abeledo

5 anos A Ángeles Romero Abad

5 anos B Ángela Pérez Ruíz

Apoio Manuela T. Allegue Pérez

Apoio - Coord ciclo Margarita Martínez Bouza

2.3 ORGANIZACIÓN DO PERSONAL NON DOCENTE

O centro dispón do seguinte persoal non docente:

Auxiliar Administrativa

o Inés Seijas Torres

Horario: 8:30 a 14:00

16:00 a 18:00

Persoal laboral coidadora:

o Mª Mar García Ramonde: 9:00 h – 14:00 h

Persoal laboral subalterno

o José Castro Santana

o Emilia Puentes Teijeiro / J. Adela Vilariño Filgueiras

Horario: 9:00 a 14:00

16:00 a 18:30

Persoal laboral limpeza

o Rosa Mato Rodríguez 14:00 a 21:30 h

o Carmen Cupeiro Muiño

o Mª de la Luz Cercido Díaz: 6:30 a 14:00 h

Estes horarios serán flexibles axustándoos sempre ás necesidades do

centro.

Page 9: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 8

2. FUNCIONAMENTO DO CENTRO

3.1 PLAN DE ACTUACIÓN DE

3.1.1. ÓRGANOS DE GOBERNO: UNIPERSONALES E COLEXIADOS

3.1.2. ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE

ÓRGANOS PLAN DE ACTUACIÓN

ÓRGANOS DE

GOBERNO

Equip. directivo:

director,

xefa estudos, secretaria

- Dirixir e coordinar a actividade,

organización e economía do centro.

Consello escolar - Participar na xestión do centro e decidir

sobre os aspectos non docentes.

Claustro - Planificar, coordinar e decidir sobre os

aspectos docentes.

ÓRGANOS

DE COORD.

DOCENTE

Equipo de ciclo (E. Infantil)

- Coordinar toda a actividade do ciclo.

- Organizar e desenvolver as ensinanzas propias do ciclo.

CCP - Revisar e coordinar as programacións e

proxectos.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

- Fomentar o uso do galego a nivel do profesorado, en todos os actos académicos.

- Aumentar a competencia do alumnado no uso do galego.

- Acadar unha axeitada competencia en

galego ao remate da etapa

Equipo de act.

complementarias e extraescolares

- Coordinar todo tipo de actividades complementarias e extraescolares do centro.

Page 10: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 9

3.1.3. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN – PLAN ANUAL

Obxectivos previstos

O departamento de orientación, ademais dos obxectivos propostos no Plan

de orientación do centro, este curso vai traballar na liña da convivencia escolar

tanto a nivel alumnado, profesorado como coas familias, continuando na liña de

outros cursos

O departamento incidirá nos seguintes obxectivos:

1. Mellora das condicións do alumnado no patio

2. Concienciación a comunidade educativa da importancia dunha boa

convivencia e na resolución pacífica de conflitos

3. Prevención de actitudes que interfiren na convivencia incidindo

naquelas que a melloran

a. Cooperación entre iguais.

b. Inclusión do alumnado con necesidades.

c. Respecto e autorregulación: aprendizaxe de normas e límites

a través dos xogos no patio de recreo.

d. Hábitos saudables en canto a alimentación e os xogos.

e. Eliminación de actitudes sexistas.

A proposta trata de integrar a toda a comunidade para o logro destes obxectivos

Establecer un proxecto de patio saudable onde a diversidade de opcións

no xogo sexa o que prime.

Primar a importancia da colaboración en todas as nosas actividades

mais que a competición.

Formación tanto das familias como do profesorado na detección dos

posibles acoso/actitudes violentas de baixa intensidade.

1. Referidos ao profesorado

O departamento quere con este proxecto apoiar a función titora:

Proporcionando os apoios necesarios e os recursos que permitan levar

adiante a proposta para o tempo de lecer e o traballo nas titorías.

Page 11: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 10

O DO fai un especial intervención no programa TEI, dinamizador

da prevención do acoso escolar , sabendo que este é o reto máis delicado

que temos as escolas, polo sufrimento que leva a quen o padece.

Intentaremos facer todo o que está nas nosas mans para o traballo na

prevención do mesmo.

2. Referidos ás familias

Favorecer a confianza no centro promovendo a resolución pacífica de

conflitos e tratando de que as familias participen nos proxectos de

convivencia do centro.

Facilitar a comunicación coas familias para que sexan capaces de detectar

situacións de acoso.

Integrar as familias no centro tamén nos tempos de recreo compartindo

tarefas de pintado do patio de recreo e outras colaboracións que poidan

ser aproveitadas para acadar os obxectivos propostos.

Traballar para superar actitudes que leven a calquera tipo de exclusión.

Colaborar co traballo realizado nas familias para erradicar actitudes

machistas.

3. Referidos ao alumnado

Detección das dificultades de relación que podan acabar en conflitos entre

o alumnado e establecer medidas de prevención.

Elaborar programas de intervención para o alumnado que ten menos

habilidades sociais para relacionarse no patio de recreo.

Traballar para superar as actitudes machistas tanto na linguaxe como nos

xogos, ben a través do xogo, ben a través de lecturas nos planes lectores

nos que participa o DO.

Fomento das titorías entre iguais e da mediación.

Formación do alumnado para que

Detecte situacións de acoso se as houbese.

Saiba resolver de forma autónoma os seus conflitos.

Page 12: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 11

4. Referidas ao equipo directivo:

Colaborar na mellora da formación dos membros do claustro.

Establecer as propostas de mellora dos plans.

Seguimento do plan de atención a diversidade.

5. Referidas ao resto dos grupos que dinamizan o colexio

Colaboración cos distintos grupos

Colaboraremos coa biblioteca para levar adiante medidas como:

• Realizar lecturas nos plans lectores encamiñadas ao fomento de

hábitos de tolerancia e respecto.

E co equipo de dinamización da lingua galega:

• co traballo da radio escolar

• coa recuperación de xogos tradicionais galegos

6. Relacións externas ao colexio

Continuaremos traballando na liña iniciada no curso pasado no traballo

coordinado co profesorado/familias/relacións con organizacións externas se fora

preciso, na prevención e detección do acoso escolar tratando de rebaixar o nivel

de violencia de calquera tipo a través de programas de convivencia e prevención

do mesmo.

Para levar adiante este proxecto, ademais de todo o plan de orientación

que temos no colexio, agradecemos a colaboración do resto dos grupos que

traballan no centro e das familias, establecendo diferentes actividades para entre

todos nós conseguir a mellor convivencia para a nosa comunidade escolar.

Page 13: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 12

DINAMIZACIÓNS

DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA

A biblioteca debe ser o eixo vertebral das liñas de actuación que se leven a

cabo no Centro. En coordinación cos outros equipos desenvólvense as

actividades programadas no proxecto: “MULLERES PIONEIRAS”, coa

determinación de achegar este tema ao alumnado e afondar na súa realidade.

O obxectivo xeral é: “DESTACAR O PAPEL DA MULLER NA SOCIEDADE E

FOMENTAR CONDUCTAS DE IGUALDADE E RESPECTO MUTUO”.

Ademais doutros como:

Analizar o papel da muller o longo da historia, dende a prehistoria ata a

actualidade.

Coñecer e identificar o papel de mulleres pioneiras en diferentes ámbitos

(social, científico, cultural...)

Facer un traballo de investigación referente a algunhas mulleres

relevantes e pioneiras.

Asignar e rotular as aulas con nomes das mulleres investigadas

acompañadas dunha breve biografía.

Ademais doutros relacionados co proxecto en si, como:

- Mergullarnos na lectura de textos con temática relacionada coas mulleres

emprendedoras e pioneiras.

- Crear un novo itinerario lector de libros relacionados coas mulleres e as

súas actuacións.

- Desenvolver actividades e xogos a partir das súas lecturas.

Por outra banda, o equipo da biblioteca pretende levar a cabo:

- Adquisición das competencias lingüísticas enfocadas á formación do

alumnado no uso crítico da información e nos hábitos lectores. Mediante:

Presentación nas aulas de todas as novidades adquiridas para a

biblioteca.

Contacto con autores/as e persoeiros.

Lecturas individuais ou en grupo dos textos fixados no itinerario lector.

Lectura a través da rede.

Page 14: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 13

Contribuír ao acceso á información e outros recursos para a mellora da

calidade tanto de aprendizaxe como de ensinanza do noso alumnado e

profesorado, respectivamente.

Organizar coma todos os cursos, a apertura da Biblioteca, mergullándonos

no mundo da igualdade.

Organizar as actividades do mundo das letras: Día do Libro, Poesía,

Teatro…

Facer propostas e aportar os recursos ás titorías para a celebración doutras

conmemoracións importantes como: Día da Muller Traballadora, Dereitos

da Infancia, Dereitos Humanos… co fin de unificar criterios en torno ao

proxecto.

- .

DINAMIZACIÓN DAS TICS

Iniciamos no curso 11 – 12 o gran salto no noso centro sobre a implantación das

TIC coa nosa incorporación ao Proxecto Abalar nas aulas de 5º de Primaria. Dende aquela

continuamos o noso camiño de introdución das novas tecnoloxías con:

Aulas abalar en 5º e 6º de Primaria (curso 12-13)

Proxecto experimental de libros dixitais E-DIXGAL en 5º de Primaria (curso 14-

15)

Ampliación do uso dos libros Dixitais a 6º de Primaria (Curso 16-17)

Dotación nas aulas de infantil de ordenadores, proxectores e pantallas.

Os obxectivos fixados para o presente curso son:

1. Fomentar o uso das TICs en todos os niveis educativos.

2. Fomentar a importancia da adquisión da Competencia Dixital en todos os niveis

educativos.

3. Ir completando paulatinamente a dotación TIC das aulas (pizarras dixitais)

4. Promover a formación nas TICs do profesorado.

5. Continuar co proxecto DIXGAL de uso dos libros dixitais en 5º e 6º de Primaria.

Page 15: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 14

DINAMIZACIÓN DA CONVIVENCIA

OBXECTIVOS ACTIVIDADES

COIDAMOS

O

ENTORNO

- Manter o noso espazo no

colexio e no patio limpo e

confortable

- Diminuír o nivel de ruído

nas saídas e entradas.

- Mellorar o autocontrol como

grupo.

- Camiñar despacio polos

corredores evitando as

carreiras.

- PATRULLA VERDE

- Responsables somos todos.

- Información ás familias.

COIDAMOS

DE NÓS

MESMOS

- Desenvolver hábitos

saudables alimenticios,

hixiénicos e de prevención

de riscos

- Fomentar a autonomía dos

alumnos nas filas, de xeito

que accedan ao colexio

prescindindo dos

acompañantes

- XOVES , FROITA, VENRES

BOCADILLO

- Autoprotección nas posibles situación

perigosas.

- Prevención de riscos: Desaloxo do centro

- Protocolo para as aulas con alumnado

alérxico ou intolerante a algún alimento

- Información as familias sobre as vantaxes

de fomentar a autonomía do alumnado

PRACTICANDO nas entradas e saídas

- Traballo co alumnado sobre os diferentes

aspectos da súa autonomía persoal:

mochilas, puntualidade, entradas,...

- PLAN DIRECTOR PARA A

CONVIVENCIA E MELLORA DA

SEGURIDADE NOS CENTROS

EDUCATIVOS E NOS SEUS

CONTORNOS

COIDAMOS

DAS

NOSAS

RELACIÓNS

- Traballar a integración do

alumnado durante o recreo,

no respecto as diferenzas a

través dos xogos

- Potenciar as actividades de

mediación para a resolución

de conflitos

- PROGRAMA TEI en E. Infantil e Primaria

- Ludoteca

- Aprende a resolver os teus propios

problemas

- Proxecto: PATIO SAUDABLE: “Xogos no

patio”

-

Page 16: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 15

PROGRAMA TEI: Participamos dende o curso 16-17 no Programa TEI,

programa de convivencia que implica a toda a comunidade educativa.

O seu obxectivo é mellorar a integración escolar e traballar por unha escola

inclusiva e non violenta. Está dirixido á mellora do clima do centro respecto

á convivencia, conflito e violencia. Baséase na titorización emocional entre

iguais onde o respecto, a empatía e o compromiso son os seus pilares

básicos.

No curso 16-17 iniciouse no noso centro co alumnado de 3º e 5º de

Primaria e no curso 17-18 comezou co alumnado de 4º e 6º de Infantil.

Durante este curso continuaremos cos cursos citados.

PROXECTO DE PATIO SAUDABLE: Con este proxecto tratamos de

converter o patio de recreo nun lugar saudable, onde o xogo permita

relacionarse ao alumnado de forma adecuada e que permita a diversidade

de xogos. Este plan aparece máis especificado no Plan do Departamento de

Orientación.

“PATRULLA VERDE”: Continuamos con este proxecto de coidado do noso

patio.

“XOVES FROITAS, VENRES BOCADILLO”: continuamos con este

programa de alimentación saudable.

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE

NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS: Como en cursos

anteriores, o centro vai participar no “Plan Director para a convivencia e

mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos”.

Este Plan ofrece aos centros educativos a posibilidade de solicitar charlas

informativas/formativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de

Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da

convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo

tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as

propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros. As actuacións

que vai solicitar o noso centro están relacionadas cos riscos derivados da

utilización das novas tecnoloxías.

Page 17: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 16

Periodicidade xeral das reunións

ÓRGANOS REUNIÓNS

Equipo directivo

- Coordinación de todo o equipo directivo:

- Semanalmente

- Martes de 13:10 – 14:00

Consello escolar - Polo menos unha sesión ordinaria trimestral

Claustro - Polo menos unha sesión ordinaria trimestral

Equipo de ciclo - Mensualmente: 1º Martes 17:00 – 18:00

CCP - Mensualmente: 1º Martes 16:00 – 17:00

- Sesión extraordinaria ao comezo e final de curso

Departamento de Orientación - Quincenalmente: Martes 17:00 – 18:00

Equipo dinamización da

Lingua Galega (EDLG) - Quincenalmente: Martes 17:00 – 18:00

Equipo de act. Complem. e extraescolares

- Trimestralmente: 1º Martes 18:00 – 19:00

- Sesión extraordinaria ao comezo e final de curso

Dinamizacións - Quincenalmente: Martes 17:00 – 18:00

3.2 HORARIOS

3.2.1. XORNADA ESCOLAR

O centro ten xornada continua de mañá. O horario de actividades docentes é de

9:00 a 14:00 h. A xornada dividirase en:

• 5 sesións lectivas de 50 ou 55 min.

• 1 recreo de 11:00 – 11:30 (Infantil) e de 11:30 a 11:55 (Primaria) –

• 1 sesión de Hora de ler de 11:55 a 12:20 (Primaria)

Solicítanse como días non lectivos o día 2 de novembro de 2018 e o 16 de maio

de 2019.

Solicítase a modificación da xornada lectiva con motivo da realización das

xornadas de actividades complementarias que se especifican no seu apartado

correspondente.(Ver)

O horario de permanencia no centro do profesorado realízase co seguinte plan:

Martes: de 16:00 ata as 19:00 h: Todo o profesorado conxuntamente. É

dedicado ás diversas actividades e reunións.

Outra tarde de 16:00 a 18:00 h rotativa entre todo o profesorado,

dependendo das persoas que están a realizar proxectos ou cursos e os que

neste momento non.

Hai varios profesores que fan a garda de 14 a 14:30.

Page 18: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 17

3.2.2. CRITERIOS PEDAGÓXICOS DE ELABORACIÓN DE HORARIOS

Os horarios constan de 25 horas lectivas semanais, incluídos os períodos destinados a recreos e elaboráronse tendo en conta os seguintes criterios:

• O apoio ás aulas de 4º de infantil.

• Ter en conta a atención colectiva e individualizada de todos os alumnos do

centro.

• Aproveitamento máximo dos recursos humanos e das instalacións.

• A adaptación do horario á dispoñibilidade das instalacións do centro.

• A compatibilidade dos horarios de Educación Infantil e Educación

Primaria.

• A conveniencia de que o alumnado teña a primeira hora da mañá co seu

profesor/a titor/a.

• A distribución das áreas que requiran máis esforzo intelectual nas

primeiras horas da mañá.

• O agrupamento e reforzo do alumnado con NEE.

• O reparto de gardas e substitucións.

• Continuidade no horario da impartición das materias por parte do titor

sobre todo en E. Infantil e 1 e 2º de Primaria, sendo tamén convinte en 3º

e 4º.

Especificamente en Educación Infantil:

• No segundo ciclo de E. Infantil, dado o seu carácter globalizador e

integrador do modelo curricular, o horario de cada aula contempla de

forma flexible a sucesión de actividades que se realizan nela nos distintos

días da semana. Estas sesións veñen especificadas no horario como

“Globalizado”.

Ademais, nestes horarios de infantil, contempláronse unha sesión de E.

Musical, outra de Psicomotricidade e dúas sesións de ½ h aprox. de inglés,

sempre tendo en conta que foran repartidas nos distintos días da semana.

• Tal como establece a Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a

implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da

educación infantil o tempo de recreo será de trinta minutos. No noso centro

queda fixado de 11:00 a 11:30. Ademais deste recreo queda a criterio de

cada unha das aulas de Infantil a realización dun tempo de lecer de 13:10

– 13:40 con actividades de xogos dirixidos.

3.2.3. HORARIOS DE CURSOS

Axúntanse no anexo(páx 37)

3.2.4. QUENDAS DE RECREOS

Axúntanse no anexo(páx. 41)

Page 19: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 18

3.2.5. HORARIOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Entrevistas e reunións coas familias

Tal como establece a orde do 22 de xullo de 1997, co fin de

facilitar a relación do profesor/a titor/a fixarase na PXA unha

hora de reunión semanal para atención aos pais. Esa hora

queda fixada os martes de 16:00 a 17:00. Os país deberán solicitar

as entrevistas chamando previamente por teléfono ao centro.

Concretaranse un máximo de tres visitas de país por cada martes.

Os país tamén poderán solicitar entrevistas co profesorado

especialista do mesmo xeito e co mesmo horario que para o

profesorado titor.

“Tamén se programarán reunións globais cos pais por titorías

encamiñadas a expoñer as liñas xerais do plan de traballo. En

todo caso unha terá lugar antes do mes de novembro”. Esas

reunións de principio de curso quedaron fixadas nas seguintes

datas:

CURSO DATA HORA

4º E. Infantil 12 setembro 11:30 h

5º Infantil 25 setembro 16:00 h

6º Infantil 1 outubro 16:30 h

1º Primaria 3 outubro 16:30 h

2º Primaria 4 outubro 16:30 h

3º Primaria 8 outubro 16:30 h

4º Primaria 9 outubro 16:00 h

5º Primaria 25 setembro 17:00 h

6º Primaria 10 outubro 16:30 h

Entrevistas co Equipo directivo:

Do mesmo xeito que para o resto do profesorado, as entrevistas co

equipo directivo deberán solicitarse previamente por teléfono,

explicando o motivo de dita solicitude.

Establécese tamén o horario das entrevistas de pais co equipo

directivo os martes de 16:00 a 17:00 e os mércores de 13 a 14 h.

Entrevistas coa Xefa do Departamento de Orientación

Establécese o horario de visitas das familias o martes e xoves de 9 a

10, previa petición de hora.

Horarios das oficinas de secretaría:

Todos os días de 9:00 a 10:00 e de 12:45 a 13:45 estarán abertas as

oficinas de secretaría para atención ao público.

Page 20: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 19

3.2 ESTATÍSTICA DE PRINCIPIO DE CURSO

TOTAL ALUMNADO E GRUPOS

ALUMNADO

GRUPO

Educación Infantil Educación Primaria

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

1º 2º 3º 4º 5º 6º

A 21 20 25 24 24 25 25 25 22

B 20 19 25 23 24 25 24 26 22

TOTAL ALUMNOS

41 39 50 47 48 50 49 51 44

130 289

419

GRUPOS

Educación Infantil Educación Primaria

3 ANOS

4 ANOS

5 ANOS

1º 2º 3º 4º 5º 6º

TOTAL GRUPOS

2 2 2 2 2 2 2 2 2

6 12

18

TOTAL DO ALUMNADO: 419

3.3 INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO: SITUACIÓN E UTILIZACIÓN

3.3.1 INSTALACIÓNS DO CENTRO

O Centro, situado no barrio de Esteiro, consta de:

a. Un edificio para Educación Primaria, con entrada dianteira, traseira e

lateral, que conta con:

Page 21: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 20

b. Outro para Educación Infantil, que conta con:

c. Pavillón polideportivo

d. O patio de recreo conta con pequenas zonas axardinadas.

3.3.2 Equipamento do centro

Poderiamos dicir que o equipamento do centro é aceptable, sendo deficiente os

espazos debido ao número de alumnado que ten o centro.

Solicitarase, como cada ano, material diverso de mobiliario á Consellería.

Equipamento TIC:

o Nos últimos anos a subministración TIC por parte da Consellería foi

moi limitado, centrándose principalmente nas aulas DIXGAL, tendo

que saír do orzamento do centro o resto de adquisicións. A dotación

de ordenadores por parte da Consellería é moi limitada, case nula.

o Na actualidade todas as aulas teñen ordenador, canón e pantalla,

agás a aula de relixión. O noso obxectivo é a dotación de pizarras

dixitais nas aulas que non teñan.

PLANTA BAIXA PLANTA ALTA

- 4 Aulas - 1 aula de PT - Aula de música - Despacho de dirección - Despacho de secretaría - Despacho de Xefatura de estudos - Administración - Sala de reprografía - 1 aula de xogos - Conserxería - Aula ludoteca/Relixión - Aula de usos múltiples - Aula de psicomotricidade - Sala de limpeza - Oficinas da ANPA - Comedor - Aseos alumnado - Aseos profesorado

- 8 aulas - 2 aulas de PT - 1 aula de AL - Despacho Orientación - Sala de profesores - Sala da radio - Biblioteca - 2 Aulas de Inglés - Aseos do alumnado - Aseos do profesorado

- 6 aulas (con aseos) - 1 sala de reunións

- 2 aseos de alumnado - 1 servicio de profesorado

- 1 sala de conserxería - 1 sala de reprografía.

Page 22: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 21

3.4 LIBROS DE TEXTO E OUTROS MATERIAIS CURRICULARES

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

EDITORIAL ISBN

Relixión Católica 3 ANOS ANAYA 978-84-678-1591-7

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS)

EDITORIAL ISBN

RETOS 4 AÑOS CASTELLANO PACK

AUTORES:

Fuentes Zaragoza, María Isabel

Pinto Martín, Sagrario

Escamilla González, Amparo

AÑO EDICIÓN…..2017

ANAYA 978-84-698-2883-0

Religión Católica 4 anos ANAYA 978-84-678-1592-4

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS)

EDITORIAL ISBN

Religión 5 anos ANAYA 978-84-678-1593-1

Page 23: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 22

PRIMEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Área Título, autor, editorial e ano de publicación ISBN

Lengua

Lengua 1- Editorial Anaya 978-84-678-4527-3

Escribo- Editorial Anaya

Lecturas 1.La nave de los libros-Editorial Santillana

978-84-678-4620-1

978-84-294-6988-2

Matemáticas Matemáticas 1 – Editorial Anaya 978-84-678-6503-5

Globalizado Aprender é crecer xuntos 1º Trimestre – Editorial Anaya 978-84-678-4728-4

Globalizado Aprender é crecer xuntos 2º Trimestre – Editorial Anaya 978-84-678-4729-1

Globalizado Aprender é crecer xuntos 3º Trimestre – Editorial Anaya 978-84-678-4730-7

Plástica Plástica 1- Editorial Anaya 978-84-678-4570-9

Música Melodía 1- Editorial Galinova 2014 978-84-9737-222-0

Inglés Sen libro ------

Religión Religión Católica 1- Editorial Anaya 978-84-678-7604-8

Quedan pendentes seleccionar dous libros de lectura a mercar ao longo do curso

SEGUNDO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Área Título, autor, editorial e ano de publicación ISBN

Lengua Lengua 2- Editorial Anaya 978-84-678-7395-5

Matemáticas Matemáticas 2 – Editorial Anaya 978-84-678-7422-8

Globalizado Aprender é crecer xuntos 2º - 1º Trimestre – Editorial Anaya 978-84-678-7717-5

Globalizado Aprender é crecer xuntos 2º - 2º Trimestre – Editorial Anaya 978-84-678-7718-2

Globalizado Aprender é crecer xuntos 2º - 3º Trimestre – Editorial Anaya 978-84-678-7719-9

Música Melodía 2- Editorial Galinova 2014 978-84-9737-238-1

Inglés Sen libro -----

Religión Religión Católica 2- Editorial Anaya 978-84-678-7606-2

Lecturas 2 A nave dos libros- Editorial Santillana 978-84-9972-085-2

Queda pendente seleccionar dous libros de lectura a mercar ao longo do curso.

Page 24: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 23

3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO MATERIA LIBROS ISBN EDITORIAL

3º Ciencias da

natureza Ciencias da natureza-3

“Aprender é crecer” 978-84-678-

4942-4 ANAYA

3º Ciencia Sociais Ciencia Sociais-3 “Aprender é

crecer” 978-84-698-

0649-4 ANAYA

3º Lengua

castellana

Lengua castellana-3 (tres trimestres) “Aprender es

crecer”

978-84-698-0649-4

ANAYA

3º Lingua galega Caderno Lingua galega-3

“Aprender é crecer” 978-84-678-

8656-6 ANAYA

3º Matemáticas Matemáticas-3 “Aprender a

crecer” 978-84-678-

8574-3 ANAYA

3º Inglés SEN LIBRO ---- ----

3º Música SEN LIBRO ----- ----

3º Religión ----------

Libro de lectura 3º A “Ota quere voar” (Autora:

Ánxela Loureiro)

978 – 84 -9782 – 067 -

7 Xerais

Libro de lectura 3º B “Viaxe de ida e volta” (Autora:

Ánxela Loureiro)

978 – 84 – 9782 – 542 –

9 Xerais

DICCIONARIO ESPASA DE LA LENGUA ESPAÑOLA 978 84 6703

095 2 Espasa

4º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO MATERIA LIBROS ISBN EDITORIAL

4º Ciencias da

natureza Ciencias da natureza-4 “Aprender é

crecer” 978-84-678-

8017-5 ANAYA

4º Ciencia Sociais Ciencias Sociais-4 “Aprender é

crecer” 978-84-678-

8021-2 ANAYA

4º Lengua castellana Competencia lingüística 4 978-84-698-

3130-4 ANAYA

4º Lingua galega Lingua, caderno 4 “Aprender é

crecer” 978-84-678-

8014-4 ANAYA

4º Matemáticas Competencia matemática 4 978-84-698-

3136-6 ANAYA

4º Música Sen libro de texto ---- -----

4º Inglés Great Explorers-4 Class Book Pack

978-0-19-450768-4

OXFORD

Great Explorers- 4 Activity Book 978-0-19-450760-8

4º Relixión Católica

4º Valores “Lía e as zapatillas de deporte” -

Merlin 978-84-9782-

725-6 XERAIS

Libros de lectura

TÍTULO AUTOR COLECCIÓN EDITORIAL ISBN A batalla da pequena

Chañan Curi Coca PARA 4º A

Rosa Aneiros Merlín Xerais 978-84-9121-275-1

Page 25: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 24

Choiva de ras PARA 4º B

Ánxela Loureiro Merlín Xerais 978-84-9121-368-0

5º e 6º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

5º PRIMARIA

ASIGNATURA CARDENO de actividades Editorial ISBN

Inglés Great Explorers 5 Activity Book Oxford 978-0-19-450778-3

Lengua Castellana

Cuaderno L. C. 5 Proyecto Saber Hacer 1º TRI Santillana 978-84-680-1455-5

Cuaderno L. C. 5 Proyecto Saber Hacer 2º TRI Santillana 978-84-680-1456-2

Cuaderno L. C. 5 Proyecto Saber Hacer 3º TRI Santillana 978-84-680-1457-9

Lingua galega

Caderno Lingua 5 Proxecto Saber Facer 1º TRI Santillana 978-84-9972-063-0

Caderno Lingua 5 Proxecto Saber Facer 2º TRI Santillana 978-84-9972-097-5

Caderno Lingua 5 Proxecto Saber Facer 3º TRI Santillana 978-84-9972-143-9

Matemáticas Matem. 5 Cuaderno Proyecto Saber Hacer 1º TRI Santillana 978-84-680-1459-3

Matem. 5 Cuaderno Proyecto Saber Hacer 2º TRI Santillana 978-84-680-1460-9

Matem. 5 Cuaderno Proyecto Saber Hacer 3º TRI Santillana 978-84-680-1461-6

Lectura

Alma y la isla - Mónica Rodríguez Anaya 978-84-698-0888-7

Lendo lendas, digo versos – Antonio Gª Teijeiro Xerais 978-84-991-4916-5

É posible que ao longo do curso se pida algún libro máis de lectura

6º PRIMARIA

ASIGNATURA CARDENO de actividades Editorial ISBN

Inglés Great Explorers 6 Activity Book Oxford 978-0-19-450798-1

Lengua Castellana

Cuaderno L. C. 6 Proyecto Saber Hacer 1º TRI Santillana 978-84-680-1476-0

Cuaderno L. C. 6 Proyecto Saber Hacer 2º TRI Santillana 978-84-680-1477-7

Cuaderno L. C. 6 Proyecto Saber Hacer 3º TRI Santillana 978-84-680-1478-4

Lingua galega Caderno Lingua 6 Proxecto Saber Facer Santillana 978-84-9972-528-4

Matemáticas

Matem. 6 Cuaderno Proyecto Saber Hacer 1º TRI Santillana 978-84-680-1480-7

Matem. 6 Cuaderno Proyecto Saber Hacer 2º TRI Santillana 978-84-680-1481-4

Matem.6 Cuaderno Proyecto Saber Hacer 3º TRI Santillana 978-84-680-1482-1

Lectura Cabe a posibilidade de pedir algún libro de lectura ao longo do curso

Ademais das anteriores listas de libros de textos, en cada nivel fixáronse unha

serie de materiais funxibles complementarios.

Proxecto DIXGAL: NON HABERÁ LIBROS DE TEXTO IMPRESOS. UTILIZAREMOS

LIBROS DE TEXTO DIXITAIS.

Si que se utilizarán os seguintes cadernillos:

Page 26: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 25

4. ACTIVIDADES DO CENTRO

4.1 PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E

EXTRAESCOLARES.

4.1.1 Actividades complementarias realizadas no propio centro

4.1.1.1 De organización interna

Act. Complementaria Organiza Data Inauguración da Biblioteca Dinam. Biblioteca Outubro

Magosto/ Samain Normaliz. Lingüística Out / Nov

Nadal Dep. Extraescolares Decembro

Día da Paz Dep. Orientación Xaneiro

Entroido Normaliz. Lingüística Marzo

Día de Rosalía Dim. Bibliot./Normaliz. Febreiro

Día do Libro Dinam. Biblioteca Abril

Maios/Correlingua/ Letras Galegas Normaliz. Lingüística Maio

Fin de curso/Xornada convivencia Dep. Extraescolares Xuño

Contacontos, visita de escritores, ilustradores…

Dinam. Biblioteca Todo o curso

Destas actividades, a celebración do Nadal (21 de decembro), o

entroido (1 de marzo) e Convivencia de fin de curso (21 de xuño) Nadal

serán programadas como xornadas de actividades complementarias

coas as seguintes actividades:

ACTIVIDADES A REALIZAR

Nadal 21 de decembro Recibimento de todo o alumnado no patio dos Reis Magos que chegarán ao noso

centro en Jeeps.

Saúdo e entrega de cartas de todo o alumnado aos Reis Magos.

Panxoliñas dos Reis Magos.

Degustación de produtos típicos do Nadal en cada unha das aulas.

Entrega das cualificacións do trimestre.

Entroido 1 de marzo Recibimento do alumnado cos seus disfraces.

Organización dunha pasarela de desfile de disfraces.

Baile nunha discoteca organizada no centro.

Degustación de produtos típicos do entroido.

Observacións: coa entrada máis tarde no centro facilítase ás familias o tempo para

poder disfrazar ao alumnado.

Fin de curso – Fin de curso/ Xornada de convivencia –

21 de xuño 11:30 – 13:30: Xornada de convivencia do alumnado e profesorado. Festa de

despedida nas aulas. Entrega de cualificacións.

14:00 – 18:00: Xornada de convivencia coas familias.

Page 27: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 26

Para a realización desas xornadas de actividades complementarias

solicitamos a modificación da xornada escolar sendo o horario de

10 h a 13:30 en Nadal e Entroido e de 11:30 a 13:30 na xornada de

Convivencia de Fin de curso xa que tería prolongación pola tarde coa

xornada de convivencia coas familias.

Ademais das anteriores actividades complementarias, realizaranse as

conmemoracións estipuladas no calendario escolar (DOG 08/06/2018)

encargándose a Biblioteca de proporcionar a información para posteriormente ser

traballadas polo profesorado titor en cada unha das aulas.

4.1.1.2 Propostas polo Concello

• Iniciación ao xadrez

Como continuación da experiencia iniciada en cursos

anteriores, terán 1 sesión semanal de ½ hora de Iniciación ao

xadrez o alumnado de 6º de E. Infantil, 1º e 2º e 3º de Primaria.

Esta actividade, que está subvencionada polo Concello de

Ferrol, desenvolverase os xoves en horario lectivo e será levada

a cabo por monitoriado do Circulo Ferrolán de Xadrez.

Actividades extraescolares

Subvencionadas polo Concello

No centro lévanse a cabo, en horario de 16:00 a 18:00 un programa

municipal de Actividades Extraescolares subvencionadas polo

Concello.

Non subvencionadas polo Concello:

Son as actividades ofertadas pola ANPA

As actividades e horarios son as seguintes:

Page 28: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 27

Continuamos coa actividade TEMPO de LUDOTECA de 14:00 a 14:30,

programado para conciliar a vida familiar e este curso será ofertada os martes de

16 a 17 h. Esta actividade será xestionada a través da ANPA e levado a cabo por

un monitor/a cualificado/a.

ACTIVIDADES GRATUITAS

SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO

ACTIVIDADE DÍA HORA ALUMNADO PRECIO

PATINAXE 1 LUNS E MÉRCOR. 5 a 6 INFANTIL GRATUÍTA

PATINAXE 2 LUNS E MÉRCOR. 4 a 5 PRIMARIA GRATUÍTA

BAILE MODERNO MARTES 4 A 6 PRIMARIA GRATUÍTA

INIC. MÚSICA MARTES 4 A 6 Infant. a 2º Prim GRATUÍTA

DEBUXO MARTES 4 A 6 PRIMARIA GRATUÍTA

INFORMÁTICA MÉRCORES 4 A 6 4º A 6º GRATUÍTA

GUITARRA MÉRCORES 4 A 6 PRIMARIA GRATUÍTA

FÚTBOL MÉRCORES 4 A 6 PRIMARIA GRATUÍTA

TEATRO XOVES 4 A 6 PRIMARIA GRATUÍTA

MANUALIDADES XOVES 4 A 6 Infant. a 2º Prim GRATUÍTA

XIMNASIA RÍTM. XOVES 4 A 6 PRIMARIA GRATUÍTA

ACTIVIDADES NON

SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO

OFERTADAS POLA ANPA

ACTIVIDADE DÍA HORA ALUMNADO PRECIOS *

TEMPO LUDOTECA

LUNS A VENRES 14-14:30

INFAN/PRIM. Consultar

MARTES 16 - 17 INFAN/PRIM.

PISCINA LUNS 4 A 4:45 Inciacion/Perfec 6,50 €

TALLER INGLÉS 1 LUNS E MÉRCOR. 4 A 5 Infantil 32,50 €

TALLER INGLÉS 2 MARTES E XOVES 4 A 5 Primaria 32,50 €

TALLER INGLÉS 3 MARTES E XOVES 4 A 5 Primaria 32,50 €

PROGRAMACIÓN E ROBÓTICA MAIORES

XOVES 4 A 5:30 Infantil /Primaria

30 €

JUDO PEQUES MARTES E XOVES 4 A 5 4 anos a 1º Prim 19 €

JUDO MAIORES LUNS E MÉRCOR. 4 A 5 2º a 6º Prim 19 €

Page 29: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 28

4.1.2 Saídas e excursións

Ademais das saídas especificadas a continuación, realizaranse as que se

consideren axeitadas para a formación do alumnado, tentando favorecer

as organizadas polo Concello de Ferrol ou entidades do entorno próximo

(Exposicións, Cine Ensino, Teatro Jofre…) así como as que sexan

gratuítas.

Curso Saída / Excursión curso 2018 /2019

4º Infantil

Mercado

Concerto : Tercio Norte

Fin de curso: Granxa Belelle

5º Infantil

Observación do outono : Cabanas

Museo de Bellas Artes. Coruña

Concerto : Tercio Norte

Fin de curso: Granxa Belelle

6º Infantil

Observación do outono: Cabanas

Museo de construción naval

Mercado

Concerto : Tercio Norte

Correlingua

Fin de curso: Pendente de determinar

Page 30: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 29

1º Primaria

Afundación.Abanca.

Museos científicos de A Coruña.

Bautismo de mar

A casa dos peixes, A Coruña.

Correlingua

Museo de historia natural

Teatro, cine que oferte o Concello ou a fundación Abanca.

Museo Exponav

Fin de curso: Zoo Marcelle

2º Primaria

3º Primaria

Biblioteca Municipal

Visita polo barrio de Esteiro.

Visita ao hipermercado Gadis.

Visita Museo Caldoval con obradoiro

Correlingua

Brinquedia

Fin de curso: Granxa- Xanceda e a Brañas de Valga

4º Primaria

Sociedade de Historia Natural

Visita a unha xeadería

Acuario da Coruña

Supermercado Gadis (programa alimentes)

Casa de Rosalía.

Correlingua

Aula de ecoloxía urbana

Brinquedia.

Fin de curso: galipark (multiaventura)

5º Primaria

Museo da Capela

Sotavento

Casa de Rosalía

Mugardos, centro de interpretación de Caldoval.

Correlingua

Xanceda e Brañas de Valga.

Brinquedia

Fin de curso: Cerceda

6º Primaria

Parque Eólico de Sotavento en Xermade.

Centro de Interpretación de Cadoval – Xacemento Romano en

Mugardos.

Correlingua

Exponav

Casa Museo de Rosalía en Padrón.

Brinquedia.

Fin de curso ao Aquapark de Cerceda.

Page 31: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 30

5. SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

5.1 COMEDOR - ALMORZO

O comedor do centro ofrece servizo de almorzo e xantar. A xestión do servizo

de comedor é de competencia municipal e corre a cargo da empresa de comidas

preparadas concesionaria do servizo, a empresa “SERUNIÓN”.

Os servizos do comedor están subvencionados en parte pola Consellería e o

Concello. A outra parte é aportado, ben polos usuarios, ou ben polo

departamento de Servizos Sociais da Consellería de Benestar no caso de

alumnado bolseiro. O pago efectuarase mediante domiciliación bancaria podendo

recoller o impreso no mesmo comedor ou na secretaría do centro

O horario do servizo de almorzo é de 7:30 a 9:00 h, non permitindo a entrada a

este servizo despois das 8:30 h. O prezo do almorzo é de1,84 € persoa/día.

O importe do servizo de xantar está fixado en 3,59 € por comensal e día. O

alumnado pode desfrutar do servizo do comedor todos os días, en días fixos á

semana ou en días esporádicos. Diariamente, os alumnos que queden a xantar

apuntaranse na porta da súa clase. No caso do alumnado de Educación Infantil

serán as familias as que o deban comunicar, ou ben á ANPA, ou á súa titora. O

horario do servizo de xantar é de 14:00 a 16:00.

1. O horario de recollida do servizo de comedor será ás 16:00 h establecendo outra

quenda ás 15:10 a 15:15 h. Fóra deses horarios non será posible a recollida do

alumnado salvo puntualmente un determinado día por unha causa xustificada.

2. O alumnado de cada unha das quendas debe ser coñecido previamente polas

coidadoras e ese horario de saída debe ser respectado polas familias.

3. En horario de comedor, as familias non accederán ao interior do centro, senón que

o alumnado será conducido ata a entrada polas coidadoras. Unha vez recollido o

alumnado, as familias deberán abandonar o recinto escolar.

4. Sempre que veña recoller ao alumnado do comedor alguén diferente aos seus pais

ou titores ten que ser informada previamente a persoa encargada do comedor.

5. Os usuarios do servizo de comedor deberán traer un cepillo de dentes para

realizar a hixiene bucal.

Todo alumno/a que teña algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria

deberá ser documentada presentando un informe médico (se non o presentou

anteriormente) e lle será subministrado un menú especial adaptado.

Continuamos co Plan de Funcionamento do Comedor existente do curso

pasado.

Page 32: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 31

6. PROGRAMAS E FORMACIÓN

6.1 FORMACIÓN DO PROFESORADO: Cursos de formación e Grupos de

Traballo

Este curso continuamos co Proxecto de Formación en Centros (PFPP) iniciado no

curso anterior, levando a cabo a formación do profesorado sobre:

o O Programa TEI.

o O traballo por proxectos. Avaliamos as competencias. Centro PITEAS

o Aprendizaxe cooperativa nas aulas.

Como novidade este curso incluímos no noso PFPP a escola de

pais/nais na que entre outros temas trataremos o acoso escolar ou o

traballo por proxectos.

Ademais desta formación, o profesorado do centro realiza diversa

formación dependente do CFR de Ferrol e do CAFI principalmente.

7. PLANS E PROXECTOS

7.1 PLAN DE POTENCIACIÓN DA LINGUA GALEGA

ADDENDAS AO PROXECTO LINGÜÍSTICO

Segue vixente o Proxecto lingüístico do centro coas seguintes

ADDENDAS:

1. Os resultados da pregunta aos pais, nais, titores ou representantes

legais do alumnado de 4º de E. Infantil, para obter información con

respecto da lingua materna predominante, foron os seguintes

Castelán: 37

Galego: 3

Galego e castelán : ningún

2. Dos resultados anteriores establécese como lingua predominante do

alumnado de 4º de Infantil o castelán polo que, tal como establece o

Decreto de Plurilingüísmo, o profesorado usará na aula a lingua materna

predominante entre o alumnado (no noso caso, o castelán), ben que

deberá ter en conta a lingua do contorno e procurará que o alumnado

adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial de

Galicia dentro dos límites da etapa ou ciclo.

3. Impartiranse en lingua galega as materias de Ciencias Naturais,

Ciencias Sociais, Educación Física e Educación Artística.

4. Despois dunha reflexión sobre o uso do galego e a súa normalización

consideramos a ter en conta os seguintes obxectivos:

- Fomentar o uso do galego, a nivel profesorado, en todos os actos

académicos: Claustros, Consello Escolar, Celebracións,...

- Aumentar a competencia do alumnado no uso do galego de forma

habitual.

- Adquirir de forma oral e escrita a competencia lingüística propia en

cada nivel e etapa nas dúas linguas oficiais de Galicia.

Page 33: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 32

Como proxectos específicos de potenciación da lingua galega están a nosa

REVISTA ESCOLAR “Mareiriña” e a RADIO ESCOLAR “Radio Chalana” e

este curso iniciaremos os nosos primeiros programas de vídeos

informativos.

7.2 PLAN DE AUTOPROTECCIÓN DO CENTRO

No curso 2018 – 19 seguirá vixente o anterior plan de autoprotección do

centro.

7.3 PLAN DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA: O centro pertence ao PLAMBE

(Plan de Bibliotecas Escolares) dende o curso 2007- 2008. Este curso o

noso proxecto é “Mulleres Pioneiras”

7.4 PLANS DE DINAMIZACIÓN TIC:

o Proxecto Abalar dende o curso 2011 – 2012.

o O centro está a participar no Proxecto experimental de utilización

de libros dixitais E_DIXGAL dende o curso 14-15 en 5º de Primaria,

e no curso 15-16 ampliouse a 6º de Primaria. En este curso

continuaremos coa utilización dos libros dixitais.

7.5 Plans de DINAMIZACIÓN DA CONVIVENCIA:

o Participamos dende o curso 16-17 no Programa TEI, programa de

convivencia que implica a toda a comunidade educativa.

o Proxecto de Patios saudables.

o “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos

centros educativos e nos seus contornos”.

7.6 O NOSO PROXECTO ERASMUS +

Este curso o noso centro entra a formar parte nun proxecto ERASMUS +:

“MY PLACE, YOUR PLACE, OUR PLACE” proxecto de intercambio de

profesorado e alumnado con outros tres países: País de Gales, Romanía e

Turquía. Este proxecto terá unha duración de 3 anos.

8. RELACIÓNS DO CENTRO COAS FAMILIAS E A COMUNIDADE

A participación das familias na vida do centro é desigual. Tratarase de facilitar

ás familias a información necesaria que permita unha mellor participación no

centro e o establecemento de vías que permitan levar adiante propostas

conxuntas; para tal fin o centro dispón dun buzón de suxerencias.

Somos conscientes de que a participación no centro é un criterio de calidade e

que o establecemento dunha boa comunicación mellora as relacións e a

convivencia.

Page 34: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 33

As liñas de actuación serán:

Traballo do equipo directivo coa ANPA.

Traballo das titorías coas familias.

Coordinación dende o Consello Escolar.

Comisión de Convivencia.

9. PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO –

PROPOSTAS DE MELLORA

9.1 AVALIACIÓN EXTERNA:

No curso 2017- 2018 o alumnado de 3º de primaria realizou, no mes de maio de

2018, as probas de avaliación de diagnóstico e tamén o noso centro foi

seleccionado para realizar as probas ao alumnado de 6º de Primaria. Temos que

salientar que non foron realizadas por todo o alumnado, xa que algúns dos

alumnos/as non se presentaron ás probas.

Aínda que todavía están por recibir os resultados destas probas, e tendo en conta

os resultados das avaliacións finais internas establecemos as seguintes

propostas de mellora:

PROPOSTAS DE MELLORA

o Adicar unha sesión do plan lector do centro a traballar o cálculo

mental.

o Continuar coas medidas de reforzo educativo e atención á

diversidade do alumnado con NEE.

o Continuar cos CONTRATOS- PROGRAMA coa actuación do PROA

(Plan de reforzo, Orientación e Apoio), co que se realiza un plan de

reforzo no centro, para o alumnado, en horario de 16:00 a 18:00.

PROBAS EXTERNAS CURSO 18-19

1. Alumnado de 3º de Primaria:

a. Para o presente curso queda constituída a comisión de

coordinación do proceso de avaliación diagnóstica que estará

integrada, por:

Directora: Mª José Piñeiro Abeledo

Xefa de Estudos: Marta López Díaz

Xefa D. Orientación: Esperanza González Pino

Titora de 3º de EP: Rosario Martínez Seijido

Page 35: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 34

9.2. AVALIACIÓN INTERNA

Do seguimento e revisión dos seguintes documentos e proxectos pódense adoptar

decisións de mellora do funcionamento do centro.

9.2.1 Avaliación dos Documentos de Planificación Docente:

PXA

PAT

Plan de Convivencia

Proxecto Lingüístico

Proxecto Lector

9.2.2 Avaliación dos proxectos:

PLAMBE

Proxecto ABALAR

Proxecto E- DIXGAL

PFPP: Prox. Formación

Programa TEI

Proxecto PITEAS

Proxecto Erasmus +

9.2.3 Avaliación do rendemento escolar do alumnado:

Os resultados da avaliación individual do alumnado servirán como

referencia para a adopción de medidas correctoras da actividade docente.

Informes de avaliación trimestral e final

Quedan fixadas as seguintes datas de avaliación:

- 1ª Avaliación: 21decembro

- 2ª Avaliación: 12 abril

- 3ª Avaliación e Final: 21 xuño

Resultado das probas diagnósticas recollidas no PAT e no Plan

anual de Orientación.

Resultado dos Plans de reforzo e Adaptacións curriculares

10. PROCEDIMENTOS PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN XERAL

A CCP, mensualmente, fará un seguimento das medidas aplicadas para a

consecución dos obxectivos propostos na P.X.A. cara a detectar as insuficiencias da

mesma e o seu grao de realización.

Trimestralmente, o claustro de profesores valorará o grao de cumprimento dos

obxectivos e se farán propostas de mellora.

Asemade poderá ser revisado cando o requira algún dos sectores do Consello Escolar.

Por último a Memoria Anual, ao remate do curso, recollerá os resultados da

avaliación final: grao de cumprimentos dos obxectivos, suficiencia e idoneidade

das medidas e dos recursos aportados…

Page 36: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 35

APROBACIÓN DA PXA

Dna. Mª José Piñeiro Abeledo, directora do CEIP Isaac Peral de Ferrol

CERTIFICA: Que na xuntanza do CLAUSTRO, celebrada o día 2 de outubro foi

aprobada a Programación Xeral Anual para o curso escolar 2.018– 2.019.

E para que conste, expido e firmo a presente certificación

En Ferrol, a 2 de outubro de 2018.

Asdo. Mª José Piñeiro Abeledo

_______________________________________________________________________

Dna. Mª José Piñeiro Abeledo, directora do C.E.I.P. Isaac Peral de Ferrol

CETIFICA: Que na xuntanza do CONSELLO ESCOLAR do Centro, celebrada o

día 9 de outubro foi presentada a Programación Xeral Anual para o curso escolar

2.018 – 2.019.

E para que conste, expido e firmo a presente certificación

En Ferrol, a 9 de outubro de 2018.

Asdo. Mª José Piñeiro Abeledo

Page 37: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 36

Page 38: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 37

HORARIOS DOS CURSOS

QUENDAS DE RECREOS

PLAN LECTOR CURSO 2018-2019

Page 39: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2018 – 2019

CEIP Isaac Peral - Ferrol 38

Page 40: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

HORARIOS EDUC. INFANTIL

Page 41: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

40

HORARIO

CURSOS

PRIMARIA

Page 42: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

41

RECREOS EDUCACIÓN INFANTIL

Page 43: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

42

Page 44: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

PP LL AA NN AA NN UU AA LL

DDEE

LL EE CC TT UU RR AA

CCEEIIPP IISSAAAACC PPEERRAALL 22001188--1199

Page 45: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

1

PLAN ANUAL DE LECTURA Curso 2018/2019

A lectura, ademais de sentila como un pracer, debemos pensar que é o medio a partir

do cal adquirimos gran parte dos mecanismos de aprendizaxe que nos axudan ao

desenvolvemento da nosa intelixencia e da convivencia cos demais.

A escolla de textos e de actividades de dinamización lectora ten como finalidade:

- O fomento do hábito lector.

- A utilización das bibliotecas.

- A formación integral do noso alumnado.

OBXECTIVOS

Aprender a facer unha lectura reflexiva, interpretando e comprendendo textos de

índole variada (novela, teatro, poesía, cómics, xornais, documentos…) e en soportes

diferentes (impresos e electrónicos).

Adquirir un vocabulario amplo, servíndose do manexo do dicionario para resolver

dúbidas.

Mellorar a ortografía.

Adquirir unha boa fluidez, lendo en voz alta, aprendendo a pronunciar con

claridade e a modular a voz, sen perder a comprensión do texto.

Aprender técnicas para unha mellor expresión oral e escrita.

Saber buscar información en diferentes soportes, comparar e extraer os datos

necesarios.

Lograr que sexa a lectura un elemento de gozo persoal.

Incorporar as novas tecnoloxías como novas fontes de información, aprendendo a

utilizalas e analizar os datos con espírito crítico.

En conclusión mellorar nas competencias lingüísticas.

Page 46: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

2

DINAMIZACIÓN LECTORA

A biblioteca do centro

Aberta en todo o período lectivo. Establécese un horario no que cada curso ten a

súa disposición unha hora para o seu exclusivo uso. Neste tempo é o profesor/a titor/a o

que fixa as actividades a desenvolver, habitualmente son actividades de preparación de

traballos conxuntos, investigación… O Equipo de Biblioteca pode axudar na busca de

textos adecuados a ditas actividades.

No tempo de recreo realizaranse as actividades de préstamo coa axuda do

alumnado de 6º e un profesor/a, membro do grupo dinamizador da biblioteca.

- Lectura libre de alumnos/as que prefiren ler nese tempo.

- Organización dos materiais e orde na biblioteca.

- Realización de traballos persoais de grupos de alumnos/as.

A biblioteca de aula

Cada aula dispón de lecturas apropiadas á súa idade que permanecen dun xeito

fixo na mesma. E outras lecturas itinerantes que van nas caixas viaxeiras ou aquelas

concretas que se fixan con motivo da celebración dunha data o relacionadas coa temática

do proxecto.

Queremos que o noso alumnado ame a lectura por iso desenvolvemos actividades

que lles poidan resultar atractivas. Para este curso levamos a cabo as seguintes:

- Hora de ler, todos os días da semana, durante 20’ nos que se fan dende lecturas

individuais, dirixidas, colectivas (libros fixados no itinerario lector), ata diferentes actos na

biblioteca. Todo o centro fai semanalmente as seguintes actividades conxuntas:

- Mércores poéticos para ler todos o mesmo poema (tentamos que teña que ver con datas

ou temas sinalados). Ás veces son diferentes os de infantil dos de primaria. Poemas que

poden recitar, dramatizar, memorizar…

- Lecturas compartidas: Nalgunhas datas sinaladas, alumnos/as de distintos cursos van

ler a outras aulas. Coma sempre son textos relacionados con autores/as dos que se

celebra algunha data conmemorativa.

- Maratón de lectura: Polo día do libro, na biblioteca, farase unha maratón onde os

diferentes cursos farán lecturas escollidas a outros compañeiros/as, de forma

ininterrompida.

Page 47: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

3

- Apadriñamentos de lectura: Os cursos superiores terán afillados e afilladas de cursos

mais baixos, (mantendo as parellas dos cursos involucrados no TEI) e un día ao mes, no

tempo de lectura, farase unha lectura por parellas en todos os espazos da escola (aulas,

corredores, escaleiras...) convertendo así todo o colexio nunha biblioteca xigante.

- Páxina web, na que se reflicten todas as actividades feitas ou próximas a facer,

aconsellándose lecturas relacionadas.

- Mochila viaxeira, canle entre o centro e a casa para o fomento da lectura en familia.

Permanece 2 semanas en cada casa. En Ed. Infantil está 1 semana. En ambos casos case

todos os anos o alumnado solicita levala e goza do seu variado contido.

- Lectura na rede, séguense a manter as liñas de actuación de cursos pasados, (lecturas

on-line). Traballos de investigación a través de páxinas webquest, blogues.

- Encontros con escritores/as, ilustradores/as e escultores/as da localidade, que lles

axudarán a sentir o pracer pola lingua escrita, a arte, servíndolles de aliciente para non

ter medo a expresar os seus sentimentos ou soños e a sentir a máis próxima a lectura dos

libros destes autores/as.

- Actividades lúdicas e creativas: xogos de rimas, adiviñas; facer marca-páxinas, ...

- Vídeo-lectura: “Do pracer de escoitar ao pracer de ler” proxectar contos para crear a

ilusión por lelos despois.

- Recompilación de dous traballos escritos, de todos/as os/as alumnos/as, dende o

primeiro curso de infantil a sexto de primaria, co fin de ter un libriño ao finalizar a etapa

de primaria, a modo de agasallo, onde constará a evolución da escritura, caligrafía,

ortografía, creatividade...dos seus propios textos escritos.

- Publicación xornal Mareiriña: Traballos de cada aula contando experiencias vividas en

saídas ao exterior co fin de fomentar unha aprendizaxe dinamizadora, motivadora e

integradora.

- Busca e aportación de recursos para a programación e realización das actividades de

todas aquelas festas sinaladas, tanto programadas pola BIB como polos demais equipos

dinamizadores: Magosto, Nadal, Entroido, Día do Libro, Letras Galegas,...

- Implicación das familias: ademais das lecturas compartidas que van nas mochilas

viaxeiras as familias participan en actividades que motivan e fomentan a lectura vindo ás

aulas a lerlles poemas, representación de teatro de sombras, contos e experiencias

persoais.

Page 48: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

4

ITINERARIO LECTOR

Ao longo do curso, en todas as aulas, trabállase con libros de autores/as próximos a

nós, que teñen relación co proxecto deste ano.

En E. Infantil, trabállase a cotío a motivación á lectura, presentando e léndolles os libros

que vaian sendo adquiridos pola biblioteca para a súa idade. Ademais daqueles

relacionados coas temáticas das unidades didácticas e proxectos que traballen.

Créase así un vínculo de motivación á lectura coas familias, mediante os

empréstitos semanais (todos os nenos e nenas levan un libro á casa); tamén coas mochilas

viaxeiras cheas de aventuras, xogos, cancións… que entusiasman a pequenos e grandes.

Intentamos sempre que gocen coa escoita e representación dalgunha compañía de

contacontos.

En E. Primaria, xunto coas actividades de dinamización, de momento escolléronse estes

libros concretos que unido ao pracer e a aprendizaxe que a lectura proporciona, supón a

posibilidade de ter contacto cos autor/as das obras.

Velaí o previsto, de momento, neste curso dentro do Itinerario lector 2018-19

EDUCACIÓN PRIMARIA

NIVEL TÍTULO AUTOR EDITORIAL

1º e 2º (pendentes de visitas posibles autores/as)

3º “Ota quere voar” “Viaxe de ida e volta”

Ánxela Loureiro XERAIS

3º “Faro de Lecturas” BRUÑO

4º “El diario de Arturo” Carmen Santoja/Eloísa Ruiz

ALFAGUARA

4º “Choiva de ras” “A batalla da pequena Chañan Curi Coca”

Ánxela Loureiro Rosa Aneiros

XERAIS

5º “Alma y la isla” Mónica Rodríguez ANAYA

5º “Lendo lendas, digo versos” A. García Teijeiro / Antonio Reigosa

XERAIS

6º “Doménica”

Gonzalo Torrente Ballester

ESPASA XUVENIL

6º “Contos e poemas para un mes calquera”

Jordi Sierra Fabra/Antonio García

PLANETA OXFORD

6º “La maldición del arquero” Joan Manuel Gisbert

PLANETA OXFORD

Os grupos que faltan é que están pendentes de fixalos.

As guías de recomendación de Nadal e Verán, irán nos Trípticos de Nadal e Verán, que

serán repartidos ou ben colgados na web do centro.

Page 49: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

5

RECURSOS HUMANOS

- O equipo directivo, apoiando e asegurando a posta en práctica do Plan de lectura.

- O equipo responsable do funcionamento da biblioteca, coordinando as actividades

que se desenvolven ao longo do curso en torno a lectura e xestionando o uso dos recursos

bibliográficos e documentais, así como o desenvolvemento do Plan de Lectura.

- O profesorado participando e colaborando no desenvolvemento e realización das

distintas actividades de animación lectora que son acordadas polo grupo dinamizador da

biblioteca.

O profesorado realiza, ademais, actividades de apoio con aqueles alumnos/as que

presentan n.e.a.e. ou que levan un retraso curricular importante respecto ao seu curso.

- Grupo coordinador de Actividades Extraescolares: coordinando a xestión das

propostas dos diferentes grupos dinamizadores (biblioteca, EDLG, TIC…) para un mellor

desenvolvemento das actividades propostas.

- O alumnado sendo o receptor e protagonista fundamental das tarefas que se programan

na animación lectora e na biblioteca.

- Os/as axudantes de biblioteca encargados na xestión de empréstitos, mantemento,…

- As familias implicadas, tanto directamente por realizar actividades relacionadas coa

lectura no centro, como indirectamente, ao propiciar a lectura dos seus fillos/as.

AVALIACIÓN

Na xuntanza semanal do grupo coordinador de actividades realízase unha

avaliación que permita analizar o grao de satisfacción do profesorado e alumnado,

establecendo criterios correctores para aqueles aspectos que se deban mellorar.

Avaliaranse aspectos como:

- Duración da actividade

- Consecución dos obxectivos propostos

- Aproveitamento e bo uso dos recursos utilizados.

- Compromiso da Comunidade Educativa

Cos resultados desta avaliación elaborárase un informe que recolla as necesidades de

mellora, cara as seguintes actividades e as dos vindeiros cursos.

Page 50: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

6

Por outra banda, na xuntanza semanal do grupo da BIB avaliarase o nivel lector

adquirido polo alumnado analizando os resultados das propostas de traballo feitas

desde as titorías ou desde a propia BIB de carácter creativo: redaccións, contos,

poemas, cartas, .....

Así mesmo tamén se fai unha análise do interese pola lectura recollendo os datos do

Meiga vendo o números de empréstitos ao longo do curso. Cos resultados obtidos

recolleranse pautas para o vindeiro curso.

Page 51: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL · 3. Recursos existentes no centro e os que solicitemos á Consellería, ao Concello de Ferrol e ás distintas administracións. 4. As asignacións orzamentarias

Programación Xeral Anual 2017 - 2018

7

Este documento forma parte das Normas de Organización e Funcionamento do centro. (NOF)

Foi aprobado no Consello Escolar con data 2 de outubro de 2018

Poderá será revisado, por causas razoadas previa solicitude de forma regulamentaria, cando algún dos

membros que compoñen o Consello Escolar o considere oportuno.

Darase publicidade do presente regulamento aos usuarios do comedor para o seu coñecemento.