programaciÓn didÁctica 5º educaciÓn …...b2.2. interpretar diferentes tipos de números segundo...

18
1 PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN PRIMARIA ÁREA DE MATEMÁTICAS CURSO 2019-20 COORDINADOR/A: ROSA PAZOS GARCÍA MESTRES/AS TITORES/AS: 5ºA: MARÍA DOLORES FREIRE VILLAR 5ºB: ROSA PAZOS GARCÍA 5º C BLANCA ESTER RIVERA ROCA 6ºA: CRISTINA SOTO FERNÁNDEZ 6ºB: ANA MARÍA RAMOS MONTERO MESTRES/AS ESPECIALISTAS: PATRICIA REGUEIRO SOUSA CARMEN BARRO SUEIRAS Mª INMACULADA FERNÁNDEZ BOCELO RAFAEL SÁNCHEZ VEIGA

Upload: others

Post on 19-Jun-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

ÁREA DE MATEMÁTICAS

CURSO 2019-20

COORDINADOR/A: ROSA PAZOS GARCÍA MESTRES/AS TITORES/AS: 5ºA: MARÍA DOLORES FREIRE VILLAR 5ºB: ROSA PAZOS GARCÍA 5º C BLANCA ESTER RIVERA ROCA 6ºA: CRISTINA SOTO FERNÁNDEZ 6ºB: ANA MARÍA RAMOS MONTERO MESTRES/AS ESPECIALISTAS: PATRICIA REGUEIRO SOUSA CARMEN BARRO SUEIRAS Mª INMACULADA FERNÁNDEZ BOCELO RAFAEL SÁNCHEZ VEIGA

Page 2: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

2

1.- INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN.

O terceiro ciclo de educación primaria do CPI Atios está constituído por un total de oito mestres, todos con destino definitivo no centro, as cinco

titoras de cada curso, unha mestra especialista en pedagoxía terapéutica, outra adscrita a EP, e unha mestra especialista en L. Inglesa.

Neste ciclo hai un total de 88 alumnos e alumnas, distribuídos do seguinte xeito:

5ºA: 19 alumn@s 5º C: 18 alumn@s 5ºB: 18 alumn@s

6ºA: 22 alumn@s 6ºB: 21 alumn@s

Entre estes alumnos hai varios alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.

En 6º de EP hai un/unha alumn@ repetidor-a. Outro ten unha ACI e hai catro alumn@s máis con NEAE, que reciben apoio na aula de

Pedagoxía Terapéutica.

En 5º hai dous alumn@s con ACI e tres alumn@S máis con NEAE, que reciben apoio nas aulas de PT e AL, un deles.

A variedade de intereses, capacidades, fortalezas e intereses do alumnado enriquece todas as aulas sendo esta tremendamente heteroxéneas.

En moitos casos é precisa a intervención e asesoramento do DO así como a intervención específica do profesorado especialista en AL e PT.

Page 3: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

3

2.- CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE. CONCRECIÓN QUE RECOLLA A RELACIÓN DOS

ESTÁNDARES DA MATERIA QUE FORMAN PARTE DO PERFIL COMPETENCIAL.

Comunicación lingüística (CCL)

MTB1.3.2. Iniciase na formulación de preguntas e na busca de respostas apropiadas, tanto no estudo dos conceptos coma na resolución de

problemas.

B2.1. Ler, escribir e ordenar utilizando razoamentos apropiados, distintos tipos de números (romanos, naturais, fraccións e decimais ata as

milésimas).

B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá.

B2.7. Identificar, resolver problemas da vida cotiá, adecuados ao seu nivel, establecer conexións entre a realidade e as matemáticas e valorar a

utilidade dos coñecementos matemáticos adecuados reflexionando sobre o proceso aplicado para a resolución de problemas.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT)

B2.7. Identificar, resolver problemas da vida cotiá, adecuados ao seu nivel, establecer conexións entre a realidade e as matemáticas e valorar a

utilidade dos coñecementos matemáticos adecuados reflexionando sobre o proceso aplicado para a resolución de problemas.

MTB3.4.1. Toma decisións nos procesos de resolucións de problemas valorando as consecuencias destas e a súa conveniencia pola súa

sinxeleza e utilidade.

B2.4. Utilizar os números enteiros, decimais e fraccionarios para interpretar e intercambiar información en contextos da vida cotiá

Page 4: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

4

Competencia dixital (CD)

MTB1.6.1. Utiliza ferramentas tecnolóxicas para a realización de cálculos numéricos, para aprender e resolver problemas.

MTB4.1.2. Utiliza instrumentos de debuxo e ferramentas tecnolóxicas para a construción e exploración de formas xeométricas.

Aprender a aprender (CAA)

MTB1.2.1. Realiza estimacións sobre os resultados esperados e contrasta a súa validez valorando as vantaxes e os inconvenientes do seu uso

B1.3. Desenvolver e cultivar as actitudes persoais inherentes ao traballo matemático.

MTB1.4.1. Toma decisións nos procesos de resolucións de problemas valorando as consecuencias destas e a súa conveniencia pola súa

sinxeleza e utilidade.

Competencias sociais e cívicas (CSC)

MTB5.2.1. Realiza análise crítica e argumentada sobre as informacións que se presentan mediante gráficas estatísticas

MTB1.5.1. Desenvolve e amosa actitudes axeitadas para o traballo en matemáticas: esforzo, perseveranza, flexibilidade e aceptación da crítica

razoada.

Page 5: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

5

Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)

MTB1.3.1. Distingue entre problemas e exercicios e aplica as estratexias idóneas para cada caso.

MTB1.4.1. Toma decisións nos procesos de resolucións de problemas valorando as consecuencias destas e a súa conveniencia pola súa

sinxeleza e utilidade.

MTB2.5.2. Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas revisando as operacións empregadas, as unidades dos

resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e buscando outras formas de resolvelo.

MTB2.7.2. Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas: revisando as operacións empregadas, as unidades dos

resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e buscando

3.- CONCRECIÓN DE ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE: TEMPORALIZACIÓN, GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A

MATERIA, PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.

Primeiro Trimestre

Estándar Ponderación Instrumento

MTB1.1.1. Identifica patróns, regularidades e leis matemáticas en situacións de cambio, en contextos numéricos, xeométricos e funcionais.

5% Diario de clase (escala de observación)

MTB1.2.3. Realiza estimacións e elabora conxecturas sobre os resultados dos problemas a resolver, contrastando a súa validez e valorando a súa utilidade e eficacia.

5% Diario de clase (escala de observación)

MTB1.2.4. Identifica e interpreta datos e mensaxes de textos numéricos sinxelos da vida cotiá (facturas, folletos publicitarios, rebaixas...).

10% Diario de clase (escala de observación)

Page 6: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

6

MTB2.1.1. Identifica os números romanos aplicando o coñecemento á comprensión de datacións.

10% Proba escrita

MTB2.3.1. Aplica as propiedades das operacións e as relacións entre elas. 15% Proba escrita

MTB2.4.1. Emprega e automatiza algoritmos estándar de suma, resta, multiplicación e división (de ata dúas cifras) con distintos tipos de números, en comprobación de resultados en contextos de resolución de problemas e en situacións cotiás.

15% Proba escrita

MTB2.4.2. Constrúe series numéricas, ascendentes e descendentes, de cadencias 2, 10, 100 a partir calquera número e de cadencias 5, 25 e 50 a partir de múltiplos de 5, 25 e 50.

5% Proba escrita

MTB2.4.4. Estima e redondea o resultado dun cálculo valorando a resposta. 10% Proba escrita

MTB3.1.1. Estima lonxitudes, capacidades e masas de obxectos e espazos coñecidos elixindo a unidade e os instrumentos máis axeitados para medir e expresar unha medida, explicando de forma oral o proceso seguido e a estratexia utilizada.

10% Portfolio

MTB3.2.1. Suma e resta medidas de lonxitude, capacidade e masa en forma simple dando o resultado na unidade determinada de antemán.

5% Proba escrita

MTB4.1.1. Clasifica triángulos atendendo aos seus lados e aos seus ángulos, identificando as relacións entre os seus lados e entre ángulos.

5% Proba escrita

MTB4.2.1. Clasifica cuadriláteros atendendo ao paralelismo dos seus lados. 5% Proba escrita

Segundo Trimestre

Estándar Ponderación Instrumento

Page 7: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

7

MTB2.1.2. Le, escribe e ordena en textos numéricos e da vida cotiá, números (naturais, fraccións e decimais ata as milésimas), utilizando razoamentos apropiados e interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.

10% Proba escrita

MTB1.4.1. Toma decisións nos procesos de resolucións de problemas valorando as consecuencias destas e a súa conveniencia pola súa sinxeleza e utilidade.

5% Portfolio

MTB1.6.1. Utiliza ferramentas tecnolóxicas para a realización de cálculos numéricos, para aprender e resolver problemas.

2.5% Diario de clase (escala de observación)

MTB2.4.3. Elabora e emprega estratexias de cálculo mental. 10% Diario de clase (escala de observación)

MTB2.4.5. Emprega a calculadora aplicando as regras do seu funcionamento para investigar e resolver problemas.

2.5% Diario de clase (escala de observación)

MTB2.5.1. Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados, empregando estratexias heurísticas, de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando decisións.

10% Proba escrita

MTB3.1.2. Mide con instrumentos, utilizando estratexias e unidades convencionais e non convencionais, elixindo a unidade máis axeitada para a expresión dunha medida.

5% Diario de clase (lista de control)

MTB3.2.2. Expresa en forma simple a medición da lonxitude, capacidade ou masa dada en forma complexa e viceversa.

5% Proba escrita

MTB3.2.3. Compara e ordena medidas dunha mesma magnitude. 5% Proba escrita

MTB3.3.1. Resolve problemas da vida diaria utilizando as medidas temporais e as súas relacións.

15% Proba escrita

Page 8: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

8

MTB3.4.1. Coñece a función, o valor e as equivalencias entre as diferentes moedas e billetes do sistema monetario da Unión Europea utilizándoas tanto para resolver problemas en situación reais coma figuradas.

15% Proba escrita

MTB4.2.2. Identifica e diferencia os elementos básicos da circunferencia e círculo: centro, raio e diámetro.

5% Proba escrita

MTB4.3.1. Identifica e nomea polígonos atendendo o número de lados. 5% Proba escrita

MTB4.4.1. Representa a escola, o barrio ou a aldea mediante un plano ou esbozo. 5% Portfolio

Terceiro Trimestre

Estándar Ponderación Instrumento

MTB1.3.1. Distingue entre problemas e exercicios e aplica as estratexias idóneas para cada caso. 5% Proba escrita

MTB1.3.2. Iniciase na formulación de preguntas e na busca de respostas apropiadas, tanto no estudo dos conceptos

5% Diario de clase (escala)

MTB1.5.1. Desenvolve e amosa actitudes axeitadas para o traballo en matemáticas: esforzo, perseveranza, flexibilidade e aceptación da crítica razoada.

5% Diario de clase (escala)

MTB2.1.2. Le, escribe e ordena en textos numéricos e da vida cotiá, números (naturais, fraccións e decimais ata as centésimas), utilizando razoamentos apropiados e interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.

5% Proba escrita

Page 9: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

9

MTB2.2.1. Descompón, compón e redondea números naturais e decimais, interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras

5% Proba escrita

MTB2.3.2. Realiza sumas e restas de fraccións co mesmo denominador na resolución de problemas contextualizados.

10% Proba escrita

MTB2.3.3. Realiza operacións con números decimais na resolución de problemas contextualizados.

10% Proba escrita

MTB2.5.2. Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas revisando as operacións empregadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e buscando outras formas de resolvelo.

5% Portfolio

MTB2.6.1. Emprega e automatiza algoritmos estándar de suma, resta, multiplicación e división con distintos tipos de números, en comprobación de resultados en contextos de resolución de problemas e en situacións cotiás.

15% Proba escrita

MTB4.1.2. Utiliza instrumentos de debuxo e ferramentas tecnolóxicas para a construción e exploración de formas xeométricas.

5% Diario de clase (escala)

MTB4.3.2. Recoñece e identifica poliedros, prismas, pirámides e os seus elementos básicos: vértices, caras e arestas. Y

5% Proba escrita

MTB4.3.3. Recoñece e identifica corpos redondos: cono, cilindro e esfera e os seus elementos básicos.

5% Proba escrita

MTB4.5.1. Resolve problemas xeométricos que impliquen dominio dos contidos traballados, utilizando estratexias heurísticas de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando decisión.

5%

Proba escrita

Page 10: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

10

MTB4.5.2. Reflexiona sobre o proceso de resolución de problemas: revisando as operacións utilizadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto, propoñendo outras formas de resolvelo.

5% Diario de clase (escala)

MTB5.1.1. Identifica datos cualitativos e cuantitativos en situacións familiares. 10% Portfolio

4.-CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS QUE REQUIRE A MATERIA.

Potenciarase un enfoque globalizador e interdisciplinario que teña en conta a transversalidade da aprendizaxe fundamentada

en competencias.

Os métodos utilizados partirán da perspectiva do persoal docente como persoal orientador, promotor e facilitador do

desenvolvemento competencial no alumnado; ademais, deben enfocaranse á realización de tarefas ou situacións-problema

nas que o alumnado debe resolver facendo uso axeitado dos distintos tipos de coñecementos matemáticos, destrezas,

actitudes e valores. Así mesmo, mediante prácticas de traballo individual e cooperativo, teranse en conta a atención á

diversidade e o respecto polos distintos ritmos e estilos de aprendizaxe.

As estruturas de aprendizaxe cooperativa posibilitarán a resolución conxunta de tarefas e dos problemas, e potenciarán a

inclusión do alumnado.

Resulta fundamental a motivación por aprender nos alumnos/as, polo que o persoal docente xerará neles e nelas a

curiosidade e a necesidade de adquirir e aplicar coñecementos, destrezas, actitudes e valores.

Aplicaranse diferentes técnicas para a avaliación do desempeño do alumnado como por exemplo o portfolio, as rúbricas,

mapas mentais, diarios, debates, probas específicas, solución de problemas,...

O profesorado elaborará diferentes tipos de materiais, adaptados aos distintos niveis e aos diferentes estilos e ritmos de

aprendizaxe dos alumnos/as, co obxecto de atender a diversidade na aula e personalizar os procesos de construción de

Page 11: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

11

aprendizaxes. Potenciarase o uso dunha variedade de materiais e recursos, considerando especialmente a integración das

tecnoloxías da información e da comunicación no proceso de ensino-aprendizaxe que permiten o acceso a recursos virtuais.

A implicación das familias así como de axentes externos no proceso de ensino-aprendizaxe é un factor determinante que

tentaremos potenciar activamente. A súa colaboración redundará positivamente no rendemento e nos resultados académicos

do alumnado. Serán numerosas as ocasións nas que se convidará á participación de “expertos” e axentes colaboradores na

posta en práctica de tarefas e produtos sociais relevantes.

5.- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS QUE SE VAN A UTILIZAR.

- Ordenador e canon.

- Aula virtual.

- Biblioteca de aula e de centro.

-Libro de texto como material de apoio e fonte de exercicios.

- Fichas de traballo elaboradas polo profesorado.

-Libreta de traballo.

-Xogos de mesa.

-Materiais manipulativos.

-Diferentes robots educativos coma o escornabot, Wedo 2.0, DOC de parlantino,…

-Dispositivos móbiles e tablets.

6.-CRITERIOS SOBRE A AVALIACIÓN, A CUALIFICACIÓN E A PROMOCIÓN DO ALUMNADO.

Page 12: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

12

-Os referentes para a valoración do grao de adquisición das competencias e o logro dos obxectivos da etapa nas avaliacións das

áreas troncais, específicas e de libre configuración autonómica serán os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe

que figuran nos anexos I, II e III do Decreto 105/2014, do 4 de setembro. Os criterios de cualificación corresponderase coa

ponderación do perfil de área, tal e como se recolle no apartado 3 da presente programación.

-A avaliación das competencias clave está integrada na avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado, na medida en que

ser competente supón mobilizar os coñecementos, as destrezas, as actitudes e os valores para dar resposta ás situación expostas,

dotar de funcionalidade as aprendizaxes e aplicar o que se aprende desde una formulación integradora.

-O profesorado utilizará procedementos de avaliación variados para facilitar a avaliación do alumnado como parte integral do proceso

de ensino e aprendizaxe, e como unha ferramenta esencial para mellorar a calidade da educación. Así mesmo, incorporaranse

estratexias que permitan a participación do alumnado na avaliación dos seus logros, como a autoavaliación, a avaliación entre iguais

ou a coevaluación. Estes modelos de avaliación favorecen a aprendizaxe desde a reflexión e valoración do alumnado sobre as súas

propias dificultades e fortalezas, sobre a participación dos compañeiros/as nas actividades de tipo cooperativo e desde a colaboración

co profesorado na regulación do proceso de ensino-aprendizaxe. En todo caso, os distintos procedementos de avaliación utilizables,

como a observación sistemática do traballo dos alumnos/as, as probas orais e escritas, o portfolio, os protocolos de rexistro, ou os

traballos de clase, permitirán a integración de todas as competencias nun marco de avaliación coherente.

-En canto ao promoción, o alumno ou a alumna accederá ao curso ou á etapa seguinte sempre que se considere que logrou os

obxectivos que correspondan ao curso realizado ou os obxectivos da etapa, e que alcanzou o grao de adquisición das

competencias correspondentes. O equipo docente adoptará as decisións correspondentes sobre a promoción do alumnado

tomando especialmente en consideración a información e o criterio do profesorado titor/a.

Page 13: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

13

7.-INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE.

1.- Avaliación da proceso de ensino e de práctica docente Escala

(Indicadores de logro)

Proceso de ensino: 1 2 3 4

1.- O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado?

2.- Conseguiuse crear un conflito cognitivo que favoreza a aprendizaxe?

3.- Conseguiuse a motivación do alumnado?

4.- Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado?

5.- Contouse co apoio e implicación das familias no traballo do alumnado?

6.- Mantívose un contacto periódico coa familia por parte do profesorado?

7.- Tomouse algunha medida curricular para atender ao alumnado con NEAE?

8- Tomouse algunha medida organizativa para atender ao alumnado con NEAE?

9.- Atendeuse adecuadamente á diversidade do alumnado?

10.- Usáronse distintos instrumentos de avaliación?

11.- Dáse un peso real á observación do traballo na aula?

12.- Valorouse adecuadamente o traballo cooperativo do alumnado dentro do grupo?

Práctica docente: 1 2 3 4

1.- Elabóranse actividades de distinta dificultade atendendo á diversidade

2.- Elabóranse probas de avaliación de distinta dificultade para os alumnos con NEAE?

3.- Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas?

4.- Intercálase o traballo individual e en equipo?

5.- Poténcianse estratexias de animación á lectura e de comprensión e expresión oral?

Page 14: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

14

6.- Incorpóranse ás TIC aos procesos de ensino - aprendizaxe

7.- Préstase atención aos temas transversais?

8.- Realizáronse as ACS propostas e aprobadas?

9.- As medidas de apoio, reforzo, etc. establécense vinculadas aos estándares

10.- Avalíase a eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliación,.. ?

8.-ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES.

Tal e como se establece no Decreto 299/2011 de atención á diversidade, estableceranse programas específicos de reforzo para aquel

alumnado que teña materias pendentes. Así mesmo, seguiranse, sempre que sexa posible, as medidas de atención á diversidade que

define o mencionado Decreto:

a) Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás

características do alumnado.

b) Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado.

c) Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxe por proxectos e outras que

promovan a inclusión.

d) Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación.

f) Desdobramentos de grupos.

g) Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria.

h) Programas de enriquecemento curricular.

Page 15: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

15

i) Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas.

j) Programas de recuperación.

k) Programas específicos personalizados.

l) Programas de habilidades sociais.

9.-DESEÑO DA AVALIACIÓN INCIAL E MEDIDAS INDIVIDUAIS E COLECTIVAS QUE SE POIDAN ADOPTAR COMO

CONSECUENCIA DOS SEUS RESULTADOS.

En cada nivel, durante o mes de setembro e tal e como regula a lexislación vixente, realizarase unha avaliación inicial do alumnado co

fin de establecer o nivel de competencia curricular e de desempeño de cada neno/a. Dita avaliación irá encamiñada a determinar o

grao de dominio dos contidos/competencias traballadas en cursos anteriores coa finalidade de axustar a programación didáctica as

necesidades e características do grupo así como a deseñar e poñer en marcha todas aquelas medidas de atención a diversidade tanto

ordinarias como extraordinarias que sexan precisas.

Tamén será preciso detectar intereses e motivacións de todo o alumnado así como estilos de aprendizaxe de cada neno/a. Esta

información será moi valiosa á hora de desenvolver proxectos e tarefas integradas, xa que parte do éxito escolar depende en gran

medida de estes factores

10.-MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

A metodoloxía empregada converterase na mellor ferramenta de atención á diversidade. A devandita metodoloxía permitiranos

adaptarnos ás necesidades do noso alumnado ofrecéndolle diferentes tarefas e responsabilidades segundo as súas

Page 16: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

16

características. Basearemos o traballo na técnica de aprendizaxe cooperativo onde o obxectivo último será a inclusión de todo o

alumnado. Levaranse a cabo medidas de reforzo educativo por parte do titor/a naqueles casos que sexa necesario, así como

apoios polo profesorado con dispoñibilidade horaria.

No caso de aparecer alumnado con NEAE, estaremos en contacto co Departamento de Orientación para a súa valoración,

organización dos apoios requiridos e o seguimento da evolución. Nos casos xa diagnosticados levarase una estreita coordinación

entre a titoría e o resto de especialistas e continuarase coas medidas de atención á diversidade xa iniciadas o curso anterior.

Os criterios para a organización e a distribución dos recursos no ciclo intentan dar una resposta educativa adaptada á diversidade

de capacidades e ritmos de aprendizaxe do alumnado co fin de facilitar o logro dos obxectivos nesta etapa educativa.

Todos estes apoios van cambiando ao longo do curso segundo as necesidades e as evolucións dos nenos/as, pensando sempre

que este reforzo e transitorio. Os apoios se dirixirán fundamentalmente á adquisición das aprendizaxes instrumentais de lingua e

matemáticas. Destacar a importancia de establecer unha boa coordinación entre todos os profesores implicados e o Departamento

de Orientación.

O profesorado deste ciclo que dispón de sesións realiza apoios temporais noutras aulas do ciclo, e tamén atende alumnado fora

da aula. Neses apoios traballase o currículo, garantíndolle ao alumno/a con necesidades acadar os contidos da materia que se

está a impartir na aula. Esta atención individualizada incide en aspectos curriculares e en estratexias de aprendizaxe.

11.- CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS.

-Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das disciplinas de cada curso, a comprensión lectora, a expresión oral e

escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento e a educación cívica e

constitucional traballaranse en todas as disciplinas.

Page 17: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

17

-Promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social,

así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos

dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade,…

-Evitaranse os comportamentos, estereotipos e contidos sexistas, así como aqueles que supoñan discriminación por razón da

orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual,

transxénero e intersexual.

-Potenciarase o desenvolvemento e afianzamento do espírito emprendedor a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía,

a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.

-A seguridade viaria promóvese a través de accións para a mellora da convivencia e a prevención dos accidentes de tráfico, co fin

de que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes como usuario/a das vías, en calidade de peón europeo/a, persoa viaxeira e

persoa condutora de bicicletas, respecte as normas e os sinais, e de que se favoreza a convivencia, a tolerancia, a prudencia, o

autocontrol, o diálogo e a empatía con actuacións axeitadas tendentes a evitar os accidentes de tráfico e as súas secuelas.

12.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PROGRAMADAS.

- Participar nas celebracións de festas populares co Centro ( magosto, entroido, samaín, maios. . .) e nas efemérides programadas

polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares en colaboración co Equipo da Biblioteca e o Equipo de

Dinamización da Lingua Galega ( Día da Paz, Día contra a violencia de xénero, Día do Libro...)

- Viaxes culturais e visitas que se organizarán o longo do curso en función dos proxectos traballados e dos propios intereses dos

nenos e nenas.

Page 18: PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º EDUCACIÓN …...B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá. B2.7. Identificar, resolver problemas

18

- Acudir á Casa da Cultura para presenciar os actos culturais que se nos ofrezan.

-En canto as tarefas extraescolares do alumnado, estas serán deseñadas polo profesorado de tal xeito que supoñan un reforzo dos

contidos e competencias traballados. Ditas tarefas serán axustadas á idade do alumnado e as súas necesidades individuais.

Fomentarase a responsabilidade dos alumnos e alumnas na súa formación e a súa autonomía, en liña cunha cultura do esforzo e

do traballo.

13.-MECANISMOS DE REVISIÓN, DE AVALIACIÓN E DE MODIFICACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS EN RELACIÓN

COS RESULTADOS ACADÉMICOS E PROCESOS DE MELLORA.

Seguiranse os seguintes criterios:

- Impartición do 80% da materia.

- Superación dos contidos mínimos esixibles polo 50 % do alumnado.

En aqueles casos nos que os mecanismos de revisión indiquen a necesidade de modificar ou mellorar a programación,

metodoloxía, etc. Asumiranse as decisións oportunas no seo da coordinación do ciclo e do nivel, tendo en conta as orientacións da

Comisión de Coordinación Pedagóxica.