programa viaxe marrocos

8
MARROCOS: UNHA VIAXE POLAS CIDADES HISTÓRICAS, KASBAHS E DESERTO DE MERZUGA (do 30 de marzo ao 10 de abril) DIA 30 de marzo (venres): A CORUÑA-MADRID-CASABLANCA- RABAT Presentación no aeroporto da Coruña para voar con destino a Casablanca (vía Madrid). Chegada e asistencia polo guía de fala hispana. Traslado a Rabat e xantar na zona costeira. Tarde adicada á visita guiada a Rabat. Na vella medina visitaranse: a Kasbah dos Odayas, da dinastía Almohade, a Torre de Hasan II, o chellah construído polos Merinides e finalmente o Mausoleo de Mohamed V, abó do actual rei de Marrocos. Cea e aloxamento no hotel RABAT. DÍA 31 de marzo (sábado): RABAT-FEZ: beleza imperial Almorzo buffet no hotel e traslado a FEZ. Cidade declarada Patrimonio da Humanidade. Comezaremos cunha panorámica desde un dos outeiros que circundan a cidade para visitar despois as portas de chumbo (bronce) do Palacio Real, e xa a pé entraremos na medina pola porta Bab Buxelud para visitar Medersas (centros de estudos coránicos): Medersa bu Inania e Attarine. Xantar na medina de Fez. Tarde adicada aos Karabanserais e aos barrios dos artesáns. Destacan o dos curtidores (Chuara), o dos luthiers (perto da praza Smine), o dos obxectos de coiro e especialmente babuchas (Ain Allu), da henna (perto do anterior), das especias (el Attarin), dos carpinteiros (Nejjarine), dos tetuaníes (Tsetauí), e dos orfebres (rúa Merinides). Aloxamento no hotel LES MERINIDES. DÍA 1 de abril (domingo): FEZ- VOLUBILIS- MEKNES- FEZ 1

Upload: lugopatrimonio-lugopatrimonio

Post on 24-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Programa da viaxe a Marrocos organizada por LugoPatrimonio en 2012.

TRANSCRIPT

Page 1: Programa viaxe Marrocos

MARROCOS: UNHA VIAXE POLAS CIDADES HISTÓRICAS, KASBAHS E DESERTO DE MERZUGA

(do 30 de marzo ao 10 de abril)

DIA 30 de marzo (venres): A CORUÑA-MADRID-CASABLANCA-RABATPresentación no aeroporto da Coruña para voar con destino a Casablanca (vía Madrid).Chegada e asistencia polo guía de fala hispana.Traslado a Rabat e xantar na zona costeira. Tarde adicada á visita guiada a Rabat.Na vella medina visitaranse: a Kasbah dos Odayas, da dinastía Almohade, a Torre de Hasan II, o chellah construído polos Merinides e finalmente o Mausoleo de Mohamed V, abó do actual rei de Marrocos.Cea e aloxamento no hotel RABAT.

DÍA 31 de marzo (sábado): RABAT-FEZ: beleza imperialAlmorzo buffet no hotel e traslado a FEZ.Cidade declarada Patrimonio da Humanidade. Comezaremos cunha panorámica desde un dos outeiros que circundan a cidade para visitar despois as portas de chumbo (bronce) do Palacio Real, e xa a pé entraremos na medina pola porta Bab Buxelud para visitar Medersas (centros de estudos coránicos): Medersa bu Inania e Attarine.Xantar na medina de Fez.Tarde adicada aos Karabanserais e aos barrios dos artesáns. Destacan o dos curtidores (Chuara), o dos luthiers (perto da praza Smine), o dos obxectos de coiro e especialmente babuchas (Ain Allu), da henna (perto do anterior), das especias (el Attarin), dos carpinteiros (Nejjarine), dos tetuaníes (Tsetauí), e dos orfebres (rúa Merinides).Aloxamento no hotel LES MERINIDES.

DÍA 1 de abril (domingo): FEZ- VOLUBILIS- MEKNES- FEZAlmorzo buffet no hotel. Traslado a VOLÚBILIS e visita do sitio arqueolóxico.Volúbilis é unha antiga cidade romana. O seu xacemento arqueolóxico é posibelmente o mellor conservado desta área do norte de África. Foi incluído na lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco.Xantar en Meknes e visita guiada á cidade.A Unesco ten designado a Meknes como parte do Patrimonio da Humanidade polo seu carácter representativo dun complexo urbano e arquitectónico dunha capital do Magreb do século XVII que combina de forma harmónica elementos de deseño e planificación islámicos e europeos.Visita da Mellas, Bab el Mansur e Medina. Aloxamento no hotel LES MERINIDES.

DÍA 2 de abril (luns): FEZ- MEKNES- ERFUDAlmorzo no hotel. Saída deica a cidade de Midelt: panorámica e explicación do guía. Xantar en Midelt.Continuación deica Erfud, pasando por zonas paisaxística moi fermosas no Val de Ziz.Parada en Erfud, onde nos achegaremos á historia da cidade desde o seu mesmo centro.Cea e aloxamento no hotel XALUCA MAADID.

DÍA 3 de abril (martes): ERFUD- MERZUGA

1

Page 2: Programa viaxe Marrocos

Almorzo no hotel. Saída deica a zona de fósiles de Erfud. Xantar en Rissani. Visita desta cidade.Continuación cara á zona de Merzuga e deserto. Chegada ao campamento.Atardecer no deserto. Cea e aloxamento en tenda nómade dobre en BivuacXALUCA BELLE ETOILE.Posíbel encontro cultural con Alí, que nos falará sobre os Nómades.

DÍA 4 de abril (mércores):MERZUGA- UARZAZATEAmencer no deserto. Contemplación da saída do sol.Almorzo buffet en haima.Saída cara a Uarzazate moi cedo, pasando por Tinghir. Xantar en Todra e visita aos seus canóns. Seguiremos ruta polo Val do Dades e Val das rosas. Chegada a Uarzazate.Cea e aloxamento no hotel MERCURE.

DÍA 5 de abril (xoves): UARZAZATE E AS SÚAS FERMOSAS KASBAHSAlmorzo no hotel. Visita á kasbah Taurirt desprazándonos polo seu interior. Xantar en Ait Ben Haddu e visita á súa kasbah.Ás portas do deserto de pedra, nunha singular paisaxe formada por varias edificacións fortificadas de adobe, descansa a kasbah de Ait Ben Haddu como unha quimera do tempo.Ait Ben Haddu é Patrimonio da Humanidade, declarado pola Unesco no ano 1987.Cea e aloxamento no hotel MERCURE.

DÍA 6 de abril (venres): UARZAZATE- MARRAKECHAlmorzo buffet no hotel. Saída cara a Marrakech. Xantar na MedinaVisita guiada á Mesquita da Kutubia e xardíns. Construída por orde do califa Abd al-Mumin Ibn Ali durante a segunda metade do s. XII é unha das máis importantes mesquitas do Magreb. Obtén o nome dun duplo oficio, o de libreiros-calígrafos (Al-Kutbiyyine) que se instalaron nos seus arredores a finais do s. XII.As tumbas Saadies: necrópole real ricamente decorada, onde está soterrado o sultán Ahmed el-Mansur el-Dahbi, "O Vencedor, O Dourado". O palacio da Bahía: exemplo dunha rica residencia de principios do século pasado. Este palacio está composto por unha sucesión de departamentos e patios. Rematado en 1900, A Bahía foi construída polo Chambelán Ahmed Ibn Mussa. Ao solpor a praza Djem Fna: historia e visita.Aloxamento no RIAD BAHIA SALAM.

DÍA 7 de abril (sábado): MARRFAKECH (VAL DE URIKA E ARREDORES)Almorzo no hotel. Saída cara ao Val de Urika, unha excursión sensacional desde a perspectiva paisaxística. No decurso do camiño visitaremos unha casa bereber para coñecer a súa distribución interior e saborear un auténtico té á menta. Xantar nun restaurante da zona.Visita aos zocos gremiais e ás funduks do zoco de Marrakech.Aloxamento en Marrakech no RIAD BAHIA SALAM.

DÍA 8 de abril (domingo): MARRAKECH- ESSAUIRA "A BELA MOGADOR".Almorzo no hotel. Traslado a Essauira e chek in.Coñeceremos esta cidade familiar e exótica á súa vez, coas súas murallas fortificadas, o porto pesqueiro, mesmo os axiridos das gaivotas que sobrevoan sen descanso.O Skala de Ville, un impresionante bastión mariño construído nos acantilados. Unha colección de canóns europeos dos s. XVIII e XIX que bordean a pasarela e desde onde se

2

Page 3: Programa viaxe Marrocos

goza dunha excelente panorámica. O Skala de Port ofrece máis canóns e panorámicas á illa de Mogador e ao porto pesqueiro.Xantar no porto pesqueiro.Aloxamento na cidade de Essauira, hotel ATLAS MEDINA ESSAUIRA.

DÍA 9 de abril (luns): MARRAKECHAlmorzo buffet no hotel. Traslado a Marrakech.Visita á nouvelle ville e outros barrios de Marrakech, incluída a medersa de Marrakech e o Palacio El Badi.Regreso para xantar no hotel.Para finalizar a nosa viaxe por Marrocos que mellor que gozar dunha fantástica cea nun Palacio do s. XVII da Medina, con Orquestra árabe Andalusí durante a velada.Finalizada a cea, regreso ao hotel e aloxamento no RIAD BAHIA SALAM.

DÍA 10 de abril (martes): MARRAKECH- MADRID- A CORUÑAAlmorzo no hotel. Á hora indicada traslado ao aeroporto de Marrakech. Asistencia nas formalidades do aeroporto e voo de regreso. Chegada e fin dos servizos.

PRECIO POR PERSOA:

SAÍDA 30 MARZO

20 PAX 30 PAX 40 PAX

DOBRE 1.760 € 1.635 € 1.580 €

SUPLEMENTO HABITACIÓN INDIVIDUAL: 420 € (excepto na tenda do deserto que será en dobre)

O prezo inclúe: Billete de avión A Coruña-Madrid-Casablanca / Marrakech-Madrid-A Coruña con

Iberia e en clase turista. Todos os traslados. Guía profesional de fala hispana durante todo o circuíto. Autobús privado con ar acondicionado a disposición durante o circuíto (autocar de

36 prazas no caso de ser de 20 a 30 persoas, e de 46 prazas no caso de ser 40 persoas).

Visitas e entradas aos museos segundo o Programa. Ceremonia de té durante o chek in.

11 xantares: Xantar no restaurante La Peniche en Rabat. Xantar no restaurante da Medina de Fez Palis de la Medina. Xantar na Medina de Meknes Zitouna. Xantar en ruta na cidade de Midelt. Xantar en ruta en Rissani. Xantar en ruta nos canóns de Todra. Xantar en ruta en Ait Ben Haddu.

3

Page 4: Programa viaxe Marrocos

Xantar na Medina de Marrakech Palais Arabe. Xantar en Ramuntxo. Xantar no porto de Essauira Chez Sam. Xantar no hotel Tulip Farah de Marrakech.

6 ceas: Cea no hotel Rabat. Cea no hotel Xaluca Maadid de Erfud. Cea no campamento do deserto. 2 ceas no hotel Mercure de Uarzazate. Cea de despedida no Palacio do s. XVII con menú marroquí amenizado por

unha orquestra árabe andalusí durante a velada, con sonorización incluída. Aloxamento nos establecementos indicados no noso programa. Coches 4X4 Toyota Land Cruiser ou similar conducidos por chofer (para algúns

traxectos curtos, utilizando o autocar a disposición do grupo para o resto dos traxectos).

Visitas indicadas no noso programa e entradas necesarias para as mesmas. Maleteiros. Propinas. Seguro básico de viaxe. 1 mochila de viaxe por persoa.

O prezo NON inclúe: Tasas aéreas e carburante (170 euros a reconfirmar no momento da emisión). Extras nos hoteis tales como minibar, lavandaría, chamadas telefónicas, etc. Nada non especificado no apartado anterior.

HOTEIS PREVISTOS OU SIMILARES:RABAT H. RABATFEZ H. LES MERINIDESERFUD H. XALUCA MAADIDMERZUGA TENDA NÓMADE DOBRE EN BIVUAC XALUCA BELLE ETOILEUARZAZATE H. MERCUREMARRAKECH RIAD BAHIA SALAMESSAUIRA H. ATLAS MEDINA

NOTA IMPORTANTEOs nosos prezos están baseados nos cambios, tarifas, impostos e cotizacións vixentes a día 17 de novembro do 2011 e suxeitos a cambios por facturación da moeda, cambio nas tarifas de carburante e dispoñibilidade no momento de realizar a reserva en firme. Calquera alteración nalgún dos devanditos conceptos, así como a aplicación dun novo imposto suporía un reaxuste no prezo indicado.

ANOTACIÓNS PARA ESTA VIAXE: DO DÍA 15 AO 26 DE DECEMBRO (ambos inclusive).

Calendario de pagos (en base a cotización de grupo de 20 persoas):1. Até 26 de decembro: 850 euros persoa.2. Até 15 de febreiro: 500 euros por persoa.

4

Page 5: Programa viaxe Marrocos

3. Até 6 de marzo: resto da viaxe*

*Confirmarase ao cliente o importe total segundo o número de participantes.

Seguro de viaxe.Toda viaxe ten incluído un seguro base. Para mellorar a cobertura do mesmo e cubrir en casos de cancelacións xustificadas, o importe por persoa son 30 euros para cantidades até 1.500 euros, e 55 euros para cantidades até 3.000 euros. Deberase contratar no momento de confirmar a viaxe e facer o primeiro pagamento.

Os pagamentos pódense facer en efectivo, tarxeta ou transferencia bancaria.

DATOS CONTA BANCARIA: BBVA 0182 0090 42 0200232990Sempre que se faga por este medio deberase xustificar vía e-mail ou fax o resgardo da mesma.

DATOS DA AXENCIA:

VIAJES EROSKI R/ CAMIÑO REAL 150 BAIXO 27004 ( Lugo ) TFNO 982 872663 // FAX 982 872662E-mail: [email protected]

( Preguntar por Nadia )

Lugo, 14 decembro 2011

5