programa de la lx festa do albariño de cambados

24

Upload: zarate

Post on 11-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

La próxima semana se celebra en Cambados la Feria del vino más antigua de España, ven a disfrutarla con ZARATE.

TRANSCRIPT

Cando nos aprestamos a celebrar o capítulo 60 daFesta do Albariño, cómpre lembrar que este ano faltaun dos máis grandes valedores históricos do evento.Fáltanos o alento de D. Manuel Fraga que soubo trans-formar aquel encontro de fraternidade galeguista dametade do século XX na celebración máis importantede España dedicada a un viño. Sen o traballo dos viti-cultores e adegueiros e sen o impulso que o Gran Mes-tre lle imprimiu á Festa nos anos 60 dificilmentepoderíamos gabarnos dun sector punteiro, do queviven hoxe en día máis de 5.000 familias no Salnés, eque está soportando a crise gracias á súa capacidadeexportadora.A forza da nosa festa por excelencia mídese tamén porxestos de nobreza como o de Julio Iglesias, un dos máisgrandes artistas latinos da historia, que se empeñouen dar un concerto no Albariño, porque sente o com-promiso da causa albariñense como cabaleiro do Ca-pítulo Serenísimo dende 1992.Así seguimos escribindo a historia, sempre partindo doesforzado traballo dos colleiteiros e adegas, respalda-dos polo consello regulador e outras institucións. Des-eñamos un programa moi completo de actividades,con citas culturais, obradoiros, xogos, deportes, cursosformativos, xornadas técnicas, actuacións e concertosde primeiro nivel. Deste xeito mantense o efecto chamada do Albariñoque consolida a Cambados como destino turístico pri-vilexiado. Un verán máis pídovos que apoiedes con en-tusiasmo esta amigable celebración, inspirada noespíritu albariñense, e desexo que disfrutedes destafermosa tradición que xa cumpre seis décadas.

2012 FESTA do ALBARIÑO 3

Luis Aragunde AragundeAlcalde de Cambados

XUÑO

Luns 25 de xuño10.00h Excursión ao Acuapark de Cerceda. Inscricións einformación na OMIX (Centro Sociocultural A Merced, avda.da Coruña s/n, e-mail: [email protected])Telf.:986 542663.

Do martes 26 ó venres 29 de xuñoVI Campamento Urbano Infantil para nen@s de 1º e 2º deprimaria. Prezo: 12 €Inscricións e información na OMIX (Centro Sociocultural AMerced, avda. da Coruña s/n, e-mail: [email protected])Telf.:986 542 663.

Xoves 28 de xuñoAsemblea Xeral de ACEVIN21.00h No Salón de Plenos do Concello deCambados recepción oficial á xuntadirectiva da Asociación Española de Cidadesdo Viño (ACEVIN).

Venres 29 de xuño 09.30h No Salón de Congresos e Exposicións J. Peña, AsembleaXeral de ACEVIN.

Sábado 30 de xuño 11.00h No Salón de Congresos e Exposicións J. Peña, AsembleaXeral de ACEVIN.

XULLO

Durante o mes de xullo, no centro do Refuxio de Animais deCambados en a Valada Castrelo, Taller de terapia asistidapara nenos con dificultades na lectura. Unha sesión semanalpor neno. Prazas limitadas. Información e inscricións nocorreo [email protected] ou no telf. 986524670

Domingo 01 de xullo11.00h Na Praza de Fefiñáns IV Carreira Popular do Concellode Cambados.Festividade de SAN CRISTÓBAL en Castrelo09.30h No Campo da Festa de Castrelo Misa cantada polaCoral Polifónica Santa Cruz a continuación caravana devehículos engalanados.15.00h Sardiñada, mexiloada, chourizos e pan de millogratuíto. Pola noite, actuación da Discoteca Móbil Salnés eAmericanTop.

Luns 2 de xullo51 Aniversario do pasamento de Francisco Asorey10.30h Nas Casas de Cultura das Parroquias e na Biblioteca

2012 FESTA do ALBARIÑO 4

Municipal Casa dos Fraga comezodas actividades lúdico-educativaspara nenos. Necesaria inscriciónprevia.12.30-13.30h Na Biblioteca MunicipalCasa dos Fraga, comezo do Tallerde Iniciación ao Xadrez, todos osluns e mércores de xullo e agosto,impartido por membros da Asociaciónde Axedrecistas de Cambados. Prezo10€/curso completo. Información einscricións na Biblioteca.21.00h No Auditorio da Xuventude

Concerto Homenaxe a Francisco Asorey no 51 aniversario doseu pasamento. Actuación de piano a cargo da concertistaPaula Gago acompañada da soprano Esperanza Mara Filgueiraque interpretarán pezas de W.A. Mozart, C. Monteverdi, R.Schumann, P.I. TChaikovski.

Do luns 2 ao xoves 5 de xulloIX Campamento Urbano para nen@s de 3º de primaria. Inscricións e información na OMIX (Centro Sociocultural AMerced, avda. da Coruña s/n Cambados, e-mail:[email protected]) Telf.:986 542 663.

Martes 03 de xullo10.00-13.00h No Auditorio comezo do Taller de EducaciónMusical e Psicomotricidade impartido por Modesta Padín.Todos os martes e xoves de xullo e agosto, para nenos deeducación infantil. Información e inscricións na BibliotecaCasa dos Fraga.20.30h No Salón de Peña comezo do Curso de introdución óTaichi. Todos os martes e xoves de xullo e agosto. Informacióne inscricións na Biblioteca Casa dos Fraga.

Mércores 04 de xullo 17.00h No Museo do Viño Cursos de Verán da UNED “Viño ePublicidade”.Avda. da Pastora, nº 104 Info:Tlf: 986526119/Fax: 986520445 http://www.cambados.es

Xoves 05 de xullo10.30h No Museo do Viño Cursosde Verán da UNED “Viño ePublicidade”. Info:Tlf: 986526119/Fax: 986520445 Avda. da Pastora, nº 104 http://www.cambados.es 11.00-13.00h No novo centrodo Refuxio de Animais deCambados (A Valada, estrada óFacho, Castrelo), comezo doTaller de adestramento básicocon cliker e saúde animal. Todos

2012 FESTA do ALBARIÑO 5

os xoves de xullo. Prazas limitadas. Información e inscriciónsno correo [email protected] ou no telf. 98652467012.30-13.30h Na Biblioteca Casa dos Fraga comezo do Tallerde iniciación á língua francesa “Français pour les petites”.

Venres 06 de xullo Festival ROCK FM10.00-11.00h Na BibliotecaCasa dos Fraga comezo de IogaInfantil. Prezo 25€/ cursocompleto, todos os venres dexullo e agosto.10.30h No Museo do ViñoCursos de Verán da UNED “Viño

e Publicidade”. Info:Teléfono: 986526119 | Fax: 986520445| Avda. da Pastora, nº 104 | http://www.cambados.es|e-mail: [email protected] Na Biblioteca Casa dos Fraga comezo de Cursode debuxo e pintura. Prezo 12€/mes, todos os venres dexullo e agosto.

Luns 09 de xulloDurante a mañá, na Casa de Cultura de Corvillón, comezo doObradoiro de Bixutería empregando material de refugallo,todos os luns de xullo. Prezo 12€.

Martes 10 de xulloDurante a mañá, nas Casas de Cultura de Vilariño e Oubiña,comezo do Obradoiro de Bixutería empregando material derefugallo, todos os martes de xullo. Prezo 12€.

Mércores 11 de xulloSAN BENITO (Festivo local) Alborada a cargo de grupos de gaitas07.00h Comezo das misas en Fefiñáns12.30h Misa solemne18.00-20.00h Misas de tarde20.30h Procesión de San Benito22.30h Na Praza de Fefiñáns, verbena popular coa actuaciónda orquestra Super Star.

Xoves 12 de xulloNas pistas de tenis do Complexo Deportivo do Pombal,comezo do XII Torneo Social de Tenis.17.00-20.00h No Museo do Viño Curso de Cata. Info: Teléfono:986526119|Fax: 986520445|Avda. da Pastora, nº 104http://www.cambados.es e-mail: [email protected]

Venres 13 de xullo XI Edición das Xornadas de Exaltación da Vieira 13.30h No Paseo da Calzada, inauguración das XI Xornadasde Exaltación da Vieira.

2012 FESTA do ALBARIÑO 6

Apertura da carpa gastronómica onde se poderá degustar omolusco elaborado de diferentes maneiras.No Complexo Deportivo do Pombal, remate do XII TorneoSocial de Tenis.17.00-20.00h No Museo do Viño Curso de cata. Info: Teléfono:986526119 | Fax: 986520445 | Avda. da Pastora, nº 104 |http://www.cambados.es|e-mail: [email protected]. Na Illa das Goritas Porto Deportivo X AniversarioMáxima Fm Radio Dance Summer Festival 2012 Dance World.Actuación do DJ Jose A.M.(Máxima fm), Conexión Dance,Live Show Percusión Andreiby Pérez & Andrés Saavedra,ARPO44 DJ, ROI DJ, MINGOS DJ, JAVI TORRES DJ, DJ BENTO&DJLIT.Live Act, Visuais, Go-Gós.

Sábado 14 de xullo XI Edición das Xornadas de Exaltación da Vieira SAN ANTONIO, Patrón da Confraría de PescadoresAlborada a cargo de grupos de gaitas13.00h Na Igrexa Parroquial, misa cantada pola Coral SantaMariña13.00h Apertura da carpa gastronómica onde se poderádegustar o molusco elaborado de diferentes maneiras.14.30h No Parador do Albariño, Xantar de Confraternidadedas XI Xornadas de Exaltación da Vieira.20.00h Misa cantada na Igrexa Parroquial22.30h Na Praza do Concello verbena popular coa actuacióndas orquestras Samba e Midas.

Domingo 15 de xulloXI Edición das Xornadas de Exaltación da Vieira VIRXE DO CARMEAlborada a cargo de grupos de gaitas.12.00h En Fefiñáns Misa cantada pola Coral Santa Mariña e,

2012 FESTA do ALBARIÑO 7

a continuación, traslado dasimaxes á Confraría.13.00h Apertura da carpagastronómica onde se poderádegustar o molusco elaborado dediferentes maneiras.13.30h No Paseo da Calzada,Concurso Gastronómico da Vieira.Categoría única para particularese profesionais, información einscricións nas oficinas de “VieiraPorto de Cambados”.19.00h Saída da procesión dendea Confraría acompañando ás

imaxes do Carme e San Antonio ata o peirao de Tragove. 19.30h Misa de campaña e posterior Procesión Marítima.22.30h Na Praza do Concello verbena popular coa actuacióndas orquestras Bluestar e Alkar

Martes 17 de xullo 22.30h No Parque de Torrado, Cine na Rúa coa proxección dapelícula “Os Pitufos” para todos os públicos. Animación;dirección: Raja Gosnell; duración 103 min.

Mércores 18 de xulloFestividade de Santa Mariña, Patroa de Cambados 12.00h Misa cantada na Igrexa Parroquial18.00h Na Praza Concello, bailes rexionais20.00h No parque do Pazo de Torrado Festa Infantil a a cargode Fantasía Animación20.30h Misa rezada e a continuación procesión22.30h No aparcadoiro da Praza de Abastos actuación dasorquestras Atlanta de Vigo e Ismael e o Grupo Analxésico.

Xoves 19 de xullo17.00-20.00h No museo do Viño Curso de Cata de augaardente.Info: Teléfono: 986526119 | Fax: 986520445 | Avda. daPastora, nº 104 | http://www.cambados.es | e-mail:[email protected]

17.00h Pola tarde saída da Praza do Concelloda Excursión ó Gaiás, na Cidade da Cultura,para visitar a exposición de escultura“Gallaecia Petrea”. Inscricións nodepartamento de cultura do Concello deCambados 986 524 888.

Venres 20 de xullo10.00h Excursión ó Parque Natural de Marcelle. Inscricións einformación na OMIX (Centro Sociocultural A Merced, Avda.da Coruña s/n Cambados, e-mail: [email protected])Telf.:986542 663. Prezo 20€.16.00h No peirao de San Tomé XVI Trofeo de Piragüismo.

2012 FESTA do ALBARIÑO 8

Sábado 21 de xullo SANTA MARGARITAAlborada a cargo de grupos de gaitas.12.00h Sardiñada, mexiloada, pan de millo e viño tinto paraos asistentes.13.30h Concerto a cargo da Banda de Música. 20.30h Misa solemne na capela de Santa Margarita e acontinuación procesión. 22.00h En San Tomé verbena popular coa actuación dasorquestras Latino e Cosmos.

Domingo 22 de xullo11.00-22.00h II Xuntanza de Cetreiros no Pazo de Torradoorganizado pola Asociación Galega de Cetrería.Na Praza de Fefiñáns, Campus do Mar da Universidade deVigo. Campaña Mergúllate no Océano con talleres dedivulgación científica mariña para o público en xeral,actividades lúdicas e xogos organizados pola U. de Vigo.

Luns 23 de xullo10.00h-12.00h No Centro Sociocultural A Merced curso deTaller de coiro. Inscricións e información na OMIX (avda. daCoruña s/n, e-mail: [email protected]).Telf.:986 542 66310.00-14.00h e 16.00-20.00h No peirao de Tragove, Comezoda XIV Escola de verán de vela, ata o 27 de xullo.Na Praza de Fefiñáns, Campus do Mar da Universidade deVigo. Campaña Mergúllate no Océano con talleres dedivulgación científica mariña para o público en xeral,actividades lúdicas e xogos organizados pola Universidadede Vigo.22.30h Cine na Rúa coa proxección de cine submarinoorganizado pola U. de Vigo.

Martes 24 de xulloNa Praza de Fefiñáns, último día do Campus do Mar daUniversidade de Vigo. Campaña Mergúllate no Océano con

talleres de divulgación científicamariña para o público en xeral,actividades lúdicas e xogosorganizados pola U. de Vigo.10.00h-12.00h No CentroSociocultural A Merced curso de

Taller de coiro. Inscricións e información na OMIX (avda. daCoruña s/n, e-mail: [email protected])Telf.:986 542 663

Mércores 25 de xulloSantiago Apóstolo. Día de Galicia e Patrón de España.12.00h Festa da Paella en Castrelo. Elaboración e degustaciónda paella xigante amenizada por Discoteca Móbil Salnés .

Xoves 26 de xullo10.00h No Museo do Viño Encontro da UniversidadeInternacional Menéndez Pelayo “Cambados na Historia”.

2012 FESTA do ALBARIÑO 9

Info: Teléfono: 986526119 | Fax: 986520445 | Avda. daPastora, nº 104 | http://www.cambados.es | e-mail: [email protected] Dende a praia de Santo Tomé, e dentro das actividadesprogramadas nos campamentos urbáns, xornada de Iniciaciónao Manexo de Kaiaks. Inscricións e información na OMIX(Centro Sociocultural A Merced, avda. da Coruña s/n, e-mail: [email protected])Telf.:986 542 663.21.00h Na igrexa de San Benito ciclo Noites Musicais a cargode alumnos do Conservatorio de Música do Concello deCambados coordinados por Modesta Padín.

Venres 27 de xullo10.30h No Museo do ViñoEncontro da UniversidadeInternacional Menéndez Pelayo“Cambados na Historia”. Info:

Teléfono: 986526119 | Fax: 986520445 | Avda. da Pastora, nº104 | http://www.cambados.es | e-mail:[email protected]

Sábado 28 de xullo. En Ponte Arnelas Festa Medievalorganizada polos concello de Ribadumia,Vilanova de Arousa, Cambados eDeputación de Pontevedra

Domingo 29 de xullo Elección da Raíña e Damas da LX Festado Albariño09.00h-21.00h No Paseo da CalzadaRastro de Antigüidades.22.00h Na Praza de Fefiñáns Elecciónda Raíña e Damas da LX Festa doAlbariño. 22.30h Concerto Esteban Batallántrompeta solista da Sinfónica de Granadaco grupo cambadés Manso y Amigos.José Antonio Vilas, Trombón e violín;Moncho Vieites, Trombón e violín;Olegario Falcón; Trompeta e voz; BlasDomínguez, guitarra e voz; Juan Silva,guitarra e voz; Salvador Cores “Manso”,acordeón e voz.

Martes 31 de xulloLX FESTA DO VIÑO ALBARIÑOAlborada a cargo de grupos de gaitas.13.15h Apertura dos stands de degustación na Calzada.23.00h Na Praza de Fefiñáns Concertos do Albariño coaactuación en directo do grupos PLV HAVOC E CORIZONAS(ARIZONA BABY & LOS CORONAS) DOS BANDAS Y UN DESTINO.

2012 FESTA do ALBARIÑO 10

AGOSTO

No Pazo de Torrado Exposición da Real Academia Galega deBelas Artes Nosa Señora do Rosario con obras do artista eacadémico Manuel Quintana Martelo.

Mércores 01 de agosto LX FESTA DO VIÑO ALBARIÑO13.00h No Paseo da Calzada inauguración da LX Edición daFesta do Viño Albariño a cargo do Conselleiro do MedioRural, o Presidente da Deputación de Pontevedra, o DelegadoTerritorial da Xunta e o Alcalde de Cambados.13.00h e 21.00h No Paseo da Calzada percusión e ritmos narúa a cargo de Omar Percussion Group. 22.00h Na Praza do Concello verbena popular coa actuaciónde Los Príncipes e M30.23.00h Na Praza de Fefiñáns, Concertos do Albariño coaactuación do Artista Internacional JULIO IGLESIAS

Xoves 02 de agosto LX FESTA DO VIÑO ALBARIÑODurante a mañá, na Casa de Cultura de Castrelo, comezo doTaller de Debuxo e Pintura, todos os xoves de agosto. Prezo12€.11.00-13.30h//18.00-20.30h Túnel Profesional do Viñoorganizado polo Consello Regulador da D.O. Rias Baixas, noSalón de Congresos e Exposicións José Peña. (15€/persoa)13.00h e 21.00h No Paseo da Calzada percusión e ritmos narúa a cargo de Omar Percussion Group.22.00h Na Praza do Concello actuación das orquestrasInternacional D´Tacón e Studio 21 22.30h Na Praza de Fefiñáns XV Gala do Albariño onde sefará entrega dos premios nos eidos de Cultura e ArtesPlásticas, Empresarial, Deportes, Atención Social, Xornalismoe Comunicación Social. 23.00h Concertos do Albariño coa actuación de LA GUARDIA,SORAYA e o mítico MANOLO ESCOBAR.

2012 FESTA do ALBARIÑO 13

Venres 03 de agostoLX FESTA DO VIÑO ALBARIÑO11-13.30h/18-20.30h Túnel Profesional do Viño organizadopolo Consello Regulador da D.O. Rias Baixas, no Salón deCongresos e Exposicións José Peña. (15€/persoa)13:00h e 21:00h No paseo da Calzada percusión e ritmos narúa a cargo de Omar Percussion Group.16.30h No Museo Etnográfico e do Viño Xornadas Técnicas doAlbariño. Participación de diferentes expertos no cultivo,elaboración e comercialización do viño.16.45h. Oxíxeno e viño branco: inimigos íntimos. José ManuelÁlvarez. Licenciado Ciencias Químicas. Departamento deInvestigación Aplicada AEB Ibérica- AEB-Group.17.45h. Resultados da selección clonal do cultivar Albariño.María José Graña Caneiro Enxeñeiro Agrónomo EstaciónExperimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia.18.45h. O Albariño e os liñaxes galegos da vide. Emilia DíazLosada-Dra Bioloxía. Estación de Viticultura e Enoloxía deGalicia. Santiago Pereira Lorenzo-Enxeñeiro AgrónomoCatedrático da USC (Escola Politécnica Superior CampusLugo)19:30 Clausura22.00h Na Praza do Concello verbena popular coa actuacióndas orquestras Yuckatán e Kamelot.23.00h Na Praza de Fefiñáns, Concertos do Albariño coaactuación en directo de BLACK STONES e MACACO

Sábado 04 de agostoLX FESTA DO VIÑO ALBARIÑOAlborada a cargo de grupos de gaitas.11.00h No Parador de Turismo Cata Prima.11.00-13.30h//18.00-20.30h Túnel Profesional do Viñoorganizado polo Consello Regulador da D.O. Rias Baixas, noSalón de Congresos e Exposicións José Peña. (15€/persoa)13.15h No Pazo de Torrado solemne acto de irmanamentoentre o Viño Albariño e o Viño de Ribera del Duero oficiadopolos máximos representantes das confrarías de ambas asdúas institucións. 22.30h Na Praza do Concello verbena popular coa actuacióndas orquestras Venus e Cosmos 23.00h Na Praza de Fefiñáns Concertos do Albariño coaactuación de TURBOLASER e XOEL LÓPEZ

Domingo 05 de agostoLX FESTA DO VIÑO ALBARIÑOAlborada a cargo de grupos de gaitas 11.00h No Complexo Deportivo do Pombal, XXVI Campionatode Chave do Albariño.11.15h No Parador de Turismo Cata Derradeira.13.00h Na Casa do Concello recepción de Autoridades . 13.20h Saída do desfile do Capítulo Serenísimo do Albariño,das Confrarías e das Autoridades cara a Fefiñáns acompañadosdos grupos folclóricos de Cambados.

2012 FESTA do ALBARIÑO 15

13.45h No Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns Solemne Actode Investidura das Damas, Cabaleiros do Albariño, no que sefará entrega das distincións e nomeamentos de XóvenesAlbariñenses, Albariñenses de Honra e Follas de Prata.14.30h Xantar do Albariño coa lectura do Pregón, aperturapolo Sr. Notario do sobre que contén os nomes dos viñospremiados na LX Festa do Albariño e actuación dos Danzantesde Cobas e os Carballeiras.

20.30h Na Praza de Fefiñáns OALBARIÑO DOS MÁIS PEQUENIÑOSCO MUSICAL “EL LIBRO DE LOSCUENTOS”. Musical infantil baseadoen 12 contos clásicos con letra emúsica orixinal: La sirenita, ElPatito Feo, El flautista de Hamelim,Blancanieves, Pinocho, CaperucitaRoja, El Gato con Botas…. 22.00h Na Praza do Concelloverbena popular coa actuación daOrquestra Estrellas Azules.24.00h No peirao de Cambados,

Gran Espectáculo Pirotécnico como colofón da LX Festa doViño Albariño.

Luns 06 de agostoSANTOS XUSTO E PASTOR19.00h Misa no monte de Pastora e a continuación procesión.Durante a mañá, na Casa de Cultura de Corvillón, comezo doTaller de Debuxo e Pintura, todos os luns de agosto. Prezo12€.

2012 FESTA do ALBARIÑO 16

Martes 07 de agostoDurante a mañá, nas Casas de Cultura de Vilariño e Oubiña,comezo do Taller de Debuxo e Pintura, todos os martes deagosto. Prezo 12€.SAN MAMEDE, Patrón de CorvillónAlborada a cargo de grupos de gaitas.20.00h Misa cantada na Parroquial e a continuación procesiónacompañada de grupos de gaitas.22.30h No Campo da Festa de Corvillón verbena popular.

Mércores 08 de agostoO CARME en CorvillónAlborada a cargo de grupos de gaitas.19.30h Procesión dende a Igrexa Parroquial ao Campo daFesta acompañada da banda de música e grupos folclóricos.20.00h Misa cantada no Campo da Festa.22.30h No Campo da Festa de Corvillón verbena popular.

Xoves 09 de agostoSAN ANTONIO en Corvillón Alborada a cargo de grupos de gaitas.20.00h Misa cantada na Parroquial e a continuación procesiónacompañada de grupos de gaitas.17.00h Pola tarde saída da Praza do Concello da Excursión óGaiás, na Cidade da Cultura, para visitar a exposición deescultura “Gallaecia Petrea”. Inscricións no departamentode cultura do Concello de Cambados 986 524 888.

Venres 10 de agosto Festa Europea do Viño eV feira de Artesanía eComercioAlborada a cargo degrupos de gaitas.13.00h No Paseo daCalzada Inauguración dosstands de produtosartesáns e dos viños domundo.

19.00h No paseo marítimo de San Tomé, XVIII Milla Urbanado Albariño21.00h No Pazo de Torrado Festival Folclórico do Concello deCambados Homenaxe ao gaiteiro Ernesto Abal coa actuacióndo Grupo de Gaitas da Casa de Galicia en Nova York, Con deXido, Os Carballeiras, Obradoiro Cultural Volandeira, Xironsae Os Faíscas.

Sábado 11 de agostoFesta Europea do Viño e V feira de Artesanía e ComercioAlborada a cargo de grupos de gaitas.16.30h No circuíto urbano de Cambados, XLV Gran PremioCiclista do Albariño.22.00h Na Praza de Fefiñáns “Brinde das Estrelas” e fogosartificiais.

2012 FESTA do ALBARIÑO 17

22.00h Na Praza de Fefiñáns concerto do grupo de bossanova e ritmos brasileiros Gafieira Miuda VIRXE DO CARME en VilariñoAlborada a cargo de grupos de gaitas.20.00h Misa e de seguido procesión.22.00h No Campo da Festa de Vilariño, verbena popular egran chocolatada e rosca para os asistentes.

Domingo 12 de agostoFesta Europea do Viño e V feira deArtesanía e ComercioVII Encontro Internacional dePalilleiras no Pazo de Torrado Alborada a cargo de grupos degaitas.10.00-11.00h No Pazo de Torradoacto de presentación das palilleiras.10.45h Na Praza de Fefiñánsconcentración e exposición demotos antigas a cargo do clube“Motos Vellas do Salnés”

11.00-20.00h Exhibición dos traballos realizados polosdiferentes colectivos invitados.14.00-16.00h Xantar dos participantes17.00h No Pazo de Torrado entrega de distintivos ósparticipantes.20.00h Clausura do Encontro.19.00h No Campo de Burgáns XLI Trofeo Albariño de Fútbol.VIRXE DO CARME en Vilariño18.00h No Campo da Festa animación infantil con inchables,xogos e festa da escuma.19.00h No Campo da Festa partido de fútbol 7 feminino.

Martes 14 de agosto22.30h No Parque de Torrado, Cine na Rúa coa proxecciónda película “Las aventuras de Tintín, el secreto delunicornio” para todos os públicos. Aventuras; dirección:Steven Spielberg; duración 109 min.

Xoves 16 de agostoSAN ROQUEAlborada a cargo dos grupos de gaitas acompañados depapamoscas e cabezudos.12.00h Misa Solemne na Parroquial na honra do Santo.20.30h Procesión polas rúas de costume.22.30h Na Praza do Concello verbena popular.

Venres 17 de agosto10.00-22.00h No Paseo da Calzada Feira de Oportunidadesorganizada pola Asoc. De Comerciantes Zona Centro.Sábado 18 de agostoROMARÍA DA VIRXE DA PASTORA10.00-22.00h No Paseo da Calzada Feira de Oportunidades

2012 FESTA do ALBARIÑO 18

organizada pola Asoc. de Comerciantes Zona Centro.22.00h No Monte da Pastora Festa da Xuventude coa actuacióndos grupos Pop-Rock Los Amigos de Blas e El Llanto de unCiego. Ó longo da noite “VI Queimada Popular” organizadapola comisión de festas.

Do 18 ó 21 de agosto Nas pistas de tenis do Complexo Deportivo do Pombal, XVOpen de Tenis.

Domingo 19 de agostoROMARÍA DA VIRXE DA PASTORAAlborada a cargo de grupos de gaitas.09.00-21.00h Nos xardíns da Calzada Rastro de Antigüidades.10.00-22.00h No Paseo da Calzada Feira de Oportunidadesorganizada pola Asoc. de Comerciantes Zona Centro.12.30h Misa cantada pola coral Santa Mariña de Cambados19.00h Misa e a continuación Procesión.21.30h Na Praza do Concello verbena popular coa actuacióndas orquestras Duo Colores e Suavecito.19.00h No Campo de Burgáns, XXX Trofeo de Fútbol Vila deCambados

Do Luns 20 ó martes 28 de agosto No IES Ramón Cabanillas XXVIII Open Internacional de Xadrez

Xoves 23 de agosto21.00h No Parque de Torrado remate do ciclo Noites Musicaisa cargo de alumnos do Conservatorio de Música do Concellode Cambados coordinados por Modesta Padín.

Sábado 25 de agosto10.30h No pavillón de San Tomé, comezo do XXXVI Torneo deTenis de mesa.No Campo da Festa de Corvillón X Festival Xironsa coaactuación da grupo tradicional Canibela e Xironsa. SAN ROQUE en Vilariño22.00h No Campo da Festa, verbena popular coa actuacióndas orquestras Cristal e Alvein00.30h Xamonada popular

Domingo 26 de agostoNo IES Cabanillas, XXVII Open Infantil de Xadrez10.30 No pavillón de San Tomé, remate do XXXVI Torneo deTenis de mesa.19.00h No Pazo de Torrado III Mostra de Artes Marciais.Exhibición de Taekwondo infantil, Judo y Mma (artes marciaismixtas). Organiza o Clube de Taekwondo Cambados-VitalSport.SAN ROQUE en VilariñoAlborada a cargo de grupos de gaitas.12.30h Misa solemne e procesión. Ó remate subasta dasofrendas feitas ó santo.

2012 FESTA do ALBARIÑO 19

Martes 28 de agostoNa Praza de Fefiñáns, actividades lúdicas e deportivaspromovidas pola organización da Volta Ciclista a España

Mércores 29 de agostoVolta Ciclista a EspañaDende a Praza de Fefiñáns 11ª etapa da Volta Ciclista aEspaña. Saída ó longo da mañá da contrareloxo Cambados-Pontevedra cun percorrido de 40km. 10.30h Saída dende a Praza do Concello ó Monte de Castrovepara participar nas XIII Xornadas de Introdución ó Golf21.00h No Auditorio Municipal, Concerto de verán dos alumnosda Academia de Música 5ª Sinfonía.

Xoves 30 de agosto10.30h Saída dende a Praza do Concello ó Monte de Castrovepara participar nas XIII Xornadas de Introdución ó Golf

Venres 31 de agosto19.30h No Pazo de Torrado Día dos Nen@s. Festa infantil dedespedida das actividades de verán organizadas polo Concellode Cambados. Haberá música, inchables, globloflexia,maquillaxe…22.30h No Campo da Festa de Castrelo Festa da Xuventudecoa actuación de Discoteca Salnés Móbil.

2012 FESTA do ALBARIÑO 20

SETEMBRO

Sabado 01 de setembro07.30h Dende o Pantalán de San Tomé, e dentro da ría deArousa II Concurso de Pesca Deportiva a Flote.A partir das 12.00h II Running Por Dereito Reto 24h!!,actividade organizada pola Asociación cambadesa para aconcienciación do Autismo “Por Dereito”.San Roque en Castrelo13.00h Misa cantada na Igrexa Parroquial e de seguidoprocesión polos lugares de costume.20.00h No Campo da Festa actuación dos “Hermanos Calatrava”e verbena popular a cargo de Discoteca Salnés Móbil eAcuarela.

Domingo 02 de setembro 12.00h Final da II Running Por Dereito Reto 24h!!, actividadeorganizada pola Asociación cambadesa para a concienciacióndo Autismo “Por Dereito”. San Ramón en Castrelo13.00h Misa cantada e procesiónPola tarde festa infantil e actuación do grupo de teatro dacatequese de Castrelo.22.00h No Campo da Festa Verbena Popular coa actuacióndas orquestras Iris e Nebrasca.

Luns 03 de setembro22.00h No Campo da Festa de Castrelo actuación a cargo dohumorista David Amor e da orquestra Paraíso.

Sábado 8 de setembroA VALVANERA en San ToméAlborada a cargo de grupos de gaitas12.00h Misa na capilla da Valvanera16.00h No peirao de San Tomé, Encontro de embarcaciónstradicionais III Memorial Tito Silva17.00h Competición de barcos tradicionais.22.00h Na escalinata de San Tomé verbena popular coaactuación das orquestras Venus e Cosmos.24.00h Elección da Raíña e Damas da Festa da Valvanera.

Domingo 09 de setembroA VALVANERA en San ToméAlborada a cargo de grupos de gaitas12.30h Na capela do Asilo Misa solemne.20.30h Procesión22.00h Na escalinata de San Tomé verbena popular a cargoda Banda de Música de Castrelo e o grupo ArenaSábado 15 de setembro19.00h No pavillón do Complexo Deportivo do Pombal, Trofeode Baloncesto do Albariño.

2012 FESTA do ALBARIÑO 21

Sabado 22 de setembroOS DOLORES en Corvillón 09.00h Misa rezada19.00h Misa e a continuación procesión.

Domingo 23 de setembroSAN ROQUE en Corvillón 09.00h Misa rezada 19.00h Misa cantada e a continuación procesión.

Sábado 29 e domingo 30 de setembroFesta da Vendima Xornada de portas abertas na Rede Museística de Cambados.

OUTUBRO

Sábado 13 de outubroFesta da Colleita en Castrelo 11.00h Xogos Tradicionais.22.00h No Campo da Festa reparto de viño novo e rosca e deseguido actuacións a cargo dos grupos do “Home Orquestra”e Salnés Móbil.

Domingo 14 de outubroFesta da Colleita en Castrelo 10.00h Xogos Tradicionais.12.00h No Campo da Festa Misa13.00h Maratón para nen@s e adultos14.00h Gran Parrillada e animación a cargo de Salnés Móbil 20.00h Entrega de trofeos e clausura.

2012 FESTA do ALBARIÑO 23

PRESIDENCIASecretaría Xeral para oTurismo

Gárdasme o segredo?

Concello de Cambados

DENOMINACIÓN DE ORIX E