programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

68
DEPARTAMENTO DE SANIDADE Instituto de Educación Secundaria “Leixa” UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO “O FSE inviste no teu futuro” Revisión 0 - 30.05.2014 IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 1 Programa de actuacións pedagóxicas (metodoloxía e avaliación) e organi- zación docente do departamento de Sanidade

Upload: francisco-jose-teijido-lopez

Post on 28-Mar-2016

242 views

Category:

Documents


13 download

DESCRIPTION

Procedemento elaborado por un grupo de traballo integrado por docentes da familia de Sanidade para protocolizar actuacións metodolóxicas, avaliadoras e organizativas no departamento de Sanidade do IES Leixa (Ferrol)

TRANSCRIPT

Page 1: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 1

Programa de actuacións pedagóxicas

(metodoloxía e avaliación) e organi-

zación docente do departamento de

Sanidade

Page 2: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

2 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Page 3: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 3

Programa de actuacións pedagóxicas (metodoloxía e avaliación) e orga-nización docente (Familia profesional SAN, IES Leixa)

Page 4: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

4 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Este procedemento é o resultado dun grupo de traballo realizado no curso 2013-2014 e integrado polos seguintes docentes do departamento de Sanidade do IES Leixa:

Mª Teresa Lomba Lorenzo

María Jesús Pena Rivera

Ana Prado Nistal

Laura Ríos Dalama

Ana Mª Roel Ares

Mª Cristal Romero Rodríguez

Mª Dorinda Teijeiro González

Francisco José Teijido López (coordinador)

Eva Trasmonte Castiñeira

A presente obra distribúese baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial

Financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordena-ción Universitaria

Page 5: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 5

Tanto a LOE como a LOMCE inclúen no seu articulado referencias claras á necesidade de que os centros educativos dispoñan dun elevado grao de autonomía na organización dos centros. Así a LOE cita no seu artigo 1, principios:

i) La autonomía para establecer y adecuar las actuaciones organizativas y curriculares en el marco de las competencias y responsabilidades que corresponden al Estado, a las Comunidades Autónomas, a las corporaciones locales y a los centros educativos.

j) La participación de la comunidad educativa en la organización, gobierno y funcionamiento de los centros docentes.

Neste sentido, a LOE dedica o seu título V á Participación, autonomía e goberno dos centros onde se desenvolven estes preceptos, e respecto aos órganos de coordinación didáctica menciona no seu artigo 130.2 o seguinte:

2. En los institutos de educación secundaria existirán, entre los órganos de coordinación docen-te, departamentos de coordinación didáctica que se encargarán de la organización y desarrollo de las enseñanzas propias de las materias o módulos que se les encomienden.

Pola súa banda, a LOMCE fai referencia clara á potenciación da autonomía dos centros edu-cativos e introduce un novo artigo 6.bis que di:

5. Las Administraciones educativas fomentarán y potenciarán la autonomía de los centros, eva-luarán sus resultados y aplicarán los oportunos planes de actuación.

Xustificación

Page 6: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

6 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Los centros docentes desarrollarán y complementarán, en su caso, el currículo de las diferentes etapas y ciclos en uso de su autonomía, tal y como se recoge en el capítulo II del título V de la presente Ley.

Do mesmo xeito, introduce modificacións nos apartados 3 e 4 do artigo 120 que queda re-dactado do seguinte xeito:

«3. Las Administraciones educativas potenciarán y promoverán la autonomía de los centros, de forma que sus recursos económicos, materiales y humanos puedan adecuarse a los planes de trabajo y organización que elaboren, una vez que sean convenientemente evaluados y valorados. Los centros sostenidos con fondos públicos deberán rendir cuentas de los resultados obtenidos.

. . .

4. Los centros, en el ejercicio de su autonomía, pueden adoptar experimentaciones, planes de trabajo, formas de organización, normas de convivencia y ampliación del calendario escolar o del horario lectivo de áreas o materias, en los términos que establezcan las Administraciones educa-tivas y dentro de las posibilidades que permita la normativa aplicable, incluida la laboral, sin que, en ningún caso, se impongan aportaciones a las familias ni exigencias para las Administraciones educativas.»

Tamén se modifica o artigo 124 que queda redactado así:

4. Las Administraciones educativas facilitarán que los centros, en el marco de su autonomía, puedan elaborar sus propias normas de organización y funcionamiento.»

Así pois, o lexislador é consciente de que o funcionamento dun centro debe contar coa ne-cesaria autonomía para desenvolver as súas función con eficacia e calidade introducindo elementos de xestión e innovación educativa.

A organización dun centro educativo é complexa sobre todo cando imparte ensinanzas de formación profesional. Máis no caso de que a organización interna lle dea responsabilidades e autonomía aos departamentos para xestionar os seus propios recursos, espazos e dota-cións, actividades, … como é o caso do IES Leixa.

De feito, as normas de organización e funcionamento do IES Leixa contemplan, no seu punto IV.5.3 a posibilidade de que os departamentos didácticos conten cun regulamento interno de departamento.

A medida que pasan os anos van introducíndose formas de traballar que na meirande parte dos casos quedan implícitas no quefacer diario pero non se chegan a explicitar en procede-mentos, actividades e tarefas que sirvan como referente, o que a medio e longo prazo acaba por pasar factura, ben porque se interiorizan como formas de traballar “legais” ou porque non se chega a un consenso que, a falta de procedementos escritos, introducen elementos disonantes que alteran o clima de convivencia ou simplemente dificultan o obxectivo último do centro educativo, que é dar formación nas mellores condicións para os nosos estudantes.

Page 7: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 7

Por esta razón o actual equipo de dirección do instituto introduciu no seu proxecto estraté-xico que tanto o departamento de Artes Gráficas, como o de Sanidade (o curso pasado inte-grouse tamén o de Servizos socioculturais e á comunidade) desenvolvan un regulamento interno que plasme de forma clara a organización interna e as formas de traballar.

No instituto xa hai moitos antecedentes que axudan a centrar a atención deste traballo. A organización interna, o desenvolvemento de protocolos, o seguimento documental, os pro-gramas internos, … son moitos avances que guían o traballo dos departamentos. Ademais e durante moitos anos creouse unha conciencia de traballo en grupo que se fai visible a través de numerosos seminarios permanentes e grupos de traballo que consolidan formas e puntos de vista facilitadores da organización de obxectivos e a súa consecución.

Obxectivo: O obxectivo principal deste traballo é redactar un procedemento escrito que permita a coordinación das actuacións pedagóxicas e se dispoña de protocolos comúns para a utilización de espazos e recursos.

Page 8: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

8 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Page 9: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 9

Índice de contidos:

Xustificación ................................................................................................. 5

Obxectivo ..................................................................................................... 6

1. Metodoloxía xeral nos procesos de ensino-aprendizaxe ......................... 11 1.1. A dinámica da clase ....................................................................... 13 1.2. Os ritmos das clases ...................................................................... 14 1.3. Claves metodolóxicas .................................................................... 16

2. Normas de convivencia ........................................................................... 19 2.1. O uso das aulas ............................................................................. 21 2.2. A seguridade e hixiene no traballo ................................................ 23 2.3. Os residuos .................................................................................. 23

3. A formación en centros de traballo ......................................................... 25 3.1. A exención da FCT ......................................................................... 26

4. Avaliación do proceso ensino-aprendizaxe.............................................. 29 4.1. As matrículas de honra ................................................................. 32 4.2. O dereito á información ................................................................ 34 4.3. Perda do dereito á avaliación continua ......................................... 34 4.4. Actividades de recuperación ......................................................... 36 4.5. Avaliación das probas libres .......................................................... 37

5. Avaliación da práctica docente ............................................................... 39 6. Actividades complementarias ................................................................. 43 7. Calendario de reunións de equipos docentes .......................................... 45 8. Colaboracións internas entre o departamento de Sanidade e o

de Artes Gráficas ..................................................................................... 47 9. Do uso do galego ..................................................................................... 49 10. Xestión de compras ................................................................................. 53

10.1. Persoal implicado ....................................................................... 53 10.2. Operatividade ............................................................................. 54 10.3. Responsabilidades ...................................................................... 54 10.4. Procedemento de compras ......................................................... 55

11. Xestión da intranet e da aula virtual ....................................................... 56 11.1. O servidor de recursos ................................................................ 57 11.2. A aula virtual .............................................................................. 58

Bibliografía ................................................................................................... 65

Page 10: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

10 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Page 11: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 11

1

O referente é o Proxecto Educativo (PE) do IES Leixa, no que se estruturan as liñas metodo-lóxicas de base para o centro.

Textualmente, o PE di nos seus puntos 4.2 e 4.3 o seguinte:

4.2 Liñas metodolóxicas:

Debido a gran variabilidade de estudos impartidos no IES, máis que establecer unha liña metodolóxica estrita e ríxida, buscaremos o equilibrio e complementariedade de métodos diversos.

Levaremos a cabo unha metodoloxía que englobe os seguintes aspectos: Integrador, indutivo, dedutivo , cons-trutivo, participativo, profesor-guía, activo, centro-sociedade.

Metodoloxía xeral no proceso ensino

aprendizaxe

Os ritmos das clases

A dinámica da clase

Liñ

as m

eto

do

lóxi

cas

Integrador: que favoreza a utilización do método axeitado segundo a tarefa a realizar, a situación grupal, sen esquecer a diversidade ou situación individual do alumnado.

Indutivo: baseada no aprendizaxe significativo. Partirase de feitos e realidades coñecidas, para avanzar cara a procura dos novos coñecementos.

Dedutivo: obtención dos mesmos coñecementos por un proceso mental inverso ao anterior.

Construtivo: é o alumno/a quen no último termo modifica e reelabora os esquemas de coñecemento construíndo a súa propia aprendizaxe.

Activo: intentar conseguir no grupo-clase unha actitude curiosa, crítica, de investigación e motivación que se converterá na base da súa formación final.

Participativo: se cadra este é un dos aspectos máis traballados nos ciclos formativos deste IES, sen esquecer os outros niveis educativos. Neste apartado concédese especial importancia ás actividades grupais, planificación, execución de tarefas en grupo, cooperación, toma de decisións en conxunto,

intercambio e confrontación de opinións, talante non discriminatorio, etc

Profesor-Guía: entendemos a figura do profesor/a como a ponte entre os coñecementos adquiridos previamente e os novos contidos.

Centro-Sociedade: levaranse a cabo as actividades necesarias para conseguir no alumno/a unha conciencia sobre a realidade social que lle rodea no eidos locais, comarcais, rexionais, nacionais e

internacionais.

Page 12: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

12 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

4.3 Complementos metodolóxicos:

A. Material e instalacións do instituto: Tanto as instalacións como o material de que dispón o Instituto conside-rámolo como axeitado, abundante, moderno e innovador.

B. Formación en centros de traballo (FCT): É o módulo final para a concreción do titulo correspondente. Neste período o alumno/a realiza actividades que o introducen na realidade laboral, aplicando todos os coñecementos conceptuais, actitudinais, procedementais... que foran previamente superados.

C. Visitas humanístico-culturais e científico-tecnolóxico: Son as visitas que se fan, tanto de tipo cultural (museos, natureza, instalacións científicas, etc.) coma as de tipo tecnolóxico (industrias, establecementos, etc.), relacio-nadas ambas as dúas cos coñecementos que se imparten nas distintas disciplinas. Intentan complementar dun xeito distendido, e sen perder o seu rigor conceptual, os coñecementos adquiridos no IES.

D. Intercambios culturais (realización de clases prácticas fóra do centro): O centro non restrinxe a súa actividade ao seu contorno inmediato, posto que a área de influencia é toda a Comunidade, sen esquecer as circulares europeas que permiten a libre mobilidade de traballadores/as nos países da Unión Europea e a validación for-mativa interestatal. O centro ten un compromiso para facilitar a través dos proxectos europeos tipo “ERASMUS Plus” a participación dos nosos alumnos/as na súa formación noutros países a través de convenios específicos con empresas e institucións estranxeiras.

E. Divulgación das ensinanzas do centro: A facemos desde distintos eidos tales como:

Visitas doutros institutos ao noso.

Visitas a outros institutos.

Medios de comunicación.

Dentro da filosofía do centro de apertura ao entorno social ao que da servizo, procúrase desenvolver activida-des integradas en programas de educación para a saúde e de formación complementaria, nos que participan alumnos e profesorado. Estas tarefas desenvólvense en centros educativos, asociacións, concellos e empresas privadas previa sinatura de convenios de colaboración, sendo as actividades de máis sona nos últimos anos:

Alimentación equilibrada en colexios de primaria.

Alimentación equilibrada en CPI (centros públicos integrados) e en IES.

Primeiros auxilios en centros que o solicitan.

Hixiene alimentaria en centros que o solicitan.

Programa de integración de persoas do espectro autista.

F. Orientación: Dentro do campo que abarca o labor do departamento de Orientación hai que resaltar, polas características do IES, tres aspectos que quedan concretados no plan xeral de orientación:

Asesoramento para a incorporación ao mun-do do traballo (orientación profesional).

Información das distintas alternativas de es-tudos que lles dean continuidade aos reali-zados (orientación académica).

Plan de acción titorial.

Page 13: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 13

1.1 A dinámica da clase: A función docente e os modelos de aprendizaxe do alumnado deben buscar o clima de clase axeitado aos obxectivos propostos. Neste sentido debe procurarse o equilibrio entre os esquemas dinámicos e os estáticos segundo as necesidades dos contidos a tratar, evitando a monotonía metodolóxica que tende a producir desmotivación.

Modificado de Marchena Gómez, Mª Rosa: El aula por dentro. Cómo mejorar su gestión y organización. Wolters Kluwer. 2009.

A procura deste equilibrio pode supoñer modificacións no entorno físico da aula (colocación de mesas, agrupamentos, ...).

Cando un docente introduza modificacións no entorno físico, debe volver a deixar a aula no seu estado orixinal para non dificultar as dinámicas doutros docentes, seguindo as recomendacións que se relacionan no apartado de normas de convivencia deste procedemento.

Modificado de Gómez Dacal, Gonzalo: Control de procesos para mejorar la calidad de la enseñanza. Praxis. 2006.

SISTEMA VIVO E DINÁMICO

Multidimensionalidade

Simultaneidade

Inmediatez

Imprevisibilidade

Publicidade

Historia

CONTEXTO ESTABLE

Entorno físico invariable

Relacións sociais constantes

Carácter ritual e cíclico nas actividades

Distribución dos estudantes en

grupos

Grupos de traballo

Homoxéneo

(Aprendizaxe colaborativo)

Heteroxéneo (aprendizaxe competitivo)

Ensino individualizado

Ensinanza programada

Solucións mixtas

Aprendizaxe colaborativo-competitivo

Page 14: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

14 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

1.2 Os ritmos das clases: Aínda que non hai unha norma, sabemos que os ritmos das clases son ben distintos se a participación do alumnado se fai de forma individualizada ou se traballa en grupo, sendo máis efectivo, por xerarse máis oportunidades, o traballo en grupo pola capa-cidade que teñen os estudantes de xerar novas explicacións pola interacción entre iguais.

Modificado de Marchena Gómez, Mª Rosa: El aula por dentro. Cómo mejorar su gestión y organización. Wolters Kluwer. 2009.

1. Exposición e explicación dos contidos por parte do docente

2. Niveis diferentes de aprendizaxe no alumnado (nulo, escaso, medio, alto, ...)

3. Realización de actividades, tarefas ou problemas individuais

4. Resultados en coherencia cos niveis de comprensión inicial

1. Exposición e explicación dos contidos por parte do docente

2. Niveis diferentes de aprendizaxe no alumnado (nulo, escaso, medio, alto, ...)

3. Realización de actividades, tarefas ou problemas en grupo baixo un criterio heteroxéneo de habilidades e actitudes

4. Xorden novas explicacións no seno do grupo propiciadas pola interacción entre iguais de gran valor para a aprendizaxe

5. Resultados que modifican e melloran os iniciais niveis de aprendizaxe xurdidos trala explicación do docente

CLASE DINÁMICA

Referencias ao contexto

cercano

Procura de aplicacións

prácticas

Variedade de recursos

Page 15: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 15

Recomendacións para acadar a motivación:

Poñer moitos exemplos durante as clases e emitir comparacións entre contidos.

Producir modulacións no modo de falar (ritmo e ton) para que resulte menos monó-tono o que se quere transmitir.

Xerar situacións heteroxéneas nas clases realizando tarefas distintas ao longo da se-sión.

Manexar intencionadamente as pausas e os silencios.

Utilizar recursos audiovisuais.

Introducir o humor na aula.

Adquirir comportamentos flexibles na organización da clase.

Pola súa banda, hai un gran consenso plasmado nas programacións didácticas en canto ás formas de traballar na aula e que se poden esquematizar nos seguintes principios:

Traballo en equipo: Todos os docentes do ciclo forman un equipo docente que debe revisar e consensuar de forma continua os obxectivos, contidos, metodoloxía, siste-mas de avaliación e cualificación.

Respecto mutuo entre docentes e estudantes como base fundamental da conviven-cia.

Puntualidade, tanto nas entradas e saídas ás clases como na entrega dos traballos que se lles propoñan aos estudantes.

Motivación

Exemplarizar

Modular a fala

Multitarefa

Manexo de pausas e silencios

Recursos variados

Humor

Flexibilidade

Page 16: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

16 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Atención, tanto por parte dos estudantes nas clases como por parte dos docentes ás necesidades educativas individuais, prestando especial atención ao traballo diario dos estudantes, as súas dificultades, dúbidas e cantas incidencias poidan afectar ao seu proceso de aprendizaxe.

Obxectividade como principio avaliador, adaptando todas as medidas avaliadoras ás especiais características de cada módulo.

Utilización coherente dos recursos educativos e facilidade de acceso dos estudantes aos mesmos.

1.3 Claves metodolóxicas: As claves fundamentais no proceso metodolóxico, dirixido á consecución dos obxectivos propostos, debe tomar como referencia os aspectos implícitos da función do-cente no seus ámbitos de iniciación da aprendi-zaxe, mediación da aprendizaxe e liberación da aprendizaxe, eixos da aprendizaxe construtivis-ta.

Así, os elementos da acción docente poden ser:

Explicacións dos contidos aclarando dú-bidas e aportando aos estudantes ele-mentos de xuízo crítico estimulando o interese polos contidos de cada módulo, implementando recursos motivadores.

Facilitación da autonomía no traballo, dirixindo individualmente as súas activi-dades e propondo tarefas complementarias que lles permitan acadar esta autono-mía.

Seguimento individualizado da marcha dos estudantes, detectando posibles déficits na aprendizaxe e propoñendo medidas que permitan corrixir estas deficiencias.

Realización de probas avaliadoras individuais e grupais mediante probas orais e pro-bas escritas, ademais de traballos e actividades prácticas que permitan evidenciar a consecución dos obxectivos explicitados como criterios de avaliación. Téntase elimi-nar as probas recopilatorias tipo “exame de avaliación”.

Obxectividade na avaliación dos estudantes.

Información continua aos estudantes sobre a súa marcha académica, tanto no que fai referencia á adquisición das habilidades como ao seu comportamento.

A fin de consensuar os criterios metodolóxicos e avaliadores e efectuar as oportunas correc-cións, os docentes que imparten un ciclo procurarán manter reunións periódicas na hora que ao efecto pode establecer a xefatura de estudos ou, de ser o caso, cando o equipo docente o considere oportuno, independentemente das sesións de avaliación propostas no curso. Do

Page 17: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 17

mesmo xeito, cando un módulo sexa impartido por máis de un docente, os docentes que o imparten deberán manter reunións periódicas de coordinación que permitan que non haxa diferenzas significativas no tratamento dos contidos, metodoloxía e avaliación do módulo máis alá das características e adaptacións propias do módulo a un ciclo formativo.

A liña metodolóxica principal será, en todo momento, a procura de connotacións coas expe-riencias e realidades laborais do mundo sanitario a través de:

Exposición de contidos.

Proceso indutivo-construtivo-dedutivo por parte do estudante na procura de fontes de información e ampliación de coñecementos.

Debate.

Traballo en grupo, colaborativo.

Resolución de propostas prácticas.

A fin de facilitar o acceso dos estudantes á información habilitouse unha aula virtual na páxi-na web do instituto á que os mesmos poden acceder a través dunha clave de usuario/a e contrasinal. Esta aula virtual inclúe información complementaria, propostas de traballo, da-tas de exercicios, cualificacións, etc. Ademais deste recurso, o centro pon a disposición dos docentes outras aplicacións e ferramentas online que constitúen unha rede de aprendizaxe.

O tratamento na aula seguirá, como norma xeral, un método expositivo revisando para cada unha contidos propostos os obxectivos específicos (expresados de forma directa e en forma de criterios de avaliación), contidos, actividades e tarefas que se propoñen. A continuación exporanse por parte do docente os aspectos que poidan resultar máis dificultosos para os estudantes procurando unha interrelación cos estudantes aclarando aqueles aspectos que entrañen máis dificultades e motivando o seu interese. Neste sentido farase referencia ás posibles dúbidas que poidan ter os estudantes e daráselles a oportunidade de formulalas abertamente tratando de relacionalas con aspectos prácticos reais.

Tipo de influencia Categoría da interacción Valor da interacción

Docente

Indirecta

Acepta os sentimentos positivos ou negati-vos dos estudantes

Estimula e anima

Acepta e/ou utiliza as ideas e propostas dos estudantes

Positiva

Directa

Informa, explica, formula preguntas retóri-cas”, manifesta as súas propias ideas

Da instrucións e indicacións

Dita as normas

Critica e fai uso da autoridade

Neutral

Negativa

Modificado de Gómez Dacal, Gonzalo: Control de procesos para mejorar la calidad de la enseñanza. Praxis. 2006.

Page 18: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

18 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Para iso, en cada sesión procurarase revisar esquematicamente o aprendido o día anterior resolvendo as dúbidas que poidan xurdir e, ao remate de cada unidade, proporase unha ba-tería de actividades e tarefas que os estudantes poden realizar segundo os criterios que cada módulo estableza na súa programación. Para cada actividade procurarase entregar un enun-ciado ou unha ficha-guía na que se especifican os obxectivos, expresados en forma de crite-rios de avaliación, contidos tratados, procedemento a seguir e criterios de cualificación.

Page 19: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 19

2

O IES Leixa aprobou no ano 2013 as normas de convivencia escolar que son plenamente asumidas polo departamento de Sanidade, sen menoscabo daquelas outras que poida adop-tar cada docente na xestión da súa clase.

Respecto ás normas de seguridade e hixiene no traballo, o punto 2.8 das normas de convi-vencia do IES Leixa se especifican cales son e se indica que se considerarán “aquelas outras non contempladas nas NC, sempre que conten coa autorización escrita da dirección do centro e sexan informadas ao Consello Escolar”.

Atendendo a isto, o departamento de Sanidade considera establecer as seguintes normas internas:

Deseñar carteis informativos cun resumo esquemático das normas de convivencia escolar para dispoñer nas aulas, laboratorios e talleres asignados ao departamento de Sanidade, trasladando esta proposta á dirección do centro.

Naqueles módulos nos que así se estableza e conste na correspondente programa-ción didáctica, o alumnado deberá acudir ás clases coa vestimenta e complementos indicados. No caso de que un estudante acuda a clase sen a vestimenta ou os com-plementos adecuados pode ser excluído da clase sempre que existan riscos. Nomeadamente, será obrigatorio o uso de batas e medidas de seguridade, sempre que se realicen actividades prácticas, nos laboratorios (aulas 201, 202 e 203) e nas aulas 212, 213, 214 e 215.

O alumnado pode, previa autorización do departamento, deixar as súas batas e outra vestimenta e útiles necesarios para a realización das actividades lectivas, nos lugares establecidos, baixo a súa responsabilidade. Ningún estudante poderá utilizar as pro-piedades doutros sen a previa autorización. A utilización non autorizada será consi-derada unha falta tipificada como conduta leve contraria á convivencia tal e como se establece no punto 3.3.e) das normas de convivencia do IES Leixa.

Normas de convivencia

Os residuos

A seguridade e hixiene no

traballo

Page 20: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

20 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Cando se produzan alteracións da conduta ou circunstancias disruptivas na aula o do-cente deberá enviar ao estudante ao directivo de garda adoptándose as medidas contempladas nas normas de organización e funcionamento.

Axentes/Destinatarios Problemas/Conflitos Actuacións

Alumnado

Disrupción, conduta inapropiada e/ou reincidente, enfrontamento ao docente ou incumprimento das normas

Negociación

Exclusión do grupo Círculo de amigos/as e alumnado axudante

Maltrato Pikas, alumnado axudante, media-ción, reeducación

Pelexas ou enfrontamentos Premediar, mediar ou derivar a me-diación segundo o caso

Clase enfrontada ou dividida Asamblea, consenso, mediación

Profesorado Ante problemas dos estudantes Mediación, negociación ou consenso

Familias, departamento de Orientación, dirección

Ante os problemas que teñen os estudan-tes

Coordinación, negociación

Modificado de Funes, Silvina: Gestión eficaz de la convivencia en los centros educativos. Wolters Kluwer. 2010

Ademais teranse en consideración as seguintes:

Nos casos de estudantes con necesidade de apoio educativo e sempre que haxa unha causa xustificada, o titor/a do grupo pode solicitar a posta dunha taquilla persoal ou ben a utilización dunha das taquillas existentes. En tal caso debe trasladarse unha pe-tición escrita á dirección xustificando a necesidade da medida.

Naqueles actividades lectivas nas que estea xustificado, se especifique na correspon-dente programación e previa comunicación á dirección, os estudantes poderán utili-zar os seus teléfonos móbiles baixo supervisión docente e unicamente coa finalidade obxecto da actividade. Nestes casos o estudantado debe ser especificamente infor-mado de que se trata dunha excepción non extensible a outros módulos. En ningún caso se permitirá a utilización de móbiles e outros dispositivos para efectuar chama-das, enviar mensaxes ou obter fotos non autorizadas. É responsabilidade do docente o control do correcto uso dos dispositivos.

Os estudantes non poden abandonar as aulas durante os períodos lectivos sen auto-rización docente e causa xustificada. En calquera caso, cando haxa dous ou tres perí-odos lectivos coa mesma materia, o docente pode autorizar un descanso fóra da aula durante o tempo mínimo imprescindible (nunca máis de cinco minutos) cando toque o timbre sempre que non se moleste a outros grupos ou docentes.

Cando un docente teña prevista a inasistencia a clase debe informar á dirección antes de informar aos estudantes. Cando se dea esta circunstancia, outros docentes poden adiantar ou retrasar as súas clases previa autorización da dirección.

Cada docente é responsable de establecer as súas propias regras de clase sempre que non contradigan o establecido nas normas de organización e funcionamento do

Page 21: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 21

centro e as normas internas do departamento. En calquera caso estas regras deben ter un marcado sentido pedagóxico facilitador das dinámicas de aula e a aprendizaxe, deben estar contempladas na programación didáctica e deben ser informadas ao alumnado no modelo pea101.

Modificado de Marchena Gómez, Mª Rosa: El aula por dentro. Cómo mejorar su gestión y organización. Wolters Kluwer. 2009.

Os estudantes non poden utilizar ningún medio non autorizado que dea vantaxe nas probas de avaliación. A utilización de calquera medio non autorizado que permita ob-ter unha vantaxe nos procesos de avaliación será considerada falsificación, alteración ou substracción tal e como se indica no punto 3.2.f, normas gravemente prexudiciais para a convivencia e sancionadas segundo os procedementos establecidos, o que le-vará incluída a anulación da cualificación obtida no proceso de avaliación continua.

2.1 O uso das aulas: Debido ao uso compartido de diversas aulas específicas do pavillón 2 e outras comúns do pavillón 1, faise necesario establecer pautas para optimizar este uso e garantir que as adaptacións do medio físico e dos recursos non interfira entre uns docentes e outros, polo que deben observarse as seguintes indicacións:

Cando dous ou máis docentes utilicen unha aula específica (taller ou laboratorio) de-berán manter unha reunión na primeira quincena de curso para tomar as decisións que se consideren oportunas para a optimización do uso da mesma, tomando como referencia as seguintes recomendacións:

o As aulas teñen un mobiliario, unha disposición e unha colocación dos recursos que debe respectarse. Cando un docente realice un cambio físico na disposi-ción dos recursos ou o mobiliario por razóns pedagóxicas debe garantir que volve a súa disposición orixinal ao finalizar a clase.

o Os recursos informáticos e audiovisuais non deben manipularse, sobre todo o que respecta á configuración dos equipos e as conexións. Calquera cambio

•Os estudantes deben entender cal é a finalidade das normas

PREPARACIÓN

•Non deben atentar contra os dereitos e deberes establecidos nin a finalidade educativa

PRODUCIÓN DE NORMAS •Deben estar claras as

consecuencias do incumprimento, como se verifica o cumprimento e como se resolven os conflitos

MANTEMENTO E CONSECUENCIAS DA

TRANSGRESIÓN

Page 22: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

22 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

que se faga por motivos pedagóxicos debe ser revertido ao finalizar a clase. Cando haxa erros ou fallos deben ser comunicados á dirección deixando un rexistro no libro de incidencias de aula da conserxería. Todo o profesorado debe velar polo correcto uso dos equipos informáticos por parte do alumnado comprobando ao final da clase que todos os equipos están apagados.

o Os instrumentos e aparatos electrónicos ou que funcionen con electricidade deben dispor dun manual de uso coa información mínima necesaria que ga-ranta o seu correcto uso. Neste sentido, todos os docentes/as do departa-mento deben colaborar na redacción e edición destes manuais e responsabili-zarse da súa dispoñibilidade en todo momento.

O uso diario das aulas esixe o mantemento da orde e a limpeza debendo incluírse es-tes na práctica docente na que se implique ao estudantado, seguíndose as seguintes recomendacións xerais:

o Material xeral de laboratorio: Débense eliminar selectivamente os restos de materias primas, produ-

tos e reactivos do material usado. Débese eliminar con alcohol ou solución xabonosa, as lendas identifica-

tivas do material. Débese lavar axeitadamente con auga morna e deterxente aclarando e

secando posteriormente. Cando sexa preciso, débese enxaugar con auga destilada. Eliminar o ex-

ceso de auga destilada. Escorrer. Débese secar na estufa de secado o material xeral de laboratorio agás o

de plástico e os morteiros e pistilos, desenchufando a estufa de secado ao rematar o tempo programado, retirando o material seco gardándoo no seu lugar de almacenamento.

As pipetas débense lavar, preferentemente, no lavador de pipetas cun pouco de deterxente e aclarar ata a total eliminación da escuma. Esco-rrer o exceso de auga.

o Equipos eléctricos:

Desconectar, se procede, da rede eléctrica o equipo a limpar. Desmontar, se procede, o equipo a limpar. Limpar cun pano húmido as diferentes superficies do equipo. Secar con

papel de mans as superficies limpadas. Lavar con auga morna e deterxente as pezas desmontadas, aclarando

con abondosa auga morna. Eliminar o exceso de auga e secar con papel de mans.

Montar o equipo coas pezas completamente secas.

o Balanzas:

Desconectar da rede eléctrica.

Page 23: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 23

Eliminar os restos de produtos cun pincel ou un papel que non liberen fibras.

Pasar un pano humedecido con alcohol polo prato da balanza. Se é o caso, limpar coidadosamente cun pano húmido a estrutura da ba-

lanza e a zona de traballo. Secar con papel de mans. Tapar as balanzas.

o Microscopios:

Limpar a estrutura dos microscopios segundo o descrito no apartado de equipos eléctricos, agás as lentes e lámpada.

Limpar as lentes e lámpada cunha toalliña limpadora de lentes.

o Outros equipos: Seguir as instrucións do manual de limpeza e mantemento.

2.2 A seguridade e hixiene no traballo: Tanto o persoal docente como o alumnado debe respectar en todo momento as normas de seguridade e hixiene no traballo adoptando as medidas necesarias para previr riscos tal e como se contempla no Plan de Autoprotección Escolar. Neste sentido, toda a comunidade educativa debe ser coñecedora das normas de convivencia do centro e das establecidas neste procedemento, respectando e aplicando aquelas que incidan na prevención dos riscos.

2.3 Os residuos: Naqueles espazos nos que se xeren residuos deben seguirse as normas esta-blecidos no Programa de Xestión de Residuos do instituto.

O profesorado debe incluír nas súas programacións contidos relacionados coa xestión de residuos e responsabilizarse do correcto uso dos contedores por parte do alumnado.

Page 24: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

24 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Page 25: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 25

3

A formación en centros de traballo ten unha regulamentación específica na Comunidade Autónoma de Galicia por medio da Orde de 28 de febreiro de 2007 ademais de referencias noutras normas como a Orde de 12 de xullo de 2011.

Aínda que estas normas establecen claramente o desenvolvemento da formación en centros de traballo, a experiencia acumulada ao longo dos anos recomenda facer algunhas matiza-cións e recomendacións, así como establecer aqueles procedementos que axuden ao seu desenvolvemento. Neste sentido, a coordinación da formación en centros de traballo elabo-rou unha Guía de FCT que é de obrigado cumprimento por todos os departamentos de for-mación profesional, pero quedan algúns aspectos particulares que cómpre regulamentar.

Así pois, o departamento de Sanidade elabora as seguintes normas básicas para o desenvol-vemento da formación en centros de traballo.

É responsabilidade dos equipos docentes a colaboración e implicación na realización da programación da FCT así como do seguimento da mesma coordinados polo titor/a do segundo ano do ciclo formativo (artigo 21.b da Orde de 12 de xullo de 2011). A tal fin, o titor/a do segundo curso de ciclos formativos de 2000 horas ou o titor/a de ci-clos formativos de 1400 horas convocará unha reunión trimestral de coordinación, incluíndo na do trimestre anterior ao inicio da formación en centros de traballo un punto na orde do día para elaborar o programa de FCT, determinar as empresas coas que procede contactar e cantos outros aspectos se consideren oportunos para a co-rrecta realización da mesma.

É responsabilidade do titor/a de FCT realizar o contacto inicial coas empresas selec-cionadas para a realización da formación en centros de traballo, recabar a informa-ción necesaria para a redacción do convenio de colaboración e informar do nome e contacto do coordinador/a de formación en centros de traballo. A información debe trasladarse ao coordinador da formación en centros de traballo que a súa vez poderá contactar coa empresa para completar dita información e facilitarlle toda a que pre-cise a empresa para o correcto desenvolvemento da FCT.

A formación en centros de traballo

A exención da FCT

Page 26: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

26 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

A asignación de estudantes a empresas a realiza o titor/a de FCT previa información e consulta ao equipo docente do ciclo de acordo co que establece o Programa de FCT do IES Leixa.

É responsabilidade do titor/a de FCT presentar aos estudantes nas empresas na data concertada facendo entrega na mesma data da documentación establecida no Pro-grama de FCT, informando aos responsables e titores/as da empresa de todo o que conveña relacionado co desenvolvemento do programa formativo e a relación co es-tudante. En ningún caso un estudante pode presentarse a título individual na empresa.

A avaliación da FCT faina o equipo docente do ciclo na sesión de avaliación final (pun-to 8.7 da Orde de 28 de febreiro de 2007) e na dita avaliación colaborará o titor/a da empresa (punto 8.4 da mesma Orde), indicando no plan individualizado as capacida-des adquiridas ou non no centro de traballo. Para evitar erros interpretativos respecto á responsabilidade da avaliación final da FCT, os titores/as de FCT informarán claramente á empresa que a cualificación de ap-to/a ou non apto/a corresponde exclusivamente ao centro educativo tomando como referente a valoración que os titores/as de empresa fagan respecto á consecución ou non das capacidades adquiridas que consten no plan individualizado así como o se-guimento que o centro educativo faga da mesma.

É responsabilidade do titor/a de FCT manter liñas de comunicación directa coa em-presa para realizar o seguimento e avaliación da FCT polo que deberá elaborar un ca-lendario de visitas que contemple como mínimo dúas visitas de observación in situ das actividades do estudante e aquelas outras que especificamente se determinen.

No programa de FCT deberán concretarse as datas das reunións periódicas que se ce-lebrarán no centro educativo informando á empresa de ditas datas. Nestas reunións o titor/a de FCT comprobará que os documentos de seguimento es-tán debidamente cubertos polos estudantes e realizará unha enquisa, segundo se es-tablece no Programa de FCT, para comprobar que se está a desenvolver con normali-dade e determinar se hai problemas. De ditas reunións levantarase acta indicando as incidencias observadas e as accións que deban levarse a cabo para a mellora da FCT.

3.1 A exención da FCT: O IES Leixa elaborou unha Guía básica de validacións e exencións en bacharelato e formación profesional na que se establece o procedemento a seguir no caso de solicitude de exención da FCT tal e como se mostra no seguinte cadro.

Page 27: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 27

Matrícula

•É necesario estar matriculado/a nun ciclo formativo

Solicitude

•Hai que facer a solicitude na secretaría do centro entregándoa polo menos 20 días antes de comezar o período de formación en centros de traballo

•Débese acreditar a experiencia laboral correspondente ao traballo a tempo completo dun ano, relacionada cos estudos profesionais respectivos. A acreditación faise cun certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral correspondente ademais dun certificado da empresa onde se faga constar a duración do contrato, as actividades desenvolvidas e o período en que se realizaron ditas actividades

Resolución

•O titor/a de FCT, xunto co equipo docente, revisará a documentación e debe emitir un informe e unha proposta sobre a concesión ou non da exención parcial ou total

•A dirección do centro debe resolver comunicándollo ao interesado/a nun prazo de 10 días

Page 28: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

28 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Page 29: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 29

4

Unha das cuestións máis importantes do proceso ensino-aprendizaxe é a valoración das aprendizaxes dos estudantes (avaliación) en termos de obxectividade e xustiza.

Os aspectos teóricos da avaliación están recollidos no apartado 6 da Guía comprensiva da nova formación profesional elaborada polo IES Leixa, que resumimos de seguido.

O proceso avaliador en formación profesional está definido no Real decreto 1447/2011 e na Orde de 12 de xullo de 2011. Tanto nun como noutro establécese que a avaliación se realiza tomando como referencia os resultados de aprendizaxe (RA) e os criterios de avaliación (CA) e que se fai ao longo de todo o proceso formativo de forma continua.

Real decreto 1447/2011 Orde de 12 de xullo de 2011

La evaluación se realizará tomando co-mo referencia los objetivos, expresados en resultados de aprendizaje, y los crite-rios de evaluación de cada uno de los módulos profesionales, así como los objetivos generales del ciclo formativo o curso de especialización.

En todo caso, a avaliación na formación profesional inicial realizarase tomando como referencia os obxectivos, expresa-dos en resultados de aprendizaxe, e os criterios de avaliación de cada un dos módulos profesionais e os obxectivos xerais do ciclo formativo, segundo o esta-blecido no correspondente currículo.

A avaliación realizarase ao longo de todo o proceso formativo do alumnado, polo que ten un carácter continuo

Así pois a avaliación debe centrarse na consecución dos resultados de aprendizaxe estable-cendo o grao de consecución dos criterios de avaliación, que por esa razón veñen expresa-dos como unha acción xa rematada.

Avaliación do proceso ensino-

aprendizaxe

As matrículas de honra

Actividades de recuperación

Dereito á información

Perda do dereito á

avaliación continua

Avaliación

de probas

libres

Page 30: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

30 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

E ademais hai que facelo de forma continua ao longo do curso escolar segundo se ve no se-guinte esquema.

Proceso da avaliación

Así, podemos establecer unha estratexia avaliadora que pode seguir os seguintes pasos:

Resultado de aprendizaxe 5 (RA5): Envasa produtos farmacéuticos e afíns en condicións hixiénicas, e xustifica o material de acondicionamento seleccionado

Criterio de avaliación 1 (CA5.1): Relacionáronse as formas farmacéuticas

coas vías de administración

Acción

Relacionáronse

Contido da actividade e/ou condicións

as formas farmacéuticas coas

vías de administración

Criterio de avaliación 2 (CA5.2): Recoñecéronse os tipos de material de

acondicionamento para fórmulas maxistrais e preparacións oficinais

Acción

Recoñecéronse

Contido da actividade e/eu condicións

os tipos de material de acondicionamento para fórmulas maxistrais e preparacións oficinais

Page 31: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 31

Nesta secuenciación adoitan xurdir problemas en dous pun-tos: a selección do instrumento máis axeitado para avaliar o criterio de avaliación e o esta-blecemento duns criterios de cualificación obxectivos.

En canto á selección do instrumento de avaliación máis axeitado debemos fixármonos no verbo que acompaña ao cri-terio e determinar se ese verbo se corresponde cun concepto, un procedemento ou unha acti-tude; porque ese verbo é o que nos vai a dar pistas para elixir o instrumento máis axeitado,

Organizar os contidos

didácticos

•Debemos dar contidos relacionados cos criterios de avaliación

Establecer unha

metodoloxía didáctica

•Debemos idear métodos para achegarlles estes contidos da mellor forma posible e tendo en conta os principios da aprendizaxe construtivista na que se incentiva a autonomía investigadora do estudante

Deseñar e organizar

actividades

•Debemos deseñar actividades tanto para nós mesmos como docentes, como para os estudantes, e así, cada un dos contidos precisará actividades que imos realizar como docentes (explicacións, visionado de películas, simulación…) e que debe realizar o alumno/a (probas escritas, actividades prácticas, simulación…)

Elixir os instrumentos de avaliación

•Debemos seleccionar e deseñar os instrumentos de avaliación acordes co criterio de avaliación, tendo en conta a súa cualidade (conceptual, procedemental ou actitudinal)

Establecer os criterios de

cualificación

•Debemos establecer un criterio de cualificación que nos permita determinar obxectivamente o grado de consecución do criterio de avaliación.

Page 32: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

32 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

tendo en conta que o programa de xestión das programacións considera tres instru-mentos de avaliación básicos relacionados coa cualidade do criterio e que para crite-rio debe establecerse un único instrumento.

Poden darse diversas circunstancias que dificulten a decisión sobre o instrumento de avaliación máis axeitado ao criterio1:

o Pode que un mesmo criterio teña unha cualidade mixta (conceptual-procedemental, por exemplo) ou mesmo que un docente queira valorar un criterio con instrumentos distintos (un exame e unha proba práctica). Neste caso débese subdividir o criterio de avaliación en dous ou máis criterios se-cundarios.

o Pode que un criterio de avaliación non o poidamos avaliar co seu instrumento porque non dispomos dos recursos necesarios ou porque non sempre se dan as circunstancias que nos permitan observar ese criterio. Neste caso debemos substituír o criterio orixinal por outro ou outros que si poidamos avaliar.

En canto ao establecemento dos criterios de cualificación, en moitas ocasións non se definen; defínense criterios que non están suficientemente claros ou se aplican de forma inxusta:

o Deben definirse sempre, polo que cada instrumento de avaliación debe ir acompañado do seus criterios de cualificación.

o Deben ser moi claros, de tal forma que se poidan aplicar de forma correcta independentemente do docente que os aplique; isto é, que corrixida a proba por dous ou máis docentes de forma independente, se obteñan cualificacións significativamente semellantes.

o Deben ser xustos, de tal forma que deben definirse claramente cales criterios de avaliación son mínimos e cales non, e as porcentaxes que se apliquen so-bre cada un estean de acordo coa súa importancia no currículo.

Débese ter en conta en todo momento que o que avaliamos é a consecución dos resultados de aprendizaxe, polo que pode que un estudante non acade un ou máis criterios de avaliación definidos para ese resultado pero no conxunto si que acade o resultado de aprendizaxe, de aí a importancia de definir clara-mente qué criterios se van a ter en conta na cualificación e que ponderación van a ter sobre a mesma, dándolle maior porcentaxe aos criterios de avalia-ción mínimos e entre eles aos que se relacionan cos aspectos máis importan-tes dentro do resultado.

4.1 As matrículas de honra: A citada Orde de 12 de xullo de 2011 establece, no seu artigo 26.4 que os estudantes que na avaliación final obteñan unha cualificación igual ou superior a 9 poden recibir a mención de matrícula de honra tendo en conta que o número máximo de matrículas de honra que se poden conceder en cada curso e grupo son dúas agás que o nú-

1 Recomendamos ler o manual do programa de xestións das programacións que se pode descargar desde a web de progra-macións http://www.edu.xunta.es/programacions

Page 33: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 33

mero de estudantes con opción a titular sexa inferior a vinte, en cuxo caso só se poderá con-ceder unha matrícula de honra.

A normativa non establece os criterios que se han de seguir no caso de que haxa máis de un ou dous estudantes, segundo o caso, en condicións de obter a matrícula de honra polo que cómpre que os departamentos didácticos establezan un criterio que permita seleccionar aos estudantes merecedores de tal distinción.

No caso da familia de Sanidade a proposta que se fai é a que segue.

1. Na avaliación ordinaria previa á FCT o equipo docente fará unha proposta de conce-sión da distinción de matrícula de honra tendo en conta os seguintes criterios:

a. Será concedida a distinción de matrícula de honra ao estudante ou estudan-tes que teñan a cualificación media máis alta.

b. En caso de empate seguiranse os seguintes criterios de desempate: i. Quedarán descartados os estudantes que teñan máis apercibimentos

escritos (faltas de orde). ii. Calcularase a nota media de todos os módulos coa cualificación real

sen redondear, axustada a un decimal, e asignarase a matrícula á me-dia máis alta. Para poder aplicar este criterio, na avaliación final de primeiro curso o profesorado debe indicar, e así se rexistrará en acta, as cualificacións reais cun decimal dos módulos de primeiro.

iii. Calcularase a nota media dos módulos asociados a unidades de com-petencia coa cualificación real sen redondear, axustada a un decimal, e asignarase a matrícula a media máis alta. Para poder aplicar este cri-terio, na avaliación final de primeiro curso o profesorado debe indicar, e así se rexistrará en acta, as cualificacións reais cun decimal dos mó-dulos de primeiro.

2. Se cos criterios anteriores segue existindo empate, os estudantes candidatos/as de-berán realizar, durante o período de formación en centros de traballo, unha memoria na que se relacionen as actividades prácticas realizadas na empresa cos obxectivos xerais do ciclo formativo. Dita memoria, de formato libre, debe ser presentada ao ti-tor/a de FCT no momento de rematar o período de prácticas e será analizada polo equipo docente quen á vista das presentadas decidirá a concesión da matrícula de honra a quen obteña a valoración máis alta. Neste sentido, o equipo docente deberá valorar os seguintes aspectos da memoria:

a. Formato da presentación, ata 1 punto. b. Xustificación ou introdución, ata 1 punto. c. Contido, ata 2 puntos. d. Conclusións, ata 1 punto.

Non obstante o anterior criterio, no caso de que o titor/a da FCT informase dalgunha conduta disruptiva por parte dalgún dos candidatos/as durante o desenvolvemento da FCT, será descartado para a matrícula de honra.

Page 34: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

34 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

4.2 Dereito á información: A Orde de 12 de xullo de 2011 indica no seu artigo 23.4 que os departamentos didácticos deberán incluír na súa programación a sistemática que se vaia empregar para lle dar a coñecer ao alumnado a información relativa á programación de cada módulo profesional, con especial referencia aos obxectivos, aos criterios de avaliación que serán aplicados para evidenciar a adquisición das competencias establecidas no currículo así como a nivel mínimo que se considera suficiente para acadar a avaliación positiva.

Pola súa banda, o IES Leixa ten posto en marcha un programa de seguimento do proceso ensino-aprendizaxe no que se especifica que ao principio de curso cada docente debe cubrir e entregar copia a cada estudante do modelo pea101 no que se debe incluír a información sobre os aspectos referidos, dando así cumprimento á normativa, ademais de entregar copia dese modelo ao titor/a do grupo quen llos fará chegar ao xefe/a de estudos.

O xefe/a de estudos analizará o contido dos modelos pea101 dando traslado ao xefe/a de departamento dun informe sobre as deficiencias observadas para a súa corrección. Co in-forme achegaranse copias dixitais dos modelos pea101.

4.3 Perda do dereito á avaliación continua: A Orde de 12 de xullo de 2011 indica no seu artigo 25.2 que o proceso de avaliación é continuo ao longo do curso o que implica a obriga de asistencia a clase. No artigo 25.3 indícase que o alumnado que falte a un número equivalen-te ao 10 % das horas totais dun módulo pode perder o dereito ao proceso de avaliación con-tinua e que debe ser o profesorado quen determine as circunstancias persoais e laborais dos estudantes na xustificación das faltas de acordo co establecido nas normas de organización e funcionamento dos centros. Pola súa banda, as Resolucións que regulan o desenvolvemento do curso escolar adoitan incluír instrucións para a execución da perda do dereito á avaliación continua e así, a Resolución do 30 de xullo de 2013, aplicable no curso 2013-2014, indica no punto terceiro que as faltas para dita execución deben ser inxustificadas.

En canto ao que regulamentou o IES Leixa de acordo co establecido na Orde de 12 de xullo de 2011 móstrase de seguido:

12. FALTAS DO ALUMNADO

1. Control de asistencia: Ningún alumno/a pode ser relegado do seu dereito de asistencia a clase agás nos casos contemplados nas Nor-mas de Convivencia do centro. Se un alumno/a chega tarde a unha clase deberá ser admitido/a, facendo constar o profesor/a dita falta de puntualidade que, en todo caso, debe ser xustificada.

O control de asistencia será feito polos/as docentes correspondentes, contando para iso cun libro docente no que farán constar as faltas de asistencia e/ou puntualidade dos/as estudantes.

Cada un/ha dos docentes debe introducir as faltas de asistencia dos/as estudantes na aplicación XADE debendo actualizar as de cada mes nos primeiros cinco días do seguinte mes. O titor/a é o responsable de comunicar as faltas aos pais/nais/titores/as dos/as estudantes, no caso de menores de idade, ou aos propios estudantes maiores de idade polo menos unha vez ao mes.

2. Xustificación: Todos os/as estudantes teñen a obriga de xustificar as súas faltas de asistencia e puntualidade.

A xustificación poden facerse polos seguintes motivos:

Nacemento dun fillo/a: No caso da nai, xustificarase a ausencia ata un mes a partir do día de nacemento, debendo os/as docen-tes establecer cantas medidas de reforzo se consideren oportunas para o correcto seguimento da formación da estudante. Can-do a ausencia supere este mes, a estudante debe valorar a posibilidade de renuncia xa que se podería aplicar a baixa de oficio.

No caso do pai, a ausencia non poderá superior aos 5 días lectivos.

Morte ou enfermidade grave de familiar de 1º ou 2º grao: Acompañarase copia de informe médico de ingreso, ou semellante, no caso de enfermidade, ou documento acreditativo do falecemento. A ausencia por estes motivos non pode ser superior a cin-co días lectivos.

Page 35: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 35

Enfermidade: Debe xustificarse cun parte de asistencia a consulta médica ou cun informe asinado polo pai, nai ou titor/a do es-tudante, en caso de menores de idade. En ningún caso se pode esixir ao/á estudante a presentación dun certificado médico ofi-cial para xustificar unha falta de asistencia por enfermidade.

Cando as ausencias por enfermidade sexan reiteradas ou se produza un ingreso hospitalario por máis de 15 días e ata un mes, os/as docentes valorarán a necesidade de poñer actividades de reforzo para o correcto seguimento da formación do estudante.

Os ingresos hospitalarios por máis de un mes deberán ser valorados polo equipo docente aos efectos de recomendar unha re-nuncia ou aplicar a baixa de oficio, para o que se deberán ter en conta a patoloxía, a marcha do/a estudante e as posibilidades de recuperación formativa.

Exames de conducir, oposicións, etc: Débese traer un xustificante de presentación ao exame. Só será xustificable a ausencia do día do exame ou proba.

Asunto oficial, como convocatoria de autoridades (incluída a renovación ou tramitación do DNI), mesas electorais, INEM, etc: Debe acompañarse documento oficial acreditativo.

Cursos de formación complementaria de obrigada asistencia(1)

: Presentación do documento de admisión que incluirá os días e horas en que ten lugar o curso.

En ningún caso admitirase xustificación por cursos de formación complementaria de obrigada asistencia nos estudos de bacharelato.

Na formación profesional, a ausencia por asistencia a cursos de formación complementaria de obrigada asistencia non pode ser superior a 8 sesións á semana por máis de 6 semanas.

O número máximo de faltas que se poden xustificar por asistencia a cursos de formación complementaria para cada un dos módulos será do 5 % das horas totais dese módulo. Superado este 5 % todas as faltas consideraranse como non xustificadas aos efectos da perda do dereito á avaliación continua.

Actividades laborais(1)

: Dadas as características do réxime presencial e como norma non se aceptarán como xustificación de au-sencia a clase motivos laborais. Non obstante, naqueles casos en que exista un contrato laboral e as ausencias do alumnado se-xa parcial (a algunhas clases á semana), teranse en conta as seguintes consideracións na xustificación destas ausencias por moti-vos laborais:

En ningún caso admitirase xustificación por situacións laborais nos estudos de bacharelato.

Na formación profesional, a ausencia por motivos laborais non pode ser superior a 8 sesións á semana por máis de 6 semanas.

O número máximo de faltas que se poden xustificar por motivos laborais para cada un dos módulos será do 10 % das horas totais dese módulo. Superado este 10 % todas as faltas consideraranse como non xustificadas aos efectos da per-da do dereito á avaliación continua.

A xustificación de faltas debe facerse no modelo x002 que se recollerá polos alumnos/as en conserxería ou a través da páxina web do instituto, dispoñendo dun prazo máximo de 2 días para presentalo logo da incorporación ás clases.

Para xustificar as faltas o alumno/a presentaralle a cada un dos/as docentes aos que se faltou o modelo x002 citado anteriormente xunto cos documentos acreditativos, se fose o caso. Finalmente deberá entregarllo ao titor/a para o seu arquivo.

Cando un alumno/a teña previsto faltar ás clases por un período de tempo superior a 3 días debe comunicalo, preferiblemente por telé-fono, ao seu titor/a ou, no caso de non estar presente o titor/a, á dirección.

O seguimento e xustificación das faltas dos alumnos/as será feito polo profesor/a que a puxo.

(1) Aos efectos de xustificación de faltas, considérase incompatible a inasistencia simultánea ou non por cursos de formación e actividades laborais.

O departamento de Sanidade entende que tanto o apercibimento como a execución da per-da do dereito á avaliación continua debe ser informada ao equipo docente polo que se se-guirá o seguinte procedemento.

Nas reunións ordinarias de equipo docente programadas (sesións de avaliación) de-berase tratar especificamente a situación dos estudantes que teñan faltas inxustifi-cadas a fin de determinar se se fai apercibimento ou execución, segundo o caso, da perda do dereito á avaliación continua, establecendo o módulo ou módulos nos que se solicita.

Cando se dean circunstancias que requiran urxencia e non estea prevista unha reu-nión ordinaria, o titor/a do grupo deberá convocar unha reunión extraordinaria do equipo docente do grupo para determinar se se fai apercibimento ou execución, se-

Page 36: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

36 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

gundo o caso, da perda do dereito á avaliación continua, establecendo o módulo ou módulos nos que se solicita.

Unha vez adoptada a decisión, o titor/a do grupo cubrirá os campos axeitados do do-cumento pea203 que deberá entregar en conserxería para a súa tramitación.

A execución da perda do dereito á avaliación continua pode facerse en calquera mo-mento do curso escolar pero, como norma xeral, non debe facerse nos 20 días ante-riores á terceira avaliación de 1º curso ou á avaliación previa á FCT de 2º curso, por-que se entende que o estudante xa foi avaliado na meirande parte dos contidos do módulo e podería haber dificultades para garantir a preceptiva comunicación.

4.4 Actividades de recuperación: A fin de garantir que os estudantes de segundo curso que teñen módulos pendentes de primeiro poidan desenvolver actividades de recuperación de acordo co informe individualizado que se lles entregou na avaliación final de primeiro ano (modelo pea105), o departamento de Sanidade seguirá o seguinte procedemento.

Na segunda quincena de setembro reuniranse os equipos docentes para facer unha proposta de actividades de recuperación común dos estudantes con módulos pen-dentes de primeiro curso na que se determinará o sistema de avaliación, docentes que se farán cargo dos módulos pendentes, actividades que han de realizar os estu-dantes e concreción das datas de atención individualizada. Para esta reunión a xefa-tura de estudos facilitará unha listaxe dos estudantes con módulos pendentes de re-cuperación así como copia dos informes individualizados (modelo pea105) elabora-dos no curso anterior. Desta reunión levantase acta e o titor/a do grupo encargarase de informar aos estudantes afectados.

Como norma xeral, os docentes encargados das actividades de recuperación de mó-dulos pendentes serán os que dean o módulo no curso actual.

Os acordos adoptados polos equipos docentes serán trasladados ao xefe/a do depar-tamento quen fará un informe detallado por ciclo e módulo que entregará na xefatu-ra de estudos antes do día 30 de setembro. Neste informe listaranse os estudantes con módulos pendentes, o sistema de avaliación, os docentes que se farán cargo, as actividades que han de realizar os estudantes e a concreción das datas da atención individualizada.

No caso de estudantes de segundo curso con módulos pendentes logo da avaliación previa a FCT, os docentes emitirán o correspondente informe individualizado segundo o modelo pea105 e o equipo docente reunirase para propor un calendario de recuperacións e as modi-ficacións horarias que haxa que facer para a correcta atención destes estudantes. Da dita reunión levantarase acta que se entregará na xefatura de estudos quen procederá a realizar os cambios oportunos nos horarios docentes, publicando os horarios de recuperación na páxina web e nos taboleiros de anuncios do instituto.

Page 37: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 37

4.5 Avaliación das probas libres: Cando se convocan probas libres de títulos LOE hai que realizar unha programación didáctica ad hoc que resume a programación didáctica oficial.

A normativa establece que as probas libres constan dunha proba con dúas partes, sendo a primeira eliminatoria:

Para a primeira parte da proba hai que seleccionar da programación didáctica oficial do módulo os criterios de avaliación que son considerados mínimos e teñen un ins-trumento de avaliación de tipo “proba escrita”, é dicir, aqueles que teñen unha cuali-dade máis conceptual.

Para a segunda parte da proba hai que seleccionar da programación didáctica oficial do módulo os criterios de avaliación que son considerados mínimos e teñen un ins-trumento de avaliación de tipo “lista de cotexo” ou “táboa de observación”, é dicir, aqueles que teñen unha cualidade máis procedemental ou actitudinal.

Para o deseño das probas hai que elixir unha “mostra significativa dos criterios de avalia-ción”, polo que debemos elixir aqueles aos que na nosa programación didáctica oficial lle asignamos unha maior porcentaxe na cualificación.

Tamén hai que establecer dunha forma clara e xusta os criterios de cualificación, polo que debemos seguir o mesmo principio anterior de que corrixida a proba por dous ou máis do-centes de forma independente, se obteñan cualificacións significativamente semellantes (calibración).

Page 38: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

38 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Page 39: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 39

5

A normativa establece que todo o profesorado debe avaliar tanto a súa programación como a propia práctica docente. Esta norma non debe ser entendida como un método de control da función docente (ameaza) senón como un método de mellora (oportunidade) que permi-te detectar erros programáticos e metodolóxicos e aplicar medidas correctivas que redun-dan na calidade do ensino e polo tanto na formación dos estudantes.

O IES Leixa ten establecidos métodos que facilitan tanto a avaliación da programación como a avaliación da práctica docente polo estudantado:

Avaliación da programación: O modelo de seguimento da programación (modelo pea103) introduce indicadores para o seguimento programático e un campo de ob-servacións que pode ser utilizado polos docentes para incluír aqueles aspectos rela-cionados co seguimento das programacións, nomeadamente as modificacións e pro-postas de modificación para o seguinte curso. Ademais, o modelo pea104 de resumo do curso ten campos para reflexionar sobre o curso, a programación e permite resumir as propostas de modificación para o curso seguinte.

Avaliación da práctica docente polo estudantado: Do mesmo xeito, o IES Leixa pon a disposición de todo o profesorado un modelo de enquisa para avaliación docente (modelo pea108) de libre uso que permite avaliar distintos aspectos da práctica do-cente por parte do alumnado, aínda que existe liberdade para que cada docente uti-lice o seu propio método de avaliación.

Sen embargo estes métodos non analizan con detalle a práctica docente no seu sentido máis amplo polo que é necesario establecer un protocolo estándar que permita analizar os ele-mentos determinantes da práctica docente.

Neste sentido cabe subliñar o proxecto desenvolvido por un grupo de traballo formado por docentes da comunidade autónoma vasca que serve como referente para establecer mode-los de avaliación da práctica docente que abarca catro dimensións:

Avaliación da práctica docente

Page 40: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

40 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Varios autores: Mejora de la práctica docente. Una experiencia de autoevaluación. Departamento de Educación, Polí-

tica Lingüística y Cultura de la Comunidad Autónoma del País Vasco. 2013. ISBN: 978-84-457-3291-5

Este traballo está destinado fundamentalmente aos colexios de infantil e primaria onde hai unha maior diversidade na aula, pero no noso contexto poderíamos obviar esta dimensión e centrármonos nas outras tres, que son o obxecto fundamental da avaliación da práctica do-cente.

Así pois, propóñense tres modelos de avaliación da práctica docente para as tres dimensións citadas (obrigatorias): programación, actividades de aula e meta-avaliación e engádese un cuarto modelo (voluntario) para que o alumnado valore tamén a práctica docente (enquisa de satisfacción).

Nestas enquisas utilízase unha escala Likert numerada de 1 a 4 na que cada número repre-senta as valoracións seguintes:

1. Nada satisfeito/a 2. Pouco satisfeito/a 3. Bastante satisfeito/a 4. Totalmente satisfeito/a.

PROGRAMACIÓN:

VALORACIÓN DA PROGRAMACIÓN 1 2 3 4

1 A secuenciación das unidades didácticas ten unha progresión axeitada ás características do módulo e do grupo

2 A programación está coordinada con outros módulos

3 A programación inclúe actividades introdutorias previas á unidade que se vai traballar

4 As actividades e tarefas propostas son axeitadas aos criterios de avaliación asociados

5 Os instrumentos de avaliación son axeitados aos criterios de avaliación asociados

6 Establezo medidas para que o alumnado coñeza suficientemente os contidos, os criterios de avaliación e os criterios de cualificación

7 Fago un seguimento da programación e tomo nota das modificacións introducidas

Diversidade Programación

Actividades de aula

Avaliación

(meta-avaliación)

Page 41: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 41

ACTIVIDADES DE AULA:

VALORACIÓN DAS ACTIVIDADES DE AULA 1 2 3 4

1 Existe un equilibrio dinámico-estático na aula segundo as actividades que se realizan conseguin-do un clima axeitado que favorece a aprendizaxe

2 Aplico técnicas estándar de motivación no estudantado

3 Utilizo múltiples recursos de acordo coas actividades e tarefas programadas

4 Dou a oportunidade de formular dúbidas e as respondo axeitadamente incentivando a autono-mía dos estudantes

5 Atendo aos estudantes de forma individualizada cando é necesario

6 Aplico técnicas de reforzo cando hai estudantes que teñen dificultades

7 Dou aos estudantes a oportunidade de opinar sobre a metodoloxía e a dinámica de aula

META-AVALIACIÓN:

META-AVALIACIÓN 1 2 3 4

1 Realizo unha avaliación inicial obxectiva que me ofrece datos reais sobre o punto de partida

2 Ao inicio de cada unidade didáctica formulo actividades previas

3 En cada unidade didáctica se explican os criterios de avaliación, os instrumentos de avaliación e os criterios de cualificación

4 Utilizo instrumentos de avaliación diversos para a consecución dos criterios de avaliación apli-cando criterios de cualificación obxectivos

5 Explico individualmente aos estudantes os resultados das probas indicando os erros

6 Sigo un proceso de avaliación continua integrando en os contidos xa avaliados nas seguintes probas de avaliación

7 A final de curso reviso con cada estudante os criterios de avaliación e o grao de consecución dos mesmos

8 Aplico técnicas de autoavaliación que permiten a participación do alumnado no proceso

Page 42: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

42 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

ENQUISA DE SATISFACCIÓN:

ENQUISA DE SATISFACCIÓN (cuberta polo alumnado) 1 2 3 4

1 Informou con claridade os aspectos máis relevantes da programación: Contidos, obxectivos, resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación, sistema de avaliación, instrumentos de avalia-ción e criterios de cualificación

2 Ao inicio de cada unidade didáctica explica os obxectivos, os resultados de aprendizaxe implica-dos e os criterios de avaliación

3 Utiliza técnicas dinamizadoras da aula motivando aos estudantes. As clases son entretidas e estimulan o estudo e o interese por aprender

4 É próximo/a e cordial; atende as dúbidas do alumnado e mostra interese polo que se aprende

5 As probas e prácticas están acordes con contidos estudados e as cualificacións son xustas e obxectivas

6 Utiliza moitos recursos e metodoloxías distintas (explicacións, debates, vídeos, actividades diver-sas,…) que facilitan a aprendizaxe

7 Revisa individualmente as cualificacións explicando os erros e facendo crítica construtiva

8 Globalmente o tratamento do módulo é axeitado e ao final o alumnado aprende

O profesorado pertencente ao departamento de Sanidade debe realizar ao longo do curso un proceso de avaliación da programación, das actividades de aula e unha meta-avaliación e debe incluír un resumo de resultados de ambas no modelo pea104, facendo propostas de mellora para o seguinte curso esco-lar.

Page 43: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 43

6

A fin de coordinar a realización das actividades complementarias que se han de desenvolver ao longo do curso, na reunión de departamento do mes de outubro os docentes deberán entregar a previsión de actividades a desenvolver durante o curso segundo o modelo ao efecto. A xefatura de departamento emitirá un informe (modelo pac104) coas actividades previstas que entregará á xefatura de actividades (vicedirección).

Cando ao longo do curso xurdan actividades que non estaban previstas, os docentes respon-sables informarán ao equipo docente nas reunións programadas.

Para a realización das actividades terase en conta o establecido no Programa de Actividades Complementarias (PAC) do IES Leixa.

En todas as actividades o profesorado responsable deberá rexistrar as mesmas con fotogra-fías que deberá entregar á xefatura de estudos para a súa incorporación ao ficheiro de ima-xes.

No rexistro fotográfico deberanse ter as seguintes precaucións:

Se hai estudantes que no momento da matrícula non autorizaron o uso da imaxe, deberán telo en conta no momento de realizar as fotografías.

Tratarase que na maioría das imaxes saian estudantes realizando a actividade.

No caso de que nas actividades participen persoas alleas ao centro, en particular me-nores de idade, o docente responsable da mesma debe solicitar a autorización para publicar ditas fotografías.

En todas as actividades debe realizarse unha enquisa de satisfacción que servirá para determinar a idoneidade da actividade de cara a modificala ou suprimila se fose o ca-so.

Actividades complementarias

Page 44: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

44 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

ACTIVIDADES PROPOSTAS NO CENTRO EDUCATIVO

(marca o teu grao de acordo)

1. A actividade estivo ben organizada Nada Pouco Bastante Totalmente

2. A data e horario elixido é adecuado. Nada Pouco Bastante Totalmente

3. Facilitouse una información previa completa Nada Pouco Bastante Totalmente

4. Os relatores/as estiveron moi ben Nada Pouco Bastante Totalmente

5. A actividade é moi interesante e axuda á formación Nada Pouco Bastante Totalmente

6. ¿Consideras que se debe manter esta actividade? Si Non

7. Observacións:

ACTIVIDADES PROPOSTAS FÓRA DO CENTRO

(marca o teu grao de acordo)

1. A actividade estivo ben organizada Nada Pouco Bastante Totalmente

2. A data e horario elixido é adecuado. Nada Pouco Bastante Totalmente

3. Facilitouse una información previa completa Nada Pouco Bastante Totalmente

4. A duración foi adecuada. Nada Pouco Bastante Totalmente

5. Os contidos da actividade foron adecuados. Nada Pouco Bastante Totalmente

6. A acollida na visita foi correcta. Nada Pouco Bastante Totalmente

7. Os relatores/as estiveron moi ben Nada Pouco Bastante Totalmente

8. A actividade é moi interesante e axuda á formación Nada Pouco Bastante Totalmente

9. ¿Consideras que se debe manter esta actividade?. Si Non

10. Observacións:

Page 45: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 45

7

A fin de coordinar as accións pedagóxicas dos ciclos, os equipos docentes de ciclo, coordina-dos polo titor/a de segundo curso, deberán manter reunións conxuntas co seguinte calenda-rio:

DATA ASUNTOS A TRATAR

2ª quincena de setembro Coordinación pedagóxica

Actividades de recuperación de estudantes con materias pendentes

Uso das aulas e os recursos

Actividades complementarias do 1º trimestre

1ª quincena de decembro Coordinación pedagóxica

Propostas sobre a FCT

Actividades complementarias do 2º trimestre

2ª quincena de febreiro Coordinación pedagóxica

Propostas sobre a FCT

Inmediatamente despois da ava-liación previa á FCT ou segunda avaliación segundo o caso

Coordinación pedagóxica

Actividades de recuperación de estudantes con materias pendentes

Modificacións horarias no caso de docentes de segundo cur-so

Propostas sobre a FCT

Actividades complementarias do 3º trimestre

2ª quincena de xuño Propostas sobre a FCT (no caso de ciclos de 1400 horas)

En todas as reunións debe elevarse acta entregando copia da mesma á xefatura de estudios quen remitirá copia dixital ao xefe/a de departamento.

Calendario de reunións de

equipos docentes

Page 46: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

46 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

qu

ince

na

de

se

tem

bro

Coordinación pedagóxica

Actividades de recuperación

Uso de aulas e recursos

Actividades do 1º trimestre

qu

ince

na

de

de

cem

bro

Coordinación pedagóxica

Propostas sobre a FCT

Actividades complementarias do 2º trimestre

qu

ince

na

de

fe

bre

iro

Coordinación pedagóxica

Propostas sobre a FCT

Logo

da

aval

iaci

ón

pre

via

á FC

T

Coordinación pedagóxica

Actividades de recuperación

Modificacións horarias

Propostas sobre a FCT

Actividades do 3º trimestre

qu

ince

na

de

xu

ño

Propostas sobre a FCT no caso de ciclos de 1400 horas)

Page 47: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 47

8

Dende hai anos existe unha estreita colaboración entre o departamento de Sanidade e o de Artes Gráficas na realización conxunta de actividades nas que participan estudantes de am-bos os dous departamentos, polo que se fai necesario establecer un procedemento de cola-boración que evite obstáculos entre os departamentos, axilice os trámites de colaboración, estableza horarios de conexión e favoreza a planificación.

Esta colaboración queda referendada polos seguintes puntos a ter en conta polo departa-mento de Sanidade:

Respecto da información: Ao inicio de curso todo o profesorado de Sanidade debe coñecer o protocolo de comunicación entre o alumnado de ambos departamentos, sendo o titor/a de grupo o que achegue esta información ao alumnado. Posterior-mente, debe ser os docentes dos módulos profesionais implicados os que recorden ao alumnado este protocolo en caso de precisar da colaboración do departamento de Artes Gráficas para a elaboración dun determinado proxecto ou actividade.

Respecto da solicitude de colaboración: O alumnado debe entregar por escrito ao docente do módulo implicado na colaboración o modelo de solicitude de colabora-ción co outro departamento (dispoñible na web do instituto), indicando no mesmo as características da dita colaboración.

o O docente revisará a solicitude e procederá a tramitala ao departamento de Artes Gráficas (cando o gasto corre a carga do alumnado) .

o Cando o gasto vaia a cargo do centro/departamento de Sanidade a solicitude debe ser tramitada ao xefe/a do departamento de Sanidade quen emitirá in-forme de gastos e a súa vez lla trasladará á dirección, tal e como indica o ma-nual de procedementos do departamento de Artes Gráficas. Neste último ca-so e se a dirección autoriza a colaboración, será devolta ao docente que a tramitou para a súa entrega ao responsable de colaboracións do departamen-to de Artes Gráficas.

Colaboracións internas entre o

departamento de Sanidade e o de Artes Gráficas

Page 48: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

48 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Respecto da coordinación entre o alumnado: O responsable de colaboracións do departamento de Artes Gráficas, unha vez aceptada a solicitude, establecerá un ho-rario de conexión entre os estudantes de ambos departamentos coa finalidade de axilizar o traballo e a coordinación. Este horario será entregado ao docente solicitan-te.

Os grupos de estudantes implicados acordarán reunións intermedias para entrega de materiais para a elaboración do proxecto, acordando durante estas reunións un perí-odo de execución e unha data orientativa de entrega.

O titor/a informa aos estudantes do procedemento xeral de colaboración.

Os docentes coordinan a información dos proxectos.

INFORMACIÓN Os estudantes entregan a solicitude ao docente.

O docente a tramita ao departamento de Artes Gráficas (cando pagan os estudantes).

O docente a tramita ao xefe do departamento (cando paga o departamento).

O xefe/a do departamento informa á dirección.

A direccón autoriza e devolve ao docente solicitante.

COLABORACIÓN Establecemento dun horario

Establecemento de reunións

COORDINACIÓN

Page 49: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 49

9

O Decreto 79/2010 que regula o plurilingüismo na Comunidade Autónoma de Galicia esta-blece:

1. Na formación profesional específica, nas ensinanzas artísticas e nas deportivas, de grao medio ou superior, cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no regulamento de cen-tros, establecerá unha oferta equilibrada de materias e módulos en galego e en castelán que ga-ranta que o alumnado acade a competencia lingüística propia do nivel nas dúas linguas oficiais.

2. En todos os módulos garantirase que o alumnado coñeza o vocabulario específico nas dúas lin-guas oficiais.

O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Leixa elaborou un Proxecto Lingüístico de Cen-tro indica no seu apartado II.1.1 os módulos de formación profesional que deben impartirse en galego:

Módulos de Formación e Orientación Laboral, nomeadamente, Formación e Orientación Laboral, Relacións no Entorno de Traballo, Relacións no Contorno de Traballo e Empresa e Iniciativa Em-prendedora, en todos os ciclos formativos.

Módulos da familia de Sanidade, nomeadamente Hixiene no Medio Hospitalario, Técnicas de Axuda Odontolóxica, Técnicas Básicas de Enfermaría, Formulación Maxistral, Primeiros Auxilios, Oficina de Farmacia e Dispensa de Produtos Farmacéuticos.

Nesta relación modular non se indican os módulos que deben impartirse en galego nos ciclos de Laboratorio de Diagnóstico Clínico nin no ciclo de Dietética.

Por outro lado, o propio Proxecto Lingüístico de Centro indica que a principio de curso, e antes do comezo das clases, o profesorado debe cubrir unha enquisa de uso do galego (mo-delo pdl101) no que manifesta o idioma no que vai impartir as clases e o idioma que vai utili-zar nos materiais didácticos, e desta enquisa despréndese a existencia dun bilingüismo har-

Do uso do galego

Page 50: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

50 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

mónico bastante equilibrado no uso do galego e o castelán e que non hai problemas deriva-dos do uso dun ou outro idioma.

A análise destas enquisas de uso do galego e a estabilidade que hai na impartición de módu-los polo profesorado permite facer unha recomendación de uso do galego e o castelán nos diferentes módulos dos ciclos da familia de Sanidade para conseguir o maior equilibrio posi-ble e cumprir a normativa do uso do galego.

Así, o departamento de Sanidade propón o seguinte uso lingüístico, entendendo que en todo caso os estudantes deben acadar unha competencia lingüística no uso do vocabulario espe-cífico tanto en galego como en castelán, polo que se recomenda que, independentemente do uso na fala, os materias didácticos xerados polo profesorado así como as probas escritas sexan en galego agás no caso das probas libres que deben estar redactadas en ambas as dú-as linguas.

CICLO MEDIO DE COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA Lingua preferente

CM0304. Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material (HIX) Galego

CM0305. Operacións administrativas e documentación sanitaria (OAD) Castelán

CM0308. Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente (PRO) Castelán

CM0310. Técnicas básicas de enfermaría (TBE) Castelán

CM0311. Técnicas de axuda odontolóxica estomatolóxica (TAO) Galego

CM0RET. Relacións no equipo de traballo (RET) Galego

CM0FOL. Formación e orientación laboral (FOL) Galego

CICLO MEDIO DE FARMACIA E PARAFARMACIA Lingua preferente

MP0061. Anatomofisioloxía e patoloxía básicas (ANA) Castelán

MP0099. Disposición e venda de produtos (DIS) Castelán

MP0101. Dispensación de produtos farmacéuticos (DIF) Galego

MP0103. Operacións básicas de laboratorio (OPE) Castelán

MP0104. Formulación maxistral (FOR) Galego

MP0106. Formación e orientación laboral (FOL) Galego

MP0020. Primeiros auxilios (PAU) Galego

MP0100. Oficina de farmacia (OFI) Galego

MP0102. Dispensación de produtos parafarmacéuticos (DIP) Castelán

MP0105. Promoción da saúde (PRO) Castelán

MP0107. Empresa e iniciativa emprendedora (EMP) Galego

Page 51: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 51

CICLO MEDIO DE EMERXENCIAS SANITARIAS Lingua preferente

MP0052. Mantemento mecánico preventivo do vehículo (MAN) Castelán

MP0053. Loxística sanitaria en emerxencias (LOX) Castelán

MP0054. Dotación sanitaria (DOT) Galego

MP0055. Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencias (ASI) Castelán

MP0056. Atención sanitaria especial en situacións de emerxencias (ASE) Castelán

MP0057. Evacuación e traslado de pacientes (EVA) Galego

MP0058. Apoio psicolóxico en situación de emerxencia (PSI) Galego

MP0059. Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles (PLA) Castelán

MP0060. Teleemerxencias (TEL) Galego

MP0061. Anatomofisioloxía e patoloxía básicas (ANA) Castelán

MP0062. Formación e orientación laboral (FOL) Galego

MP0063. Empresa e iniciativa emprendedora (EMP) Galego

CICLO SUPERIOR DE DIETÉTICA Lingua preferente

CS0436. Alimentación equilibrada (ALE) Galego

CS0446. Control alimentario (CAL) Galego

CS0456. Fisiopatoloxía aplicada á dietética (FAD) Castelán

CS0630. Organización e xestión da área de traballo asignada na unida-de/gabinete de dietética (XES)

Castelán

CS0FOL. Formación e orientación laboral (FOL) Galego

CS0RET. Relacións no equipo de traballo (RET) Galego

CS0452. Dietoterapia (DIE) Castelán

CS0453. Educación sanitaria e promoción da saúde (ESA) Galego

CS0478. Microbioloxía e hixiene alimentaria (MIC) Galego

CS0497. Proxecto integrado (PI) Castelán/Galego

CICLO SUPERIOR DE LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO Lingua preferente

CS0FOL. Formación e orientación laboral (FOL) Galego

CS0471. Fundamentos e técnicas de análises hematolóxicas e citolóxicas (HEM)

Castelán

CS0486. Organización e xestión da área de traballo asignada na unida-de/gabinete de laboratorio de diagnóstico clínico (XES)

Galego

CS0509. Recollida, preparación e conservación de mostras biolóxicas huma-nas (RPC)

Castelán

CS0470. Fundamentos e técnicas de análises bioquímicas (BIO) Galego

CS0472. Fundamentos e técnicas de análises microbiolóxicas (MIC) Castelán

CS0501. Proxecto integrado (PI) Castelán/Galego

Page 52: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

52 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Page 53: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 53

10

A xestión de compras é un proceso que está regulamentado polo centro a través do seu Pro-grama de xestión de compras e o seu Programa de validación de fornecedores. Nestes pro-gramas faise una descrición xeral dos procedementos a seguir pero deixan liberdade de xes-tión aos departamentos didácticos, polo que cómpre que estes establezan o seu propio sis-tema de xestión, que no caso do departamento de Sanidade desenvolverase de seguido in-tegrándoo xunto cos programas do centro.

10.1 Persoal implicado: O persoal implicado na xestión de compras é o que se mostra na seguinte gráfica:

Xestión das compras

Procedemento de compras

Responsabilidades Operatividade

Persoal implicado

Secretario/a

Xefe/a de departamento

Docente responsable de compras

Docente peticionario de material

Persoal subalterno

Page 54: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

54 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

10.2 Operatividade: Os procesos seguen un esquema de operatividade que se reflicte nas seguintes gráficas:

10.3 Responsabilidades:

Secretario/a a. Preparar o anteproxecto orzamentario e presentalo á comisión económica unha vez aprobado polos xefes/as departamento ou órgano que os represente

b. Informar do estado de contas ao xefe/a do departamento de Sanidade c. Validar aos fornecedores segundo os criterios establecidos polo Programa de

validación, actualizando a listaxe de fornecedores validados d. Custodiar a documentación de facturación do departamento de Sanidade en-

tregada polo xefe/a de departamento e. Xestionar a base de datos de facturación f. Informar ao xefe/a departamento dos fornecedores validados g. Informar ao xefe/a departamento do control de gastos e ingresos

Xefe/a de departamen-to de Sanidade

a. Aprobar xunto cos demais xefes/as de departamento o anteproxecto orzamen-tario

b. Elaborar o plan de gastos de departamento de acordo coas cantidades asigna-das no correspondente proxecto económico

c. Informar sobre a listaxe de fornecedores validados aos responsables de com-pra do departamento de Sanidade

d. Propoñer ao secretario a validación dun novo fornecedor e. Informar aos responsables de compra do control de gastos f. Xestionar os gastos do departamento de Sanidade g. Aproba e dar visto e prace á petición de material feita polo responsable de

compra h. Entregar a documentación do pedido ao Secretario

Docente responsable de compras

a. Avaliar os novos fornecedores de acordo cos criterios establecidos polo pro-grama de validación

b. Realizar as peticións de produtos ou servizos exclusivamente aos fornecedores validados

c. Xestionar a petición do material polo profesorado do ciclo, unha vez tramitada

Page 55: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 55

a aprobación polo xefe/a de departamento. d. Unha vez recepcionado o pedido, comprobación do albará e. Xestión libro de incidencias no pedido f. Xestión da incidencia. Contacto cos fornecedores g. Peche do pedido h. Custodia documentación do pedido: Folla de petición e peche de petición i. Autoriza a distribución do pedido ao seu destino j. Xestión de mantemento e reparacións do material inventariable do ciclo

Docente peticionario de material

a. Propoñer as adquisicións necesarias para o normal desenvolvemento dos labo-res docentes en aula

b. Solicitude do pedido ao responsable de compras c. Revisar o material inventariable asignado e dotacións de aula coa cadencia que

se determina no programa de control de material inventariable, trasladando ao responsable de compras, segundo o caso, ás necesidades de mantemento ou reparacións.

Persoal subalterno a. Recepción do pedido b. Almacenar os pedidos ata a súa comprobación cubrindo os datos no libro de

pedidos: Fornecedor e responsable de compras do ciclo c. Aviso ao responsable de compras do ciclo d. Distribución do pedido ao seu destino segundo as indicacións do responsable

de compras

10.4 Procedemento de compras:

1. O/a docente elabora a petición de material necesario, que entrega ao responsable de

compras. 2. O/a responsable compras comunica ao xefe/a de departamento quen autoriza 3. O/a responsable de compras xestiona o pedido de acordo coa listaxe de fornecedores

validados a. Datos mínimos que deben constar no pedido a súa recepción polo persoal su-

balterno son: Datos do fornecedor, nome do responsable de compras e ciclo para o que vai

4. O/a persoal subalterno recepciona o pedido, cubre os datos no libro de pedidos e avisa ao responsable de compras do ciclo

5. O/a responsable de compras comproba o albará e anota as incidencias do pedido, se as houber, e as xestiona.

6. Autoriza a distribución do pedido ao seu destino polo persoal subalterno 7. Entrega de documentación do pedido ao xefe/a do departamento

Page 56: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

56 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Page 57: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 57

11

O IES Leixa dispón dunha intranet xestionada dende a secretaría do centro onde se atopan dous servidores independentes, un de recursos audiovisuais e outro de xestión documental interna.

Ademais, o centro dispón dunha aula virtual en entorno Moodle dentro da plataforma WebsDinámicas.

Aínda que o centro dispón de protocolos para o acceso e xestión tanto do servidor de recur-sos como da aula virtual, cómpre facer referencia neste documento aos modos e usos que dende o departamento de Sanidade se vai facer destes recursos.

11.1 O servidor de recursos: O servidor de recursos creouse coa finalidade de dispor dun instrumento que permita cargar e dispoñer, dende calquera aula do centro, recursos audio-visuais de uso xeral ou particular. Calquera docente pode solicitar que se carguen neste ser-vidor os recursos que utiliza na aula e poder acceder a eles en calquera momento.

A razón de existir desde recurso é tripla:

Por unha banda, a conexión a internet do centro é moi deficitaria e non permite ac-ceder a recursos moi pesados en liña, como son vídeos e outros documentos, polo que o seu uso dende páxinas web ou dende a aula virtual non sempre está dispoñi-ble.

Por razóns de seguridade o IES Leixa conta cun fortigate que limita os accesos a moi-tas páxinas webs dende as que se podería lanzar código malicioso e infectar a intra-net do centro.

A aula virtual ten un límite de 20 Mb para a carga de arquivos e en moitas ocasións os vídeos e outros documentos inclúen imaxes moi pesadas que non poden cargarse na aula virtual.

Xestión da intranet e da aula virtual

O servidor de

recursos

A aula virtual

Page 58: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

58 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

A experiencia do centro é que calquera docente pode solicitar a carga de documentos no servidor de recursos pero non hai establecido un protocolo que permita saber que recursos están cargados, polo que pode darse o caso, e de feito se ten dado, que dous docentes soli-citen que se cargue o mesmo recurso e este apareza duplicado.

Para evitar esta situación, a carga de documentos no servidor de recursos por parte do de-partamento de Sanidade farase previa autorización do xefe/a de departamento, quen toma-rá nota do arquivo cargado e dará publicidade ao mesmo nunha folla ao efecto no departa-mento de Sanidade para xeral coñecemento.

Os docentes que queiran cargar algún recurso deben cubrir o modelo ao efecto e pasarllo ao xefe/a de departamento quen dará o visto e prace e pasarallo ao secretario do instituto.

Nome e apelidos:

Título do recurso:

Tipo de recurso: Vídeo Son Presentación e-book pdf Texto Outros

11.2 A aula virtual: A administración da aula virtual do instituto está xestionada pola dirección, pero calquera docente pode solicitar a creación dun ou máis cursos para utilizar nos labores pedagóxicos ou de xestión de cursos, grupos de traballo, etc.

Existe un procedemento escrito para a correcta xestión da inscrición dos estudantes na aula virtual e é responsabilidade dos titores/as dar as instrucións precisas aos estudantes para os eu correcto rexistro segundo o procedemento establecido, que se mostra de seguido.

1. Alta de usuarios/as: Para darse de alta por primeira vez como usua-rio/a hai que entrar na aula virtual accedendo a nosa web www.iesleixa.es e premendo no botón “Ir á aula virtual”

O usuario/a será redirixido á aula virtual onde aparecerá unha ventá na que deberá premer no botón “Solicitud de alta” que hai á dereita.

Page 59: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 59

Novamente abrirase unha ventá na que deberá introducir os seguintes datos:

Nome de usuario/a: Será o nome que deberá utilizar para acceder á aula virtual. Pode poñer o nome que queira, pero debe recordalo.

Contrasinal: Pode utilizar o contrasinal que queira. Este contrasinal non é accesible aos administradores/as da aula nin aos docentes. Será coñecido unicamente polo propio usuario/a polo que debe recordalo.

A continuación debe dar uns datos de rexistro:

Correo electrónico: Debe ser unha dirección de correo electrónico real e do dominio “gmail” porque ao rematar o proceso o estudante recibirá unha mensaxe do sistema para que confirme a súa inscrición. Se algún estudante non ten correo electrónico debe informar ao seu titor/a porque habería que confirmar a súa alta de xeito ma-nual. Para iso, o titor/a debe informar ao responsable da aula virtual para que con-firme a inscrición.

Debe escribirse dúas veces o email para confirmar que está ben. Non se debe facer o rexistro con dominios hotmail nin yahoo porque son moi inestables e non se pode asegurar que os estudantes reciban os correos enviados por moodle.

Nome (MOI IMPORTANTE): Neste campo o estudante debe poñer en letras maiúscu-las o grupo no que está segundo o acrónimo que ten no seu horario, exactamente como aparece no horario; por exemplo CMEA, CMF2, CSD2, …

Apelidos: (MOI IMPORTANTE): Neste campo o estudante debe poñer por esta orde os seus dous apelidos, unha coma, e o seu nome. O formato é en minúsculas agás as iniciais, tal e como se ve na seguinte imaxe. É moi importante que poñan ben os dous apelidos e o seu nome. Se o administrador da páxina detecta que non están ben, o estudante será eliminado do sistema e terá que rexistrarse outra vez.

Cidade: O estudante debe poñer aquí o concello no que vive.

Pais: Evidentemente, o pais no que estamos, España. Hai algún estudante estranxeiro que puxo o seu pais de orixe e non se trata diso. Este campo está así porque moitos organismos internacionais utilizan moodle para cursos e así controlan de que países son os seus estudantes.

Page 60: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

60 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Una vez postos todos os datos, o estudante debe premer no botón “Crear cuenta” e apare-ceralle outra ventá na que se lle indica que se lle enviou un correo electrónico con instru-cións para completar o proceso.

En canto o estudante confirme a conta, xa poderá entrar directamente na aula virtual po-ñendo o seu nome de usuario e contrasinal dende a web do instituto, pero aínda non poderá entrar nos cursos.

2. Asignación de estudantes a un curso: Como se dixo máis arriba, a asig-nación de estudantes a un curso faina o propio docente. Para iso o docen-te entra no seu curso e preme en “Asignar papeis” dentro do bloque “Administración” do seu curso.

Abrirase unha ventá con información sobre os papeis do seu curso. Nesta ventá ten que elixir “Estudante” (seguramente o docente non verá a ventá tal e como aparece aquí porque non ten acceso a todos os papeis).

Ao premer “Estudante” abrirase unha nova ventá que ten dous cadros:

Á esquerda aparecen os alumnos/as do seu curso. Se non ten alumnos/as asignados, aparecerá en branco coa lenda (hai 0 usuarios)

Á dereita aparecen todos/as os usuarios/as dados de alta na aula virtual.

Page 61: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 61

Para facilitar a asignación de estudantes, o docente debe introducir no cadro de procura (abaixo á dereita), o grupo de que se trate, por exemplo CSL1, e premer en “buscar”, apare-céndolle no cadro da dereita todos os alumnos/as que no campo “Nome” puxeron CSL1, tal e como se ve na seguinte imaxe.

A continuación, o/a docente debe seleccionar os/as estudantes do cadro dereito facendo clic neles (pódense seleccionar todos premendo no primeiro e no último ao mesmo tempo que se preme a tecla de maiúsculas no teclado). Unha vez seleccionados hai que clicar na frecha que mira á esquerda e os estudantes pasarán ao cadro da esquerda, co que xa estarán asig-nados ao curso.

Page 62: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

62 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Para eliminar a un/ha estudante dun curso hai que seleccionalo no cadro da esquerda e pa-salo, co botón que mira á dereita, ao cadro da dereita.

3. Restaurar contrasinal: É relativamente frecuente, sobre todo no cambio de curso, que un estudante esqueza o seu nome de usuario/a ou mesmo o seu contrasinal.

No primeiro caso, debe contactar co administrador/a da aula virtual ou o xefe de estudos que ten acceso a este dato e pódello dar.

No segundo caso, o administrador da web non ten acceso ao contra-sinal pero o usuario/a pode restauralo se ao entrar na aula preme no botón “Perdeu o contrasinal?”

Abrirase unha nova ventá na que pode introducir o seu nome de usuario/a ou seu correo electrónico e o sistema daralle instrucións para restituílo.

Page 63: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 63

4. Información aos estudantes: Deben ser os docentes, preferiblemente os titores/as, os que informen aos alumnos/as sobre como darse de alta na aula virtual indicándolles que algúns docentes teñen cursos virtuais (non todos/as). Tamén é importante que lles dean un prazo curto para facelo porque senón estariamos asignando estudantes aos nosos cursos continuamente.

Os administradores/as da aula virtual revisan periodicamente os usuarios/as e que todos os datos sexan correctos porque sempre poden darse de alta persoas non relacionadas co cen-tro. Se se detecta algún usuario mal rexistrado ou que non consta como estudante do cen-tro, é eliminado.

Page 64: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

64 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Page 65: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 65

Marchena Gómez, Mª Rosa: El aula por dentro. Cómo mejorar su gestión y organiza-ción. Wolters Kluwer. 2009

Gómez Dacal, Gonzalo: Control de procesos para mejorar la calidad de la enseñanza. Praxis. 2006

Funes, Silvina et al: Gestión eficaz de la convivencia en los centros educativos. Wol-ters Kluwer. 2010

Carnicero Duque, Paulino: La comunicación y la gestión de la información en las insti-tuciones educativas. Praxis. 2005

Armas, Manuel: Prevención e intervención ante problemas de conducta. Estrategias para centros educativos y familias. Wolters Kluwer. 2010

Varios autores: Mejora de la práctica docente. Una experiencia de autoevaluación. Departamento de Educación, Política Lingüística y Cultura de la Comunidad Autóno-ma del País Vasco. 2013.

Documentos de xestión do IES Leixa.

Bibliografía

Page 66: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

66 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Page 67: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

IES Leixa | Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente 67

Page 68: Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente

DEPARTAMENTO DE SANIDADE

Instituto de Educación Secundaria

“Leixa”

UNIÓN EUROPEA FONDO SOCIAL EUROPEO

“O FSE inviste no teu futuro”

Revisión 0 - 30.05.2014

68 Programa de actuacións pedagóxicas e organización docente | IES Leixa

Instituto de Educación Secundaria Leixa

San Pedro de Leixa s/n

15405 Ferrol (A Coruña)

www.iesleixa.es

[email protected]