primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóxico...

27
COMEZO DE CURSO lingua primaria 5

Upload: others

Post on 21-Feb-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

enfoque pedagóXico lingua coMeZo de cuRSo

lingua

Se151326

primaria 5primaria5

Page 2: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español

Este libro está impreso en papeis procedentes de bosques xestionados de xeito sustentable

© Xerme Edicións

O caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte do Proxecto Editorial de Educación Primaria de Xerme Edicións. Na súa realización participou o seguinte equipo:

AutoríaMercedes Garín, Javier Bahón (Intelixencias múltiples), Asunción Canal Covelo (proba de avaliación inicial)

EdiciónPaloma Lara, Pilar Menéndez, Nuria Vallina

Corrección Rinoceronte Servizos Editoriais

Coordinación e asesoramento editoriaisSusana Collazo (Rinoceronte Servizos Editoriais)

IlustraciónJesús Gabán (cuberta)

FotografíaARQUIVO SM; PHOVOIR; INGIMAGE; THINKSTOCK; SHUTTERSTOCK; Pedro Rodríguez Rodríguez

Sonsoles Prada

Deseño de cuberta e interioresEstudio SM

Maquetación Rinoceronte Servizos Editoriais

Coordinación editorial de PrimariaPilar Menéndez e Nuria Corredera

Dirección de arte do proxectoMario Dequel

Dirección editorialAída Moya

Page 3: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

índiceComezo De CURSo

Descrición dos alumnos

Como son os nenos de quinto? 4

Así son os nosos alumnos 5

Somos diferentes 6

Organización da aula

A organización dos materiais 8

A organización das mesas e os alumnos 9

Planificación e organización do tempo

A planificación do profesor 10

A planificación dos alumnos 11

Relación coas familias

Reunión de comezo de curso 12

Consellos para as reunións xerais de pais 13

As reunións de titoría 13

Comunicación escola - familia 13

O estudo na casa 14

O primeiro día de curso

Recibimento dos alumnos 15

Proposta de actividades 15

A avaliación

Obxectivo da avaliación inicial 16

Información sobre os nosos alumnos 17

Escala da proba de avaliación inicial 19

Proba de avaliación inicial 20

A avaliación en Primaria 22

As intelixencias múltiples como punto de partida

Que son as intelixencias múltiples? 23

Perfil de intelixencias múltiples 23

Menú didáctico de intelixencias múltiples 25

Page 4: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

4 Descrición dos alumnos

Como son os nenos de quinto?

Áreas 10 - 11

Desenvolve- mento físico

•As transformacións físicas non son tan notables coma noutras idades.

•Os cambios físicos comezan antes nas rapazas ca nos rapaces.

Personalidade•Aos 10 anos, os nenos senten que deixaron de ser pequenos. Comezan a comprender o mundo. Os

desexos de independencia respecto aos pais vai en aumento e os xogos son cada vez máis autónomos.

Cognición

•Esta etapa é fundamental para a súa evolución intelectual posterior: a lectura comprensiva e rápida, a escritura áxil, a riqueza expresiva e o razoamento lóxico adecuado serán as bases deste desenvolvemento.

•Os niveis de abstracción vanse fortalecendo. O seu desenvolvemento intelectual comeza a permitir­lles buscar alternativas aos diferentes problemas con que se atopan.

•As dificultades na aprendizaxe fanse máis patentes ante a necesidade de abordar contidos máis com­plexos.

afectividade •Poden mostrarse apáticos, tristes, dispersos, cansados ou excesivamente alterados por diferentes razóns (sobre todo, fracaso no colexio).

Familia

•A conduta do neno é diferente na casa e no colexio, adoptando diferentes roles en función da situa­ción.

•Aos 10 anos, comezan a cuestionar temas relacionados coa xustiza e a igualdade (séntense inxusta­mente tratados, mostran desacordos…).

relacións sociais

•Os amigos cobran cada vez máis importancia.

•Adoitan formar grupos da súa mesma idade e sexo.

Moral •Comezan a aparecer os intereses idealistas e altruístas.

•Son máis comprensivos co punto de vista do outro.

Xogo•As regras do xogo establécense por propio consentimento; é produto do acordo entre os xogadores

e poden modificarse se todos se poñen de acordo. Prima a codificación: chegan a crear as súas pro­pias regras, que conciben como mutables, relativas, sociais e negociables.

Descrición dos alumnos

Page 5: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

5Descrición dos alumnos

así son os nosos alumnos...

Para axustar o nivel de esixencia cara ao neno, familia e profesorado deben com­prender que é o mesmo na casa e no colexio, polo que hai que equilibrar o que se lle pide, tendo en conta que non é un neno pequeno nin un adolescente.

Na casa

•A esta idade deben sentirse parte activa na familia e colaborar en pequenas tarefas domésticas (recoller o seu cuarto, poñer a mesa, facer algún sinxelo recado...). É importante que non se lles faga aquilo que poden realizar sós e que se lles esixa que sexan responsables diso.

•Para favorecer o seu propio desenvolvemento, e de cara á convivencia fa­miliar, é necesario que se axusten aos horarios da organización familiar; por exemplo, a hora de levantarse, de ir á ducha, o tempo que tardan en comer…

No colexio

•Os nenos de quinto deben responsabilizarse de anotar as súas tarefas e de levalas o día indicado, ademais de entregar as autorizacións ou comunicados á familia e aos profesores.

•É conveniente que traballen de maneira autónoma, tanto na clase como can­do fan as tarefas na casa. O adulto só intervirá para explicar algo que non entenden ou para revisar a súa actividade.

•A esta idade, os alumnos non teñen por que presentar dificultades para axus­tarse aos horarios de traballo do colexio: ser puntual, colocarse na fila tralo recreo, comer no tempo estipulado, non distraerse na clase ao facer as tare­fas, etc.

No seu tempo libre

•Convén que non pasen demasiado tempo diante da televisión, a consola ou o ordenador. Pedirémoslles que elixan as actividades deste tipo que queiran realizar ao longo da semana, tendo en conta as preferencias doutros mem­bros da familia. Así, o tempo dedicado será o adecuado e non excesivo.

•É positivo que dediquen un espazo ao deporte, xa que non só mellora a súa forma física, senón que tamén lles axuda a mellorar as súas relacións sociais e a aceptar as normas.

•Deben organizar o seu ocio tendo en conta as obrigas ou tarefas que requiren o colexio e a convivencia familiar.

Cos amigos

•Teñen que aceptar as regras dos xogos e asumilas, gañe ou perda.

•Comezan a resolver os seus conflitos falando cos amigos e admiten con maior facilidade os defectos propios e alleos.

•É necesario que comprendan que ninguén ten a razón en todo momento e que debemos saber ceder nalgu nhas ocasións e dicir non cando algo non nos parece xusto.

Page 6: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

6 Descrición dos alumnos

somos diferentes

Cando un alumno presenta condutas que interfiren na súa convivencia no colexio ou nos seus avances curriculares, o titor debe poñer en práctica diversas estra­texias co fin de personalizar a ensinanza o máximo posible. O primeiro que convén facer a esta idade é falar directamente co alumno para facerlle comprender cal é o problema e conseguir que se implique e que poña da súa parte para solucionalo. Ademais, hai que indicarlle quen poden axudarlle e como poden facelo e mostrar confianza na súa capacidade de solucionar os seus problemas.

alumnos con problemas de atención

Con estes nenos convén:

•Situalos, sempre que sexa posible, na parte da clase máis próxima ao encera­do, intentando que non teñan á vista demasiados estímulos.

•Vixiar que só teñan na súa mesa o material que necesitan.

•Colocalos de maneira que no seu campo visual non estean os nenos que máis chaman a súa atención.

•Reducir ao mínimo as instrucións, que deberán ser breves, simples e claras. Nos casos máis acusados podemos utilizar paneis para deixar a información por escrito; a voz perdura moi pouco e a información visual mantense e per­mite volver a ela cada vez que se necesite.

•Cando se lles dea u nha consigna importante, pedirlles a continuación que nola repitan en voz alta, para asegurarnos de que a captaron.

•Colocar recordatorios das accións habituais nas rutinas. Por exemplo: poñer na mochila unha listaxe de cousas que hai que facer antes de saír da clase (recollo todos os meus materiais, anoto os deberes, collo o meu abrigo, des­pídome con educación…).

•Asignarlles as tarefas u nha a u nha. Incluso, se fose necesario, escribir cada tarefa nu nha páxina para que non interfiran u nhas tarefas con outras.

•Antes de realizar u nha actividade, pedirlles que subliñen o que teñen que facer.

alumnos excesivamente inquietos

Cando nos encontremos con este tipo de alumnos, convén ter en conta o seguinte:

•Non chamarlles en voz alta a atención de maneira continuada, xa que isto só sirve para reforzar a súa conduta e para que os compañeiros tomen concien­cia do problema.

•Establecer un código de chamada de atención menos perceptible para o res­to dos compañeiros. Por exemplo, tocarlles no ombro, tusir…

•Cando vexamos que xa non son capaces de manterse quietos, pedirlles que realicen algu nha actividade para a que teñan que levantarse (sacar punta a u nhas pinturas, ir por u nhas fotocopias, regar as plantas…). Se vemos que son capaces de atender a u nha explicación mentres fan garabatos, deixarlles que o fagan, pero nu nha folla expresamente dedicada a iso, para que non interfira na presentación dos seus traballos.

•Reforzar, sempre que se poida, condutas axustadas á actividade do grupo.

Page 7: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

7Descrición dos alumnos

alumnos con difi cultades para aceptar as normas

Ante os alumnos con problemas de conduta, podemos adoptar as seguintes estratexias:

•Crear as normas en grupo, explicando a súa función e que podería ocorrer se non existisen. É posible que estes alumnos necesiten u nha sesión individual para reescribir as normas, na que poidan expresar as súas obxección, que rebateremos de maneira razoada.

•Elaborar u nha táboa coas normas fundamentais, no que refl ictamos os refor­zos que conseguirán se as cumpren e as sancións que están estipuladas no colexio e na clase en caso contrario. Convén que teñan esta táboa á vista e que leven u nha copia a casa.

•Ser moi claros ao indicarlles que teñen que facer en cada momento.

•Se fose necesario, establecer coa familia un sistema de economía de fi chas, no que gañan fi chas cando teñen un comportamento adecuado e as perden cando é desaxustado.

alumnos con baixa autoestima

Con alumnos cu nha baixa autoestima, pódense seguir as seguintes pautas:

•Falar cos pais e axustar as expectativas sobre sus fi llos.

•Axudar aos nenos a valorar o que saben facer e como son. Reforzar os seus puntos fortes verbalizando o que nos gusta deles.

•Facer que se fi xen obxectivos realistas que poidan ir alcanzando e facerlles ver cando os alcanzan.

• Lembrarlles sempre o que fan ben e as persoas que os queren. Non centrar a atención no que fan mal e nos nenos cos que teñen algún problema.

Page 8: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

8 Organización da aula

Organización da aulaA distribución espacial é moi importante para o bo funcionamento do día a día na aula. Ao organizala, antes de recibir aos alumnos de quinto, debemos ter en conta a distribución á que estaban acostumados os nenos no curso anterior, xa que partir dun modelo similar lles axudará a xeralizar competencias de orden e traballo que tiñan adquiridas.

Ademais, é conveniente falar co seu antigo titor e pedirlle que comparta con nós as características do grupo e as de cada alumno no relativo ao nivel de atención, á participación, á facilidade para colaborar en equipo, etc.

a organización dos materiais

En quinto é común que sexan varios os profesores que acoden a u nha mesma aula cun mesmo grupo de alumnos. Cada profesor necesita uns materiais, o mesmo cós nenos. Polo tanto, é bo que delimitemos os espazos e todos saibamos que estante ou armario se corresponde con cada área.

Zona de Matemáticas: colocaremos ábacos, regretas, u nha recta numérica, u ­nha balanza, regra, fita métrica, xogos de lóxica, reloxo...

Zona de Ciencias da Natureza: colocarémola preto du nha fiestra e nela poñe­remos algu nha planta, lupas, fotografías da natureza, o termómetro ou u nha sinxela estación meteorolóxica... É interesante que haxa libros relacionados con animais, plantas, o corpo humano, minerais…

Zona de Sociais: haberá mapas, un globo terráqueo, imaxes de monumentos de diferentes momentos históricos, libros de historia, biografías, atlas…

Zona de Inglés: podemos colocar un mapa do mundo no que estean coloreados os países de fala inglesa nunha cor e os de fala castelá noutro, algu nha fotogra­fía de edificios característicos de cidades de fala inglesa (se é posible, con algún alumno de visita), así como algu nhas oracións significativas en inglés.

Zona de Lingua: incluirá a biblioteca de aula, con libros de literatura de niveis diferentes para que todos os nenos estean motivados e teñan onde elixir. Non é necesario que sexan demasiados, pero debemos cambialos periodicamente para que chamen a súa atención. Para iso podemos utilizar o préstamo da bi­blioteca do colexio ou préstamos dos propios nenos.

Podemos elixir un autor cada mes ou trimestre e colocar a súa fotografía e al­gúns dos seus libros nun lugar destacado.

Zona xeral: nela colocaremos os materiais de uso común (cartolinas, lapis, pin­turas, tesoira…), os rexistros propios da organización do grupo (faltas, equipos, responsables...), o calendario, a axenda da clase, así como un espazo para ano­tar día a día as tarefas para casa.

Page 9: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

9Organización da aula

É importante que os profesores das diferentes áreas cheguen a acordos sobre que materiais utilizarán os nenos e a forma de organizalos. Algúns aspectos que debe valorar o equipo de profesores, coordinados polo titor, son os seguintes:

Os cadernos dos alumnos. Hai que decidir se utilizarán cadernos ou arquivado­res, o seu tamaño e o seu uso (se haberá un caderno por área ou algu nhas áreas compartirán caderno). Para nenos con problemas de organización, resulta u nha axuda que os cadernos coincidan coa cor do libro de cada área.

Desenvolvemento das actividades no caderno. Convén que acordemos u nhas pautas comúns para os nenos (marxes, esixencia na organización, na letra…), así como na forma de cualificar estes cadernos ou arquivadores.

a organización das mesas e os alumnos

A estas idades é importante organizar a clase de maneira que facilite a realización de actividades individuais, en parella, de pequeno grupo e de gran grupo.

U nha boa opción é colocar as mesas en grupos de catro alumnos, enfrontados dous a dous. Ao facelo, teremos en conta varios aspectos:

•En cada grupo colocaremos un neno que poida dar axuda, outro que a necesite (situados en diagonal) e dous de nivel intermedio. Desta forma cando traballen en parellas a diferenza de nivel entre eles non será tan grande e ao traballar en grupo teremos nenos de todos os niveis.

•Ao distribuír os nenos, colocaremos os que teñen maiores dificultades de aten­ción de maneira que vexan ben o encerado e o profesor.

• Intentaremos evitar que os nenos que falan moito entre eles teñan contacto vi­sual ao estar sentados no seu sitio.

•Se o número de alumnos non é múltiplo de catro, sempre é preferible un grupo de cinco ca un de tres, xa que neste hai moitas posibilidades de que algún neno se sinta só ao traballar os outros en parella.

Page 10: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

10 Planificación e organización do tempo

Planificación e organización do tempo a planificación do profesor

Planificación do curso

O proxecto Celme de 5.º consta de doce unidades en Lingua e en Matemáticas, catro por trimestre.

As áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais organízanse en seis unida­des. O profesor pode traballar con estes libros de dúas maneiras:

•Se hai un único profesor para ambas áreas, pode alternar u nha unidade de Naturais e outra de Sociais. Desta maneira, céntrase a atención dos alumnos en tres áreas troncais cada vez.

•Tanto se hai un único profesor como se hai dous, pódese traballar en paralelo u nha unidade de Naturais e outra de Sociais.

En ambos casos, impartiranse catro unidades de ciencias en cada trimestre.

Planificación da unidade

O primeiro é organizar a unidade en sesións, tendo en conta a distribución horaria semanal de cada área (en xeral, cada dobre páxina de libro do alumno correspóndese cu nha sesión). É importante axustar o ritmo das sesións ás ne­cesidades da aula, dedicando tempo ás actividades máis complexas.

Planificación da sesión

As sesións cun grupo de nenos de quinto deben contar con diferentes momen­tos para que os nenos estean motivados e presten toda a súa atención. En cada sesión a organización das actividades vén, loxicamente, marcada polos obxec­tivos e o contido da mesma. Polo tanto, en cada u nha o esquema será diferente dependendo da área, dos contidos, do momento da unidade…

Page 11: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

11Planificación e organización do tempo

É importante facer u nha estimación do tempo que dedicaremos a cada u nha das actividades, así como da organización que faremos dos alumnos (gran gru­po, pequeno grupo, parella, individual) e do material necesario.

Na sesión inicial de unidade, podemos incluír, ademais do traballo coa páxina inicial do libro, algu nha presentación TIC, xa que isto chama a atención dos ne­nos e estimula o seu pensamento.

Noutras sesións será moi importante incluír a actividade manipulativa, ter pre­visto o traballo en grupo, dedicar un tempo ao cálculo mental...

a planificación dos alumnos

Son moitos os nenos que responden a u nha pregunta da clase de maneira impul­siva ou que realizan u nha actividade sen saber para que. Utilizar estratexias que faciliten a reflexión antes de facer e que freen a impulsividade, axudará a mellorar os resultados dos nosos alumnos.

Planificar a semana

Convén preparar un calendario no que quede reflectido todo o mes e no que dalgu nha maneira sinalemos a semana na que nos atopamos. Neste calendario estarán rexistradas as actividades ou acontecementos especiais: aniversario, saídas, festas do colexio, entrega de traballos, exames…

É bo dedicar un momento os luns ou os venres a repasar os acontecementos que se achegan e a comentar como imos abordalos ou que actividades ou ma­teriais debemos ter previstos.

Planificar a unidade

É moi importante que os alumnos saiban que van traballar e aprender nu nha unidade, antes de dar comezo o seu estudo. Para iso convén pedirlles que mi­ren todas as páxinas, lean os epígrafes destacados e que despois o comenten en grupo cos seus compañeiros. Debemos animalos a que pensen que saben sobre eses contidos e que relación gardan cos estudados en unidades anteriores.

Outro aspecto que lles axudará a planificarse é que anticipen a dificultade que os diferentes contidos teñen para eles.

Planificar a sesión

En ocasións, sobre todo para algúns nenos, convén informar da secuencia que se vai seguir na sesión. Isto, ademais de permitir anticipar, fai que os nenos entendan a importancia de axustarse a uns tempos e axuda a que non teña que ser o profesor o que repita u nha e outra vez que hai que facer agora. Deixar escrita a secuencia de actividades da sesión, incluso coa axuda de imaxes, favo­rece a concentración dos alumnos dispersos.

Durante a sesión convén que deamos tempos concretos para a realización dalgu nhas das actividades, xa sexan en grupo ou individuais. Para iso vén ben proxectar o cronómetro no encerado dixital ou utilizar reloxos de arena.

Page 12: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

12 Relación coas familias

relación coas familias reunión de comezo de curso

No comezo de curso realizarase u nha reunión coas familias, na que se tratarán va­rios aspectos importantes:

Organización xeral. En primeiro lugar, farase u nha presentación do titor e dos demais profesionais que interveñen directamente cos alumnos. A explicación das normas de funcionamento será outro punto de interese. É importante esta­blecer as vías de comunicación entre a familia e a escola: reunións programadas, solicitude de titorías, uso da axenda, como realizar comunicacións puntuais...

Valores. É importante que transmitamos os valores que imos a potenciar no curso e que pidamos a colaboración na casa para reforzar a súa consolidación.

Se o colexio ten un ideario ou u ns sinais de identidade marcados, é o momento de comunicalo ás familias.

Os obxectivos curriculares do curso. Poñerémolos a disposición das familias e falaremos dos máis relevantes en quinto: o cálculo e a comprensión lectora.

Criterios de cualificación. Convén presentar ás familias os criterios de cualifi­cación, informándoas de que os exames non son o único que se ten en conta á hora de asignar u nha nota, senón que outros factores como o traballo na clase, a presentación dos traballos realizados na casa, o caderno do alumno ou a acti­tude son puntuables obxectivamente e teñen o seu reflexo na nota final.

Normas de convivencia. Lembraremos algu nhas das normas básicas estable­cidas no colexio, facendo mención ao Regulamento de Réxime Interior e espe­cificando a relación de faltas establecidas, a súa valoración e as sancións que supoñen. É importante que lles entreguemos un pequeno resumo ou que lles indiquemos onde poden localizalo.

Rutinas de estudo na casa. Quinto de Primaria é un curso no que os alumnos deben responsabilizarse das súas tarefas. Por iso, o uso da axenda ou outra ferramenta análoga de planificación será fundamental.

É necesario explicar ás familias o mecanismo que utilizaremos para asignar as tarefas e como poderán coñecer as datas das probas de avaliación e dos traba­llos que deben realizar na casa.

En caso de que non sexa posible convocar a reunión antes do comezo do curso, po­demos enviar un correo de presentación ás familias no que lles deamos a benvida ao novo curso, lles comuniquemos o nome dos diferentes profesores, indicando a área ou áreas que imparten, e que establezamos unha canle de comunicación. Por último, aproveitaremos para informar da data na que se realizará a primeira reu­nión de pais e da orde do día da xuntanza.

Page 13: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

13Relación coas familias

Consellos para as reunións xerais de pais

Para desenvolver con éxito u nha reunión de pais, convén ter en conta os seguintes factores:

Asegurar un bo comezo. Preparar o comezo da intervención na reunión de pais; é importante captar a atención e crear boas expectativas.

Preparar a reunión con detalle. Enviar a orde do día e mostrar os aspectos fun­damentais nu nha presentación axuda a conducir mellor a reunión e reflexa or­ganización e responsabilidade.

Coidar a linguaxe corporal. É necesario gañar a confianza das familias; para iso hai que intentar mostrar seguridade, mirando directamente aos ollos con xesto amigable.

Manter a calma. En ocasións xorden temas conflitivos. É recomendable non im­pacientarse, contestar con tranquilidade e, se é necesario, derivar a discusión a u nha reunión individual.

Facer a reunión amena con exemplos da nosa experiencia. Aínda que o guión estea moi estruturado, incluír exemplos e anécdotas fará máis amena a reunión e demostrará a nosa bagaxe como docentes.

As relacións sociais. Dirixirse a todos os pais, polo menos nalgún momento. Non convén saudar a uns de modo moi efusivo, xa que outros se poden sentir menos atendidos.

Rogos e preguntas. Deixar sempre un tempo para que se formulen as dúbidas.

as reunións de titoría

As reunións de titoría coas familias teñen tres obxectivos fundamentais:

Recibir información das familias, que nos permita coñecer mellor aos nosos alumnos. Para iso convén preparar u nha serie de preguntas que formularemos ao comezo da reunión e que recolleremos no caderno de titoría.

Dar información ás familias sobre os avances dos nenos, as súas actitudes nos distintos contextos, as súas relacións cos compañeiros e os profesores... Para iso, de forma previa á reunión, recolleremos a información máis destacada de cada neno. Podemos utilizar algúns instrumentos como o caderno de observa­ción, as cualificacións e as informacións do resto dos profesores.

Acordar maneiras conxuntas de actuar, recompilando estes acordos por es­crito e establecendo, se fose necesario, o modo de realizar o seguimento dos mesmos.

Comunicación escola - familia

A axenda escolar. É un vehículo útil de comunicación coas familias. Ademais do uso por parte dos alumnos para anotar as súas tarefas, datas destacadas, datos importantes..., o profesor pode utilizala para comunicar información de interese ás familias. Do mesmo modo, as familias poden escribir algu nha nota na axenda dos seus fillos para que se a mostren ao profesor.

Page 14: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

14 Relación coas familias

Recordatorio de tarefas. As familias deben saber que os nenos de quin­to teñen que ser cada vez máis autónomos e estar pendentes de determinados aspectos relacionados coa organización das súas apren­dizaxes. Non obstante, convén manter as familias informadas dos as­pectos máis relevantes (datas de exames, entregas de traballos…). Pediremos colaboración ás familias para que realicen un seguimento aos seus fillos co fin de asegurarse de que anotan de forma adecuada os datos máis importantes da súa rutina académica.

Aspectos xerais. É recomendable que a maioría da información que se dea nas reunións de pais se comunique tamén aos alumnos. Convén que os aspectos máis importantes (normas de convivencia e criterios de cualificación) llelos deamos por escrito, os traballemos na clase, e incluso, lles suxeriremos que os peguen na axenda escolar.

O estudo na casa

Rutina de traballo. É importante facer ver ás familias que un bo estudante é aquel que realiza as actividades con interese e que dedica un tempo a repasar na casa os aspectos máis destacados do traballado na clase. Os alumnos teñen que ser conscientes de que convén que cada día dediquen un tempo ao estudo dos contidos traballados.

Temporalización. Os alumnos comezan a ter certa habilidade para xestionar e planificar o seu tempo, polo que podemos axudarlles a organizar o seu estudo. Podemos facer u nha estimación do horario que cremos que é adecuado que dediquen ás tarefas para casa e informar diso ás familias. Non podemos esque­cer que o peso fundamental lle corresponde á escola. A esta idade, cincuenta minutos ou u nha hora pode ser adecuado. Un neno non debe pasar toda a tar­de diante dos libros; hai tempo para todo. U nha boa opción é que as familias realicen a planificación cos seus fillos e a deixen nun lugar visible (taboleiro da habitación, axenda….).

En canto á secuencia das actividades de estudo, hai que ter en conta que os minutos centrais se deben dedicar ás tarefas que lles resulten máis complexas, utilizando os primeiros e os últimos para aspectos que requiran menor atención (activación, lectura….).

O lugar de estudo. Convén que os nenos estuden sempre no mesmo lugar, na medida do posible, lonxe de ruídos e distraccións, e coa iluminación e tem­peratura adecuadas. U nha mesa ampla e ordenada, cos materiais necesarios preparados desde o comezo, tamén evitará distraccións.

A actitude. Para axudar ao neno a que teña u nha actitude positiva, debemos transmitirlle seguridade e ofrecerlle axuda para organizarse; que lembre que se traballa vai a mellorar e que, se necesita axuda (e só se a necesita), pode solicitala. Por outro lado, o modo en que os adultos nos enfrontemos ás tarefas de nosos fillos (de forma impositiva, ríxida, colaboradora, dependente...) con­dicionará en gran medida a actitude dos nenos.

Page 15: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

15O primeiro día de curso

O primeiro día de curso recibimento dos alumnos

Os nenos a esta idade avalían o adulto; xa non é evidente que o profesor ten a au­toridade, senón que debe gañala como todos os adultos que os rodean. Convén ter en conta o seguinte:

•A actitude cos nenos debe ser amable, cordial e de proximidade, sen pretender ser os seus amigos. Desde o primeiro momento debemos deixar claro o noso pa­pel. Como os iguais son o seu principal referente, convén conseguir un bo com­portamento por parte dos líderes do grupo.

•Na primeira toma de contacto, debemos dirixirnos directamente a cada un deles e chamalos polo seu nome. Teñen un acusado sentido da xustiza, polo que espe­ran que nos comportemos con equidade.

•Non só debemos coidar o que dicimos, senón tamén como o dicimos e con que expresión xestual e corporal.

•Se mantemos u nha actitude relaxada, é máis fácil conseguir que tamén o estea o grupo.

•Convén elaborar con eles a listaxe de normas imprescindibles para o bo funciona­mento (non demasiadas). Para reforzar a súa asimilación e cumprimento, podemos deixalas escritas e asinadas á vista e entregar u nha copia a cada alumno. Falare­mos con eles sobre os beneficios de cumprir as normas, para o grupo e para cada un, e dos prexuízos de non respectalas, incluíndo as sancións correspondentes.

•É moi importante para eles sentirse escoitados e debemos buscar momentos para facelo.

Proposta de actividades

Para facilitar a adaptación dos alumnos ao novo curso e crear un clima de confian­za, o primeiro día da clase poden realizarse as seguintes actividades:

•Dinámica de grupo. Facer u nha dinámica de afondamento do coñecemento dos compañeiros. Propoñemos, por exemplo, “En busca do descoñecido”. Para iso cada neno responderá a un cuestionario, elaborado por nós, con preguntas como: cal é o teu deporte favorito?, que libros che gusta ler?, onde estiveches de vacacións?, que materia che gusta máis?, cal é a túa mellor lembranza do curso pasado?...

Despois o profesor recolleraos, sen nome, e repartiraos ao chou de maneira que a ningún neno lle toque o seu. A continuación os alumnos sentarán no seu grupo e o profesor dará un minuto para que os alumnos descubran de que compañeiro é o cuestionario que lle tocou.

•Pedir aos alumnos que fagan un escrito sobre as súas expectativas para o curso; isto nos dará información para utilizar e comentar nas seguintes sesións.

•Creación do cartel de “As normas da clase”. Decidir as normas en grupo; despois, por equipos realizarán a escritura du nha delas para pegalas nun gran cartel co­mún. Pedir a todos que o asinen; o profesor tamén o fará.

Page 16: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

16 A avaliación

A avaliación Obxectivo da avaliación inicial

Cando comeza un novo curso é importante dedicar un tempo a coñecer os nosos alumnos. Non só é útil avaliar o nivel de competencia curricular de cada un deles, tamén debemos intentar descubrir outros datos que nos permitirán axudarlle no día a día para mellorar a súa formación e a súa educación.

Para iso propoñemos que, os primeiros días, o profesor obteña os datos que apare­cen nas dúas páxinas seguintes e que teñen que ver con estes aspectos:

Historia académica. Estes datos atópanse no expediente do alumno e convén que o titor teña rexistrados os máis importantes para consultalos en calquera momento.

Historia persoal. Pode recollerse en conversación co titor anterior, coa familia e co mesmo neno.

Estilo de aprendizaxe. Estes datos recóllense mediante a observación dos alumnos na clase. Pode ser conveniente que o titor se fixe cada día en cinco alumnos. Desta maneira nos aseguramos de que os nenos máis tranquilos non nos pasen inadvertidos.

Motivación. Coma no estilo de aprendizaxe, realízase fundamentalmente me­diante observación.

Relacións sociais. Este aspecto require que o profesor faga observacións dos alumnos nos momentos de recreo. Algúns nenos teñen comportamentos dis­tintos cando o adulto está presente e cando non o está.

Estas páxinas poden formar parte dun “Caderno do Titor”. Nel cada neno terá un apartado que comezará con elas e que se completará con outros dous tipos de documentos:

Por un lado recollerase un anecdotario do neno: preguntas curiosas, respostas sorprendentes, sucesos cos compañeiros, desgustos ou alegrías…

Ademais convén recoller, cada certo tempo, algu nha actividade significativa: un texto escrito, un debuxo, a resolución dun problema… Desta maneira pode­remos ver a súa evolución e mellora du nha forma moi clara.

Por último, convén levar a cabo, durante os primeiros días, u nha avaliación inicial que nos axudará a ter datos sobre o seu nivel de competencia curricular en cada u nha das áreas e que nos permitirá saber de onde partir e valorar se é necesario algún tipo de reforzo ou ampliación.

Nas páxinas 19, 20 e 21 deste caderno proponse u nha proba de avaliación inicial e u nha escala de avaliación onde se detallan os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe do curso anterior cuxa adquisición é interesante valorar ao comezo do curso (esta mesma proba está tamén dispoñible no caderno de Avaliación).

Page 17: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

17A avaliación

Información sobre os nosos alumnos

Alumno/a: Curso académico: /

Data de nacemento: / / Teléfonos de contacto:

Historia académica

Desde que curso está no colexio?

Repetiu ou fl exibilizou algún curso? SI NON

Ten algu nha avaliación do equipo de orientación? SI NON

É un alumno con necesidades educativas especiais? SI NON

Recibiu algún apoio o curso anterior? SI NON

Resultados do curso anterior LIN MAT SOC NAT ING EF PLÁS MÚS REL

Historia persoal

Enfermidades destacables (alerxias, medicacións…):

Situación familiar (biparental, monoparental, separación dos pais…):

Ten axuda para as tarefas na casa?

N.º de irmáns:

Relación cos irmáns. BOA DEPENDENTE CELOS

Nivel cultural da familia. BAIXO MEDIO ALTO

Importancia que dá a familia ao estudo. POUCO NORMAL BASTANTE

Colaboración da familia co colexio. POUCO NORMAL BASTANTE

Estilo de aprendizaxe.

Prefi re traballar… SÓ EN GRUPO

Prefi re tarefas… ESTRUTURADAS ABERTAS

A súa forma de traballar é… AUTÓNOMA DEPENDENTE

Á hora de realizar u nha tarefa móstrase… IMPULSIVO REFLEXIVO

Aprende mellor con axudas… VISUAIS AUDITIVAS CINÉTICAS

Pega aquí a fotografía

do teu alumno ou alumna.

Page 18: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

18 A avaliación

Motivación. (Valorar de 1 a 4, sendo 1 a menor puntuación)

1 2 3 4

Interésanlle os contidos escolares.

Realiza con interese as tarefas.

Gústalle ler.

A súa motivación é… EXTRÍNSECA INTRÍNSECA

Relacións sociais. (Valorar de 1 a 4, sendo 1 a menor puntuación)

1 2 3 4

Relaciónase facilmente cos seus compañeiros.

Relaciónase con confi anza cos profesores.

Os seus mellores amigos na clase son:

Outras observacións

Relación de entrevistas coa familia

Data Asistentes Solicitada por… Acordos

Data Asistentes Solicitada por… Acordos

Data Asistentes Solicitada por… Acordos

Page 19: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

19A avaliación

Escala da proba de avaliación inicial

criterios de avaliaciónestÁndares

de aprendizaxe

actividades

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

1. B2.2. Interpretar e comprender, de maneira xeral, a información procedente de gráficos, esquemas sinxelos e ilustracións redundantes.

1.1. LGB2.2.1. Interpreta e comprende, de maneira xeral, a información de gráficos, esquemas sinxelos e ilustracións redundantes, relacionándoa co contido do texto que acompaña. ✓ ✓ ✓

2. B3.2. Crear textos sinxelos de diferente tipoloxía que permitan narrar, describir, resumir, explicar e expoñer opinións, emocións e informacións relacionadas con situacións cotiás e aqueles que sexan característicos dos medios de comunicación.

2.1. LGB3.2.2. Redacta textos xornalísticos (noticias, crónicas, reportaxes, entrevistas) e (anuncios e carteis), imitando modelos publicitarios moi sinxelos. ✓

3. B3.4. Elaborar textos breves e si.nxelos con creatividade.

3.1. LGB3.4.2. Escribe textos sinxelos de carácter creativo. ✓

4. B4.1. Utilizar terminoloxía lingüística e gramatical básica, funcionalmente, como apoio á comprensión e á produción de textos, así como aplicar o seu coñecemento no uso da lingua.

4.1. LGB4.1.1. Recoñece as diferentes categorías gramaticais pola súa función na lingua: substantivo, artigo, pronome, adxectivo, adverbio, verbo e preposición.

✓ ✓

4.2. LGB4.1.2. Conxuga e usa con corrección as formas verbais persoais e non persoais dos verbos. ✓

4.3. LGB4.1.3. Diferencia as sílabas que conforman cada palabra, diferenciando a sílaba tónica das átonas.

5. B4.2. Coñecer e aplicar, de forma xeral, as normas ortográficas xerais e as de acentuación en particular, apreciando o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas.

5.1. LGB4.2.1. Aplica xeralmente as normas de acentuación xerais e de acentuación diacrítica e aprecia o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas.

5.2. LGB4.2.2. Coñece e utiliza as normas ortográficas, aplicándoas nas súas producións escritas con especial atención nas regras do h, b/v, c/cc, s/x, ll/i/x.

6. B4.7. Ampliar o vocabulario a partir do uso do dicionario e do traballo e reflexión sobre as palabras que conforman a lingua.

6.1. LGB4.7.2. Recoñece e crea palabras derivadas (prefixación e sufixación) e compostas, identificando e formando familias de palabras.

6.2. LGB4.7.3. Recoñece e usa sinónimos, antónimos, homónimos, palabras polisémicas de uso frecuente, frases feitas, siglas e abreviaturas.

7. B5.3. Identificar as características dos diferentes xéneros e as figuras literarias, así como temas recorrentes.

7.1. LGB5.3.1. Identifica as características principais dos diferentes xéneros literarios: narrativa, poesía e teatro.

7.2. LGB5.3.2. Distingue algúns recursos retóricos e métricos propios dos poemas. ✓

puntuación 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Page 20: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

20 A avaliación

Proba de avaliación inicial

1 Fíxate nos debuxos. Que empregan as persoas para comunicarse, a linguaxe falada ou a escrita? [1 punto]

2 Clasifica os verbos do cadro segundo estean en pasado ou en futuro. [1 punto]

4 Escribe un pequeno poema de catro versos que teña rima. [1 punto]

5 Escribe un sinónimo e un antónimo de cada palabra. [1 punto]

virá fomos viaxei comeremos abrirás

escribiredes apuntaron camiñastes corriches gardarán

Futuro

Pasado

● cartolina

● albanel

● canción

● número

● histórico

● envase

● facer

● veloz

● ledo

● pequecho

● cerrar

● feble

3 Rodea a sílaba tónica destas palabras e indica se son agudas (A), graves (G) ou esdrúxulas (E). [1 punto]

Page 21: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

21A avaliación

6 Completa o nome dos debuxos con i ou con ll. [1 punto]

7 Escribe un adxectivo de cada tipo. [1 punto]

9 Escribe o nome que representan os debuxos. Logo engádelles un dos prefixos dos recadros e forma unha palabra nova. [1 punto]

8 Rodea nas seguintes oracións os artigos de vermello e os posesivos de azul. [1 punto]

10 Vas facerlle unha entrevista a un famoso. Escribe como o presentarías e que lle preguntarías. [1 punto]

coe o pararra os xo a agasa o

● Un adxectivo en grao positivo e feminino

● Un adxectivo en grao comparativo de superioridade

● Un adxectivo en grao superlativo e masculino

● A miña nai sempre di que coide os meus xoguetes para non rompelos.

● Cando vaias usar a túa bicicleta lembra levar sempre posto o casco.

● As vosas amigas sempre se portan moi ben cando veñen á nosa casa.

● Os nosos cans son moi rebuldeiros e queren xogar todo o tempo.

-ista

-eiro

-ada

Page 22: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

22 A avaliación

A avaliación en Primaria

É importante que os alumnos coñezan que significa a avaliación e que non a perci­ban como algo controlador e punitivo. Para conseguir esta percepción positiva da avaliación, os alumnos deben coñecer como se vai a realizar a mesma e deben ter moi claro que se espera que aprendan en cada unidade didáctica.

Algúns dos instrumentos utilizados para avaliar, como os resultados nas probas ao final de cada unidade, son evidentes non só para os alumnos senón tamén para as súas familias. Outros requiren u nha información clara e detallada que convén deixar escrita na programación xeral de comezo de curso. Aquí se ofrecen algu nhas ideas:

Para a valoración do caderno débese informar con antelación aos alumnos de que se terá en conta a organización, a presentación, a caligrafía…

No rexistro de actividades da clase convén fixarse non soamente nas que se realizan en papel. Deste modo, os nenos deben saber que non só se valorarán as actividades do seu caderno ou outras escritas, senón que tamén se terán en conta as presentacións orais, os diálogos dirixidos…

En canto á organización dos materiais é recomendable establecer u nha forma flexible e que os nenos saiban que se valora: levar ao colexio os materiais necesa­rios, que ter e como nos caixóns, na mesa ou nos estantes…

Para a valoración das tarefas da casa os nenos deben ser conscientes de que se terá en conta a corrección na súa execución e a entrega a tempo.

Por último, para valorar as actitudes na aula valorarase que participen, que dei­xen participar, que atendan, que non interrompan, que pregunten, que axu­den… Deben entender que cando traballan en equipo os compañeiros deben tamén achegar a súa propia cualificación de como colaboran e traballan.

Todos estes aspectos pódense recoller nu nha táboa de Criterios de cualificación por curso. A seguinte táboa pode servir como suxestión:

criterios de cualiFicación

valoración en cada curso

da etapa instruMentos utilizados

1.º 2.º 3.º 4.º 5.º 6.º

Valoración dos contidos e competencias adquiridas ou desenvolvidas na unidade.

70%

30% 40% 50% 60% 60%• Realización de probas de avaliación escritas

ao finalizar cada unidade e cada trimestre.

Realización do traballo na clase:• Realización adecuada do traballo.• Organización dos materiais.• Presentación do caderno.

50% 40% 30% 15% 15%• Caderno.• Rexistro de actividades da clase.• Rexistro de organización de materiais.

Realización do traballo da casa: deberes e traballos específicos. 10% 10% 10% 10% 15% 15%

• Rexistro de entrega de deberes en tempo.• Puntuación de corrección dos deberes.

Valoración de actitudes na aula: • Escoita • Participación• Esforzo • Colaboración

20% 10% 10% 10% 10% 10%

• Rexistro de participación.• Rexistro de actitude na clase.• Rexistro da valoración dos compañeiros

(caderno de equipo).

(En Celmedixital ofrécese u nha ferramenta para cualificar cada alumno a partir du ­nha táboa similar á anterior).

Page 23: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

23As intelixencias múltiples como punto de partida

As intelixencias múltiples como punto de partida

Que son as intelixencias múltiples?

Segundo a teoría das intelixencias múltiples, enunciada por Howard Gardner, u ­nha persoa é intelixente se é capaz de solucionar os problemas que lle xorden no seu entorno ou de crear produtos ou servizos de utilidade. Neste sentido, todas as persoas teñen u nha ou máis intelixencias e deben coñecer as súas fortalezas para desenvolvelas ao máximo, e as súas debilidades para melloralas.

Gardner considera que non existe u nha única intelixencia, senón oito diferenciadas e localizadas cada u nha delas nu nha zona determinada do cerebro, que actúan de maneira conxunta e indivisible.

De momento, enunciouse a existencia das seguintes intelixencias:

Lingüístico-verbal: dominio da palabra.

Lóxico-matemática: números e pensamento lóxico.

Visual-espacial: imaxes mentais ou reais.

Musical: ritmos e interpretación ou creación musical.

Corporal-cinestésica: o corpo na súa totalidade ou parte del.

Naturalista: os elementos naturais como parte dun sistema.

Interpersoal: a relación entre as persoas.

Intrapersoal: o coñecemento dun mesmo e a autorregulación emocional.

Traballar as intelixencias múltiples de forma habitual na aula, aplicadas aos dis­tintos contidos, é eficaz para atender a diversidade, porque os alumnos poderán coñecer as súas capacidades ou habilidades, que serán útiles para a súa vida e o seu futuro persoal e profesional. Ademais, permite establecer pontes para mellorar as súas debilidades.

Perfil de intelixencias múltiples

En Celme ofrecemos u nha ferramenta sinxela de carácter cualitativo, o perfil de intelixencias múltiples, que pode ser aplicada sen ter un coñecemento exhaustivo sobre as mesmas. Trátase du nha aproximación, posto que un verdadeiro perfil se obtén con tempo, moita observación, a toma de datos de diferentes fontes e uns ítems máis específicos.

O perfil que propoñemos facilita ao profesor u nha información diversa sobre as ac­tividades para as que o neno manifesta ter máis capacidade, cara ás que se sente máis atraído ou as que lle fan sentir máis confortable. Debe ser o propio alumno quen nos facilite esta información, completándoa, de aí que o perfil de intelixencias estea redactado en primeira persoa.

Page 24: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

24 As intelixencias múltiples como punto de partida

IntelIxenCIA totAl

lingüístico- verbal

Uso un vocabulario rico ao falar e ao escribir.

Gústame xogar coas palabras: encrucillados, rimas, trabalin­guas...

Gústame ler sobre temas do meu interese.

Gozo escoitando historias, anécdo­tas…

Din que o que escribo está ben contado.

0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3

lóxico- matemática

Gústanme os xogos de números e de lóxica (xadrez…).

Entendo ben as matemáticas.

Gústame facer experimentos de ciencias.

Penso con lóxica cando hai que resolver un problema.

Dáseme ben facer mapas conceptuais para ordenar o que aprendo.

0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3

Visual- espacial

Gústame facer actividades artísticas e plásticas.

Estudo mellor con debuxos, fotos, grá­ficos…

Fago ben os debuxos; coloreo, deseño con gusto…

Se me contan algo, véxoo como u nha imaxe na miña mente.

Moitas veces estou facendo debuxiños, case sen decatar­me.

0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3

Musical

Resúltame doado aprender as melodías das cancións.

Participo con gusto nalgún grupo, cantando ou tocando un instrumento.

Axiña noto se alguén dá u nha nota desafinada.

Paso moito tempo escoitando música, producíndoa ou cantando.

Gústame crear ritmos con materiais ou co meu corpo.

0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3

Corporal- cinestésica

Dáseme moi ben algún deporte ou actividade física.

Prefiro estar movéndome a estar sentado.

Tendo a tocar as cousas que vexo.

Ao falar fago bastantes xestos co meu corpo ou con algu nhas partes del.

Gústame facer traballos manuais.

0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3

naturalista

Gústame moito todo o relacionado coa natureza, os animais, as plantas…

Paso tempo coidando ou mirando animais, plantas, rochas…

Gozo no campo, nos parques, nas granxas…

Creo que hai que coidar e respectar a natureza.

Infórmome sobre calquera tema relacionado coa natureza.

0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3

Interpersoal

Prefiro facer actividades con outros a facelas individualmente.

Normalmente os meus compañeiros chámanme ou achéganse para estar comigo.

Adoito dar bos consellos aos demais e valóranme por iso.

Gústame formar parte de grupos, equipos, organizar cousas…

Preocúpome polos demais e póñome no seu lugar para entendelos.

0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3

Intrapersoal

Sei o que se me dá ben e que é o que me custa máis.

Gústame pasar tempo a soas, facendo o que me apetece.

Son capaz de describir que sinto e como me sinto.

Teño algu nha afección que me gusta bastante, aínda que moitos non o saben.

Cando fago algo mal, decátome e intento melloralo a seguinte vez.

0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3 0 1 2 3

(0-nunca, 1-ás veces, 2-moitas veces, 3-sempre)

A lectura dos perfís dános u nha información ampla que pode ser aproveitada ao deseñar as nosas propostas didácticas.

Page 25: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

25As intelixencias múltiples como punto de partida

Menú didáctico de intelixencias múltiples

O menú didáctico é u nha táboa ou cadro no que se expoñen actividades tipo aso­ciadas a cada intelixencia e que se utilizaron na elaboración dos materiais de Celme (nas seguintes páxinas facilitamos un modelo para cada u nha das oito intelixencias).

Para completar este menú con actividades concretas non é necesario inventar no­vas e múltiples formas de traballar. Trátase de reunir as existentes e exitosas para fornecer as nosas unidades didácticas de rutas diferentes, polas cales poida perco­rrerse o camiño cara á aprendizaxe e a comprensión máis profunda.

Que facemos xa na aula?

O primeiro paso debe basearse na propia experiencia. Que actividades temos como docentes no noso haber? Delas, cales funcionaron ben e contribuíron obxectivamente á aprendizaxe? Se somos capaces de lembralas e situalas nos seus apartados correspondentes dentro da táboa, comenzaremos a realizar o noso propio menú didáctico. Isto permitiranos constatar que intelixencias esta­mos fomentando máis e sobre cales podemos planificar un proceso de mellora.

O noso mapa visual de actividades

Na Guía esencial das distintas áreas recóllese un mapa por unidade didáctica no que se atopan as actividades asociadas ás intelixencias múltiples. Este mapa pode servir de base para que, aqueles profesores que o consideren oportuno, poidan desenvolver con maior profundidade o traballo desta metodoloxía.

Page 26: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

26 As intelixencias múltiples como punto de partida

lin

ísti

co-v

erb

alCapacidade para utilizar as palabras, tanto de forma oral como escrita. Implica a habilidade de manexar a sintaxe, a fonética, a semántica e o dominio da linguaxe en diversos ámbitos.

•Escoita comprensiva: historias, contos, etc.

• Improvisación sobre un tema ao chou.

•Concursos de oratoria: chistes, etc.

•Exposicións orais.

• Invención e narración de historias.

•Resolución de adiviñas, enigmas, etc.

•Debate: discusión de temas, diálogos, argumentación de ideas, etc.

•Aprendizaxe de novos idiomas.

•Xogos de simulación: entrevistas, reporteiros, locutores, presentadores, etc.

•Adquisición e uso de novo vocabulario.

•Lectura de grupo.

•Lectura teatralizada.

•Lectura individual: comprensión e estudo de material escrito.

•Uso da biblioteca de aula.

•Diario persoal: expresión de pensamentos, ideas, sentimentos, etc.

•Escritura creativa: textos orixinais (contos, poesías...).

•Xogos de taboleiros con palabras.

•Uso de procesadores de texto.

•TIC / correos electrónicos / blogs.

lóxi

co-m

atem

átic

a

Capacidade para procesar operacións matemáticas, establecer e comprobar hipóteses, secuenciar sucesos e sacar deducións ou patróns lóxicos mediante conceptos numéricos.

•Uso da numeración en actividades da vida cotiá.

•Análise de datos estadísticos e feitos numéricos.

•Lectura e uso de organizadores gráficos: mapas conceptuais, eixes cronolóxicos, etc.

•Realización de estimacións e predicións a partir duns datos dados.

•Actividades de clasificación, comparación e seriación.

•Realización de secuencias: numéricas, explicación por pasos, etc.

•Cálculo.

•Uso da comparación numérica para establecer relacións.

•Uso e creación de símbolos, códigos e fórmulas.

•Descifrado e uso de códigos simbólicos.

•Resolución de problemas.

•Razoamento lóxico: pensamento causal, argumentos encadeados, indución, dedución, siloxismos, etc.

•Xogos de lóxica: localizar patróns lóxicos escondidos, resolución de enigmas, crebacabezas, sudokus, etc.

Vis

ual

-esp

acia

l

Capacidade para descifrar a información gráfica e para percibir imaxes, internas e externas, transformalas e utilizalas eficazmente. Inclúe a sensibilidade á cor, a liña, a figura, o espazo e as relacións entre estes elementos.

•Análise de obras de arte.

•Xogos de percepción e discriminación visual: labirintos, crebacabezas, exercicios de figura ­ fondo, memoria visual, etc.

•Lectura e interpretación de imaxes: vídeos, libros ilustrados, fotografías, etc.

•Uso de recursos audiovisuais para representar ideas e procesos: montaxes, anuncios, películas, etc.

•Produción de obras plásticas para expresar conceptos, ideas e emocións.

•Composición de murais: talking walls, collages, tapices, etc.

• Ilustración de textos.

•Realización e composición de fotografías.

•Deseño e decoración de espazos.

•Creación de gráficos e diagramas.

•Xogos de construcións e maquetas.

•Trazado de mapas e percorridos.

•Construción de mapas conceptuais representativos de conceptos, ideas ou procesos.

•Actividades de imaxinación activa e visualización: conexións entre imaxes e novos escenarios mentais.

Mu

sica

l

Capacidade para percibir, discriminar, transformar e expresar as formas musicais. Inclúe a sensibilidade ao ritmo, ton e timbre, e o uso de ritmos e melodías aplicadas.

•Escoita activa de concertos e obras musicais de diversas culturas.

•Discriminación auditiva de instrumentos musicais e de sons do entorno.

• Identificación das calidades do son: duración, ton, timbre e intensidade.

•Asociación de melodías a conceptos, ideas e emocións.

• Interpretación de cancións asociadas a conceptos, ideas e emocións.

•Narración de contos e historias “sonoros”, nos que se intercalan voz e son.

•Xogos de patróns rítmicos: reproducir ritmos e tempos para comunicar un tema.

• Imitación de orquestras, de voces ou de instrumentos.

•Uso da percusión corporal.

•Actividades de música asociadas ao movemento: bailes, coreografías, etc.

• Invención de novas letras asociadas a melodías coñecidas.

•Creación de cancións ou composicións musicais sinxelas asociadas a conceptos, ideas ou procesos.

•Construción de instrumentos musicais.

Page 27: primaria 5 lingua 5 enf oque pedagóXico primariaecat.server.grupo-sm.com/ecat_Documentos/ESP143540_006939.pdfO caderno de Comezo de curso de Lingua de 5.º de Primaria forma parte

27As intelixencias múltiples como punto de partida

Cor

por

al-c

ines

téti

caCapacidade para expresar conceptos, ideas e sentimentos a través do corpo ou dalgu nha parte do mesmo. Inclúe habilidades como a coordinación, o equilibrio, a forza, a flexibilidade, as habilidades tácticas, ópticas e de manipulación de obxectos.

•Xogos de construcións.

•Actividades de manipulación e experimentación cos obxectos.

•Fabricación e invención de modelos sobre conceptos, ideas ou procesos.

•Xogos de equilibrio e habilidade manual.

•Uso do corpo para realizar agrupacións, clasificacións e comparacións.

•Comprensión e uso da linguaxe non verbal.

•Expresión corporal: representar ideas, emocións e situacións co corpo.

•Composición de esculturas corporais individuais ou colectivas.

•Xogos de mímica e imitación.

•Xogos de rol-playing ou cambio de roles.

•Dramatizacións: representar contidos teatralmente.

•Baile e danza: crear e realizar coreografías asociadas a conceptos, ideas ou procesos.

•Rutinas ximnásticas: deseñar un fluxo de movementos físicos coordinados entre si.

•Práctica de actividades deportivas individuais e colectivas.

•Relaxación corporal.

nat

ura

list

a

Capacidade para recoñecer e categorizar adecuadamente o entorno natural e observar patróns na natureza. Esta intelixencia está vinculada ao uso do método científico e ao desenvolvemento de proxectos a partir da propia experiencia.

•Observación de imaxes relacionadas coa natureza: debuxos, fotografías, etc.

•Observación, investigación e identificación de plantas e animais.

•Realización de cadernos ou diarios de campo.

•Colección e clasificación de elementos asociados ao medio natural: cromos, fotografías, etc.

•Representación da natureza a través de imaxes: fotografías, debuxos, montaxes, etc.

•Coidado de plantas e animais.

•Uso de estacións meteorolóxicas sinxelas.

•Exploración e manipulación de elementos naturais.

•Creación de laboratorios naturais nos que se realicen actividades con elementos do mundo natural.

•Aplicación do método científico.

•Uso de instrumentos asociados á ciencia: microscopio, lupa, etc.

•Creación dunha horta escolar.

•Simulación de fenómenos naturais.

•Desenvolvemento de proxectos relacionados co medio ambiente.

Inte

rper

soal

Capacidade para percibir, comprender e responder aos estados emocionais dos demais. Relaciónase coas habilidades sociais e coa capacidade de traballar de forma cooperativa.

•Análise de situacións comunicativas e conflitos interpersoais.

• Identificación de sentimentos alleos: descubrir o que está sentindo outra persoa nu nha situación determi­nada.

•Prácticas de empatía: expresar u nha situación desde distintos puntos de vista diferentes ao propio.

•Ofrecer feedback: dar u nha resposta honesta á actuación ou opinión de alguén.

•Dinámicas de resolución de conflitos: dramatizar conflitos e, por equipos, propoñer e valorar distintas op­cións para a súa resolución.

•Práctica de condutas asertivas.

•Programa de mellora de habilidades sociais.

•Proxectos creativos e de investigación en grupo.

•Organización e participación en festas e en actividades culturais e sociais.

•Creación de grupos de apoio ao estudo entre os propios alumnos.

•Xogos de cambio de roles.

•Uso de técnicas propias da aprendizaxe cooperativa en equipos estruturados.

Intr

aper

soal

Capacidade para identificar e xestionar as propias emocións, partindo do autocoñecemento. Garda u nha estreita relación co desenvolvemento moral, a relación entre o pensamento e o comportamento e a construción do autoconcepto.

•Actividades baseadas no autocoñecemento e o desenvolvemento da autoestima.

•Creación de espazos de reflexión sobre os propios pensamentos e emocións.

•Autoavaliación e exercicios de metacognición.

•Actividades de expresión oral e escrita das propias ideas e emocións.

•Técnicas de regulación emocional: aprender a identificar e modificar o propio estado de ánimo.

•Estratexias de concentración: aprender a concentrarse nu nha idea ou tarefa.

•Traballos individuais nos que se expresen as ideas e opinións persoais sobre un contido.

•Transferencia: descubrir as aplicacións persoais dos temas aprendidos na aula.

•Elaboración dun diario persoal.

•Actividades de pensamento crítico e creativo.

•Práctica de diversas estratexias de aprendizaxe: aprender que estratexia utilizar en función de cada tarefa.