presentación bocetos

6
Na segunda metade do século xix lugo é unha cidade que comeza a expandirse amplamente fóra do territorio abarcado dentro de murallas, polo que se precisa de novas portas de saída cara ós novos espazos colindantes Para atender á expansión da zona, o bispo aguirre promove a creación da nova parroquia de san froilán no ano 1890

Upload: jmrivas

Post on 20-Jul-2015

638 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Na segunda metade do século xix lugo é unha cidade que comeza a expandirse amplamente fóra do territorio abarcado dentro de

murallas, polo que se precisa de novas portas de saída cara ós

novos espazos colindantes

Para atender á expansión da zona, o

bispo aguirre promove a creación da nova parroquia de san

froilán no ano 1890

No ano 1942, coa entrada na parroquia como cura ecónomo de don xosé fernández núñez,

comeza o culto da nosa señora do perpetuo socorro, nun baixo

alugado na avenida da coruña. Este lugar será o

xerme da nova parroquia da milagrosa

Trala adquisición dos terreos e da colocación da

primeira pedra (23 de febreiro de 1946) comeza a

construcción da nova iglesia da milagrosa

A estrutura dos muros, a cuberta e mailo tellado

estarían rematados o 17 de xullo do ano 1948

As obras darían comezo de forma inmediata, grazas á subvención de organismos

civís, eclesiásticos e privados

Dende o ano 1951 o prelado autoriza a celebración da misa dominical, e durante

toda a década as atribucións relixiosas da parroquia continuarán a

medrar (foto de maio, 1952)

Articulado en torno á igrexa, e malia ó feito de

que aínda non se constituíra en parroquia,

o barrio da milagrosa continúa a medrar (foto

de abril, 1962)

O 31 de outubro de 1961, don antonio ona de echave, bispo da diócese, é expelido o decreto de erección de

cinco novas parroquias na cidade, entre elas a parroquia da

milagrosa, formada con territorios segregados das antigas parroquias

de albeiros, san froilán e san pedro. O 2 de decembro do mesmo ano

toma posesión como primeiro párroco don xosé varela españa

No ano 1962 é bendicido o novo altar maior da

igrexa

A igrexa da milagrosa continuou a ser epicentro do crecemento e vida dun

barrio que continuou a medrar durante os anos

60’

Unha parte moi representativa desta

articulación está constituída pola

celebración das festas patronais, de gran

tradición e relevancia (fotografías de 1966)