presentación · comarca chairega e, como viladonga, formigueiros ou castromaior,destacapoloseu...

18

Upload: others

Post on 21-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida
Page 2: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

Presentación

Dentro do seu programa de investigación e difusión do patrimonio arqueolóxico, o Museo doCastro de Viladonga presenta nesta Exposición unha escolma de exemplos de actuaciónsrealizadas en castros da provincia de Lugo aproximadamente na última década. É obviosinalarmos que non se trata dun relatorio exhaustivo de todas as intervencións en ámbitoscastrexos, senón dunha selección feita con criterios arqueolóxicos e patrimoniais, cremos quesuficientemente representativa, se ben outros castros como, por exemplo, o de Barán(Paradela), o da Piringalla (Lugo), o de San Vicente do Pino (Monforte de Lemos) ou o CastroCercio (Monterroso) tamén poderían estar presentes nesta mostra.

Na ducia de sitios castrexos (moitos deles tamén galaico-romanos) leváronsea cabo diversas accións patrimoniais segundo os casos: actuacións derozado e limpeza, adecuacións de accesos e sinalización,levantamentos topográficos, escavacións arqueolóxicas econsolidacións, e, en fin, labores de investigación científica.

Todos estes traballos permitiron a súa posta en valor, coafinalidade de difundir na sociedade e a todo tipo depúblico un patrimonio cultural de enorme interese ecunha indubidable incidencia na paisaxe, ó tempoque marcan o territorio das comunidades sociais ásque pertencen, en última instancia, estes sitiosarqueolóxicos.

A colaboración de institucións públicas e entidadesprivadas e, de xeito necesario, da propia sociedade,é o que permite ofrecer exemplos como os que seven nesta mostra, coa singular presenza de lugarescomo o castro de Formigueiros -coas súas lousasgravadas que por primeira vez se expoñen ó público-e o castro de Viladonga -referencia fundamental noámbito arqueolóxico e museístico-, ó lado doutros sitios,algúns de notable sona e outras vecesmáis descoñecidos.

1

Castros lucenses: investigación e posta en valor

Page 3: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

Castros lucenses

Castro de Viladonga Castro de Rei

Desde o inicio das escavacións no ano 1972 ata o presente, os traballos arqueolóxicos primeiroe, logo tamén, os labores museísticos levados a cabo en Viladonga, converteron este castronunha referencia fundamental en todo o ámbito peninsular para coñecer a evolución da CulturaCastrexa en época galaico-romana.

As tarefas de investigación, conservación e difusión que se realizan no Museo dedicado ó sitio,aplícanse tamén ó estudo, posta en valor e divulgación do Castro, facendo deste conxuntoarqueolóxico e museístico un exemplo de implicación social e patrimonial, á par que turística,o que lle valeu ser declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Monumento.

Nestes case corenta anos de traballo no Castro de Viladonga, sucedéronse moi diversasactuacións de escavación, limpeza, consolidación, investigación, educación e difusión, dirixidasinicialmente por Manuel Chamoso Lamas e desde 1982 por Felipe Arias Vilas, xunto con variosequipos de colaboradores e diversas empresas de arqueoloxía e patrimonio cultural.

2

Page 4: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

investigación e posta en valor

Castro de Formigueiros Samos

Está situado a gran altura nunextremo da serra do Édramo,case fronte á extensanecrópole megalítica do Montede Sta. Mariña. Posúe unsingular e complexo sistemadefensivo de murallas e foxosalternantes e cruzados queacollen no interior da súa croaou acrópole central variasconstrucións circulares e,sobre todo, cuadrangulares,así como algúns espazoslaxeados.

Nestes últimos apareceronunhas lousas con gravadosincisos de carácter naturalista(cabalos, peixes...) exeométricos (labirinto...), deenorme orixinalidade dentroda Cultura castrexa e galaico-romana e, por tanto, degrande interese.

Escavado e consolidado con financiamento público (Xunta de Galicia) desde 2006, baixo adirección de Gonzalo Meijide e coa colaboración de Medio Rural e dun campo de traballo devoluntariado, Formigueiros é hoxe un referente indubidable dos castros da zona centro-orientallucense, desde o cal se pode ver en días claros, e non parece ser un emprazamento casual, amesma cidade de Lugo.

3

Page 5: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

Castros lucenses

A Coroa de Moreira Lamas de Moreira, A Fonsagrada

O Departamento de Historia I (sección deArqueoloxía) da Universidade de Santiagode Compostela levou a cabo na Coroa doCastro deMoreira traballos de prospeccióne de rozado e limpeza con vistas a futurasinvestigacións arqueolóxicas. É un sitio degran interese tendo en conta a súaproximidade ó chamado Parque Históricodo Navia (Asturias), e como neste caso,con clara vinculación ás explotaciónsmineiras de ouro de época romana, óigual que sucede nos castros asturianosde Taramundi, Pendia (Boal) ou, moisingularmente, no de Chao Samartín(Grandas de Salime).

As varias liñas de murallas de forma aproximadamente circular destacan este asentamentofonsagradino entre moitos outros, tamén importantes, que existen nas serras orientais lucenses.

Castro da Ourela Augasantas, Palas de Rei

A pouca distancia do Camiño Primitivo aSantiago de Compostela, este sitio arqueolóxicovén sendo un dos asentamentos castrexos máisimpresionantes das terras da Ulloa alta, polo seuamplo dominio visual do territorio desta extensacomarca central galega.

Para facer compatibles os usos agrícolas egandeiros cos de carácter cultural, a

4

Page 6: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

investigación e posta en valor

Consellería de Medio Rural fixo no seu día unha limpeza e un rozado do sitio; coa axuda duncampo de traballo de voluntariado, puxo en valor o seu carácter e interese arqueolóxico, bendefinido pola súa muralla e accesos orixinais.

Ó mesmo tempo, os usos compartidos e controlados por parte do gando ovino deben servir paramanter visible este castro, situado nun monte veciñal en man común.

Castro das GrobasVilaselán, Ribadeo

Ó igual queoutros asentamentoscastrexos característicos daMariña lucense, este sitioconfigúrase como un cabo oupunta que entra no mar,protexida polo lado de terra porunha espectacular sucesión demurallas e foxos mentres quepolo lado da costa o mesmocantil cara ó mar sérvelle dedefensa natural.

Pese a estar só escavado moiparcialmente, pola empresaAXA Arqueoloxía (EmilioRamil) co patrocinio do organismo estatal da Dirección General de Costas, a súa disposición –que se advirte perfectamente na fotografía aérea – así como os datos obtidos nas catasrealizadas no lado leste do foxo e na coroa interior do castro documentan unha ocupación entorno ó cambio de Era (séculos I antes e despois de Cristo), pero o seu valor patrimonial epaisaxístico, ó tempo que turístico, fan del un lugar singular da costa oriental de Lugo.

5

Page 7: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

Castro da Atalaia San Cibrao, Cervo

Na península de San Cibrao, que forma partedo casco urbano da vila, documentouse estecastro logo de varios achados producidos enáreas públicas e en soares privados.

Con motivo da construción duns edificios, e logoda destrución incontrolada dunha parte do sitio,impúxose ós propietarios a necesidade de escavarnas zonas non alteradas por aquelas obras. Asescavacións arqueolóxicas deron lugar ácomprobación da existencia dun poboado castrexoe galaico-romano que constitúe unmoi bo exemplodeste tipo de asentamentos costeiros na Mariñalucense.

Os traballos arqueolóxicos, realizados polaempresa AXA Arqueoloxía coa dirección de EmilioRamil e Eva Castro, puxeron ó descuberto variasconstrucións domésticas, maiormente de muroscurvos, así como unha gran cantidade demateriais, en xeral cerámicos e, enmenor medidapero moi interesantes, metálicos.

É un dos exemplos do sitios arqueolóxicosafectados polo desenvolvemento urbanístico, o que obriga a documentar todos os restospatrimoniais, estruturais e mobles, e, de ser o caso, a garantir a súa conservación e mesmo asúa contemplación pública.

6

Castros lucenses

Page 8: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

Castro de Saa Baltar-Crecente, A Pastoriza

Situado entre as parroquias deBaltar e Crecente, é un doscastros máis monumentais dacomarca chairega e, comoViladonga, Formigueiros ouCastromaior, destaca polo seucomplexo sistema defensivo demurallas e foxos sucesivos.

Dada a súa importancia,reflectida na súa impoñentepresenza na paisaxe, estecastro foi adquirido no seu díapolo Concello da Pastoriza paraprotexelo das actividadesagropecuarias e forestais quepuideran derramalo así comode accións incontroladas.

A limpeza periódica damatogueira permite entenderben como chega ata os nososdías un asentamento castrexo,xa que facilita perfectamente acomprensión da súa configuración sen necesidade de ser escavado (ata o momento),converténdose neste caso nun complemento ideal do Castro de Viladonga nun roteiro de visitaspatrimoniais.

7

investigación e posta en valor

Page 9: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

Castro de Fazouro Foz

Escavado de xeito parcial xa nos anos 60 do século XX, este castro costeiro foi posteriormenteobxecto de traballos de limpeza, consolidación e adecuación para a súa visita, coscorrespondentes controis arqueolóxicos, a cargo da empresa TOMOS, con financiamentopúblico da Xunta de Galicia, Dirección General de Costas do Estado e Concello de Foz.

Co paso dos séculos o mar foi “comendo” a parte máis exterior do castro, pero aínda seconservan á vista varias construcións, algunha delas cunha escaleira de acceso a un faiadoou segunda planta, así como espazos laxeados e outros detalles dun rudimentario“urbanismo”.

Xunto coas estruturas escavadas, os materiais achados, moi abundantes sobre todo oscerámicos, evidencian unha ocupación que entra claramente en época galaico-romana (quizaisdesde o s. I a.C. ata o s. III ou IV d.C.).

Fazouro é un dos sitios patrimoniais e turísticos máis senlleiros e coñecidos da costa lucense,por outra parte moi rica en depósitos arqueolóxicos de todas as épocas.

8

Castros lucenses

Page 10: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

Castro de Santa María Cervantes

Os primeiros muros das construcións deste castro descubríronse a raíz da apertura dun accesoá igrexa situada na mesma croa do asentamento, xunto ó seu camposanto, que é herdeirodunha necrópole medieval tamén descuberta neste lugar.

As escavacións arqueolóxicas feitas posteriormente certificaron, como xa indicaba o topónimoparroquial, que se trata dun castro de notable extensión, situado nun esporón no medio do valdo río Castro ou Quindous.

Está directamente vinculado ás explotacións mineiras auríferas romanas desta ampla comarcaoriental lucense, e tamén en Cervantes existen outras probas, arqueolóxicas e epigráficas, destaocupación castrexa e galaico-romana.

Os traballos arqueolóxicos de investigación e posta en valor, a cargo da empresa Terra-Arqueos (LuísLópez e Yolanda Álvarez) e con patrocinio público (Xunta e Concello), duraron varios anos e teñencontinuidade para a potenciación deste asentamento dos séculos I a.C. e I da nosa Era, comolugar de interese patrimonial, natural e tamén turístico nesta ruta de entrada ós Ancares lucenses.

9

investigación e posta en valor

Page 11: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

Castro de Zoñán Mondoñedo

Coñecido xa por achadoscasuais desde o século XIX,nos últimos anos (desde 2002e baixo a dirección de AbelVigo e o patrocinio do Concellode Mondoñedo, a Xunta deGalicia e outras entidades),leváronse a cabo neste castrotraballos de escavación econsolidación, así como asconseguintes investigaciónsarqueolóxica e histórica.

Situado nun fondal do valmindoniense, que o singularizaenormemente dentro doscastros lucenses, as construciónsdescubertas nel ata agora, asícomo os innumerables obxectosaparecidos, falan dun importanteasentamento, sobre todo naépoca galaico-romana (enespecial séculos II ó V d.C),pero con moitas tradiciónsmateriais da etapa prerromana.

Dado o seu emprazamento e a súa proximidade ó conxunto histórico de Mondoñedo, o castrode Zoñán debe xogar un papel fundamental no ámbito do patrimonio, do turismo e da paisaxecultural da Mariña central lucense.

10

Castros lucenses

Page 12: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

Castromaior Portomarín

Xusto sobre o Camiño Francés de Santiago, este sitio arqueolóxico domina un amplísimoterritorio das comarcas de todo o val medio do río Miño.

O seu complexo sistema defensivo de murallas e foxos chamou sempre a atención e apréciaseclaramente nas fotografías aéreas.

Esta visión panorámica complétase agora coas escavacións que desde hai algúns anos serealizan no Castromaior a cargo da empresa Terra-Arqueos dirixidas por Luís López e YolandaÁlvarez e patrocinadas pola Xunta de Galicia (S.A. do Xacobeo).

Os traballos arqueolóxicos permitiron poñer á vista varias construcións de muros rectos e trazaxeralmente regular, agrupadas en núcleos ou barrios, así como unha monumental entradafortificada polo lado leste. Trátase dun asentamento ocupado principalmente, e polo menos,entre o s. II antes de Cristo e o s. I d.C.

11

investigación e posta en valor

Page 13: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

Castro de Vilar Vilamor, O CaurelCastro da Torre Folgoso, O Caurel

A serra do Caurel ou Courel, efundamentalmente o val do río Lor, está inzadade castros denominados “mineiros” pola súavinculación ás explotacións auríferas de épocagalaico-romana, pese a que boa parte dasestruturas e materiais que se coñecen delescorresponden á tradición castrexa prerromana,sen dúbida porque eran indíxenas quen vivíanneles mentres traballaban nas minas baixo ocontrol do Imperio Romano.

Situados xeralmente nas ladeiras ou esporónsdos montes da serra, teñen unhas complexase impoñentes fortificacións, feitas ás vecescoas mesmas técnicas cás empregadas nasminas da Toca ou do Torubio, que os fan moidestacables e case inexpugnables.

Castros como o de Vilar, debruzado sobre unmeandro do Lor, ou o da Torre do Castro deSobredo, a unha gran altura sobre o mesmorío e dominando todo o seu val, exemplificanmoi ben un dos modelos máis singularesdocumentados na Cultura Castrexa e noámbito rural galaico-romano. Ó mesmo tempo,serven de importante recurso patrimonial eturístico-cultural nunha comarca de graninterese natural e paisaxístico, necesitada deapoios e alicientes socio-económicos sostiblesde todo tipo.

12

Castros lucenses

Page 14: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

13

Bibliografía de referencia

Castro da Atalaia- RAMIL GONZÁLEZ, E.: “Escavación en área para valoración dun concheiro galaico-romano en PuntaAtalaia, no contorno do Faro de San Cibrao, Cervo”. Actuacións Arqueolóxicas. Ano 2007, (Xunta deGalicia), Santiago de Compostela 2009, pp. 152-153.

- CASTRO VIGO, E.: “Sondaxes valorativas nunha parcela en solo urbano, no contorno do xacemento dePunta Atalaia e rúa do Faro de San Cibrao (Cervo)”. Actuacións Arqueolóxicas. Ano 2007, (Xunta deGalicia), Santiago de Compostela 2009, pp. 154-155.

- CASTRO VIGO, E.: “Un nuevo ejemplar de los llamados bronces votivos sacrificiales”. Gallaecia, 28,2009, pp. 131-138.

- CABRERA TILVE, I.: “Escavación en área nunha parcela en solo urbano no xacemento Punta Atalaia, nocontorno da rúa Faro de San Cibrao (Cervo)”. Actuacións Arqueolóxicas. Ano 2007, (Xunta de Galicia),Santiago de Compostela 2009, pp. 156-157.

- CASTRO VIGO, E.: “Escavación arqueolóxica en área nunha parcela situada en solo urbano no xacementode Punta Atalaia, San Cibrao, Cervo”. Actuacións Arqueolóxicas. Ano 2008, (Xunta de Galicia), Santiagode Compostela 2010, pp. 156-157.

Castro de Fazouro- CARRERA RAMÍREZ, F. : “Castro de Fazouro (Foz-Lugo)”. Arqueoloxía. Informes 2. (Campaña 1988),(Xunta de Galicia), Santiago de Compostela 1991, pp.291-293.

- ROMERO MASIÁ, A.: “O castro de Fazouro”. Gran Enciclopedia Gallega, t. 11, p. 194.- HERVÉS RAIGOSO, F. e BUCETA BRUNETI G.: “Limpeza, acondicionamento e consolidación do castrode Fazouro, Foz (Lugo)”. Actuacións arqueolóxicas. Ano 2006, (Xunta de Galicia), Santiago deCompostela 2008, pp. 65-66.

- SUAREZ ACEVEDO, J.J. / GONZÁLEZ DE SELA y TORRES J.: “Notas sobre el Castro de Fazouro”. ArchivoEspañol de Arqueología, XXXVI, 1963, pp. 163-165.

- CHAMOSO LAMAS, M.: “Excavaciones arqueológicas en el Castro de Fazouro”. Noticiario ArqueológicoHispánico, VII, 1963, pp. 110-116.

- ALONSO DEL REAL, C. / FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, M.: “Castro de Fazouro”, Noticiario ArqueológicoHispánico, VIII-IX, 1964-1965, pp. 156-157.

- BARBI ALONSO, V. / CARRERA RAMÍREZ, F.: “Consolidación do Castro de Fazouro (Foz-Lugo”.Arqueoloxía. Informes 3. Campaña 1989, Santiago de Compostela 1992, pp. 221-224.

Page 15: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

14

Castro das Grobas- CORDEIRO MAAÑÓN, L.: “Control arqueolóxico dos traballos de limpeza do castro das Grobas, Ribadeo(Lugo)”. Actuacións arqueolóxicas. Ano 2006, (Xunta de Galicia), Santiago de Compostela 2008, p.71.

Castro da Ourela - Augasantas- ÁLVAREZ MERAYO, I.A.: “Sondaxes arqueolóxicas no castro da Ourela, San Xurxo de Augasantas, Palasde Rei (Lugo)”, Actuacións Arqueolóxicas. Ano 2008, (Xunta de Galicia) Santiago de Compostela 2010,pp. 52-53.

Castro de Zoñán- VIGO GARCÍA, A.: “Noticia de escavación arqueolóxica no castro de Zoñán (Mondoñedo-Lugo). Campaña2002-2003, Gallaecia, 23, 2004.

- VIGO GARCÍA, A.: “Castro de Zoñán (Mondoñedo-Lugo. Campaña 2005. Avance de resultados”.Gallaecia, 25, 2006, pp. 65-81.

- VIGO GARCÍA, A.: “Escavacións no castro de Zoñán (Mondoñedo) 2002-2003”. Minius, XIII,- VIGO GARCÍA, A.: O Castro de Zoñán (Mondoñedo-Lugo). Escavación 2002-2004, (Concello deMondoñedo), Mondoñedo 2007.

- VIGO GARCÍA, A.: “Traballos de limpeza e roza no castro de Zoñan, Mondoñedo (Lugo)”. Actuaciónsarqueolóxicas. Ano 2006, (Xunta de Galicia), Santiago de Compostela 2008, p. 69.

- VIGO GARCÍA, A.: “O castro de Zoñán (Mondoñedo-Lugo). Campaña 2007. Resultados preliminares”.Gallaecia, 27, 2008, pp. 195-204.

- VIGO GARCÍA, A.: “Actuación arqueolóxica no castro de Zoñán, Mondoñedo (Lugo)”. Actuaciónsarqueolóxicas. Ano 2007, (Xunta de Galicia), Santiago de Compostela 2009, pp. 42-43.

- VIGO GARCÍA, A.: “Actuación arqueolóxica de conservación e escavación en área no castro de Zoñán”.Actuacións Arqueolóxicas. Ano 2008, (Xunta de Galicia), Santiago de Compostela 2010, pp. 56-57.

Castromaior- LÓPEZ GONZÁLEZ, L. F.: “Posta en valor de Castromaior para fomento do turismo cultural no camiñode Santiago, Portomarín (Lugo)”. Actuacións arqueolóxicas. Ano 2006. (Xunta de Galicia), Santiago deCompostela 2008, pp. 33-34.

- López GONZÁLEZ, L.F.: “Posta en valor de Castromaior para fomento do turismo cultural no Camiño deSantiago. Portomarín (Lugo), Actuacións Arqueolóxicas. Ano 2008, (Xunta de Galicia), Santiago deCompostela 2010, pp. 74-76.

Coroa de Moreira- ACUÑA, F. et alii : “A comarca da Fonsagrada na antigüidade, aproximación ao seu estudo: O Castro deMoreira (Lamas de Moreira, A Fonsagrada (Lugo)”. Gallaecia, 27, 2008, pp. 183-194.

Page 16: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

15

Castro de Cervantes- LÓPEZ GONZÁLEZ, L. e LÓPEZ MARCOS, M.A.: “Limpeza e consolidación do castro de Santa María deCervantes e control arqueolóxico, Cervantes (Lugo)”. Actuacións arqueolóxicas. Ano 2006, (Xunta deGalicia), Santiago de Compostela 2008, pp. 49-50.

- LÓPEZ MARCOS, M.A.: “Limpeza no castro de Santa María de Castro, Cervantes (Lugo)”. Actuaciónsarqueolóxica. Ano 2007, (Xunta de Galicia), Santiago de Compostela 2009, p. 83.

Castros do Caurel- VV.AA.: El Caurel. Excavaciones arqueológicas en España 110, (Ministerio de Cultura), Madrid 1980.- ÁLVAREZ NÚÑEZ, A.: “Castro da Torre (Sobredo, O Caurel). Informe de la intervención arqueológica en1993”, Boletín do Museo Provincial de Lugo, VII, vol. 2, pp. 9-32.

Castro de Formigueiros- MEIJIDE CAMESELLE, G.: “Proxecto de intervención arqueolóxica no castro de Formigueiros para campode traballo, Samos(Lugo)”. Actuacións arqueolóxicas. Ano 2006, (Xunta de Galicia), Santiago deCompostela 2008, pp. 44-45.

- MEIJIDE CAMESELLE, G.: “Intervención arqueolóxica no castro de Formigueiros, Samos (Lugo)”.Actuacións arqueolóxicas. Ano 2007, (Xunta de Galicia), Santiago de Compostela 2009, pp. 64-65.

- MEIJIDE CAMESELLE, G. et alii : “Lousas decoradas con círculos, cabalos e peixes procedentes do castrode Formigueiros (Samos-Lugo)”. Gallaecia, 28, 2009, pp. 113-130.

- MEIJIDE CAMESELLE, G.: “Escavación arqueolóxica no castro de Formigueiros (Samos), ActuaciónsArqueolóxicas. Ano 2008, (Xunta de Galicia), Santiago de Compostela 2010, pp. 58-60.

Castro de Viladonga- CHAMOSO LAMAS, M.: “Las excavaciones del Castro de Viladonga y la problemática que plantean susresultados”. Actas del coloquio internacional sobre el Bimilenario de Lugo, Lugo 1977, pp. 41-46.

- ARIAS VILAS, F.: Castro de Viladonga. Campaña 1983, (Arqueoloxía. Memorias 2), (Xunta de Galicia),Santiago de Compostela 1985.

- ARIAS VILAS, F: "Castro de Viladonga", Arqueoloxía. Informes 2 (Campaña 1988), (Xunta de Galicia),Santiago de Compostela 1991, pp. 71-75 e 275-276.

- ARIAS VILAS, F. / DURÁN FUENTES, MªC.:Museo do Castro de Viladonga, (Xunta de Galicia), Santiagode Compostela 1996.

- TOMÁS BOTELLA, V.: “ Escavación arqueolóxica no Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo)”,Actuacións arqueolóxicas. Ano 2006, (Xunta de Galicia), Santiago de Compostela 2008, pp. 39-40.

- RAMIL GONZÁLEZ, E.: “Escavación arqueolóxica no Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo),Actuacións arqueolóxicas. Ano 2007, (Xunta de Galicia), Santiago de Compostela 2009, pp. 49-50.

- RAMIL GONZÁLEZ, E.: Escavación arqueolóxica no castro de Viladonga , Castro de Rei (Lugo),Actuacións Arqueolóxicas. Ano 2008, (Xunta de Galicia), Santiago de Compostela 2010, pp. 39-40.

Page 17: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida

ProduciónMuseo do Castro de Viladonga, coa colaboracióndo Departamento Territorial de Cultura e Turismoda Xunta de Galicia en Lugo

Coordinación e supervisiónFelipe Arias Vilas

Equipo técnicoFelipe Arias Vilas, Marta Cancio Martínez e ElenaVarela Arias, coa colaboración especial deGonzalo Meijide Cameselle

FotografíasMuseo do Castro de Viladonga, DelegaciónTerritorial de Cultura e Turismo en Lugo, EmilioRamil González e Abel Vigo García

Realización e montaxeItinere, s.l.

Deseño gráfico e maquetaciónmazairagrafismo, sl

ImpresiónAlva gráfica, sl

Depósito legalC 1009-2011

Page 18: Presentación · comarca chairega e, como Viladonga, Formigueiros ou Castromaior,destacapoloseu complexosistemadefensivode murallasefoxossucesivos. Dada a súa importancia, reflectida