preinscripción e matrícula en ciclos de fp 2017

13
Preinscripción e matrícula en Ciclos de FP 2017 Maio 2017 Mónica Diz Besada

Upload: monica-diz-besada

Post on 22-Jan-2018

3.130 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Preinscripción e matrícula en Ciclos de FP 2017

Maio 2017Mónica Diz Besada

DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS POR COTAS E GRUPOS(procedemento que se levou a cabo no curso 16/17)

COTA XERAL: 85%

COTA DISCAPACIDADE: 10%

COTA DEPORTISTAS ALTO RENDIMENTO: 5%

Ó comezo do perído de admisión, en cada cota, as prazas de cada ciclo en cada centro, distribúense en tres grupos (A, B, C) segundo os requisitos de acceso.

En cada grupo ordénanse as solicitudes de maior a menor nota media

CICLOS DE GRAO MEDIO

GRUPO A: Acceso Título de ESO OU EQUIVALENTE: 70%

GRUPO B: Acceso FPB: 20%

GRUPO C: Acceso mediante proba e outras vías: 10%

CICLOS DE GRAO SUPERIOR

GRUPO A: Acceso Título de BACHARELATO OU EQUIVALENTE: 70%

GRUPO B: Acceso TÍTULO DE TÉCNICO (CM): 20%

GRUPO C: Acceso mediante proba e outras vías: 10%

En caso de empate:

En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o

fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes,

seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que

se demande a praza.

De persistir o empate, resolverase tendo en conta o sorteo público das letras dos

apelidos, que se utiliza para a admisión de alumnado en centros públicos.

Grupo A.

Grupo B.

Grupo C.

Prioridades na admisión a Ciclos de Grao Medio

1º. Alumnado con título de ESO.2º. Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:- Alumnado con título de técnico auxiliar.- Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP.- Alumnado con título de bacharelato superior.- Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúnsexperimental.

1º. Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.2º. Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.

1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.2º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.3º. Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño4º. Alumnado con título de técnico.5º. Alumnado con título de bacharelato.6º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.7º. Alumnado con título universitario.

Grupo A.

Grupo B.

Grupo C.

Prioridades na admisión a Ciclos de Grao Superior

1º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina no currículo

do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do

bacharelato.

2º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que se

determina no currículo do ciclo.

3º. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo. Alumnado que

superara COU ou PREU.

4º. Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).

1º. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao

superior que se solicita.

2º. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao

superior que se solicita.

1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

2º. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.

3º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.

4º. Alumnado con título universitario.

DATAS(procedemento que se levou a cabo no curso 16/17)

PREINSCRIPCIÓN:(datas do curso pasado)

Obrigatoriamente vía web.

Prazo Ordinario: Do 27 de xuño ao 5 de xullo ata as 13´00h.

Prazo Extraordinario: Do 1 ao 9 de setembro ata as 13´00h.

Teñen prioridade as solicitudes presentadas no período ordinario. No período extraordinario de setembro as prazas disponibles son as sobrantes do período ordinario.

Se no momento de solicitar praza no ciclo, se cumpres os requisitos de acceso directo, e tamén se cumpres o acceso por proba (caso dos alumnos que superan completa a proba de acceso), deberase solicitar admisión no ciclo obrigatoriamentepolo grupo A, onde se terá en conta a nota media dos estudos que se acrediten.

MATRICULACIÓN:

Mes de Xullo: período ordinario.

Mes de Setembro: período extraordinario.

En cada período publícanse 2 listaxes de admitidos e 2 prazos para a matrícula.

FORMULARIO DE SOLICITUDE

Obrigatoriamente haicumplimentalo na aplicación:

edu.xunta.es/ciclosadmisión

Se non se dispón dunha conta como se non hai que seguir as instrucións do asistente para crear unha instancia de solicitude:

Hai que cumplimentar un formulario onde se poden solicitar ata 5 ciclos formativos e/ou centros diferentes por orde de preferencia.

Atención ós códigosAtención á orde de preferencia

Solamente se pode facer unhainstancia/solicitude por réxime egrao:•Réxime (ordinario/adultos)•Grao (medio/superior)

• Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante.

• O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpreachegar.

• Esta documentación cos impresos xerados deberá ser debídamente entregada e en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional.

Entregar o impreso de solicitude e a documentación:

• No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será precisomáis trámite.

• Pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

Non entregar nada e gardar o impreso

de solicitude:

O IMPRESO DE SOLICITUDE

Unha vez realizada a solicitude de praza en Ciclos, deberase estar pendente dos LISTADOS DE ADMISIÓN en cada fase do proceso, é dicir, ás diferentes adxudicacións, e ter en conta o seguinte:

Quen non fose admitido na praza solicitada en primeiro

lugar poderá renunciar á praza outorgada nos mesmos

prazos establecidos para a matrícula.

Esta renuncia implica tamén desistir de todas as demais

prazas solicitadas en opcións de menor preferencia a

esa, permanecendo nas listas de espera das opcións

con maior prioridade.

As persoas con praza adxudicada nun ciclo de primeira

preferencia en cada fase do proceso teñen a obriga de

matricularse nos prazos que se indiquen.

LISTADOS DE ADMISIÓN E ADXUDICACIÓN DA PRAZA

É dicir:

Logo de adxudicárselleunha praza, a persoa

solicitante sólo ten dúas posibilidades:

DESPOIS DE ADXUDICARSE A PRAZA: MATRICULARSE ou RENUNCIAR

OPCIÓN 1: Matricularse.

Deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Estar matriculado en calquera ensinanza, implica a renuncia a seguir participando no proceso de

admisión a ciclos formativos.

OPCIÓN 2: Renunciar á praza.Deberase facer no centro adxudicado ou vía web, e nos

prazos establecidos. A renuncia afectará a praza que lle foi adxudicada e a todas as preferencias sinaladas en lugares posteriores a esa. Seguirase no proceso de adxudicación

para as preferencias anteriores.

• Tras rematar a adxudicación no período ordinario e extraordinario a Consellería publicará os ciclos liberados, con prazas vacantes, para calquera alumno/a que cumpra os requisitos de acceso. A matrícula realizarase por orde de chegada.

LIBERACIÓN DE PRAZAS

• O alumnado matriculado nun ciclo, bacharelato ou ESO, poderá solicitar matrícula simultánea nos prazos establecidos, ó Servizo Territorial de Inspección Educativa. De existir unha compatibilidade horario alomenos do 90% poderase autorizar a matrícula, sempre que haxa prazas vacantes e non exista listaxe de espera.

MATRÍCULA SIMULTÁNEA

• De non existir un numero mínimo de solicitudes de primeira opción nun ciclo, haberá que solicitar autorización na Consellería de Educación para impartir o ciclo formativo.

NÚMERO MÍNIMO DE

SOLICITUDE DE MATRÍCULAS

A TER EN CONTA:

A información sobre a admisión en FP para o curso 2017/2018

As normas para admisión

A oferta de ciclos e o número de prazas en

cada ciclo

O calendario de admisión

A mediados de xuño a Consellería publica na web de FP para o novo curso: