por que celebramos o día das letras galegas? · rafael dieste 8. Álvaro cunqueiro 9. Álvaro...

7
Por que celebramos o Día das Letras Galegas? 1. Le atentamente este texto sobre a orixe e a historia do día das Letras Galegas e contesta as preguntas: O Día das Letras Galegas é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución unha proposta para celebrar o 17 de maio o Día das Letras Galegas, precisamente a data na que saíra á luz Cantares gallegos. Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Esa primeira edición do Día das Letras Galegas dedicouse á figura de Rosalía de Castro e, dende aquela, cada 17 de maio dedícaselle a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teñan pasado como mínimo dez anos desde o falecemento da persoa homenaxeada. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida, non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Desde o ano 1991, dezaoito anos despois da súa institución, o Día das Letras Galegas é festividade oficial en Galicia. En 2020, por mor da pandemia da COVID-19, a Academia anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de historia o Día das Letras non se celebraría o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero. Adaptado de https://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_das_Letras_Galegas a. Desde que ano se celebra o Día das Letras Galegas? Quen propuxo celebrar este día? b. Por que se escolleu o 17 de maio como Día das Letras Galegas? c. A quen se lle dedicou o primeiro Día das Letras Galegas? d. Que requisito debe cumprir o/a homenaxeado/a do Día das Letras Galegas? e. Desde que ano o 17 de maio é festivo en Galicia? f. Por que se suspendeu este ano a celebración do Día das Letras Galegas? Para que data se aprazou? Lingua Galega e Literatura. 3º ESO Tarefas para a semana do 11 de maio. Data límite de entrega: 17 de maio ás 23.59h. Material didáctico cedido por Carolina Pérez Capelo.

Upload: others

Post on 24-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Por que celebramos o Día das Letras Galegas? · Rafael Dieste 8. Álvaro Cunqueiro 9. Álvaro Cunqueiro 10. Luís Amado Carballo 11. Eduardo Blanco Amor 12. Carlos Casares. i. Ricardo

Por que celebramos o Día das Letras Galegas?

1. Le atentamente este texto sobre a orixe e a historia do día das Letras Galegas e contesta as preguntas:

O Día das Letras Galegas é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua

arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á

figura escollida.

O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, tres

membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego)

presentaron nesta institución unha proposta para celebrar o 17 de maio o Día das Letras Galegas, precisamente a data

na que saíra á luz Cantares gallegos. Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura

galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento.

Esa primeira edición do Día das Letras Galegas dedicouse á figura de Rosalía de Castro e, dende aquela, cada 17

de maio dedícaselle a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa

conmemoración teñan pasado como mínimo dez anos desde o falecemento da persoa homenaxeada.

A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida, non só a nivel literario

senón tamén nos ambientes populares. Desde o ano 1991, dezaoito anos despois da súa institución, o Día das Letras

Galegas é festividade oficial en Galicia.

En 2020, por mor da pandemia da COVID-19, a Academia anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de

historia o Día das Letras non se celebraría o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día

despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.

Adaptado de https://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_das_Letras_Galegas

a. Desde que ano se celebra o Día das Letras Galegas? Quen propuxo celebrar este día?

b. Por que se escolleu o 17 de maio como Día das Letras Galegas?

c. A quen se lle dedicou o primeiro Día das Letras Galegas?

d. Que requisito debe cumprir o/a homenaxeado/a do Día das Letras Galegas?

e. Desde que ano o 17 de maio é festivo en Galicia?

f. Por que se suspendeu este ano a celebración do Día das Letras Galegas? Para que data se aprazou?

Lingua Galega e Literatura. 3º ESO

Tarefas para a semana do 11 de maio.

Data límite de entrega: 17 de maio ás 23.59h.

Material didáctico cedido por Carolina Pérez Capelo.

Page 2: Por que celebramos o Día das Letras Galegas? · Rafael Dieste 8. Álvaro Cunqueiro 9. Álvaro Cunqueiro 10. Luís Amado Carballo 11. Eduardo Blanco Amor 12. Carlos Casares. i. Ricardo

g.

As figuras homenaxeadas

2. Na seguinte táboa recóllense todos os autores e as autoras ás que se lle dedicou o Día das Letras Galegas desde

que comezou a celebrarse. Investiga en Internet o nome das figuras que faltan:

ANO FIGURA HOMENAXEADA

2020 Ricardo Carvalho Calero

2019 Antón Fraguas

2018

2017 Carlos Casares

2016

2015 Xosé Filgueira Valverde

2014 Xosé María Díaz Castro

2013

2012 Valentín Paz Andrade

2011 Lois Pereiro

2010

2009 Ramón Piñeiro

2008 Xosé María Álvarez Blázquez

2007

2006 Manuel Lugrís Freire

2005 Manuel Lorenzo Varela

2004 Xaquín Lorenzo, Xocas

2003 Antón Avilés de Taramancos

2002

2001 Eladio Rodríguez

2000

1999 Roberto Blanco Torres

1998 Trobadores da ría de Vigo

1997

1996 Xesús Ferro Couselo

1995

Page 3: Por que celebramos o Día das Letras Galegas? · Rafael Dieste 8. Álvaro Cunqueiro 9. Álvaro Cunqueiro 10. Luís Amado Carballo 11. Eduardo Blanco Amor 12. Carlos Casares. i. Ricardo

1994 Luís Seoane

1993

1992 Fermín Bouza-Brey

1991

1990 Luís Pimentel

1989

1988 Ramón Otero Pedrayo

1987

1886 Aquilino Iglesia Alvariño

1985 Antón Losada Diéguez

1984 Armando Cotarelo Valledor

1983 Manuel Leiras Pulpeiro

1982

1981 Vicente Risco

1980

1979

1978 Antonio López Ferreiro

1977 Antón Villar Ponte

1976

1975

1974 Xoán Vicente Viqueira

1973 Manuel Lago González

1973 Manuel Lago González

1971 Gonzálo López Abente

1970 Marcial Valladares

1969 Antonio Noriega Varela

1968 Florentino López Cuevillas

1967

1966 Francisco Añón

1965

1964

1963

Page 4: Por que celebramos o Día das Letras Galegas? · Rafael Dieste 8. Álvaro Cunqueiro 9. Álvaro Cunqueiro 10. Luís Amado Carballo 11. Eduardo Blanco Amor 12. Carlos Casares. i. Ricardo

h.

As figuras homenaxeadas

3. Agora que xa coñeces o nome das persoas ás que se lles dedicou o Día das Letras Galegas, imos coñecer a obra

dalgunhas delas. Na seguinte táboa récollense algúns autores e autoras con algún dos seus libros máis significativos,

pero como vedes, están escritos con símbolos. Coa axuda da Galipedia descifra os títulos agochados tras as

emoticonas (https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada).

Autor/a Obra Como se

titula?

1. Rosalía de Castro

2. Eduardo Pondal

3. Ramón Cabanillas

4. Castelao

5. Manuel Antonio

6. Vicente Risco

7. Rafael Dieste

8. Álvaro Cunqueiro

9. Álvaro Cunqueiro

10. Luís Amado Carballo

11. Eduardo Blanco Amor

12. Carlos Casares

Page 5: Por que celebramos o Día das Letras Galegas? · Rafael Dieste 8. Álvaro Cunqueiro 9. Álvaro Cunqueiro 10. Luís Amado Carballo 11. Eduardo Blanco Amor 12. Carlos Casares. i. Ricardo

i.

Ricardo Carvalho Calero

4. O homenaxeado das Letras Galegas deste ano é Ricardo Carvalho

Calero, unha das figuras máis importantes da cultura galega do século

XX. Para saber máis sobre el, mira este vídeo no que se resume a súa

traxectoria e, a continuación, contesta as preguntas:

https://www.youtube.com/watch?v=nwhKFNhemxY

13 preguntas sobre Carvalho Calero

1. En que cidade e en que ano naceu?

2. Que carreira rematou no ano 1931? En que universidade

estudou?

3. Cando chegou a Santiago, formou parte dunha

institución dedicada a estudar e divulgar o patrimonio e

a cultura galega. Como se chama esa institución?

4. En que bando combateu na Guerra Civil? Que

consecuencias lle trouxo isto?

5. Onde traballou cando volveu a Galicia? De que?

6. Que xéneros literarios cultivou Carvalho Calero?

7. En 1951 saíu á luz a súa primeira novela, a primeira en

lingua galega publicada despois da Guerra Civil. Como

se titulaba?

8. Na súa obra Catro pezas recóllense catro textos teatrais.

Cal é o máis coñecido?

9. En 1972, alcanzou a cátedra na Universidade de

Santiago de Compostela. De que especialidade foi

catedrático?

10. A quen ía dirixida a súa Gramática elemental del

gallego común?

11. Carvalho Calero foi un dos principais ideólogos do

reintegracionismo, mais… que é o reintegracionismo?

12. Con que novela acadou o Premio da Crítica de

Narrativa Galega?

13. En que cidade e en que ano faleceu?

Page 6: Por que celebramos o Día das Letras Galegas? · Rafael Dieste 8. Álvaro Cunqueiro 9. Álvaro Cunqueiro 10. Luís Amado Carballo 11. Eduardo Blanco Amor 12. Carlos Casares. i. Ricardo

4. A ruleta de Carvalho

Completa a ruleta de Carvalho Calero coas palabras que se agachan nas definicións e explicacións de abaixo. Para saber máis

sobre o autor e a súa obra e poder completar todas as palabras, podes ler a súa entrada na Galipedia

[https://gl.wikipedia.org/wiki/Ricardo_Carballo_Calero] ou unha biografía máis extensa na páxina Carvalho2020

[https://carvalho2020.gal/] ou na da Real Academia Galega [https://academia.gal/letras-actual].

A. Ten un poemario que se titula coma un xénero da lírica

medieval: Cantigas de …………… e outros poemas.

B. A súa primeira novela titúlase A xente da ……………

C. Ramón Carvalho …………… (2º apelido)

D. A primeira carreira que estudou foi ……………

E. En Compostela formou parte do Seminario de

…………… Galegos.

F. Naceu e pasou a súa infancia na cidade de ……………

G. Carvalho foi un importante estudoso da Lingua Galega.

No 1966 publicou a …………… elemental del gallego

común.

H. Tamén se interesou moito pola literatura e entre 1963 e

1975 dedicouse a escribir a …………… da Literatura

Galega contemporánea.

I. No 1980 publica un libro no que se recollen todos os

seus poemas de 1927 a 1961. Titulábase Pretérito ………

L. A segunda carreira universitaria que fixo Carvalho foi

Filosofía e ……………

M. En 1984, a Xunta de Galicia concedeulle a ……………

Castelao, recoñecendo a súa traxectoria na cultura galega.

N. As súas obras A xente da Barreira e Scórpio pertencen

ao xénero da ……………

O. Escribiu unha comedia teatral titulada A sombra de…….

P. As súas obras Vieiros, Futuro condicional ou

Reticências pertencen ao xénero da ……………

Q. (Contén o Q como última letra) O seu relato Provérbios

otomanos asinouno co pseudónimo …………… Ziyá.

R. Foi un dos maiores defensores da corrente lingüística

que defende que o galego é unha variedade da lingua

portuguesa e que propón un sistema gráfico máis próximo

ao do portugués. Esta corrente chámase ……………

S. É a súa novela máis coñecida, trata sobre a Guerra

Civil, publicouna en 1987 e recibiu o Premio da Crítica da

narrativa galega. Titúlase ……………

T. As súas obras A sombra de orfeo e A farsa das zocas

pertencen ao xénero do ……………

U. Foi o primeiro catedrátido de Lingua e Literatura Galega

na …………… de Santiago de Compostela.

V. Antes da Guerra Civil, en 1931, publicou un poemario

titulado ……………

X. A primeira novela que se publicou en lingua galega

despois da Guerra Civil titúlase A …………… da Barreira

Z. En 1963 publicou unha peza de teatro titulada A farsa

das...................................

N:

O:

P:

Q:

R:

S:

T:

U:

V:

X:

Z:

A: amigo

B:

C:

D:

E:

F:

G:

H:

I:

L:

M:

Page 7: Por que celebramos o Día das Letras Galegas? · Rafael Dieste 8. Álvaro Cunqueiro 9. Álvaro Cunqueiro 10. Luís Amado Carballo 11. Eduardo Blanco Amor 12. Carlos Casares. i. Ricardo