polvorínpresentación

17

Upload: esperanza-vazquez-dopico

Post on 06-Jul-2015

119 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Polvorínpresentación
Page 2: Polvorínpresentación

“Era a madrugada do martes 22 de xuño do 43, cando a miñanai nos sacou da cama toda nervosa. Tapounos cunhasmantas, mandou que calzáramos o primeiro queatopáramos e saímos todos correndo cara ao monte deSan Pedro de Leixa, que non estaba demasiado lonxe danosa casa de San Xoan de Filgueira.

Avisounos a xente que escapaba de Caranza do que estabaa pasar. Nós escoitabamos os estoupidos pero nonsabiamos a que eran debidos. Houbo varias explosións. Aprimeira foi arredor das cinco e media e se escoitouperfectamente en toda a volta; a segunda, a eso das seisda mañá foi moito máis forte: explotara o polvorín doMontón. Chovían pedras por todas partes e a miña irmá emáis eu, moi asustadas, escondiámonos debaixo dasmantas mentres seguiamos correndo da man dos nososmaiores.

Cando chegamos a Leixa miramos cara a Caranza e vimoscomo ardía o polvorín e como seguía estoupando o que alíestaba almecenado. Foi un día moi longo. Cara á noitiñaregresamos á nosa casa e, coma nós, a maioría da xente

Page 3: Polvorínpresentación

Amalia, a miña avoa, foi testemuña do

acontecido nos polvoríns de Caranza

no ano 1943, en plena posguerra.

A raíz desta conversa con ela púxenme

a investigar cales poderían ser as

causas deste suceso que, a primeira

vista, parecía un accidente.

Page 4: Polvorínpresentación

Os polvoríns estaban situados no interior da

Ría de Ferrol, onde hoxe se encontra o

Clube de Suboficiais da Armada do

Montón, no barrio de Caranza.

Page 5: Polvorínpresentación

Era unha instalación de aprovisionamento depólvora para todo o conxunto de bateríascosteiras. A súa construcción constaba dunhaplanta rectangular cun muro exterior deprotección con dobre tabique nas súascabeceiras, seis piares internos e longosmuros laterais con grandes contrafortes ondeestaban as ventilacións indirectas. Tiña, pololado do mar, outro muro de contención e unharampa a modo de embarcadeiro.

Contruírase baixo a dirección de J. Vergel noano 1737, quen mandou empregar granitopara os exteriores e madeira para asinstalacións internas.

Page 6: Polvorínpresentación

Parece ser que as medidas de

seguridade do polvorín eran moi

deficientes e pola noite descendían

notablemente. Do recinto, con 600

metros de perímetro, ocupábanse seis

centinelas, dos cales tres

permanecían nas garitas.

Posiblemente algún quedaría durmido

na garda e sería relativamente doado

burlar a seguridade.

Page 7: Polvorínpresentación

Despois de buscar información en

distintas fontes sobre este suceso, o

profesor e investigador Don Enrique Barrera

aclarou moito as miñasideas sobre o acontecido. Leva investigado moito

sobre a memoria histórica

da nosa comarca.

Pertence á directiva da

asociación Memoria

Histórica Democrática de

Ferrolterra e á da

asociación Fuco Buxán.

Page 8: Polvorínpresentación

Nos seus textos descubrín que os inglesestiñan interés en destruir as instalacións dospolvoríns porque nelas se aprovisionabanregularmente os submarinos alemáns,aproveitando a oscuridade da noite.

Page 9: Polvorínpresentación

A rede de espionaxe británica “IntelligenceService” estaría actuando en Ferrol através de dous espías que nos primeirosmeses de 1943 visitarían regularmente anosa cidade: Lorenzo San MiguelMartínez e Ángel Monge Antón. Con elescolaboraba un oficial de artillería co quecontactaba un enlace da guerriñaantifranquista, Sol Bértalo.

Page 10: Polvorínpresentación

A todo esto hai que engadir que no Tercio Nortede Infantería de Mariña, no Reximento deArtillería e no Cuartel de Inxenieiros,funcionaban células do Partido Comunista queían prestar axuda á persoa que levara a cabo asabotaxe.

Segundo as investigacións de E. Barrera éprobable que o saboteador quedara agochadonalgunha dependencia dos polvoríns dende odía anterior no que chegara un cargueiro concemento para as obras militares e el, camufladocomo obreiro, realizaría as descargas de sacoscomo un traballador máis. Contou coacooperación de José Luis Díaz Rodríguez,soldado encargado de vixiar o interior dosbúnkers, quen lle entregou unha copia daschaves. Nas semanas anteriores preparou uncroquis dos planos do polvorín e entregoullos aÁngel Monge Antón para que éste fixera unplano preciso.

Page 11: Polvorínpresentación

Era o único que tiña un ángulo morto no seutellado e lle permitiría escapar fácilmente senser visto por ningún dos centinelas.

Logo houbo varias explosións ata chegar ámáis potente, arredor das 6:00 da mañá . Aoser unha sabotaxe controlada, houbo temposuficiente para evacuar e non houbo mortos.

O 22 de xuño de

1943, ás 5:40

comezou o incendio

no polvorín grande,

onde actualmente

están as piscinas do

Clube do Montón.

Page 12: Polvorínpresentación

Díaz Rodríguez morre o día en queempezaron os interrogatorios. A acta dedefunción fala dun accidente coa súa armamentres a estaba limpando. Non se sabe sese suicidou pensando que fora descubertoou morreu nun tiroteo mentres tentabaescapar.

O que si é certo e que coa súa morteprotexería ao resto dos integrantes daorganización xa que nun interrogatorio longoe con tortura podería rematar pon delataraos seus compañeiros, sen poder salvar avida propia, porque o seu destino (unha vezdescuberto) era o pelotón de fusilamento.

Page 13: Polvorínpresentación

Tras moitas investigacións, o profesor Barrerachegou á conclusión de que a explosión dospolvoríns de Caranza non foi un accidente. Aexplicación oficial dada polos mandos militaresdeterminou que a pólvora era inestable e que omaterial explosivo almacenado non estaba benaillado e proxectís, pólvora e detonantes, porestar en mal estado, provocaron o inicio encadea das explosións.

Esta conclusión non se sostén xa que nomesmo expediente hai informes docondestable dos polvoríns e do laboratorio deSanta Bárbara en Lugones (Asturias) quecertifican a boa calidade da pólvora.

Page 14: Polvorínpresentación

O goberno de Franco tivo que tragarse ahumillación. Non podía revelar a verdadeporque era un claro “casus belli” e terían queter entrado oficialmente na II Guerra Mundial,xusto cando a derrota de Stalingrado marcabao principio do fin para os seus aliados nazis.

Page 15: Polvorínpresentación

Grazas aos traballosde investigación e ás posteriores publicacións de Don Enrique Barrera, a comarca de Ferrolterrarecuperou en grande medida a súa memoria histórica, única maneira de saber o que aconteceu no pasado e que ninguén debe ignorar.

Page 16: Polvorínpresentación

A realización deste traballo serviume paracoñecer de cerca acontecementosimportantes dos que foron, dalgunhamaneira, partícipes membros da miña familiae que eu descoñecía por completo.

Pareceume moi interesante achegarme a elesporque creo que é necesario comprender opasado para poder vivir o presente e sentaras bases do noso futuro.

Page 17: Polvorínpresentación