pola seguridade dos nosos bombeiros e bombeiras e a efectividade do seu traballo
DESCRIPTION
Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de Novembro (06/11/2015). Moción presentada para a atención da situación particular que está a sufrir o Servizo de Bombeiros de OurenseTRANSCRIPT
![Page 1: Pola seguridade dos nosos Bombeiros e Bombeiras e a efectividade do seu traballo](https://reader038.vdocuments.co/reader038/viewer/2022100502/579070a11a28ab68749e6487/html5/thumbnails/1.jpg)
Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a
presentar no pleno ordinario do mes de Novembro
(06/11/2015).
Pola seguridade dos nosos Bombeiros e Bombeiras
e a efectividade do seu traballo
Moción presentada para a atención da situación particular que está a sufrir o
Servizo de Bombeiros de Ourense
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
PREÁMBULO
Nos últimos dez anos, no Concello de Ourense somos testemuñas dunha situación de empeoramento do
servizo de Bombeiros, que se materializa nun conflicto cíclico, moitas veces aminorado por
compromisos políticos e acrecentado ao longo do tempo polo non cumplimento dos mesmos.
As causas son múltiples. Por un lado a diminución de efectivos, vencellada as xubilacións e a non
reposición de bombeiros nos últimos tempos, a falta de normativas internas, plans e protocolos de
actuación e canles de comunicación fluídos MANDOS-BOMBEIROS e ADMINISTRACIÓN-BOMBEIROS.
DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN
Para poder contextualizar a situación do corpo de Bombeiros de Ourense e para poder ponderar as
consecuencias da situación actual, temos necesariamente que retrotraernos case vinte anos no tempo.
En Outubro de 1996, perdeu a vida un bombeiro nun incendio no garaxe do edificio Viacambre, mentres
parte dos seus compañeiros atendían outro servizo no barrio da Lonia. Nese momento a situación dos
bombeiros era de extrema inseguridade. Ao redor de 60 efectivos, botellas de aire defectuosas, camións
obsoletos, ausencia de protocolos de intervención, etc.
Despois dese tráxico suceso, e grazas á presión sindical, mellórase no servizo cualitativamente e
cuantitativamente. Realízase unha grande inversión en novo material e hai un compromiso por parte dos
traballadores para aumentar o número de gardas e así asegurar un número mínimo de efectivos por
turno. Máis adiante establécese que, once persoas de garda no servizo de extinción de incendios era
aceptable e converteuse nalgo indiscutible.
![Page 2: Pola seguridade dos nosos Bombeiros e Bombeiras e a efectividade do seu traballo](https://reader038.vdocuments.co/reader038/viewer/2022100502/579070a11a28ab68749e6487/html5/thumbnails/2.jpg)
Progresivamente foise aumentando a plantilla ata chegar a 72 efectivos. A partir do Real Decreto 383 de
2008, polo que se establece o coeficiente reductor da idade de xubilación en favor dos bombeiros ao
servizo das administracións e organismos públicos, houbo unha merma considerable na dimensión do
servizo. Esa diminución acentúase segundo vai pasando o tempo, pola ausencia de convocatoria de
oferta pública de emprego, causada pola inexistente tasa de reposición ou polo desinterese da
convocatoria das prazas. A penosas realidade é que os bombeiros xubílanse coa praza. Esta amortización
de postos de traballo, sitúanos cun parque de bombeiros con 54 efectivos, a cifra máis baixa nos últimos
vinte anos.
Ata o de agora foron salvándose as quendas de traballo, pola boa vontade dos bombeiros e bombeiras
que aceptaron, de maneira temporal dobrar gardas. Poren, esta situación estase prolongando máis do
humanamente aceptable, polo que os bombeiros e bombeiras atópanse nunha situación "sen saída". Ou
aceptan seguir dobrando quendas ou o servizo non acada o número mínimo de efectivos. Nesta situación
de coacción, con dúas posibles xubilacións máis en 2016, e sen saber ata cando se vai seguir
postergando unha resolución definitiva, atopámonos hoxe. Aínda dorbrando turnos ou dividindo as
vacacións, medida imposta neste 2015, en moitas ocasions non se chega ao mínimo de once efectivos
por quenda, que no pasado fora indiscutible. Deste xeito, nos meses de verán, entre xullo e agosto,
houbo días nos que as quendas de servizo limitábanse a oito ou nove persoas.
Por outra parte, as condicións dos Bombeiros e Bombeiras de Ourense non estan equiparadas ao resto de
parques de Galicia. Por esta razón son múltiples os escritos e comunicacións que o corpo leva facendo a
esta administración, nos que reivindican melloras laborais, como é a incorporación dos pluses de
nocturnidade e festividade ao complemento específico. Máis dun 20% do seu salario forma parte das
retribucións variables. Isto quere dicir, que un bombeiro cunha baixa de longa duración estaría cobrando
máis dun 20% menos do seu salario.
Porén, o problema do corpo de Bombeiros non é só de persoal, hai unha grande necesidade de materiais
básicos para o correcto desempeño das súas funcións. Como xa informaron a este Concello, non
dispoñen de lanzas de 25 mm de reposto e outros materiais de primeira intervención para retirar os
deteriorados. Ademáis disto, informan da falta de celeridade a hora de entregar equipación persoal para
intervención, falta de diversos materiais de intervención para incendios forestais, incumprimento
sitemático da normativa en materia de prevención de riscos laborais, salubridade e hixiene, ergonomia
laboral, etc....
Sen unha dotación mínima de efectivos e sen unhas condicións mínimas o risco multiplícase
exponencialmente.
O servizo adoece de outras múltiples deficencias, nomeadamente a inexistencia dun regulamento de
funcionamento, de protocolos de actuación e intervención ou na organización interna e de compra de
materiais.
Unha situación de tensións e inestabilidade no parque, complica aínda máis a realidade que día a día
viven os Bombeiros. Os representantes do corpo aseguran que a actitude dos mandos está a ser outra
das causas desta situación. Unha autoridade baixo criterios arbitrarios, que non propicia puntos de
![Page 3: Pola seguridade dos nosos Bombeiros e Bombeiras e a efectividade do seu traballo](https://reader038.vdocuments.co/reader038/viewer/2022100502/579070a11a28ab68749e6487/html5/thumbnails/3.jpg)
encontro e de consenso, son o xermen da incomodidade e o enfrontamento dentro do servizo. Ademáis
dunha estructura que tendeu a ser pouco participativa e falta de mecanismos de diálogo interno.
"Por iso, a quen aspire a liderar persoas, dígolle novamente: sexa humilde.
Non se esforce por dominalos; procure en cambio convocar a súa confianza e respecto."
Warren Bennis
EPÍLOGO
Sobre esta situación de conflito que se está a vivir no parque de Bombeiros do noso Concello, podemos
concluir, que ven causada pola falta de vontade, de diálogo e do establecemento de mecanismos
comunicativos e de consenso dentro do parque. Ademáis, xustamente aí cremos que está a clave da
resolución positiva desta coxuntura, dándolles voz aos bombeiros, escoitando e falando.
Os primeiros interesados en que o parque funcione da maneira máis optima son eles e elas, pola
responsabilidade que asumen e porque día a día arriscan as súas vidas. Merecemos un goberno que estea
a altura dos seus Bombeiros e Bombeiras, que responda coa dilixencia que o fan eles e elas cando se
lles require.
ACORDOS:
1. - Constitución dunha Mesa de Traballo, formada por bombeiros e mandos. Terá como
obxectivos, elaborar un regulamento do servizo, redactar plans e protocolos de intervención,
xestionar as compras e as distintas necesidades, ser un espazo de diálogo e xerador de consensos.
2.- Atención inmediata as demandas laborais, nomeadamente a incorporación dos pluses de
nocturnidade e festividade ao complemento específico.
3.- Cobertura inmediata das prazas de promoción interna de Sarxento e Cabos.
4.- Incremento da plantilla ata recuperar a funcionalidade do servizo.
5.- Convocatoria da praza de Xefe de Servizo.
6.- Reposición dos materiais básicos para o desempeño das súas funcións, cambio do material
deteriorado e adquisición de novo material.
E para que conste aos efectos oportunos Martiño Xosé Vázquez Mato con D.I. , en calidade
de concelleiro e voceiro do grupo municipal de Ourense en Común, asina o presente documento en
Ourense a 30/10/2015
Asdo. Martiño Xosé Vázquez Mato