planificación hidrolóxica red fluvial€¦ · os cañóns do sil e do cabe foron declarados lugar...

4
Páxina 1 O río Miño ten unha conca no territorio español de 18.080 Km 2 (8.288 Km 2 se excluimos o Sil) e unha lonxitude de 315,15 Km. Nace na Serra de Meira, a 700 m de altitude, baixo o Pedregal de Irimia (Meira) e as súas augas afloran na Lagoa de Fonmiñá (A Pastoriza). Os seus primeiros afluentes son o río Pequeno, o Azúmara, o Anllo e o Lea. A unión do Miño cos seus afluentes o Támoga e o Ladra conforman o "Complexo Húmedo de A Terra Chá", un espacio fluvial protexido (LIC LadraTámogaParga) no que destaca a Lagoa de Cospeito, que alberga un grande número de aves acuáticas e especies de flora e fauna de interese prioritario. R ed F luvial Cadernos do Miño-Sil Planificación Hidrolóxica O río Anllo nace en Pena Cadeira, ten perto de 30 Km de lonxitude e unha conca de 139 Km 2 . O Anllo discorre lentamente por A Terra Chá. Á altura de Cospeito, divídese en dous brazos, un deles chamado río Guisande, afundese na Lagoa de Cospeito. O outro brazo desemboca no Miño en Lamas de Xermar. O río Támoga nace na serra de O Xistral. Ten 33,4 Km de lonxitude e unha conca vertiente de 228,5 Km 2 . Tras recibir as augas da Lagoa de Cospeito conflúe no Miño en Outeiro de Rei. O río Ladra nace na Serra da Carba (Vilalba), a 600 m de altitude, e percorre a parte occidental da comarca de A Terra Chá, ate a súa desembocadura en Outeiro de Rei. Con 44,6 Km de lonxitude e unha conca de 2.211 km 2 o principal afluente do Miño no seu cauce alto. M IÑO

Upload: others

Post on 19-May-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Páxina 1

O río Miño ten unha conca no territorio español de18.080 Km2 (8.288 Km2 se excluimos o Sil) e unhalonxitude de 315,15 Km. Nace na Serra de Meira, a 700m de altitude, baixo o Pedregal de Irimia (Meira) e assúas augas afloran na Lagoa de Fonmiñá (A Pastoriza).Os seus primeiros afluentes son o río Pequeno, oAzúmara, o Anllo e o Lea.

A unión do Miño cos seus afluentes o Támoga e o Ladraconforman o "Complexo Húmedo de A Terra Chá", unespacio fluvial protexido (LIC Ladra­Támoga­Parga) noque destaca a Lagoa de Cospeito, que alberga un grandenúmero de aves acuáticas e especies de flora e fauna deinterese prioritario.

Red FluvialCa

derno

sdoM

iño-Si

lPlanificación Hidrolóxica

O río Anllo nace en Pena Cadeira, ten perto de30 Km de lonxitude e unha conca de 139 Km2.O Anllo discorre lentamente por A Terra Chá. Áaltura de Cospeito, divídese en dous brazos, undeles chamado río Guisande, afundese na Lagoade Cospeito. O outro brazo desemboca no Miñoen Lamas de Xermar.

O río Támoga nace na serra de O Xistral. Ten33,4 Km de lonxitude e unha conca vertiente de228,5 Km2. Tras recibir as augas da Lagoa deCospeito conflúe no Miño en Outeiro de Rei.

O río Ladra nace na Serra da Carba (Vilalba), a600 m de altitude, e percorre a parte occidentalda comarca de A Terra Chá, ate a súadesembocadura en Outeiro de Rei. Con 44,6Km de lonxitude e unha conca de 2.211 km2, éo principal afluente do Miño no seu cauce alto.

M IÑO

Páxina 2

Cadernos do Miño-Sil

Á altura de Lugo, o Miño percorreu xa 73 Km pero tras o seupaso por esta cidade, o rio rexuvenece, comeza a encaixarse noterreo e forma cañóns que acadan os 200 metros deprofundidade en Portomarín ou os 400 metros en Os Peares,punto no que recibe as augas dos ríos Sil e do Búbal.

O cauce alto do Miño vese alterado por as presas de Belesar eOs Peares, dous encoros que abarcan unha superficie total de2.500 has e represan máis de 836,5 Hm3 de auga. A partires deOs Peares o Miño dirixe as súas augas a Ourense.

Dende antes de Ourense ate despois de Ribadaviao o cauce doMiño acomodase a unha fosa tectónica da que son testemuñadiversas fontes de augas termais: Burgas, Laias, Barbantes...

O Miño descende pola provincia ourensana, adentrase en terrasde Castrelo de Miño, onde as súas augas son embalsadas polapresa de Castrelo. A continuación recibe as augas do Avia e,pouco despois, incorporanselle pola marxe esquerda osafluentes Arnoia e Deva, os máis importantes deste tramo.

Pasada a comarca vinicola do Ribeiro, comeza o Baixo Miño,onde o río é a fronteira natural entre España e Portugal,prácticamente dende o encoro de Frieira ate a súadesembocadura, en A Guarda. Neste tramo, recibe as augas deafluentes coma O Tea e O Louro. O cauce ralentizase, formandopequeñas illas areosas no Estuario do Miño, declarado Zona deEspecial Protección de Aves (ZEPA) e integrado na RedeNatura 2000 de Galicia.

O río Neira nace a 940 m de altitude, nas proximidades deFonteaneira, na serra de Portelo (Baleira). Ten 56,8 Km depercorrido e unha conca que abarca os 831 Km2.Desemboca no río Miño entre os concellos de Portomarín,O Páramo e Láncara.

O río Arnoia nace na serra de San Mamede (Vilar de Ba­rrio). Ten a conca máis amplia da provincia ourensana, con746 Km2. Percorre, nos seus 93,3 Km de lonxitude, osconcellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Allariz,Cartelle e Arnoia, desembocando no río Miño.

O río Avia nace en Fonte Avia (Avión), na serra de OSuído. Percorre 39,3 km regando unha superficie de 671,3km2. Atravesa as comarcas de O Carballiño e O Ribeiro,uníndose ao Miño en Ribadavia. Augas abaixo do encorode Alvarellos o Avia recibe o aporte do río Arenteiro, o seuprincipal afluente.

O río Tea nace no monte de Mancelo (O Covelo), a 940 mde altura, e percorre o val de Mondariz, unha zona demananciais minero­medicinais. Con 55,6 Km de lonxitudee unha conca de 411 Km2, descende pola comarca de OCondado ate a sua desembocadura, en Salvaterra do Miño.

O río Louro nace en Pazos de Borbén e xúntase co Miñoen Tui, tras percorrer 30,5 Km e drenar unha conca de 156km2. No seu curso baixo atravesa as Gándaras deBudiño, un humedal protexido de gran interés ecolóxico.

SIL

Páxina 3

Cadernos do Miño-Sil

O río Sil ten 233,9 Km de lonxitude e nace na vertente sur deSomiedo (Asturias), a 2.000 m de altitude e descende polascomarcas da Laciana e O Bierzo. O aproveitamento do Sil é intensodesde practicamente o seu nacemento. Numerosos encoros, como ode Las Rozas, Bárcena ou Fonte de Xofre, sucédense ao longo depercorrido. O Sil entra en Galicia á altura de Puente de DomingoFlórez, por un canón escavado en roca calcárea entre A Enciña daLastra e os Montes Aquilianos, onde se represa no encoro dePeñarrubia.

Dende a confluencia do Sil co río Lor, en Augasmestas, até a súaunión co Miño en Vos Peares, o Sil percorre as terras de Lugo eOurense encaixado en cañóns que ha ir abrindo entre a rocha e quenalgunhas zonas acadan os 500 m de altura. Practicamente todo otramo está embalsado con fins de produción eléctrica.O Sil é o principal afluente do Miño e, na súa confluencia con ésteen Os Peares, aporta 184 m3/s, mentres que o Miño leva ate esepunto 102 m3/s.

O Sil e a súa contorna ten un gran interese xeolóxico (pliegues,cañóns, rápidos, planicies aluviais), paisaxístico e ecolóxico, polacombinación de especies atlánticas e mediterráneas, bosques deribeira e zonas rochosas onde se pode ver unha interesante avifauna.

Os cañóns do Sil e do Cabe foron declarados Lugar de IntereseComunitario (LIC) e integrados na Rede Natura 2000 de Galicia.

A súa protección abarca tamén os afluentes Carabelo, Cinsa e Mao eos vales e bosques de O Incio.

O río Bibei, principal afluente do Sil, nace na vertentezamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altitude. Ten unpercorrido de 97,9 Km, atravesando a comarca de Terra deTrives até desembocar no Sil en Montefurado, onde seobserva un túnel escavado polos románs na rocha paradesviar o Sil e así extraer o ouro da zona.

Dende Viana do Bolo ate a súa unión co Sil, o Bibeidescurre por un canón de 40 Km de lonxitude e ate 500 mde profundidade que foi aproveitado para a producciónhidroeléctrica en encoros coma o de O Vao.

O río Navea nace no Macizo Central ourensán e xuntaseco Bibei perto da súa desembocadura no Sil. Ten unhalonxitude de 46,4 km e 253,64 km2 de superficie de conca.O seu tramo alto conforma o “canón do Navea”, un valcuberto de bosques de carballos negros de grande intereseecolóxico.

O río Lor nace en O Cebreiro, a máis de 1.200 m dealtitude. Percorre ó largo de 53 Km a serra de O Courel edesemboca no Sil en Augasmestas, entre Quiroga e Pobrado Brollón. O Lor discurre case sempre encaixado e no seucauce sucedense rápidos e pequenas fervenzas, entreriberas escarpadas cubertas de vexetación autóctona.

O río Cabe nace en Fontes (O Incio), a 960 m de altitudee ten 55,1 km de lonxitude. No seu curso alto, baixaencaixado, despois dun percorrido sinuoso pola depresiónde Lemos e no seu último tramo, forma un cañón rochosode grande beleza, integrado na Rede Natura 2000 deGalicia en dous espazos: LIC Río Cabe e LIC Cañóns doSil.

Páxina 4

L IMIA

MÁIS INFORMACIÓN:Confederación Hidrográfica do Miño­Sil (2012). Plan Hidrolóxico 2010­2015 dla parte española da Demarcacion Hidrográfica doMiño­Sil. URL: www.chminosil.es

Cuadernos del Miño-Sil

O río Limia nace no Monte Talariño (Sarreaus) no límite occidental dadepresión de Antela. Ten unha lonxitude de 108 Km e, na súa parteespañola, percorre, ao longo de 77,6 km, a planicie da Limia Alta e acomarca da Baixa Limia, onde amplos vales altérnanse con suavespendentes e zonas de vales profundos e encaixados, como sucede enBande, Lobios ou nas proximidades da fronteira con Portugal, zonas nasque se construiron os encoros das Cunchas, Salas (río Salas) e Lindoso. Asuperficie da parte española da conca ascende a 1.326 Km2.

A súa canle principal foi canalizada na zona da antiga Lagoa de Antela. Aplanicie do terreo favoreceu o asentamento de plantas acuáticas e bosquesde ribeira que serven de hábitat a multitude de especies de aves, anfibios einsectos.O cauce do río Limia está protexido na “Veiga de Ponteliñares” e noParque Natural de “Baixa Limia­Serra do Xurés”. A partires daincorporación do río Salas, o Limia discurre máis afundido no terreo erecibe, pola marxe esquerda, ó río Lobios, procedente da serra do Xurés e,pola marxe dereita, as augas do río Agro.

O río Caldo nace na serra de Cruz de Piñeiro, a800 m de altitude. Recibe o seu nome da surxenciade augas termais que se produce no seu cauce e queson aproveitadas con fins medicinais.

A 6 Km de Lobios atópanse os Baños de Bande,uns manaciais que brotan no mesmo leito do río, oque os fai aproveitables cando descende o nivel dasaguas do río.

O río Salas, con 37 Km. de lonxitude, é o afluentemáis importante do Limia. Nace nos montes deBaltar (Larouco) e está embalsado pola presa doSalas.

O río Laboreiro nace en Portugal e durante unhagran parte do seu percorrido fai fronteira coconcello de Entrimo. Xúntase co Limia no encorode Lindoso.