plan de preparaciÓn Á pandemia de gripe na residencia de axud… · 3. dotar de material...

5
Edificio Administrativo de San Lázaro 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: 881542930 - Fax: 881542970 www.sergas.es PLAN DE PREPARACIÓN Á PANDEMIA DE GRIPE NA RESIDENCIA Esta é simplemente unha guía para que vos axude a elaborar o plan de preparación á pandemia de gripe. 0. Obxectivos 1. Creación dun COMITÉ DE CRISE na residencia e establecemento das súas responsabilidades e funcións: a. Servizo Médico 1. Relación cos distintos departamentos do centro na preparación do plan. 2. Coordinar a elaboración do documento do plan. No momento da pandemia o servizo médico pode estar sobresaturado de traballo asistencial polo que debe pensarse nunha persoa alternativa que nese momento coordine que todo o plan funciona. b. Dirección Comunicar os casos e/ou abr c. Administración Levar a cabo a avaliación diaria do estado persoal e das necesidades durante a pandemia de gripe. d. Enfermería 1. Extremar o cumprimento das medidas hixiénicas para o control da infección. 2. Administrar as vacinas e a quimioprofilaxe aos residentes e traballadores. 3. Garantir a existencia de todos os medicamentos e material sanitario necesario. e. Traballadora social Comuniarse coas familias e informarlles da situación da pandemia en cada momento. f. Gobernantía 1. Extremar as medidas hixiénicas nas tarefas de limpeza e no servizo de comidas. 2. Xestionar a eliminación do material desbotable tras limpar as zonas de illamento de pacientes con gripe pandémica. g. Cociña

Upload: others

Post on 10-Aug-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PLAN DE PREPARACIÓN Á PANDEMIA DE GRIPE NA RESIDENCIA de axud… · 3. Dotar de material necesario a zona de triaxe (máscaras, luvas, panos desbotables, solucións para o lavado

Edificio Administrativo de San Lázaro 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: 881542930 - Fax: 881542970 www.sergas.es

PLAN DE PREPARACIÓN Á PANDEMIA DE GRIPE NA RESIDENCIA

Esta é simplemente unha guía para que vos axude a elaborar o plan de preparación á pandemia de gripe.

0. Obxectivos

1. Creación dun COMITÉ DE CRISE na residencia e establecemento das súas responsabilidades e funcións:

a. Servizo Médico 1. Relación cos distintos departamentos do centro na preparación do

plan.

2. Coordinar a elaboración do documento do plan.

No momento da pandemia o servizo médico pode estar sobresaturado de traballo asistencial polo que debe pensarse nunha persoa alternativa que nese momento coordine que todo o plan funciona.

b. Dirección Comunicar os casos e/ou abr

c. Administración Levar a cabo a avaliación diaria do estado persoal e das necesidades durante a pandemia de gripe.

d. Enfermería

1. Extremar o cumprimento das medidas hixiénicas para o control da infección.

2. Administrar as vacinas e a quimioprofilaxe aos residentes e traballadores.

3. Garantir a existencia de todos os medicamentos e material sanitario necesario.

e. Traballadora social

Comuniarse coas familias e informarlles da situación da pandemia en cada momento.

f. Gobernantía 1. Extremar as medidas hixiénicas nas tarefas de limpeza e no servizo

de comidas.

2. Xestionar a eliminación do material desbotable tras limpar as zonas de illamento de pacientes con gripe pandémica.

g. Cociña

Page 2: PLAN DE PREPARACIÓN Á PANDEMIA DE GRIPE NA RESIDENCIA de axud… · 3. Dotar de material necesario a zona de triaxe (máscaras, luvas, panos desbotables, solucións para o lavado

Edificio Administrativo de San Lázaro 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: 881542930 - Fax: 881542970 www.sergas.es

1. Garantir as medidas de control da infección como uso de máscaras, luvas para elaborar e emprata-los pratos de comida, lavado frecuente de mans, etc.

2. Extremar as medidas hixiénicas no lavado das superficies e da louza e cobertería.

h. Almacén Garantir o subministro de material na cantidade suficiente segundo as estimacións necesarias e tardanza na chegada dos pedidos: vacinas, soros, antibióticos e outros medicamentos, etc.

i. Mantemento 1. Realizar cambios de camas, traslados das mesmas ou arranxalas se

fose preciso.

2. Xestionar a entrega e a eliminación de todo o material desbotado que se considere potencialmente contaminado co novo virus da gripe A: máscaras, luvas, gorros, contedores amarelos de material biolóxico, etc.

2. Medidas de Vixilancia para impedir a introdución e a diseminación do virus na residencia e manexo dos casos

a. Medidas de identificación precoz da gripe pandémica na residencia 1. Coñecer a definición de caso de gripe pandémica que será difundida

pola DXSP.

2. Comunicar no momento que aparezan os primeiros casos que cumpran a definición de caso.

b. Protocolos empregados na triaxe dos pacientes da residencia que enferman e zona de triaxe 1. Planificar a ubicación dos pacientes con gripe que deberán estar

separados dos que non teñan gripe.

2. Señalizar axeitadamente a zona de triaxe.

3. Dotar de material necesario a zona de triaxe (máscaras, luvas, panos desbotables, solucións para o lavado de mans, etc).

c. Criterios de triaxe Seguir as guías clínicas.

Nota: Pode axudar o que fixeron os hospitais nos pilotos de preparación á pandemia.

3. Medidas de control da infección

a. Impedir a diseminación da infección na residencia. Illamento dos enfermos (establecemento de illamento por cohortes)

Page 3: PLAN DE PREPARACIÓN Á PANDEMIA DE GRIPE NA RESIDENCIA de axud… · 3. Dotar de material necesario a zona de triaxe (máscaras, luvas, panos desbotables, solucións para o lavado

Edificio Administrativo de San Lázaro 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: 881542930 - Fax: 881542970 www.sergas.es

Planificar zonas de gripe en cada residencia para redistribuír os casos de gripe que vaian aparecendo. Terase en conta como se fará o illamento dos enfermos, como se evitará o acceso a esas zonas aos residentes e aos visitantes, como se sinalizarán as zonas de paso.

b. Administración dos antivirais ao persoal e aos residentes Planificar a distribución de antivirais dentro da residencia de acordo coas recomendacións e priorización de uso que dite en cada momento a DXSP.

c. Administración da vacina Planificar a administración de vacinas dentro da residencia de acordo coas recomendacións e priorización de uso que dite en cada momento a DXSP.

d. Métodos de control da infección 1. Equipos de protección individual (EPI):

1. Formación do persoal no manexo dos EPI: máscaras, luvas, bata, mandís, gafas e respiradores FFP2.

2. Condicións de uso, cambio e aprovisionamento dos EPI e localización.

3. Uso de máscaras polo persoal sanitario e de respiradores FP2 no caso de manobras invasoras ou que produzan aerosois.

2. Lavado de mans: auga e xabón ou solucións hidroalcohólicas

1. Como debe facerse.

2. Onde estarán situados os puntos para o lavado ou solucións.

3. Limpeza de habitacións e outras zonas da residencia.

4. Xestión da roupa e lavandería.

5. Xestión dos utensilios de cociña.

Pódese consultar información sobre todas estas medidas na páxina web da DXSP e na do CDC.

e. Establecer as medidas de illamento e o manexo dos contactos dos casos

f. Control das visitas Restrinxiranse as visitas ao mínimo posible e no caso onde non se poidan restrinxir farase uso das medidas de barreira protectoras e de hixiene de mans e respiratoria.

Pódense colocar carteis de como facelo nos puntos onde estean colocados os lavabos ou ben as solucións hidroalcohólicas, as luvas e as mascariñas.

Page 4: PLAN DE PREPARACIÓN Á PANDEMIA DE GRIPE NA RESIDENCIA de axud… · 3. Dotar de material necesario a zona de triaxe (máscaras, luvas, panos desbotables, solucións para o lavado

Edificio Administrativo de San Lázaro 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: 881542930 - Fax: 881542970 www.sergas.es

Pódese consultar información sobre todas estas medidas na páxina web da DXSP e na do CDC.

g. Protocolos a seguir para o control da infección na residencia

4. Capacidade de resposta ante á emerxencia que pode supoñer a pandemia para a residencia

a. Calcular as necesidades de medicamentos e material sanitario que podería facer falta 1. Elaborar unha lista co material e cantidade necesaria.

2. Planificar como se faría o aprovisionamento, onde podería almacenarse o citado material, quen o subministraría e quen o financiaría.

b. Calcular as necesidades de víveres e produtos hixiénicos. E explicar posibles alternativas ante unha situación de escaseza 1. Definir os provedores.

2. Facer un listado cos víveres necesarios.

3. Determinar onde se almacenaran.

c. Xestión do persoal 1. Dispoñer de persoal para o cambio de quendas e/ou contratar mais

persoal.

2. Describir as estratexias para incrementar o persoal en caso de escaseza. Terase en conta a posibilidade de ampliar o horario de traballo e/ou adaptar as quendas.

3. Calcular a previsión das persoas que farían falta na situación de pandemia sen contar o absentismo que orixinaría dita situación.

4. Plan de formación de normas básicas de vixilancia e control da infección polo virus de gripe pandémica dirixido ao novo persoal.

5. Definir a estratexia de comunicación:

a. Comunicación ao persoal, residentes e familiares das consecuencias e das medidas de prevención e control básicas para unha pandemia de gripe

b. Comunicación coa DXSP e con Asuntos Sociais Establecer un protocolo interno de comunicación áxil, sinxelo e fiable.

c. Comunicación interna cos traballadores 1. Establecer a carteleira na que consten as medidas de control da

infección .

2. Redactar as cartas para informar ao persoal das distintas medidas de actuación que deberán adoptar.

d. Comunicación cos familiares dos residentes

Page 5: PLAN DE PREPARACIÓN Á PANDEMIA DE GRIPE NA RESIDENCIA de axud… · 3. Dotar de material necesario a zona de triaxe (máscaras, luvas, panos desbotables, solucións para o lavado

Edificio Administrativo de San Lázaro 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono: 881542930 - Fax: 881542970 www.sergas.es

Planificar a información oral ou por carta da situación da pandemia na residencia, da situación dos seus familiares, dos falecementos que se produzan, etc.

e. Deseño das cartas e comunicados

6. Política mortuoria Planificar o manexo dos falecidos por causa da gripe pandémica na residencia: manexo de cadáveres. áreas específicas para dolo, contacto con empresas funerarias, etc.

7. Identificar e xestionar os asuntos ético-legais que poidan surxir na relación coa pandemia na residencia.