plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da rede museística provincial de lugo

29

Upload: pilar-sanchez-proxectos

Post on 20-Feb-2017

22 views

Category:

Art & Photos


3 download

TRANSCRIPT

PLAN DE MUSEOS, XÉNERO, ARTE,EDUCACIÓN E IGUALDADE

DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO

INTRODUCIÓN

Museos para todxs entre todxs

O Plan de Museos, Xénero, Arte, Educación e Igualdade

na Rede Museística Provincial de Lugo

: : Coordenadas

A Rede Provincial de Lugo, dependente da Área de Cultura da Deputación de Lugo, está formada por catro museos que cobren gran parte do territorio da provincia lucense. No Norte, na Mariña, encrávase o Museo Provincial do Mar en San Cibrao, Cervo. No Sur, na Ribeira Sacra, o Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos. Na zona centro, emerxe o Museo Fortaleza San Paio de Narla polas terras de Friol e, finalmente, no mesmo centro do casco histórico da capital localízase o Museo Provincial de Lugo. Cada museo posúe a súa propia identidade e carácter, pero, ao mesmo tempo, os catro traballan en rede dentro dun modelo de xestión que fomenta vínculos e aproveita os recursos, dunha forma sostible e responsable.

: : Responsabilidade social

Pero, responsable con que? Desde 1946 á actualidade, o ICOM (Consello internacional dos Museos) vén actualizando a definición de museo para que corresponda coa realidade da comunidade museística mundial. Na máis recente transcende a necesidade de colocar a persoa no centro da acción museística.

“Instituciones permanentes, sin fines de lucro, al servicio de la sociedad y su desarrollo, abiertas al público y que conserva, investiga, difunde y exhibe el patrimonio material e inmaterial de las personas y su entorno con fines de estudio, educación y deleite”

A xestión da Rede Museística Provincial de Lugo traballa para que esta definición sexa unha realidade, actuando con base en tres premisas: ética, técnica e empatía.

: : Ética, técnica e empatía

Ética para asumir a súa responsabilidade –e non só a súa función– social e afastarse de hipóteses e mensaxes teóricas que se quedan en meros propósitos. Esta conduta implica que o modelo de xestión debe ser de dobre dirección e impregnar a toda a estrutura da institución que actúa, á súa vez, como motor de desenvolvemento da comunidade.

Técnica, porque a transformación debe seguir unha metodoloxía onde o museo explore con rigor científico as liñas da museoloxía social, nun continuo reflexionar, facer, avaliar, corrixir e volver a facer.

Empatía, porque esta responsabilidade social capacita o museo como mediador, como punto de encontro entre o patrimonio e a cidadanía e fainos actores indispensables do seu diálogo cultural. Este diálogo permite que se constrúa unha comunidade de artistas, asociacións, educadores, escolares, familias e público, en xeral, que descobre nos museos un lugar para o debate, a reflexión, a divulgación e o desenvolvemento integral das persoas.

Neste diálogo comunidade/museo, o contido patrimonial reactívase e ofrece novas lecturas, manténdose vivo e fomentando o desenvolvemento social do territorio.

: : Museos de comunidade

Pero, falamos de responsabilidade, responsabilidade con quen? con todos e todas, na súa diversidade cultural e social, xeográfica, xeracional e educativa. Co firme empeño de ser

museos accesibles, de ser museos de comunidade, o que implica que o traballo debe estar planificado de acordo con programas para e coa colectividade, con obxectivos a medio e longo prazo que incidan na difusión, conservación e estudo de toda a nosa riqueza cultural, artística e patrimonial, en clave de cooperación e diálogo. É con este convencemento co que a Rede desenvolva o seu Plan xeral de Igualdade.

E para iniciar esta transformación, o primeiro paso é realizar unha análise profunda da situación en perspectiva de xénero sobre o territorio. Neste punto a Rede formúlase: cal é o papel da muller creadora en Galicia? Que difusión ten o seu traballo nos espazos culturais, nas mencións, bolsas e premios? Como cala o pensamento feminista de finais de século XX no tecido cultural e social do país? De que forma a muller pode desenvolverse como investigadora e participante do progreso desta sociedade? E, nos museos da Rede, que mensaxe envían as súas coleccións? Como é a súa comunidade creativa, social e investigadora? Que diálogo inclusivo establecen entre os seus contidos museísticos e a súa comunidade? Escóitanse outras voces? De que forma actuamos para/coa colectividade?

A xestión da Rede dálles resposta a estas cuestións cun modelo de xestión sustentado en tres chanzos: coñecer, escoitar e reaccionar.

: : Xestión para todos e todas

Citando a Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, “a diferenza entre unha xestora e unha soñadora é ter un plan”. Ter un plan esixe investigar e cuestionarse, continuamente, o modelo de xestión. É formularse se a misión do museo responde dunha forma real a este compromiso coa sociedade. É facer preguntas e atender as respostas antes de pasar á acción. É avaliar os resultados e corrixir as desviacións para volver a facer. É “desinstitucionalizar” a programación.

Onde comeza todo? Ímonos vinte anos atrás, tempo anterior á materialización da Rede, cando como responsable do Departamento de Didáctica se formula, xa, estes razoamentos, chegando á firme resolución de iniciar un cambio real que identifique o museo coa súa misión, dunha forma práctica, máis alá da teoría.

O auténtico suxeito axente desta transformación é o Departamento de Didáctica, como eixe transversal das funcións do museo, como campo de exploración de conflitos e cultivo de solucións. Tamén, porque un modelo de xestión que formula que o motor do cambio é a comunidade, entende, tamén, que a comunidade comeza ao traspasar a porta da institución e que, por tanto, todo o seu equipo humano debe estar implicado. De acordo con esta formulación, a xestión da Rede proponse, como premisa persoal, planificar desde a colectividade, desde o activismo cultural. Esta actitude converte os museos da Rede en espazos vivos para a inclusión, para o desenvolvemento cultural da cidadanía, para construír e compartir cultura.

A metodoloxía de actuación é clara: facer, reflexionar, avaliar e corrixir e, por suposto, volver a facer.

: : Xestión en feminino

E quen xestiona esta Rede? Unha muller, Encarna Lago. E por tanto, se estamos falando dun Plan de Xénero e Igualdade, que importancia ten esta xestión en feminino? A súa importancia radica na elección que toma entre os dous modelos para seguir: ou ben desfibrilar e manter vivos os arquetipos anacrónicos do patriarcado ou ben xestionar desde o activismo cultural, onde a inclusión das artistas, as investigadoras, as comisarias, as axentes sociais constitúa o punto de partida para a construción dun Plan de Xénero e Igualdade. Porque a transformación debe comezar por un mesmo, por non estancarse en posicións acomodaticias

e promover un movemento que se interrogue continuamente: Que? Como? Por que? Para quen? Onde? Cando?

Mirar a arte cunha perspectiva de xénero permite ter unha visión global sobre as diferenzas que para homes e mulleres supón o ámbito artístico. Visibilizar a contribución das mulleres ao mundo das artes supón reinterpretar a historia, cuestionar os discursos institucionais e incorporar novas propostas que dean como resultado a transformación da mirada sobre o noso mundo.

: : Posibilitar - Visibilizar

Falamos, entón, de posibilitar, de provocar a interacción e a creación a partir do diálogo coas coleccións, convertendo a Rede nunha plataforma de visibilidade, con cerca de 400 proxectos de mulleres desenvoltos ata a actualidade.

Con esta premisa nace Arte de ser muller nun mundo por compartir 2.0, que conta xa con varias edicións, onde se ofrecen os espazos públicos para a visibilidade e lexitimación da muller artista partindo da inclusión. Recordemos que falamos de museos ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento cultural. Este proxecto parte dun plan de longo percorrido e, en coherencia coa misión da Rede, foxe da política de efemérides de actividades segmentadas e illadas, sen planificación. Así que rompe coa etiqueta de ser un evento do “mes da muller”, para converterse nun proxecto de traballo continuado no tempo.

Pero ao igual que a sociedade, os programas tamén evolucionan e deste proxecto brotan outros, como ramas dunha mesma árbore. Así resulta, en 2014, Olladas de Muller sobre a Guía Postal de Maruja Mallo, unha exposición heteroxénea, en canto a discurso e linguaxes (performance, pintura, fotografía, vídeo, instalación), que nos cuestiona, a partir do cadro da artista lucense, a nosa mirada sobre o territorio. Participan nela: Mónica Alonso, Carla Andrade, Mónica Cabo, Carolina Cruz Guimarey, Xisela Franco,

Carmen Llonín, Paulova e o Colectivo Tanuki (Nieves Neira e Cristina Sánchez) e Vari Caramés. A exposición, comisariada por Ánxela Caramés e coordinada por Ana Etchevarría, formou parte do Festival Miradas de Mulleres 2014, organizado por MAV, Asociación de Mulleres nas Artes visuais e coordinado no ámbito galego por Paula Cabaleiro.

Olladas de Muller sobre… é, tamén, unha convocatoria aberta onde a comunidade artística presenta as súas propostas en formato dixital para, unha vez seleccionadas, ser difundidas desde a plataforma da Rede.

: : Acción, reflexión, reacción

Esta vía aberta á investigación e creación sobre a forma de ver e de entender o noso mundo, desde una perspectiva de xénero, provoca unha reacción ao ano seguinte co proxecto Olladas. A miña familia, a partir da obra Retrato da miña familia, de Julia Minguillón. Nesta ocasión, 47 artistas, 47 miradas diferentes comunícannos a súa forma de entender a familia e a muller na construción da sociedade, ao longo do tempo, e como un sentimento común no desenvolvemento vital de todo individuo.

Outros proxectos vanse reactivando dentro deste plan global por iniciativa da propia Rede ou de certos colectivos, a partir da posta en marcha desta programación en igualdade.

Como os museos son espazos de memoria, as actividades relacionadas coa súa recuperación, -unha parte máis da conservación do noso patrimonio- son unha gran ferramenta para revisar e investigar sobre a evolución dos modelos de xénero. Neste campo levouse a cabo, como actividade periódica, nos catro museos da Rede, Álbum da memoria compartida, dirixida a persoas maiores e persoas con Alzheimer e que realizan xunto aos seus coidadores.

: : Traballar desde o facer

Ao igual que noutros ámbitos da nosa sociedade, nos museos tamén se recolle a representación dos roles de xénero. Como reflexionar sobre iso para que sexa motor de cambio? Desta cuestión nace Quen lle dá a volta á tortilla?, un proxecto en colaboración co Museo de León e o Museo de Belas Artes de Murcia, onde, a partir dunha estratexia educativa, se revisan os arquetipos de xénero que asoman no discurso das súas coleccións. Un programa global que abarca o campo da investigación, a didáctica, a acción social e a creación, nun proceso comunicativo e de intercambio entre artistas de diferente procedencia. Participan como creadores en rede neste proxecto: Noa Persán, Iago Eireos, Paula Cabaleiro, Amancio González, Nadir, Esther Santás, Chelete Monereo, Sergio Sotomayor e Ana Martínez.

Non é o único exemplo. As dúas edicións que se levan celebrando do Congreso Xénero, Museos e Arte, en 2013 e en 2015, representan, tamén, a posta en práctica dos obxectivos do Plan de Igualdade da Rede como construción de foros de debate e investigación sobre a presenza da muller na arte, na xestión, na universidade, na experiencia didáctica e, como bloque engadido no último ano, nas migracións. Profesionais da museoloxía, da crítica, a docencia, artistas, axentes sociais e público en xeral participan nun encontro horizontal, dinámico, aberto á exposición de experiencias e de modelos inclusivos en todos os ámbitos nos que se desenvolva o museo: artístico, museolóxico, social e educativo.

En coherencia con ese concepto de traballar en programación a curto e longo prazo, xa se está traballando para a terceira edición que incluirá o transxénero como tema para visibilizar.

Non son actividades illadas. Son espazos de reflexión que sacan conclusións, provocan cambios, inducen á acción e se

retroalimentan doutros proxectos e colaboracións en rede.

: : Redes enredadas

Un Plan de Igualdade de Xénero debe contaxiar e sumar. Neste tempo, a Rede creou unha extensa rede de colaboradores multidisciplinares, composto por xestoras culturais, comisarias, comunicadoras, axentes sociais, investigadoras e críticas. Por colectivos sociais que pensan o museo como unha prolongación da súa identidade cultural e buscan nel un espazo de expresión e desenvolvemento. E, por suposto, por artistas.

Un modelo de xestión en rede supón multiplicar exponencialmente ese “contaxio” e provoca que o terceiro sector tome a iniciativa e se una ao Plan de Igualdade, xerando recursos para a cidadanía e lazos co museo. Este é o caso de Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo, un proxecto de creación compartida coordinado por Encarna Lago e Pilar Sánchez. Das coleccións dos catro museos, homes e mulleres seleccionan a obra que dará pé a un relato, co que homenaxean a figura feminina relacionada coa súa propia experiencia vital. Recóllense así textos, fotografías, vídeos e todo tipo de formas de expresión cos que, os e as participantes, ofrecen a súa particular lectura dos contidos museísticos. Actúa, entón, o patrimonio como axente inclusivo, que activa a reflexión nun exercicio de memoria conservada, en clave de xénero.

Esta programación favorece que os museos sexan espazos de expresión de diversos colectivos. No caso de Mulleres en… participaron diversas asociacións como: ALUME, ASPNAIS, Asoc. de Mulleres Redeiras “Cabo Burela”. Asoc. de Mulleres de San Cibrao, A Mariña COGAMI, AFAMON, AUXILIA e o Centro de Información da Muller do concello de Monforte, cos que, á súa vez, se van xerando outras tantas iniciativas, que eles mesmos propoñen.

É así, como en 2014, discorre Diálogo Intercultural: Lugo-Arxentina, como froito da relación coa Asociación Rioplatenses en Lugo e outras asociacións culturais, no que se integra o proxecto Mulleres de aquí e dacolá, onde se visibiliza o papel da muller na migración, como portadora e salvagarda de identidade cultural, e resalta o intercambio cultural que se leva realizando desde hai séculos entre os dous territorios.

Este mesmo programa expándese en diversos diálogos que inclúen a diversidade relixiosa, xeográfica e cultural da comunidade lucense. Podemos falar entre todos, do proxecto Dominicanas que se relaciona, á súa vez, co bloque Plántalle cara ao maltrato, un tema transversal en todos os programas da Rede. Unha valiosa ocasión para darlles voz e escoitar o colectivo de mulleres que forma parte da nosa sociedade.

A Rede, tamén, forma parte de iniciativas de programación conxunta entre museos que teñen como obxectivo traballar en pro de ser máis abertos e responsables. Neste intercambio de experiencias e recursos podemos poñer como exemplo NÓS + Outras: En Rede, un proxecto común de cooperación internacional co Museo Thyssen-Bornemisza que se produce como continuidade a Olladas. A miña familia. Artistas, colectivos e asociacións de mulleres, departamentos de didáctica de museos de diferentes países únense para construír un espazo de creación en feminino. Unha vez máis, o detonante transformador son os talleres didácticos que provocan unha onda expansiva de reflexión sobre as cuestións de xénero, a educación en valores, as campañas contra o maltrato e o diálogo intercultural e interrelixioso.

É por isto que este modelo de xestión establece relacións con aquelas entidades que desenvolvan programas contra a exclusión. A colaboración con ONG xera un compromiso para que persoas integradas nos seus programas se incorporen aos proxectos da

Rede, completando a súa formación e sumando oportunidades de futuro.

: : MAV

Tamén en plataformas profesionais de creación e debate como MAV, Asociación de Mulleres nas Artes visuais, a xestión da Rede está presente. MAV é un observatorio de boas prácticas en política cultural, que se preocupa por mostrar a forza da creación das mulleres e da arte como análise da desigualdade e incidencia sobre a realidade.

Participa así, tanto nos seus foros como na súa Xunta Directiva, dun interese común por facer cumprir a Lei de igualdade no seu artigo 26, referido á igualdade no ámbito da creación e produción artística e intelectual e a súa difusión, onde as administracións públicas deben velar e tomar medidas para facer efectivo o principio de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes. Na elección da Rede como participante da súa Xunta Directiva, a asociación destacou a súa credibilidade en cumprir o seu Plan de Xénero.

Unha da súas ferramentas para poñer en práctica é a Bienal Miradas de Mulleres 2016, unha nova volta sobre as anteriores edicións do Festival Miradas de Mulleres, que tamén tivo a súa sede nos museos da Rede.

A Rede pon en práctica o concepto de museo segundo o ICOM a través dun programa planificado, en continúa avaliación que xera e alimenta novos proxectos e redes. Pero o auténtico motor son as persoas, a comunidade social, educadora e artística, indispensables para que o Plan de Xénero e Igualdade sexa efectivo e unha arma para o cambio.

Esta proposta pretende configurar desde os museos unha rede de vertebración e difusión de actividades que, baixo unha perspectiva de xénero, se desenvolvan dentro do ámbito das artes e do patrimonio.

Desde a Rede Museística Provincial consideramos esencial a comprensión e a visibilización da diversidade de xénero, como medio necesario para acadar a excelencia no ámbito da arte, da cultura e da educación. Temos que educar, sensibilizar e promover os valores de igualdade dentro das áreas de cultura e museos.

A Lei de Igualdade, no seu artigo 26, propón actuacións para que as mulleres combatan a súa discriminación no ámbito da creación e produción artística e intelectual.

Para acadar o obxectivo é imprescindible habilitar as canles necesarias para o diálogo social, establecendo colaboracións con institucións, asociacións ou colectivos sociais que compartan os mesmos criterios de igualdade.

As artes visuais constitúen un medio idóneo para a reflexión e o debate, así como para acadar a igualdade real e efectiva de mulleres e homes en todos os ámbitos, tanto públicos como privados.

A Rede Museística intervirá como mediador neste diálogo coa sociedade, recollendo e canalizando todas aquelas iniciativas e suxestións que se propoñan en relación a este tema.

A forza renovadora e creativa das mulleres, debe dirixirse a unha colaboración para fomentar e desenvolver o seu empoderamento nas áreas de cultura, museos e educación.

De acordo con esta filosofía, vaise desenvolver, ao longo do presente ano, o seguinte programa:

PROGRAMA

: : XaneiroExposicións:

• OLLADAS ITINERANTES. VV.AA. (Todo o mes nos museos da rede).

• INHERENTES. Tamara Wassaf (Nos museo de Rede e no Museo Arqueolóxico de Cacabelos, León).

Obradoiros:

• Todas a semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos e Senior).

• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-Bornemisza).

Outras Actividades:

• Participación na selección de proxectos de xenero e arte en feminino.

• Participación na xunta directiva do MAV (Mulleres nas Artes Visuais), a través da xerente da Rede.

: : FebreiroExposicións:

• OLLADAS ITINERANTES. VV.AA. (Todo o mes nos museos da rede).

Obradoiros:

• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-Bornemisza).

• Todas a semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos e Senior).

• Obradoiros complementarios da exposición “ABRINDO A SALA DO TESOURO. FISURAS NA VITRINA”.

• ONDE SE AGOCHA A DAMA?.

• A VISITA DA MOURA.

• TALLER DA ARTISTA Ana DMatos: AS MÁSCARAS DOS ANIMAIS FOLLA.

PROGRAMA MES DE ROSALÍA DE CASTRO

• 2 de febreiro ás 17:30 horas: “A viaxe de Rosalía” espectáculo a cargo de Larraitz Urruzola. Sala de Exposicións da Deputación.

• 15 febreiro: envío a todos os colexios da unidade didáctica “FOLLAS NOVAS, NOVAS FOLLAS”.

• Do 22 de febreiro ao 22 de marzo: Exposición Airiños Airiños Aires de Rosalía de Castro, Sala de Exposicións da Deputación.

• OBRADOIROS INTERXENERACIONAIS : ROTEIROS.

• 24 de febreiro: acto polo Día de Rosalía. Maratón de lectura nos museos da Rede Museística.

• CANTARES GALLEGOS: Obradoiro de cantigas tradicionais. Lectura de poemas e recollida de cantigas locais. Transcripción, impresión e collage.

• “Rosalía nas ondas”: Musicalización dun poema de Rosalía e creación dun videoclip de participación colaborativa.

• “Ausencias presencias”: Obradoiro colaborativo no que a través das redes sociais os usuarios compartirán con nós imaxes de lugares ou obxectos, cargados de ausencias, pero tamén da

memoria das mulleres do noso pasado, as “Rosalías” que marcaron as nosas vidas.

Outras Actividades:

• Incorporación do programa á Bienal de MAV.

: : MarzoExposicións:

• NÓS+OUTRAS EN REDE:3 de Marzo ás 12:00 da mañá en Lugo.2017 no Museo Thyssen-Bornemisza

• OLLADAS ITINERANTES. VV.AA. (Todo o mes nos museos da rede).

Obradoiros:

• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-Bornemisza e museos Americanos).

• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos e Senior).

• “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.

Outras Actividades:

• 3, 8, 9, 11 e 12 de marzo, III Congreso Xénero, Museos, Arte e Educación.

: : AbrilObradoiros:

• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-

Bornemisza).

• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos e Senior).

• “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.

: : MaioObradoiros:

• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-Bornemisza).

• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos e Senior).

• “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.

: : XuñoObradoiros:

• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-Bornemisza).

• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos e Senior).

• “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.

Outras Actividades:

• Curso Formación profesorado en colaboración co Centro de

Formación do Profesorado : Museos, Educación e Igualdade.

: : XulloObradoiros:

• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-Bornemisza).

• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos e Senior).

• “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.

: : AgostoObradoiros:

• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-Bornemisza).

• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos e Senior).

• “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.

: : SetembroObradoiros:

• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-

Bornemisza).

• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos e Senior).

• “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.

: : OutubroObradoiros:

• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-Bornemisza).

• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos e Senior).

• “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.

: : NovembroObradoiros:

• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-Bornemisza).

• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos e Senior).

• “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.

Outras Actividades:

• 25 de Novembro, Xornadas “Plántalle caro ao maltrato”.

: : DecembroObradoiros:

• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-Bornemisza).

• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos e Senior).

• “A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.

Outras Actividades:

• 3 de decembro, Museo Provincial do Mar. Xornada Muller, museos, arte e discapacidade.

• 18 de decembro. Xornadas “Culturas en Diálogo, migración e igualdade”.

Ademais destas actividades xerais, en cada museo da Rede Museística terá lugar unha programación de xénero específica que se vai desenvolver tamén ao longo do presente ano e que comprende as seguintes actividades:

: : Museo Pazo de Tor• 8 marzo,16:30 h.

“REFLEXOS><REFLEXIÓNS DE MULLER A MULLER”.

A idea é utilizar a imaxe para reflexionar sobre o papel da muller ó longo da historia, que aprendemos do pasado e que podemos esperar do futuro.

O obradoiro realizarase o día 8 de marzo, Día da Muller, pero este acto simbólico estará aberto nas redes sociais ó longo de todo o mes.

• Desde o 8 de marzo ata o 25 de novembro.

“O PAZO EN FEMININO”.

Un microvídeo mensual (día 8 de cada mes). Faremos un percorrido en feminino polo pazo da man da muller que o viveu como casa e como museo, Angelita.

• Desde marzo, o último sábado de cada mes

“LEMOS EN CLAVE DE –A.

Mesas redondas, nas que xuntaremos a mulleres profesionais de diferentes nichos laborais, para dialogar entre elas e delas co resto da sociedade, facer unha posta en común sobre o seu traballo, o seu día a día, dificultades, ventaxas, inconvintes, etc.

• 21 de Maio

DIM 2016: “Museos e paisaxes culturais”.

Xornada “MULLERES E VIÑO”

A xornada incluirá charla e cata con mulleres profesionais do sector e unha visita a algunhas das adegas rexentadas por mulleres.

• 11 xuño, 16:00 h.

“IMAXES DE XÉNERO NA ICONOGRAFÍA ROMÁNICA”.

Xornada de coñecemento e difusión do románico da Ribeira Sacra, en colaboración co “O Sorriso de Daniel”. O programa incluirá unha visita ao pazo, unha charla sobre “As imaxes de xénero na iconografía románica” e un roteiro polo románico da Ribeira Sacra.

• 20 outubro, 17:00 h.

“COCIÑANDO O FUTURO”.

Faremos da cociña un espazo de tradición e creatividade, de visibilización do traballo feminino dentro e fóra da casa. Realizarase

un “show cooking” a cargo da cociñeira Conchi Peiteado Varela, do Restaurante Agarimo de Lalín. Reversionarase algunha das receitas dos antigos libros de cociña do pazo.

• 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

Inauguración PROXECTO EXPOSITIVO “RAÍCES”.

Proxecto concibido entre catro artistas plásticas da provincia de Lugo, dúas delas da Mariña de Lugo, Cristina Basanta e Lucía Vila, e as outras dúas compoñentes, Cristina Vázquez (Crystilandia) e Laura Varela, de Escairón, en pleno corazón da Ribeira Sacra lucense.

: : Museo Provincial do Mar• Durante o mes de marzo

Realización dunha montaxe audiovisual para ser proxectada en bucle que visualizaría concretamente as pezas fotográficas do museo desde un prisma de xénero.

• En Marzo

Elaboración dunha folla de sala que difunde a nosa colección etnográfica dende un prisma de xénero.

• 15 de Abril. “OBXECTOS VIVIDOS”

Exposición temporal con obxectos cedidos por mulleres da comunidade sobre o traballo e a vida no mar.

• 30 de Abril

Conferencia sobre a situación xurídica da muller.

• 14 de Maio

Mesa redonda sobre o papel da muller no traballo do mar.

• 28 de Maio

Ciclo de conferencias sobre o traballo feminino na industrialización da pesca e actividades derivadas, con Chema Leal.

• A presenza da muller nos rueiros da comarca

Durante o mes de Maio e no marco do DIM 2016, realizaremos diferentes obradoiros para coñecer ás mulleres que figuran nos rueiros da comarca. Cando se rematen os obradoiros publicaremos un catálogo e un mapa con esas rúas.

O 21 de Maio, e no marco tamén do DIM 2016: “Museos e paisaxes culturais”, “Roteiro sobre o traballo feminino, patrimonio oculto”. Roteiro pola vila que pon en valor patrimonios fráxiles onde as mulleres desenvolvían o seu traballo (lavadoiros, fábrica de salazón….)

• Xuño

“EXPERIENCIAS. HISTORIAS EN PRIMEIRA PERSOA”

Utilizando as propias experiencias das mulleres do noso círculo máis próximo realizaremos diálogos ou actos en torno as seguintes temáticas: mariscadoras, redeiras, traballadoras da conserva, traballadoras da baleeira, carpinteiras de ribeira, mariñeiras, viaxeiras na mercante ou fareiras. Igualmente realizaranse pequenas pezas de vídeo do narrado para poder deixar constancia, en forma de arquivo, da memoria destas pequenas historias ocultas.

: : Museo Fortaleza San Paio de Narla• 26 de Marzo

“DA MULLER CONTEMPLATIVA Á MULLER ACTIVA”

Obradoiro no que faremos un percorrido no rol da muller dende o medievo ata os nosos días vendo a evolución do mesmo.

•16 de Abril

“CONFIDENCIAS FEMININAS NOS PARLADOIROS”

Reuniremos a diferentes mulleres, e cada unha delas rememorará conversas privadas e íntimas en círculos pechados só a feminidade.

• 7 de Maio

“EVOLUCIÓN SOCIAL: PONDERACIÓN FEMININA”

Nun grupo de mulleres, iremos falando da nosa evolución como mulleres, de como pasamos de nenas a mulleres, dos nosos medos, de como os afrontamos, de como nos reafirmamos e como melloramos a autoestima. Tamén falaremos das distintas xeracións, non foi o mesmo ser muller en etapas de represión política, como o franquismo que na democracia.

• 11 de Xuño

“A MULLER CAMPESIÑA MEDIEVAL ABRINDO CAMPO AO MUNDO TÉXTIL”

Obradoiro no que traballaremos sobre o mundo do liño na idade media como un precedente da industria téxtil.

: : ENLACES

Rede Museística Provincial de Lugohttp://www.redemuseisticalugo.org/

Kit de herramientas para ser mujer y practicar Artehttps://vimeo.com/128767166

Foro MAV 2015 http://www.mav.org.es/index.php/71-mav/actuaciones/1714-foro-mav-2015

: : PROXECTOS E RECURSOS

Olladas de Muller sobre a Guía postal de Lugohttps://rede-museistica-provincial-de-lugo.culturalspot.org/exhibit/olladas-de-muller-sobre-a-gu%C3%ADa-postal-de-lugo/sgJyfFJe-LaMIg

Olladas. A miña famIlia h t t p : / / r e d e m u s e i s t i c a l u g o . o r g / d o c u m e n t o s .asp?mat=28&id=2488

I Congreso Xénero, Museos e Arte. Mesa redonda: “A relación de arte e xénero: Muller creadora e xeradora de arte”https://vimeo.com/79183386

II Congreso Xénero, Museos Arte e Migraciónhttp://redemuseisticalugo.org/IIGeneroMuseosArte/portada.aspMulleres em / para /por /desde / ante o museo http://es.slideshare.net/pilarsanchez1257/historias-mulleres

Culturas en Diálogo. Lugo – Arxentinahttp://www.redemuseisticalugo.org/videoteca.asp?id=97

Culturas en diálogo. Lugo – Uruguai https://vimeo.com/143163063

Álbum da Memoria das Mulleres da Mariñahttps://vimeo.com/134600084

: : BIBLIOGRAFÍA

I Congreso Xénero, Museos e Arte. Actas [en línea] LugoServizo de Publicación, Deputación Provincial de Lugo, 2015. Disponible en Web: <http://www.didacticaredemuseistica.org/?page_id=1107>

Actas del I Congreso Internacional de Educación y Accesibilidad en Museos y PatrimonioEn y con todos los sentidos, hacia la integración social en igualdad: actas Huesca: Universidad de Zaragoza, Máster en Museos: Educación y Comunicación, 2015. 3 t. (367, 388, 317 p.). Disponible en Web: < http://www.mastermuseos.es/blog/publicaciones/actas-del-ii-congreso-internacional-de-educacion-y-accesibilidad/>

ALIAGA, Juan Vicente. Arte y cuestiones de género: una travesía del siglo XX, San Sebastián. Nerea, 2004. 118 p.

DESVALLÉES André, MAIRESSE, François (dir.) Conceptos clave de Museología [en línea] ICOM. 2010Disponible en Web: <http://icom.museum/fileadmin/user_upload/pdf/Key_Concepts_of_Museology/Museologie_Espagnol_BD.pdf>

ESPINOSA RUÍZ, A., BONMATÍ LLEDÓ, C. (eds. científicos). Manual de accesibilidad e inclusión en museos ylugares del patrimonio cultural y natural. Gijón: Trea. 2013. 304 p.

FONTAL MERILLAS, Olaia, CALAF MASACHS, Roser, Museos de arte y educación: construir patrimonios desde la diversidad. Madrid. Trea, 2007. 456 p.

GARCÍA SANDOVAL, Juan et al. ¿Quién le da la vuelta a la tortilla?. Catálogo. Murcia. Medusa Mediación, 2014. 103 p.

MÉNDEZ LOIS, Mª José, PAYO NEGRO Mª Jesús (coords.). Convivencia e igualdade : dimensións e retos educativos. Santiago de Compostela. Universidade, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2008. 255 p.

REBOLLO, Mª Ángeles (coord.). Género e interculturalidad: educar para la igualdad. Madrid. La Muralla, D.L. 2006. 291 p.