plan de integraciÓn das tic´s ceip coiron-dena (1).pdf · o profesorado do centro é, na súa...
TRANSCRIPT
1
ÍNDICE
PLAN DE INTEGRACIÓN DAS
TIC´S
CEIP COIRON-DENA
2
Páxs.
1. Marco lexislativo 3
2. Finalidades do proxecto 3
3. Características do centro 3
4. Obxectivos xerais 5
5. Recursos 7
6. Organización e funcionamento das TIC´s 8
7. Comisión de imaxe e son 10
8. Formación do profesorado 129. Metodoloxía 1310. Planificación temporal e cronograma de actividades 1511. Avaliación 15Anexo I. Normas para o emprego da aula de informática. 16Anexo II. Escalas de valoración do grao de consecución dos obxectivos. 19ANEXO III. Enquisas de avaliación. 23
1. MARCO LEXISLATIVO
Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio (Art 17.1, 29.2, 23.e).
Decreto 130/2007, do 28 de xuño (Art. 6.5, anexo V).
Decreto 330/2009, do 4 de xuño.
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
3
2. FINALIDADES DO PROXECTO
As finalidades fundamentais que este proxecto pretende acadar son as
seguintes:
-Incorporación das TIC´s ao proceso de ensino-aprendizaxe, como un
recurso máis.
-Adquisición de coñecementos e habilidades para o seu uso nas
contornas de aprendizaxe, familiares e de lecer.
-Competencia dixital do profesorado e o alumnado.
3. CARACTERÍSTICAS DO CENTRO
Situación actual
O CEIP Coirón-Dena está situado nunha contorna semiurbana cun
ambiente rural moi próximo. O nivel socioeconómico e cultural é medio e nel
predominan os pais/nais con estudos primarios. A gran maioría adícase ao
traballo no sector vitivinícola e no sector servizos.
O Concello e a ANPA colaboran activamente na organización de actividades
extraescolares, entre as cales podemos atopar Informática.
O profesorado do centro é, na súa maioría, definitivo no mesmo e partipou
en actividades de formación relacionadas coas TIC´s.
O centro escolariza en torno aos 300 alumnos/as entre Ed. Infantil e Ed.
Primaria.
Unha porcentaxe moi alta dos nosos alumnos/as conta nas súas casas con
ordenadores con conexión a internet e está a aumentar o número de familias
que posúen tablets, polo que se observa unha gran familiaridade dos rapaces
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
4
coas novas tecnoloxías. Estas son as gráficas que reflicten os datos recollidos
nunha enquisa realizada en xuño de 2014.
48%28%
24%
CON TABLET SEN TABLETNON CONTESTA
56%20%
24%
Con internet Sen internet Non contestan
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
5
48%
28%
24%
CON PORTÁTIL SEN PORTÁTIL NONCONTESTA
O Centro foi construido hai moitos anos e as conexións a Internet por cable
non chegan á totalidade das aulas.
Naqueles espazos que carecen de Internet vía ADSL a conexión faise por
WIFI chegando en moitos casos a ralentizar ou ás veces dificultar o acceso á
rede.
Sería necesario ir renovando algún dos equipos que se atopan na aula de
informática e en algunhas aulas xa que a miúdo algúns están a dar problemas.
4. OBXECTIVOS XERAIS Obxectivos xerais do Centro en relación ás TIC
o Potenciar o emprego das TIC´s como ferramenta de traballo no
proceso de ensino-aprendizaxe.o Fomentar o uso de medios informáticos como forma de romper con
desigualdades sociais.o Favorecer o perfeccionamento do profesorado en TIC´so Favorecer a utilización das TIC´s por parte do profesorado nas súas
tarefas habituais.o Favorecer o acceso ás TIC´s por parte do alumnado con
necesidades educativas especiais.o Procurar no alumnado un acceso responsable a Internet.
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
6
o Impulsar a comunicación intercentros.o Potenciar actividades de participación da Comunidade Educativa.
Obxectivos xerais para o alumnadoo Utilizar programas que faciliten a súa aprendizaxe nas diferentes
áreas do Currículo, así como favorecer a adquisición de habilidades
e destrezas.o Utilizar as TIC´s como medio de creación, cooperación e expresión
de ideas.o Potenciar a comunicación cos seus semellantes empregando
plataformas dixitais educativas.o Espertar o interese por coñecer cousas diversas.o Potenciar a capacidade de razoamento, motivación e afán de
coñecemento.
Obxectivos xerais para o profesoradoo Empregar as TIC´s para o traballo cotiá e as actividades de aula.o Saber consultar e sacar información a través das TIC´s.o Intercambiar experiencias, coñecementos e actividades a través
de Internet.o Fomentar a aprendizaxe do profesorado para a creación de
contidos dixitais.o Mellorar o plantexamento pedagóxico a través do uso das TIC´s.
Obxectivos xerais da comunidade educativao Potenciar a comunicación coa Comunidade Educativa
5. RECURSOS Medios informáticos
-Aula de informática con 22 ordenadores conectados en rede e con
conexión a Internet a través de ADSL. Este espazo conta cunha impresora en
branco e negro.
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
7
-Biblioteca con 11 ordenadores portátiles conectados a Internet vía WIFI.
-21 pizarras dixitais cos seus correspondentes ordenadores e canóns
distribuidas do seguinte xeito.
*6 pizarras dixitais nas seis aulas de Ed. Infantil.
*4 pizarras dixitais nas catro aulas do primeiro ciclo de primaria.
*4 pizarras dixitais nas catro aulas do segundo ciclo de primaria.
*2 pizarras dixitais en dúas das catro aulas do terceiro ciclo. As outras
dúas aulas teñen portátil conectado a un canón que proxecta nunha pizarra
branca.
*1 pizarra dixital na aula de música.
*1 pizarra dixital na aula de PT.
*1 pizarra dixital na aula de inglés.
*1 pizarra dixital na biblioteca.
*1 pizarra dixital na aula de informática.
-Sala de Mestres: 2 ordenadores con conexión a Internet e 2 impresoras
(unha en branco e negro e outra de cor)
-Despacho de dirección, xefatura de estudos, secretaría, orientación e A.L.
cadanseu ordenador con impresora.
-18 tablets.
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
8
6. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS TICS
Considerando que as Tic´s son un complemento educativo cada vez
máis demandado pola sociedade, no centro son accesibles a todo o alumnado.
Nas aulas: Todas as aulas do centro (a excepción de dúas do terceiro
ciclo), a biblioteca e a aula de informática contan cunha PDI para a realización
de actividades interactivas e visualización de contidos. A maioría dos docentes
empregan as nove tabletas disponibles ata o momento no centro, nas cales
foron seleccionadas e clasificadas apps apropiadas para o alumnado.
Na biblioteca: ademais da PDI anteriormente mencionada, a biblioteca
conta con 11 ordenadores portátiles, para uso de infantil (reservándolle unha
hora semanal) e para uso de quen o precise durante o recreo.
Aula de informática: equipada con 21 ordenadores de mesa para o
alumnado que se poden utilizar en rede conectados ao ordenador do
profesorado que fai de servidor para a creación de equipos, arquivos en
rede,etc. Na aula empréganse diversas aplicacións informáticas: fotos
narradas, gimp, word, powerpoint, Excel, blogger, Saint, moviemaker, Publisher,
etc. Así como para a búsqueda e selección de información para actividades de
ampliación e investigación.
Para o uso desta aula, ao inicio do curso escolar establécese un horario
para que todas as titorías dispoñan dunha hora semanal. Así como unha
distribución flexible para os especialistas que o desexen. Para que todos os
aparellos funcionen correctamente, precísanse unhas normas, que se achegan
no anexo II.
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
9
Accións de mantemento
Para o correcto funcionamento das Tics, contamos cun caderno de
incidencias para que calquera mestre que aprecie unha deficiencia nos
aparellos informáticos tome nota detallada do problema para poder solventalo
no menor tempo posible (ver anexo IV). Esta comisión encargarase de revisalo
semanalmente.
Cando os incidentes non poden ser arranxados pola comisión de tics, a
reparación pasará a mans de persoal externo.
7. COMISIÓN DE IMAXE E SON
Comisión de Imaxe e son: é unha comisión formada por dúas persoas do
Equipo de Tics que adican moitas horas a:
- Creación e mantemento dos blogues.- Búsqueda de novas ferramentas para almacenar e crear contidos para os
blogues- Formación dos responsables de cada blogue- Procesamento de materiais do centro para subilos aos blogues- Vixilancia dos comentarios e das estadísticas dos blogues- Seleccionar materias dos blogues que deben estar na páxina do colexio- Resolver dúbidas que teñan os responsables de cada blogue- Organizar unha reunión ao comezo do curso para explicarlles a todos o
funcionamento da nosa blogosfera e repartir en consenso co profesorado a
responsabilidade da xestión de cada blogue.- Xestionar os almacéns dos materiais (picasa, scrib, slideshare…).
Xestión e contidos dos blogues
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
10
CEIP Coirón en imaxes : Blogue no que colgamos todas as fotos e vídeos do
colexio que non teñen cabida noutros blogues. Xestionado pola responsable de
Imaxe e son.
Biblioteca Raticonto: Blogue da biblioteca do noso centro, a través de el
compartimos todas as actividades organizadas dende a biblioteca así como
documentos informativos da mesma. Xestionado pola coordinadora da
Biblioteca. Hai un apartado específico no blogue para subir os videocontos
creados polo Equipo de contos do centro, e trimestralmente a responsable de
imaxe e son colga estes materiais.
Proxecta: creado este ano para recoller todas as actividades de Deporte
escolar e do traballo coa Paisaxe que se desenvolveu ao longo do curso no
centro. Xestionado pola responsable de imaxe e son.
Xornal do cole: para compartir en formato dixital o xornal do colexio.
Xestionado pola coordinadora de Normalización.
O galego no CEIP Coirón: nel reflíctese todo o traballo de normalización
lingüística ao longo do curso.
Xuntos aprendemos en AL e PT: as mestras destas especialidades crean
materiais para os seus alumnos que logo comparten no blogue.
Musiqueando: neste blogue imos colgando todas as creacións que se
traballan cos nenos e nenas de primaria do centro, sobre todo o “Rapeo en
galego”.
Celebramos: a coordinadora de Actividades Complementarias e
Extraescolares é a encargada deste blogue.
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
11
Os traballos coas tecnoloxías: este blogue serve para poñer os traballos que
se fan co alumnado nas clases de informática.
O recanto dos pequechos: blogue da etapa de infantil.
Os rebuldeiros do primeiro ciclo: blogue do 1º ciclo
Terceiro ciclo: blogue do terceiro ciclo
Recursos educativos: páxina na que colgamos recursos educativos para cada
uns dos ciclos e a etapa de infantil
Canle de youtube: almacén de todas as creación en vídeo do noso centro que
ten milleiros de visitas e mais de 100 suscripcións.
8. FORMACIÓN DO PROFESORADO
No noso centro vimos desenvolvendo dende fai varios cursos un plan de
formación para o profesorado no que abarcamos varias liñas relacionadas coas
TICS:
- Creación e xestión dos blogues do centro.
- Ferramentas da web 2.0 que nos permiten crear e almacenar materiais para
os nosos blogues.
- Creación de contidos con ferramentas de tratamento de imaxe e son.
- Uso e aproveitamento das pizarras dixitais.
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
12
- Como traballar co alumnado nas clases de informática.
- As tablets android: aplicacións e ferramentas innovadoras para o traballo de
diversos contidos nas aulas.
As modalidades de formación foron cambiando ao longo destes anos,
basicamente tivemos :
- Grupos de Traballo do CFR con diferentes temáticas,
- Formacións de “Custe 0 “, nas que os compañeiros que teñen mais dominio
das TICs compartiron con nós algúns dos seus coñecementos, de forma
práctica.
- PFPP para o uso e aproveitamento das tablets android.
O grado de implicación nestas formacións por parte do claustro ven sendo
moi satisfactorio, entre un 60% e un 75% do profesorado se inscribe todos os
cursos nestas formacións e mostran moito interese por seguir formándose.
9. METODOLOXÍA
As TIC´s constitúen un elemento cotián e básico na sociedade actual, polo
que é necesario proporcionar ao alumnado unha formación que teña en conta
esta realidade. Como consecuencia, contemplamos o tratamento das TIC´s
dende dúas perspectivas:
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
13
Como contido de aprendizaxe. Como recurso para o proceso de ensino-aprendizaxe.
As TIC´s como contido de aprendizaxe englobarán todo o relacionado cunha
correcta e adecuada utilización, xa sexa nun nivel inicial (como por exemplo,
acender e apagar un equipo) ou avanzado (facer un uso funcional e eficiente
do mesmo).
Pola súa parte, as TIC´s como recurso para o proceso de ensino-
aprendizaxe representan un apoio máis para vehiculizar os contidos
curriculares, debido a que desenvolven unha serie de funcións:
- Motivan, transmitindo de maneira atraínte as mensaxes didácticas.- Informan, na medida en que proporcionan unha serie de experiencias
que sen os medios tecnolóxicos sería difíciles de acadar.- Forman, incrementando a significatividade da aprendizaxe.- Economizan o tempo de aprendizaxe.- Representan equidade, tanto no acceso, calidade e resultados do
proceso educativo.
Por outra banda, será preciso ter en conta que as actividades relacionadas
coas TIC´s, de igual forma que a totalidade das que se atopan nas diferentes
programacións, responderán a uns obxectivos, e serán secuenciadas nunha
triple dimensión, na que se terá en conta:
- Unha fase inicial, na que se planificará a actividade, tendo en conta os
recursos, a temporalización, obxectivos, contidos, criterios de
avaliación... Procurarase integrar as TIC´s na dinámica da aula nun
continuo con coherencia.- Unha fase de desenvolvemento, insistindo na explicación da tarefa e
no respecto cara ao material.
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
14
- Unha fase final, na que se comentarán os aspectos máis interesantes
da actividade ou as posibles dificultades.
O mestre ou mestra constitúe o axente mediador que fará posible o descrito
ata o momento, polo que será tamén imprescindible que este conte coa
capacidade das destrezas necesarias que permitan integrar na práctica
docente estes medios.
10. PLANIFICACIÓN TEMPORAL E CRONOGRAMA DE ACTIVIDADES
Dende o equipo de TIC´s consideramos a importancia dunha boa
planificación de actividades para a consecución dos obxectivos, que se axuste
o máis posible á realidade de cada curso escolar. Polo tanto, unha vez
constituído este equipo ao comezo de cada curso académico, farase o
cronograma de actividades do Plan de Integración das TIC´s, que se achegará
á Programación Xeral Anual.
11. AVALIACIÓN
A avaliación do Plan de Integración das TIC´s será de carácter anual, para o
que se utilizarán unhas escalas de valoración sobre o grao de consecución dos
obxectivos, que se achegan no anexo II.
ANEXO I. NORMAS PARA O EMPREGO DA AULA DE INFORMÁTICA
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
15
1. Os ordenadores están en *rede co servidor. O servidor é o ordenador do
profesor, polo que non se poderán borrar carpetas nin instalar programas
sen previa consulta ao equipo de tics. 2. Existen dúas contas de usuarios: Actividades Extraescolares e Alumnos.
ALUMNOS é o usuario no que debemos de premer nós.*Polo momento só existen 10 ordenadores en rede, xa que está previsto
que se configuren outros dez. Están etiquetados co número de IP na CPU e
do 1 ao 20.3. A carpeta de TRABALLO DOS ALUMNOS, está no escritorio. Existe una
icona en rede en cada ordenador. Cada curso deberá ter aí a súa carpeta
(6ºA, 6ºB, 5ºA, 5ºB…) e dentro dela cada neno fará una carpeta co seu
nome, para gardar os seus traballos. *Todo alumno deberá só utilizar a súa
carpeta para evitar sorpresas desagradables como borrado de información.4. O profesorado que utiliza a aula na 1º sesión, acenderá os ordenadores
Pantalla e Unidade central.5. Por motivos de aforro de enerxía, o profesorado que utilice a aula na *última
sesión, deberá deixar os ordenadores apagados (incluídos monitores).* Importante: aquel profesorado que non faga uso da aula de informática na
súa sesión, e esta coincide que é a última hora, deberá de todos xeitos
facerse responsable de apagar os ordenadores. 6. Entre sesións o alumnado deberá deixar recollido todo para o seguinte
grupo que vaia a utilizar a aula: auriculares recollidos na caixa, pantallas
acendidas, cadeiras arrimadas, ratos e teclados ordenados.7. O profesorado deberá vixiar que nos momentos de xogo interactivo non se
utilice mais que os programas indicados polo Mestres. É dicir, evitar que
entren en programas como tuenty, messenger, facebook, tweeter…
NORMAS PARA O EMPREGO DOS ORDENADORES DA SALA DE
MESTRES
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
16
1. Por motivo de virus non se recomenda uso de lapis de memoria e/ou disco
duros externos. No caso de facelo, é necesario comprobar que estean libres
de virus. Abriremos o lapis de memoria co botón dereito e prememos
escanear con antivirus. De todos xeitos, aconsellamos o acceso aos nosos
documentos a través de carpetas virtuais como correo electrónico ou
dropbox.2. Se alguén precisa instalar un programa deberá de comunicar da súa
instalación ao equipo de tics. 3. Cada profesor poderá ter a súa carpeta co seu nome en mis documentos
(non no escritorio).4. Os ordenadores deberán quedar coa configuración inicial coa que se
acenderon: Pantallas de apariencia e iconas no escritorio como estaban.
INCIDENCIAS INFORMÁTICAS.
*Cada mestre deberá anotar no caderno de rexistro de incidencias, os
problemas atopados nos diferentes equipos.
* A coordinadora de tics revisará o caderno cada semana e nas horas de
coordinación acercarase para ver se pode amañar o problema.* No caso de que o persoal de tics non puidese solucionar o problema e este
equipo é o de aula, o mestre encargarase de baixalo o martes pola mañá á
aula de informática para que sexa revisado por persoal externo.
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
17CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
ANEXO II. ESCALAS DE VALORACIÓN DO GRAO DE CONSECUCIÓN DOS
OBXECTIVOS.
GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS
Obxectivos xerais do Centro
Aca
da
do
En
pro
ceso
Non
aca
dad
o Re
xeita
do
Potenciar o emprego das TIC como ferramenta de
traballo no proceso de ensino-aprendizaxe.
Fomentar o uso de medios informáticos como forma
de romper con desigualdades sociais.
Favorecer o perfeccionamento do profesorado en
TIC.
Favorecer a utilización das TIC por parte do
profesorado nas súas tarefas habituais.
Favorecer o acceso ás TIC por parte do alumnado
con necesidades educativas especiais.
Procurar no alumnado un acceso responsable a
Internet.
Potenciar actividades de participación de toda a
C.E.
Impulsar a comunicación intercentros.
GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS
Obxectivos xerais para o alumnado
Aca
dad
o
En
pro
ceso
Non
aca
dad
o
Re
xeita
do
Utilizar programas que faciliten a súa
19
aprendizaxe nas diferentes áreas do
Currículo, así como favorecer a
adquisición de habilidades e destrezas.
Utilizar as TIC como medio de creación,
cooperación e expresión de ideas.
Potenciar a comunicación cos seus
semellantes empregando plataformas
dixitais educativas.
Espertar o interese por coñecer cousas
diversas.Potenciar a capacidade de razoamento,
motivación e afán de coñecemento.
GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS
Obxectivos xerais para o profesorado
Aca
dad
o
En
pro
ceso
Non
aca
dad
o
Re
xeita
do
Empregar as TIC para o traballo cotiá e as
actividades de aula.
Saber consultar e sacar información a través
das TIC.
Intercambiar experiencias, coñecementos e
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
20
actividades a través de Internet.
Fomentar a aprendizaxe do profesorado para a
creación de contidos dixitais.
Mellorar o plantexamento pedagóxico a través
do uso das TIC.
GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS
Obxectivos xerais para a comunidade
educativa
Aca
dad
o
En
pro
ceso
Non
aca
dad
o
Re
xeita
do
Potenciar a comunicación coa Comunidade
Educativa.
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
ANEXO III. Enquisas de avaliación
Enquisa profesorado
Actualmente o centro dispón de material TIC´S para que poida preparar as súasprogramacións didácticas.
Suficiente Insuficiente Nulo
O centro dispón de material TIC´S para que poida desenvolver as súas programaciónsdidácticas. Suficiente Insuficiente Nulo
O centro ofreceulle participar en actividades formativas en TIC´s Sí Non Cales:
No caso de ter alumnado con NEE, este pode acceder ás TIC´SFacilmente Con dificultade Non pode
Cando utiliza TIC´S informa aos seus alumnos das vantaxes e inconvenientes do seuuso. Frecuentemente Algunha vez Nunca
Elaborou algunha actividade para incluir no blog de ciclo ou especialidade.Máis de 5 Menos de 5 Ningunha
Fai uso da páxina web doutros centros educativos.Frecuentemente Algunha vez Nunca
Parécelle funcional a aula de informática.Suxestións: Si
Non Non a uso
22
Enquisa para as familias
Coñezo a existencia da páxina web do colexio
NON SI
Visito a páxina web do colexio A DIARIO SEMANALMENTE MENSUALMENTE NUNCA
Coñezo a existencia dos blogues do colexio
NON SI
Visito os blogues do colexio A DIARIO SEMANALMENTE MENSUALMENTE NUNCA
Interactúo co blogue da clase do meu fillo/a
A DIARIO SEMANALMENTE MENSUALMENTE NUNCA
Coñezo a existencia das fotos do alumnado colgadas en Picasa
NON SI
Visito Picasa A DIARIO SEMANALMENTE MENSUALMENTE NUNCA
Coñezo a existencia dos vídeosdo colexio colgados en YouTube
NON SI
Visito a nosa canle de YouTube A DIARIO SEMANALMENTE MENSUALMENTE NUNCA
Suxestións de Apps para tablets (Android):
Enquisa para o alumnado de segundo e terceiro ciclo
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
23
Coñezo programas informáticos como Word, Power Point, Paint, Gimp.
NON SI CALES:
Uso os anteriores programas.
A DIARIO SEMANALMENTE MENSUALMENTE NUNCA
Utilizo as TIC´s para expresar as miñas ideas
NON SI
Comunícome cos compañeiros /as por medio das TIC´s.
NON SI COMO:
Realizo investigacións na aula a través do ordenador ou a tablet.
A DIARIO SEMANALMENTE MENSUALMENTE NUNCA
Gústame usar as TIC´s para coñecer cousas novas
NON SI
Visito Picasa A DIARIO SEMANALMENTE MENSUALMENTE NUNCA
Coñezo a existencia dos vídeos do colexio colgados en YouTube
NON SI
Visito a nosa canle de YouTube
A DIARIO SEMANALMENTE MENSUALMENTE NUNCA
ANEXO IV. Caderno de incidencias
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
24
Nº DISPOSITIVOINFORMÁTICO
TIPO DE INCIDENCIA Nº AULA EPERSOA
DATANOTIFICACIÓN A
INCIDENCIA
OBSERVACIÓNS ARRANXO/ DATA
1
2
3
4
CEIP COIRÓN-DENA. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC´S
En Dena, a 27 de xuño de 2014,
CONSELLO ESCOLAR
CERTIFICACIÓN. En reunión ordinaria do Consello Escolar do Centro,
celebrada o día 29 de xaneiro de 2015, quedou aprobado o PLAN TICS que
figura nas páxinas anteriores a esta certificación.
En Dena, a 29 de xaneiro de 2015
O Equipo Directivo
A Xefa de Estudios O Director O Secretario
Mª Jesús Crespo Domínguez Manuel Lucio Abal Rafael Maquieira Calza