plan de convivencia - santa maría del...

29
Plan de convivencia Santa María del Mar es un colegio de la Compañía de Jesús concertado en las etapas de Ed. Infantil, Ed. Primaria y E.S.O. y privado en Bachillerato Avda. del Pasaje 69 – 15006 – A Coruña | Apdo. 751 – 15080 – A Coruña | Tlf. 981.283.000 | Fax 981.299.008 | [email protected] | www.santamariadelmar.org

Upload: others

Post on 04-Jul-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia

       

Santa  María  del  Mar  es  un  colegio  de  la  Compañía  de  Jesús  concertado  en  las  etapas  de  Ed.  Infantil,  Ed.  Primaria  y  E.S.O.  y  privado  en  Bachillerato  

Avda.  del  Pasaje  69  –  15006  –  A  Coruña  |  Apdo.  751  –  15080  –  A  Coruña  |  Tlf.  981.283.000  |  Fax  981.299.008  |  [email protected]  |  www.santamariadelmar.org  

 

Page 2: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de

convivencia

“Hemos aprendido a volar como los pájaros, a nadar como los peces; pero no hemos aprendido

el sencillo arte de vivir como hermanos.”Martin Luther King

       

Santa  María  del  Mar  es  un  colegio  de  la  Compañía  de  Jesús  concertado  en  las  etapas  de  Ed.  Infantil,  Ed.  Primaria  y  E.S.O.  y  privado  en  Bachillerato  

Avda.  del  Pasaje  69  –  15006  –  A  Coruña  |  Apdo.  751  –  15080  –  A  Coruña  |  Tlf.  981.283.000  |  Fax  981.299.008  |  [email protected]  |  www.santamariadelmar.org  

 

       

Santa  María  del  Mar  es  un  colegio  de  la  Compañía  de  Jesús  concertado  en  las  etapas  de  Ed.  Infantil,  Ed.  Primaria  y  E.S.O.  y  privado  en  Bachillerato  

Avda.  del  Pasaje  69  –  15006  –  A  Coruña  |  Apdo.  751  –  15080  –  A  Coruña  |  Tlf.  981.283.000  |  Fax  981.299.008  |  [email protected]  |  www.santamariadelmar.org  

 

Page 3: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-3-

Índice

1. ANÁLISE DO CONTEXTO ........................................... 3-71.1. Organización e criterios educativos específicos

1.1.1. Características Educativa1.1.2. Colaboración Familia-Colexio1.1.3. Asociación de Pais e Nais

1.2. Datas Históricas do Colexio 1.3. Plano de Santa María do Mar 1.4. Instalacións1.5. Avaliación Inicial da Convivencia

1.5.1. Resultados1.5.2. Conclusións

2. PRINCIPIOS E FINS ................................................ 11-12

3. ÓRGANOS DE GOBERNO ...................................... 13-153.1. A comunidade educativa3.2. O Consello Escolar3.3. A Comisión de Convivencia3.4. Claustro de Profesores3.5. Equipo Directivo

4. PLAN DE CONVIVENCIA ........................................ 16-184.1. Elaboración4.2. Obxectivos4.3. Actitudes4.4. Aplicación4.5. Seguimento e avaliación do Plan de Convivencia4.6. Difusión

5. CONDUTAS CONTRARIAS Á CONVIVENCIA ......... 19-245.1. Principios xerais5.2. Gradación das medidas correctoras5.3. Reparación de danos causados5.4. Ámbito de corrección5.5. Procedementos correctores5.6. Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia

5.6.1. Medidas correctoras5.7. Condutas leves contrarias á convivencia

5.7.1. Medidas correctoras

6. PLAN DE ACTUACIÓN ........................................... 25-26

7. ANEXOS ................................................................. 27-297.1. Presentación xeral7.2. Índice Xeral de ANEXOS

Page 4: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-4-

1. Análise do contexto

1.1. Organización e criterios educativos específicos Santa María do Mar é un centro de ensinanzas integradas. Imparte os niveis de Educación Infantil,

Primaria, ESO e Bacharelato. Desde 1976 ten implantada a coeducación. Está acollido ao réxime de Colexio concertado nos niveis de E. Infantil, E. Primaria e ESO. O Director do Colexio está asistido no desempeño das súas funcións pola Comisión Directiva que ten a responsabilidade de coordinar a rea-lización do Proxecto Educativo do Centro e asesorar ó Director.

1.1.1. Características educativas

Na dimensión académica: No Colexio funcionan os seguintes Departamentos: Ciencias Naturais e Experimentais, Ciencias Sociais, Lingua e Literatura Galega, Lingua e Literatura Castelá, Educa-ción Cristiá, Matemáticas, Educación Física e Idiomas.

Na dimensión de educación cristiá: Ademais das programacións e as clases de Relixión, organí-zanse para os alumnos as actividades seguintes: celebracións eucarísticas, convivencias cristiás, grupos de seguimento post-convivencias, preparación para a Primeira Comuñón, preparación para a Confirmación, campañas de solidariedade, actividades de saídas a natureza e campamen-tos de verán, viaxes, etc.

Na dimensión de orientación educativa: Na dimensión de orientación educativa: pertence a esta área ó Departamento de Orientación Educativa, que é o encargado de prestar especial aten-ción ás necesidades educativas especiais que poidan ter os alumnos e de coordinar e asesorar as actividades educativas dos titores.

Na dimensión de paraescolar: Ó remate da xornada escolar, o Colexio ofrece ós seus alumnos a posibilidade de realizar determinadas actividades deportivas como xadrez, fútbol, baloncesto, artes marciais, ximnasia rítmica, hockey, patinaxe artística, etc. ou culturais como ballet, coro, Orff, rolda, informática, dramatización, inglés, plástica, teatro, etc.

Área de Educación social: Ademais das actividades de Educación social na aula, o Colexio ten un programa de voluntariado para alumnos, en colaboración con pais e profesores.

Excursións e saídas culturais: Realízanse varias saídas por curso ó ano, con carácter de conviven-cia colexial ou de contido cultural.

Actividades complementarias: O Colexio ofrece diariamente un módulo complementario, du-rante o tempo lectivo, para os cursos de E.I e E.P, así como dous módulos semanais para a ESO. Desenvólvense nel actividades non curriculares como Pastoral, obradoiros de xogos científicos, literarios, de matemática creativa, de aplicación informáticas, de iniciación ó inglés, catequeses, etc.

Page 5: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-5-

1.1.2. Colaboración Familia-Colexio

Santa María do Mar entende a súa tarefa coma un servizo que se ofrece ás familias que son as res-ponsables da formación integral dos fillos. Para favorecer esta colaboración e o diálogo o Colexio organiza distintas actividades ó longo do curso: reunións de curso, entrevistas cos titores (indivi-duais e de grupo), Escola de pais e nais, Festas colexiais e Celebracións Relixiosas.

1.1.3. Asociación de Pais e Nais

A Xunta da AMPA, na súa tarefa de colaboración e seguimento da actividade educativa no Co-lexio, ten habitualmente unha reunión mensual; convoca ás familias asembleas xerais ordinarias e extraordinarias, promove a orientación familiar nos aspectos de Psicoloxía educativa, Formación cristiá dos pais e nais, etc.; colabora coas actividades Paraescolares do Colexio, así como en diversos aspectos de festas e acontecementos culturais; participa na organización da Escola de Pais e Nais e noutras actividades de orientación, culturais e deportivas para alumnos e pais.

1.2. Datas Históricas do Colexio1963-64: Comeza a funcionar un grupo de Preescolar nos locais de Xoana de Vega.

1964-65: Trasládase, co nome de Santa María do Mar, ás actuais instalacións de As Xubias.

1965: Sae o primeiro número de “Padres y Maestros”.

1967: Celebración do Primeiro Congreso “Padres y Maestros”.

1971-72: Por primeira vez son admitidas alumnas no Colexio, incorporándose a COU.

1975-76: Por primeira vez son admitidas alumnas a Preescolar.

-Implántase a xornada continua.

-Inauguración do Pavillón de Comedores.

1979-80: Inaugúrase o Pavillón Polideportivo.

1983-84: Asínase o Concerto Singular en EXB.

1987-88: O Colexio é totalmente mixto.

1989-90: Celébrase o XXV Aniversario da fundación.

1990-91: Subvención a Educación Infantil.

1993-94: Primeira edición en galego do Catálogo do Colexio.

1996-97: XXV Aniversario da primeira promoción de COU.

1998-99: Inauguración do novo edificio de Educación Infantil e Primaria.

2000-01: Concesión do Concerto en Réxime Xeral na ensinanza obrigatoria.

2001-02: Remata a implantación da LOGSE.

2002-03: Dá comezo a redución da cuarta unidade a partir de 5º de Primaria.

2004-05: Concértase a E. Infantil (4 e 5 anos).

2006-07: Concértase a E. Infantil (3 anos).

2007-08: Implántase a LOE.

2009-10: Inaugúrase o novo Campo de Fútbol.

Page 6: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-6-

1.3. Plano do Colexio

1.4. Instalacións

DESCRICIÓN DO CENTRO

Título: CPR SANTA MARÍA DEL MARLocalidade: A CORUÑARúa: Avda. da Pasaxe, 69D.P.: 15006 Provincia: A CORUÑATeléfono: 981-283000Fax: 981-299008

Apartado 751. 15080 A Coruña

Enderezo electrónico:

[email protected]

Web: http://www.santamariadelmar.org

• Educación Infantil

• Educación Primaria

• Educación Secundaria

Page 7: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-7-

EDIFICIOS AULAS OUTRAS DEPENDENCIASDATA CONSTRUCCIÓN

PRINCIPAL39

Lab. cc. experimentais

Laboratorio de idiomas1965

SERVIZOS

Aulas Informática

Aulas Audiovisuais

Aula Psicotecnia

Aula Tecnoloxía

Aulas de apoio

Biblioteca

Cociña e comedores

Librería, almacén e cafetería

INFANTIL E 1º CICLO de PRIMARA 15

Ximnasio

Salón de actos1998

UNIDADES DE INFANTIL PRIMARIA SECUNDARIA

Composición legal (autorizadas privado) 9 24 16

Realmente funcionando no curso 9 18 16

AFORO DO CENTRO E DESTINO ACTUAL DAS DEPENDENCIASDependencias capacidade / superficie nº

Aulas ordinarias 1.270 aa/1.556,61 m2 49

Aula plástica 53 1

CEX 107,02 2

Laboratorio de Idiomas 118´32 2

Laboratorios 128,31 3

Aulas de Tecnoloxía 60 2

Aulas Informática 170,48 3

Biblioteca 204,51 2

Capela 133,20 1

Aulas de desdobramento 101 2

Aulas de Música 217,41 3

Aulas de apoio 224 5

Centro de Recursos 79,78 2

Despacho de Dirección 44,47 1

Outros Despachos 72,30

Sala de reunións Sala de espera e vestíbulos

52,78342,75

12

Page 8: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-8-

Salón Multiusos 247 1

Arquivo 31,90 1

Sala de profesores 39,71 1

Departamentos 311,09 18

Sala de APAs 12 1

Pista (Pavillón) polideportiva 989,66 1

Vestiarios 30,60 3

Comedor 423,68 2

Enfermería 48,72 1

Librería 143,95 1

Patio hockey 800 1

Campo de fútbol 5.794,74 1

Pistas baloncesto 1.016,43 3

Superficie total do centro 50.454,53

1.5. Avaliación inicial

Mellorar a convivencia é un aspecto prioritario de toda a sociedade e, especialmente, para quen traballa no mundo educativo. En plena implantación de competencias e ao fío das directrices edu-cativas que nos suxire a Unión Europea (véxase proxecto DeSeCo) constátase, cada vez con maior forza, a necesidade de educar cidadáns capaces de vivir na tolerancia e no respecto cara aos demais. Convivir mellor é vivir mellor e non temos a menor dúbida de que o noso labor prioritario como educadores é a de ofrecer aos nosos alumnos e alumnas os recursos necesarios para xestionar os conflitos dunha maneira positiva.

Mellorar a convivencia no colexio esixe unha primeira reflexión encamiñada a detectar que ne-cesidades percibe a comunidade educativa. A convivencia empeza coa opinión de quenes compar-ten espazos e tempos, e ese, precisamente, é o propósito dunha enquisa realizada no centro. Que virtudes ou carencias temos neste ámbito? Onde existen os maiores conflitos? Que papel desempe-ña o profesorado, o Equipo Directivo ou o alumnado?

Estas e outras preguntas teñen a súa resposta se somos capaces de establecer canles de comu-nicación flexibles, canles nas que todos os membros da comunidade educativa se poden expresar de maneira democrática.

(Véxase anexo-3: Enquisa de Convivencia)

Page 9: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-9-

1.5.1. Resultados enquisa Profesores

Resultados enquisa Alumnos

Page 10: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-10-

1.5.2. Conclusións

Unha vez cumprimentadas as enquisas foron analizadas pola subcomisión encargada de elabo-ración do plan de convivencia. As conclusións son as seguintes:

w Todos os membros da comunidade educativa debemos colaborar na mellora do clima de convivencia no centro.

w Nin a agresión física nin a agresión verbal teñen cabida na nosa escola.

w Fomentaremos o respecto e a cordialidade entre todos os membros da comunidade educa-tiva: profesores, persoal de servizos, alumnos e familia.

w A metodoloxía do profesorado é a mellor ferramenta para fomentar un clima participativo e democrático na aula.

w O Equipo Directivo encargarase de facilitar tempos e espazos para previr posibles conflitos no centro.

w Na xestión das clases, o profesorado potenciará aquelas medidas que favorecen o diálogo e a comunicación, así mesmo evitará accións que incrementan a conflitividade (p.ex.: expulsións de clase).

w O Equipo Directivo favorecerá a comunicación naqueles conflitos que xurdan, explicando e xustificando ás partes implicadas as liñas a seguir.

w A coordinación entre profesores resulta clave para xestionar un bo clima convivencial.

w Unha formulación non-violenta será especialmente significativa en espazos como o patio do colexio, o comedor e en momentos como a entrada e saída do centro.

w Fomentar o coidado e uso correcto das instalacións e material do recinto escolar.

w Implicar aos pais a que axuden aos seus fillos a cumprir as normas que rexen a convivencia no centro e fóra del.

w Motivar desde as clases, as accións que favorezan a convivencia entre todos os alumnos.

w Mellorar a formación dos educadores en técnicas de resolución de conflitos.

w É necesario concretar e clarificar as normas de convivencia e dalas a coñecer a todos os mem-bros da comunidade educativa. Deixar claras as actuacións que levarán a cabo en caso de incumprimento. É moi importante a planificación de actuacións de prevención.

Puntos que consideramos como prioritarios á hora de enfocar o noso plan de convivencia:

w Realizar propostas organizativas para tratamento de alumnos en situación de risco: por falta de motivación, por falta de habilidades sociais.

w Traballar desde o currículo a adquisición de valores, o autocoñecemento, a autoestima ...

w Traballar desde o currículo o control e expresión das emocións.

w Desenvolvemento e utilización de técnicas cooperativas en clase.

w Participación das familias. Compromiso de actuación conxunto. Imprescindible implicación das asociacións de pais.

w Traballar habilidades de comportamento social e comunicación.

Page 11: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-11-

2. Principios e fins

”Aprender a convivir cos demais é unha finalidade esencial da educación e repre-

senta un dos principais retos para os sistemas educativos actuais. Trátase dunha

aprendizaxe valiosa en si mesmo e imprescindible para a construción dunha socie-

dade máis democrática, máis solidaria, máis cohesionada e máis pacífica.”Informe á UNESCO da Comisión Internacional sobre a educación para o século XXI ao sinalar a

necesidade de que os alumnos aprendan na escola a convivir.

O Plan de convivencia do centro é o documento no que se articula a convivencia escolar, que ga-rante unha educación no exercicio dos dereitos e das liberdades dentro dos principios democráticos de convivencia, así como na prevención de conflitos e a súa resolución pacífica.

Neste sentido, para elaborar un Plan Anual de Convivencia que dea resposta aos novos retos que nos expón a sociedade en que vivimos, debemos ter en conta os principios que rexen a educación nun centro da Compañía e que se recollen en catro documentos esenciais:

-Características da Educación nun Centro da Compañía.

-O Noso Modo de Proceder.

-O Paradigma Pedagóxico Ignaciano (PPI).

-O Carácter Propio dun Centro da Compañía.

A convivencia nos centros escolares é hoxe unha preocupación do profesorado e da sociedade, hai unha percepción xeneralizada de que na escola aumentaron os conflitos entre alumnos e os conflitos profesor-alumno. É unha situación complexa na que inciden múltiples factores, polo que é necesario abordala desde diversos ámbitos. O noso Plan de Convivencia pretende facer unha análise da situación actual do centro para determinar o que xa facemos e o que nos queda por facer, tendo en conta as nosas características e os valores que sustentan o noso proxecto educativo.

A educación xesuítica acentúa e axuda a desenvolver o papel de cada individuo como membro da comunidade humana. Os alumnos, os profesores e todos os membros da comunidade educativa son animados a crear unha solidariedade cos demais. (Crtas. Alumno Centro da Compañía de Xesús)

O PPI sinálanos que o obxectivo último da educación é o crecemento integral da persoa e incorpora a inserción do tratamento de valores e o crecemento persoal dentro do currículo. Ambas as cuestións imprescindibles para desenvolver un Plan de Convivencia.

O Carácter Propio remarca os seguintes obxectivos da educación:

A) A atención persoal aos alumnos, especialmente aos menos dotados, mediante a acepta-ción da súa persoa e situación, valorando non só o rendemento académico, senón as cualida-des humanas, necesidades e intereses.

Page 12: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-12-

B) A atención e interese polos aspectos comunitarios dos alumnos, a súa capacidade de pensar e comunicarse en grupo, de convivir e traballar cos demais.

C) A esixencia e firmeza no cumprimento das normas, no estudo, e nas demais actividades da vida escolar.

D) A cooperación e participación dos alumnos na súa propia formación.

E) A liberdade de expresión e iniciativa, suposto o debido respecto á dignidade das persoas.

F) A apertura aos novos métodos e técnicas educativas, segundo o pide o progreso da cul-tura e da sociedade.

Todo isto recóllese na misión, visión e valores do noso centro. Así mesmo, a lexislación educativa si-nala como obxectivos da educación o aprender a convivir cos demais, educar persoas tolerantes, soli-darias, capaces de cooperar unhas con outras. Educar persoas que rexeiten a violencia, que non teñan prexuízos nin comportamentos sexistas e que sexan capaces de resolver pacificamente os conflitos. Educar no diálogo, afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da ciudadanía democrática. Todo isto coincide co noso modo de actuar.

Teremos en conta o noso sistema de xestión por procesos seguindo o modelo EFQM.

Finalmente establecerase un plan de difusión, de seguimento e de avaliación do Plan Anual de Convivencia.

Page 13: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-13-

3. Órganos de Goberno

3.1. A comunidad Educativa 1. Todos os membros da comunidade educativa son axentes responsables da convivencia

escolar nos termos establecidos neste decreto e participarán na elaboración, desenvolvemento, control do cumprimento e avaliación do Plan de convivencia e das normas de convivencia do cen-tro.

2. A comunidade educativa no seu conxunto velará pola aplicación daquelas medidas que vaian encamiñadas a fomentar o respecto ás diferenzas, entre elas, a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

3.2. O Consello EscolarO Consello Escolar do centro educativo, ademais das funcións que lle atribúe o artigo 127 da Lei

orgánica 2/2006, terá ás seguintes:

a) Elixir os representantes da Comisión de convivencia, de acordo co establecido no artigo 6.2º deste decreto.

b) Establecer directrices para a elaboración do Plan de convivencia e das normas de convivencia do centro.

c) Aprobar o Plan de convivencia e as normas de convivencia do centro.

d) Realizar anualmente o seguimento e avaliación do Plan de convivencia e das normas de convivencia do centro.

e) Propoñer actuacións en relación coa convivencia para todos os sectores da comunidade educativa, especialmente as relacionadas coa resolución pacífica de conflitos.

3.3. Comisión de ConvivenciaA Comisión de convivencia de cada centro constituirase no seo do Consello Escolar. Terá carácter

consultivo e velará pola correcta aplicación do disposto na lei, no Plan de convivencia e nas normas de convivencia de cada centro.

Integrará o principio de igualdade entre mulleres e homes de todos os sectores da comunidade educativa. Estará composta polos representantes do alumnado, do profesorado, das familias e do persoal de administración e servizos e, no caso dos centros concertados, pola persoa titular do centro, todos eles na mesma proporción na que se encontran representados no Consello Escolar.

Será presidida pola persoa titular da Dirección do centro e un dos seus integrantes actuará como secretaria ou secretario, quen levantará acta das súas reunións. O nomeamento das persoas inte-grantes na Comisión de convivencia nos centros educativos corresponde ao director ou directora por proposta dos colectivos representados. Os seus membros poden coincidir cos do Consello Es-colar, pero non teñen que ser os mesmos, necesariamente.

Page 14: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-14-

A Comisión manterá tres reunións anuais de carácter ordinario, unha por trimestre, e con carác-ter extraordinario cantas veces sexa convocada pola súa presidencia, por iniciativa propia ou por proposta de, polo menos, unha terceira parte dos seus membros.

Funcións da Comisión

a) Dinamizar todos os sectores da comunidade educativa, incorporando as súas iniciativas no procedemento de elaboración, desenvolvemento, seguimento e revisión do Plan de convi-vencia do centro.

b) Adoptar as medidas preventivas necesarias para garantir os dereitos de todos os membros da comunidade educativa e o cumprimento das normas de convivencia do centro.

c) Impulsar accións dirixidas á promoción da convivencia, especialmente o fomento de actitu-des para garantir a igualdade entre mulleres e homes, a igualdade de trato de todos os mem-bros da comunidade educativa e a resolución pacífica de conflitos.

d) Propoñer ao Consello Escolar as medidas que considere oportunas para mellorar a conviven-cia, así como dar conta a este, cando menos dúas veces ao longo do curso, das actuacións desenvolvidas e das correccións e medidas disciplinarias impostas.

e) Propoñer, de ser o caso, ao director do centro persoas que poidan formar parte do equipo de mediación.

f ) Coñecer o cumprimento efectivo das correccións e medidas correctoras nos termos que foran impostas e informar ao Consello Escolar sobre o grao de cumprimento da normativa vixente.

g) Realizar o seguimento dos compromisos de convivencia subscritos no centro.

h) Elaborar unha memoria anual sobre a análise da convivencia e conflitividade no centro, no que se reflictan as iniciativas a nivel centro sobre a materia. Este informe será trasladado ao Consello Escolar do centro e ao correspondente servizo territorial de inspección educativa.

i) Aqueloutras que lle sexan encomendadas polo Consello Escolar do centro docente ou polo órgano da administración educativa con competencias na materia.

Cando a Comisión de convivencia o considere oportuno poderá solicitar o asesoramento dos profesionais do Departamento de Orientación que interveñen no centro, do profesorado titor re-lacionado co tema que se analice, do educador ou educadora social do concello onde se atope o centro educativo ou doutros profesionais segundo a problemática.

3.4. Claustro de Profesores

O Claustro, ademais das funcións que lle atribúe o artigo 129 da Lei orgánica 2/2006, terá as seguintes funcións:

a) Realizar propostas para a elaboración do Plan de convivencia e das normas de convivencia do centro.

b) Participar na avaliación periódica da convivencia no centro, incidindo especialmente no des-envolvemento do Plan de convivencia.

c) Propoñer actuacións de carácter educativo, especialmente as relacionadas coa resolución pacífica de conflitos.

Page 15: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-15-

3.5. Equipo Directivo

1. Ao Equipo Directivo do centro correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Elaborar, de ser o caso, o Plan de convivencia do centro e as demais actuacións derivadas do desenvolvemento, seguimento, avaliación e revisión deste, así como as demais com-petencias da Comisión de convivencia, mentres non estea constituída.

b) Impulsar as actividades previstas no Plan de convivencia así como velar pola realización destas e polo cumprimento das normas de convivencia.

2. O director, ademais das funcións que lle atribúe o artigo 132 da Lei orgánica 2/2006, terá as seguintes funcións en materia de convivencia:

a) Garantir as condicións para que exista no centro un axeitado clima escolar que favoreza a aprendizaxe e a participación do alumnado.

b) Garantir o exercicio da mediación, a imposición de medidas correctoras e o desenvolve-mento dos procesos e procedementos que se establecen neste decreto.

c) Velar polo cumprimento das medidas correctoras por parte do alumnado.

De conformidade co artigo 132.f ) da Lei orgánica 2/2006, correspóndelle ao director a im-posición das medidas correctoras. O director poderá delegar no xefe de estudos, no titor ou nun profesor esta competencia (Véxase Decreto 2013. Anexo- )

3. Ao Xefe de Estudos correspóndelle:

a) Coordinar e dirixir as actuacións establecidas no Plan de convivencia do centro e nas nor-mas de convivencia do centro.

b) Velar polo desenvolvemento coordinado e coherente das actuacións establecidas no Plan de convivencia e das actuacións relativas á mellora da convivencia reflectidas nos respec-tivos plans de acción titorial e de atención á diversidade do centro.

c) Promover o exercicio da mediación que se leve a cabo no centro.

d) Organizar a atención educativa ao alumnado ao que se lle suspendese o dereito de asis-tencia á clase, no marco do disposto nas normas de organización e funcionamento do centro.

Page 16: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-16-

4. Plan de Convivencia

4.1. Elaboración Será elaborado pola Comisión de convivencia, ou, cando esta non estivese constituída, polo Equi-

po Directivo, e será aprobado polo Consello Escolar. Os centros docentes privados concertados elabo-rarán os respectivos plans de convivencia tendo en conta as súas peculiaridades.

A elaboración do Plan de convivencia suporá a reflexión e, de ser o caso, a actualización dos se-guintes documentos:

a) O proxecto educativo do centro.

b) A concreción curricular, respecto do desenvolvemento das competencias básicas e da meto-doloxía empregada.

c) O plan de atención á diversidade e o plan de acción titorial.

d) As normas de organización e funcionamento do centro, sobre todo aquelas que garantan o cumprimento do Plan de convivencia e as que recollan respostas educativas que o centro pro-porciona aos diferentes intereses e motivacións do alumnado.

e) A programación xeral anual.

4.2. Obxectivos

a) Facilitar aos órganos de goberno e ao profesorado instrumentos e recursos en relación coa prevención da violencia e a mellora da convivencia no centro.

b) Concienciar e sensibilizar á comunidade educativa sobre a importancia dunha axeitada convi-vencia escolar e sobre os procedementos para mellorala e acadar un ambiente educativo que permita o óptimo aproveitamento dos recursos que a sociedade pon á disposición do alum-nado.

c) Fomentar nos centros educativos os valores, as actitudes e as prácticas que permitan mellorar o grao de aceptación e cumprimento das normas e avanzar no respecto á diversidade e no fomento da igualdade entre homes e mulleres.

d) Facilitar a prevención, detección, tratamento, seguimento, xestión e resolución dos conflitos que poidan producirse no centro e aprender a utilizalos como fonte de experiencia e aprendi-zaxe.

e) Facilitar a prevención, detección e eliminación de todas as manifestacións de violencia, espe-cialmente do acoso escolar, da violencia de xénero e das actitudes e comportamentos xenófo-bos e racistas.

f ) Facilitar a conciliación ou a mediación para a resolución pacífica dos conflitos.

g) Contribuír desde o ámbito da convivencia á adquisición das competencias básicas, particular-mente das competencias social e cidadá e para a autonomía e iniciativa persoal.

Page 17: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-17-

h) Fomentar e facilitar a participación, a comunicación e a cooperación das familias no mante-mento da convivencia nos centros docentes.

h) Establecer, incrementar e consolidar as relacións con entidades e institucións do contorno que contribúan á construción de comunidades educadoras e a unha convivencia de calidade que potencie os dereitos e liberdades fundamentais.

4.3. Actitudes que favorecen a aplicación do Plan

a) Asunción por parte de todos os membros da comunidade educativa de que a convivencia é tarefa de todos.

b) Respecto e cumprimento das normas de convivencia do Centro e coidado no uso das depen-dencias e materiais.

c) Recoñecemento e aceptación da existencia de conflitos interpersoais e grupais e valoración do diálogo como instrumento de resolución dos mesmos

4.4. Aplicación do Plan de ConvivenciaO Plan de Convivencia forma parte do Proxecto Educativo do Centro, da Programación Xeral Anual

e deberá ser coherente cos principios que se derivan do Carácter Propio do mesmo.

Na Programación Xeral Anual incluiranse as actuacións previstas no Plan de Convivencia para cada curso académico.

-Os Proxectos Curriculares de Etapa incluirán criterios e procedementos para a prevención e promoción da convivencia, referidos aos diferentes apartados do Plan de Convivencia. A educa-ción para a convivencia, como parte integrante da función docente, desenvolverase en todas as áreas e materias do currículo.

-O Departamento de Orientación asesorará ao Director no exercicio das súas competencias, ao Coordinador Xeral de Formación e ao resto de Coordinadores de cada etapa, na aplicación do Plan de Convivencia e aos equipos docentes e titoría no seu exercicio.

-Na planificación da orientación educativa deberá terse en conta as directrices previstas no Plan de Convivencia.

-Na planificación da Acción Titorial prestarase especial atención á educación na convivencia e á resolución de conflitos.

4.5. Seguimento e avaliación do Plan de ConvivenciaO seguimento do Plan de Convivencia realizarase trimestralmente a través da Comisión de Convi-

vencia, informando cando se solicite ao Equipo Directivo e nas reunións previstas do Consello Escolar.

Trimestralmente recolleranse datos relativos aos casos atendidos e ao tipo de incidencias produ-cidas.

Page 18: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-18-

O Coordinador Xeral de Formación e os Coordinadores de Titores de cada etapa, terán as funcións que lle encomende a Entidade Titular do Centro, expresadas no RRI encamiñadas a favorecer a convi-vencia e corrixir as alteracións que se produzan.

Todos os profesores implicaranse no deseño e execución das actividades e medidas contempla-das no Plan de Convivencia.

A Comisión de Convivencia elaborará a memoria do plan suxerindo propostas de mellora para o curso seguinte.

4.6.Difusión1. Unha ves aprobado en COD presentarase a o Claustro y a os distintos sectores implicados. Col-

garase en Público.

2. Establecese un prazo de quince días para aportar suxerencias de mellora.

3. Aprobación polo Consello Escolar.

Page 19: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-19-

5. Condutas contrarias á convivencia

5.1. Principios Xerais

1. Os centros docentes poñerán especial énfase na prevención das condutas contrarias á convi-vencia mediante o desenvolvemento das actuacións e medidas incluídas no seu Plan de convi-vencia

2. Os procesos de corrección das condutas do alumnado contrarias á convivencia escolar forman parte do seu proceso educativo, polo que as correccións que se apliquen polo incumprimento das normas de convivencia deben reunir os seguintes requisitos:

a) Ter carácter educativo e recuperador.

b) Garantir o respecto dos dereitos de todo o alumnado e procurar a mellora da convivencia no centro docente.

c) Contribuír a que a alumna ou alumno corrixido asuma o cumprimento dos seus deberes e mellorar as súas relacións con todos os membros da comunidade escolar e a súa integración no centro educativo.

d) Ser proporcionais á gravidade da conduta corrixida.

3. O diálogo e a conciliación serán as estratexias habituais e preferentes para a resolución de con-flitos no ámbito escolar.

4. Nos casos en que fose necesario, realizarase a oportuna asistencia e orientación psicopedagóxi-ca ás vítimas e aos agresores.

5. Os incumprimentos das normas de convivencia serán valorados antes da imposición da co-rrección tendo presente a idade e as circunstancias persoais, familiares ou sociais do alumnado corrixido.

6. Ningunha alumna ou alumno poderá ser privada ou privado do exercicio do seu dereito á edu-cación, nin, para o caso da educación obrigatoria, do seu dereito á escolaridade.

7. Non poderán impoñerse correccións contrarias á integridade física e á dignidade persoal do alumnado.

5.2. Gradación das medidas correctoras Para a gradación das medidas correctoras previstas na Lei tomaranse en consideración especialmen-

te os seguintes criterios:

a) O recoñecemento espontáneo do carácter incorrecto da conduta e, de ser o caso, o cumprimen-to igualmente espontáneo da obriga de reparar os danos producidos.

b) A existencia de intencionalidade ou reiteración nas condutas.

Page 20: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-20-

c) A difusión por calquera medio, incluídos os electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos, da con-duta, as súas imaxes ou a ofensa.

d) A natureza dos prexuízos causados.

e) O carácter especialmente vulnerable da vítima da conduta, de tratarse dunha alumna ou dun alumno, en razón da súa idade, da recente incorporación ao centro ou calquera outra circuns-tancia que se considere propiciadora desta vulnerabilidade.

5.3. Reparación de danos causados

1. O alumnado está obrigado a reparar os danos que cause, individual ou colectivamente, de for-ma intencionada ou por neglixencia, ás instalacións e materiais dos centros, incluídos os equi-pos informáticos e o software, e aos bens doutros membros da comunidade educativa, ou a facerse cargo do custo económico da súa reparación. Así mesmo, está obrigado a restituír o subtraído ou, se non fose posible, a indemnizar o seu valor. As nais e pais ou as titoras ou titores legais serán responsables civís nos termos previstos pola lexislación vixente.

2. Cando se incorrese en condutas tipificadas como agresións físicas ou morais, haberá de repa-rarse o dano moral causado mediante a presentación de escusas e o recoñecemento da respon-sabilidade dos actos, ben en público ou en privado, segundo corresponda pola natureza dos feitos, e de acordo co que determine a resolución que impoña a corrección da conduta.

3. O réxime de responsabilidade e reparación de danos establecido no parágrafo anterior é com-patible coas correccións disciplinarias que, de ser o caso, correspondan.

5.4. Ámbito de corrección

1. Deben corrixirse as condutas do alumnado contrarias á convivencia escolar que se produzan en calquera tipo de actividade que se desenvolva dentro do recinto escolar ou durante a rea-lización de actividades complementarias e extraescolares que se desenvolvan fóra do citado recinto, así como durante a prestación dos servizos de comedor e transporte escolar.

2. Así mesmo, poderán corrixirse as condutas do alumnado producidas fóra do recinto docente que estean directamente relacionadas coa vida escolar e afecten a outros membros da comuni-dade educativa.

5.5. Aspectos formais dos procedementos correctores

1. No exercicio das funcións de corrección de condutas contrarias á convivencia, a constatación de feitos constitutivos de condutas gravemente prexudiciais para a convivencia reguladas no De-creto 2013 (condutas gravemente prexudiciais para a convivencia. Punto 5.6 deste documento) deberán formalizarse por escrito, logo da tramitación dos procedementos de corrección regula-dos no capítulo IV deste decreto.

Page 21: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-21-

2. O documento de constatación dos feitos elaborado polo profesorado considérase, agás proba en contrario, acreditación suficiente dos mesmos e polo tanto contará coa presunción de vera-cidade segundo o establecido no artigo 11.2 da Lei 4/2011, de convivencia e participación da comunidade educativa e deberá conter como mínimo os seguintes datos:

a) Lugar, data e hora da comisión da acción ou omisión que dá lugar ao procedemento.

b) Descrición da acción ou omisión que determina a incoación do procedemento.

c) A norma que se estime infrinxida, sen que esta mención implique a cualificación definitiva da acción ou omisión que dá lugar ao procedemento.

d) Nome, apelido, enderezo e datos académicos da alumna ou do alumno, incurso no proce-demento, e se non fose maior de idade, tamén os datos identificativos dous seus proxeni-tores ou representantes legais.

e) De ser o caso, identificación das persoas que presenciasen a acción ou omisión que dá lugar ao procedemento ou que puidesen achegar datos de interese para a comprobación dos feitos.

f ) Identificación e sinatura da profesora ou do profesor que elabore o documento.

3. A incoación do procedemento notificarase á nai ou ao pai, á titora ou ao titor legal da alum-na ou do alumno, ou a esta ou este, se fose maior de idade, con indicación da conduta que o motiva, as correccións que puidesen corresponder,e o nome do docente instrutor. Así mesmo, comunicarase á Inspección Educativa.

4. As citacións ás alumnas ou aos alumnos ou, se fosen menores de idade non emancipados, ta-mén aos seus proxenitores ou representantes legais, realizaranse por calquera medio de comu-nicación inmediata que permita deixar constancia fidedigna de terse realizado e da súa data.

5. A non comparecencia sen causa xustificada das alumnas ou dos alumnos ou, de ser o caso, dos seus proxenitores ou representantes legais, ou ben a negativa a recibir comunicacións ou noti-ficacións, non impedirá a continuación do proceso de corrección.

6. As audiencias e comparecencias das nais e pais ou das titoras ou titores legais do alumnado menor de idade nos procedementos regulados no capítulo IV deste decreto son obrigatorias para elas e eles, a súa desatención reiterada e inxustificada será comunicada ás autoridades competentes, para os efectos da súa posible consideración como incumprimento dos deberes inherentes á patria potestade ou á tutela.

7. A resolución do procedemento notificarase á nai ou pai, titora ou titor legal da alumna ou do alumno, ou á propia alumna ou alumno, se fose maior de idade, nun prazo máximo de doce días lectivos dende que se tivo coñecemento dos feitos que deron lugar á incoación do procede-mento, comunicándose igualmente á Inspección Educativa.

5.6. Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia

a) As agresións físicas ou psíquicas, as inxurias e as ofensas graves, as ameazas e as coaccións con-tra os demais membros da comunidade educativa.

Page 22: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-22-

b) Os actos de discriminación grave contra membros da comunidade educativa por razón de nace-mento, raza, sexo, orientación sexual, capacidade económica, nivel social, conviccións políticas, morais ou relixiosas, discapacidades físicas, sensoriais ou psíquicas, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

c) Os actos individuais ou colectivos de desafío á autoridade do profesorado e ao persoal de admi-nistración e de servizos que constitúan unha indisciplina grave.

d) A gravación, a manipulación e a difusión por calquera medio de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, á dignidade da persoa, á intimidade persoal e familiar e á pro-pia imaxe dos demais membros da comunidade educativa.

e) As actuacións que constitúan acoso escolar consonte o establecido polo artigo 28 da Lei 4/2011.

f ) A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación, alteración ou sub-tracción de documentos académicos.

g) Os danos graves causados de forma intencionada ou por neglixencia grave ás instalacións e materiais dos centros docentes, incluídos os equipos informáticos e o software, ou aos bens doutros membros da comunidade educativa ou de terceiros, así como a súa subtracción.

h) Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do centro, incluídas as de carácter complementario e extraescolar.

i) As actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e integridade persoal dos membros da comunidade educativa do centro, ou a incitación a elas.

k) Portar calquera obxecto, substancia ou produto gravemente perigoso para a saúde ou integri-dade persoal de calquera membro da comunidade educativa.

En todo caso, reputarase indisciplina grave a resistencia ou negativa a entregar os obxectos a que se refire o punto terceiro do artigo 11 da Lei 4/2011 cando é requirido para iso polo profe-sorado.

l) A reiteración, nun mesmo curso escolar, de condutas leves contrarias á convivencia.

m) O incumprimento das sancións impostas.

Page 23: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-23-

5.6.1. Medidas correctoras das condutas gravemente prexudiciais

a) Realización, dentro ou fóra do horario lectivo, de tarefas que contribúan á mellora e desenvol-vemento das actividades do centro.

b) Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do cen-tro por un período de entre dúas semanas e un mes.

c) Cambio de grupo.

d) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de entre catro días lectivos e dúas semanas. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado haberá de reali-zar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

e) Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de entre catro días lectivos e un mes. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado haberá de realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

f ) Cambio de centro.

5.7. Condutas leves contrarias á convivencia e a súa corrección

a) As condutas tipificadas como agresión, inxuria ou ofensa na alínea a), os actos de discrimina-ción da alínea b), os actos de indisciplina da alínea c), os danos da alínea g), os actos inxustifica-dos da alínea h) e as actuacións prexudiciais descritas na alínea i) do artigo 15 da Lei 4/2011 que non alcancen a gravidade requirida no devandito precepto.

b) Portar calquera obxecto, substancia ou produto expresamente prohibido polas normas do centro que sexa perigoso para a saúde ou integridade persoal do alumnado ou dos demais membros da comunidade educativa, ou que perturbe o normal desenvolvemento das activida-des docentes, complementarias ou extraescolares, cando non constitúa conduta gravemente prexudicial para a convivencia de acordo coa alínea k) do artigo15 da Lei 4/2011.

c) A inasistencia inxustificada á clase e as faltas reiteradas de puntualidade, nos termos estableci-dos polas normas de convivencia de cada centro.

d) A reiterada asistencia ao centro sen o material e equipamento preciso para participar activa-mente no desenvolvemento das clases.

e) As demais condutas que se tipifiquen como tales nas normas de convivencia de cada centro docente.

Page 24: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-24-

5.7.1. Medidas correctoras

a) Amoestación privada ou por escrito.

b) Comparecencia inmediata ante a persoa que ocupe a xefatura de estudos ou persoa que exerza funcións equivalentes nos centros concertados.

c) Realización de traballos específicos en horario lectivo.

d) Realización, en horario non lectivo, de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro.

e) Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do cen-tro por un período de ata dúas semanas.

f ) Cambio de grupo por un período de ata unha semana.

g) Suspensión do dereito de asistencia a determinadas clases por un período de ata tres días lec-tivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado haberá de realizar os deberes ou os traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

h) Suspensión temporal do dereito de asistencia ao centro por un período de ata tres días lectivos. Durante o tempo que dure a suspensión, o alumnado haberá de realizar os deberes ou traballos que se determinen para evitar a interrupción no proceso formativo.

Page 25: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-25-

6. Plan de Actuación

ÁMBITO ACTUACIÓN ETAPA COORDINA PRAZOS

Satisfacción

Enquisa bianual de satisfacción ao alum-nado e ás familias.Avaliación de competencias.

A partir de 5ºP.Todos os cursos

Equipo de cali-dade

3º Trimestre

Incorporar Plan nos encontros familia-escola.

Todos os cursos Direccións SectorTitores

Inicio de Curso

Formación Profesorado

Ofertar cursos sobre resolución de confli-tos.Abrir un cartafol con recursos.Grupo Plataforma Educamos.

Todos os cursos CalidadeDirectores de SectorJefatura de For-mación

1º Trimestre

Cursos CONEDSI (NN.PP., Coloquios, Tito-rías…).

Todos os cursos Dirección Ge-neral

Durante todo o curso

Prevención e Resolución de Conflitos

Aplicar o proceso Resolución Conflitos.Incorporar plan de Acoso Escolar.Figura de alumno axudante.Incorporar programa de Mediación (en proceso).Crear aula de convivencia.

Todos os cursos CalidadeCoordinadoresTitoresJefatura de For-mación

2º Trimestre

Media Pensión e Paraescolares

Elaborar e aplicar prego de normas.Cubrir ficha de Proceso de Resolución de Conflitos.Traballar Normas de Convivencia.

Todos os cursos Comisión Convi-venciaResponsable M.P. e Paraescoalres

Durante todo o curso

Titoría Grupal

Potenciar consellos de curso e elección de delegados.Desenvolver módulos de identidade per-soal e grupal.Traballar a participación, a expresión e a crítica social desde a tolerancia e o respecto.Resaltar o Consello Escolar.Encontro xornada de delegados con Directores de Sector.Presentar o Plan de Convivencia.

A partir de 5º de Ed. PrimariaESOBacharelato

Coordinadora de curso.Jefatura de For-maciónTitores

Durante todo o curso

Incorporar Programa de Competencia Social e Educación en Valores.

PrimariaESOBacharelato

Dpto. Orienta-ciónTitores

Durante todo o curso

Traballar especificamente o Acoso Escolar.Desenvolver dinámicas para traballar os malos tratos.

Desde 5º de Ed. Primaria

TitoresDpto. Orienta-ciónDirectores Sector

Durante todo o curso

Deseñar normas de aula. A partir de 5º de Ed. Primaria

Profesores Setembro

Aplicar sociogramas. Ed Primaria ESO

Dpto. de Orien-taciónTitores

2º Trimestre

Traballar a Toma de Decisións PrimariaESOBacharelato

Equipos de Titores Jefatura de For-mación

Durante todo o curso

Encontros convivenciaisSaídas Culturais e sociais, de estudos.Festas ColexiaisMerenda Solidaria, Campaña de Nadal

PrimariaESOBacharelato

PastoralDirectores SectorCoordinadoresTitores

Durante todo o curso

Page 26: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-26-

Titoría individual

Formación do profesorado nas técnicas de entrevista.

Todos os cursos Comisión Peda-góxicaJefatura de For-mación

Durante todo o curso

Xestión da aula

Incorporar as programacions medidas de reforzo, ACI, AFA.

Todos os cursos Comisión Peda-góxica

Todo o curso

Aula de convivencia. ESO / Bach Directores Sector Todo o curso

Plan acollida novos alumnos. PrimariaESOBacharelato

Directores de Sector

Setembro Outubre

Incorporar a aprendizaxe cooperativa, a pedagoxía por proxectos, aprendizaxe baseada en problemas e os agrupamentos flexibles.

Primaria / ESO / BACH

Comisión Peda-góxica

Durante todo o curso

Social Fomentar o voluntariado. ESOBacharelato

Responsable de Educ. SocialTitores. Pastoral

Durante todo o curso

Avaliación Desenvolver a Autoavaliación e a Coava-liación.

PrimariaESOBacharelato

Comisión Peda-góxica.Titores

Durante todo o curso

Contexto Incrementar a presenza educativa en pa-tios e corredores en tempos de descanso.

Todos os cursos Directores de Sector

Durante todo o curso

Page 27: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-27-

7. Anexos

7.1. Presentación

Nota: En proceso de elaboración os anexos 11 (Aula de Convivencia Inclusiva) ; 12 (Mediación) e 13 (Programa de Competencia Social).

Page 28: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Curso 2015/16 / Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar

-28-

7.2. Índice Xeral de Anexos

1. Normas

Grazas a elas pódese facer una boa xestión da clase, afrontar os conflitos con pautas claras, mellorar as actitudes e actuar de xeito máis obxectivo.Neste anexo atopamos os seguintes referentes colexiais:

a) Normas de Convivencia de Santa María do Mar (libro amarelo).

b) Documento-guía sobre cómo xestionar as normas de aula (artigo Padres y Maestros).

c) Normas xerais na Biblioteca do centro.

d) Normas xerais de Seguridade nos Laboratorios.

e) Normas xerais de Seguridade na Aula de Tecnoloxía.

f ) Normas xerais en Media-Pensión.

g) Paraescolares.

h) Enfermería.

i) Transporte.

2. Decreto 8/2015

Decreto polo que se desenvolve a Lei 4/2011 do 30 de xuño de convivencia e participación da comuni-dade educativa en materia de convivencia escolar.

3. Enquisa Convivencia

Aparece a enquisa que fai mención a análise contextual da convivencia no centro e que forma parte do Plan de Convivencia.

4. Maltrato Infantil

A escola é un lugar onde se percíben situacións de maltrato infantil.O anexo presenta o programa RUMI (Rexistro Unificado de Maltrato Infantil) da Xunta de Galicia onde se expón o protocolo de detección e intervención do maltrato desde os servizos educativos.

Este anexo consta de varios documentos: Folla de Notificación do maltrato e Documento explicativo sobre que facer en situación de maltrato.Ademais, engádese un documento-guía para a detección do maltrato Infantil.

5. Procedemento de Corrección. Expediente Disciplinario

Preséntase un modelo de expediente disciplinario. Partimos dun esquema de tramitación onde apare-cen as etapas, prazos e responsables para despois desplegar unha relación de modelos, concretamente doce, que serven como exemplo en caso de ter que levar a cabo un procedemento de Corrección. Aclarar que é un modelo-guía para orientar o proceso.

6. Lei 4/2011. Convivencia e participación da Comunidade Educativa

Page 29: Plan de convivencia - Santa María del Marcolegio.santamariadelmar.org/documentos/jfpc1516_tk9871557898.… · E.S.O. y privado en ... Aula Psicotecnia Aula Tecnoloxía Aulas de apoio

Plan de convivencia. CPR Santa María del Mar / Curso 2015/16

-29-

7. Quendas. Presenza Educativa

Rexistro de presenza educativa por zonas do centro atendendo ao calendario semanal e trimestral.

8. Ficha Resolución de Conflitos

Seguindo o proceso EFQM no que estamos inmersos, preséntase o documento protocolo de resolución de conflitos.

9. Programa Acción Titorial

Listado da programación que se leva a cabo en ESO e Bacharelato nas horas de formación humana.

10. Protocolo Xeral de prevención, detección e tratamento do Acoso Escolar e Ciberacoso

O fenómeno denominado maltrato entre iguais ou bullying adquire interese especial nos últimos anos.Este anexo presenta un amplo documento, aprobado en maio de 2013, que aborda a prevención e a intervención en situación de acoso. Un amplo número de anexos guían o proceso a seguir.

11. Mediación

En proceso de elaboración. Curso 15-16

12. Aula de Convivencia Inclusiva

Expoñense as características da AC, a súa finalidade, a labor do profesor, titor e director de sector asi como o proceso de derivación de alumnos a esta aula.Varios Anexos serven para rexistrar os datos e para realizalo seguimento dos alumnos.

13. Programa de Competencia Social

Documentos-marco con guías de traballo nos ámbitos da competencia social e na adquisición de habi-lidades comunicativas. Sinalar que ademáis dos documentos presentados o depto. de Orientación ten máis material, e en distintos formatos, para o traballo destas competencias.

14. Protocolo eductivo para a prevención e o control do Absentismo Escolar

Proceso común de actuación que permite garantir a asistencia aos centros educativos e, no caso de incumprimento, asesora sobre que hai que facer tanto a nivel colexial, familiar como ante a Administra-ción. Varios Anexos acompañan este documento.