plan anual de actuación - edu.xunta.gal muros_ 19… · plan anual de actuación- departamento de...

47
Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 1 Plan Anual de Actuación Curso 2019/20 D D E E P P A A R R T T A A M M E E N N T T O O D D E E O O R R I I E E N N T T A A C C I I Ó Ó N N IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA MUROS

Upload: others

Post on 18-Oct-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

1

Plan Anual de Actuación

Curso 2019/20

DD EE PP AA RR TT AA MM EE NN TT OO DD EE

OO RR II EE NN TT AA CC II ÓÓ NN

IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA MUROS

Page 2: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

2

1.-INTRODUCCIÓN. 3

2.-XUSTIFICACIÓN DA REALIZACIÓN DO PLAN. 5

3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO. 7

3.1.-CARACTERÍSTICAS DO CONTEXTO. POBOACIÓN EDUCATIVA E NECESIDADES.

3.2.-ESTRUTURA ORGANIZATIVA E FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

4.-OBXECTIVOS DO PLAN DE ACTUACIÓN DO DEPARTAMENTO. 12

5.- PLANIFICACIÓN XERAL E DEFINICIÓN DE ACCIÓNS PRIORITARIAS. 14

5.1.-ACCIÓNS PRIORITARIAS. 14

5.2.-PLANIFICACIÓN XERAL: 16

5.2.1.-ACTUACIÓNS COS CENTROS ADSCRITOS.

5.2.2.- ACTUACIÓN DO DEPARTAMENTO NOS ÁMBITOS: 18

a. Ámbito de Potenciación da Acción Titorial 18

b. Ámbito de Orientación Profesional na Formación ao Longo da Vida. 28

c. Ámbito de Atención á Diversidade. 34

5.2.3.-OS ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN EN RELACIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO: 41

6.-ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN. 43

7.-RECURSOS. 44

8.-CRITERIOS DE SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E PROPOSTAS DE MELLORA. 45

INDICE PÁXINAS

Page 3: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

3

1.- INTRODUCCIÓN.

A orientación como algo inherente á propia educación, é entendida como un proceso de

axuda (a través das técnicas e o asesoramento necesarios) que trata de promover e facilitar o

desenvolvemento integral (persoal, educativo, social e profesional) de toda a diversidade do

alumnado ao longo da vida; así como á implicación de tódolos axentes da comunidade

educativa.

A orientación é, por tanto, un instrumento que o Sistema Educativo proporciona para a

atención educativa á diversidade. No Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula

a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de

Galicia, enténdese por atención á diversidade o conxunto de medidas e accións que teñen

como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades,

ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o

alumnado. No marco deste Decreto, sinala, que a atención á diversidade rexerase polos

principios de normalización e inclusión; equidade, igualdade de oportunidades e non

discriminación; flexibilidade e accesibilidade; interculturalidade e promoción da convivencia;

autonomía dos centros docentes e participación de toda a comunidade educativa.

Na Lei orgánica 2/ 2006, do 3 de maio, de educación– LOE (BOE 04/ 05/ 2006),

modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa-

LOMCE (BOE 10/12/2013), no art. 71 do Título II - Equidade na Educación, establécese que

corresponde as administracións educativas asegurar os recursos necesarios para que o

alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria (alumnado con

necesidade específica de apoio educativo), por presentar necesidades educativas especiais

(discapacidade ou trastornos graves de conduta), por dificultades específicas de aprendizaxe,

TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade), polas súas altas capacidades

intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de

historia escolar, poidan acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades

persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado.

Nesta atención á diversidade é necesario un Sistema Educativo flexible, no que a

Orientación e a Acción titorial son factores determinantes da calidade e mellora do ensino e

constitúen os servizos que o sistema educativo oferta co obxectivo de optimizar a ensinanza.

Page 4: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

4

No marco do enfoque sociopsicopedagóxico, no que se desenvolve a orientación

educativa e profesional, susténtase a labor do departamento de orientación nos principios de

planificación, prevención, sistematización, curricularidade, cooperación, desenvolvemento

persoal, e intervención social, sobre os que se fundamentan o concepto e as funcións da

orientación, fan referencia a unha tarefa: xeneralizada, preventiva, continuada, integrada na

función docente, potenciadora da intervención social e respectuosa coa orixinalidade do

alumnado.

A nivel legal, a orientación educativa e profesional queda vertebrada e desenvólvese nos

tres niveis que estruturan a organización escolar:

na aula, acción titorial

no centro, departamento de orientación

servizos externos, Equipos de Orientación Específicos

Todo isto baixo unha formulación sistémica da intervención (que supera a concepción da

orientación como axuda externa puntual aportada polo experto), na que as actuacións

orientadoras desenvólvense dentro da actividade educativa nun contexto concreto de

intervención e nun proceso de responsabilidade compartida por todo o equipo docente,

coordinada polo orientador e polos servizos externos de apoio.

Page 5: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

5

2.-XUSTIFICACIÓN DA REALIZACIÓN DO PLAN.

O Plan Anual de Actuacións do Departamento de Orientación enténdese como un

documento de traballo que recolle as actuacións do departamento de orientación para un curso,

concretando e apoiando os ámbitos de intervención da Acción Titorial, da Orientación

Profesional ao Longo da Vida e da atención á Diversidade do alumnado. A finalidade do Plan de

Orientación é garantir o exercicio do dereito á orientación educativa e profesional de tódolos

alumnos e a súa continuidade e coherencia ao longo das distintas etapas educativas.

Para dotar de rigor e coherencia á actividade orientadora e titorial do centro, debe

responder a unha Planificación, que parta da análise de necesidades reais e da situación

concreta do centro, a fin de planear obxectivos, estudar colexiadamente posibilidades e

estratexias de intervención, contemplar distintos ámbitos de actuación, establecer accións

prioritarias e programas concretos que guíen a acción na dirección determinada... é dicir,

establecer un pensamento organizado e sistemático sobre o que podemos, queremos e

debemos facer. Entendemos o Plan como un documento aberto, en constante contraste coa

práctica e investigación educativa. Nútrese da análise e reflexión psicopedagóxica (que orienta

e explicita os procesos de ensinanza aprendizaxe e as características dos suxeitos implicados)

pero que non pode quedar alleo a unha reflexión sociolóxica das coordenadas espazo-

temporais, socio- culturais e económicas que o desenvolven.

Para realizar un Plan de Orientación contextualizado, fundamentámonos, por tanto, a nivel

interno, nos diferentes documentos do centro ( Proxecto educativo que recollerá os valores, os

obxectivos e as prioridades de actuación, así mesmo incorporará a concreción dos currículos

establecidos pola Administración educativa, así como o tratamento transversal nas áreas,

materias ou módulos da educación en valores e outras ensinanzas. Dito proxecto deberá ter en

conta as características do entorno social e cultural do centro, recollerá a forma de atención á

diversidade do alumnado e a acción titorial así como o plan de convivencia e deberá respectar o

principio de non discriminación e inclusión educativa como valores fundamentais), nas

directrices da Comisión de Coordinación Pedagóxica, así como nos datos do Plan de

actuacións e da Memoria final do pasado curso e as propostas e modificacións feitas para levar

a cabo no presente ano académico. Ademais, a xefatura do departamento do IES, en

coordinación co centro de primaria que abrangue o seu plan de actuación, elaborará o Plan do

departamento de forma consensuada, informando previamente á xefa do departamento de

Page 6: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

6

orientación de dito centro educativo. Así mesmo farase o seu seguimento, trimestralmente,

coas oportunas modificacións.

A nivel externo, o marco do Plan de Orientación, defínese a partir das instrucións ditadas

pola Dirección Xeral, dirixidas a unificar actuacións dos distintos plans e establecer un marco

común para a súa planificación, desenvolvemento e avaliación; así como aqueles ámbitos de

actuación prioritaria, sen prexuízo do establecido nos documentos de centro que posibiliten a

adaptación ao noso contexto.

Atendendo ó artigo 15º da Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se establece a

organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma

de Galicia regulada polo Decreto 120/1998, neste Plan incluirase, cando menos, os seguintes

aspectos: Xustificación baseada na análise do contexto, Obxectivos, Planificación xeral e

definición de accións prioritarias, Estratexias de intervención e Criterios de Seguimento e

Avaliación das actividades e do propio plan. O Plan Anual de Orientación incluirase no Plan

Anual de Centro. Ao remate do curso académico a xefatura do departamento de orientación,

redactará unha memoria na que se recollan as modificacións introducidas no proceso de

desenvolvemento do Plan ou programas; a valoración global do grao de consecución de

obxectivos establecidos no Plan Anual; a implicación e participación dos diferentes profesionais

que colaboren nel; e as conclusións e propostas concretas de mellora. Dita memoria será

entregada ó equipo directivo para a súa inclusión na memoria final do centro.

Page 7: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

7

3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO.

3.1.-CARACTERÍSTICAS DO CONTEXTO. POBOACIÓN EDUCATIVA E NECESIDADES

O IES Plurilingüe Fontexería de Muros, é un centro de titularidade pública creado no

ano 1983. Durante o curso académico 2019-20 no IES, impártense as seguintes

ensinanzas, cun total de 290 alumnos e alumnas: Educación Secundaria Obrigatoria

(160); Bacharelato, nas modalidades de Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias

Sociais (111); Ciclo Formativo de Grao Medio de Equipos e Instalacións Electrotécnicas

e Automáticas (18) e Educación Secundaria de Adultos (módulo 3, 1ºcuad.- 7 alumno/as).

Entre a oferta formativa do centro, dirixida ao alumnado, inclúese o programa CUALE, no

nivel B1 de Inglés.

O claustro está formado por 42 profesores e profesoras. Cabe dicir, que a maioría

teñen carácter definitivo no centro. Esta situación repercute nunha continuidade nos proxectos

e accións programadas. É de salientar o nivel de implicación e participación do profesorado

en programas de mellora no centro, relacionados co desenvolvemento das linguas

estranxeiras, coas tecnoloxías da información e da comunicación, así como na atención á

diversidade do alumnado en xeral:

É un centro plurilingüe, nel impártese a materia de Tecnoloxías de 2º e 3º ESO,

en inglés; cóntase coa colaboración de profesorado lector nesta lingua (1 profesora).

Nos últimos anos, vense participando no intercambio para o desenvolvemento de

actividades en diversas linguas, por parte do noso alumnado con alumnado

doutros países.

É habitual, a nivel de actividades de centro, así como no desenvolvemento das

clases, utilizar as tecnoloxías da información e comunicación, co alumnado en xeral,

e particularmente co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

(dotouse ás aulas de PT con equipamento informático específico para este

alumnado); contando con tres aulas de medios audiovisuais, e dúas aulas de

informática para alumnado e unha para profesorado; o centro ven participando en

programas de formación continua do profesorado en relación ás TIC (ABALAR).

Entre os programas que desenvolve o centro, véñense incluíndo actuacións de carácter

transversal co alumnado (a fin de dar resposta as necesidades presentes na diversidade

de alumnado en relación á mellora da aprendizaxe, a convivencia e a coeducación), en

coordinación entre os eidos educativo, asistencial e familiar. Neste sentido nos últimos

Page 8: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

8

anos o centro participa en varias liñas dos programas PROXECTA relacionados con

ditas temáticas, contando entre as propostas do presente curso, “Donas de si”, “365 días

de respecto e igualdade” “Froita na escola”, “Programa Deportivo de Centro” e “Proxecto

Ríos”. Así mesmo, trabállase nesta liña a través das actividades dos Contratos-

Programa de Mellora da Convivencia e Promoción da Igualdade nos centros, contando,

ademais, coa implantación dun Servizo de Mediación Escolar.

Vense ofertando, así mesmo, nos últimos anos programas de reforzo e apoio, dirixidos

ao alumnado en situación de desvantaxe socio- educativa fóra do horario escolar, que

se desenvolven no propio centro (Programa de Reforzo Orientación e Apoio – PROA,

dirixido ao alumnado da ESO) e nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello

de Muros (Programa de Reforzo Municipal - PREM).

En relación ao contexto e á poboación que abrangue o centro, ten unha

localización na franxa costeira sobre a marxe dereita da ría de Muros e Noia e

alumnado procedente das parroquias da beiramar: unha de características semiurbanas

(a vila de Muros) e outra rural (a parroquia de Serres). As familias de procedencia do

alumnado presentan, a grandes resgos, as seguintes características: o nivel da renda

familiar é medio- baixo; o nivel cultural paterno e materno é baixo (sen estudos ou só

con primarios as tres cuartas partes, porcentaxe algo superior no caso das nais); a

quinta parte dos pais están ausentes a cotío do fogar por mor do traballo no mar ou na

emigración; e a maioría das nais teñen como única profesión a de ama de casa.

Entre a diversidade de alumnado que se escolariza no IES Plurilingüe Fontexería,

atópase alumnado en situación de desvantaxe socio- educativa, que impiden que poidan

recibir as axudas necesarias ou adquirir hábitos axeitados no seo da súa familia; así

mesmo, presenta un número importante deste alumnado, pobre integración nos distintos

contextos de relación, baixa autoestima, atraso no proceso de maduración persoal e na

adquisición de competencias básicas e hábitos de traballo, sendo escaso o nivel de

motivación. Podemos sinalar a existencia de alumnado que polas características do seu

desenvolvemento persoal, escolar ou do entorno próximo no que se desenvolve, precisa

de medidas específicas de atención á diversidade, contempladas no Plan de Atención á

Diversidade do Centro.

Page 9: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

9

3.2.-ESTRUTURA ORGANIZATIVA E FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

Conforme o establecido nos artigos 3º e 13º da Orde do 24/7/98, e na Circular 10/2010,

da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que

se ditan instrucións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos

servizos de orientación educativa e profesional na comunidade autónoma de Galicia,

este departamento coordinará as súas actuacións cos seus respectivos centros adscritos.

O Departamento de Orientación do IES Plurilngúe Fontexería, coordínase co Colexio

de Educación Primaria Ramón de Artaza y Malvárez, que conta cun Departamento de

Orientación propio, atendendo aos seus respectivos centros adscritos de Educación Infantil.

No novo curso constituíuse o Dto de Orientación do IES, cos seguintes membros:

Xefatura do departamento de orientación: Susana Blanco Barreiro.

Profesoras especialistas en Pedagoxía Terapéutica no centro: María Lago Calo e Mª

Manuela Pena Caamaño.

Profesorado titor dos ámbitos científico- tecnolóxico e socio- lingüístico,

respectivamente: Mª Dolores Caamaño Martínez e Manuela Carballude Blanco.

Profesor de FOL: Carlos Trías Sánchez.

Xefatura do departamento de orientación do CEIP Ramón de Artaza, co que se

coordina este departamento: Sonia Pérez Lado.

Os membros do departamento de orientación do propio centro reuniranse, como

mínimo, unha vez o mes, logo da convocatoria da xefatura do departamento tal como se

recolle na Orde do 4 de xuño de 2012, pola que se modifica o artigo 4 da Orde do 23 de

xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal docente que imparte as

ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Tódolos integrantes do departamento de orientación farán unha reunión con

carácter trimestral co fin de facer un seguimento do plan de orientación e coordinar as

actuacións entre os distintos centros, ademais daqueloutras de carácter extraordinario que

se consideren necesarias. A xefatura do departamento de orientación, levantará acta dos

acordos tomados.

IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CEIP RAMÓN DE ARTAZA Y MALVÁREZ DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Page 10: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

10

As Funcións do Departamento de Orientación (art.5º da Orde24/07/98), están

incardinadas na organización xeral do centro e no proxecto curricular para darlle

operatividade e funcionalidade:

Valorar as necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos/as do seu

contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

Elaborar, de acordo coas directrices establecidas pola Comisión de Coordinación

Pedagóxica, as propostas do Plan de Orientación Académica e Profesional, e de Acción

Titorial dos centros, así como coordinar ó profesorado e ofrecerlle soporte técnico para o

desenvolvemento destes plans.

Participar na elaboración do proxecto de centro, incidindo nos criterios de carácter

organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alumnado e nos principios de

avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.

Deseñar accións encamiñadas á prevención de dificultades ou problemas de

desenvolvemento ou de aprendizaxe, derivadas tanto de condicións desfavorables como

de altas capacidades que presenten os alumnos e alumnas.

Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de

atención á diversidade.

Facilitarlle ó alumnado o apoio e asesoramento necesarios para enfrontar os momentos

escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de

ciclo ou etapa e, cando corresponda, a elección de optativas ou de itinerarios formativos, a

resolución de conflitos de relación interpersoal ou a transición á vida profesional.

Informar ó alumnado dos recursos laborais e profesionais ó seu alcance e propoñer a

realización de actividades de orientación que lle faciliten a toma de decisións sobre o seu

futuro.

Cooperar cos membros dos equipos específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación

dos programas de orientación. Impulsar a participación do profesorado nos programas de

investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual,

programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámicas de grupos e en

calquera outros.

Promover a cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo

Page 11: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

11

dos seus fillos, especialmente no relativo á motivación, á construción do autoconcepto e da

autoestima e no proceso de toma de decisións.

Establecer canles de comunicación e os diferentes servizos e institucións no ámbito das

súas competencias.

Nos institutos onde se imparta formación profesional específica, coordinar a orientación

laboral e profesional con outras administracións e institucións.

Page 12: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

11

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

4.-OBXECTIVOS DO PLAN DE ACTUACIÓN DO DEPARTAMENTO.

OBXECTIVOS XERAIS:

Tendo en conta as necesidades apreciadas, os obxectivos xerais que se perseguen

dende o Departamento de Orientación son os seguintes:

Contribuír á personalización da educación, favorecendo o desenvolvemento

de tódolos aspectos da persoa concreta e individualizada.

Prever as dificultades na aprendizaxe e contribuír a superalas cando se produzan.

Contribuír á consecución dunha axeitada relación entre os distintos integrantes da

comunidade educativa.

Favorecer os procesos de madurez persoal, de desenvolvemento da propia identidade e

dun sistema de valores.

Proporcionar unha liña de traballo que axude ao profesorado nas catro grandes liñas de

actuación: ensinar a pensar e traballar, ensinar a ser persoa, ensinar a convivir, ensinar a

decidir.

Potenciar a colaboración con outros D.O. da zona educativa e do centro adscrito, co EOE,

cos servizos educativos e asistenciais do concello e con calquera outra institución pública ou

privada que poida contribuír a unha mellor formación do profesorado, pais/nais e alumnos/as.

Co traballo que se pretende levar a cabo ó redor destes obxectivos xerais inténtase

abarcar tres dimensións fundamentais do alumnado como son:

Persoal e familiar, entendendo ó alumno /a como persoa individual que forma parte

dunha familia.

Escolar e social, entendendo ó alumno /a como persoa que interacciona con outros

e que debe integrarse na sociedade.

E vocacional e profesional, entendendo ó alumno /a como unha persoa que deseña

o seu propio proxecto de vida e se prepara para a súa inserción profesional.

Page 13: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

12

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

a) Co Centro:

Participar a través da Comisión de Coordinación Pedagóxica na elaboración, seguimento e

avaliación de documentos que integran o Proxecto Educativo e as Normas de Organización,

Funcionamento e Convivencia do Centro.

Cooperar co equipo directivo e equipo docente na dinamización para a mellora da atención

á diversidade, a coeducación e a convivencia no centro.

Aportar asesoramento psicopedagóxico especializado á acción educativa do Centro.

Revisar e actualizar a documentación e o material de traballo existentes no Departamento

de Orientación.

Actualizar seguindo as directrices da Comisión de Coordinación Pedagóxica as liñas do da

Acción Titorial, da Orientación Profesional, así como Plan Xeral de Atención á Diversidade.

Promover a cooperación entre o Centro e as familias para unha maior eficacia e coherencia

na educación dos seus alumnos/as, así como entre o Centro e os Adscritos.

b) Co Profesorado:

Coordinar a acción titorial, xunto coa xefatura de estudos e asesorar ao profesorado no

desempeño das funcións titoriais.

Cooperar na formación do alumnado en temas relacionados coa mediación escolar, a

dinamización da convivencia e a igualdade.

Seguimento do plan de acción titorial e de orientación profesional ao longo da vida, e

avaliación do mesmo a través das actividades que se leven a cabo nas titorías.

Traballo cos departamentos que o demanden, coas súas programacións e sobre as

medidas de atención a diversidade.

Page 14: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

13

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

c) Co alumnado:

Atender ás necesidades do alumnado e realizar unha orientación planificada, continua,

preventiva, sistemática , integradora e compartida.

Potenciar a orientación académica e profesional.

Proporcionarlle asesoramento e apoio puntual e individual segundo as demandas e

necesidades.

Axudar ao alumnado nos momentos de maior dificultade a nivel persoal, social e escolar

(transición entre etapas. elección de itinerarios educativos, toma de decisións profesionais,

resolución de conflitos...)

d) Coas familias:

Cooperar na relación entre o profesorado titor e as familias, na solución de problemas que

afecten aos seus fillos.

Atender as diversas demandas que plantexen.

Facilitarlles información e implicalos no proceso educativo dos seus fillos.

e) Con outros organismos:

Colaboración e intercambio de información cos servizos sociais do Concello

Contacto con outros servizos da zona: Servizos Sociais, Servizos Sanitarios, Centro de

Información á Muller...

Coordinacións con outros departamentos de orientación, fundamentalmente da nosa zona

educativa.

Colaboración co Equipo de Orientación Específico provincial.

Colaboración coa Inspección Educativa.

Contacto e colaboración con diversos organismos: Universidades, Consellerías, centros

de formación e recursos, organismos de emprego...

Page 15: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

14

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

5.- PLANIFICACIÓN XERAL E DEFINICIÓN DE ACCIÓNS PRIORITARIAS.

5.1.-ACCIÓNS PRIORITARIAS.

Segundo se recolle na Orde do 24 de Xullo de 1998, a Dirección Xeral de Ordenación

Educativa e Profesional, pode ditar instrucións dirixidas a unifica-las actuacións dos diferentes

plans de orientación, así como aqueles ámbitos prioritarios, sen prexuízo do establecido no

proxecto educativo do centro e no plan de actuación do departamento de orientación. En base á

citada Orde, a Circular nº10/2010 establece unha serie de actuacións prioritarias dos

departamentos de orientación que se concretan a nivel da coordinación da acción orientadora

no noso Instituto e nos seus centros adscritos, nas seguintes:

a) Con carácter común aos tres ámbitos: Asesoramento e colaboración, no ámbito das

súas competencias, na actualización e/ou elaboración dos distintos documentos que integran o

Proxecto Educativo; Detección e priorización de necesidades e elaboración do Plan anual de

actuacións do departamento nos tres ámbitos, así como dos programas de intervención que

concreten ditas actuacións (dirixidas á diversidade presente nos centros coa implicación dos

distintos sectores da comunidade educativa).

b) Partindo desta análise, en Relación á atención á Diversidade do Alumnado, é preciso

revisar o Plan Xeral de Atención á Diversidade, actualizando todas as actuacións e medidas de

atención á diversidade que o centro educativo deseña e desenvolve para adecuar a resposta

educativa ás necesidades da totalidade do seu alumnado. Continuar a traballar na identificación

temperá de necesidades e na optimización de recursos humanos e materiais e revisión e

axuste de medidas para a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio

educativo no centro e nos adscritos, a partir da avaliación inicial, en colaboración co equipo

educativo. En función de ditas necesidades detectadas estableceranse os diferentes recursos

pedagóxicos, curriculares e organizativos (persoais, materiais, horarios e espazos) para a súa

atención, fomento e optimización das interaccións a nivel individual e grupal de alumnos/as,

pais/nais e profesorado. Darase resposta, así mesmo, á necesidade de coordinación de

actuacións entre os centros de primaria e secundaria. Priorizarase o estreitamento das

comunicacións escola e familia dende as primeiras etapas educativas, como medida de

prevención e detección de dificultades.

A través deste ámbito realizarase, ademais do asesoramento para a posta en marcha

das medidas de atención á diversidade levadas a cabo polo profesorado das distintas materias

e polo profesorado de pedagoxía terapéutica; un seguimento e axuste das mesmas ao longo do

Page 16: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

15

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

curso. Priorizaranse os reforzos ou apoios dentro do grupo- clase polo profesorado das materias

e, de ser preciso, polo profesorado de apoio. Asesorando, así mesmo, ao profesorado en

relación coas programacións, contemplando distintos niveis de dificultade que dean resposta

á diversidade presente nas aulas, con intervencións inclusivas e orientadas polo potencial de

aprendizaxe do alumnado. Facilitarase a colaboración e asesoramento ao profesorado en xeral, e

en especial co profesorado titor na recollida de información (fundamentalmente na avaliación

inicial), axuste de respostas e opcións educativas, elaboración de informes do alumnado …

Colaborarase dende o centro con outros servizos da zona, na detección de necesidades

existentes e posibilidades de intervención de xeito coordinado, así como na posibilidade de

implementación de actividades relativas á prevención de saúde, igualdade e mellora do clima

escolar e na colaboración e implicación das familias coa escola.

c) En relación coa acción titorial, facilitarase o asesoramento, organización e xestión da

acción titorial; establecendo mecanismos de coordinación cos equipos docentes e reunións

periódicas cos titores para coordina-la planificación e desenvolvemento das actividades da

acción titorial, nas que se traballará a proposta de actividades para a hora de titoría co alumnado

de ESO, en función das características e necesidades presentes nos grupos

(fundamentalmente relacionadas coa prevención e desenvolvemento de hábitos que favorezan o

desenvolvemento persoal, social e cognitivo: mellora da autoestima, competencias

emocionales, mellora da convivencia e resolución pacífica de conflitos, competencias

lingüísticas e promoción da lectura, non discriminación e igualdade entre home e mulleres).

Facilitando asesoramento ao profesorado en cantas tarefas educativas e de seguimento do

proceso de ensino e aprendizaxe se demanden, aportando recursos, instrumentos e criterios de

actuación, fundamentalmente en relación coa avaliación inicial, atención ao alumnado con

necesidades específicas de apoio educativo e diagnose e proposta de medidas de promoción e

mellora da convivencia como elemento fundamental do desenvolvemento persoal e social.

Así mesmo daranse orientacións para impulsar e optimizar a participación das familias

no proceso educativo, en colaboración co profesorado titor.

d) No ámbito das actuacións referidas á orientación profesional na formación ao

longo da vida, proporcionar asesoramento sobre diferentes itinerarios formativos e laborais á

comunidade educativa en xeral que o demande e especialmente ó alumnado que remata ou

abandona o seu período formativo, fomentando o autocoñecemento e a capacidade de busca

de información activa polo propio alumnado, co obxecto de que adopte decisións autónomas e

responsables sobre ao seu futuro de formación e emprego. Potenciarase o desenvolvendo de

Page 17: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

16

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

actividades formativas coordinadas en relación co autoemprego e as técnicas activas de busca de

emprego, servíndose da diversidade de recursos persoais ó noso alcance, profesorado de FOL,

orientador laboral e axente de desenvolvemento local, ex- alumnos, empresarios,

coordinadora de igualdade...; así como actuacións que fomenten a igualdade de xénero

no acceso á formación profesional, fundamentalmente para o alumnado en situación de

transición ao mundo laboral. Así mesmo, fomentarase o aproveitamento das posibilidades que

proporcionan as novas tecnoloxías da información e da comunicación no campo da

orientación e do asesoramento, dinamizando o uso do ordenador como estratexia de

aprendizaxe e de difusión de materiais relacionados coa formación académica e profesional nos

distintos niveis educativos do centro.

e) Para o desenvolvemento do Plan ó centro colabora e coordínase con diferentes

recursos e axentes nos termos que se establezan. Colaborarase nos diferentes procesos de

avaliación do centro; facilitando, así mesmo, a información demandada na aplicación

informática drdorienta e actualizando o plan e realizando na memoria final coas propostas de

mellora que procedan para o curso seguinte na procura da mellora da calidade do sistema

educativo.

5.2.-PLANIFICACIÓN XERAL:

5.2.1.-ACTUACIÓNS COS CENTROS ADSCRITOS.

Tal como queda recollido no apartado segundo do presente Plan de Orientación Educativa

celebrarase como mínimo unha reunión trimestral de coordinación de todo o departamento á

que asistirá a persoa responsable da orientación no CEIP Ramón de Artaza. Os tempos de

coordinación entre os departamentos establecerase en función das necesidades e, en calquera

caso, dito profesorado, asistirá ás reunións trimestrais no IES Plurilingüe Fontexería.

As actuacións a desenvolver dende o departamento de orientación do IES Plurilingüe

Fontexería, serán basicamente de coordinación, sendo as liñas principais das mesmas as

seguintes:

Traballo na determinación dunha canle de comunicación fluída entre os centros.

Colaboración na orientación académica ás familias e ao alumnado que se incorporará ao

IES Fontexería no vindeiro curso, e participación nas actividades do programa de

Page 18: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

17

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

transición a unha nova etapa educativa.

Recollida de información sobre o alumnado que se incorporará ao noso centro a fin de

prever a atención educativa máis adecuada para estes alumnos/as.

Participar nas actuacións dirixidas á prevención de dificultades na adquisición e

desenvolvemento de aprendizaxes básicos instrumentais.

Desenvolver actuacións conxuntas entre ambos centros dirixidas á mellora da convivencia e

á igualdade.

Intercambiar información sobre as medidas de atención á diversidade, revisando a

coherencia e continuidade entre as etapas educativas.

Coordinar e priorizar o estreitamento das comunicacións escola e familia,

fundamentalmente nas primeiras etapas educativas, como medida de prevención e

detección de dificultades.

Impulsar e facilitar o tránsito do alumnado correspondente a unha nova etapa e centro

educativo.

Así mesmo, o departamento de orientación do IES Plurilingüe Fontexería planifica e

desenvolve actuacións conxuntas con outros IES da zona (IES As Insuas de Muros e IES

Lamas de Castelo de Carnota), nos tres ámbitos de actuación: Atención á Diversidade

(Seguimento da traxectoria escolar do alumnado destes IES de procedencia, medidas de

atención á diversidade que pon en marcha o centro, documentos de recollida de información,

actividades e saídas conxuntas co alumnado con necesidades educativas especiais,

celebración do Día Internacional da Diversidade Funcional,…); Acción Titorial ( colaboración no

desenvolvemento de actividades de carácter transversal, conxuntamente cos técnicos da

zona) e Orientación Académico- Profesional (colaboración por parte do IES Plurilingüe

Fontexería en charlas informativas aos centros da zona e visitas ao noso centro).

Page 19: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

18

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

5.2.2.- ACTUACIÓN DO DEPARTAMENTO NOS ÁMBITOS:

O departamento actuará en tres ámbitos interrelacionados: Atención á Diversidade do

alumnado, potenciación da Acción Titorial e Orientación Profesional na formación ao longo da

vida.

a. Ámbito da Acción Titorial

Dende o departamento de orientación no presente curso actualizaranse as liñas da

Acción Titorial documento do Proxecto Educativo (a través da aprobación das canles

autorizadas) para o correcto exercicio da función titorial. Documento que será o referente dos

titores para a súa actuación, así como o do departamento de orientación para a proposta de

actividades e dinámicas.

A titoría como actividade inherente á función docente, realízase ao longo de todo o

proceso educativo, de xeito individual ou colectivo, coa finalidade de que o alumno mellore o

seu rendemento académico, solucione as súas dificultades escolares, e consiga hábitos de

traballo e de estudio, de reflexión e de convivencia social que garantiren o uso adecuado da

liberdade, responsable e participativa.

Todo este proceso de axuda ou orientación o profesorado titor o levará a cabo en

coordinación co resto dos profesores , co equipo directivo e cas familias.

En canto os tempos para realiza-la acción titorial durante o curso, ademais da sesión

semanal destinada á titoria de alumnado na ESO, a orientadora estará a disposición do

alumnado do centro e do profesorado titor tódolos recreos da mañá. Así mesmo, atenderanse

as demandas dos pais/nais de alumnos no horario correspondente semanal ou noutro que se

estime necesario, fixado con anterioridade.

Para planificar as liñas básicas da acción titorial e a organización e desenvolvemento

das actividades grupais, estableceranse reunións de coordinación dende o departamento de

orientación co equipo de titores da ESO (con carácter semanal nos grupos de 1º e 2º de ESO).

Poderanse convocar outras reunións cando os titores, profesores, orientadora ou xefe de

estudios o consideren necesario.

Na lexislación vixente recóllense as funcións do profesorado- titor, dirixidas aos

seguintes compoñentes da comunidade educativa:

1. Relacionadas co alumnado:

1.1. Coñecer as características persoais de cada alumno/a a través da análise do seu

expediente persoal e doutros instrumentos válidos para conseguir este coñecemento.

Page 20: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

19

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

1.2. Proporcionarlles no principio de curso ó alumnado información documental ou, no seu

defecto, indicar ónde poden consultar todo o referente a calendario escolar, horarios, horas de

titoría, actividades extraescolares e complementarias previstas, programas escolares e

criterios de avaliación do grupo, recuperación de materias pendentes...

1.3. Efectuar un seguimento global dos procesos de ensino- aprendizaxe do alumnado para

detectar dificultades e necesidades especiais, co obxecto de buscar as respostas educativas

adecuadas e solicitar os oportunos asesoramentos e apoios.

1.4. Coordinar as adaptacións curriculares necesarias para o alumnado do grupo.

1.5. Facilitar a integración do alumnado no grupo e fomentar a súa participación nas actividades

do Centro.

1.6. Orientar ó alumnado dunha maneira directa e inmediata no seu proceso formativo.

1.7. Favorecer o proceso de maduración vocacional orientando ó alumnado sobre as súas

posibilidades académicas e profesionais.

1.8. Orientar as demandas e inquedanzas do alumnado e mediar, colaboración co delegado de

grupo, ante o resto do profesorado, alumnado e equipo directivo nos problemas que se

presenten.

1.9. Informar ó alumnado de canto lles afecte en relación coas actividades docentes e o

rendemento académico.

1.10. Cubrir os documentos oficiais relativos ó grupo.

1.11. Controlar as faltas de asistencia ou puntualidade do alumnado, e ter informados a

pais/nais, titores, e a Xefatura de Estudios.

1.12. Atender, xunto co resto do profesorado, ó alumnado mentres permaneza no Centro nos

períodos de lecer.

2. Relacionadas coa familia.

2.1. Proporcionarlles ó principio do curso información documentos, ou no seu defecto indicar

ónde poden consultar todo o referente a calendario escolar, horarios, horas de titoría,

actividades extraescolares e complementarias previstas, programas escolares e criterios de

avaliación e promoción e de recuperación de pendentes.

2.2. Coñecer os aspectos da situación familiar e escolar que repercuten no rendemento

académico de cada alumno/a.

Page 21: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

20

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

2.3. Informar ós pais/nais de canto lles afecte en relación coas actividades docentes e o

rendemento académico.

2.4. Implicar ás familias nas actividades de apoio e orientación dos seus fillos e fillas.

3. Relacionadas co resto do profesorado.

3.1. Participar no desenvolvemento do plan de acción titorial e nas actividades de orientación,

baixo a coordinación da Xefatura de Estudios e en colaboración co Departamento de

Orientación.

3.2. Informar ó profesorado do grupo das características do alumnado, especialmente

naqueles casos que presenten problemas específicos.

3.3. Coordinar o axuste das diferentes metodoloxías e principios de avaliación programados

para o grupo de alumnos/as.

3.4. Organizar e presidir as sesións de avaliación do seu grupo.

3.5. Colaborar co Departamento de Orientación nos termos que estableza a Xefatura de

Estudios.

3.6. Colaborar cos demais titores e co Departamento de Orientación no marco dos proxectos

educativo e na concreción curricular.

1. Con respecto ao alumnado:

Obxectivos xerais:

*Favorecer a integración e participación dos alumnos no grupo- clase e no centro. (Acoller e

Integrar).

*Propiciar nos alumnos o desenvolvemento da súa identidade persoal e a capacidade de

adaptación, tanto ás circunstancias propias como ás ambientais. (Ensinar a ser persoa e a

comportarse).

*Dinamizar os diferentes grupos de alumnos para que realicen de forma máis eficaz os seus

traballos adestrando os seus membros en actividades participativas e democráticas. (Ensinar

a Convivir).

*OBXECTIVOS:

Page 22: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

21

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

*Mellorar os seus hábitos, métodos e técnicas de estudio e atende-las súas necesidades

educativas apoiando o proceso de aprendizaxe. (Ensinar a Pensar).

*Asesorar na toma de decisións e orientar académica e profesionalmente (Ensinar a tomar

decisións criticamente)

2. Con respecto ao profesorado:

* Coordina-lo proceso avaliador.

-Informa-lo profesorado das características e posibilidades individuais e grupais.

-Transmitir problemas e inquedanzas do alumnado.

-Preparar, presidir e coordina-las sesións de avaliación.

* Colaborar co profesorado na tarefa de programación das actividades de apoio e de titoría:

-Na análise e aportación sobre aspectos estruturais, normativos e funcionais do centro.

-Na reflexión e debate colectivo sobre o proceso de ensino- aprendizaxe do alumnado en cada

área e a dinámica do propio grupo.

-Na elaboración do PAT, consensuando funcións e aspectos específicos a desenvolver

dende a titoría.

-Na reflexión conxunta sobre aspectos da orientación académica e profesional do alumnado.

- Na colaboración nas tarefas de actividades de reforzo e na elaboración e seguimento de

Adaptacións Curriculares

-Favorece-lo axuste das programacións ó grupo de alumnado e clarifica-los criterios que rexen

a avaliación do alumnado con NEE e DAE, fundamentalmente aqueles que reciben

medidas educativas extraordinarias.

Servir de vehículo transmisor da información útil recollida do alumnado, profesorado,

pais e nais, potenciando as interaccións e participación de tódolos axentes no proceso

educativo.

3. Con respecto ós pais/nais:

*Contribuír a favorecer unhas boas relacións entre os pais/nais e o centro.

-Continuar coas reunións periódicas cos pais/nais ó longo de todo o curso para intercambiar

información relativa ó desenvolvemento persoal, escolar e vocacional do seu fillo

Page 23: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

22

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

(fundamentalmente no seguimento de alumnos con medidas educativas compensatorias

de apoio, reforzo ou adaptación do currículo).

-Organizar sesións informativas de carácter colectivo, unha inicial de presentación así

como aqueloutras que se estimen necesarias ao longo do curso, e unha final ao termo

de cada etapa educativa.

-Realizar entrevistas individuais que se demanden.

* Implica-los pais e nais nas tarefas escolares dos seus fillos.

-Actuacións dirixidas ao alumnado en colaboración co profesorado titor:

ACCIÓN TITORIAL NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

-Presentación dos obxectivos e funcións da orientación e explicación das titorías.

-Actividades relacionadas co coñecemento dos dereitos e deberes do alumnado e elaboración

consensuada, das normas de convivencia nas aulas e no centro.

-Dinámica de elección de delegado (funcións do delegado e da xunta de delegados)

-Dinámicas de autocoñecemento, coñecemento e convivencia no grupo, fundamentalmente

nos primeiros cursos da ESO: a través de actividades do Programa de Habilidades Sociais e

Competencias Emocionais (nos grupos de 1º e 2º ESO).

-Planificación e Técnicas de Traballo e Estudo (asesoramento sobre condicionantes do

rendemento académico, calendario de exames, coñecemento das expectativas

académicas e intereses vocacionais do alumnado,...) e seguimento de alumnado con

materias pendentes.

-Actividades de carácter transversal programadas en coordinación cos servizos externos ao

centro e o profesorado de actividades extraescolares (educación para a saúde, educación

para o respecto e a promoción da igualdade entre homes e mulleres, a aceptación da

diversidade e a inclusión social, convivencia e resolución pacífica de conflitos, mediación

escolar...)

1º TRIMESTRE

*ACTUACIÓNS NO ÁMBITO DE APOIO Á ACCIÓN TITORIAL:

Page 24: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

23

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

-Inicio do programa de orientación académica e profesional en 3º e 4º de ESO.

-Entrevistas persoais ou intervencións grupais co alumnado que precisa asesoramento a nivel

escolar ou laboral, en colaboración co profesorado titor e a familia.

-Preparación da primeira avaliación.

-Valoración e análise dos resultados da primeira avaliación e seguimento de alumnado

que presenta dificultades no seu proceso de aprendizaxe en coordinación co profesorado

titor.

-Análise das condicións, técnicas e hábitos de estudio contextualizadas nos cursos nos que se

detecten maiores dificultades, e reflexión sobre os resultados da 1ª avaliación.

-Actividades de carácter transversal programadas en coordinación cos servizos externos ao

centro e profesorado encargado das actividades extraescolares (prevención de

drogodependencias, habilidades sociais, igualdade, convivencia, educación afectivo-

sexual, riscos do uso inadecuado das TIC...)

-Actividades de celebración da Semana Cultural, para todo o centro (nas que se inclúen

algunhas das actividades de carácter transversal citadas, así como as de orientación laboral,

e sesións informativas de orientación académica e profesional para o alumnado de 4º

ESO, Bacharelato e ciclo de IEA).

-Desenvolvemento de actividades de orientación vocacional e análise da traxectoria escolar

para o alumnado de 2º e 3ºESO.

-Continuación do programa de orientación académica e profesional en 4º ESO

-Actividades de carácter informativo, a cargo do departamento de orientación e profesorado

titor, (a través sesións informativas, taboleiro de anuncios e páxina web do centro) sobre

acceso a estudios posteriores, probas de acceso a ciclos formativos, acreditación de

competencias, oferta de cursos de formación ocupacional, acceso ó mercado laboral,...

-Entrevistas individuais e seguimento de alumnado que o precise, en colaboración co

profesorado titor, coa xefatura de estudios e coa familia.

- Seguimento do alumnado con materias pendentes e preparación da segunda avaliación e reflexión sobre os resultados

2º TRIMESTRE

Page 25: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

24

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

-Actividades relativas á celebración do Día das Letras Galegas, para todo o centro.

-Participación do alumnado de 1ºESO no programa de transición de primaria co alumnado

procedente do centro de primaria adscrito.

-Actividades de carácter informativo para o alumnado que está a rematar o período de

escolarización, por parte do departamento de orientación e profesorado titor, sobre prazos de

reserva, matrículas, acceso a estudios posteriores, datas de exames de probas libres para á

obtención do graduado na ESO e/ou de acceso a ciclos formativos de grao medio, solicitude

de becas, cursos de verán, residencias, ...

-Atención individualizada no departamento de orientación sobre a elección de alternativas

académicas e profesionais, fundamentalmente de alumnado de 2º, 3º e 4º ESO

-Asesoramento e apoio puntual segundo as demandas e necesidades.

-Preparación da 3ª avaliación, reflexión e toma de decisión para alumnado dos

grupos anteriores.

Malia non haber unha hora semanal destinada á titoría grupal nas seguintes ensinanzas,

intentarase desenvolver algunhas das actuacións derivadas da acción titorial recollidas a

continuación:

ACCIÓN TITORIAL NO BACHARELATO

Acollida do alumnado.

Coñecemento mutuo.

Información sobre o funcionamento do centro.

Información sobre as características dos estudos que comezan.

Explicacións do PAT.

Coñecemento de normas de funcionamento e elección de delegado.

Técnicas de traballo intelectual contextualizadas.

Participación en actividades de carácter transversal ao longo do curso ou desenvolvidas na Semana Cultural do centro, dirixidas ao respecto e o coidado do propio corpo (hábitos de vida saudable, educación sexual, ...), á mellora da convivencia e a coeducación, ...

Orientación académico- profesional: Charlas relacionadas coa transición a itinerarios formativos ou laborais posteriores, a cargo do departamento de orientación do centro, de profesorado universitario, orientadores laborais da zona, visitas a centros de ensino ou de investigación da

3º TRIMESTRE

Page 26: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

25

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

propia Universidade, información facilitada a través da web do centro (programas de orientación académica, páxinas web de interese...)

Toma de decisións sobre opcións ou itinerarios formativos posteriores e asesoramento individualizado.

Dinámicas de grupo, que teñan como obxectivo facilitar a participación e integración do alumnado na vida do centro (Xornadas de Portas Abertas nas que participe o alumando de bacharelato na información ao alumnado de 4º da ESO do propio centro e dos centros da zona).

Coordinación e seguimento do proceso de avaliación.

ACCIÓN TITORIAL NOS CICLOS FORMATIVOS

Recepción e acollida do alumnado no instituto.

Coñecemento mutuo.

Información sobre o funcionamento do centro.

Información sobre as características dos estudos que comezan.

Explicacións do PAT, organización do grupo e establecemento de normas.

Actuacións dirixidas ao autocoñecemento centradas na autoavaliación de capacidades motivacións e intereses.

Actuacións de Información sobre o sistema educativo e laboral: Organización da empresa privada e da Administración Pública. Acceso ao emprego nas súas distintas modalidades. Os postos de traballo que se poden desempeñar coa titulación adquirida. Charlas sobre itinerarios académicos posteriores e sobre a contorna laboral. Contacto con antigos alumnos/as. Seleccionar e valorar as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión. ..

Actuacións de Relación e Inserción laboral: Xornadas Profesionais. Estudo de Ofertas laborais. Confección dun currículo. Traballar as actitudes persoais e profesionais. Técnicas para superar una entrevista persoal o unha proba psicotécnica (simulacións de entrevista nun entorno real). Redactar un anuncio publicitario. Contacto con empresas e Visita a una fábrica ou empresa. Realización do caderno de prácticas...

Actuacións dirixidas á mellora da competencia social e emocional e o traballo en equipo: Habilidades sociais que lles permitan interactuar de forma adecuada coas persoas da súa contorna, adoptando actitudes de respecto, cooperación, participación e interese cara os demais: Manter actitudes de diálogo, debate e facerse entender polos demais. Saber transmitir ordes con precisión. Pedir desculpas e resolver conflitos. Agradecemento de opinións favorables. Negación cortés e presentación de alternativas, buscando o consenso. Negociar condicións de traballo. Exposición da propia formación e experiencia. Traballos de equipo, que permitan aprender a respectar o traballo de grupo e valorar a execución dos demais. Dinámicas de grupo, que teñan como obxectivo facilitar a participación e integración do alumnado na vida do centro (Xornadas de Portas Abertas nas que participe o alumando ensinando o traballo realizado no ciclo a o alumnado de 4º da ESO do propio centro e dos centros da zona).

Coordinación e seguimento do proceso de avaliación.

Page 27: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

26

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

ACCIÓN TITORIAL NA EDUCACIÓN SECUNDARIA ADULTOS

Recepción e acollida do alumnado no instituto.

Coñecemento mutuo.

Información sobre o funcionamento do centro.

Información sobre as características dos estudos que comezan.

Explicacións do PAT, organización do grupo e establecemento de normas.

Información sobre o sistema educativo e laboral e asesoramento individualizado en relación á toma de decisións sobre opcións ou itinerarios formativos posteriores.

Seguimento individualizado do proceso de ensino aprendizaxe e da avaliación.

- Actuacións dirixidas a pais e nais do alumnado:

*Reunión xeral inicial, en colaboración co profesorado titor, na que se informa de aspectos

xerais da marcha do curso; presentación dos titores, equipo directivo e departamento de

orientación e horario de atención a pais e nais e canles de participación e intercambio de

información escola- familia.

*Entrevistas individuais, como medio de intercambio de información e asesoramento sobre o

proceso educativo e relacional do seus fillos e fillas, colaborando no seguimento e apoio

de dito proceso educativo e na orientación sobre o seu futuro académico ou laboral, así

como sobre temas específicos de interese sobre a educación dos seus fillos e f i l l as ,

segundo as demandas e necesidades presentadas.

*Reunión informativa ao final de curso para pais/nais de alumnado que promocionan a unha

nova etapa educativa.

* Reunión informativa (de carácter individual ou grupal) ás familias do alumnado que por

condicións especiais, no seu proceso de formación integral, precisen, medidas curriculares ou

organizativas de atención á diversidade específicas.

- Actuacións dirixidas ao profesorado e ao centro:

* Reunión inicial co equipo de titores/as, para presenta-los obxectivos e funcións do

departamento, fixar tempos e espazos para intercambiar información das características do

alumnado de cada grupo, presentar unha análise de necesidades nos mesmos e programar

Page 28: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

27

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

actividades a desenvolver nas titorías. Proposta de nomeamento de profesorado titor de

ámbitos do departamento de orientación.

* Reunións semanais de intercambio de información co profesorado titor sobre o proceso

educativo e relacional do alumnado e asesoramento e apoio ao equipo docente segundo as

demandas e necesidades de intervención planeadas nos distintos grupos.

* Colaborar co profesorado titor na programación de actividades para as titorías facendo un

inventario e dotando ó departamento de materiais e recursos necesarios para o

desenvolvemento de programas de acción titorial.

*Revisar e elaborar documentos de rexistro de información e reorganizar arquivos do

departamento por ámbitos específicos de intervención.

*Analizar e actualizar disposicións legais e informar, cando sexa de interese á comunidade

educativa.

*Asistir ás titorías do alumnado no desenvolvemento de actividades que requiran a intervención

do departamento de orientación, en colaboración coa persoa que desenvolva a labor titorial.

*Servir de canle coas familias e servizos externos que están a intervir no proceso educativo do

alumnado. Asistir e preparar as sesións de avaliación en coordinación co profesorado titor e o

profesorado de apoio.

Page 29: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

28

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

b)Ámbito de Orientación Profesional na formación ao longo da vida:

A orientación académica e profesional e as actuacións que se deseñen neste ámbito,

terán no seu conxunto a finalidade de axudar ao alumnado ao longo de todo o proceso

formativo, a coñecer, valorar e decidir sobre si mesmo e sobre as súas preferencias, intereses

e capacidades, para que poida formular libre e responsablemente a súa decisión persoal, que

deberá reflectir nun proxecto concreto.

O proceso de toma de decisións ha de ser realizada polo propio alumno ou

alumna, estando implicados o resto de membros da comunidade educativa (familias,

profesorado, órganos de xestión e de coordinación docente) na responsabilidade de ofrecerlle

a orientación precisa para que poida efectuala. As accións englobadas neste Plan levaranse a

cabo a través do traballo programado na acción titorial, no seo das programacións didácticas

das materias, nas que se estime oportuno e nas actividades específicas a desenvolver polo

propio departamento de orientación.

A orientación debe considerarse como un proceso continuo e diferenciado, atendendo ás

características e peculiaridades da cada alumno ou alumna, que o / a conduza a través

dunha secuencia de opcións e eleccións á decisión do su proxecto persoal, formativo ou

profesional. En relación ás ensinanzas que abrangue este departamento, a orientación

profesional cobrará maior intensidade nos derradeiros cursos da ESO e no Bacharelato.

Dado que este proceso formativo debe conducir ao alumnado á aprendizaxe dos mecanismos

e estratexias necesarias para a toma de decisións respecto ao seu itinerario académico e

profesional, estando a toma de decisión impregnada dun forte compoñente cognitivo (no que

xoga un importante papel o procesamento da información), estímase a conveniencia de

presentar un Programa de Orientación Vocacional ó longo dos cursos de 3º e 4º de ESO,

tanto polas características estruturais propias dos derradeiros cursos desta etapa (carácter

preparatorio, terminal, crecente optatividade, propia programación e espazo para a acción

titorial ...) como polos factores evolutivos e persoais do alumnado neste período

(importancia e apoio nos compañeiros en referencia ás influencias e escasa reflexión

sobre intereses e preferencias, atribución de logro a factores externos, grado de

impaciencia á incorporación ao mundo laboral, alto nivel de incertidume).

Page 30: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

29

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

As actividades do Programa distribúense en tres fases: unha de información-

investigación, orientada ó coñecemento das diferentes alternativas, outra fase de reflexión -

integración, orientada ao autocoñecemento e ó axuste das alternativas ás propias

posibilidades, e unha fase final de toma de decisións. Ditas fases organízanse,

trimestralmente, en torno aos seguintes bloques de contidos: O Autocoñecemento, O

Coñecemento do Sistema Educativo, O Coñecemento do Mercado Laboral, O Proceso de

Inserción Profesional e O Proceso de Toma de Decisións.

- Axuda-lo alumno/a ó coñecemento de sé mesmo, así coma da estrutura do sistema

educativo e do ámbito social e laboral.

- Proporcionarlle información sobre os itinerarios académicos e sobre a situación actual e as

tendencias no mundo laboral.

- Ensinarlle un método de aprendizaxe que lle permita coñece-los aspectos anteriores e

analizar a súa conduta vocacional:

.Aprendizaxe en habilidades de busca e tratamento da información

.Desenvolvemento de hábitos de análise, reflexión e capacidade crítica para chegar á

toma de decisións que conduzan a unha elección madura e responsábel de estudios e

profesións.

- Proporcionarlle ó alumnado e á súa familia, informacións sobre posibles itinerarios

educativos acordes aos propios intereses e á situación actual e as tendencias do mercado de

traballo.

- Implica-los profesores e ós pais/nais no proceso de toma de decisións dos alumnos.

- Coordina-la orientación do alumnado ó longo da súa estancia no centro cos tódolos

axentes implicados na mesma.

*OBXECTIVOS:

Page 31: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

30

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

ORIENTACIÓN PROFESIONAL NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

1º ESO

-Actividades de Autocoñecemento (motivacións, intereses, autoconcepto positivo, hábitos de

traballo e de estudio, traxectoria escolar persoal e grupal...)

-Fomentar hábitos de reflexión grupal e persoal, traballando posibles conflitos que se produzan

nos grupos (resolución de problemas). Iniciación á preparación para o comportamento socio-

laboral.

-Coñecemento da estrutura do sistema educativo e das características da etapa educativa na

que se atopan (avaliación e promoción).

-Análise de distintas profesións.

2ºESO

-Coñecemento de sé mesmo e das habilidades e limitacións persoais.

-Información académica relevante acerca das materias de 3ºESO e a súa vinculación

coa traxectoria escolar ou profesional posterior.

- Habilidades para a toma de decisións. Análise e reflexión sobre as propias opcións.

- Aprendendo a elixir. Toma de decisións.

-Intercambio de información co alumnado, profesorado e familias.

3º ESO

-Actividades de orientación vocacional: Afondar no descubrimento da propia identidade persoal

e grupal: capacidades, aptitudes, intereses, habilidades de relación …

-Coñecemento e análise das distintas profesións e preferencias profesionais.

-Recepción e busca de información sobre itinerarios formativos.

-Identificar diferentes camiños e alternativas para o alumnado en risco de abandono escolar.

-Coñecemento de itinerarios de 4º ESO e relación opcións académicas e laborais posteriores.

-Reflexión sobre a propia traxectoria escolar que posibilite unha elección axustada dos

itinerarios do seguinte curso.

-Intercambio de información co alumnado, profesorado e familias.

LONGO DA VIDA:

*ACTUACIÓNS NO ÁMBITO DA ORIENTACIÓN PROFESIONAL NA FORMACIÓN AO

Page 32: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

31

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

4º ESO

-Presentación do Programa de orientación académica e profesional. Cuestionario inicial.

-Tratamento intensivo do proceso de toma de decisións. A súa importancia na traxectoria

persoal de vida. Diferentes estilos de toma de decisións. Planificación de decisións importantes.

-Autocoñecemento/ Coñecemento dos propios valores, intereses e expectativas/ Análise da

traxectoria académica/ Factores internos e externos que condicionan o futuro académico-

profesional.

-Diferentes opcións académicas e profesionais: -Investigación das opcións do sistema

educativo. Fontes de información e acceso ás mesmas (páxinas web, programas informáticos,

publicacións, charlas...) -Análise crítica do uso funcional da información. -Actividades para o

coñecemento do mercado laboral (análise de enquisas, estudios da zona, prensa, charlas, a

través das áreas...). Cuestionario de intereses profesionais. - Saídas -Actividades de toma de

decisións. Tratamento do proceso de inserción profesional (elaboración de documentos de

utilidade, charlas dende o concello- axente de desenvolvemento local-, visualización de vídeos,

publicacións oficiais, páxinas web, organismos de interese...).

-Aspectos que condicionan a nosa decisión: Condicionantes e estereotipos sociais. Reflexión

sobre os mesmos. Actividades de organización, selección e análise das opcións e elaboración

dunha toma de decisión inicial. Profundización na opción preferente e compromisos derivados

da decisión final.

-Intercambio de información co alumnado, profesorado e familias.

ORIENTACIÓN PROFESIONAL NO BACHARELATO

1ºBacharelato

-Coñecemento das características da nova etapa, modalidades e posibilidades de cambio

dunha modalidade á outra.

-Coñecemento da situación persoal.

-Identificación de intereses e actitudes.

-Coñecemento das opcións de 2º de Bacharelato.

-Coñecemento de itinerarios formativos posteriores, becas e axudas...

-Planificación do seu propio itinerario formativo.

-Información ás familias.

Page 33: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

32

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

2ºBacharelato

-Busca de información das distintas opcións educativas.

-Axuda na toma de decisións sobre as distintas opcións que se lle presentan.

-Información académica e profesional actualizada e conectada co entorno, a través de

documentación ou páxinas web de interese.

-Orientación para o tránsito á Universidade, opcións dos Ciclos Formativos de Grao Superior, Becas e axudas ao estudo...

-Charlas ou visitas guiadas ós diferentes centros de ensino superior: Universidade, Ciclos de

Formación Profesional, Ensinanzas de Réxime Especial, ...

-Entrevistas persoais co alumnado que o solicite no horario de recreo facilitado polo

departamento.

-Información ás familias.

ORIENTACIÓN PROFESIONAL NA FPGM

- Opcións e alternativas académicas e profesionais acordes ás propias características, intereses

e posibilidades, actualizada e conectada co entorno, a través de documentación , páxinas

web de interese, charlas, intercambio de información con ex-alumnos/as, asesoramento

individualizado... (Organización da empresa privada e da Administración Pública. Acceso ao

emprego nas súas distintas modalidades. Oferta de postos de traballo que se poden

desempeñar coa titulación adquirida. Itinerarios académicos posteriores...)

- A transición ao mundo laboral: Técnicas de busca de emprego, Confección dun currículo, Carta

de presentación, Traballar as actitudes persoais e profesionais (Técnicas para superar unha

entrevista persoal), Contacto con empresas, Perfil individual nas redes, ...

ORIENTACIÓN PROFESIONAL NA ESA

- Asesoramento individualizado en relación aos posibles itinerarios académicos e/ou profesionais

acordes ás propias características, intereses e posibilidades, actualizada e conectada co

entorno, a través de documentación , páxinas web de interese, ...

Page 34: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

33

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

Algunhas das actuacións traballaranse fundamentalmente na ESO, a través das titorías,

outras fanse extensibles a tódalas ensinanzas impartidas no centro. Neste caso, nos niveis que

non teñen unha hora de titoría presencial, a información proporcionaráselle mediante folletos

e/ou cadernos informativos, charlas, páxinas ou recursos web de interese, …, no horario de

atención semanal ao alumnado, nos recreos, e noutros tempos facilitados para este fin

(sesións informativas da Semana Cultural, saídas a centros da zona, …-); de xeito que a

información estea accesible a todo o alumnado. Contarase coa implicación tanto do

profesorado (en especial dos titores/as) coma dos pais/nais, tal como se recolle nos

obxectivos da acción titorial e da orientación académica e profesional.

IMPLEMENTACIÓN:

Page 35: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

34

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

c. Ámbito de Atención á Diversidade

O centro inclúe o tratamento da atención á diversidade nos diferentes

documentos (organizativos, de centro, e programacións didácticas). O Plan Xeral de

Atención á Diversidade é o documento no que se articula a forma de atención á

diversidade á que se refire o artigo 121.2 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de

Educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da

calidade educativa, e o artigo 10 do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se

regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade

Autónoma de Galicia. Neste Plan concrétanse todas as actuacións e medidas de atención á

diversidade que o centro educativo deseña e desenvolve para adecuar a resposta educativa

ás necesidades da totalidade do alumnado. O citado Decreto, no seu artigo 11 recolle que o

departamento de orientación elabora dito Plan de acordo coas directrices da Comisión de

Coordinación Pedagóxica e as achegas dos departamentos, que será aprobado polo

consello escolar, por proposta do claustro do profesorado, e pasará a formar parte do

proxecto educativo. Tamén di que o equipo directivo será o responsable do

desenvolvemento, seguimento e avaliación do Plan Xeral de Atención á Diversidade. Non

obstante, ao comezo de cada curso escolar, os departamentos de orientación dos centros

elaborarán a proposta da concreción anual do Plan Xeral de Atención á Diversidade,

que debe formar parte da programación xeral anual. O equipo directivo incorporará

esta concreción anual do Plan Xeral de Atención á Diversidade á programación xeral

anual, e velará polo seu cumprimento, avaliación e memoria.

A continuación recóllense a proposta anual de actuacións, medidas e recursos para

atender á diversidade, facilitando os procesos de ensino- aprendizaxe o alumnado

escolarizado no centro. Ditas medidas, son revisables e suxeitas a avaliación continua,

debendo propiciar a participación de toda a comunidade educativa e a colaboración de se-

lo caso de outras administracións, servizos ou institucións:

No presente curso prevese desenvolver as seguintes medidas (as características das

mesmas recóllense no Plan Xeral de Atención á Diversidade):

Medidas de carácter xeral, preventivo e/ou ordinario, para atender á diversidade do

alumnado (medidas curriculares e organizativas): adecuación de horarios, espazos do centro

e da aula ás características do alumnado, a programación flexible e adaptada ás necesidades

do alumnado, adaptación de tempos, instrumentos ou procedementos de avaliación, aula de

atención educativa e convivencia e actuacións dirixidas á mellora da convivencia e ao respecto

Page 36: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

35

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

e promoción da igualdade, desdobramento de grupos, reforzo educativo e apoio do

profesorado con dispoñibilidade horaria.

Medidas de carácter extraordinario (medidas curriculares e/ou organizativas) axustadas ás

características do centro e ás necesidades do alumnado, que se aplicarán cando non

fosen suficientes as de carácter xeral para acadar os obxectivos previstos e requiren de

autorización do Servizo de Inspección, da Xefatura Territorial ou da Dirección Xeral de

Educación: adaptacións curriculares e apoios do profesorado especialista de Pedagoxía

Terapéutica.

Como punto de partida para a determinación das liñas fundamentais de intervención no

presente curso dentro do plan de atención á diversidade do alumnado, partirase da

actualización do Plan de Atención á Diversidade do Centro e da revisión e organización da

información do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo escolarizado nos

grupos, a fin de determinar as actuacións máis axeitadas. Neste sendo, as primeiras reunións

de coordinación co profesorado permiten detectar necesidades e establecer actuacións

oportunas. Neste sentido, os departamentos didácticos aplicarán instrumentos de avaliación

inicial que determinen a competencia curricular coa fin e adaptar as programacións. O

departamento de orientación colaborará cos departamentos didácticos na detección de

necesidades e no establecemento do tipo de actuación máis axeitada, en especial, do

alumnado con con necesidades específicas de apoio educativo que precise dunha

avaliación psicopedagóxica e da organización e elaboración de medidas extraordinarias,

participando no seu seguimento.

Durante o presente curso académico, o profesorado de pedagoxía terapéutica desenvolverá a

súa labor de apoio co alumnado que necesite atención individualizada na clase ordinaria; así

mesmo, cando sexa aconsellable polas características do alumnado e por cuestións

didácticas e/ou organizativas realizará o apoio fóra da aula. Colaborará no desenvolvemento

de técnicas e estratexias dirixidas ó tratamento educativo das dificultades do alumnado con

necesidades específicas de apoio educativo. Participará, de igual modo, na elaboración,

seguimento e avaliación das Adaptacións Curriculares, co profesorado implicado e co

departamento de orientación. Así mesmo, colaborará na avaliación inicial do alumnado que

acceda á ESO e naquelas sesión de avaliación que afecte o alumnado con necesidades

específicas de apoio educativo. Asistirá ás reunións da CCP e as de coordinación cos

demais membros do departamento de orientación; así como ás xuntanzas do profesorado,

a requirimento da xefatura de estudos realizadas con anterioridade ao comezo da actividade

Page 37: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

36

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

lectiva (nas que se puideran concretar as propostas para a atención á diversidade do

alumnado).

Destacar en relación organización da atención á diversidade por parte do profesorado

especialista en Pedagoxía Terapéutica, o reparto de materias en ámbitos, dada a valoración

moi positiva un ano máis, da eficacia da súa especialización (tal como se recolle na memoria do

departamento).

- Así mesmo, tal como se recolle na memoria final do departamento no pasado curso,

continuarase na dotación dun arquivo con recursos nas distintas materias, que facilite o traballo

do profesorado e dos/das especialistas en PT. Acórdase deixar no departamento de orientación

os informes detallados e materiais empregados co alumnado no curso.

Como en cursos anteriores, continuarase coa labor de apoio e colaboración co centro

educativo por parte dos Servizos Sociais do Concello co alumnado que presenta problemas

persoais e socio- familiares e no desenvolvemento do Programa de Reforzo do Concello de

Muros (PREM).

- Previr dificultades de aprendizaxe e evitar, na medida do posible, fenómenos indesexables

como abandono, fracaso e inadaptación escolar, asistíndoos cando se produzan.

- Colaborar co profesorado na prevención, detección de necesidades e na planificación,

realización e seguimento de tarefas ou actividades dirixidas a súa solución.

- Busca-la cooperación entre tódolos responsables do proceso de ensino- aprendizaxe do

alumnado para optimiza-los resultados do mesmo e conseguir o desenvolvemento integral

dos alumnos.

- Axustar a resposta educativa ás necesidades particulares dos/as alumnos/as mediante

medidas oportunas tal como se recollen na lexislación vixente (contempladas no Plan de

Atención á Diversidade do Centro).

- Colaborar cando proceda na fase de deseño e desenvolvemento das diferentes decisións

curriculares.

-Respecto ao centro:

*ACTUACIÓNS:

*OBXECTIVOS:

Page 38: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

37

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

Colaborar coa Comisión de Coordinación Pedagóxica nos termos que se establezan

para continuar a elaboración do Proxecto Educativo, especialmente na revisión e actualización

do Plan Xeral de Atención á Diversidade.

Atender aos seguintes aspectos, en coordinación co profesorado implicado, en

relación ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo do centro:

-Criterios e procedementos para a elaboración de Adaptacións Curriculares e medidas de Reforzo Educativo.

-Plano de Titorías.

-Plano de orientación académico profesional.

-Organización de recursos persoais e materiais para a atención deste alumado na aula ordinaria e na de apoio.

-Criterios e procedementos de avaliación e promoción.

-Criterios e procedementos para recuperar as áreas, materias ou módulos pendentes

-Respecto ao profesorado:

Asesoramento sobre aspectos metodolóxicos e organizativos referidos a:

agrupamentos, organización dos espazos, distribución do tempo, emprego de recursos, ...

Está pendente a elaboración e/ou revisión e modificación de medidas de atención á diversidade

con varios alumnos/as con necesidades educativas especiais.

Participación nas sesións de avaliación e reunións do equipo docente.

Colaborar na identificación de alumnos destinatarios para o Programa de mellora do éxito

escolar (si se leva a cabo no presente curso).

Asesoramento en aspectos metodolóxicos, organizativos … e medidas de atención á

diversidade a a través das distintas reunións cos titores dos diferentes cursos e de carácter

extraordinario que se poidan precisar.

-Respecto aos pais/nais:

Reunións iniciais co profesorado, alumnado e familias co fin de intercambiar información e

dar orientacións axustadas ás necesidades do alumnado.

Reunión de seguimento coas familias.

Proporcionar asesoramento e apoio aos alumnos e familias ante posibles circunstancias de

índole aptitudinal, motivacional, social, ... que puideran interferir no proceso de ensino-

aprendizaxe.

Implicación dos pais en actividades de reforzo e apoio educativo.

Page 39: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

38

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

-Respecto ao alumnado:

Prevención, detección e coordinación do tratamento das dificultades de aprendizaxe:

-Avaliación inicial para coñecer o nivel de competencia curricular e as dificultades de

aprendizaxe do alumnado.

-Intervención nas sesións de avaliacións e reunións dos equipos docentes.

Coordinación da avaliación psicopedagóxica do alumnado que presente dificultades de

aprendizaxe e que precisen medidas educativas específicas.

Reforzos educativos dentro e fóra da aula e apoios educativos por parte do profesorado

de pedagoxía terapéutica e do profesorado con dispoñibilidade horaria, co alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo.

- En relación ao alumnado escolarizado no IES, establécense as seguintes

actuacións prioritarias:

Coa intención de facer unha análise máis pormenorizada das necesidades educativas

presentes no IES Plurilingüe Fontexería, refírese a continuación unha relación de aquel

alumnado con necesidades educativas especiais que recibe atención educativa no

presente curso polo profesorado de pedagoxía terapéutica (adxúntase programas de

intervención deste profesorado especialista para este alumnado); así como do restante

alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e das medidas educativas que se

están a desenvolver para dar resposta as mesmas:

ALUMNADO ESCOLARIZADO EN 1ºESO:

Contémplanse o deseño de intervencións prioritarias por parte do profesorado

especialista en pedagoxía terapéutica e medidas de Adaptación Curricular co

alumnado escolarizado en 1º ESO con necesidades educativas especiais:

- Alumno con diagnóstico de Trastorno Xeneralizado do Desenvolvemento non especificado. Minusvalía 49%. Bo nivel de sociabilidade no grupo de iguais. Non mostra comportamentos desadaptados. O desenvolvemento cognitivo sitúase por debaixo da media, presentando retardo na adquisición de conceptos e habilidades e moi baixo nivel de motivación cara as actividades académicas. Asistiu, un día á semana en xornada lectiva a Asociación e escolarización combinada no cetro CEEPR BATA en Vilanova de Arousa (Pontevedra).

- Alumno con TDAH. Non acada o nivel que lle corresponde pola idade (nas competencias de Aprender a aprender e Iniciativa e Espírito emprendedor). Tivo AC en LCL, LGeL, Cien.Soc.

Page 40: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

39

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

e Cien.Nat e atención individualizada fóra da aula por profesorado de PT e AL, (2 sesións semananais con cada especialista). Precisa as medidas de atención ao alumnado con TDAH: uso da axenda, flexibilización dos tempos, atención individualizada. Altérase notablemente en todas as actividades que saian da rutina escolar (cústalle o razoamento, precisa mecánicas aprendidas).

- Alumna con diagnóstico de TDAH, baixa autoestima, alto nivel de frustración e baixa motivación polas tarefas escolares. A pesar de recibir medidas de RE ao longo da etapa de primaria, repetiu 2º curso e non acadou os mínimos da etapa nas materias de LCL, LGeL, Mat, Ing, BX, XH. Con dito motivo, o pasado curso, no que se escolarizou en 1ºESO, recibiu apoio polo profesorado de PT, e elaborouse unha medida de AC (nas materias de LCL, LGeL, Mat, Ing, BX, XH). Non acadou os mínimos para unha avaliación positiva nas materias de LGeL, Mat e XH, (obxecto de AC), repetindo no presente curso 1ºESO.

- Alumna con dificultades na linguaxe oral e escrita dende o inicio da escolarización (presentou fala infantilizada, múltiples dislalias, erros por unión e segmentación de palabras, omisións de fonemas, dificultade na adquisición de conceptos gramaticais básicos, fluidez lectora, expresión escrita, mestura da lingua galega e a castelá...), recibindo atención individualizada polo profesorado especialista de pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe e RE nas materias de LCeL e LGeL (non acadando os mínimos para a súa superación no derradeiro curso da etapa de primaria), precisando incidir na súa diferenciación. Está pendente decidir a necesidade de elaborar unha medida de AC en ditas materias.

Reciben, ademais medidas de reforzo educativo, por profesorado con dispoñibilidade

horaria no centro, 6 alumnos/as con dificultades específicas de aprendizaxe, estando

exentos de cursar a 2ª lingua estranxeira (francés).

Queda pendente na avaliación inicial a revisión da decisión da incorporación a esta

medida do alumnado que se incorporou ao IES procedente de 6º de primaria, con

dificultades de aprendizaxe escolar; así como a decisión de adopción de medidas

educativas (RE, AC; atención PT...) de varios alumnos e alumnas con dificultades de

aprendizaxe escolar, á vista das súas necesidades específicas de apoio educativo.

ALUMNADO ESCOLARIZADO EN 2ºESO:

Contémplanse o deseño de intervencións prioritarias por parte do profesorado

especialista en pedagoxía terapéutica e medidas de Adaptación Curricular con unha

alumna e un alumno escolarizados en 2º ESO con necesidades educativas

especiais:

- Alumna con diagnóstico de Retraso Madurativo. Cromosomopatía Autosómica conxénita. Déficit de Atención e Hiperactividade Combinado. Minusvalía 33%. Presenta intelixencia máis baixa do promedio da súa idade. Mínima capacidade de atención e abstracción. Carece de autonomía para o traballo na aula, respondendo só á atención personalizada. Grande actividade motriz, presenza de condutas disruptivas na aula; precisando atención do

Page 41: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

40

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

persoal auxiliar técnico educativo, especialmente nas últimas horas da xornada escolar ou en actividades de maior axitación (Educación Física, cambios de clase, actividades complementarias ou extraescolares).

- Un alumno procedente do extranxeiro Alumno inmigrante de 14 anos, procedente de Senegal (Dakar). Incorporouse ao centro (con data do 01/10/2018) con descoñecemento das dúas linguas oficiais da nosa comunidade e sen escolarización anterior. En base as súas necesidades, deseñáronse medidas organizativas e curriculares máis axeitadas para a súa escolarización por canto existe desfase curricular significativo. Estase a diseñar un programa específico individualizado nos ámbitos lingüístico e científico, por profesorado con dispoñibilidade horaria e conta co apoio da profesora de Pedagoxía Terapéutica.

Reciben medidas de reforzo educativo, por profesorado con dispoñibilidade horaria no

centro, 11 alumnos/as con dificultades específicas de aprendizaxe, estando exentos de

cursar a 2ª lingua estranxeira (francés).

ALUMNADO ESCOLARIZADO EN 3ºESO:

Contémplase o deseño de intervencións prioritarias por parte do profesorado

especialista en pedagoxía terapéutica cun alumno escolarizada en 3º ESO con

necesidades educativas especiais:

- Alumno con Trastorno Xeneralizado do desenvolvemento. Trastorno Autista. Minusvalía 49%. Presenta sociabilidade limitada. Non inicia contacto social nin comunicativo. Non é quen de facer ningunha tarefa por sí so. Non mostra comportamentos desadaptados e as estereotipias son mínimas. O desenvolvemento cognitivo sitúase por debaixo da media, presentando retardo na adquisición de conceptos e habilidades. Dificultades de focalización da atención e a memoria é mecánica (mellor a auditiva). Dificultades de coordinación fina, hipotonía xeneralizada. Tolera ben os cambios de espazo e de actividades. Precisa axuda en actividades da vida diaria e non ten orientación espacial axeitada; contando con auxiliar técnico educativo toda a xornada e escolarización combinada no cetro CEEPR ASPANAES Duques de Lugo de Santiago de Compostela

ALUMNADO ESCOLARIZADO NA ESA:

Contémplanse o deseño de intervencións prioritarias por parte do profesorado do

grupo e do departamento de orientación cun alumno escolarizado no módulo 3 da

ESA con necesidades educativas especiais:

- Alumno con diagnóstico de Trastorno do comportamento. Dificultades de aprendizaxe. (Precisa atención individualizada para avanzar nas aprendizaxes). Seguimento da USM de Noia e do Servizo de Neuroloxía do CHUS. Permaneceu un ano máis en 2ºcurso de educación primaria e en 1ºESO. Falta de habilidades sociais e grande problemática de integración. Situación de desvantaxe socio- educativa.

Page 42: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

41

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

Está pendente a posible incorporación nestas ensinanzas un alumno procedente do extranxeiro Alumno inmigrante de 16 anos, procedente de Senegal (Dakar). Incorporouse ao centro (con data do 01/10/2018) con descoñecemento das dúas linguas oficiais da nosa comunidade, escolarizándose pola idade en 4ºESO. No momento actual realiza as probas de paso a nivel para a súa incorporación no módulo 3 da ESA.

Coordínanse actuacións por parte do centro educativo, coas familias e servizos externos

(gabinete psicopedagóxico, servizos sanitarios e sociais, equipo de orientación específica)

implicados na atención de varios alumnos e alumnas escolarizados no IES nestas

ensinanzas.

5.2.3.- OS ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN EN RELACIÓN AOS DOCUMENTOS DO

PROXECTO EDUCATIVO:

PROXECTO LECTOR

A lectura constitúe un factor primordial para o desenvolvemento das competencias. Os centros docentes garantirán na práctica docente de todas as materias un tempo dedicado á lectura en todos os cursos da etapa, de acordo co proxecto lector do centro elaborado. Dito documento integra todas as intervencións do centro destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas. Para a consecución do sinalado deberanse establecer intervencións precisas nas que colabora o departamento de orientación atendendo:

Promover actividades dende a titoría para o fomento de hábitos de lectura.

A ensinanza de estratexias de comprensión lectora e mellora da velocidade lectora que

se poidan desenvolver nas sesións de titoría e por parte do profesorado de pedagoxía

terapéutica no apoio ao alumnado co que intervén.

Integración das TIC.

Implicación das familias e do entorno.

PROXECTO LINGÜÍSTICO As medidas adoptadas (nas que colabora o dpto. Orientación) para que o alumno

con insuficiente dominio das linguas poida seguir con aproveitamento as ensinanzas son:

Reforzo educativo (nas linguas)

Apoio educativo.

Plans de recuperación das pendentes.

Acción titorial.

Programa de mellora do éxito escolar (PROA), na liña de Reforzo; Orientación e

Apoio (se continúa un ano máis), no que se traballarán as materias instrumentais,

Page 43: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

42

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

coordinado pola xefatura do departamento orientación do centro.

PLAN TIC

Estase traballando na seguinte liña de actuación:

Apoio ao ensino aprendizaxe (TAC)

Mediante o uso do ordenador como canle de recollida e intercambio de

información na aula de apoio e na intervención por parte do profesorado de pedagoxía

terapéutica co alumnado con programas informáticos concretos.

No traballo individual e en pequeno grupo co alumnado con necesidades

específicas de apoio educativo no taboleiro dixital.

Mediante o uso do ordenador por parte do profesorado que leven a cabo na súa

aula unha AC con algún alumno concreto para o seu uso como soporte e apoio cunha

finalidade pedagóxica.

No desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo en relación a uso

axeitado das TIC, a través de obradoiros de seguridade dixital.

Acción Titorial

Nas proxeccións de películas, curtas... nas sesións de titoría e posteriores

propostas didácticas.

Nas proxeccións de medios audiovisuais ao alumnado por parte dos propio

profesorado titore, orientadora ou axentes externos ao centro.

Orientación Profesional ao longo da vida

Uso do Ordenador, programas informáticos e páxinas web para a recollida e

intercambio de información relevante para o alumnado dos diferentes niveis e

necesidades.

Na aportación de información académica e profesional na páxina web do centro.

PLAN DE CONVIVENCIA

O departamento de orientación colabora na elaboración do Plan de Convivencia.

Participa na dinamización da convivencia e da igualdade no centro e realiza diversas

actividades que se reflicten no PAT.

Participa na formación do alumnado e colabora no asesoramento ao profesorado e

as familias en relación á mediación escolar.

Page 44: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

43

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

6.-ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN.

No desenvolvemento das liñas de actuación antes expostas, o Departamento de

Orientación recorrerá, segundo demande o caso , a estratexias diversas de intervención

como poden ser:

-Aplicación e seguimento de programas diversos, tanto de elaboración propia como

publicados: técnicas de traballo intelectual, de comprensión lectora, de orientación académica

e profesional.

- Realización de reunións informativas tanto co alumnado, coma co profesorado e coas

familias.

-Emprego de: cuestionarios, técnicas grupais, entrevistas, observación, revisión de

documentación, probas de avaliación psicopedagóxica...

-Asesoramento e intervención individualizada.

-Actuacións contextualizadas e consensuadas.

-Traballo colaborativo. O plan abarca a toda comunidade educativa, no que se

deben definir as funcións de cada membro implicado.

-Buscar a coordinación cos servizos externos.

Todas estas estratexias deberán partir da base constituída polos postulados propugnados

dende o enfoque construtivista das aprendizaxes escolares e da intervención

pedagóxica e dende o enfoque sistémico da intervención psicopedagóxica.

Así mesmo, para o desenvolvendo de todas as estratexias mencionadas,

faise necesario contar con diversidade de recursos técnicos e materiais, o cal se irá

recompilando ao longo do curso, en base ás necesidades que se vaian detectando.

Page 45: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

44

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

7.-RECURSOS.

Durante este curso, o departamento empregará os recursos materiais específicos o seu

alcance (os propios do departamento e do centro, así como os aportados por outros

organismos, centros ...) incorporando si é preciso, de xeito progresivo, novos recursos materiais

en función das necesidades que se vaian detectando: documentos do centro, equipos

informáticos, canón, taboleiros informativos e páxina web do centro, revistas, guías e

publicacións, bibliografía diversa, fichas psicopedagóxicas e rexistros elaborados polo dto.

Orientación, cuestionarios, cartas ás familias, documentos de apoio aos ámbitos de intervención,

material didáctico, curricular, informático, audiovisual, páxinas e enderezos na web de utilidade

para a comunidade educativa, probas psicopedagóxicas, modelos de fichas rexistro para

anamnese, para entrevistas co alumnado...

Entre os recursos persoais internos e externos ao centro, que farán posible o

desenvolvemento do plan, o alumnado, o profesorado en xeral, e os titores especialmente, e as

familias serán os principais axentes implicados nas distintas actuacións ás que van dirixidas o

programas de intervención, a nivel individual e grupal; contando en todo o proceso educativo co

asesoramento psicopedagóxico e o soporte técnico do departamento de orientación nos

distintos ámbitos de actuación, e coa colaboración doutros profesionais e institucións, co fin de

co fin de planificar unha resposta axeitada ás necesidades e características do alumnado. Entre

outros, coordinarase co CEIP Ramón de Artaza e Malvárez e o IES As Insuas, de onde

proceden os nosos alumnos/as, así como con outros orientadores/as da zona (con carácter

trimestral cos departamentos de orientación de Cee e Carnota). Así mesmo, a nivel externo,

colabórase coa Universidade, EOE, Servizos sanitarios, Servizos sociais do Concello de Muros, ...

Page 46: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

45

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

8.-CRITERIOS DE SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E PROPOSTAS DE MELLORA.

En relación ao significado da avaliación, é entendida como parte intrínseca á propia

actividade orientadora, revelándose polo potencial formativo, como instrumento privilexiado de

investigación e reflexión do Plan. Deste xeito, o desenvolvemento do Plan e dos programas

que se inclúen nos seus ámbitos de actuación, someteranse a un proceso continuo de

avaliación, a través de diversos instrumentos (reunións periódicas, observacións, entrevistas

cos diferentes axentes implicados, cuestionarios de avaliación e autoavaliación...);

comprendendo tres funcións básicas, referidas ó momento do proceso avaliativo:

- Inicial ou de Contexto: permite coñece-la realidade educativa e as necesidades do

contexto e tomar decisións de Planificación e programación para determinar os obxectivos

do plan e concretar axentes participantes e actuacións. Serven como referentes outros a

análise dos documentos de centro, o Plan e Memorias de cursos anteriores, as propostas do

profesorado e titores, do Equipo Directivo, as directrices da Comisión de Coordinación

Pedagóxica e aportacións doutros axentes externos (EOE, Dirección Xeral a través das

circulares correspondentes...)

- Formativa ou de Proceso: obxecto da actividade orientadora, proporciona información

durante o proceso, permitindo tomar decisións conxuntas sobre o desenvolvemento do plan

e programas, para valorar a marcha e introducir, se é necesario, melloras ou modificacións.

- Sumativa ou Final: Determina o alcance dos resultados acadados ó remate do proceso. A

finalidade é medi-lo alcance dos obxectivos iniciais propostos e a coherencia,

funcionalidade ou aplicabilidade do plan ou programas no seu conxunto e as posibles

modificacións para conseguir unha mellora. Permite, a través dunha valoración conxunta por

parte dos participantes, tomar decisións respecto á continuación, modificación, ampliación

ou propostas de mellora nas actuacións propostas nos distintos ámbitos de intervención do

Plan para o próximo curso. Esta avaliación concretarémola na Memoria.

Ademais da avaliación cun carácter interno, realizada polos propios implicados no

desenvolvemento do Plan e dos programas; tal como sinala a Circular 10/2010, a

Administración educativa poderá levar a cabo unha avaliación con carácter externo, que axude

ao contraste de datos recollidos (será realizada polo Servizo de Inspección Educativa, quen

valorará as propostas do Plan conforme á normativa, así como as Memorias finais e os informes

do dto. de orientación e do EOE)

Page 47: Plan Anual de Actuación - edu.xunta.gal MUROS_ 19… · Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería Curso 2019-20 7 3.-XUSTIFICACIÓN BASEADA

46

Plan Anual de Actuación- Departamento de Orientación IES Plurilingüe Fontexería

Curso 2019-20

Para realiza-la avaliación e seguimento do plan teranse en conta como CRITERIOS DE

AVALIACIÓN :

Nivel de consecución dos obxectivos previstos

Priorización de necesidades

Nivel de participación e implicación de axentes internos e externos

Relación e clima de convivencia dos participantes

Grao satisfacción das partes implicadas

Dificultades xurdidas e formas de resolvelas

Niveis de eficacia adecuados das intervencións orientadoras

Viabilidade do Plan e Aplicabilidade dos programas (grao de realismo, coherencia

e interrelación)

Adecuación dos recursos, metodoloxía, e da propia avaliación.

As propostas e conclusións dos diferentes membros da comunidade educativa e de tódolos

implicados na acción orientadora, en función dos resultados acadados e das posibilidades de

continuidade e mellora do proceso orientador, serán concretadas pola xefa do departamento na

Memoria Anual (adxunta á mesma figurará a memoria do profesorado de apoio) e formará parte

do Plan de Mellora do Centro.

Muros, a 16 de setembro de 2019.

A Xefatura do departamento de orientación.

Asdo.:Susana Blanco Barreiro.