página: 1 de 20 memoria 2014 - aspadex...memoria 2014 edición: código: -- --fecha: -- página: 2...
TRANSCRIPT
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 1 de 20
MEMORIA 2014
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 2 de 20
INTRODUCCIÓN
O ano 2014 foi un ano de asentamento do traballo que se ven levando a cabo na
entidade. Os obxectivos xerais seguen na liña de anos anteriores, xa que cos mesmos
podemos levar un control daqueles aspectos máis relevantes ós que temos que dar resposta:
contar con unha financiación que nos permita mellorar os servizos que prestamos, acadar
melloras nos usuarios/as, amosar unha imaxe positiva do colectivo co que traballamos e
mellorar profesionalmente por medio da formación.
Manter a financiación propia con respecto ó ano 2013: seguimos traballando para
manter os ingresos propios, necesarios para mellorar os servizos que ofrecemos ós
nosos clientes.
Conseguir os obxectivos do PAI: este é un dos aspectos nos que centramos os
nosos esforzos, xa que consideramos que é fundamental que os usuarios acaden as
melloras que precisan en todos os ámbitos. Durante o 2014 seguimos facendo
melloras no formato de PAI, de forma que poidamos medir mellor o traballo que
facemos e os resultados que vamos conseguindo.
Usar os medios de comunicación para difundir unha imaxe actualizada da
asociación e das persoas con discapacidade intelectual: continuamos con
aparicións en prensa, dando unha visión positiva nos distintos medios. Durante o
2014 comezamos a traballar a presencia en redes sociais, obtendo moi bos
resultados.
Recibir formación que nos permita mellorar o noso traballo diario: fixemos cursos
relevantes para mellorar o noso traballo, especialmente no relacionado coa
atención directa, procurando dar un trato adecuado e adaptado a cada un dos
usuarios/as.
No ano 2014 seguimos asentando o sistema de calidade, mellorando nos obxectivos
propostos no marco dun sistema de calidade que cada vez coñecemos mellor e que polo tanto
nos permite sistematizar o traballo que facemos.
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 3 de 20
A ASOCIACIÓN
ASPADEX é unha asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual creada o
6 de decembro de 1983, momento no que non existía na zona ningún recurso para atender a
esta poboación. A asociación comezou nunha escola unitaria atendendo a 6 persoas, mentres
que na actualidade son 80 usuarios atendidos.
Ó longo destes anos tamén fomos ampliando os servizos prestados ás persoas con
discapacidade e ás súas familias, en función das necesidades que fomos detectando, e que os
nosos clientes foron demandando.
ASPADEX é unha asociación, formada por 52 socios, e o seu órgano de goberno é a
Xunta Directiva que está formada por:
Nome e apelidos Cargo
Evaristo R. Lema Antelo Presidente
Norberto Sande Rodríguez Vicepresidente
Jesús Manuel González Cambeiro Secretario
José Martínez Insua Tesoureiro
Mª Dolores Santiago Sambade Vocal
Leoncio Olveira López Vocal
Marina Benlloch Blanco Vocal
O organigrama da entidade segue igual que no ano 2012, ano en que foi modificado para
incluír no mesmo a todos os profesionais:
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 4 de 20
Misión, VISIÓN E VALORES
MISIÓN: a nosa misión é a de contribuír, dende o noso compromiso ético, con apoios e
oportunidades, a que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenrolo e a súa
familia poidan desenrolar o seu proxecto de calidade de vida, así como a promover a súa
inclusión como cidadán de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria.
VISIÓN: queremos ser unha asociación que se organiza con calidade e ética, con un proxecto
común, aberta ó entorno e que loita pola inclusión e autodeterminación das persoas con
discapacidade intelectual (PCDI) prestando os apoios que cada persoa necesita para desenrolar
o seu proxecto de vida
OS NOSOS VALORES:
Durante o ano 2013 seguimos afondando no código ético, difundindo material sobre o mesmo
para traballar de xeito coordinado.
COMUNICACIÓN EXTERNA
Durante este ano, igual que o ano anterior, demos a coñecer as actividades realizadas
no centro por medio do blog (http://blogaspadex.wordpress.com/) dende onde se
pode acceder a todas as saídas e actividades que se realizaron durante o 2014. Tamén
traballamos nas redes sociais, elaborando un plan de medios, e mellorando a
presencia dixital, no só en redes, senón tamén coa creación dun blogue máis técnico,
no que compartimos información de relevancia para o colectivo
(http://aspadex.org/blog).
Durante este ano seguimos tendo contacto con colexios e institutos con resultados
moi positivos tanto para os alumnos como para os nosos usuarios. En canto ós medios
de comunicación tradicionais, seguimos mantendo a presencia:
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 5 de 20
EQUIPO HUMANO
ASPADEX conta con unha plantilla de 32 traballadores. A maioría do persoal é fixo,
salvo aqueles contratados a través de los Programas de Cooperación da Consellería de
Traballo e Benestar.
COMUNICACIÓN INTERNA: no ano 2014 seguimos na mesma liña que en anos
anteriores, usando distintos recursos para manter unha boa comunicación interna:
reunións, base de datos, e-mail, notas internas…
FORMACIÓN: a maioría de traballadores participaron no curso de ética e noutro apoio
conductual positivo, cursos importantes para mellorar o traballo e intervencións que
ser realizan cos usuarios. Presentamos a continuación unha relación dos cursos que se
levaron a cabo en ASPADEX.
Acción formativa Data Duración Nº asistentes
Community Management Abril 2014 500 horas 1
Curso envellecemento Xuñño 2014 24 horas 2
Apoio conductual positivo 28 e 29/07/14 16 horas 20
Ética 01/09/2014 8 horas 12
SATISFACCIÓN: como en anos anteriores, os profesionais cubriron a enquisa sobre
satisfacción, dos resultados deducimos que a satisfacción segue sendo alta, así como a
media de todos os ítems. Os resultados seguen sendo positivos con pequenas
variacións con respecto a anos anteriores.
OS NOSOS CENTROS E SERVIZOS
No ano 2014 seguimos dando especial relevancia á atención individualizada, tendo en
conta non só a valoración feita polos profesionais, senón tamén as preocupacións e
intereses, tanto das persoas con discapacidade intelectual como das súas familias.
Tamén procuramos mellorar os distintos servizos ofertados, propoñendo melloras en
todos eles, e comprobando a consecución das mesmas por medio do sistema de
calidade que temos implantado.
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 6 de 20
CENTRO OCUPACIONAL
O Centro Ocupacional ASPADEX conta con 65
usuarios, todos eles maiores de 18 anos e con
discapacidade intelectual lixeira ou media
Dentro do Centro Ocupacional contamos por unha
parte con talleres ocupacionais (orientados ó
sector servizos e á tenda e por outra con
actividades encamiñadas á adquisión de
habilidades adaptativas.
Talleres orientados á Tenda ASPADEX
A tenda ASPADEX pretende ser un escaparate das capacidades laborais das persoas con
discapacidade intelectual, nos talleres reciben formación para levar a cabo estas tarefas,
ó tempo que se lles ensinan capacidades laborais básicas.
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 7 de 20
Talleres orientados ó sector servizos
Outra serie de talleres están orientados ó sector servizos, adaptando as tarefas ás
capacidades e posibilidades dos nosos usuarios. Buscamos a maior normalización
destas tarefas ofrecendo a formación e apoios necesarios.
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 8 de 20
Area de inserción prelaboral
A finalidade desta área é a inserción prelaboral, sendo os medios para acadalo a
formación e o coñecemento das funcións e tarefas do posto de traballo. Durante o ano
2014 seguimos traballando nos xardíns da comarca, no kiosco do Hospital (quiosco e
máquinas vending) e facendo o reparto de periódicos por distintos establecementos da
zona.
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 9 de 20
Xunto con estes talleres, o Centro Ocupacional conta con outras actividades que facilitan ás
persoas con discapacidade unha maior habilitación persoal e unha mellor adaptación á
comunidade onde vive.
Axuste persoal e social
Actividades orientadas ó entrenamento en habilidades adaptativas, mellora das
habilidades sociais, de relación co entorno, atención e memoria, ... Durante este ano
seguíronse mantendo as actividades realizadas durante o año anterior, dando unha
atención individualizada, tendo en conta as necesidades de cada un dos usuarios, as súas
preferencias e a información aportada polas familias.
Taller de comunicación mediante o visionado de noticias: esta actividade ten
como finalidade coñecer temas de actualidade, para despois comentalos cos
compañeiros e monitores tanto nos descansos como no comedor. Participaron
un total de 22 persoas, e en xeral os usuarios acadaron os obxectivos previstos.
Taller de manexo do euro: este ano o taller seguiu
con unha orientación práctica, complementando
sesións teóricas no centro con pequenas compras no
entorno. Participaron un total de 35 usuarios,
aumentando en autonomía e seguridade á hora de
facer compras, manexar os cartos…
Taller de lectoescritura: este ano traballouse con aqueles usuarios que teñen
adquiridos coñecementos de lectura e/ou escritura ou ben que teñen a
posibilidade de adquirilos, para que non perdan o adquirido e/ou que aprendan
novos coñecementos nesta área. Participaron un total de 28 usuarios con uns
resultados positivos.
Taller de habilidades sociais: traballouse tanto de forma individual como
grupal, por medio de distintos talleres no Centro e no entorno próximo.
Traballouse con todos os usuarios, aínda que non sempre con horarios cerrados,
moitas das intervencións fixéronse no medio e no momento en que xurdían
conflitos.
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 10 de 20
Taller informática: seguimos como en anos anteriores, ampliando os
coñecementos e buscando a maior autonomía no manexo de ordenador, tanto
orientado á adquisición de capacidades (manexo de procesador de textos,
escritura) como a un maior disfrute do ocio (xogos, música…). 29 usuarios
participaron en el taller.
Programa autoxestores: un total de 32 usuarios seguen participando neste
programa. Este ano centramos a atención na maior autodeterminación dos
usuarios, buscando que tiveran maiores responsabilidades durante as reunións
(elaboración de actas, responsabilizarse de preparar temas…). Este ano o grupo
de autoxestores foi o encargado de organizar e poñer en marcha a I Xornada de
Portas Abertas.
Rehabilitación e terapia
Dentro esta área se traballase con aqueles usuarios que, por distintos motivos precisan
rehabilitación ou terapia nestas áreas para adquirir novas habilidades ou ben manter as
xa adquiridas, en función do seu programa individual.
Psicomotricidade e hidroterapia: traballouse a nivel motriz
cos usuarios que o necesitaban, tamén seguimos acudindo á
piscina municipal. Beneficiáronse do programa de
psicomotricidade 35 persoas, mentres que 52 se beneficiaron
do programa de hidroterapia.
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 11 de 20
Audición e linguaxe: traballouse de xeito individualizado con 7 usuarios con
problemas específico de linguaxe.
Control da saúde
Levamos un control diario do estado de saúde dos usuarios, buscando a maior
autonomía nesta tarefa, dando para elo os apoio necesarios, tanto na toma de
medicación como no mantemento das distintas dietas.
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 12 de 20
CENTRO DE DÍA
O Centro de Día ASPADEX conta con 15 usuarios, todos eles maiores de 18 anos e con
necesidades de apoio extenso ou xeralizado.
A finalidade deste Centro é a de proporcionar unha atención rehabilitadora, habilitación
persoal e social, coidados persoais e asistencia especializada ós usuarios, co fin de acadar o
máximo desenrolo das súas capacidades e posibilidades de inclusión social.
No ano 2014 seguimos traballando no medio, con saídas semanais a distintas zonas do
entorno.
Servizos de coidado persoal e atención individual
Os 15 usuarios recibiron adestramento en habilidades adaptativas de autonomía persoal e
competencia social, así como habilidades cognitivas xerais. Traballáronse tanto habilidades
básicas (comida, vestido, hixiene, toma de medicación…) como instrumentais (realizar
pequenas compras, elaborar menús sinxelos, tarefas de limpeza…).
No ano 2014 seguimos dando especial relevancia ás habilidades instrumentais e ó fomento da
autonomía nas distintas tarefas.
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 13 de 20
Servizos psicosociais e atención psicolóxica.
Neste servizo ofreceuse ós usuarios atención psicolóxica, axudando a solucionar os problemas
no momento que sucedían, taller de relaxación onde aprender a controlar os estados de
ánimo e o programa de habilidades sociais, que tivo lugar tanto no Centro como realizando
saídas á comunidade. Durante o ano 2014, seguindo na liña da inclusión social, realizáronse as
seguintes actividades:
Saídas/paseos polo entorno próximo: sempre que as condicións atmosféricas o fixeron
posible, fixemos paseos polo lugar de Toba (os arredores do Centro) traballando
habilidades de relación, comunicación, educación vial,…
Saídas/paseos por la comarca. Ademais dos paseos máis frecuentes polo entorno, tamén
fixemos outras saídas a outras zonas algo máis alonxadas:
o Fisterra (paseo e terraza)
o Ézaro (paseo marítimo e cafetería, visita á Fervenza)
o Sardiñeiro (paseo, parque e terraza)
o Sardiñeiro (sesión vermouth na festa de S. Xoan)
o Fisterra (faro e porto)
o Corcubión (paseo, parque biosaudable e terraza, praia)
o Carnota (paseo por Boca do Río)
o Fisterra (viaxe no Tren Peregrino)
o Muxía (paseo e terraza)
Cine: semanalmente fíxose unha sesión de cine no Centro.
Viaxe en tren: Santiago a Padrón
Estancia nunha Casa de Turismo Rural en Muxía
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 14 de 20
Servizos de rehabilitación
Todos os usuarios do Centro de Día participaron nos talleres de psicomotricidade e
estimulación multisensorial. En canto ó programa de hidroterapia, beneficiáronse do mesmo
un total de 5 usuarios.
En rehabilitación traballouse tamén a área de audición e linguaxe, na que participaron todos os
usuarios con programas adaptados ás necesidades de cada un dos usuarios: expresión oral,
discriminación auditiva, comprensión, fala signada… Durante o 2014 seguiuse co taller de
musicoterapia, chegando os usuarios a facer unha actuación no centro con motivo do Día
Internacional da Discapacidade.
Servizos de rehabilitación menor
Como en anos anteriores todos os usuarios participaron no
programa de terapia ocupacional, coa finalidade de manter as súas
destrezas sociais, comunicativas e motoras.
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 15 de 20
RESIDENCIA E VIVENDA ASPADEX
A residencia está situada no centro do pobo, na Rúa da Escola, nº 26 e atende a 13 persoas.
A residencia pretende ser un fogar para aquelas persoas con discapacidade intelectual que por
diferentes razóns carecen del. Na residencia traballase a autonomía persoal, xestión e desfrute
do ocio e tempo libre, actitudes, aptitudes e ideosincracias individuais, así como a relación cos
demais.
No ano seguimos na liña de dar maior protagonismo ós usuarios, reforzando a súa autonomía e
autoestima por medio das distintas actividades que se levan a cabo.
Entrenamento en habilidades básicas e instrumentais: formase ós usuarios, para que
realicen por si sos as tarefas básicas, tales como comida, ducha… A maioría dos usuarios xa
teñen adquiridos os hábitos, polo que só é necesaria a supervisión puntual.
Por outra parte, seguimos traballando con un cuadrante de turnos, para que todos os
usuarios participen nas tarefas do fogar. Durante este ano deuse maior responsabilidade ós
usuarios en todas estas tarefas, sen deixar de lado a necesaria supervisión para evitar que se
perdan aprendizaxes xa adquiridas.
Coidado da saúde: a maioría de usuarios teñen uns hábitos adquiridos, especialmente en
canto ás dietas, aínda que segue sendo necesario recordar a importancia de coidarse para
evitar enfermidades.
Talleres de convivencia: seguiron funcionando como en anos anteriores, aínda que os
usuarios van acadando autonomía e aprendendo a resolver pequenos problemas, aínda
seguen sendo necesarias estas reunións, porque debido ás características propias das persoas
con discapacidade, cústalle retrasar recompensas, ceder ante determinadas presións,..
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 16 de 20
Atención psicolóxica individualizada/habilidades sociais: poténcianse todas aquelas
aptitudes e actitudes positivas, controlase e modifícanse aqueles comportamentos e/ou
cognicións que producen un malestar significativo a eles ou ós demais, fomentando en todo
momento a autonomía, autovalía e auto desenvolvemento. Tamén se traballan as habilidades
sociais, resolución de conflitos e autocontrol de forma transversal usando sempre contextos
naturais, recursos sociais e as relaciones entre os iguais e o resto da poboación, fomentando
a través desta forma de traballo a interiorización e adquisición dos contidos.
Actividades de ocio: nas actividades de ocio o fundamental é a inclusión social e o
desfrute. Con esta finalidade tivemos saídas practicamente todos os fins de semana. Durante
este ano seguimos buscando a participación activa dos usuarios á hora de decidir as
actividades que querían facer, buscando que as saídas foran gratificantes para todos os
usuarios.
Durante as saídas ensínase a facer unha correcta xestión do diñeiro, a usar correctamente os
recursos do entorno..
Las actividades de ocio de fin de semana poden consultarse no blog de ASPADEX
(http://blogaspadex.wordpress.com/).
PROGRAMA DE RESPIRO: durante o ano seguimos ofrecendo o servizo de respiro, co
obxectivo de dar resposta a aquelas familias que por distintos motivos non se poden facer cargo
dos seus fillos en determinados momentos (viaxes, enfermidades…).
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 17 de 20
SERVIZOS COMÚNS
Ademais dos programas e servizos xerais, tamén contamos con unha serie de servizos comúns,
coa finalidade de optimizar recursos:
Servizo de atención a las familias: ó longo do ano solicitouse ás familias diverso tipo de
documentación para manter os arquivos actualizados, deuse información de interese por
medio de cartas e ofreceuse tamén orientación e apoio individualizado. Durante o ano
tivemos de novo unha convivencia familiar, debido ós bos resultados da mesma no ano
anterior.
Servizos hoteleiros e de transporte
A asociación ASPADEX ofrece en todos os seus centros o servizo de comedor. Durante a
comida fórmase ós usuarios para que adquiran uns hábitos adecuados, que non coman
cantidades de comida excesiva, que vexan o acto de comer como un acto social… No seguimos
potenciando o uso de alimentos sans e de temporada, facendo uso dos invernadoiros cos que
contamos no Centro Ocupacional.
Outro dos servizos que se ofrece é o uso das estancias
comúns para ensinar a ocupar o ocio de forma activa
(paseos polas zonas axardinadas, campionatos de futbolín
…). Durante os descansos os profesionais teñen uns turnos
de vixiancia para axudar a resolver conflitos, fomentar a
comunicación…
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 18 de 20
Por outra parte temos o servizo de transporte, necesario para que as persoas con
discapacidade poidan acudir ó centro. Durante este ano prestamos especial fincapé en reducir
o gasto, para poder seguir mantendo este servizo.
Programa de actividades deportivas e de ocio
Dentro do programa de actividades deportivas e de ocio, leváronse a cabo sesións semanais de
zumba, así como actividades lúdicas e deportivas na praia e piscina.
Participamos nas viaxes do IMSERSO, así como en distintas saídas tanto polo entorno próximo
como outras máis lonxe, dentro do Programa de Ocio Inclusivo financiado pola empresa
Ferroatlántica (saída a Baiona, á Coruña, ó parque de Marcelle en Lugo, convivencia nunha casa
rural, saída en tren a Padrón, paseo por Langosteira, Ézaro,…)
Outras actividades: festa de carnaval, participación no Certame Autonómico de Tarxetas de
Nadal, participación na Ruta Xacobea organizada por ASPADEX, participación na Semana
Santa do Concello de Cee.
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 19 de 20
TENDA ASPADEX
A asociación ASPADEX conta con unha tenda, situada en Rúa da Escola, nº 24 que
comercializa os produtos elaborados nos talleres do Centro Ocupacional e Centro de Día, tendo
como obxectivo ser un escaparate das capacidades laborais das persoas con discapacidade
intelectual.
Durante este año elaboráronse novos produtos, tendo en conta as tendencias de temporada e as
preferencias dos clientes. Tamén participamos en distintas mostras, podendo dar así unha maior
difusión ós produtos que se elaboran nos distintos talleres.
No 2014 seguimos dando a coñecer a tenda virtual (www.tienda.aspadex.org), tanto por medio
das redes sociais como do blog,...
MEMORIA 2014
Código: -- Edición: -- Fecha: -- Página: 20 de 20
REXISTRO DE SUBVENCIÓNS SOLICITADAS
Data Titulo do proxecto Presentado a… Importe solicitado ¿Concedido? Observacións
Enero 2014 Apoyo al servicio de respiro
Deputación da Coruña
18.000 € Si:16.936,00€
Melloras na vivenda-residencia ASPADEX
(equipamento do sistema de detección de fume
e cambio do chan)
12.000 €
Si: 11.495,20 €
Enero 2014 Programa plurianual de ocio inclusivo Ferroatlántica 6.000 € Si: 6.000 € Programa plurianual, concedido
anteriormente
Abril 2014
Empléate. Creación de un servicio de empleo
en la Asociación ASPADEX
ING Direct
5.000 €
Si: 5.000 €
Una persona que conoce la empresa es
la que se pone en contacto con nosotros
porque conoce nuestro trabajo y lo
valora positivamente.
Junio 2014 Programa de Cooperación Consellería de Traballo e
Benestar
Contratación de 9
coidadores
Concedidos 3
trabajadores
Novembro
2014
Con tu apoyo daremos grandes pasos SyCitv Deja Huella No Los trabajadores de la ITV de Bayo
proponen a nuestra entidad para el
proyecto, ya que la conocen y la
valoran positivamente.