petroglifos

147
Os petróglifos galegos • Galería de imágenes de petróglifos de Galicia (Wikipedia).

Upload: maria-lemos-cerqueira

Post on 20-Jul-2015

968 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Os petróglifos galegos• Galería de imágenes de petróglifos de Galicia (Wikipedia).

OS PETRÓGLIFOS

Eu son un home prehistórico da Idade do Bronce.

Foi precisamente nesa época (é dicir, ao longo dos milenios III e II a.C), can-do se fixo o principal conxunto de pe-tróglifos galegos.

Vouvos contar como era a vida nesa época, e como, e con que finalidade, faciamos os petróglifos…

Seguro que ides estar moi atentos… ¿Verdade…?

En primeiro lugar, sería convinte lembrar que os “petróglifos” son gravados feitos sobre ro-chas ao aire libre; son manifestacións artísticas dos homes e mulleres que viviron a finais do Neolítico e durante a Idade dos Metais.

Xa sabedes que en Galicia hai unha gran abun-dancia de rochas de granito, así que foron estas rochas os soportes sobre os que, os homes da-quela época, gravamos os petróglifos

Teño que dicirvos que nós -os gravadores de petróglifos- diferenciabamos moi ben os tipos de granito existentes, coñeciamos as súas propie-dades, eramos quen de avaliar a súa dureza…

Para realizar os gravados, empregabamos lascas e percutores de distintos tamaños e formas (seleccionando, pola súa dureza e resistencia, rochas de cuarzo que recolliamos nas proximidades das laxes que iamos gravar).

No proceso de gravado distinguíanse diferentes fases:

1º) Na fase de deseño empregabamos lascas de cuarzo para delinear as figuras.

2º) Logo viña o piqueteado que efectuabamos con percutores máis puntiagudos e de maior peso e tamaño (per-mitíndonos abrir os sucos sobre o duro soporte).

3º) A continuación -na fase de rebaixe e debastamento- empregabamos percutores, máis pequenos e romos, para ampliar os sucos.

4º) Por último -durante a fase de puído- empregabamos pequenos cantos de cuarcita para regularizar os sucos cun sinxelo traballo de abrasión.

Por realizárense con percutores de pedra, os gravados prehistóricos presentan sucos anchos e pouco profundos, cun perfil en U moi aberto.

Os petróglifos máis modernos presentan un suco cun perfil en V.

Estou seguro de que teredes moita curiosidade por saber o significado dos petróglifos.

Os historiadores e os arqueólogos teñen inves-tigado moito, facéndose moitas preguntas ao respecto:

• Que son estas figuras?

• Quen as faría?

• Hainas por todo o mundo… Trátase dunha linguaxe universal? Comunican sen palabras? Transcriben as mesmas narra-cións ou son coincidencias?

• Que sentido encerran…? Son visións máxicas? Estarán relacionadas co mundo dos astros? Pretenderían facer propicia a caza ou a vida máis doada? Representarán o poder do guerreiro…?

Mmmm… Hipóteses todas elas interesantes…! O mundo dos petróglifos e tan apaixoante que paga a pena seguir investigando, non si…?

Chile

Italia

Gran Canaria

Namibia

Noruega

Chile

National Park Utah

Suecia

India

Arizona

Israel

Quirguicistán

Hong Kong

Argentina Hawai

Petrogligfos de Pusharo Amazonía

(Acerbaixán).

Washington, (EUA) Chile

En primeiro lugar vou intentar explicarvos como era a nosa vida durante a Idade do Bronce.

Daquela, no territorio no que vos vivides agora, a tempe-ratura era algo máis fresca e o nivel de chuvia similar ao actual.

No relevo destacaban cristas rochosas graníticas, valga-das e pequenas cuncas. Os solos situábanse nas ladei-ras cubrindo boa parte dos afloramentos rochosos.

A queima e corta dos bosques aumentou a erosión alteran-do a paisaxe orixinaria; entón afloraron as pedras e laxes utilizadas para gravar os petróglifos.

Carballos, bidueiros, toxos, xestas, pastos, breixos e fen-tos completaban o escenario.

Os antigos habitantes do Bronce levantamos os no-sos poboados nas zonas altas das serras ou en pe-quenas chairas situadas a media ladeira.

Procurabamos a proximidade das cuncas húmidas (fontes de pastos frescos).

Estes espazos (de solos lixeiros e ben drenados) fa-cilitábanos a práctica da agricultura (cultivo dos cam-pos con arado, tiro animal e fertilizados) e a explota-ción gandeira (ao ter acceso a pastos frescos duran-te todo o ano).

En moitos casos, a presenza de petróglifos constituía a parte máis visible desta paisaxe social.

As nosas vivendas eran bastante confortables:

As cabanas (que construiamos con materiais perecedoiros) tiñan forma oval ou circular.

Apoiábanse en robustos postes de carballo so-bre os que se urdía un entramado de varas de abeleira (revocado en palla e en barro para illa-las do frío e da auga).

Empregabamos xestas para a teitume e o chan era de terra batida.

O interior contaba con espazos de uso diferen-ciado:

• Unha zona para durmir (ocupada con camas de fentos e de peles).

• O resto da cabana distribuíase como zona de traballo (para tratar as peles, tecer a la…) e de almacenamento (empregando recipientes cerá-micos e de cestería).

Nós, a xente do Bronce, dominabamos o traba-llo da pel:

Despois de esfolar o animal, obtiñamos unha pel suave e manexable usando raspadeiras.

Despois de secar as peles, iniciabamos un no-vo proceso de raspado con graxa e mineral moí-do.

Empregabamos perforadores e punzóns para esburacalas e poder introducir a agulla que (en-fiada con fibras vexetais ou animais) permitía o cosido das peles e a confección de vestimentas.

Os bóvidos tamén formaban parte da cabaña doméstica dos grupos humanos da Idade do Bronce, proporcionándonos: carne, leite, peles para nos vestir e forza para arar os campos.

Os cabalos (ademais de formar parte da nosa dieta) estaban considerados animais de prestixio e de gran importancia social.

Teño que falarvos tamén dos animais que poboaban o noso territorio (animais que cazabamos ou domestica-bamos):Os porcos proporcionábannos: boa carne, graxa natural e elementos de adorno (que faciamos cos cabeiros).

Os cans resultábannos moi útiles para axudar na caza, nos labores de pastoreo e como defensa do grupo e dos poboados).

Ovellas e cabras aportábannos: carne, leite (coa que se elaboraban produtos como o queixo), la (coa que se realizaban tecidos) e coiro para fabricar elementos de uso cotiá.

Como podedes observar, a carne era un com-poñente básico da nosa dieta: ovellas, cabras, vacas e porcos brindábannos reservas para todo o ano.

Estas reservas complementábanse coa caza de cervos, corzos, xabarís, coellos, perdices…

Tamén consumiamos peixes e mariscos.

Os arqueólogos saben (polos restos de vexetación aparecidos nas escavacións e os estudos do pole efectuados), que -ademais de carne e peixe- consu-miamos tamén, alimentos de orixe vexetal:

Diversas especies cultivadas (fabas, chícharos, cebada, avea, centeo, trigo, verzas grelos…).

Froitos silvestres recolectados (coma por exemplo landras e abelás).

Durante a Idade do Bronce, seguiamos utilizan-do a pedra (cuarzo, cuarcita e sílex) para fabri-car algúns útiles.

Os experimentados artesáns realizaban unha variada gama de ferramentas adaptadas ás máis diversas funcións: puntas de frecha para cazar, raspadores para rascar, machadas e ai-xolas para cortar, fouciños para segar e muíños para triturar.

A produción de cerámica era unha das activida-des máis importantes das comunidades da Ida-de do Bronce.

Fabricabamos os recipientes con arxila que mol-deabamos a man, unindo tiras de barro ata con-seguir a forma desexada (formas campanifor-mes lisas e algunha decoración incisa).

Logo, cociamos ao lume as vasillas para darlles a dureza e consistencia necesaria.

Almacenar os excedentes procedentes do cam-po, cociñar e consumir os alimentos , era posi-ble grazas á existencia dunha completa vaixela doméstica adaptada aos diferentes usos e fun-cións.

Na Idade do Bronce dedicabamos moito tempo a fabricar recipientes e utensilios con fibras vexe-tais (palla de cereais, vimbios, pólas de abeleira, salgueiro, xesta ou silva): pequenos cestos, gran-des colectores con ou sen asas, tapadeiras e pe-ches…

Estes recipientes, ademais de servir para trans-portar e recolleitar (leña, landras, bagas, setas…) permitían almacenar excedentes agrícolas (legu- (mes, cereais…).

Dominabamos a metalurxia.

En cobre ou bronce faciamos abundantes armas: espadas, puñais, machadas, puntas palmela e alabardas.

Utilizabamos o ouro e maila prata para realizar obxectos de adorno persoal: colares, diademas e espirais.

Os produtos realizados en metal, ademais da súa funcionalidade práctica, eran un claro símbolo de status e prestixio social.

Durante o Bronce, realizabamos distintos ritos funerarios, en-terrando aos nosos mortos en túmulos de pequeno tamaño, foxas, covas….

O tipo de enterramento máis habitual era a cista: os corpos inhumábanse -individualmente- en foxas escavadas no chan rodeadas por laxes de pedra.

O defunto colocábámolo en posición fetal -decúbito lateral- acompañado de ofrendas compostas por vasillas cerámicas cheas de alimento e de bebidas -como a cervexa- e por ele-mentos persoais.

Durante o Neolítico Final e a Idade do Bronce a organización social baseada en estruturas comu-nais dá paso a unha sociedade desigual controla-da por grupos de poder masculino.

Esta reorganización reflíctese en motivos repre-sentados nos petróglifos: o cervo coma icona na-tural e sobrenatural; o home como domesticador do salvaxe e as armas como instrumento de po-der.

É convinte que saibades que Galicia alberga un dos máis importantes conxuntos de arte rupestre ao aire libre de Europa.

Hai unha maior concentración deles nas Rías Bai-xas (sobre todo nas marxes das rías de Ponteve-dra e Vigo).

Os motivos que representabamos nos petróglifos eran moi variados. Os historiadores e arqueólogos que estu-daron os petróglifos clasificáronnos en dous grandes grupos:

1. Os de arte abstracta (aquelas figuras que non se identifican con nada que apareza na natureza).

2. Os de arte naturalista ou figurativa (aquela figuras que identificamos con modelos reais -xa sexan naturais ou obxectos inanimados-).

Esta sería a súa tipoloxía:

• Estraños símbolos xeométricos (cazole-tas, combinaciones circulares, círculos concéntricos, cruces, labirintos, espirais, zigs-zags, cadrados, reticulados, esváti-cas, paletas…).

• Armas (puñais, espadas, alabardas e escudos).

• Distintos animais (serpes, cervos, caba-los…), así como improntas ou pegadas de cuadrúpedos.

• Figuras humanas, podomorfos, idolifor-mes…

• Embarcacións…

Imos empezar polos motivos de arte abstracta (ou sexa, aquelas figuras que non se identifican con na-da que apareza na natureza): coviñas, combinacións circulares, circos concéntricos, labirintos, espirais…

O motivo máis sinxelo que aparece na maioría dos petróglifos galegos é un punto gravado -denominado “coviña”- que aparece nas máis variadas posicións:

• Ciscadas de xeito aparentemente anárquico pola rocha.

• No centro dun circo ou dunha combinación circular.

• Entre os aneis destas combinacións.

• Agrupadas dentro dun circo ou dun cadrado…

Outro motivo que aparece case sempre (caracteri-zando a arte rupestre galega e atlántica europea) son os círculos.

Poden aparecer sós (con sucos radiais, con liñas que parten desde o anel exterior…) ou en combina-cións circulares que percorren a laxe gravada.

As medidas dos circos concéntricos van dende uns pouco centímetros ata os 3 m. de diámetro da com-binación existente no Monte Tetón (en Tebra -no concello de Tomiño-).

Petróglifos de Mogor

Laxe das Rodas . Cotobade

Laxe de Rodas. Muros.

Petroglifos de Antas de Ulla

Laxe das cruces. Tourón.

Pedra Grande de Montecelo - A Caeira - Poio

Petróglifos de Xuviño -Combarro-

Pedra das Rodiñas, A Nogueira, O Viso, Redondela

Petróglifos do monte Correxíns. Motivos circulares

Petróglifo do Bolo en Garabás, Maside

Laxe de Rodas

Petroglifos de Mougás

Outro motivo abstracto -de execución técnica máis complexa- que gravabamos en escasas ocasións, eran os labirintos.

Tedes un magnífico exemplo no concello de Marín: A Pedra do Labirinto (Mogor).

Pedra Escrita ou Laxe Cruzada (motivos circulares, embarcacións, labirinto…).

Labirinto do Outeiro do Cribo,

A Armenteira, Meis, Pontevedra,

Pedra do Labirinto Valongo Cortegada.

Outro interesante motivo que gravabamos nos pe-tróglifos eran as espirais.

Tedes un precioso exemplo na Laxe de Rodas, no concello de Muros.

Nesta laxe, a figura principal consiste nunha espiral que xira á dereita e outra menor que xira á esquer-da (ambas as dúas cun suco radial e rodeadas de coviñas).

Espiral central asociada a motivos circulares de círculos concéntricos, de agrupacións de coviñas, a unha esvástica de lados curvos e a un trisquel.

Para completar o apartado abstracto hai figuras menos numerosas como esvásticas, cadrados, reticulados, formas en phi, ferraduras, alfabeti- formes…

Portela das Laxes. Cotobade.

Como xa vos dixen, ademais de motivos abstractos, tamén gravabamos nos pe-tróglifos figuras que podedes identificar con modelos reais (xa sexan naturais ou obxectos inanimados): homes, animais, armas…

As especies de animais que adoitabamos gravar nos petróglifos eran os cabalos e outros cuadrúpedos indeterminados, algunha serpe e, sobre todo, cervos.

As escenas de caza son frecuentes nos petró-glifos galegos (nun vinte paneis hai presenza dun xinete dacabalo).

A figura do xinete conséguese mediante unha liña que, con sinxeleza, delimita o corpo e a ca-beza e, usualmente sostén cunha man as bri-das ou a cabeza do animal e coa outra unha arma arreboladiza.

Os cabalos representados distínguense facil-mente dos cervos pola súa longa e espesa co-la. Ás veces, as súas patas apóianse sobre un-ha greta ou fisura que simula a liña do solo e dispóñense coma se foran a galope.

Habitualmente, o animal cazado é un cérvido ma-cho adulto; facilmente recoñecible:

• Polas súas grandes cornas ramificadas.

• Por ser a figura de maior tamaño dentro do panel ocupando unha posición visualmente privilexiada na escena.

Laxe das Lebres. Poio. Pontevedra

Podedes observar nos petróglifos escenas de ca-za de grandes cervos lanceados e con feridas; con lazos ou con colares ao redor do pescozo e incluso montados polo home (xa que procuraba-mos o dominio da natureza).

Mais que unha actividade económica, a caza de grandes cervos era mais ben unha actividade de prestixio e de relevancia social.

Laxe dos Carballos - Paredes - Campo Lameiro -

Os nosos artistas gravadores amosaban un gran co-ñecemento do comportamento destes animais, repre-sentando: mandas de cérvidos alineados, escenas decópula ou loita, cervos bramando ou olfacteando xeni-tais…

Nabal de Martiño. Tourón. Pontecaldelas.

Laxe das cruces. Tourón. Pontecaldelas (cervos realizados por medio do rebaixe do corpo mediante o seu baleirado e combinacións circulares).

Laxe dos Cebros. Fentáns. Cotobade.

Os cervos corren polo monte, enganchando entre eles as cornas, perdéndose en misteriosos labirintos punteados, ouveando á lúa. Formas de fábula, coma ese estraño animal composto por unha retícula con patas, vencéllanse a ese cervo urrador; máis alá, unha nota tenra. Un guerreiro -escudo e arma-, amósase mentres un can enrrabecha o rabo.

Os Ballotes Vilagarcía

Outeiro dos Campelos. Porto do Son.

Petróglifos da Pedra das Cabras. Zoomorfos. Posiblemente cervos.

Petroglifos da Pedra das Serpes -Valga-

As serpes tamén aparecen representadas (aínda que con escasa frecuencia) nos petróglifos galegos.

Outro dos motivos naturalistas que adoitabamos representar nos petróglifos eran as armas (pu-ñais, espadas, escutiformes…).

Castriño de Conxo. Santiago

Nos petróglifos de Agua da Laxe -Vincios-, na Pedra da Procesións, podedes admirar o principal conxunto de armas prehistóricas gravadas en pedra de toda Europa (trátase dunha colección de trinta puñais, es-cudos, alabardas e unha impresionante espada que chama poderosamente a atención polo seu conside-ble tamaño).

A maioría dos mostrarios de armas realízanse sobre rochas inclinadas, para seren vistas con facilidade.

Como seguramente observariades, nos petróglifos non gravabamos ferramentas de traballo (machadas, eixadas, teares) nin escenas domésticas como por exemplo a crianza dos nenos, o traballo na aldea...

Interesábanos máis reflectir o dominio do home sobre a natureza (no caso das escenas de caza) e un mun-do bélico, o entorno do poder, a desigualdade entre individuos e comunidades… (no caso das representa-cións de armas).

Na Pedra das Ferraduras -Fentáns- aparecen representados os chamados “ídolos-cilindro” (valiosos elementos para a datación xa que se coñecen modelos reais).

REDONDELOS. Matamá. ¿Idoliformes ou mapas primitivos?

Outeiro do Corno. Teo.

PETROGLIFO DE OUTEIRO DO CORNO El conjunto de grabados de Outeiro do Corno (Teo, A Coruñaapareció, en el contexto rupestre gallego, como un motivo anómalo que había que situar fuera del corpus iconográfico establecido hasta entonces.

El motivo central, aproximadamente cuadrangular, dividido en franjas horizontales por una linea zigzagueante y con una serie de pequeños círculos en su zona superior, parece poder ponerse en relación con una serie de elementos iconográficos presentes fundamentalmente en la cornisa cantábrica. Así, el aspecto aproximadamente rectangular, la división en franjas y la asociación con el arma parecen ser elementos en común con el antropomorfo de Peña Tú (Asturias), del mismo modo que parece poder establecerse una serie de paralelos iconográficos con otros referentes como los grabados de Sejos o Tabuyos del Monte. Se trata, en cualquier caso, de un tema complejo y de análisis no exento de polémica en el que, en todo caso, en su momento se propuso como hipótesis de trabajo la posible identificación con figuras antropomorfas ultraesquematizadas o con la representación de ídolos-placa. Para ello, en el momento de publicar el hallazgo incluimos una serie de referentes iconográficos que ayudaban a sustentar la hipótesis y que se recogen en la segunda imagen. La excepcionalidad del motivo, en aquel momento único en Galicia y al que inicialmente definimos como motivo "tipo Peña Tú" nos llevó, en una publicación posterior en la que dábamos a conocer un segundo motivo de la misma familia iconográfica, a bautizar este tipo de representaciones presentes en el actual territorio gallego (dos hasta la fecha, con la posibilidad de que otras dos, actualmente en estudio, puedan incorporarse al grupo) como "Tipo Outeiro do Corno", tipología que, por el momento, aparecería circunscrita al sur de la provincia de A Coruña.

La falta de paralelos hace que, por el momento, todas las interpretaciones propuestas para este tipo de motivos deban manejarse con cautela a la espera de que futuros hallazgos permitan confirmarlas o las refuten.

Outro dos motivos figurativos que aparecen -con escasa frecuencia- nos petróglifos son as embar-cacións.

Temos por exemplo o caso dos petróglifos de Pe-dornes en Oia -no entorno do río Vilar-, que, se-gúndo algúns expertos, “representan embarca-cións con máis de tres mil anos” (establecéndose para algunha delas unha clara similitude cos mo-delos do antigo Exipto).

"Os barcos dos petróglifos de Oia", de Fernando Javier Costas Goberna e Antonio da Pena Santos "Os barcos dos petróglifos de Oia", de Fernando Javier Costas Goberna e Antonio da Pena Santos

"O mar permitiu o movemento de persoas e mercadorías a través do Mediterráneo e do Mediterráneo ao Atlántico, por rutas afastadas dos conflitos que se desenvolvían nas terras continentais e que segundo a situación do momento podían bloquear os accesos, aos lugares onde estaban as materias primas".

Antropomorfo. "Chamán da Siribela". Tourón.

Os petróglifos son fráxiles e vulnerables. Foron gravados ao aire libre hai 4.000 anos, e co paso do tempo, foron sufrindo un lento proceso de de-gradación natural (colonizados por diversos orga-nismos -bacterias, fungos, algas, liques…-).

Pero o máis triste é pensar que na actualidade, o principal inimigo dos petróglifos é a man do pro-pio home.

Os cambios de uso do solo, o urbanismo, as acti-vidades de reforestación, as canteiras, os incen-dios e distintos actos de vandalismo, aceleraron o dano e ocasionaron a perda de moitos deles.

As obras que se están a realizar para a constru-ción da Depuradora e canalizacións, nos terreos aledaños á Praia do Prado (Ribeira -Parroquia de Corrubedo-) provocaron a desaparición do grupo de petróglifos da ‘Pedra de Santiago’

Observade como quedou o xacemento rupestre de Boaventura ou O Sobreiro, na parroquia de Burgueira, no concello de Oia (completa-mente destruído polas obras que se levaron a cabo para facer unha xigantesca plantación de kiwi).

Nos últimos anos intensificáronse os labores para recuperar os nosos petróglifos garantindo así a súa conservación e o seu goce por parte das xeracións futuras (equipos de especialistas esfór-zanse por limpar e consolidar os gravados rupestres e por recu-peraren a paisaxe nas que estes encontran sentido).

Observade, por exemplo, os traballos para acometer a musealiza-ción de Outeiro dos Lameiros (no concello de Baiona).

A protección dos petróglifos comeza pola adecua-da documentación e rexistro (calcos dos motivos gravados; obtención de modelos tridimensionais dos gravados e do seu soporte –efectuados con escaner láser…-).

Para limpar o soporte úsanse brochas, cepillos, pinzas, bisturís…

Para calcar os gravados empregan lenzos de pa-pel ou plástico, papel carbón, rotuladores espe-ciais e focos de luz que realzan as figuras.

Todas estas tarefas teñen que estar realizadas por expertos.

As persoas que visiten intencionada ou casualmente os petróglifos, deben ser extremadamente respec-tuosos con eles (evitando pisalos, raialos ou pintalos para poder velos mellor -danando así a súa pátina orixinaria-).

Este é o estado de abandono no que se atopa o petróglifo de Pedra Moura -Coruxo- (igual que pasa con outros moitos petrógli-fos galegos).

As comunidades da Idade do Bronce practicaban a agricultura e a gandería como base subsistencial. Pero nos grabados non aparecen estas actividades, os únicos temas representados son os relacionados coa caza e a guerra. Os petroglifos falan daquelas actividades que, posiblemente, a sociedade da Idade do Bronce consideraba máis prestixiosas: a guerra e a caza.

Nas esceas cinexéticas o único animal cazado é o cervo, isto pode estar relacionado coa importancia simbólica que este animal debía de poseer. No mundo imaxinario destas comunidades a caza parece ser algo máis que unha función meramente lúdica ou suministradora de alimento. Cando observamos unha escea de caza nun petroglifo estamos contemplando unha actividad de forte contido ritual e posiblemente iniciática. Os grabados situanse fora dos poblados.

Se observamos a distribución de petroglifos podemos comprobar que a miudo se dispoñen rodeando as serras, como demarcando un territorio. Se a isto engadimos que os grabados presentan variacións estilísticas por comarcas, isto pódenos levar a plantexar que poidesen funcionar como delimitadores territoriales. Nas sociedades prehistóricas a arte sempre estivo relacionada con actividades de carácter ritual e relixioso, é dicir, que ademáis de servir como marca territorial, os petroglifos poideron funcionar como lugares de agregación de guerreros e como indicadores de sitios cunha especial carga simbólica.

Los laberintos forman parte de distintas culturas y épocas. Es posible que cada cultura le haya dado un significado diferente al laberinto, se barajan diversas hipótesis, como que pudieran estar vinculados con el difícil camino de la vida que nos lleva al final, es decir al centro sagrado. También pueden significar peregrinaciones a lugares sagrados. Quizás, simplemente fuera un juego de destreza para el artista grabador y para la persona que intentara llegar al centro del laberinto.