petición ao concello para o monumento a rosalía

2
Ilmo. Sr.: Lois Diéguez Vázquez, con DNI Nº 34233746V e enderezo a efectos de notificación en R/ Acacia, Nº 6-5ºB, Lugo, e como representante da Asociación LugoPatrimonio; Mª Antonina Gay Parga con DNI Nº 06478898M e enderezo en Lugo, Avda. de Ramón Ferreiro, 37-5º-B, 27002 Lugo e en representación do Clube Cultural Valle-Inclán; José Manuel Núñez Blázquez, con DNI Nº 33.842.434-G e enderezo en rúa Serra dos Ancares, 81, 1º, 27003 Lugo e en representación da asociación cultural Ágora Lugo ; Mª Teresa Campo Domínguez con DNI Nº 33786485-Z e enderezo na Rúa Doutor Gasalla, 30. 1º- D- 27004- Lugo; e en representación da asociación Achádego Teatro; Isidoro Rodríguez Pérez con DNI Nº 33838300 x e enderezo en Aviación española,5 de Lugo e en representación da asociación María Castaña; EXPOÑEN: sabemos que tanto o concello de Lugo como os seus veciños e veciñas foron sempre sensíbeis coa obra da poeta galega Rosalía de Castro. Os seus poemas, nalgún caso, foron musicados e cantados por artistas lugueses de sona. Hai centros escolares dedicados a ela e mesmo o noso Parque máis antigo leva o seu nome. Coñecida é tamén a relación que Rosalía de Castro e mesmo o seu esposo, Manuel Murguía, mantiveron con Lugo a través dun dos nosos grandes editores, Manuel Soto y Freire mediante a publicación de traballos periodísticos e obras de ensaio e creación literaria. O parque Rosalía de Castro é hoxe por hoxe un dos grandes monumentos naturais e históricos que fai biografía ao pé de cada veciño e veciña, e no seu momento embeleceuse tamén cun pequeno busto da nosa poeta. Os tempos foron mudando e outras obras adornaron e ampliaron a zona. Consideramos que é o momento apropiado para dar un paso máis e deixar constancia do cariño e amor a esa inmensa obra creada por Rosalía de Castro mediante un grande monumento de homenaxe e honra que estea á altura da mesma no plano artístico e escultórico e estea tamén nese fermoso Parque

Upload: lugopatrimonio-lugopatrimonio

Post on 30-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Solicitude presentada no Concello para que se levante un grande monumento de homenaxe e honra á poeta galega, vinculada á cidade con seu marido Manuel Murguía ao editor Manuel Soto Freire.

TRANSCRIPT

Page 1: Petición ao concello para o monumento a Rosalía

Ilmo. Sr.:

Lois Diéguez Vázquez, con DNI Nº 34233746V e enderezo a efectos de notificación en

R/ Acacia, Nº 6-5ºB, Lugo, e como representante da Asociación LugoPatrimonio;

Mª Antonina Gay Parga con DNI Nº 06478898M e enderezo en Lugo, Avda. de Ramón

Ferreiro, 37-5º-B, 27002 Lugo e en representación do Clube Cultural Valle-Inclán;

José Manuel Núñez Blázquez, con DNI Nº 33.842.434-G e enderezo en rúa Serra dos

Ancares, 81, 1º, 27003 Lugo e en representación da asociación cultural Ágora Lugo ;

Mª Teresa Campo Domínguez con DNI Nº 33786485-Z e enderezo na Rúa Doutor

Gasalla, 30. 1º- D- 27004- Lugo; e en representación da asociación Achádego Teatro;

Isidoro Rodríguez Pérez con DNI Nº 33838300 x e enderezo en Aviación española,5 de

Lugo e en representación da asociación María Castaña;

EXPOÑEN:

sabemos que tanto o concello de Lugo como os seus veciños e veciñas foron sempre

sensíbeis coa obra da poeta galega Rosalía de Castro. Os seus poemas, nalgún caso,

foron musicados e cantados por artistas lugueses de sona. Hai centros escolares

dedicados a ela e mesmo o noso Parque máis antigo leva o seu nome. Coñecida é tamén

a relación que Rosalía de Castro e mesmo o seu esposo, Manuel Murguía, mantiveron

con Lugo a través dun dos nosos grandes editores, Manuel Soto y Freire mediante a

publicación de traballos periodísticos e obras de ensaio e creación literaria.

O parque Rosalía de Castro é hoxe por hoxe un dos grandes monumentos naturais e

históricos que fai biografía ao pé de cada veciño e veciña, e no seu momento

embeleceuse tamén cun pequeno busto da nosa poeta. Os tempos foron mudando e

outras obras adornaron e ampliaron a zona. Consideramos que é o momento apropiado

para dar un paso máis e deixar constancia do cariño e amor a esa inmensa obra creada

por Rosalía de Castro mediante un grande monumento de homenaxe e honra que estea á

altura da mesma no plano artístico e escultórico e estea tamén nese fermoso Parque

Page 2: Petición ao concello para o monumento a Rosalía

acompañando outros como a Fonte do corazón, obra do noso insigne escultor Francisco

Asorey.

Por iso facemos petición de que o concello, como representante dos veciños e veciñas

de Lugo, realice este grande monumento que indubidabelmente será punto de referencia

tamén a par dos outros levantados por todo o país.

Facemos esta petición en Lugo, a 4 de abril do 2011 con motivo dunhas xornadas que

desde hai meses se veñen celebrando sobre a nosa escritora.

Lugo, 4 abril 2011

Asdo: Lois Diéguez Asdo: Mª Antonia Gay P.

Asdo.: José M. Núñez B. Asdo.: Mª Teresa Campo D.

Asdo.: Isidoro Rodíguez Pérez

ILMO. SR. PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO