periÓdico anual do cpi a picota * nº 27* xuÑo 2017€¦ · época navideña. a elección das...

20
PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017

Upload: others

Post on 07-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017

Page 2: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

Lucas

Ainara

Martín

Mara

Enrique

Iker LEMA Fabio

Iker VELO

Rodrigo

Page 3: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

EDITORIAL Este curso académico 2016-2017, o fío condutor de gran parte das nosas actividades didácticas foron os inventos. Ao longo da historia da ciencia e dos inventos, atopamos unha gran variedade na personalidade dos científicos. Hóuboos neuróticos, como o xenial Newton, e divertidos, como Arquímedes, sempre representado rindo. Tamén misóxinos, como Cavendish, o primeiro que mediu a constante de gravitación universal. Pola contra, existiron outros tan valentes que abandonaron os seus confortables postos para morrer nas trincheiras, como Moseley, quen estableceu a aplicación dos raios X, ou Schwarzschild, quen intuíu os buratos negros. Lamentablemente, poucas son as mulleres ás que se lles permitiu deixar unha profunda pegada na ciencia, pero cando o fixeron tamén demostraron a súa disparidade de caracteres. Marie Curie, a descubridora da radioactividade, e Lise Meitnr, a da fisión nuclear, non puideron ter formas de ser máis diferentes, tendo en común só a súa disposición a facer radiografías nas frontes de batalla inimigas para salvar as vidas de xoves soldados. E, por suposto, ter sufrido intensamente ao longo das súas vidas a inxustiza da discriminación de xénero. Malia os seus variados temperamentos ou identidades, o punto de unión destes e outros moitos matemáticos e científicos é a curiosidade, o tesón e o traballo rigoroso. Valores que cada día debemos transmitir aos nosos alumnos. Teñen que saber que nada se regala na vida, a sorte non existe, só a vontade e o traballo. A capacidade de esforzo e a constancia son valores imprescindibles para o crecemento persoal e a superación de obstáculos na procura das súas metas. Para rematar, queremos dar as grazas a todos/as os/as alumnos/as e compañeiros/as que fixeron posible esta revista co seu traballo.

Especial mención aos/ás nosos/as queridos/as alumnos/as de 4º de ESO que, como cada ano, comezan unha nova etapa cheos/as de ilusión. Sirva este poema de Xohana Torres para expresar os nosos desexos, sumándonos aos de Penélope:

Declara o Oráculo: "Que a banda do solpor é mar de mortos, incerta, última luz, non terás medo. Que ramas de loureiro erguen rapazas. Que cor malva se decide o acio. Que acades desas Patrias a vendima. Que amaine o vento, beberás o viño. Que sereas sen voz a vela embaten. Que un sumario de xerfa polos cons. Así falou Penélope: Existe a maxia e pode ser de todos. ¿A que tanto nobelo e tanta historia? EU TAMEN NAVEGAR"

Todos e todas, coma Ulises, iniciades unha nova etapa, igualitaria, na procura da terra máxica que vos agarda. Boa viaxe!

Page 4: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

1

PRESENTACIÓN DA BIBIOTECA

MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ

No comezo deste curso académico 2016/17 preparamos actividades para a presentación da nosa biblioteca ao alumnado, deseñando un xogo de pistas a toda Primaria e unhas lecturas divertidas a Infantil.

As actividades preparadas trataron sobre Manuel González González, persoeiro ilustre da zona que dá nome a biblio e sobre o que aportaremos máis información.

A escenificación en Infantil foi un conto sobre uns pintores que alí lemos e adornamos representando como boamente soubemos.

En Primaria o xogo de pistas dou moito de si, o cal os obrigou a coñecer os espazos da biblio, as aulas e os nomes que levan e outra información sobre o persoeiro ilustre da nosa biblio.

Houbo agasallos a tódolos participantes para deixar bo sabor de boca e animar a que esta instalación sexa un dos espazos máis dinamizadores e de interese para o alumnado do CPI a Picota.

.

Page 5: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

2

Excursión a Cee O día 20 de decembro os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO

realizamos unha saída didáctica a Cee onde visitamos o Belén

da Igrexa de Corcubión e tamén fomos ao cine.

Acompañáronnos a profesora de Relixión e as titoras de 1º de

ESO.

Tras unha curta viaxe, o autobús deixounos diante dos cines A Xunqueira e

asistimos á proxección da película “Star Wars : Rogue One” que narra unha historia

de Jyn Erso, a filla do deseñador da superarma do imperio galáctico coñecida como

estrela da Morte, e a súa misión era facerse cos deseños da arma para destruíla.

Ao rematar, collemos o autobús e leváronnos a Corcubión para ver o Belén da Igrexa

de San Marcos. Como tiñamos que ir camiñando, aproveitamos para coñecer o

centro histórico da vila. Cando chegamos á igrexa, quedamos impresionados polo

grande que era, ademais de estar moi elaborado. Nel representábase a vida na

antigüidade, os traballos, a forma das casas … Mentres nós observamos esta cidade

en miniatura, un narrador íanos contando a historia do nacemento de Xesús de

forma detallada.

Cando saímos da Igrexa aínda nos quedaban uns 20 minutos así que as profesoras

decidiron levarnos a dar unha volta polo centro comercial onde fixemos algunhas

compras.

Pareceunos unha actividade verdadeiramente interesante e divertida!

Paula Otero Agulleiro e Paula Rodríguez Otero, 2º ESO

Page 6: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

3

Page 7: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

4

O 12 de xaneiro o alumnado de 4º da ESO, acompañados polas profesoras de Lingua e Literatura Castelá e Lingua e Literatura Galega, fomos a Cee para asistir á posta en escena da obra

Cousas de Castelao.

O grupo encargado da representación foi "Os Quinquilláns", que nos ofreceron unha montaxe na que están presentes todos os grandes temas de Cousas: o amor, a amizade, a solidaridade, a soidade, a emigración, a enfermidade, a xustiza social ... Con estes eixos temáticos elaboraron un espectáculo teatral, centrado en como Castelao concibiu o seu libro, construído cunha narración eficaz e divertida e de gran carga emocional. Os dous actores representaron algúns dos contos máis emblemáticos de Cousas en pezas breves a través de distintas técnicas como o teatro de actores, de máscaras, de títeres, de obxectos, de sombras, a través da narración oral.

O que máis nos sorprendeu foi a maneira de enlazar os distintos relatos da orixinal obra de Castelao conseguindo que todo se convertese nunha única historia. Todos viñemos moi contentos e satisfeitos co que vimos. Foi unha obra moi dinámica e divertida.

Nerea López Peón, 4º ESO

Page 8: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

5

Carla López Sambade, 6 Primaria

Page 9: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

6

Page 10: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

7

“#CTRL non é amor”

é un recurso sobre violencia nas relacións de noivado entre adolescentes, cuxo obxectivo é proporcionar unha visión crítica das relacións de parella baseadas nos mitos do amor romántico. A violencia de xénero é un problema que persiste a nivel global: a OMS estima que unha de cada tres mulleres no mundo sufriu violencia física ou sexual. Trátase dunha crueldade que afecta ás mulleres polo mero feito de selo. Falando de todo isto, o martes 22 de novembro do 2016, os rapaces e rapazas de 2º ESO tivemos un obradoiro no instituto sobre a violencia de xénero. Primeiro, léronnos unhas historias que unhas rapazas contaban no seu Instagram falando de enfrontamentos que tiveran coas súas parellas. Ao rematar as historias, demos a nosa opinión respecto a iso e estivemos falando sobre os diferentes temas que se trataban. Despois de comentar un pouco o que acabaramos de ler, dividímonos en parellas e comezamos a facer uns carteis sobre os mitos de amor, a violencia de xénero, as axudas ás mulleres que a sofren, etc. Finalmente, cada parella explicou un pouco sobre que trataba o seu traballo, aínda que por falta de tempo non puidemos expoñer todos. Foi unha experiencia moi entretida e interesante, aprendemos moitas cousas, falamos de diversos temas importantes e non estaría mal repetir para poder rematar de clarificar os nosos proxectos.

Julia Pereira Facal, 2º ESO

MÁIS INFORMACIÓN

Page 11: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

8

Os nosos papaventos

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares 2016, o 24 de outubro, no CPI A Picota decidimos voar uns papaventos que nós mesmos fixemos.

Dende Infantil ata cuarto da ESO puxémonos a traballar para que estiveran listos esa data.

Podíase facer individualmente ou por grupos. Cada participante facía o seu papaventos na semana ou semanas antes do concurso, para intentar voalas o día 24. Coa axuda de Álvaro elaborámolos con cana de bambú e papel crepe, ademais da decoración que cada un lle foi poñendo.

Como non había moito vento

ese día, non puidemos voalos como nos gustaría. Aínda así, pasámolo ben todos xuntos.

Uxía Dacunha París, 2º ESO

Page 12: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

9

O NADAL Ao chegar decembro, o noso centro encheuse de luz,

color e música anunciando a entrada do Nadal.

Dous vistosos Beléns engalanaban o edificio de Primaria e o de Secundaria. Ademais,

unhas fermosas árbores decoraban a entrada e os corredores do colexio; da pasarela

colgaban unhas botas que, segundo a tradición, deben poñerse para que Papá Noel, o

Apalpador ou os Reis Magos deixen os regalos. Había outros moitos obxectos

decorativos que profesores e alumnos, sempre axudados por Luísa, fomos facendo, e

contribuían a crear a maxia navideña.

Os rapaces de Secundaria atrevémonos a cantar unhas panxoliñas nos cambios de clase

con instrumentos musicais como a frauta, as campaíñas, guitarra e pandeireta.

Foi un experiencia xenial xa que grazas ao Nadal reunímonos todos os alumnos do

centro tanto para preparar os decorativos como para desfrutar dun delicioso chocolate.

Marey Moledo Danis e Nerea Sanmartín García, 2 ESO

Page 13: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

10

Page 14: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

11

Page 15: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

12

FESTIVAL DE NADAL 2016

Chega o Nadal ao colexio do CPI A Picota, e coma tódolos anos,

tocou personalizar os espazos con diferentes decoracións, facer

notar a presenza dos "inventores" desta época coma Papá Noel e

os Reis Magos principalmente, poñer o Belén no edificio de E.S.O,

en primaria e tamén preparamos actuacións temáticas desta

época navideña.

A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso,

seguida da confección da vestimenta de cada alumno@ e os bailes

indicados para cada tema. Así pois, tras varios ensaios e

prácticas de cada actuación, chegamos ao venres 21 de decembro

para por na casa da cultura de A Picota a despedida do ano coa

música e alegría destas datas.

Comezamos o festival coas seguintes actuacións:

1. Primeiro actuaron os máis pequenos de Infantil: con “waka

waka navideño”.

Page 16: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

13

2. De seguido viñeron os alumnos/as de 1º, 2º e 3º que

representaron de xeito moi cómico os “clásicos villancicos

navideños”

3. Despois foi a quenda dos alumnos de 6º con unha actuación

moi movidiza, eles tamén crearon a súa propia

coreografíaca canción “Can’t stop the feeling”.

Polo medio fixemos unha parada para dar os premios das postales

de nadal e entregar os regalos.

Page 17: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

14

4. A continuación, apareceron no escenario os alumnos de 4º

coa canción “Singing in the rain”, actuación digna de

Hollywood, baseada nunha estampa navideña.

5. Seguiron os alumnos de 5º e 6º cunha actuación teatral

que se chama “Conto de nadal” que o seu protagonista era

Mr.Scrooge.

Page 18: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

15

6. E xa para rematar, este ano houbo dúas exhibicións de

Zumba, presentes semanalmente no cole como actividade

extraescolar que organiza a ANPA. Primeiro bailaron os de

Primaria e despois os de Secundaria.

Despois fomos ao colexio para comer unha chocolatada con biscoitos... e nestas apareceu Papá Noel, facéndonos unha inesperada visita. ¡PASÁMOLO

XENIAL!

Page 19: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

16

CANTANDO NA GARDERÍA

O día 19 de decembro, algúns alumnos e alumnas de 1º da ESO fomos visitar aos

máis pequeniños e cantarlles unhas panxoliñas para celebrar o Nadal. Fomos

acompañados da profesora de Música, Ana María López Díaz, a cal estivo ensaiando

con moita paciencia días antes para que todo saíra ben.

Estivemos practicando con instrumentos, como o triángulo, a caixa, a pandeireta, a

guitarra e, sobre todo, a voz. Todos os rapaces e rapazas estabamos entusiasmados e

cheos de ilusión.

Cando entramos na gardería, acolléronnos moi amablemente e dirixíronnos cara ás

aulas. Primeiro, cantámoslle a un grupo, logo ao outro. Ao principio estabamos moi

nerviosos, pero ao ver que os nenos e nenas estaban gozando coa nosa presenza, xa

nos comezamos a relaxar e divertímonos coa interpretación. Tamén é verdade que

nos equivocamos varias veces, pero tomámolo con humor, porque era Nadal, a

época do ano na que todos os nenos e nenas do mundo están alegres.

Ao volver ao CPI A Picota, iamos albergando na nosa mente unha experiencia

marabillosa, a de facer gozar aos cativos e cativas da gardería. Nunca o

esqueceremos!

Carme Suárez Franco, 1º ESO

Page 20: PERIÓDICO ANUAL DO CPI A PICOTA * Nº 27* XUÑO 2017€¦ · época navideña. A elección das interpretacións a representar foi o primeiro paso, seguida da confección da vestimenta

PARRAFADAS 2017 Revista anual do C.P.I. A Picota

17

O UNIVERSO

A exposición sobre o Universo é obra dos alumnos de 4º da ESO de Cultura

Científica. Este é o primeiro ano que se leva a cabo. As clases desenvólvense na

aula de informática. Nela trátanse diversos temas entre os cales están: o

Universo, o cambio climático ou as enfermidades.

No traballo, a organización do Universo, o primeiro que fixemos foi escoller

un tema cada un. Entre os que eliximos están: o Universo, a teoría do Big Bang,

acontecementos científicos que foron fundamentais para a actual coñecemento

do Universo, a Vía Láctea, a materia escura, as características que ten que

posuír un planeta para albergar vida, etc Despois elaboramos un traballo a

ordenador. A continuación, tivemos que expoñer o noso traballo ante os nosos

compañeiros. Eles valoraron a nosa presentación e puxeron unha nota ao noso

traballo. Finalmente, buscamos algo manual que fixera referencia ao Universo e

elaboramos as nosas ideas. Algunhas delas foron o Apolo 11, un planetario cos

compoñentes do Sistema Solar, un calendario da materia escura, etc. Cada

grupo empregou os materiais que creu precisos para levalo a cabo.

Recomendaría esta materia a todos aqueles alumnos aos que lles atraian as