patrocinadores - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · presas é...

25

Upload: vuongliem

Post on 14-Feb-2019

224 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non
Page 2: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

15 ª MITEU PATROCINADORES CAMPUS DE OURENSE (UNIVERSIDADE DE VIGO) CONCELLALÍA DE CULTURA (CONCELLO DE OURENSE) TEATRO PRINCIPAL (DEPUTACIÓN PROVINCIAL) AGADIC (CONSELLERÍA DE CULTURA DA XUNTA DE GALICIA) COLABORADORES CONCELLALÍA DE EDUCACIÓN (CONCELLO DE OURENSE) ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ CINE CLUBE PADRE FEIJOO LICEO ORGANIZADORES SARABELA TEATRO

Page 3: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

15ª MITEU - PROGRAMA DATA HORA GRUPO ESPECTÁCULO ESPAZO DO 11 19'00 ROSAURA - OURENSE AS PEZAS DO XADREZ (entre a vida e a morte) RÚA PASEO- PZA. SAN MARTIÑO DO 11 20'30 CARLOS BLANCO - GALICIA SÓ AUDITORIO LU 12 20'30 CORDELIA - OURENSE NESTA CIDADE MÁTANTE POR TODO PRINCIPAL MA 13 20'30 GRUPO DE TEATRO DA U. P. - NAVARRA PRESAS PRINCIPAL MA 13 23'00 YLLANA - MADRID ZOO AUDITORIO ME 14 20'30 DOCUMENTAL - CATALUÑA MÀSCARES AUDITORIO XO 15 20'30 IV PREMIOS TEATRO RADIOFÓNICO - R.G. DIARIO CULTURAL PRINCIPAL XO 15 23'00 JOSITO PORTO - GALICIA LARETANDO CON JOSITO CAFÉ AURIENSE VE 16 20'30 LE BIN KADI SO - COSTA DE MARFIL LA TÊTE DE SALOMÉ AUDITORIO SA 17 20'30 TUP DE PORTO - PORTUGAL ALAN AUDITORIO DO 18 17'00 AULA TEATRO INFANTIL - OURENSE OS NENOS DO TÚNEL AUDITORIO DO 18 19'00 AULA TEATRO INFANTIL - OURENSE OS NENOS DO TÚNEL AUDITORIO DO 18 20'30 AULA UNIVERSITARIA - ZARAGOZA EL PORVENIR ESTÁ EN LOS HUEVOS PRINCIPAL LU 19 18'30 AULA UNIVERSITARIA - PONTEVEDRA ECLIPSES PRINCIPAL LU 19 20'30 AULA UNIVERSITARIA - VIGO RESIDUOS PRINCIPAL LU 19 23'00 DOCUMENTAL - EL SALVADOR LA VIDA LOCA AUDITORIO MA 20 20'30 AULA DE DANZA - EXTREMADURA BÚSQUEDAS (NOVEL DANZA 2) AUDITORIO MA 20 23'00 LA COCINA TEATRO - EL SALVADOR EL SECRETO MÁS TERRIBLE PRINCIPAL ME 21 20'30 AULA UNIVERSITARIA - SANTIAGO AS CUÑADAS PRINCIPAL ME 21 23'00 IRENEUSZ KROSNY - POLONIA KROSNY AUDITORIO XO 22 20'30 AULA UNIVERSITARIA - LUGO UNHA DÚBIDA RAZOABLE PRINCIPAL XO 22 23'00 DOCUMENTAL - PALESTINA JOURNEY 110 (E OUTROS) AUDITORIO VE 23 19'00 ACPP - G.T. BAMBÚ CHARLA: HONDURAS SOCIEDADE E CULTURA LIVRARÍA TORGA VE 23 20'30 AULA UNIVERSITARIA - CORUÑA RINOCERONTE NO CAMIÑO PRINCIPAL VE 23 23'00 GRUPO DE TEATRO BAMBÚ - HONDURAS HISTORIAS Y MÁS HISTORIAS AUDITORIO SA 24 20'30 TEATRUBI DE COVILHÂ - PORTUGAL EMPRESTA-ME O TEU CORAÇÂO AUDITORIO SA 24 23'00 TEATRO UNIVERSITARIO - ALICANTE MONÓLOGOS DE HUMOR CAFÉ AURIENSE DO 25 20'30 TEATRO UNIVERSITARIO - ALICANTE SÓLO UN PEQUEÑO AUMENTO AUDITORIO DO 25 23'00 AULA UNIVERSITARIA - BURGOS MARJANE CAMPUS - CAPELA LU 26 18'30 TARUMBA - OURENSE DON JUAN PRINCIPAL LU 26 20'30 CITAC DE COIMBRA - PORTUGAL THE HYPNOS CLUB AUDITORIO MA 27 20'30 GRETUA DE AVEIRO - PORTUGAL TWELFTH NIGHT (NOITE DE REIS) AUDITORIO MA 27 23'00 LES PETITS DETOURNEMENTS - FRANCIA L'ATELIER DES PETITS MACHINS TRUCS PRINCIPAL ME 28 12'00 PRESENTACIÓN LIBRO AULA DE TEATRO (20 ANOS) E MITEU (15 ANOS) CAMPUS - SALÓN DE GRAOS ME 28 20'30 TRES MAGOS - VALLADOLID [email protected] PRINCIPAL ME 28 23'00 MARIO DE MEZAPA - HONDURAS CONCERTO: DE SUCIAS, CADEJOS Y CUCURUCHOS CAMPUS - MULTIUSOS XO 29 20'30 CLAUSURA XV MITEU ENTREGA DE PREMIOS "CARLOS COUCEIRO" PRINCIPAL XO 29 20'45 MARICASTAÑA - OURENSE ODISEA ESPACIAL PRINCIPAL DO 11 AO 29 DE ABRIL EXPOSICIÓN: 15 ANOS DE MITEU. CARTEIS AUDITORIO DO 11 AO 29 DE ABRIL EXPOSICIÓN: 15 ANOS DE MITEU. FOTOS AUDITORIO DO 11 AO 29 DE ABRIL EXPOSICIÓN: 20 ANOS DE AULA DE TEATRO PRINCIPAL SA 24 E DO 25 DE ABRIL DE 10'00 A 14'00 CURSO: ESGRIMA E COMBATE ESCÉNICO CON JUAN UDAONDO CAMPUS - MULTIUSOS INSCRICIÓN 5€ (988 247 483 ou 663 985 614) DE LUNS A VENRES DE 10'30 A 14'00 TODAS AS NOITES TRALAS FUNCIÓNS: PUNTO DE ENCONTRO CAFÉ AURIENSE VARIOS DÍAS ÁS 12'00: ENCONTROS COA PRENSA LICEO VARIOS DÍAS ÁS 19'00: PROMOCIÓN DA MITEU RÚA PASEO ENTRADAS Á VENTA PARA TODOS OS DÍAS DESDE O 1º DÍA EN CADA UN DOS ESPAZOS NO PRINCIPAL (de 11'00 a 13'30 e 1 hora antes das funcións) NO AUDITORIO (2 horas antes das funcións) NO CAMPUS (1 hora antes das funcións) TARIFA: 2 € (Excepto Carlos Blanco, Yllana, Krosny, Les petits detournements, Tres magos: 3 €)

Page 4: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

DOMINGO 11 DE ABRIL GRUPO ROSAURA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (NIVEL 1) PROCEDENCIA GALICIA ESPECTÁCULO AS PEZAS DO XADREZ (ENTRE A VIDA E A MORTE) LUGAR PARQUE DE SAN LÁZARO - RÚA DO PASEO - PRAZA DE SAN MARTIÑO HORA 19’00 TARIFA LIBRE ELENCO: Ana Álvarez González, Alba Fernández Sande, Noelia Rodríguez Pereira, Rebeca Feijoo Romero, Luisa Romero Cid, Virginia Nespereira Picouto, Eva Rodríguez Alonso, Daniela Vidal Cuiñas, Josete Novoa Fernández, Tania Fernández Afonso, Beatriz Meijomil Fernández, Marta Gago Otero, Carmen Lago Yañez, Nerea Álvarez Araujo, Laura Fernández Afonso, Lorena Rodríguez Garrido, Alicia Fraga Liste, Isabel Rodríguez Ramos, Lorena Dasilva Campos MÚSICA - APOIO DESFILE: Tarumba, Aula de Teatro Universitaria de Ourense grupos "Cordelia" e "Maricastaña" / FOTOGRAFÍA: Suso Díaz IDEA ORIXINAL E DIRECCIÓN: Sabela Gago Brancas e negras, as pezas do xadrez conquistarán distintos espazos da cidade, nun xogo trepidante entre a vida e a morte. GRUPO CARLOS BLANCO - ABADA TEATRO PROCEDENCIA GALICIA ESPECTÁCULO SÓ AUTOR CARLOS BLANCO LUGAR AUDITORIO HORA 20'30 TARIFA 3 € ACTOR: Carlos Blanco ILUMINACIÓN E SON: Daniel Juncal / ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO: Abada Teatro DIRECCIÓN: Carlos Blanco Só. No camiño. Carlos Blanco afronta un novo reto: falar do Camiño. Con Humor: A onde van os peregrinos de medio mundo a toda velocidade? Que presa teñen? Que fan as Capelas do Camiño pechadas se a restauración das mesmas faise con cartos de todos? Por que hai tanto lixo nas cunetas? Hai sexo no camiño? Que entendemos polo "Camiño do Francés"? Cantos/as fan o Camiño por fe ou inquedanzas relixiosas? É o camiño a Fisterra un "bis" do de Compostela? Prisciliano ou o Apóstolo Santiago? Estas e outras preguntas quedarán novamente sen resposta, pero habemos botar unhas risas, claro, porque o Camiño de Santiago pode ter tantas lecturas coma posibilidades hai de facelo. Existen servizos de traslado de mochilas. Hai viaxeiros VIP, naturalmente, e excelentes Casas de Turismo rural ao dispor dos/as viaxeiras. De todo iso fala Só. Un percorrido que remata en Compostela (ou en Fisterra, se o público quere). Un campo de estrelas, un diálogo aberto con outros mundos, unha homenaxe ao Mestre Gila, un espazo de liberdade e creatividade para tempos incertos. Todo iso e máis é "Só". Humor e Hip Hop, rotas Satánicas e Carballeiras, atascos e dores de pernas, bicicletas e pintadas. E a hostalería. Sempre. Todo iso é "Só". Un espectáculo imprescindible para este Xacobeo que nos ven, unha visión nova de algo eterno. O/Os Camiños a Compostela

Page 5: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

LUNS 12 DE ABRIL GRUPO CORDELIA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (NIVEL 2) PROCEDENCIA GALICIA ESPECTÁCULO NESTA CIDADE MÁTANTE POR TODO AUTOR ELENA SEIJO E FINA CALLEJA (A PARTIR DE VARIOS AUTORES) LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 20’30 TARIFA 2€ REPARTO: Anita Álvarez Estévez, Carlos Miguel Fariñas, Ana García Early, Iris G. Requejo, Cristina López López, Patricia Figueiras Feijoo, José Manuel Mao Piñeiro, Sandra A. Carrera, Hernán Rapetti, Borja Bobillo, Marielvy Alejandra Martínez García, Esteban Puebla e Paco J. Daza . ESPAZO E ILUMINACIÓN: Suso Díaz / TÉCNICOS: David Varela, Rubén Dobaño e José Manuel Bayón SON, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Elena Seijo e Fina Calleja Nesta cidade mátante por todo. Dispara, imbécil! Dispara! Odio aos taxistas, odio os parques. Escóitame. Está todo asolagado A nosa cidade afoga baixo as augas. Esta cidade xa non existe Boqueso todo o día e non sei, non sei…

Page 6: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

MARTES 13 DE ABRIL GRUPO GRUPO DE TEATRO UPNA (UNIVERSIDAD PÚBLICA DE NAVARRA) PROCEDENCIA NAVARRA ESPECTÁCULO PRESAS AUTOR IGNACIO DEL MORAL E VERÓNICA FERNÁNDEZ LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 20’30 TARIFA 2€

ELENCO: Ana Artajo Ayensa, Jaione Ayerra Mangado, Imanol Casqueiro Sánchez, Leire Chivite Martínez, María Espinazo Lapeña, Iker Fernández Aldaba, Amaia Huarte Goicoechea, Ariane Irure Álvarez, Clara Juliani Martínez, Ion Martinkorena Arróniz, Covadonga Peralta Álvarez, Aroa Pérez Esteller, Diego Rousselón de Croisoeul, Leire Sánchez Larequi, Carolina Vázquez Arjonilla ILUMINACIÓN E SON: Javier Urtasun Larrat / DESEÑO DE CARTEL: Martinko / ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO: UPNA / MÚSICA ORIXINAL: Javier Urtasun Larrat / COREOGRAFÍA: Virginia Oroz DIRECCIÓN: Óscar Orzaiz Resano Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non tan afastado ou incluso nun presente a poucos kilómetros daquí. Non conta simplemente a vida nun cárcere de mulleres hai varias décadas. Conta moito máis. Historias moi particulares que, desgraciadamente e moi ao noso pesar, están de actualidade: violacións, asasinatos, maltratos... están presentes en moitas das historias das nosas presas, que non só renden contas diante da lei, senón que tamén o fan diante do seu corazón, a súa alma e a súa desesperación. Historias que penetran de noite e de día entre as reixas dun frío cárcere, para non deixar descansar o seu atormentado pensamento. Presas é unha homenaxe a todas aquelas persoas que sufriron as miserias da posguerra, pero especialmente a elas, mulleres, nais, amantes, fillas, irmás, compañeiras dun mundo inxusto que nos fai sacar o peor de cada unha. Nós, desde o máis profundo respecto, quixemos representar a vida deste cárcere marcada polo odio, a miseria, a vinganza, o frío e, sobre todo, a arela de liberdade. Esperamos que gocen, que rían, que choren e, sobre todo, que non permitan que isto volva suceder. GRUPO YLLANA PROCEDENCIA MADRID ESPECTÁCULO ZOO AUTOR YLLANA LUGAR AUDITORIO HORA 23'00 TARIFA 3€ ELENCO: César Maroto, Juan Francisco Dorado, Susana Cortés e Rubén Hernández ESPAZO ESCÉNICO: Yllana / EFECTOS DE SON: Jorge Moreno “Milky” / DESEÑO DE SON: Luis López de Segovia / ASESORAMENTO MAXIA: Willy Monroe / VESTIARIO: Gabriela Salaverri / DESEÑO DE LUCES: Juan A. González / CONSTRUCIÓN DE ATREZZO: 4D Escenografía / AUDIOVISUAIS: Ramón Sáez / COREOGRAFÍA: Carlos Chamorro / XEFE TÉCNICO: Ismael García / IDEA ORIXINAL, CREACIÓN E DIRECCIÓN: Yllana DIRECCIÓN ARTÍSTICA: Juan Francisco Ramos e David Ottone No máis profundo da xungla, uns intrépidos e chalados exploradores enfrontan a máis insensata das aventuras. A súa misión é capturar un exótico animal en vías de extinción para o zoo dunha grande cidade. Os continuos despropósitos dos protagonistas desencadearán unha esperpéntica epopea visual na que o entorno, aparentemente paradisíaco, é quen de converterse nunha trampa chea de estraños animais. Aves, mamíferos, réptiles e insectos farán a vida imposible aos heroes da expedición. Yllana presenta un espectáculo para todos os públicos, aplicando esta vez a súa persoal visión cómica do mundo ao eterno conflito entre o home e a natureza. No seu afán por seguir investigando no teatro do xesto, a compañía profunda con Zoo no tema da animalización e a recreación da natureza salvaxe, ideas que xa estiveron presentes noutros espectáculos de Yllana, aínda que sempre con elementos illados. En Zoo ninguén poderá fuxir das poutas do riso. Que comece a aventuraaa!!!

Page 7: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

MÉRCORES 14 DE ABRIL DOCUMENTAL MÀSCARES PROCEDENCIA CATALUÑA GUIÓN ELISABET CABEZA E ESTEVE RIAMBAU LUGAR AUDITORIO HORA 20’30 TARIFA 2€ COLABORA CINE CLUBE PADRE FEIJOO ELENCO (principal): José María Pou, Richard France, Calixto Bieito, Jaume Ulled FOTOGRAFÍA: David Valldepérez / MÚSICA: Eduardo Arbide / PRODUCIÓN: Antonio Chavarrías DIRECCIÓN: Elisabet Cabeza e Esteve Riambau Os actores, coma os magos, non revelan os seus trucos. José María Pou fixo unha excepción ao permitir que unha cámara filmara o proceso de preparación dunha obra na que interpreta a Orson Welles. A acción de "Màscares" transcorre entre bambalinas, nun espazo oculto á mirada do público no que o actor muda de pel para invocar á súa personaxe. Maxia, con truco, pero maxia en fin.

Page 8: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

XOVES 15 DE ABRIL ACTIVIDADE PARALELA PRODUCIDA E ORGANIZADA POLA RADIO GALEGA E O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO CO PATROCINIO DA AGADIC ESPECTÁCULO GALA IV PREMIO "DIARIO CULTURAL" DE TEATRO RADIOFÓNICO. LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 20'30 TARIFA - ACTORES: Elena Seijo, Sabela Gago, Fina Calleja, Nate Borrajo, Tito Asorey, Josito Porto, Suso Díaz, Fernando Dacosta RESPONSABLE DA REALIZACIÓN SONORA: Iván Nogueira DIRECTORA DO DIARIO CULTURAL DA RADIO GALEGA: Ana Romaní XEFA DE PROGRAMACIÓN DA RADIO GALEGA: Gloria Ferreiro DIRECCIÓN DAS OBRAS: Ánxeles Cuña O xurado do IV Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico decidiu por maioría outorgarlle o galardón desta edición á obra Indoor, de Vanesa Martínez Sotelo. O premio da audiencia foi para O vento da illa, de Begoña García Ferreira.�� O xurado estivo composto por Ánxeles Cuña, directora de teatro e dramaturga; Ana Romaní, directora do "Diario Cultural" da Radio Galega; Ruben Ruibal, dramaturgo e co-autor da obra gañadora na anterior edición; María Paredes, coordinadora de programación da AGADIC e Camilo Franco, crítico teatral. O xurado subliñou "a escrita contemporánea da obra gañadora, Indoor, así como a orixinalidade do texto cun ritmo medido e marcado para o tempo esixido e a súa linguaxe expresiva e poética na que destaca tamén o manexo da síntese".�� As tres obras finalistas -Indoor, de Vanesa M. Sotelo; O vento da illa, de Begoña García Ferreira e Nunca me esquecerei de ti de David Rodríguez Rodríguez- publícanse nun libro-cd, editado por Xerais. A presentación deste libro e a entrega do premio ten lugar no seo dunha nova edición do Espazo Radioescénico, que este ano se desenvolve no Teatro Principal de Ourense. ��As tres finalistas emitíronse en diferentes programas da Radio Galega entre o 8 e o 21 de marzo. O Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, organizado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego co patrocinio da AGADIC, procura fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio e contribuír á recuperación do formato de teatro radiofónico.�� ______________________________________________________________________________________________________________________________________ GRUPO JOSITO PORTO PROCEDENCIA GALICIA ESPECTÁCULO LARETANDO CON JOSITO AUTOR JOSITO PORTO LUGAR CAFÉ AURIENSE HORA 23'00 TARIFA 2€ ACTOR: Josito Porto Os galegos somos como somos porque nos peta.

Page 9: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

VENRES 16 DE ABRIL

GRUPO LE BIN KADI SO (ÉCOLE NORMALE SUPÉRIEURE DE L'UNIVERSITÉ D'ABIDJAN) PROCEDENCIA COSTA DE MARFIL ESPECTÁCULO LA TÊTE DE SALOMÉ AUTORA-ADAPTADORA MARIE-JOSÉ HOURANTIER HORA 20'30 LUGAR AUDITORIO TARIFA 2€ ELENCO: Wendyam Sawadogo et Pooty (Ahmed Bakayoko) INSTRUMENTISTAS: Ibrahim Diabaté et Djakaridja Dagnogo CANTOS E ADAPTACIÓN: Wendyam Sawadogo DIRECCIÓN: Marie-José Hourantier

Unha ópera verbal que cuestiona o mito de Salomé. Outra versión do personaxe sulfuroso de Salomé que concede á morte ser coma unha pasaxe cara un novo mundo, unha nova identidade. Un ritual de lucidez onde non está soamente a súa culpa senón onde podemos atopar o desexo que transforma.

Page 10: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

SÁBADO 17 DE ABRIL

GRUPO TUP (TEATRO UNIVERSITÁRIO DO PORTO) PROCEDENCIA PORTO - PORTUGAL ESPECTÁCULO ALAN TEXTOS Anabela Sousa, Daniel Viana, Emanuel Santos, Inês Gregório, Miguel Lemos, Nuno Matos, Teresa Queirós, António Júlio e Tom Waits. LUGAR AUDITORIO HORA 20’30 TARIFA 2€ ELENCO: Anabela Sousa, Daniel Viana, Emanuel Santos, Inês Gregório, Miguel Lemos, Nuno Matos, Teresa Queirós VESTIARIO: Rute Moreda / DESEÑO DE LUZ: José Nuno Lima (Visualight) / ESPAZO ESCÉNICO: Rute Moreda, António Júlio / PERCUSIÓN: Francisco Quaresma / DIRECCIÓN-COORDINACIÓN-MONTAXE: Visualight Espectáculos Lda. / TÉCNICO DE LUZ: Silvana Alves (Visualight) / TÉCNICO DE SON: Eduardo Abdala (Visualight) / APOIO TÉCNICO: Eduardo Brandão / CONSTRUCIÓN: Emanuel Santos / DESEÑO GRÁFICO: Emanuel Santos / DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN: Gonçalo Gregório/TUP DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: António Júlio Un home de chapeu escribe. Outro observa. A pequena danza pola sala facendo soar o seu corpo contra os obxectos. Un chisqueiro que non funciona. As pernas da muller alta móvense moi lentamente. Os zapatos son vermellos. Ela está enriba da mesa. El óllaa sorrindo. Ela despídese e chora. Un home toma conta doutro home. O rapaz non consegue ollar para adiante. Dous cans ladran e calan. Tres persoas paradas, case inmóbiles. Outras tres, moi bébedas, procuran atinar co paso. Unha voz dentro dunha copa baleira. Alguén ameaza con matarse. Alguén acaba por morrer. Alguén morto deambula polos lugares. Alguén vivo espera coma se estivese morto. As cancións de berce ao oído do atormentado. Ela sabe ben o que quere. El non consegue dicir o que sente. Os obxectos, os vestidos, os cigarros e o viño. A cadeira baleira. A boca sen voz. Os pequenos pasos descalzos. O son das moedas no chan. As memorias que se atopan nos bolsos. O inferno por enriba. Deus por abaixo. O universo de Tom Waits - as súas músicas, as súas palabras e, sobre todo, os seus personaxes - é o punto de partida para o espectáculo que o TUP leva a escena. Unha visión das súas pantasmas, dos locais que habitan e das súas emocións.

Page 11: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

DOMINGO 18 DE ABRIL GRUPO GEPETTO. AULA UNIVERSITARIA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE PROCEDENCIA GALICIA ESPECTÁCULO OS NENOS DO TÚNEL (INFANTIL. Recomendada a maiores de 5 anos) AUTORA ELENA SEIJO LUGAR AUDITORIO HORA 17'00 E 19'00 (Aforo máximo 100 persoas por función) TARIFA 2€ ELENCO: Darío Rodríguez, Eva Tato, Toni Bañobre, Galicia Gutiérrez "Gali", Silvia Domínguez, Ana Álvarez, Raquel Penín TÉCNICOS: Suso Díaz, Rubén Dobaño, José Manuel Bayón, David Varela / ESCENOGRAFÍA E ATREZZO: Sarabela Teatro / ESPAZO ESCÉNICO: Elena Seijo / SELECCIÓN MUSICAL: Rubén Dobaño / DESEÑO DE LUZ: Suso Díaz / VESTIARIO: Sarabela Teatro ESCRITA E DIRECCIÓN: Elena Seijo Grazas ao ancián Vences viaxaremos ao pasado da cidade, e saberemos por que todos os cativos corren un gran perigo. OS NENOS DO TÚNEL, os que viven debaixo das rúas do mercado, nos sumidoiros, saben o que pode acontecer e terán que resolver eles mesmos o grave problema porque ninguén máis lles axudará. ____________________________________________________________________________________________________________________________________ GRUPO AULA DE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE ZARAGOZA PROCEDENCIA ARAGÓN ESPECTÁCULO EL PORVENIR ESTÁ EN LOS HUEVOS AUTOR EUGÈNE IONESCO LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 20'30 TARIFA 2€ ELENCO: Oscar Castro, Guillermo Dobato, Gloria Bartolomé, José Luis Sierra, Maite Sequeira, Silvia Cosculluela, Belén Lázaro, Enrique Conejero, Isamar Gutiérrez, Javier Martínez, Teresa Abril, Olalla Estrada, Rafael Cadena, Valentina Acebedo. PRODUCIÓN E COORDINACIÓN: Francisco Ruiz para Aula de Teatro. Área de Actividades Culturais –Vicerreitoría de Proxección Cultural e Social •Universidad de Zaragoza / AXUDANTE DE DIRECCIÓN: J. J. Sánchez Millán / DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: Félix Martín, J. J. Sánchez Millán / REALIZACIÓN DE ESCENOGRAFÍA: Teatro Luna de Arena e Teatro Indigesto / VESTIARIO: Aula de Teatro da Universidade de Zaragoza / AXUDANTES DE VESTIARIO: Teresa Abril, Valentina Acebedo, Gloria Bartolomé, Maite Sequeira / CARACTERIZACIÓN: Ana Bruned / CANTO: María Pérez / ILUMINACIÓN: J. J. Sánchez Millán / FOTO PROGRAMA: Vanesa Revuelto / DESEÑO CARTEL: Alberto Romanos. DIRECCIÓN: Félix Martín Esta é unha obra transgresora e dunha comicidade aceda, é unha mostra reveladora do xenio orixinal e iconoclasta do fundador do que o propio Ionesco denominou "teatro antiteatro" (fronte á denominación extendida de "Teatro do absurdo"). Nela escenifica o esforzo dunha familia, e todo o que esta representa, por someter ao protagonista ás normas rixidamente impostas pola sociedade ben pensante. Cruel e humorística, destrutiva e creadora á vez, esta forma de escribir e concibir o teatro representa a procura dunha nova fórmula dramática presidida polo irracionalismo que caracteriza a vida do home contemporáneo.

Page 12: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

LUNS 19 DE ABRIL GRUPO AULA DE TEATRO DE PONTEVEDRA PROCEDENCIA GALICIA ESPECTÁCULO ECLIPSES AUTOR MANUEL LOURENZO LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 18’30 TARIFA 2€ ELENCO: Sara Abilleira Crespo, Sara Barcia Portela, Tamara Calvo Porrúa, Silvia Fernández García,Verónica López Rielo, Beatriz Piñeiro Serantes, Eva Rodríguez Calvar, Sandra Souto Gontad, Óscar Tosar González ESCENOGRAFÍA: Julia Abal / VESTIARIO: Sonia Rúa / AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Sante Cortegoso DIRECCIÓN: Salvador del Río ECLIPSES é un título xenérico para una colección de pequenas pezas teatrais que van dende unha mirada irónica ao ambiente que envolve a escena en “A PREA”, pasando polos ECLIPSES propiamente ditos (breves apuntamentos sarcásticos sobre a vida social, artística e pública en diversos momentos da historia) ata a “CRÓNICA FUNESTA DE ALEMPARTE”, experiencias dos que cruzaron o río e sen embargo continúan no empeño de protagonizar todas as emocións humanas. Un teatro sen revestimentos nin adornos, indirecto como a propia vida, nado dunha profunda vocación desestabilizadora....

GRUPO AULA DE TEATRO DE VIGO PROCEDENCIA GALICIA ESPECTÁCULO RESIDUOS AUTORES LLUISA CUNILLÉ, MARÍA ZAMBRANO, SUSO DE TORO, WILLIAM SHAKESPEARE, XAVIER LAMA LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 20'30 TARIFA 2€ ELENCO: Aaron Domínguez Eguia, Alex Paz Domínguez, André Fernández González, Cristelle Lory, Hadrián Grille Negreira, Pablo Fernández Medina SELECCIÓN MUSICAL, VESTIARIO, ESCENOGRAFÍA, TRADUCIÓN: Aula de Teatro U. V. Campus Vigo DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Pepa Barreiro “O Mito” foi o tema do que partimos. Durante o traballo fómonos atopando con ecos, con resóns, con rumores deses desexos e temores que son comúns ao xénero humano de todos os tempos e condicións. E estes “RESIDUOS” que colleitamos e reciclamos son, con palabras prestadas, os que conforman este espectáculo. ____________________________________________________________________________________________________________________________________ DOCUMENTAL LA VIDA LOCA PROCEDENCIA EL SALVADOR NACIONALIDADE ESPAÑA, FRANCIA, MÉXICO LUGAR AUDITORIO HORA 23'00 TARIFA 2€ COLABORA CINE CLUBE PADRE FEIJOO DIRECCIÓN: Christian Poveda Durante case un ano e medio, o director Christian Poveda foi quen de se infiltrar nunha das chamadas maras salvadoreñas, "pandillas" que se enfrontan entre sí con gran violencia, integradas por mozos tatuados da cabeza aos pés e que se dedican principalmente á extorsión, ao roubo e ao tráfico de drogas. Na colonia La Campanera, en Soyapango, "La vida loca", filmada con cámara ao ombro, recolle a vida cotiá de membros dunha das principais agrupacións "pandilleras" de El Salvador, La Mara 18, que se caracteriza por ter a súa propia linguaxe, tatuaxes, códigos e elevados niveis de agresividade, violencia e criminalidade. Esta "pandilla" e a Mara Salvatrucha, iguais unha e a outra en crueldade, impulsadas pola negación de todo e a morte, viven unha guerra sen piedade. Algúns destes mozos foron asasinados no transcurso da gravación, tal e como amosa o documental... O seu director, Poveda, foi asasinado a tiros hai tan só uns meses en El Salvador. In memoriam

Page 13: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

MARTES 20 DE ABRIL COMPAÑÍA AULA DE DANZA DE LA UNIVERSIDAD DE EXTREMADURA PROCEDENCIA EXTREMADURA ESPECTÁCULO BÚSQUEDAS (NOVEL DANZA 2) AUTOR PABLO MOLERO LUGAR AUDITORIO HORA 20’30 TARIFA 2 €

ELENCO Lost Object: Diana Amado, María Sánchez, Vicente José Bermejo, Cesar Hernández, Álvaro Sevilla Ausencia: Diana Amado Todos hacemos el mismo viaje: Beatriz Morales, Cristina Rodríguez, David García, Elena Ruiz, Evelyn Ocón, Jesús Sánchez, María Elisabel Arnelas, Marina Guerrero, Miguel Pérez Un día perfecto: Diana Amado, María Sánchez, Vicente José Bermejo, Cesar Hernández, Álvaro Sevilla ILUMINACIÓN: Rubén Camacho / COLLAGE MUSICAL: Pablo Molero / VESTIARIO: Pablo Molero / DESEÑO GRÁFICO E VÍDEO: Juan Francisco Blanco / PRODUCIÓN: Aula Danza UEx DIRECCIÓN E COREOGRAFÍA: Pablo Molero O espectáculo está composto de varias partes de danza contemporánea que se desenvolveron en torno ao programa formativo coreográfico que leva a cabo a UEx. LOST OBJECT parte da seguinte premisa: a función da interpretación, a ollada sobre a mensaxe que tento transmitir, é potestade exclusiva de quen recibe a mensaxe Que temos que atopar cando creamos unha coreografía? AUSENCIA: Unha emoción sobre a presencia do que non está, que significa tanto para quen a vivencia. TODOS HACEMOS EL MISMO VIAJE: Unha muller, unha moneca nas mans dun home. Un grupo ao redor desa manipulación. Todos facemos a mesma viaxe... senón a moneca volverá caer. UN DÍA PERFECTO: Un día perfecto hai que crealo. Trátase de ollar o mundo doutro xeito. Descubrir que o perfecto depende de nós. Que en realidade non existe e sen embargo, a perfección é unha ilusión breve, tanxible e necesaria que só aparece cando somos conscientes da súa existencia.

_______________________________________________________________________________________________________________________________________________________ COMPAÑÍA LA COCINA TEATRO PROCEDENCIA EL SALVADOR ESPECTÁCULO EL SECRETO MÁS TERRIBLE AUTOR EDUARDO PAVLOVSKY (Versión a partir do seu texto "Potestad") LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 23’00 TARIFA 2 € ACTOR: René Lovo ASISTENCIA DE DIRECCIÓN: Pamela Palenciano Jódar (España) / ASISTENCIA TÉCNICA E ATREZZO: Natalia Domínguez / DESEÑO GRAFICO: Víctor Rodríguez / ILUMINACIÓN: René Lovo. DIRECCIÓN: René Lovo Facendo un reconto de cada un dos detalles que ocorreron a tarde da fin de semana, na que dous individuos chegaron a súa casa e raptaron á súa filla, a súa única filla, o personaxe vainos introducindo no pasado máis remoto e persoal, onde el e a súa muller protagonizan unha historia que non foxe da realidade política que marcou as súas vidas para sempre. Unha obra que pon no fondo do relato o problema da verdade e a identidade das persoas en desequilibrio coa xustiza. Unha narrativa fragmentada e labiríntica.

Page 14: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

MÉRCORES 21 DE ABRIL COMPAÑÍA AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PROCEDENCIA GALICIA ESPECTÁCULO AS CUÑADAS AUTOR M. TREMBLAY LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 20’30 TARIFA 2 € ELENCO: Natalia Vázquez, Bea Méndez, Patricia Coucheiro, Ana Conde, Carla Capeáns, Inmaculada Vila, Roi Méndez, Cristina Balboa DESEÑO DE ESPAZO ESCÉNICO, FIGURINOS E ILUMINACIÓN Roberto Salgueiro / ATREZZO: Rodrigo Roel / ARRANXOS VESTIARIO: Clotilde Vaello / MAQUILLAXE E PEITEADOS: Bea Méndez / ASISTENCIA MUSICAL E ARRANXOS: Fernando Cabo / CARTEL: Elena Tinickaya / PROGRAMA: Xerardo Fuentes / ASISTENCIA TÉCNICA: Raúl Giraldo (RTA) / ASISTENCIA DE PRODUCIÓN E DIRECCIÓN: Roi Méndez ADAPTACIÓN LITERARIA E DIRECCIÓN: Roberto Salgueiro

O texto orixinal basea a súa acción no ano 1968 en Quebec, onde un grupo de mulleres se reúne para pegar uns cupóns cos que foi premiada unha delas por uns grandes almacéns. Nesta versión, a acción desenvólvese na cidade da Coruña no ano 1977, coa democracia comezando. Trátase dunha comedia, con algúns momentos musicais, que xira ao redor da vida dun grupo de mulleres que, neste encontro na casa da muller premiada, deixarán que as súas inquedanzas, teimas e problemas xurdan de maneira imprevisible. A visita dun personaxe inesperado fará que as cousas collan un rumbo que xamais ningunha delas esperaría. En definitiva, esta comedia trata de reflexionar se, coa perspectiva dos anos, a situación da muller mudou ou non tanto como se pretende. COMPAÑÍA IRENEUSZ KROSNY PROCEDENCIA POLONIA ESPECTÁCULO KROSNY AUTOR IRENEUSZ KROSNY LUGAR AUDITORIO HORA 23'00 TARIFA 3 € ACTOR: IRENEUSZ KROSNY KROSNY é un dos mimos cómicos máis recoñecidos de Polonia. Comezou a súa carreira baixo o nome de One Mime Theatre. Participou en diversos festivais cómicos en Polonia obtendo primeiros premios. Logo realizou o seu propio programa de televisión para pasar a traballar en Europa, Asia e América. Entre outros premios, recibiu en EEUU o da crítica da revista Chicago Reader. O espectáculo consiste nunha serie de escenas independentes, sen ningunha relación entre elas. Cada un destes cadros constitúe unha historia de seu, estudios da vida cotiá que presentan o lado satírico ou "extravagante" do comportamento humano e que se presentan sobre unha especie de papel: O cirurxián, A mosca e o mel, Cita na casa do xefe, O cabaleiro e a princesa, O gardacostas... Algunhas destas escenas parten de temas cinematográficos ou da cultura popular, levados ata o absurdo. Todo isto co denominador común da linguaxe xestual, da que Krosny é todo un mestre gracias á súa impresionante facilidade para mover o corpo e expresar xestos con cara e mans

Page 15: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

XOVES 22 DE ABRIL GRUPO COMPAÑÍA DA USC / LUGO PROCEDENCIA GALICIA ESPECTÁCULO UNHA DÚBIDA RAZOABLE AUTOR REGINALD ROSE ADAPTADOR ALBERTE CABARCOS LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 20'30 TARIFA 2€ ELENCO: Belén Prieto, Antón García, Xulia Varela, Rubén Perez, Lili Claro, Alba Martín, Conchi Fernández, Carlos Megías, Elena Santidrián VESTIARIO-IMAXE: Sara Lage y Maru Calderon / CREACIÓN - AMBIENTACIÓN MUSICAL: Migel García-Granero / ESCENOGRAFÍA: Alberte Cabarcos / ILUMINACIÓN: LuzSonga s.l. / FOTOGRAFÍA; www.fotosebe.com / LOCUCIÓN: Santiago Fernández / TRADUCIÓN: Xusto C. Rodríguez / GRAFISMO: Anxo Varela DIRECCIÓN: Alberte Cabarcos Verán de 1992. Un caso de homicidio en primeiro grao está a ser xulgado nos tribunais de Nova Iorque. Arestora un xurado popular, formado por nove cidadáns, está a decidir a culpabilidade do acusado, un rapaz de 18 anos que presuntamente matou ao seu pai cunha puñalada no corazón. O veredito deberá ser unánime, e no caso de que declaren culpable ao acusado, este será condenado á pena de morte. Os que voten culpable, que ergan a man… “Unha dúbida razoable” é unha proposta textual e clásica que afonda nas condutas humanas e no infinito valor da palabra como eixo fundamental da democracia. DOCUMENTAL JOURNEY 110 (E OUTROS) PROCEDENCIA PALESTINA GUIÓN KHALED JARRAR (E OUTROS) LUGAR AUDITORIO HORA 23'00 TARIFA 2€ DIRECCIÓN: Khaled Jarrar Proxección de documentais, vídeo arte e curtas palestinas. "Journey 110" amosa a homes e mulleres humildes nun túnel de augas residuais que se converte en tránsito para pasar por debaixo do muro de Xerusalén, o uso de bolsas de plástico nos pés, tirando dos pantalóns ata os xeonllos, como collen no colo aos nenos e vagan por un escuro túnel de 110 metros para cruzar desde a ocupada Cisxordania ata Xerusalén Oriental. Un muro construído na ribeira occidental de Israel en desafío á decisión dun tribunal mundial e que serve de porta de enlace aos palestinos cun centro de servizos médicos, sociais, relixiosos ou coa súa propia familia. Mesmo este paso foi bloqueado por Israel para restrinxir a entrada de palestinos ao xulgar que o facían "por diversión". Conseguen, a pesar dos bloqueos, atopar pequenos espazos polos que pasar apertándose mentres Israel di que a barreira é necesaria para impedir que os militantes palestinos ataquen as súas cidades. Tralo Ramadán deste ano, as excavadoras israelís volveron bloquear a entrada do túnel con rochas. Jarrar alega que "Debe haber unha razón convincente para que estas persoas teñan que facer esta viaxe". Agardamos poder contar con Khaled Jarrar nesta edición da MITEU durante a proxección da súa curta de 12 minutos, mais as complexas circunstancias políticas non nos permiten aseguralo. A proxección contará con: 1: Mohanad Yaqubi - Roll Escape, 8min 2: Enas I. Al-Muthaffar - A World Apart Within, 15min 3: Khaled Jarrar - Journey 110, 12min

Page 16: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

VENRES 23 DE ABRIL CHARLA SOCIEDADE E CULTURA EN HONDURAS PARTICIPAN MEMBROS DO GRUPO TEATRAL BAMBÚ, MEMBROS DE ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ PROCEDENCIA HONDURAS LUGAR LIVRARÍA TORGA HORA 19'00 TARIFA LIBRE Como está Honduras 10 meses despois do golpe de estado? _____________________________________________________________________________________________________________________ GRUPO AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PROCEDENCIA GALICIA ESPECTÁCULO RINOCERONTE NO CAMIÑO AUTOR CREACIÓN COLECTIVA DA AULA DA CORUÑA 09-10 CON DRAMATURXIA DE RUBÉN RUIBAL LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 20’30 TARIFA 2€ ELENCO: Mónica Suárez Casal, Lucía de Querol, Iago Iglesias, María Fernández Verdía, Patricia Doce, Bibiana Buján, Teresa Rodríguez Limas AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Laura Mariño Sánchez / AUXILIAR DE DIRECCIÓN: María Polo Piñeiro / ILUMINACIÓN: Afonso Castro / VESTIARIO E MAQUILLAXE: Dolores Pernas / MÚSICA: Koroiev – www.myspace.com/koroiev / PROXECCIÓNS: Fagot y Popota – www.myspace.com/fagotypopota / PRODUCIÓN: Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña / DESEÑO GRÁFICO: Julia Núñez DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Rubén Ruibal Nun futuro indefinido, un grupo de peregrinos que volvían ós seus lugares de orixe ou vagaban sen rumbo aparente polo Camiño de Santiago interpretando fragmentos de Rinoceronte de Eugène Ionesco e outras historias peregrinas son detidos e presos sen motivo coñecido. Mentres van declarando diante da autoridade, lembran as circunstancias que os levaron alí tecendo unha historia trufada de mentiras e verdades, de recordos e desmemorias. Nesa prisión, por medio de invencións, de momentos de absoluta sinceridade e de declarada mentira, reconstrúen os seus Camiños de Santiago, con idas e voltas, e as circunstancias que os levaron ata alí, e vense enfrontados por forza, mesturando imaxinación e realidade, ó seu lado monstruoso e ó seu lado humano. Ou se cadra, todo ocorre na cabeza dA Informadora, desempregada e sen patria dende que o seu quiosco de novas e o seu país foron esnaquizados pola Grandísima Guerra. GRUPO BAMBÚ PROCEDENCIA HONDURAS ESPECTÁCULO HISTORIAS Y MÁS HISTORIAS AUTORES EDGAR VALERIANO, LEONARDO MONTES DE OCA LUGAR AUDITORIO HORA 23'00 TARIFA 2€ ELENCO: Mariano Rodríguez e Edgar Valeriano Espectáculo de narración oral escénica, baseado nunha recompilación de diferentes autores e historias que acontecen nos nosos países latinoamericanos Hai homes que toman as historias e dan as súas vidas para ir de pobo en pobo contando tristuras e repartindo alegrías. Vémolos pasar sen saber quen son ou vémolos vir e énchennos de satisfacción ao saber que coa súa chegada, chegan historias doutros pobos. Tamén sabemos que cando marchen han levarnos coas súas historias. Ás veces quixeramos que nunca deixaran de relatar historias, que son as nosas historias. Vémolos nas prazas, nun corredor, nunha barraca, nos campos de cultivo baixo a sombra dunha árbore, ás veces nos teatros, nos comedores, no camiño real, nas cantinas, no atrio dunha igrexa. Aí poden escoitarse os risos, mirar os rostros intrigados, calados e atentos de nenos e nenas, mozos, adultos e anciáns. Eses seres máxicos que nos enchen de imaxinación e que nos provocan soños, non son outros que os contacontos.

Page 17: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

SÁBADO 24 DE ABRIL GRUPO TEATRUBI. GRUPO DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DA BEIRA INTERIOR PROCEDENCIA COVILHÂ - PORTUGAL ESPECTÁCULO EMPRESTA-ME O TEU CORAÇÂO AUTOR RUI PIRES LUGAR AUDITORIO HORA 20’30 TARIFA 2 € CO-CREACIÓN E INTERPRETACIÓN: André Duarte, Fátima Castro, Gonçalo de Morais, Graça Faustino, Joana Pires, João Cantador, João Gomes, Lurdes Rocha, Sarah VOZ-OFF: Mafalda Morão, Sérgio Novo / COPRODUCIÓN: TeatrUBI - ASTA / TEXTO: Javali Voador / DESEÑO GRÁFICO: Sérgio Novo / MAQUILLAXE: Liliana Silva / ESCENOGRAFÍA: João Cantador e Rui Pires / DESEÑO DE LUZ: João Cantador e Rui Pires / VESTIARIO: TeatrUBI - ASTA DIRECCIÓN: Rui Pires Xa perdiches a alguén que fose moi importante para ti? Xa sentiches que non conseguiches dicir todo canto pensabas e sentías a esa persoa? Que non tiveches tempo ou que dalgún xeito non o soubeches aproveitar?! Ou que esa persoa non che deu unha soa oportunidade de dicirllo? Préstame o teu corazón! Préstame os teus zapatos! Dáme o teu reloxo! Iso non? Quen es ti ao final? Sei lá! Non son eu! Non son eu! Merda! Que horas son? Préstame o teu corazón xurdiu do cruce do teatro co movemento. De improvisacións, de situacións banais de todos os días, de encontros e desencontros, de sentimentos, desexos e obsesións. De tristuras e alegrías, de paixóns e desilusións.

____________________________________________________________________________________________________________________________________ GRUPO TEATRO UNIVERSITARIO DE ALICANTE PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA ESPECTÁCULO MONÓLOGOS DE HUMOR LUGAR CAFÉ AURIENSE HORA 23'00 TARIFA - Monólogos de corte humorístico realizados polos alumnos e alumnas da Aula de Teatro Universitaria de Alicante, baixo a dirección e o seguimento de JUAN LUIS MIRA

Page 18: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

DOMINGO 25 DE ABRIL GRUPO TEATRO UNIVERSITARIO - UNIVERSIDAD DE ALICANTE PROCEDENCIA COMUNIDADE VALENCIANA ESPECTÁCULO SÓLO UN PEQUEÑO AUMENTO AUTOR XOGO TEATRAL DE JUAN LUIS MIRA A PARTIR DE "O AUMENTO" DE G. PEREC LUGAR AUDITORIO HORA 20'30 TARIFA 2€ ELENCO: Efman Schaffer, Marina Hernández, Mario Hernández, Celia Martínez, Ana Sandoval, Ana Polo, Leti Garrigós, Noemí Peidró, Josi Alvarado, Fran Peris "Keyto" ESPAZO ESCÉNICO: Inés caballero e Andrea Meliveo / VESTIARIO: Esther Ruiz / PERRUQUERÍA: Gumer Manzano / ASESORÍA E DOCUMENTACIÓN: Javier Mansanet / COORDINACIÓN TÉCNICA: Jordi / DESEÑO LUMINOTÉCNICA: Jordi e Jaun Luis Mira / AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Santi García / FOTOGRAFÍA E DESEÑO CARTEL: Dani Sirvent DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Juan Luis Mira Din que xa están contadas todas as historias, que o que nos queda é, nin máis nin menos, contalas de distinto xeito. Tan antigo coma o ser humano é a súa aventura por sobrevivir e abrirse paso no labirinto vital que lle tocou en sorte. Por exemplo, imaxinemos que simplemente a un de nós se lle pasou pola cabeza pedir un aumento de salario ao seu xefe de quenda... Aí comeza unha historia - entre a aventura e a desventura - que todos coñecemos aínda que, probablemente, nunca nola contaran desa maneira...

____________________________________________________________________________________________________________________________________ GRUPO GRUPO DEL AULA DE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE BURGOS PROCEDENCIA CASTELA-LEÓN ESPECTÁCULO MARJANE AUTOR BASEADO NA NOVELA GRÁFICA "PERSÉPOLIS" DE MARJANE SATRAPI, BAIXO A ADAPTACIÓN DE JUAN LUIS SÁEZ LUGAR CAMPUS-CAPELA HORA 23'00 TARIFA 2€ ELENCO: Sara Abad, Camille Azambourg, María Burguera, José Abelardo Carmona, Pedro Ángel Cuevas, Isabel Galerón, Daniel Garabito, Steven Jiménez, Tine Limet, José Antonio Ruiz. MÚSICA: Garbito / ESPAZO ESCÉNICO: Taller del Aula de Teatro / ILUMINACIÓN: José Antonio Pereda / DESEÑO GRÁFICO: Iratxe Uriarte. DIRECCIÓN: Juan Luis Sáez A iraniana Marjane Satrapi relata as súas memorias persoais desde a nenez á madurez nun aclamado cómic pola súa sinceridade e claridade expositiva. Nese longo espazo de tempo os cambios políticos, sociais, e incluso ideolóxicos mistúranse cos seus cambios persoais, sobre todo no difícil período da adolescencia. A vida, con toda a súa forza, amósase nas distintas pasaxes de Persépolis, rexurdindo con maior ímpeto cada vez que as duras circunstancias que provocan a situación do seu país (revolución islámica, integrismo, guerra con Irak…) golpean o seu desenvolvemento como persoa. Nacida dentro dunha familia progresista e acomodada, vese na obriga de marchar para seguir estudando en Viena, soa, no medio dunha cultura allea á súa. Volve a Teherán onde estudia arte na universidade, entre as dificultades que o integrismo provoca na vida civil. A volta definitiva a Francia marca o peche dunha época y o comezo doutra onde empezará a desenvolver a súa vida profesional.

Page 19: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

LUNS 26 DE ABRIL GRUPO TARUMBA PROCEDENCIA OURENSE. GALICIA ESPECTÁCULO DON JUAN AUTOR DRAMATURXIA DE TITO ASOREY A PARTIR DE TEXTOS DE VARIOS AUTORES* LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 18'30 TARIFA 2€ * Molière, Zorrilla, Rodrigo García, Lorenzo da Ponte, Lord Byron, Sarah Kane, Henry de Montherlant, Montaigne, Tirso de Molina, Christian D. Grabbe, Ismael Serrano e Albert Camus ELENCO: Chechu Salgado, Santiago Cuquejo, Andrés González, Pablo Rivas, Antea Rodríguez, Yasmine Docarmo, Raquel Álvarez, Alejandro Lorenzo, Tamara Urbano, Sergio Puga, Paloma Fidalgo, Alba Fernández, Elena González, Sonia González MÚSICA: Gabriel Cima “Rubio”, Santiago Cuquejo, Antea Rodríguez / ESCENOGRAFÍA: Alberto Bahón / VESTIARIO: Galicia Gutiérrez “Gali” / AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Melania Pérez Cruz ILUMINACIÓN, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Tito Asorey Que queda do mito de Don Juan hoxe en día? Como é recibido por un grupo de adolescentes que considera facer unha obra de teatro sobre el? En base a estas dúas preguntas realizamos un espectáculo no que, partindo do texto de Molière, fomos achegándoo a nós con propostas dramáticas de autores contemporáneos como Rodrigo García para poñer en escena a nosa propia visión de Don Juan, un home que, como Fausto, racha coas regras do xogo para enfrontarse á propia divindade e a todas as normas establecidas para conseguir aquilo que desexa. ____________________________________________________________________________________________________________________________________ GRUPO CITAC (CÍRCULO DE INICIAÇÂO TEATRAL DA ACADEMIA DE COIMBRA) PROCEDENCIA COIMBRA - PORTUGAL ESPECTÁCULO THE HYPNOS CLUB AUTOR CREACIÓN COLECTIVA CITAC - RODRIGO MALVAR LUGAR AUDITORIO HORA 20'30 TARIFA 2€ ELENCO: Margarida Cabral, Katia Manso, Cláudio Vidal, Paula Gaitas, Gil Mac, João Pedro Carvalho, José Carlos Pereira ESCENOGRAFÍA: Eduardo Conceição, Bruno Gonçalves / MÚSICA ORIXINAL: Gustavo Diniz, Paulo Nuno Martins / DESEÑO DE LUZ: Paula Gaitas, José Carlos Pereira / SON: Gil Mac, Rodrigo Malvar / VÍDEO: Cláudio Vidal / TÉCNICO DE LUZ: Sofia Só / DESEÑO GRÁFICO: Whatever Trademark / PRODUCIÓN EXECUTIVA: CITAC 2009 / FINANCIAMENTO: Fundação Calouste Gulbenkian / APOIOS: Mafia, Federação Cultural de Coimbra, Bordalo Pinheiro, SASUC, TAGV DIRECCIÓN: Rodrigo Malvar Hypnos é fillo de Nix, Deus do Sono, pai de Morpheu e nome de Clube; un espazo nocturno, profano e sagrado. Bebidas espirituosas, delirios soltos. Copas coma corpos, medio cheas, medio baleiras. Baixo a luz engaiolada, a carne dos soños espida. Cando a noite se incendia, é hora de partir. Eu o vin.

Page 20: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

MARTES 27 DE ABRIL GRUPO GRETUA. UNIVERSIDADE DE AVEIRO PROCEDENCIA AVEIRO - PORTUGAL ESPECTÁCULO TWELFTH NIGHT (NOITE DE REIS) AUTOR WILLIAM SHAKESPEARE LUGAR AUDITORIO HORA 20'30 TARIFA 2€ ELENCO: Berta Oliveira, Bruno Almeida, Catherine Oliveira, Daniela, Hélio Almeida, Joana, Luís Cunha, Mike Silva, Ricardo Correia, Rita Camões, Rita Carmona, Salvador Campos PRODUCIÓN: GrETUA / LUZ: Carla Silva / SON: Luís Moura / ESCENOGRAFÍA: GrETUA DIRECCIÓN: Luís Moura Esta é unha peza sobre o Amor. A acción ocorre nunha atmosfera divertida na que varias parellas se atopan. Orsino ama profundamente a Olivia e encarga a Cesario facerlle a Corte. Mais Cesario é na realidade unha muller e o seu nome é violeta. Ironicamente, Olivia namora de Cesario que sendo muller é quen de deixarse envolver polos encantos do duque. Alén deste trío amoroso tamén aparecen os criados da casa de Olivia e o seu tío Tobías. Eles van crear varias situacións para ridiculizar a Malvólio, o mordomo, que non se sabe divertir nin aceptar a diversión dos outros. Shakespeare lidia de forma maxistral nesta peza con cuestións de amores non correspondidos, afectos imposibles, identidades falsas, e leva o enredo cómico a un final feliz!

______________________________________________________________________________________________________________________ GRUPO LES PETITS DETOURNEMENTS PROCEDENCIA FRANCIA ESPECTÁCULO L'ATELIER DES PETITS MACHINS TRUCS (O TALLER DOS PEQUENOS CHISMES). TEATRO-CIRCO LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 23'00 TARIFA 3€ ELENCO: Gaël Lefeuvre, Francis Thevenin, Justin ESCRITA E POSTA EN ESCENA: Les petits détournements / COMPOSICIÓN MUSICAL: Les petits détournements / CARTEL: Les arts verts et compagnie / FOTOS: MeLo / AXUDA Á REALIZACIÓN GRÁFICA DE COMUNICACIÓN: L Comme Unique OLLADA EXTERIOR: Joan Lescop Espectáculo de circo musical: malabarismos, música, maxia, manipulación de obxectos, acrobacia. Imaxinade unha acrobacia en forma de escabela, un tubo de baño que serve de percusión, paraugas transformados en pao do diaño, mazas de malabarista en forma de regadeiras, unha "carretilla" na que se toca a batería "Gaëtan, dixeramos que iamos recoller!" É así como comeza todo e como remata todo neste circo absurdo mecano fantasmagórico. É a historia de Antoine e Gaëtan, un é tímido, realmente bloqueado, lento e hipocondríaco, o outro é encantador, vacilón, hiperactivo e narcoléptico. Hoxe teñen un gran proxecto: recoller o seu taller. Isto pode parecer simple mais cando o xogo e o absurdo dirixen as vidas, entón todo é sempre complicado. A recollida vólvese deseguida accesoria e cada obxecto préstase ao xogo do: "podo facelo mellor ca ti". Lanzan, recuperan, colocan en equilibrio, fan desaparecer e fan xirar o mínimo obxecto ao seu alcance. Do circo á música, da música ao circo, un só principio: reapropiarse estes obxectos da vida de todos os días.

Page 21: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

MÉRCORES 28 DE ABRIL PRESENTACIÓN DO LIBRO AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (1991-2010) E MITEU (1996-2010). 20 ANOS DE TEATRO UNIVERSITARIO. 15 ANOS DE MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO LUGAR SALÓN DE GRAOS. EDIFICIO DE HUMANIDADES. CAMPUS HORA 12'00 _______________________________________________________________________________________________________________________________________ GRUPO TRES MAGOS PROCEDENCIA CASTELA-LEÓN ESPECTÁCULO [email protected] LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 20'30 TARIFA 3€ ELENCO: Romondi, Quique e Carlini Espectáculo de maxia protagonizado por tres ilusionistas co único obxectivo da diversión e o asombro do público. Dividido en tres partes, cada un dos magos amosa o mellor de sí, unidos todos por diferentes sketch máxicos repletos de humor. Móstranse diferentes especialidades de ilusionismo: maxia cómica, maxia musical e incluso maxia de close up Noventa minutos para soñar. Señoras e señores: "pasen e vexan" ____________________________________________________________________________________________________________________________________ GRUPO MARIO DE MEZAPA PROCEDENCIA HONDURAS ESPECTÁCULO CONCERTO "DE SUCIAS, CADEJOS Y CUCURUCHOS" LUGAR SALA MULTIUSOS-CAMPUS HORA 23'00 TARIFA 2€ CANTANTE E AUTOR MARIO DE MEZAPA Hai máis de 50 anos, en Mezapa, Atlántida Honduras, naceu Mario Ernesto Castro. Coñecido artisticamente como Mario de Mezapa, un singular cantautor que provén do interior de Honduras e que ofrece unha ollada crúa e honesta dunha realidade que é allea ao escritor de cidade, unha poesía nacida do pobo e que desde o pobo se entende, aprecia e goza.

Page 22: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

XOVES 29 DE ABRIL ENTREGA DE PREMIOS "CARLOS COUCEIRO" DA XV MITEU LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 20'30 XURADO Carlos Rafael, Alfonso Míguez, Galicia Gutiérrez "Gali", Eva Tato, Raquel Penín PREMIO DO ESPECTADOR PREMIO DO XURADO PREMIO DA MITEU A organización da MITEU decide outorgar o premio da MITEU 2010 a BENITO LOSADA, iniciador, instigador, organizador, axente cultural desta cidade. Ademais do Outono fotográfico, as Xornadas de Banda Deseñada e tantas e tantas cousas, como director da Casa da Xuventude acolleu o nacemento de multitude de grupos teatrais. Sen eses espazos para os partos non serían posibles fermosas criaturas teatrais. ____________________________________________________________________________________________________________________________________ GRUPO MARICASTAÑA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (NIVEL 3) PROCEDENCIA GALICIA ESPECTÁCULO ODISEA ESPACIAL AUTOR DRAMATURXIA DE FERNANDO DACOSTA A PARTIR DAS NOVELAS "2001" E "2010" DE ARTHUR C. CLARKE LUGAR TEATRO PRINCIPAL HORA 20'45 TARIFA 2€ ELENCO: María Díaz, Natalia Forjan, Héctor Martínez, Daniel Alves, Esteban Puebla ESCENOGRAFÍA E LUZ: Suso Díaz / PROXECCIÓNS: Diego Blanco / VESTIARIO E COMPLEMENTOS: Tegra / CARTEL E PROGRAMA: Pablo Otero DESEÑO MUSICAL, DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Fernando Dacosta ODISEA ESPACIAL é a primeira incursión de "Maricastaña" na ciencia-ficción. Clarke constrúe unha magnífica odisea nos seus libros (a primeira parte levada ao cine por Kubrick) na que nos remonta aos nosos antepasados homínidos para explicar a orixe da intelixencia e a evolución do ser humano. O monolito é a porta das estrelas e simboliza a forza dunha intelixencia máis aló do noso sistema solar. A vida é diferente noutros confíns, é o dominio sobre a materia, e a intelixencia é a enerxía que domina o tempo e o espazo. Una reflexión sobre a nosa existencia na inmensidade do cosmos...

Page 23: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

15ª MITEU - GRUPOS E ACTIVIDADES TEATRO UNIVERSITARIO AULA DE OURENSE. GRUPO ROSAURA DO 11 19’00 RÚA DO PASEO/PRAZA SAN MARTIÑO AULA DE OURENSE. GRUPO CORDELIA LU 12 20'30 PRINCIPAL AULA DA U. P. DE NAVARRA MA 13 20’30 PRINCIPAL TEATRO UNIVERSITARIO DE PORTO SA 17 20'30 AUDITORIO AULA INFANTIL DE OURENSE DO 18 17'00 AUDITORIO AULA INFANTIL DE OURENSE DO 18 19'00 AUDITORIO AULA DE ZARAGOZA DO 18 20’30 PRINCIPAL AULA DE PONTEVEDRA LU 19 18'30 PRINCIPAL AULA DE VIGO LU 19 20'30 PRINCIPAL AULA DE DANZA DE CÁCERES MA 20 20'30 AUDITORIO AULA DE SANTIAGO ME 21 20’30 PRINCIPAL AULA DE LUGO XO 22 20'30 PRINCIPAL AULA DA CORUÑA VE 23 20'30 PRINCIPAL TEATR’UBI DE COVILHÂ SA 24 20'30 AUDITORIO AULA DE ALICANTE DO 25 20'30 AUDITORIO AULA DE BURGOS DO 25 23'00 CAMPUS-CAPELA CITAC DE COIMBRA LU 26 20'30 AUDITORIO GRETUA DE AVEIRO MA 27 20'30 AUDITORIO AULA DE OURENSE. MARICASTAÑA XO 29 20'30 PRINCIPAL TEATRO PROFESIONAL / GRUPOS INVITADOS CARLOS BLANCO. GALICIA LU 11 20'30 AUDITORIO YLLANA - MADRID MA 13 23'00 AUDITORIO LE BIN KADI SO. COSTA DE MARFIL VE 16 20'30 AUDITORIO LA COCINA TEATRO. SALVADOR MA 20 23’00 PRINCIPAL KROSNY. POLONIA ME 21 23'00 AUDITORIO BAMBÚ. HONDURAS VE 23 23'00 AUDITORIO LES PETITS DÉTOURNEMENTS. FRANCIA MA 27 23'00 PRINCIPAL TRES MAGOS. CASTELA-LEÓN ME 28 20'30 PRINCIPAL DOCUMENTAIS MÀSCARES. CATALUÑA ME 14 20'30 AUDITORIO LA VIDA LOCA. SALVADOR LU 19 23'00 AUDITORIO JOURNEY 110 (E OUTROS). PALESTINA XO 22 23'00 AUDITORIO CONTADAS-CONCERTOS LARETADAS. JOSITO PORTO. GALICIA XO 15 23'00 CAFÉ AURIENSE MONÓLOGOS DE HUMOR. AULA DE ALICANTE SA 24 23'00 CAFÉ AURIENSE MARIO DE MEZAPA. CONCERTO. HONDURAS ME 28 23'00 CAMPUS-MULTIUSOS OUTRAS ACTIVIDADES ENCONTROS COA PRENSA VARIOS DÍAS 12'00 LICEO PUNTO DE ENCONTRO TODAS AS NOITES TRALAS FUNCIÓNS CAFÉ AURIENSE PROMOCIÓN DA MITEU VARIOS DÍAS 19’00 RÚAS CHARLA SOBRE HONDURAS LU 26 19’00 LIVRARÍA TORGA PRESENTACIÓN DO LIBRO: 20 ANOS DA AULA, 15 ANOS DA MITEU ME 28 12'00 CAMPUS-GRAOS PREMIOS DA 14ª MITEU XO 29 20'30 PRINCIPAL CURSO DE ESGRIMA E COMBATE ESCÉNICO SA 24 e DO 25 DE 10'00 A 14'00 CAMPUS-MULTIUSOS O curso desenvolverá a técnica básica para montar unha coreografía de combate con armas nunha peza de teatro clásico ou sen armas en calquera tipo de obra. Para iso, ao longo do curso trataranse os seguintes temas: -Chikung (Qi Gong) e técnicas orientais para a preparación de actores. -Esgrima antiga e esgrima olímpica. Introdución histórica. -O combate con armas nos clásicos (Lope de Vega, Calderón, Shakespeare) -Aprendizaxe dunha pequena coreografía. -Como introducir o combate escénico dentro do texto dramático. A cargo de JUAN UDAONDO. Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade da Coruña. Licenciado en Historia. Especialista en artes marciais e esgrima. Monitor de Chikung, Taichi e Ioga. Instrutor de The Wing Revolution e Kung fu Choy Lee Fut. Profesor, director e actor de teatro. INSCRICIÓN 5 €. 15 participantes. Por orde de inscrición desde o día 8 de abril no teléfono 988 247 483 ou 663 985 614 (de luns a venres de 10'30 a 14'00) LUGAR: Campus-Edificio de humanidades / O ALUMNO LEVARÁ: Roupa cómoda, un pao (do grosor dunha vasoira) de 80 ctms de longo. ACTIVIDADE PARALELA IV PREMIO DE TEATRO RADIOFÓNICO DO DIARIO CULTURAL. RADIO GALEGA XO 15 20'30 PRINCIPAL EXPOSICIÓNS 15 ANOS DE MITEU. CARTEIS DO 11 AO 29 DE ABRIL AUDITORIO 15 ANOS DE MITEU. FOTOS DO 11 AO 29 DE ABRIL AUDITORIO 20 ANOS DE AULA DE TEATRO. FOTOS DO 11 AO 29 DE ABRIL PRINCIPAL

Page 24: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

ORGANIGRAMA 15ª MITEU DIRECTOR Fernando Dacosta COORDINADORA Sabela Gago RELACIÓNS PÚBLICAS Fina Calleja AXUDANTES DE COORDINACIÓN David Varela e Suso Mira Miñones TÉCNICOS DA MOSTRA Suso Díaz, David Varela, José Manuel Bayón, Rubén Dobaño. Técnicos do Teatro Principal e Auditorio. DESEÑO GRÁFICO 1:Media. Deseño e comunicación

WEB (www.miteu.es) Edenia FIGURAS PREMIOS Pablo Otero - Orfebres del Arte FOTOGRAFÍA E GRAVACIÓN Alba Vázquez Carpentier EQUIPO COLABORADOR Ánxeles Cuña, Elena Seijo, Tito Asorey, Nate Borrajo. Aula de Teatro Universitaria de Ourense AGRADECEMENTOS Asemblea de Cooperación pola Paz Cine Clube Padre Feijoo Radio Galega, Ana Romaní e Gloria Ferreiro Tegra e Alba Vázquez Aos resistentes destes 15 anos de Mostra. De todos e cada un dos anos. A 15ª MITEU CELÉBRASE SENDO: VICERREITOR DO CAMPUS DE OURENSE Juan Francisco Gálvez TÉCNICO DE CULTURA DO CAMPUS DE OURENSE Filemón Rivas CONCELLEIRA DE CULTURA Isabel Pérez DIRECTORA DO TEATRO PRINCIPAL Olga Mojón XERENTE DA AGADIC Juan Carlos Fasero

Page 25: PATROCINADORES - vicou.uvigo.esvicou.uvigo.es/docs/cultura/teatro/miteu/miteu_2010.pdf · Presas é unha una obra que facilmente podería estar baseada na vida real, nun pasado non

CONTRAPORTADA PATROCINADORES CAMPUS DE OURENSE (UNIVERSIDADE DE VIGO) CONCELLALÍA DE CULTURA (CONCELLO DE OURENSE) TEATRO PRINCIPAL (DEPUTACIÓN PROVINCIAL) AGADIC (CONSELLERÍA DE CULTURA DA XUNTA DE GALICIA) COLABORADORES CONCELLALÍA DE EDUCACIÓN (CONCELLO DE OURENSE) ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ CINE CLUBE PADRE FEIJOO CAFÉ AURIENSE LICEO ORGANIZADORES SARABELA TEATRO Máis información en www.miteu.es Tamén podes seguirnos nas páxinas da Universidade de Vigo-Campus de Ourense e en www.sarabelateatro.com