participa · massaguer (paparoca cultural & social worlds) ecocidades, smartcities e xénero....
TRANSCRIPT
OBXECTIVOS DAS XORNADAS
A perspectiva de xénero é un factor determinante á hora de proxectar unha cidade sostible na que todas as persoas teñamos as mesmas posibilidades de acceso e desfrute dos espazos e servizos públicos e das oportunidades que a cidade ofrece.
Por esta razón, un grupo multidisciplinar da Universidade de Vigo, xunto con outros e outras profesionais do ámbito, queremos poñer unha especial énfase no urbanismo inclusivo dende unha perspectiva histórica, a fin de conseguir a integración da cuestión de xénero nas nosas rúas e concellos.
Estas xornadas afondarán nas experiencias pasadas e existentes, nas necesidades detectadas e nos problemas frecuentes en materia de xénero e urbanismo.
Outro dos obxectivos do programa que presentamos é a difusión ao público en xeneral de todos os contidos e materiais que se xeneren nas xornadas.
Durante as Mesas redondas e os Talleres simultáneos, intentarase dotar ao público asistente do coñecemento e das ferramentas de aplicación práctica que lle permitan coñecer o que facer e o como facelo, adaptándose a súa propia realidade local. Na plantilla de conferenciantes figurarán urbanistas, especialistas en planificación do territorio e a sociedade, historiadores e historiadoras e educadores e educadoras, que destacan pola súa contribución aos estudos de xénero.
PARTICIPAEnviade un e-mail indicando os datos persoais a:
PROGRAMA DAS XORNADAS
XOVES 2 DE OUTUBRO
9.00-9.30 Recollida de documentación
9.30-10.00Presentación das xornadas
10.00-12.30Mesa redonda «As raíces do urbanismo actual»Espazo e xénero na Antiga Grecia. Susana Reboreda (Universidade de Vigo)
Espazo e xénero na Antiga Roma. Rosa Cid (Universidade de Oviedo)
Espazo e xénero do Antigo Exipto. Eugenia Muñoz (Universidade de Vigo)
Modera: Silvia González (Universidade de Vigo)Tempo para debate
12.30-13.00Pausa-café
13.00-14.00 Mesa redonda: «Espazos e vivendas que concilian»A perspectiva de xénero na vivenda de nova construcción. Pascuala Campos (Arquitecta)
Necesidades cotiás da muller: servizos, equipamentos e espazo público. José Fariña (Universidade Politécnica de Madrid)
Por un espazo público non especializado. José Valladares (rvr Arquitectos)
Modera: María Isabel Doval (Universidade de Vigo)
16.00-18.00 Mesa redonda: «Urbanismo, xénero e xeración»Novos enfoques: cara un urbanismo social e inclusivo. Susana Alberte e Elvira Carregado (Concello de Ourense)
Formulamentos básicos dun novo urbanismo dende o xénero. Cruz López (Arquitecta)
Participación das mulleres no urbanismo. Luz Paz (Arquitecta)
Modera: Beatriz Comendador (Universidade de Vigo)Tempo para debate
18.00-18.30Pausa-café
18.30-20.30 Talleres simultáneos:Taller 1. «Coñecendo algúns recursos de interese»Documentos internacionais de referencia, recursos na web, Carta Europea das Mulleres na Cidade.Conducen: María Isabel Doval e Silvia González (Universidade de Vigo)
Taller 2. «Análise de boas prácticas nos municipios galegos en torno ao tema de urbanismo e xénero»Coñecemento dos traballos realizados nos principais municipios de Galicia en torno ao urbanismo inclusivo. Conduce: José Antonio Padrón e Elvira Carregado (Concello de Ourense)
VENRES 3 DE OUTUBRO
9.30-11.00 Mesa redonda «Construíndo igualdade»Urbanismo, participación e muller: unha visión necesaria para todas e todos. María Isabel Doval (Univesidade de Vigo)
Facer cidade: retos para facer unha cidade igualitaria. María Novas (Dexeneroconstrucion)
A cidade e a muller: unha relación non tan difícil. Sofía Paleo (Dexeneroconstrucion)
Modera: Agueda Gómez (Universidade de Vigo)Tempo para debate
11.00-11.30Pausa- café
11.30-13.00 Mesa redonda: «Urbanismo sostible e xénero»Da cidade eficiente ao dereito á cidade. María Massaguer (Paparoca Cultural & Social Worlds)
Ecocidades, smartcities e xénero. María Isabel Doval (Universidade de Vigo)
Planificación urbana, rexeneración urbana integral e participación cidadá da muller en Galicia: balance e retos de futuro. Amparo Casares (Universidade da Coruña)
Modera: Purificación Mayobre (Universidade de Vigo)Tempo para debate
13.00-14.00 Conclusións da parte teórica
Conducen: Susana Reboreda e María Isabel Doval (Universidade de Vigo)
16.00-18.30 Talleres simultáneos:
Taller 1. «Coñecendo algún recursos de interese»Documentos internacionais de referencia, recursos na web, Carta Europea das Mulleres na Cidade.Conducen: María Isabel Doval e Silvia González (Universidade de Vigo)
Taller 3. «Mapa da cidade prohibida mediante procesos participativos»«As calles da cidade de Ourense teñen xénero» Elaboración do mapa da cidade dende a perspectiva de xénero.Conducen: Patricia Arias (IES de Vilagarcía de Arousa) e Susana Reboreda (Universidade de Vigo)
18.30-19.00Conclusións dos talleres e clausura das xornadas
Conducen: Susana Reboreda, María Isabel Doval (Universidade de Vigo)
19.00-19.30Entrega de certificados