para un nadal diferente

10

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 20-Jul-2015

269 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Para un nadal diferente
Page 2: Para un nadal diferente

Invítote a celebrar un Nadal distinto, con algo máis de conciencia de, que en Nadal, Xesús é quen cumpre anos e loxicamente todos queremos honrar ao Homenaxeado, pero o certo é que sendo o Aniversario de Xesús, agasallámonos entre nós soamente. Hoxe quero que xunto a esta experiencia, vivas o Evanxeo e direiche cómo facelo.

Page 3: Para un nadal diferente

Cando saias de compras para eses regalos que irán debaixo da árbore, dispoñerás dunhas moedas máis para mercar un regalo extra, ese regalo tamén irá debaixo da árbore pero a etiqueta ou tarxeta dirá, “Para Xesús que vive en Ti”, só iso dirá, non importa o que conteña o regalo.

Page 4: Para un nadal diferente

Se a túa economía é boa, mercarás un xoguete ou unha prenda de vestir nova, se a túa economía é pequena, mercarás uns doces

soamente, non importa o valor do que hai no interior, o valor estará na etiqueta ou tarxeta que poñerás externamente.

Page 5: Para un nadal diferente

Cando teñas ese paquetiño listo, poñeralo debaixo da árbore de Nadal, e o día en que se repartan os regalos a todos, o único que deberá quedar debaixo da árbore será o de Xesús, porque é para El. A partir do día 26 levarás no bolso ou maletín ese regalo contigo ou deixaralo na túa casa, esperando a que Xesús o veña retirar, iso o elixes ti

Page 6: Para un nadal diferente

Seguramente neses días, alguén, algún pequeno, algunha persoa con carencias, alguén que necesita, te dirá que o axudes. Ese é Xesús que vén buscar o seu regalo. Dállo, pero sobretodo que a tarxeta ou etiqueta estea no presente. Entón esa persoa lerá o que ti escribiches: “Para Xesús que vive en Ti”.

Page 7: Para un nadal diferente

Podo asegurar que te emocionarás, e esa persoa, que Deus puxo no teu camiño, xamais esquecerá o que alí lerá e por sempre lle quedará na súa alma. Entón alí se terá cumprido o Evanxeo "Todo o que fagas ao máis pequeno, a Min mo fas".

Page 8: Para un nadal diferente

Xuntos fagamos que este Nadal nos deixe unha ensinanza na alma. Sei que todos teñen problemas económicos, cando menos a gran maioría, pero un doce... non fará máis pobre a ninguén de nós e asegúrolles que será o doce máis doce do mundo.

Page 9: Para un nadal diferente

Reenvía esta mensaxe, quizais a alguén lle faga ben recibilo e poñelo en práctica. Se somos 1,000,000 de almas facendo isto, daremos 1,000,000 de regalos a Xesús, qué tal? Un só non pode facelo todo, pero todos podemos facer feliz a Xesús en cada home e muller da terra.

Page 10: Para un nadal diferente

Gloria a Deus nas alturas, e na terra paz aos que gozan da súa boa vontade. Lucas 2:14