paleolítico

42

Upload: maria-lemos-cerqueira

Post on 21-Jun-2015

1.973 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Paleolítico
Page 2: Paleolítico

¡Ola amiguiños e amiguiñas…!

Como seguramente deduciriades pola miña vestimenta, eu son un home prehistórico (ou sexa, que vivín na Prehistoria, no tempo das cavernas).

Non sei se saberedes moi ben que é iso da PREHISTORIA… Pois eu vóuvolo explicar con moito gusto.

A Prehistoria é o periodo de tempo que vai dende a aparición dos seres humanos (hai máis de dous millóns de anos) ata a invención da escritura -arredor do 3.000 a.C- (momento no que da comezo a HISTORIA).

Page 3: Paleolítico

De

Debedes de saber que na Prehistoria distínguense dúas etapas principais:

O Paleolítico (periodo que abrangue dende a aparición do home -hai 2.500.000 anos- ata o descubrimento da agricultura e a gandería –arredor do ano 10.000 a.C-).

O Neolítico (que vai dende o descubrimento da agricultura e da gandería -10.000 a.C- ata a invención da escritura -3.000 a.C-).

Page 4: Paleolítico

Seguro que vos preguntaredes cando apareceron na Terra os primeiros humanos.

Hai 4.000.000 de anos apareceu en África o “Australopithecus” (que camiñaba erguido sobre dúas extremidades).

Hai 2.500.000 anos apareceu -tamén en África- o “Homo hábilis” (que -cun cerebro máis grande- foi quen de fabricar e usar ferramentas).

Page 5: Paleolítico

Máis tarde aparecemos os humanos moder-nos (“Homo sapiens-sapiens”).

Fabricabamos mellores ferramentas, cons-truiamos cabanas e sabiamos usar o lume.

Page 6: Paleolítico

A evolución humana foi impresionante ¿verdade?

Page 7: Paleolítico

Os primeiros seres humanos viviamos do que a natureza nos ofrecía (cazabamos, pescabamos, e tamén recolectabamos ovos, sementes, froitos, bagas…).

Por iso non podiamos ter unha vivenda fixa; eramos nómades (xa que debiamos de desprazarnos -dun lugar a outro- na procura de alimentos).

Page 8: Paleolítico

Perseguiamos rabaños de animais grandes como bisontes, mamuts, cervos…

Pero tamén cazabamos animais máis pequenos, coma por exemplo lebres, paxaros…

Page 9: Paleolítico

Cazabamos en grupo, e para atrapar as presas, tendiamoslles trampas e utilizabamos armas de pedra e de madeira.

Page 10: Paleolítico

As armas utilizadas polos primeiros homes foron simples pedras e estacas de madeira.

Despois aprendemos a tallar o sílex e outras pedras duras, para facer machados e temibles puntas de azagaia.

Logo inventamos o propulsor, empregando un anaco de corno de reno curvado cara arriba. O cazador colocaba a súa azagaia apoiada sobre esa parte curva. Cando lanzaba o propulsor cara adiante, a azagaia soltábase con forza.

Unha azagaia lanzada coa man alcanzaba un branco situado a cincuenta metros, pero lanzada coa axuda dun propulsor, ¡a distancia conseguida podía ser o dobre…!

Page 11: Paleolítico

Dos animais que cazabamos obtiñamos: carne para comer, peles para vestirnos e ósos e cornamentas para fabricar ferramentas.

Page 12: Paleolítico

Respecto do proceso seguido para aproveitar as peles dos animais que cazabamos para facer as nosas vestimentas, direivos que…

Os cazadores esfolaban o animal con habilidade. Os retallos (fixados ó chan con estacas) tendíanse ó sol e sacábaselles os restos de carne e graxa para evitar que a pel se estragase.

Page 13: Paleolítico
Page 14: Paleolítico

Unha vez que as peles estaban limpas, poñiamolas a secar na caverna. Cando estaban secas, confeccionabamos as prendas de vestir.

No proceso de tratado e confección das peles empregabamos raspadores (para sacar os restos de carne e graxa) perforadores e agullas. Como fío utilizabamos tendóns de reno ou crinas de cabalo.

A graxa utilizabamola para impregnar as mechas das nosas lámpadas.

Page 15: Paleolítico

A pesca era outro dos recursos que empre-gabamos para a obtención de alimentos.

Pescabamos en augas pouco fondas, em-pregando arpóns e anzois que faciamos con ósos e hastas de animais.

Page 16: Paleolítico

Os homes prehistóricos viviamos en tribos (colaborando nas actividades de caza e recolección).

Procurabamos acubillo entre as rochas e no interior das covas.

Page 17: Paleolítico

Cando nos desprazaba-mos, seguindo aos animais, instalabamonos en campa-mentos ao aire libre, preto dos ríos (construíndo caba-nas con troncos de madeira e peles de animais).

Page 18: Paleolítico

Co tempo chegamos a dominar o lume…

Co lume podiamos quentarnos, iluminar o interior da cova, cociñar alimentos e protexernos dos animais salvaxes.

Page 19: Paleolítico

A domesticación do lume foi o progreso máis importante da historia da humanidade (cousa que ocorreu hai 400.000 anos).

Page 20: Paleolítico
Page 21: Paleolítico

Os homes prehistóricos fabri-cabamos armas e ferramentas que nos axudaban na realiza-ción das nosas actividades diarias.

Page 22: Paleolítico

Ao principio, os instrumentos que fabricabamos os homes prehistóricos eran de pedra de sílex talla-da (fabricabamolos golpeando unhas pedras con outras).

Os fragmentos máis pequenos e afiados, utiliza-bamolos coma coitelos; as pezas maiores usában-se como martelos e machadas. As principais armas eran as lanzas e as frechas.

Page 23: Paleolítico

Había homes que eran auténticos expertos no tallado da pedra. Esta habilidade transmitíase de pais a fillos… En cada xeración aparecía un pequeno progreso que melloraba a técnica do tallado do sílex…Dunha mesma pedra, podíanse obter ferramen-tas diferentes: rascadores, raspadores, punzóns, bureles…

Page 24: Paleolítico

No proceso de tallado:

1º) Había que comprobar que o sílex non estivera rachado nin agrietado.

2º) Despois -cunha pedra laxa do río, moi dura- golpeábase o bloque de sílex do que se despren-día unha gran lámina (isto había que facelo con habilidade para evitar que o bloque de pedra par-tise en anacos inservibles).

3º) Cun anaco de corno de reno traballábanse os bordes da lámina desprendida… E coma un mi-ragre, aparecía unha punta delgada, fina, de bordes casi transparentes parecida a unha folla de loureiro…¡Unha auténtica obra de arte…!

Page 25: Paleolítico

Os homes prehistóricos usabamos tamén os ósos e o marfil para facer instumentos (agullas, arpóns, anzois, puntas de azagaia, pas…).

Page 26: Paleolítico

Fixádevos por exemplo no proceso de confección dunha agulla.Sobre unha tibia de reno trazábase -cun buril de sílex- a forma dunha agulla; practicabase unha incisión penetrando con exactitude, e logo -cunha presión do pulgar- sacábase a astilla ósea que se pulía contra unha rocha.

Logo, cun punzón de sílex practicábaselle un burato, obtendo así unha agulla moi útil para o cosido das peles.

Page 27: Paleolítico

Tamén confeccionabamos obxectos artísticos (esculpindo cabezas de cabalos ou corpos de mulleres…) e de adorno(coma por exemplo colares que se facían perforando -cun punzón- cunchas e dentes de animais que logo se enfiaban nunha tira de coiro).

Page 28: Paleolítico

Os homes prehistóricos realizabamos pinturas nas paredes das covas; son as chamadas PINTURAS RUPESTRES.

Os artistas da Prehistoria decoraban as cavernas coa finalidade de facer delas santuarios, lugares onde se levaba a cabo a iniciación dos xóvenes cazadores…

Page 29: Paleolítico

Estas pinturas tiñan un sentido máxico e propiciatorio da caza (pintabamos os animais que de-sexabamos cazar).

Page 30: Paleolítico

Pintabamos coas mans, con plumas de aves ou con pinceis feitos de pelos de animal.

Utilizabamos cores vivas que extraiamos dos minerais e que mesturabamos con graxa de animais.

As cores máis utilizadas eran o vermello, o negro e o ocre (a cor negra, por exemplo, conseguíase gracias ao carbón de madeira).

Page 31: Paleolítico

Bisontes, cabalos, cervos, renos… eran os animais que debuxabamos no teito e nas paredes das covas…

Page 32: Paleolítico

Algunhas das covas más representativas da arte rupestre son: A Cova de Altamira (situada na zona cantábrica da península Ibérica) na que predominan os animais aillados (bisontes). As covas da zona levantina da Península Ibérica na que se introduce a figura humana moi estilizada (en escenas de caza, danza ou recolección). A Cova de Lascaux en Francia.

Page 33: Paleolítico
Page 34: Paleolítico
Page 35: Paleolítico
Page 36: Paleolítico
Page 37: Paleolítico
Page 38: Paleolítico
Page 39: Paleolítico
Page 40: Paleolítico
Page 41: Paleolítico
Page 42: Paleolítico