pad carballo calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · o i.e.s. ricardo carballo calero creouse...

17
I.E.S. RICARDO CARBALLO CALERO P.X.A.D (PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE )

Upload: others

Post on 04-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

I.E.S. RICARDO CARBALLO CALERO

P.X.A.D

(PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á

DIVERSIDADE )

Page 2: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 2 de 44

ÍNDICE

1. XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO 3

2. IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DAS NECESIDADES 10

3. DETERMINACIÓN DOS OBXECTIVOS 11

4. DESCRICIÓN DAS ACTUACIÓNS, MEDIDAS E PROGRAMAS PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 13

5. MECANISMOS DE COORDINACIÓN E COLABORACIÓN INTERNOS ASÍ COMO COS CENTROS ADSCRITOS.

29

6. CANLES DE COLABORACIÓN COS PAIS/NAIS E COS DIFERENTES SERVIZOS EXTERNOS AO CENTRO 30

7. PROTOCOLOS PARA A SOLICITUDE DAS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS 31

8. PROCESOS DE SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E MELLORA DO PLAN 43

Page 3: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 3 de 44

1 XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO. 1.1. Presentación P.X.A.D.

O Plan Xeral de Atención á Diversidade ten como finalidade planificar as

medidas educativas que faciliten unha resposta ás necesidades que presenta o alumnado escolarizado no centro e, en especial, aquel con necesidades específicas de apoio educativo. Dita resposta adaptarase á realidade e singularidade do centro.

O modelo adoptado pola LOE entende a atención á diversidade como unha

necesidade que abarca todas as etapas educativas e a todo o alumnado. É dicir, trata de considerar a diversidade do alumnado como principio e non como unha medida que corresponde ás necesidades duns poucos.

Desde esta perspectiva, entenderemos por diversidade as diferencias que

presenta o alumnado ante as aprendizaxes escolares e as distintas causas ás que poden atribuírse: aptitudes, intereses, motivacións, capacidades, ritmos de maduración e estilos de aprendizaxe, experiencias e coñecementos previos, contornos sociais e culturais, etc.

Todos estes aspectos darán lugar a un alumnado heteroxéneo en canto as súas

necesidades educativas, que irán desde o menos ao máis diferente e que determinarán, a súa vez, as respostas educativas, que irán das máis ordinarias ás máis extraordinarias.

O reto consiste en ofrecer a todo o alumnado a axuda pedagóxica que necesite,

axustando a intervención educativa á individualidade. Polo tanto, atender á diversidade, non é só atender as diferencias individuais do alumnado, senón tamén poñer en xogo todos os elementos organizativos (materiais, espaciais, agrupamentos, horarios,infraestructura, coordinación docente, estratexias, etc.) en aras de cubrir as necesidades educativas especiais ou non especiais que presenten.

O Plan de Atención á Diversidade é unha ferramenta encamiñada a dar resposta

ao conxunto global do alumnado, tanto ao que puntualmente presenta algún tipo de dificultade e necesita algún tipo de axuda, como ao que manifesta necesidades específicas de apoio educativo.

Neste último grupo, encadraríamos a aqueles alumnos/as que, por distanciarse en

gran medida do currículo que se propón para o seu grupo, poden precisar, ademais de adaptacións dentro da programación da aula ordinaria, que o currículo se modifique máis ou menos “significativamente” e, por este motivo, poden chegar tamén a requirir propostas organizativas diferenciadas e recursos persoais de apoio, menos ou máis especializados. A resposta educativa ofrecida é responsabilidade de todo o profesorado e demais sectores da comunidade educativa.

Todas as medidas que se desenvolverán a continuación para atender á diversidade propia da sociedade e, por extensión, da poboación escolar, fundaméntanse nun principio que rexe todo o Plan de Atención á Diversidade: acadar a integración escolar e a inclusión social de todo o alumnado a través da reflexión conxunta e colaboración de todo o profesorado.

Page 4: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 4 de 44

1.2. Base lexislativa

O Plan Xeral de Atención á Diversidade toma como ponto de partida o D. 229/2011 do 7 de decembro polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da CA de Galicia nos que se imparten ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación (LOE) . Non obstante, tamén hai que ter en consideración toda a normativa anterior e posterior relacionada coa atención á diversidade en tanto non se contradiga con esta nova norma. Citanse a continuación tales referencias:

ETAPA/ ÁMBITO

REFERENCIA LEXISLATIVA

Todas

- Ley Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

- Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa. (BOE 10/12/13)

- Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a

atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 21/12/11)

ESO

- Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.(DOG 13/07/07)

- Orde do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.( DOG 12/09/2007)

- Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 07/01/08)

- Orde do 23 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21

de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.( DOG 24/06/08)

- D. 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na CCAA de Galicia (DOG 29/06/2015)

- Instrucións do 31 de xaneiro de 2014 da Dirección Xeral de Educación , FP e Innovación Educativa polas que se traslada o protocolo educativo para a prevención e control do absentismo escolar en Galicia.

BACHAREL. - Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade

Page 5: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 5 de 44

Autónoma de Galicia (DOG 23/06/08) - Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a

organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 27/06/08)

- Orde do 20 de abril de 2010, pola que se modifica a Orde do 24 de xuño de 2008, pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 26/04/10)

- Orde do 25 de xuño de 2008 pola que se establece a relación de materias optativas do bacharelato, o seu currículo e se regula a súa oferta (DOG 27/06/08)

- Orde do 23 de xuño de 2009 pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo(DOG 01/07/09).

- D. 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na CCAA de Galicia (DOG 29/06/2015)

- Corrección de erros. Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa (DOG 28/07/11)

FP/PPB

- Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia (DOG 12/07/10)

- Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial. (DOG 15/07/11)

- Orde do 2 de decembro de 2008 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo.( DOG 16/12/08)

- Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.

- Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.

ORIENT /N.E.E.

- Orde 28-10-96– Alumnos con N.E.E. asociadas a sobredotación. (DOG 28/11/96)

- Orde 6-10-95 - Adaptacións curriculares e reforzo educativo. (DOG 7/11/95)

- Orde 31-10-96 – Avaliación psicopedagóxica de alumnos con N.E.E.( DOG 19/12/96)

- Decreto 120/98 de 23 de abril – Regulamento da

Page 6: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 6 de 44

Orientación Educativa en Galicia. - Orde 24/7/98- Organización da Orientación en Galicia.

(DOG 31/7/98) - Orde 27 de decembro de 2002 - Criterios de escolarización

de alumnos con NEE. (DOG 30/1/03) - Orde do 20 de febreiro de 2004 medidas de atención ao

alumnado procedente do estranxeiro. (DOG 26/02/2004) - Circular 10/2010 Instruccións para coordinar as actuacións

e establecer acción prioritarias dos servizos de orientación . 1.3. Contexto

O barrio de Caranza, onde está situado o Instituto de Ensino Secundario Ricardo Carballo Calero, está claramente demarcado respecto aos outros barrios da cidade de Ferrol, xa que linda, por un lado, coa ría de Ferrol e, por outro, cunha vía de entrada á cidade que o separa da zona comercial e industrial da Gándara. A construcción de Caranza data dos anos setenta do século pasado, e para atender as necesidades de escolarización en ensino secundario que o novo barrio demandaba construíuse nos anos oitenta o instituto de bacharelato, actualmente I.E.S. Ricardo Carballo Calero.

O recinto escolar do I.E.S. Ricardo Carballo Calero é de 9044 m2 con acceso

directo a tres rúas; a súa entrada principal está na Avenida de Castelao. O edificio ten soto e tres plantas cunha estrutura simétrica formada por tres bloques cúbicos. Por se tratar dunha construción moderna, presenta todos os requisitos propios dos edificios públicos para situacións de emerxencia e acceso para persoas con mobilidade reducida.

O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato

(B.U.P) e o curso de acceso á universidade (C.O.U.), e aos poucos anos necesitou unha ampliación de varias aulas para poder atender o continuo aumento de matrícula que se producía. No ano 1996 o claustro e o consello escolar do centro aprobaron a incorporación voluntaria á E.S.O. e ao bacharelato LOXSE, o que supuxo a creación de varias aulas específicas. O noso instituto seguiu ampliándose coa incorporación de tres ciclos da familia profesional de Imaxe Persoal nos anos 1999 e 2003, o que fixo que se dotase ao centro de talleres de estética e talleres de perrucaría. No curso 2008-09 comezou a impartirse o Bacharelato de Artes Escénicas, Música e Danza.

Sen ser un centro demasiado grande, xa que a matrícula oscila ao redor dos 300

alumnos, é preciso dicir que existe unha grande diversidade en canto ao alumnado (idade, intereses, motivacións) debido ás distintas etapas educativas que se imparten no centro: ESO, FP e bacharelato. ESO

No alumnado da ESO, na súa maioría procedente do centro adscrito CEIP Manuel Masdías, é onde se detecta unha maior heteroxeneidade que fai preciso o artellamento de medidas de atención á diversidade de distinta índole:

Page 7: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 7 de 44

- O nivel socioeconómico e cultural das familas é moi baixo nalgúns casos. Hai unha parte de alumnado que presenta mal rendemento académico vencellado a circunstancias familiares e sociais moi adversas tales como non satisfacción das necesidades básicas , deixadez familiar en canto ao entorno académico, problemáticas familiares graves, ausencias dun ou de ámbolos dous pais, etc. - Existencia dunha porcentaxe de alumnado de etnia xitana – en torno ao 30% no primeiro ciclo da ESO- que se ven incrementando nos últimos cursos con alumnos procedentes doutros centros. Aínda que con excepcións, é neste colectivo onde se detecta sen dúbida unha maior porcentaxe de absentismo escolar e tamén un abandono temperá dos estudos. Podería estimarse que só arredor a un dez por cento ou menos remata estudos de ESO e todavía hai unha porcentaxe menor dos que proseguen estudos postobrigatorios. O alumnado de etnia está moi pouco motivado polos estudos. A grande maioría amosa atraso escolar que arrastran desde primaria e que na secundaria se fai máis patente ao non haber un hábito de estudo na casa. A relación familia-escola é escasa. Non obstante, tamén é preciso sinalar que estas circunstancias non se dan unica e exclusivamente no alumnado de etnia xitana. - Alto grao de alumnado con necesidades educativas especiais: alumnado repetidor, alumnado sen a primaria superada, alumnado con reforzo ou adaptación curricular, etc. ; especialmente no 1º ciclo da ESO. FP BÁSICA

Na actualidade no centro hai dous grupos de FP Básica de Peiteado e estética, un correspondente ao primeiro curso e outro correspondente ao segundo curso e tamén un grupo de FP Básica de Informática compartido co CIFP Rodolfo Ucha. Entre este alumnado destaca o grande índice de heteroxeneidade. Todos eles comparten o feito de que non obtiveron o graduado en ESO pero o nivel de competencia curricular é moi diverso aínda que polo xeral baixo. A maioría do alumnado non superou nin 1º nin 2º de ESO. Moitos deles foron subsidiarios de medidas de atención á diversidade tales como reforzo, adaptación curricular. Tamén destaca neste colectivo un alto índice de absentismo escolar. Bacharelato

No IES Carballo Calero imparte o bacharelato de ciencias, o de humanidades e ciencias sociais e o de artes. Por ese motivo, hai alumnado que cursa estudos no conservatorio e que se matricula no centro por haber concordancia de horarios entre estes dous centros.

Nos últimos anos vense observando un incremento considerable da matrícula en bacharelato no mes de setembro . Unha das posibles causas deste feito pode ser a incorporación de alumnado que deixou materias pendentes para setembro e, dentro destes, unha parte deles se incorporan por non ter podido acceder a ciclos formativos. Tamén hai algúns casos de alumnos que acceden ao bacharelato despois de ter cursado un programa de diversificación curricular.

Page 8: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 8 de 44

Estas circunstancias derivan en que en bacharelato haxa unha porcentaxe de fracaso escolar, abandono de estudos trala primeira avaliación, alumnado que non está motivado, alumnado con dificultades de aprendizaxe e alumnado absentista. Estímase que aproximadamente o 33% do alumnado que comenza primeiro curso pasa a segundo. Ciclos formativos

No centro se imparten tres ciclos formativos, dous de grao medio e un de grao superior, todos eles da familia profesional de imaxe persoal.

A título de exemplo, no curso 2015-16 o panorama educativo do centro é o que segue, aínda que reflicte unha tendencia que se ven a dar nos últimos cursos : ESO CURSOS Nº

alumnos Repetidores Reforzo Apoio PT AC Etnia

1º ESO 17 3 8 13 5 9 2º ESO 19 2 10 13 3 4 3º ESO 14 0 0 0 0 2 4º ESO 13 2 0 0 0 1

FP BÁSICA

CURSOS Nº alumnos Repetidores Etnia 1º FPB Peiteado e estética 20 1 6 2º FP Peiteado e estética 9 0 1

1º FPB Informática 16 0 2 BACHARELATO

CURSOS Nº alumnos Repetidores 1º Bacharelato A 34 8 1º Bacharelato B 29 11 2º Bacharelato A 21 3 2º Bacharelato B 17 2

CICLOS FORMATIVOS

CURSOS Nº ALUMNOS REPETIDORES 1º CM Peiteado e cosmética capilar 25 2º CM Peiteado e cosmética capilar 17 2

1º CM Estética e beleza 22 2º CM Estética persoal decorativa 17 1º CS Estética integral e benestar 21 2º CS Estética integral e benestar 27 2

Page 9: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 9 de 44

Asemade e para configurar dalgún xeito o variopinto perfil do alumnado citaranse distintas casuísticas existentes : alumnado con trastorno de conducta, alumnado con síndrome de Down, síndrome de Asperger, trastorno obsesivo compulsivo, alumnos con altas capacidades, trastorno bipolar, disléxicos, rapaces e rapazas con TDAH, residentes en centros de menores , unha rapaza xorda con implante coclear, alumnos con certificado de minusvalía psíquica e/ou física e unha porcentaxe estimada de alumnado con circunstancias familiares adversas dun 10% na ESO aínda que se concentra nos cursos de 1º e 2º de ESO, onde a porcentaxe sería bastante superior.

Page 10: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 10 de 44

2. IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DAS NECESIDADES

Do apartado anterior se deduce a grande heteroxeneidade entre o alumnado do centro o cal demanda artellar medidas de atención á diversidade de moi diversa índole e unha importante labor diaria do profesorado para dar resposta ás necesidades do alumnado, especialmente nos dous primeiros cursos da ESO e nos grupos de FP Básica.

As necesidades no eido da atención á diversidade valoraranse ao inicio de cada

curso académico. En 1º curso da ESO ao final do curso precedente realizarase unha xuntanza co

departamento de orientación do centro adscrito, o CEIP Manuel Masdías para determinar alumnado susceptible de medidas de atención á diversidade, alumnado proposto polo titor/a de 6º curso para estar exento da segunda lingua estranxeira, alumnado que asiste a apoio coa mestra PT, etc.

Avaliación inicial: Durante o primeiro mes de curso o profesorado de área levará

a cabo a avaliación inicial do alumnado para determinar o seu nivel de compencia curricular na área.

O departamento de orientación analizará os expedientes do alumnado de nova incorporación ao centro e, de ser o caso, contactará cos departamentos de orientación dos centros de procedencia para recabar información relevante para o proceso educativo do alumnado.

Elaboración dunha primeira proposta do horario de Pedagoxía terapéutica: En

base á información recabada elaborarase a proposta de atención ao alumnado por parte das mestras en pedagoxía terapeútica, determinarase número de horas de atención a cada alumno, grupos nos que asistirá á aula PT, horas de atención dentro da aula se fose o caso, etc. Esta medida será revisable xunto co profesorado na xunta de avaliación inicial a mediados do mes de outubro.

Asemade, durante o mes de setembro e antes do inicio das clases o departamento

de orientación acordará co equipo directivo, en función da dispoñibilidade de recursos do centro outro tipo de medidas de atención á diversidade de carácter organizativo tales como agrupamentos flexibles, desdobres de grupos, grupos de millora da aprendizaxe e reforzo, atención individualizada a determinados alumnos, atención a grupos de pendentes, etc.

As necesidades no eido da diversidade son algo dinámico que irá evolucionando

ao longo do curso e haberá que tomar decisións e adoptar diferentes estratexias en aras a proporcionar ao alumnado a resposta educativa que millor se adapte ás súas necesidades.

Page 11: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 11 de 44

3. OBXECTIVOS DO PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. Obxectivos referidos ao centro e ao PEC:

- Servir de referente criterial para que o centro poida concretar anualmente o axuste das respostas educativas adecuadas a cada alumno e contexto.

- Servir de instrumento, unha vez valoradas as necesidades educativas da diversidade do alumnado, para planificar e organizar os apoios e priorizar os recursos de que dispón o centro, para axústalos ás necesidades.

- Prever unha planificación que permita introducir cambios ante novas

necesidades que poidan xurdir ao longo do curso, con medidas organizativas flexibles que conduzan á necesaria readaptación das intervencións do profesorado ordinario e dos especialistas para adecuarse á atención as novas necesidades xurdidas.

- Servir de guía para identificar aqueles aspectos da atención á diversidade que

precisen melloras cara ao curso seguinte.

- Garantir a actuación coordinada de mestres e especialistas para a correcta aplicación das medidas de atención á diversidade.

Obxectivos referidos ao alumnado:

- Adecuar a resposta educativa á diversidade do alumnado con medidas que vaian desde cambios organizativos no centro ata modificacións do currículo.

- Proporcionar unha resposta educativa personalizada e diferenciada que sexa capaz de compensar as carencias académicas e persoais.

- Promover a significatividade e funcionalidade das aprendizaxes.

- Potenciar a confianza nas súas posibilidades para que os alumnos acaden unha axeitada autoestima.

- Previr o fracaso escolar e o absentismo escolar, asi como facilitar o camiño para acceder a titulación do Graduado na ESO

- Incrementar a taxa do alumnado titulado na ESO.

- Valorar a importancia dunha boa convivencia e crear un ambiente de traballo e compañeirismo que axude a millorar o desenvolvemento persoal, social e cognitivo dos rapaces.

Obxectivos referidos ao profesorado:

Page 12: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 12 de 44

- Potenciar a coordinación de liñas de actuación entre os profesores que imparten

docencia ao alumno/a.

- Fomentar a formación permanente do profesorado no coñecemento de estratexias de atención a diversidade.

- Promover a creación e difusión de materiais ,bibliografía, estratexias educativas, que milloren a atención as n.e.e, etc.

Obxectivos referidos ás familias:

- Crear un clima de cooperación entre o centro e a familia para favorecer o desenvolvemento do alumnado.

- Informar e asesorar ás familias dos alumnos para que en todo momento coñezan as medidas adoptadas e a evolución do seu fillo/a.

- Asesorar ás familias sobre pautas educativas asi como dos recursos sociais, sanitarios, etc que permitan unha maior atención á diversidade.

Page 13: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 13 de 44

4. DESCRICIÓN DAS ACTUACIÓNS, MEDIDAS E PROGRAMAS PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE . 4,1.- ACTUACIÓNS XERAIS DE CENTRO. As actuacións xerais de atención á diversidade son todas aquelas estratexias que o centro educativo pon en funcionamento para ofrecer unha educación común de calidade a todo o alumnado, garantindo o seu proceso de escolarización en igualdade de oportunidades e actuando como elemento compensador das desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais. A continuación detállanse algunhas actuacións xerais a ter en conta, sempre co obxectivo de propiciar a calidade da educación para todo o alumnado e o acceso e permanencia no sistema educativo en igualdade de oportunidades. 4,1,1. Prevención, seguemento e control do absentismo escolar. O absentismo escolar, entendido como aquela situación na que alumnado escolarizado en educación obrigatoria asiste irregularmente ao centro, é un dos problemas que se detecta no centro como xerador de desigualdade que pode derivar na aparación de fracaso e abandono escolar e incluso, contribuir, a máis longo prazo á aparición de fenómenos de desarraigo e marxinación social. Preocupan especialmente situacións de absentismo escolar que se dan nos primeiros cursos da ESO xa que crean un “descolgamento” dos rapaces do proceso educativo que é moi difícil de recuperar. Por este motivo, desde o centro educativo será de aplicación o Protocolo de absentismo escolar da Xunta de Galicia. De xeito esquemático e seguindo o citado documento o tratamento que se dará ao absentismo escolar desde o centro educativo é o que segue: Definición: absentismo é a ausencia ao centro escolar sen causa debidamente xustificada do alumnado en idade de escolarización obrigatoria. A ausencia debe supor un mínimo do dez por centro do horario lectivo mensual. Rexistro das faltas de asistencia: o profesorado de materia rexistrará diariamente no programa informático SIXA as faltas do alumnado. Cando o profesorado titor verifique que unha alumna ou un alumno presenta un número de faltas de asistencia a clase sen xustificar superior ao dez por cento (10 %) do horario lectivo dun determinado mes proporá, co visto e prace da dirección do centro educativo, o inicio dun expediente de absentismo e comunicará a situación á xefatura de estudos. Tramitación do expediente : A tramitación do expediente de absentismo escolar rexerase polo disposto no Protocolo de Absentismo Escolar da Xunta de Galicia.

Page 14: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 14 de 44

Medidas preventivas a adoptar no centro educativo para previr situacións de absentismo escolar: - Transición de 6º de primaria a 1º de ESO. O centro educativo levará a cabo unha sesión informativa para os pais para informalos das características da nova etapa educativa, de aspectos xerais de organización do centro (horarios, normativa de justificación de faltas…), das medidas de atención á diversidade que dispón o centro e calquera tipo de información que e poida considerar relevante para que o cambio de etapa non resulte tan brusco. - Xornada de preacollida co alumnado de 6º de primaria. Aló polo segundo trimestre de curso realizarase unha xornada de acollida na que o alumnado de 6º do centro adscrito visitará o instituto para irse familirizando coa nova etapa educativa. - Emprego das TIC para a comunicación de faltas de asistencia aos pais. Como complemento do tradicional parte mensual de envío de faltas empregaranse medios como o correo electrónico ou o SMS para o envío de faltas cunha periodicidade semanal ou o servizo de mensario, nos casos nos que o titor o considere preciso , en aras a manter unha comunicación máis fluída e inmediata coas familias. - Titoría para pais. O profesorado titor fará uso das horas de atención a pais para citar ás familias de alumnado en risco de absentismo escolar de xeito que se realice un seguemento continuado da asistencia do alumnado ao centro educativo. - Xornada de acollida para pais. Na derradeira semana de setembro ou a primeira de outubro o profesorado titor levará a cabo unha xornada de acollida para as familias na que se informará de aspectos relativos á organización do centro e se incidirá especialmente no tema do absentismo escolar 4,1,2.- Programas e actividades en colaboración con distintas administracións educativas e institucións. A atención á diversidade do alumnado que acolle os centros docentes esixe a veces dunha colaboración externa para ofrecer unha resposta educativa acorde ás necesidades, intereses e motivacións do todo o alumnado. A este respecto, a colaboración externa pretende apoiar a labor do profesorado na súa responsabilidade para guiar a aprendizaxe de todo o alumnado.

- PROA. Programa de reforzo e acompañamento fóra de horario lectivo. O PROA preséntase como unha opción máis de atención á diversidade que pretende acadar os seguintes obxectivos: - Millorar o rendemento académico do alumnado (cualificacións) - Fomentar o hábito de traballo académico do alumnado e , na medida do posible, a progresiva autonomía no estudo.

Page 15: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 15 de 44

- Inculcar técnicas de traballo intelectual para fornecer o estudo: subliñado, esquemas, resumos, mapas conceptuais, redacción de traballos, estratexias de afrontamento dos exames, etc. - Millorar a competencia lectora do alumnado. - Millorar os procesos de cálculo e resolución de problemas. - Incrementar a autoestima do alumnado a través da millora do rendemento escolar. - Fomentar a coordinación entre o profesorado que imparte docencia aos alumnos. Medidas a adoptar: - Acompañamento do alumnado fóra do horário escolar durante dúas sesións semanais de dúas horas de duración ( luns e mércores de 16:30 a 18:30 h.) . Alumnado ao que vai destinada a actuación : - Alumnado que amosa interese polo estudo pero que ten certa dificultade para seguir o ritmo ordinario da clase. - Precisa dunha atención máis individualizada por parte do profesorado. - Pertence a famílias con escasos recursos económicos que non poden costear axudas adicionais fóra do contexto escolar. - Pertence a famílias con nível cultural baixo que, ainda que teñen boa disposición, non dispoñen da competencia suficiente para axudar aos fillos no estudo. - Xa foi a PROA en cursos anteriores (en Primaria) . 4,2.- MEDIDAS ORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. O decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade na comunidade autónoma de Galicia clasifica as medidas en ordinarias e extraordinarias. Considéranse medidas ordinarias de atención á diversidade todas aquelas que faciliten a adecuación do currículo prescritivo, sen alteración significativa dos seus obxectivos, contidos e criterios de avaliación, ao contexto sociocultural dos centros educativos e ás características do alumnado. Estas medidas teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas. Dentro das medidas ordinarias contempla as seguintes:

a) Adecuación da estructura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás características do alumnado.

b) Adecuación das programacións didáctivas ao contorno e ao alumnado. c) Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais,

aprendizaxe por proxectos e outras que promovan a inclusión. d) Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación. e) Aulas de atención educativa e convivencia e medidas e actuacións destinadas á mellora da

convivencia.

Page 16: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade

Página 16 de 44

f) Desdobramentos de grupos. g) Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria. h) Programas de enriquecemento curricular. i) Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas. j) Programas de recuperación. k) Programas específicos personalizados. l) Programas de habilidades sociais. A continuación incidirase naquelas medidas que habitualmente se levan a cabo no noso centro tendo en conta que , para todo o non reflectido neste documento nos ateremos á lexislación vixente.

4,2,1.- Organización dos recursos do centro. En función da dispoñibilidade horaria do profesorado do centro cada curso o equipo directivo poderá artellar diferentes medidas para dar resposta á diversidade do alumnado: - Desdobres de grupos en 1º e 2º de ESO. Terán prioridade as áreas instrumentais básicas (linguas e matemáticas) - Reforzo para o alumnado exento da segunda lingua estranxeira: as dúas horas lectivas semanais adicaranse a realizar actividades de reforzo das linguas e as matemáticas, promoción do hábito lector, fomento do razonamento verbal e lóxico-matemático, etc. - Incorporación de profesorado como apoio á aula ordinaria. - Fomento da “hora de lectura” semanal. - Aula de traballo individualizado.

Trátase dun recurso educativo complementario á aula de convivencia dirixido a determinados alumnos, que pola súa casuística, interrompen reiteradamente o desenvolvemento da clase, concentran un elevado número de partes de incidencia e presentan un proceso educativo irregular, discontinuo. Xefatura de estudos e o departamento de orientación elaborarán un horario individualizado para eses casos particulares de alumnos de xeito que durante parte do horario lectivo o alumno permanece na aula de traballo individualizado cun profesor de garda realizando actividades propostas polo profesorado da área que corresponda. O horario será comunicado á familia e en ningún caso suporá máis dun terzo do horario lectivo total. Atendendo a criterios pedagóxicos procurarase que se alternen as sesións ao longo do día, que se trate de sesións lectivas que lle resulten máis difíciles de levar ao alumno como por exemplo as clases de linguas ou matemáticas. O horario individualizado será revisado alomenos cada trimestre.

4,2,2.- Estratexias dos distintos departamentos didácticos para a atención á diversidade.

- Departamento de lingua castelá

Page 17: PAD Carballo Calero 1516 (2ª revisión) · 2020-06-12 · O I.E.S. Ricardo Carballo Calero creouse para impartir o antigo bacharelato (B.U.P) e o curso de acceso á universidade