otero pedrayo geórgicas

1
OTERO PEDRAYO, GEÓRGICAS DO PAN GALEGO, 94-128 Madrugaron os montes envolveitos en néboas vaporosas. Longas somas tenderon sobor d’eidos e camiños a fadal desespranza das carballas. Xa nos antigos bosques e na entrana soia e calada da gadreira ermaura o decrebar d’outono, mainamentes, vai trocando en matices fuxidíos as fortes coores do verán brilante. Unha leda orballeira nas camposas fixo nacer floridas fantasías d’un sotil recender. Voltouse cinza a estralante legría das escascas i-espido de colleitas fica o eido canso e podente maxinando ensonos. Os sendeiros mallados dos herbales rexistran os pisares garanduscos das mociñas que apañan tanto trebo i-as fontelas agardan polo trono desfechador dos húmidos segredos de limpos manantiais. Días seréos, calmos, lumiosos, do findar d’Outubro, coma frontes bicadas pol’as azas de graves pensamentos. Badelando os vellos bronces das igrexas enchen de lembranzas de mortos a campía. Semella q’o Infinito atal lonxano i-encoberto en mil formas gasalleiras perante o vrán, descobre paseniño seus veos trascendentes prâ que os homes meditan ao medrar das longas teebras no engádego do amor desincarnado, na chamada da Morte, fiel amante.

Upload: estel-valawing

Post on 06-Dec-2015

223 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Poema

TRANSCRIPT

Page 1: Otero Pedrayo Geórgicas

OTERO PEDRAYO, GEÓRGICAS DO PAN GALEGO, 94-128

Madrugaron os montes envolveitosen néboas vaporosas. Longas somastenderon sobor d’eidos e camiñosa fadal desespranza das carballas. Xa nos antigos bosques e na entranasoia e calada da gadreira ermaurao decrebar d’outono, mainamentes,vai trocando en matices fuxidíos as fortes coores do verán brilante.

Unha leda orballeira nas camposasfixo nacer floridas fantasías d’un sotil recender. Voltouse cinzaa estralante legría das escascasi-espido de colleitas fica o eidocanso e podente maxinando ensonos.Os sendeiros mallados dos herbalesrexistran os pisares garanduscosdas mociñas que apañan tanto treboi-as fontelas agardan polo tronodesfechador dos húmidos segredosde limpos manantiais. Días seréos,calmos, lumiosos, do findar d’Outubro,coma frontes bicadas pol’as azasde graves pensamentos. Badelandoos vellos bronces das igrexas enchende lembranzas de mortos a campía. Semella q’o Infinito atal lonxanoi-encoberto en mil formas gasalleirasperante o vrán, descobre paseniñoseus veos trascendentes prâ que os homesmeditan ao medrar das longas teebrasno engádego do amor desincarnado,na chamada da Morte, fiel amante.