os ósos os músculos e a respiración
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
TEMA 2: O NOSO CORPO
PARTE 2: OS ÓSOS, OS MÚSCULOS E A RESPIRACIÓN
Os ósos
No interior do noso corpo encóntranse os ósos e xuntos forman o
esqueleto.
Os ósos son duros e ríxidos. Serven para dar forma ao corpo e para
protexer outras partes máis delicadas, como o cerebro ou o corazón.
Os ósos non se poden mover nin dobrar e únense entre sí polas
articulacións.
Algúns dos ósos son:
- o cranio
- o úmero
- o cúbito
- o radio
- a pelve
- a columna vertebral
- as costelas
- o fémur
- a tibia
Completar debuxo 1. Coloca os nomes no sitio correspondente.
Os músculos
Os músculos encóntranse baixo a pel e recobren o esqueleto.
Son brandos e elásticos e pódense estirar e encoller sen se romper.
Os músculos únense aos ósos por medio dos tendóns. Os tendóns son os
encargados de tirar das articulacións e así podemos movernos.
Algúns dos músculos máis importantes do noso corpo son:
- os bíceps
- os xemelgos
- os pectorais
- e os abdominais.
Completar debuxo 2
A respiración
Se aguantas a respiración, decatarase de que poder estar moi pouco tempo
sen coller aire. Isto ocorre porque para vivir necesitamos respirar
continuamente.
Cando respiramos, entra aire no noso corpo. O aire pasa por un tubo que se
chama traquea e chega aos pulmóns, que se encontran no interior do noso
peito.
A continuación, expulsamos ese aire dos pulmóns e volvemos coller aire
outra vez.
Respiramos moitas veces ao longo do día, pero non sempre o facemos ben.
Respirar correctamente é bo para a nosa saúde e, ademais, axúdanos a
relaxarnos cando estamos nerviosos.
Completar debuxo 3
debuxo 1
Debuxo 2
Debuxo 3
REPASO DO TEMA 2: O NOSO CORPO
Copiar no encerado.
Os ósos forman o -----------
E únense nas -------------
Os --------------- son brandos e fan que nos ----------------.
Ao respirar collemos ----------------------- e chega ata os nosos ---------.
Darlle aos nenos as palabras do cadrado R.1
Que escriban cada palabra onde corresponda.
Escribir no encerado:
Pescozo, fémur, abdominais, cóbado, xemelgos, cranio, xeonllo, costelas,
bíceps
Darlles o cadrado R.2.
Cadrado R.1
articulacións aire
movamos
pulmóns esqueleto
músculos
Cadro R.2
ARTICULACIÓNS
ÓSOS
MÚSCULOS