ofrenda antigo reino de galicia

5
Cantade a Deus, tocade na súa honra. Alfombrade o camiño que avanza polo deserto”. Seguindo unha tradición secular a comunidade cristiá galega síntese convocada hoxe nesta catedral de Lugo, tenda do Altísimo, ante a presenza real e verdadeira de Xesús Sacramentado para pregar a quen intercede por nós, postrarse en adoración humilde rexeitando as idolatrías e loalo pola súa infinita misericordia. Esta Catedral faise templo e corazón de toda a igrexa en Galicia, testemuñando a devoción eucarística e acollendo a ofrenda, que en nome do Reino de Galicia presenta este ano o Sr. Alcalde da Moi Nobre, Sempre Leal e Real Cidade de Betanzos dos Cabaleiros. Nesta celebración lembramos cómo a Eucaristía forma parte das raíces da nosa identidade para consolidar o proxeto de Deus na historia da nosa comunidade. O Santísimo Sacramento vai ser levado en procesión polas rúas da cidade para manifestar que "Cristo resucitado camiña no medio de nós e nos guía cara ao Reino dos Ceos" e que Cristo Eucaristía é a resposta a todos os que están cansos, sufocados e sedentos de salvación; aos que senten necesidade de xustiza e de liberdade, de fortaleza e de esperanza. "A Eucaristía é alimento que nutre e fortalece tanto o neno e o mozo que se inician na vida cristiá como ao adulto que experimenta a súa propia debilidade, e de modo singular é viático para os que están a punto de deixar este mundo". "Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día". No medio do deserto da vida, o Señor noso Deus recórdanos que non só de pan vive o home senón de todo canto sae da súa boca. Vimos de Deus e a Deus imos. Pero no noso peregrinar advertimos que a nosa sociedade vai perdendo o espírito e se converte en inestable e insensible aos valores transcendentes, aferrándonos ao melancólico desencanto, ao relativismo xeneralizado e ao consumismo insolidario. Pero "sen Deus o home non sabe onde ir nin tampouco logra entender quen é"[1] . O verdadeiro edificador da persoa humana é Deus. El é quen coloca ao home nun contexto de fraternidade. Os cristiáns encontramos na Eucaristía a forza transformadora, que nos capacita e impulsa a un traballo audaz nas estruturas deste mundo para levarlles aquel tipo de relacións novas, que teñen a súa fonte inesgotable no don de Deus"[2] . Prenda segura de eterna gloria, a Eucaristía "é o don que Xesús fai de si mesmo, revelándonos o amor infinito para cada home"[3] , un amor "que o home necesita para encontrar sentido á vida, vivila con esperanza" e impulsar o auténtico desenvolvemento de cada persoa e de toda a humanidade. O amor é a forza máis revolucionaria para transformar a nosa vida e a realidade do mundo, lonxe da corrupción, do conformismo e de actitudes inoperantes. "Non seriamos discípulos de Xesús, nin a Igrexa podería presentarse como a súa Igrexa, se non recoñecésemos no exercicio e no servizo da caridade a norma suprema da nosa vida"[4] . Nas rúas da existencia humana encontrámonos cos necesitados materialmente e espiritualmente: homes e mulleres, nenos e mozos marcados pola utilización máis ferinte e nos que Cristo, manifestación do amor de Deus, segue a padecer. Son crucificados nunha sociedade doente que fere a sensibilidade humana e cristiá e que denuncia o egoísmo, a indiferenza e a insolidariedade. Cando non se respecta a xustiza e non se vive a caridade, xérase un proceso de deshumanización e despersonalización. Alimentarnos da Eucaristía é compartir os

Upload: immenxagraza

Post on 24-May-2015

235 views

Category:

Spiritual


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ofrenda Antigo Reino de Galicia

“Cantade a Deus, tocade na súa honra. Alfombrade o camiño que avanza polo deserto”. Seguindo unha tradición secular a comunidade cristiá galega síntese convocada hoxe nesta catedral de Lugo, tenda do Altísimo, ante a presenza real e verdadeira de Xesús Sacramentado para pregar a quen intercede por nós, postrarse en adoración humilde rexeitando as idolatrías e loalo pola súa infinita misericordia.

Esta Catedral faise templo e corazón de toda a igrexa en Galicia, testemuñando a devoción eucarística e acollendo a ofrenda, que en nome do Reino de Galicia presenta este ano o Sr. Alcalde da Moi Nobre, Sempre Leal e Real Cidade de Betanzos dos Cabaleiros.

Nesta celebración lembramos cómo a Eucaristía forma parte das raíces da nosa identidade para consolidar o proxeto de Deus na historia da nosa comunidade. O Santísimo Sacramento vai ser levado en procesión polas rúas da cidade para manifestar que "Cristo resucitado camiña no medio de nós e nos guía cara ao Reino dos Ceos" e que Cristo Eucaristía é a resposta a todos os que están cansos, sufocados e sedentos de salvación; aos que senten necesidade de xustiza e de liberdade, de fortaleza e de esperanza. "A Eucaristía é alimento que nutre e fortalece tanto o neno e o mozo que se inician na vida cristiá como ao adulto que experimenta a súa propia debilidade, e de modo singular é viático para os que están a punto de deixar este mundo". "Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día". No medio do deserto da vida, o Señor noso Deus recórdanos que non só de pan vive o home senón de todo canto sae da súa boca.

Vimos de Deus e a Deus imos. Pero no noso peregrinar advertimos que a nosa sociedade vai perdendo o espírito e se converte en inestable e insensible aos valores transcendentes, aferrándonos ao melancólico desencanto, ao relativismo xeneralizado e ao consumismo insolidario. Pero "sen Deus o home non sabe onde ir nin tampouco logra entender quen é"[1]. O verdadeiro edificador da persoa humana é Deus. El é quen coloca ao home nun contexto de fraternidade. Os cristiáns encontramos na Eucaristía a forza transformadora, que nos capacita e impulsa a un traballo audaz nas estruturas deste mundo para levarlles aquel tipo de relacións novas, que teñen a súa fonte inesgotable no don de Deus"[2]. Prenda segura de eterna gloria, a Eucaristía "é o don que Xesús fai de si mesmo, revelándonos o amor infinito para cada home"[3], un amor "que o home necesita para encontrar sentido á vida, vivila con esperanza" e impulsar o auténtico desenvolvemento de cada persoa e de toda a humanidade. O amor é a forza máis revolucionaria para transformar a nosa vida e a realidade do mundo, lonxe da corrupción, do conformismo e de actitudes inoperantes. "Non seriamos discípulos de Xesús, nin a Igrexa podería presentarse como a súa Igrexa, se non recoñecésemos no exercicio e no servizo da caridade a norma suprema da nosa vida"[4].

Nas rúas da existencia humana encontrámonos cos necesitados materialmente e espiritualmente: homes e mulleres, nenos e mozos marcados pola utilización máis ferinte e nos que Cristo, manifestación do amor de Deus, segue a padecer. Son crucificados nunha sociedade doente que fere a sensibilidade humana e cristiá e que denuncia o egoísmo, a indiferenza e a insolidariedade. Cando non se respecta a xustiza e non se vive a caridade, xérase un proceso de deshumanización e despersonalización. Alimentarnos da Eucaristía é compartir os sentimentos de Cristo, e sentirnos urxidos a aceptarnos e comprendernos, perdoarnos e amarnos. "A Eucaristía impulsa a todo o que cre en Cristo a facerse pan partido para os demais e, polo tanto, a traballar por un mundo máis xusto e fraterno". Toda a nosa existencia deber ser pan partido para os demais. "Cristo segue exhortando tamén hoxe os seus discípulos a comprometerse en primeira persoa: dádelles vós de comer (Mt 14,16) "[5].

Os israelitas comeron o maná no deserto. Nós necesitamos a Eucaristía para superar as tentacións de volver á escravitude, e de adorar e servir a outros poderes que nos separan de Deus. San Paulo dinos: "O pan que partimos, ¿non é unha comuñón co corpo de Cristo? E como hai un único pan, tamén nós, sendo moitos, formamos un único corpo, porque todos participamos dese único pan". Comulgar é entrar na comuñón coa vida mesma de Xesús entregada por todos nós e esixe “unha derrota permanente do propio egoísmo”. "Así a Eucaristía, mentres que nos une a Cristo, ábrenos aos demais, fainos membros os uns dos outros: xa non estamos divididos, senón que somos unha soa cousa en El"[6].

Os que viven en comuñón con Cristo han de facelo presente e operante en medio dos homes,

Page 2: Ofrenda Antigo Reino de Galicia

traballando por construír unha cultura cristiá na solidariedade e a axuda mutua, no respecto e a comprensión, e tratando de responder ás profundas esperanzas das persoas que piden ser acompañadas nas súas buscas. "Na comunidade dos crentes non debe haber unha forma de pobreza na que se negue a alguén os bens necesarios para unha vida decorosa". Na Eucaristía enraízase toda a acción caritativa e social da Igrexa e a forza para motivala e sostela na nosa existencia. "Especialmente na nosa época, na que a globalización nos fai, cada vez máis, dependentes os uns dos outros, o Cristianismo pode e debe facer que esta unidade non se constrúa sen Deus, é dicir, sen o Verdadeiro Amor, o que daría lugar á confusión, ao individualismo, e a opresión de todos contra todos"[7]. Nun momento de forte crise humana e cultural é necesario crear puntos luminosos de humanidade nova. O cambio do corazón dáse cando entramos na realidade da caridade. Se queremos unha cidade dos homes máis visible e acolledora, debemos deixar que a cidade de Deus a permeabilice con aquela forma orixinaria de vida que Xesús trouxo á terra.

Sen vitalidade eucarística constante só nos quedan as aparencias de vida cristiá. A Eucaristía, vivida e celebrada, esíxenos un compromiso de fraternidade que "se traduce inevitablemente en xestos e signos de esperanza", denunciando "as circunstancias que van contra a dignidade do home, polo cal Cristo derramou o seu sangue, afirmando así o alto valor de cada persoa"[8]. O compromiso do cristián é crear un estilo de vida significado pola gratuidade cristiá que favorece a liberdade e a xustiza, e non esquece aos pobres, porque abandonar os pobres sería esquecer o máis auténtico da gratuidade de Deus. "O Señor comprácese no pobre".

Ante as dificultades de anunciar o Evanxeo hoxe "vén á memoria case espontaneamente, o episodio da multiplicación dos pans narrado nos Evanxeos. Os discípulos expoñen a Xesús a súa perplexidade ante a multitude que, famenta da súa palabra, ó seguía ao deserto, e proponlle: Despide a xente (Lc 9,12). Quizais teñen medo e non saben como dar de comer a un número tan grande de persoas. Unha actitude análoga pode xurdir no noso ánimo desalentado ante a magnitude dos problemas... Neste caso hai que recorrer a esa nova fantasía da caridade que ha de promover non tanto e non só a eficacia da axuda prestada senón a capacidade de facerse próximo a quen está necesitado, de modo que os pobres se sentan en cada comunidade cristiá como na súa propia casa".

Pido ó Señor Sacramentado toda clase de bens para a Familia Real, para as nosas Dioceses, para os nosos gobernantes, para Vde. e a súa familia, Sr. Oferente, e para todos os fillos desta querida terra para que iluminados pola palabra e fortalecidos pola Eucaristía, contribuamos a unha liberación positiva da forza da verdade, do ben, da beleza e da xustiza na nosa comunidade e noso mundo. Amén.

 

 

 

 

+Julián Barrio Barrio

Arzobispo de Santiago de Compostela

[1] Caritas in veritate, 78.

[2] Sacramentum Caritatis, 91.

Page 3: Ofrenda Antigo Reino de Galicia

 

[3] BENEDCITO XVI, Sacramentum caritatis, n.º 1.

[4] CEE, Orientacións morais ante a situación actual de España. Instrucción pastoral, 23 de novembro de 206, 78.

[5] BENEDICTO XVI, Sacramentum caritatis, 88.

[6] Ibid.

[7] BENEDICTO XVI, Homilía no Corpus Christi de 2011.

[8] Ibid., 89.

Os que viven en comuñón con Cristo han de facelo presente e operante en medio dos homes, traballando por construír unha cultura cristiá na solidariedade e a axuda mutua, no respecto e a comprensión, e tratando de responder ás profundas esperanzas das persoas que piden ser acompañadas nas súas buscas. "Na comunidade dos crentes non debe haber unha forma de pobreza na que se negue a alguén os bens necesarios para unha vida decorosa". Na Eucaristía enraízase toda a acción caritativa e social da Igrexa e a forza para motivala e sostela na nosa existencia. "Especialmente na nosa época, na que a globalización nos fai, cada vez máis, dependentes os uns dos outros, o Cristianismo pode e debe facer que esta unidade non se constrúa sen Deus, é dicir, sen o Verdadeiro Amor, o que daría lugar á confusión, ao individualismo, e a opresión de todos contra todos"[7]. Nun momento de forte crise humana e cultural é necesario crear puntos luminosos de humanidade nova. O cambio do corazón dáse cando entramos na realidade da caridade. Se queremos unha cidade dos homes máis visible e acolledora, debemos deixar que a cidade de Deus a permeabilice con aquela forma orixinaria de vida que Xesús trouxo á terra.

Sen vitalidade eucarística constante só nos quedan as aparencias de vida cristiá. A Eucaristía, vivida e celebrada, esíxenos un compromiso de fraternidade que "se traduce inevitablemente en xestos e signos de esperanza", denunciando "as circunstancias que van contra a dignidade do home, polo cal Cristo derramou o seu sangue, afirmando así o alto valor de cada persoa"[8]. O compromiso do cristián é crear un estilo de vida significado pola gratuidade cristiá que favorece a liberdade e a xustiza, e non esquece aos pobres, porque abandonar os pobres sería esquecer o máis auténtico da gratuidade de Deus. "O Señor comprácese no pobre".

Ante as dificultades de anunciar o Evanxeo hoxe "vén á memoria case espontaneamente, o episodio da multiplicación dos pans narrado nos Evanxeos. Os discípulos expoñen a Xesús a súa perplexidade ante a multitude que, famenta da súa palabra, ó seguía ao deserto, e proponlle: Despide a xente (Lc 9,12). Quizais teñen medo e non saben como dar de comer a un número tan grande de persoas. Unha actitude análoga pode xurdir no noso ánimo desalentado ante a magnitude dos problemas... Neste caso hai que recorrer a esa nova fantasía da caridade que ha de promover non tanto e non só a eficacia da axuda prestada senón a capacidade de facerse próximo a quen está necesitado, de modo que os pobres se sentan en cada comunidade cristiá como na súa propia casa".

Pido ó Señor Sacramentado toda clase de bens para a Familia Real, para as nosas Dioceses, para os nosos gobernantes, para Vde. e a súa familia, Sr. Oferente, e para todos os fillos desta querida terra para que iluminados pola palabra e fortalecidos pola Eucaristía, contribuamos a unha liberación positiva da forza da verdade, do ben, da beleza e da xustiza na nosa comunidade e noso mundo. Amén.

+Julián Barrio Barrio

Page 4: Ofrenda Antigo Reino de Galicia

Arzobispo de Santiago de Compostela

[1] Caritas in veritate, 78.

[2] Sacramentum Caritatis, 91.

 

[3] BENEDCITO XVI, Sacramentum caritatis, n.º 1.

[4] CEE, Orientacións morais ante a situación actual de España. Instrucción pastoral, 23 de novembro de 206, 78.

[5] BENEDICTO XVI, Sacramentum caritatis, 88.

[6] Ibid.

[7] BENEDICTO XVI, Homilía no Corpus Christi de 2011.

[8] Ibid., 89.