o xabarín (2003)

3
O XABARÍN Yago Lestido Cardama 2º ESO – B Rosalía de Castro Tema a tratar: O Xabarín

Upload: cerredo

Post on 13-Jun-2015

217 views

Category:

Documents


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: O xabarín (2003)

O XABARÍN

Yago Lestido Cardama

2º ESO – B

Rosalía de Castro

Tema a tratar: O Xabarín

Asignatura: Ciencias da Natureza

Page 2: O xabarín (2003)

O XABARÍN

NOME COMÚN: Xabarín ou Porco Bravo NOME CIENTÍFICO: Sus ScrofaCLASE: MamíferosFAMILIA: Suidae

DESCRIPCIÓN:Mide entre 1,10 y 1,80 m. de lonxitude cun peso entre 50 e 180 kg. En altura en cruz ten un metro. O peso medio é de 90 kg. nos machos, e 60 kg. nas femias. A femia é menos pesada e ten o fociño moi

puntiagudo e dende logo distinto. O macho é moito máis grande ca femia, ten unha gran cabeza cónica, con pilosidade cerdosa, a coloración está entre negruzco e ocre. Ten uns caninos (canteiros superiores) que son auténticas navallas e ademais voltos

cara arriba. Os caninos poden acadar os 20 cm. Compacto, macizo, bo oído, bo olfato e vista mediocre. Ten todo o corpo cuberto de espesas cerdas moi fortes, que se bifurcan na punta. As cerdas son de cor pardo escuro. O que se di unha pelaxe mesta. No inverno a súa pel está recuberta dunha borra que logo perda. Ten os cuartos dianteiros máis elevados.

ALIMENTACIÓN:Omnívoro. Aliméntase de todo, pero o que máis lle gustan son os vexetais da estación, así na primavera consume plantas herbáceas, landras , raiceiras, insectos, ovos, etc. No verán sigue coas plantas, landras, millo, insectos. E no inverno, máis castañas,  landras, setas, e plantas silvestres. Tamén se alimenta de carne e carroña. O xabarín come sobre todo pequenos animais, como ratas ou coellos. De feito cálculase que un 14% da súa alimentación son de pequenos animais que depreda.

LONXEVIDADE:O xabarín pode vivir ata os 15 anos.

REPRODUCIÓN:Reprodución sexual. O celo vai dende o mes de  novembro a xaneiro, con 4 o 5 meses de preñez, e poden vir ata 12 crías, que abandonan a parideira xa na primeira semana, seguen á nai e son amamantados tres meses. As

Page 3: O xabarín (2003)

crías (rallóns) teñen unha coloración co fondo grisáceo e aparecen unhas liñas parduzcas. Ós seis meses cambian a pelaxe e toman un tono vermello (Bermejos). Logo cando son adultos denomínanse verracos.

HÁBITAT:Está presente na maior parte dos montes galegos, perto de ríos e regatos aínda que non é un mamífero ribereño gústalle revolcarse no fango e na lama (os cazadores, para facerlle unha espera ó xabarín, botan gasolina no chan debido a que lle gusta revolcarse nela para liberarse de parásitos). Sole atoparse en zonas sen arder, montes caducifolios e áreas de mato alto, onde se desenvolve esplendidamente. Son gregarios aínda que algún vive só. A piara sole estar composta da femia e as súas crías (6-10 animais). A súa actividade é diúrna e nocturna. Durante a noite poden percorrer entre 2 e 14 km. Durante o inverno fan o seu traballo máis ben á luz do día.

DISTRIBUCIÓN:É moi abondoso en Galicia. Exténdese por todos os montes da comunidade galega.

INTERESE HUMANO:Na caza, ó parecer, é a peza estrela. Considérase peza de caza maior. Nestes momentos a caza deste animal vai a máis. Só se pode cazar en batidas ou ganchos. Antes a súa pel era moi valiosa ó igual cá súa carne.

ESTADO DE CONSERVACIÓN:Especie non catalogada.