o v ti a rm fo in r ie ss€¦ · o teatro, a poesía, a pintura… trátase dunha proposta que...

9

Upload: others

Post on 28-Jun-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: o v ti a rm fo in r ie ss€¦ · o teatro, a poesía, a pintura… trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da

teatroCadro de

baileCorpo de

gaitasGrupo de

Coro Galego

dossier informativo

Page 2: o v ti a rm fo in r ie ss€¦ · o teatro, a poesía, a pintura… trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da

O Coro Galego Cántigas da Terra é unha entidade cultural sen ánimo de lucro que desen-volve ininterrompidamente a súa actividade desde 1916 na cidade da Coruña.

A histórica e centenaria institución nace dentro dun contexto galeguista, no mesmo ano en que se fundan as Irmandades da Fala. Nese rebulir de emoción e creativida-de, produto do amor pola Terra, xorde este Coro que fai xermolar o canto, o baile, o teatro, a poesía, a pintura… trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da globalización, nos que xa se albiscan síntomas de esquecemento e menosprezo cara o propio.

A traxectoria de Cántigas é moi ampla e fecunda canto a relacións culturais, fitos históri-cos e presenza no País e en diversas partes do mundo. Entre os logros máis significados destaca o recoñecemento de Galicia como nación celta dentro do II Congreso do Mundo Celta (Bretaña, 1954). A raíz deste nomeamento, o Coro foi o primeiro embaixa-dor galego no Festival de Lorient e ten representado á nosa Terra en numerosas ocasións.

Na entidade tomaron parte importantes persoeiros como Antón Vilar Ponte, Lugrís Freire, Eladio Rodríguez, Leandro Carré, Ángel del Castillo, González Villar, Manuel Abelenda ou Pita Romero entre outros.

AsAs actividades desenvolvidas por Cántigas e as súas Escolas da Terra van dirixidas á poboación en xeral, a todas aquelas persoas interesadas no noso folclore e tamén na aposta por novas creacións artísticas. O repertorio constitúeno cantos colixidos do ima-xinario popular, moito antes de que a radio e a televisión fixesen aparición nas casas. O seu arquivo conta con máis de setecentas partituras, entre alalás, pandeiradas, maneos, foliadas, muiñeiras, cantos de berce, cantares de arrieiro, desafíos ou alboradas.

Desde as súas orixes o Coro adopta o traxe das Mariñas como imaxe estética para as representacións. Traballa na procura de antecedentes históricos sobre o vestiario e estuda as variacións das distintas comarcas. Tamén ten recuperado todo tipo de ins-trumentos musicais populares, especialmente a zanfona, ofertando a día de hoxe a única escola deste instrumento na cidade da Coruña.

A proposta artística de Cántigas da Terra combina as voces cos instrumentos, o baile e o teatro autóctonos, creando unha paisaxe emocional que nos identifica como ga-legas e galegos. Ademais, a entidade traballa na recuperación do espazo que lle é propio dentro do País, no uso normal do noso idioma e na interrelación entre as dis-tintas áreas da cultura, cumprindo o desexo dos fundadores.

Sinopse

Page 3: o v ti a rm fo in r ie ss€¦ · o teatro, a poesía, a pintura… trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da

Canto, música, baile, teatro...

CántigasCántigas da Terra é un colectivo moi amplo que integra dentro dun mesmo espectá-culo cantos, bailes, música para instrumentos tradicionais, teatro…Todos estes ele-mentos conflúen nunha mesma proposta global que pretende poñer en valor a ri-queza da cultura galega. A formación aposta por un proxecto actualizado sen renun-ciar aos obxectivos orixinais do colectivo, formulados hai máis de cen anos. Así pois, dentro da nosa proposta podemos atopar melodías xenuínas interpretadas tal e como se conservan no noso arquivo ata versións actuais que pretenden explorar afondar nas posibilidades sonoras das voces e instrumentos tradicionais no seu conxunto. Deste xeito, mesturamos elementos antigos con arranxos sofisticados, un pé no pasado e outro no presente, unha proposta fresca e actual sen perdermos a raíz e a esencia do que é Cántigas da Terra, a cerna do folclore na Coruña.

O canto é inherente ao pobo galego: cantábase nas fiadas, nos alpendres, na horta. Cantábase para arrolar e durmir os cativos, para namorar, para aprender, para socia-lizar... O canto acompañaba a vida cotiá das persoas; ben o sabemos en Cántigas da Terra grazas aos nosos compiladores que durante décadas foron recuperando melo-días para o arquivo da entidade. Por iso, neste espectáculo temos o canto como eixo central, facendo especial fincapé nas comarcas de Bergantiños, Pontevedra e A Coruña. Está conducido polo Cadro de Teatro de Cántigas da Terra que, dun xeito ameno, aporta informacións sobre o repertorio, así como a narración de contos e lendas.

O primeiro dos bloques comeza en clave humorística facendo referencia a Carlos Díaz “O Xestal” a través dos seus contos. Tamén lembramos a Saturnino Cuiñas, íntimo amigo do noso antigo director, Adolfo Anta Seoane. Xuntos recompilaron moitas melodias que recuperamos para este espectáculo onde interpretamos unha selección de Cantos da Costa da Morte arranxados, ex professo, para o coro e unha formación de instrumentos tradicionais: zanfonas, requintas, pandeiros, tarrañolas, gaitas… que, combinados entre si, aportan unha sonoridade aos cantos completa-mentemente renovada e orixinal, mais sen perder a forza, bravura e as singulares caracterís-ticas do repertorio desta bisbarra.

No segundo movemento, queremos incidir nas figuras de Perfecto Feijoo e Casto Sampe-dro. Don Perfecto foi boticario na Pontevedra de finais do século XIX e pasou á historia por ser o gaiteiro e líder do precursor “Aires da terra”, xermolo dos coros galegos.

CoroGalego

1.

Espectáculo:

Sempre te encontro cantando

Page 4: o v ti a rm fo in r ie ss€¦ · o teatro, a poesía, a pintura… trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da

No noso arquivo custodiamos grande parte do seu repertorio e tamén unha das súas zanfonas, cedida polo seu fillo ao coro. Precisamente, é unha zanfona a que princi-pia a soar para dar pé a un Alalá lento e pausado nas voces dos homes seguido dunha enérxica foliada.

Por outra banda, o Grupo de gaitas será o responsable de facer soar as melodías que Casto Sampedro e os seus compañeiros foron recollendo e transcribindo. En forma de Suite e percorrendo o escenario, interpretamos unha Marcha Procesional, un Pa-sacorredoiras e unha Muiñeira bailada polo noso Corpo de baile. As dúas primeiras obras pertencen a xéneros que, na actualidade, os gaiteiros están a esquecer, mais que Cántigas quere recuperar para darlles o valor que merecen. O bloque remata con todo o colectivo (músicos, coro e baile) interpretando diferentes melodías can-tadas: Sempre te encontro lavando, no río Lérez lixeiro...

Os gaiteiros son os encargados de abriren a última parada do camiño cunha inter-pretación cronolóxica do que podería ser a historia da gaita dos últimos 100 anos na cidade da Coruña. Comeza unha gaita e un tambor ao xeito antigo propio da zona con réplicas dos instrumentos orixinais; posteriormente, será un cuarteto o que inter-veña para ilustar e lembrar a tantas e tan boas formacións desta natureza que tive-mos na cidade herculina: Os Tempranos de Eirís, Brisas da Cruña, Os Mato… A Suite desemboca con todo o grupo de gaitas en escena interpretando un Pasacorredoiras do emblemático gaiteiro coruñés Enrique Ambite Montero. En contraposición, nun ambiente máis íntimo, cantamos un Alalá “a cappella” harmonizado para 6 voces.

Para acabarmos o percorrido e con todo o colectivo en escena, interpretamos unha escolma de melodías do mar que pechan o espectáculo.

En definitiva, desde Cántigas da Terra propoñemos unha viaxe sonora a través das melodías, bailes e cantos que comeza coa evocación das Illas Sisargas e continúa coa travesía ata a Illa de San Simón e a cidade do Lérez para acabar na Torre de Hércules. Ataviados co traxe tradicional das Mariñas, máis de corenta voces únense cos máis enxebres instrumentos para artellar un espectáculo único onde sempre, sempre nos encontrarás cantando...

...Vivan os cantos da Terra!

Page 5: o v ti a rm fo in r ie ss€¦ · o teatro, a poesía, a pintura… trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da

Gaitas e percusión

Os Temprano de Eirís, Francisco Paradela, Emilio Corral, Brisas da Cruña, Os Gaitei-ros de Soutelo, Os Dezas de Moneixas, Os Campaneiros de Vilagarcía, Os Morenos de Lavadores, Paco de Escornabois... O seu tocar namora! Que pensarías se che dixera que os podes escoitar a todos nunha mesma tarde?

Os gaiteiros de Cántigas da Terra recuperan dun xeito maxistral o repertorio propio para gaita solista, cuartetos e outras formacións célebres do país. As melodías retor-nan con máis forza e vida ao sairen dos punteiros dos nosos músicos, o profundo son dos roncos mestúrase cos tambores, pandeiretas, bombo... O teu corazón non parará de latexar a ritmo de Alborada!

Ademais dos xéneros máis populares, o colectivo traballa na posta en valor doutras formas do noso folclore que foron esmorecendo. Por iso, a proposta ofrece moita versatilidade, adáptase a diferentes formatos, desde pasarrúas e animación musical ata actos culturais máis recollidos e íntimos...

... O seu tocar namora!

Grupode Gaitas

2.

Espectáculo:

O seu tocar namora

Page 6: o v ti a rm fo in r ie ss€¦ · o teatro, a poesía, a pintura… trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da

Baile con gaiteiros

O corpo de baile de Cántigas da Terra ofrece un formato variado e versátil para mul-titude de eventos como actos culturais ou festas populares.

O espectáculo combina as melodÍas cos puntos e voltas dos bailadores e o especta-dor ten a sensación de estar no turreiro dunha festa.

Ataviados co traxe de gala mariñán, os bailadores e gaiteiros de Cántigas da Terra son un compendio de sensibilidade, enxebreza, emoción...

... O seu bailar namora!

Corpode Baile

3.

Espectáculo:

O seu bailar namora

Page 7: o v ti a rm fo in r ie ss€¦ · o teatro, a poesía, a pintura… trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da

"O Engano", Comedia dramática en tres actos, foi unha das tres obras de Leandro Carré Alvarellos que obtivo accésit no Certame convocado pola Irmandade da Fala de Betanzos en xuño de 1919. O manuscrito da obra está datada en setembro de 1919.

A obra publicada en 2011*1 nunca se chegou a estrear. Aínda que foi ensaiada en 1924 pola Escola Dramática Galega non foi representada posiblemente por mor da legalidade da ditadura de Primo de Rivera.

SegundoSegundo o seu autor: "é unha chamada á mocidade artística e literaria; a cantos senten un ideal de grandeza espiritual, para que non deixen a Galicia, para que adiquen o esfor-zo da súa intelixencia a laborar no propio fogar, na propia terra" (Carré, 1923 c:5)*2.

En Compostela nun marco de humor ácido, Ernesto despois de ler na prensa un artigo escrito por un amigo que esaxera o grande éxito da súa estrea teatral, déixase arrastrar pola ambición literaria e polas ansias de triunfo. Desoíndo os consellos dalgún amigo, moza e familia, emigra a Madrid animado pola irmá e falsos amigos, coa intención de se converter nun destacado persoeiro, deixando o negocio, a fami-lia, moza e amigos por acadar a fama na capital.

Pasa o tempo e non se reciben novas del, buscan na prensa e non atopan. Pasado o tempo un amigo que vén de Madrid infórmaos que Ernesto está facendo traballos que nada teñen que ver coas súas aspiracións.

DespoisDespois de festexar o seu regreso, é ben acollido por todos os que o animaran a tra-ballar pola súa terra, e xorden as preguntas do seu fracaso. Pese aos apoios recibidos, vive nunha profunda frustración, lembra versos de Rosalía de Castro e medita nas razóns da súa decepción na capital do Reino. Ao final cae na conta do fracaso e na súa imposibilidade de afrontalo.

A estrea de "O engano" foi o 11 de maio de 2019, na XXII Edición do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña. Nunca antes se representara agás na pre-estrea dalgunhas escenas o 12 de novembro de 2017, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

* 1. Obra publicada en 2011: Leandro Carré. Teatro recuperado: O pago, O engano, Un caso compri-cado. Ed. Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano.

* 2. Cita do libro Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso, de Xosé Manuel Maceira Fernández.

Cadrode Teatro

4.

Espectáculo:

O engano. Comedia dramática de Leandro Carré

Page 8: o v ti a rm fo in r ie ss€¦ · o teatro, a poesía, a pintura… trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da

Galería

Page 9: o v ti a rm fo in r ie ss€¦ · o teatro, a poesía, a pintura… trátase dunha proposta que implica a case que todas as disciplinas culturais nun momento clave: os albores da

LOCAL 1

Rúa Ángel Rebollo 55 · 15002 · Monte Alto · A Coruña

LOCAL 2

Rúa Ramón del Cueto 31, esq. Ángel Rebollo · 15002 · Monte Alto · A Coruña

Coro Galego Cántigas da Terra

654 413 467 · 981 203 284

cantigasdaterra.gal [email protected]

Escolas da Terra 654 413 467 · 981 203 284

escolasdaterra.gal [email protected]

Contacto