o texto argumentativo

2
O TEXTO ARGUMENTATIVO. O texto argumentativo ten como obxectivo expresar opinións ou rebatelas coa fin de persuadir a un receptor. A finalidade do autor pode ser probar ou demostrar unha idea (ou tese), refutar a contraria ou ben persuadir ou disuadir ao receptor sobre determinados comportamentos, feitos ou idea. A argumentación, por importante que sexa, non adoita darse en estado puro, adoita combinarse coa exposición. Mentres a exposición limítase a mostrar, a argumentación intenta demostrar, convencer ou cambiar ideas. Por iso, nun texto argumentativo ademais da función apelativa presente no desenvolvemento dos argumentos, aparece a función referencial ou informativa, na parte na que se expón a tese. O texto argumentativo adoita organizar o contido en tres apartados: introdución, desenvolvemento e conclusión. A INTRODUCIÓN adoita partir dunha breve exposición (chamada "introdución ou encadre") na que o argumentador intenta captar a atención do destinatario e espertar nel unha actitude favorable. Á introdución séguelle a tese, que é a idea en torno á cal se reflexiona. Pode estar constituída por unha soa idea ou por un conxunto delas.

Upload: ies-maria-sarmiento

Post on 24-Jul-2015

307 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: O texto argumentativo

O TEXTO ARGUMENTATIVO.

O texto argumentativo ten como obxectivo expresar opinións

ou rebatelas coa fin de persuadir a un receptor. A finalidade

do autor pode ser probar ou demostrar unha idea (ou tese),

refutar a contraria ou ben persuadir ou disuadir ao receptor

sobre determinados comportamentos, feitos ou idea.

A argumentación, por importante que sexa, non adoita darse en

estado puro, adoita combinarse coa exposición. Mentres a

exposición limítase a mostrar, a argumentación intenta

demostrar, convencer ou cambiar ideas. Por iso, nun texto

argumentativo ademais da función apelativa presente no

desenvolvemento dos argumentos, aparece a función referencial

ou informativa, na parte na que se expón a tese.

O texto argumentativo adoita organizar o contido en tres

apartados: introdución, desenvolvemento e conclusión.

A INTRODUCIÓN adoita partir dunha breve exposición

(chamada "introdución ou encadre") na que o argumentador

intenta captar a atención do destinatario e espertar nel unha

actitude favorable. Á introdución séguelle a tese, que é a idea

en torno á cal se reflexiona. Pode estar constituída por unha soa

idea ou por un conxunto delas.

Page 2: O texto argumentativo

O DESENVOLVEMENTO. Os elementos que forman o corpo

argumentativo denomínanse probas ou argumentos e serven para

apoiar a tese ou refutala.

Á súa vez, os argumentos empregados poden ser de distintos

tipos:

Argumentos racionais: Baséanse en ideas e verdades admitidas e

aceptadas polo conxunto da sociedade.

Argumentos de feito: B

aséanse en probas comprobables.

Argumentos de exemplificación: Baséanse en exemplos

concretos.

Argumentos de autoridade: Baséanse na opinión dunha persoa de

recoñecido prestixio.

Argumentos que apelan aos sentimentos:Con estes argumentos

preténdese agradar, espertar compaixón, tenrura, odio...

A CONCLUSIÓN. É a parte final e contén un resumo do exposto

(a tese e os principais argumentos).