o sindicalismo de clase chama a un seguimento «masivo» da ... · rendeu estes días o conse - llo...

6
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 29 - 2.ª quiNceNa de outubro de 2012 A pós unha dilatada ca- rreira profesional, a xor- nalista Tareixa Navaza viuse convertida nunha xubilada moi nova por mor do último ere de TVe, goza agora de homenaxes coma a que lle rendeu estes días o Conse- llo da Cultura Galega. Nesta conversa con Antón G. Ferreiro, Navaza mós- trase moi pesimista sobre o futuro da profesión, e mesmo afirma que «se me vise con vinte anos, emigra- ría onde fose». / PÁX. 6 O sindicalismo de clase chama a un seguimento «masivo» da folga xeral o 14 de novembro n CCOO, CIG e UGT xa rexistraron na sede central da Xunta a convocatoria de folga xeral / PÁX. 5

Upload: others

Post on 03-Aug-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O sindicalismo de clase chama a un seguimento «masivo» da ... · rendeu estes días o Conse - llo da Cultura Galega. Nesta conversa con Antón G. Ferreiro, Navaza mós - trase moi

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 29 - 2.ª quiNceNa de outubro de 2012

Após unha dilatada ca-rreira profesional, a xor-

nalista Tareixa Navaza viuseconvertida nunha xubiladamoi nova por mor do últimoere de TVe, goza agora dehomenaxes coma a que lle

rendeu estes días o Conse-llo da Cultura Galega.

Nesta conversa con AntónG. Ferreiro, Navaza mós-trase moi pesimista sobre ofuturo da profesión, emesmo afirma que «se mevise con vinte anos, emigra-ría onde fose». / PÁX. 6

O sindicalismo de clasechama a un seguimento«masivo» da folga xeralo 14 de novembron CCOO, CIG e UGT xa rexistraron na sede central da Xunta a convocatoria de folga xeral / PÁX. 5

Page 2: O sindicalismo de clase chama a un seguimento «masivo» da ... · rendeu estes días o Conse - llo da Cultura Galega. Nesta conversa con Antón G. Ferreiro, Navaza mós - trase moi

GaLicia SiNdicaL N.º 29 - Outubro 2012 (2.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

Todos os esforzos por

conseguir a maior unida-

de sindical nunca serán

en balde, como tampouco

todos os matices e sensibilida-

des que completan o panora-

ma sindical de clase e con-

federal, unidos e coordinados

fronte ás políticas de recortes

dun Goberno que só defende

os intereses dos poderosos.

Máis aínda cando a esa uni-

dade se incorpora a rede de

asociacións e organizacións

sociais e cidadás, que tamén se

opoñen a que a crise xustifique

o empobrecemento da cidada-

nía, ao tempo que o Goberno

ameaza con máis recortes.

Ninguén afrouxa, senón que

apertan os dentes, arriman os

ombreiros e cóllense das mans

procurando sacar do letargo

–ou do medo–, a quen aínda

ten dúbidas sobre que sirva

para algo dar a batalla.

A unidade fai que todo vaia

algo máis lento para que todo

se poida discutir, e, ao final,

concluír con acordo. Ante este

panorama, e despois de meses

de mobilizacións e de propos-

tas ignoradas, non que-da

outra que convocar folga xeral,

e redobrar esforzos para que o

14 de novembro pare todo o

país, sen escusas.

Abandonan o barco

E xusto nese momento can-

do as ratas amarelas aban-

donan o barco. Teñen o es-

tómago inchado e o cu tan

gordo que ao fuxiren case

non caben pola porta. A iso

chámano «independencia

ante unha folga política»,

coma se o que fan o Gober-

no ou os bancos non fose

política. Non lles preocupa

que non ninguén os crea...

Quen pode crer a un sindi-

cato que renega da súa res-

ponsabilidade?

Tomaron a súa decisión, e,

como covardes, agóchanse

baixo as saias e os mesmos

argumentos dos que nos re-

cortan dereitos, salarios e

empregos. A nosa decisión é

parar o país o próximo 14 de

novembro para frear os re-

cortes e afrontar a crise con

alternativas sociais.

editoRial

amarelos e covardesOs devotosvotos dos fieis

Por circunstancias diversas,o PP obtivo nos comiciosgalegos máis da metade

dos escanos a pesar de que sóvotou un de cada catro electores.Éche o que hai.

Porén, a maioría absoluta per-mítelle controlar o poder lexisla-tivo e o executivo. Se a isto lleengadimos que Feijóo incumpriuna anterior lexislatura todas asgrandes promesas do programaco que gañara en 2009 –igualque fai agora rajoy no estado-,estamos fronte a unha flagrantefraude democrática.

Os números destes últimoscatro anos son todos de cor ver-mella: os do paro, os do déficitpúblico, os da creba de empre-sas, os das caixas de aforros e aspreferentes, os das axudas á de-pendencia, os da sanidade, os doensino… Todo se duplicou parapeor en ben pouco tempo. Peroos devotos votos dos fieis incon-dicionais, xunto coa dispersión eo desafecto do 73% restante doelectorado, sitúannos na actualtesitura política.

Así as cousas, estaría conde-nada ao fracaso a folga xeral?

o RetRoViSoR · por Benxamín Rocha

edita: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / cooRdinaciÓn: Gabinete de Comunicación / ReViSiÓn: Gabinete de Normalización

Lingüística / colaBoRaRon neSte nÚMeRo: Benxamín Rocha (O Retrovisor), Xosé Antón G. Ferreiro (entrevista), X. Rodríguez (opinión) /

contacto: [email protected] / PecHe de ediciÓn: 31/10/2012

Sindicato nacional de ccooRúa Miguel Ferro Caaveiro n.º 8

(Santiago de Compostela)

981.551.800

a coruña (sede comarcal)Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª

981.145.197

local sindical de ceeRúa Campo do Sacramento, 69

981.746.930

Ferrol (sede comarcal)Rúa María, 42-44

981.369.300

local sindical das Pontes de G.ª R.Rúa da Capela, 2

981.440.321

Santiago de compostela (sede comarcal)Vía Edison 1-C, Polígono do Tambre

981.958.200

local sindical de RibeiraRúa de Correos, n.º 5,

baixo dereito

981.872.413

Viveiro (sede comarcal)Rúa García Doriga, s/n

982.561.001

local sindical de BurelaRúa de Emilia Pardo Bazán, 5

(Entrechán; Edificio Porches 2)

982.585.732

local sindical de RibadeoAvda. de Galicia, s/n, 3.º

982.130.506

lugo (sede comarcal)Rolda da Muralla, 58

982.231.975

local sindical de Monforte de lemosRúa de Roberto Baamonde, s/n

982.401.518

ourense (sede comarcal)Rúa do Parque de San Lázaro, 12-3.º

988.391.727

local sindical do Barco de ValdeorrasPraza de España, 2 - Baixo esquerdo

988.322.034

local sindical de VerínAvda. de Portugal, 3-5

988.410.641

local sindical de Xinzo de limiaRúa Toural s/n

988.462.510

local sindical do carballiñoRúa de Martínez Avellanosa, 14 - 1.º

988.275.360

Pontevedra (sede comarcal)Rúa Pasantería, 1-2.º

986.866.276

local sindical de lalínR/ de Xaquín Loriga, 29 - Entrechán

986.782.437

Vilagarcía de arousa (sede comarcal)Rúa de Alexandre Bóveda, 2-2.º

986.502.000

local sindical do GroveRúa do Dr. Luís Casais, s/n - 2.º esq.

986.732.618

Vigo (sede comarcal)As Teixugueiras, 11 entreplanta (Navia)

986.246.800

local sindical da GuardaRúa Concepción Arenal, 44

986.611.186

local sindical de PonteareasRúa Esperanza 13 entreplanta 36860

986.661.043

local sindical do PorriñoRúa Atarela, 2. Casa Sindical

986.331.962

Respecto a 2009, o PP perdeu nas

eleccións moito voto urbano

Nada máis lonxe da realidade.Nas cidades, onde a crise estápetando con maior dureza, acaída do PP respecto de 2009 éesclarecedora: -25% en Vigo,-24% en Ourense, -23% en Pon-tevedra, -17% na Coruña, -14%en Santiago de Compostela,-10% en Lugo e -9% en Ferrol.Os que máis sofren a crise pro-nunciáronse o día 21 e volveranofacer o 14 de novembro. eu vou!

Page 3: O sindicalismo de clase chama a un seguimento «masivo» da ... · rendeu estes días o Conse - llo da Cultura Galega. Nesta conversa con Antón G. Ferreiro, Navaza mós - trase moi

3

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLN.º 29 - Outubro 2012 (2.ª quincena)

Para Comisións Obreiras, osdatos da enquisa de poboaciónactiva (ePA) do terceiro trimes-tre de 2012 reflicten unha me-llora estacional e non implicanun cambio de tendencia no em-prego. No último ano perdé-ronse 39.300 postos de tra-ballo e o desemprego subiu en37.500 persoas (16,53% máis).Ao tempo, 79.500 fogares teñentodos os seus membros acti-vos en paro.

No terceiro trimestre do anocreáronse 14.000 empregos, oque supón un incremento do1,35% (no estado, a ocupacióncaeu nun 0,56%). O empregomasculino aumentou un 1,59%e o feminino un 1,09% (8.700ocupados máis fronte a 5.300ocupadas máis). Por sectoresde actividade, a industria perdeu4.000 empregos (un 2,42%) e osector primario 1.000 (un1,24%). Pola contra, no sector

n Por outra parte, o desemprego incrementouse en 37.500 persoas, un 16,53 % máis

Galicia perdeu case 40.000postos de traballo no último ano

dos servizos creáronse 18.200empregos (un 2,57 %) e naconstrución hai 700 persoas ocu-padas máis.

Así as cousas, os datos da en-quisa indican que Galicia, no re-mate do terceiro trimestre,conta con 264.000 persoas pa-radas, 11.900 menos que noperíodo anterior pero 37.500máis que no terceiro trimestrede 2011. Neste trimestre, o des-censo do paro afectou tanto ahomes como a mulleres, perocon diferente intensidade (10.000parados menos fronte a 1.900paradas menos). Se a compara-ción se establece co mesmo pe-ríodo do ano 2011, o paro mas-culino aumentou nun 24,10% eo feminino nun 8,84% (27.600parados máis fronte a 9.900 pa-radas máis).

A taxa de paro galega está porbaixo da media estatal (20,13%fronte a 25,02%), pasando a di-

ferenza entre ambas as taxas de4,27 puntos no terceiro trimestrede 2011 a 4,89 puntos un anomáis tarde.

Nestes tres meses hai 10.500persoas asalariadas máis pero oemprego neto creado foi tempo-ral: hai 18.100 persoas asalaria-das temporais máis e 7.700indefinidas menos. en cifras re-lativas, o emprego temporal in-creméntase nun 10,1% e o inde-finido baixa nun 1,2%. A taxa detemporalidade baixou en 1,6 pun-tos con respecto ao terceiro tri-mestre de 2011, ata se situar no24,3%. ese descenso explícaseporque se destrúe máis empregoasalariado temporal ca indefinido(10,9% fronte ao 3,1%).

Segundo Maica Bouza, secre-taria de emprego de CCOO, osdatos da ePA responden ao pe-ríodo estacional (emprego tem-poral no sector dos servizos)pero, sobre todo, evidencian o

impacto que a reforma laboralestá a ter na substitución de em-prego indefinido por empregotemporal.

CCOO esíxelle ao Gobernosaído das urnas un cambio depolíticas para transformar en es-trutural a variación estacional doemprego. A reactivación econó-mica e a creación de máis em-prego e de calidade deben ser oeixe das actuacións do novo exe-cutivo de Feijóo, xunto á mellorada protección social e o cambiode modelo produtivo.

Tamén lle esixe ao Gobernodo estado un cambio na polí-tica económica que permitasaír da crise e pór as persoasno centro das decisións políti-cas. CCOO, xunto a outros sin-dicatos e organizacións sociais,continurán mobilizándose ataque o Goberno rectifique, co-mezando pola folga xeral dopróximo 14 de novembro.

CCOO de Galicia explicou en Portugal as boasprácticas na negociación de plans de igualdade

A Comisión para a Igualdadeno Traballo e no emprego (CITe),que depende do Ministerio deTraballo e da Seguridade Socialde Portugal, organizou os días 18e 19 de outubro unha conferenciainternacional en Lisboa so o título«Contribucións para unha pers-pectiva de xénero nas relaciónslaborais: da acción inspectora ánegociación colectiva».

Neste encontro participou a se-cretaria da Muller de CCOO deGalicia, Mabel Pérez Simal. A sin-dicalista galega analizou o con-tido da Lei de igualdade 3/2007 eos seus efectos na negociación

dos plans, salientando o seu ca-rácter obrigatorio e contidos quedeben recoller.

As representantes portugue-sas manifestaron un intereseespecial pola negociación deplans e medidas de igualdadenas empresas, xa que a lei por-tuguesa só obriga a negocialosnas Administracións e empre-sas públicas. esta limitación,xunto coas actitudes amosadaspolas organizacións empresa-riais presentes na conferencia,dificulta aínda máis a incorpo-ración da igualdade á negocia-ción colectiva. Na parte dereita da imaxe, Mabel Pérez, de CCOO

Page 4: O sindicalismo de clase chama a un seguimento «masivo» da ... · rendeu estes días o Conse - llo da Cultura Galega. Nesta conversa con Antón G. Ferreiro, Navaza mós - trase moi

GaLicia SiNdicaL N.º 29 - Outubro 2012 (2.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

O TSXG rexeite o ere de extinción naempresa de construción Arias Hermanos

A Federación de Construcióne Madeira de CCOO (FeCOMA-CCOO) aplaude unha sentenzapioneira do Tribuanal Superiorde Xustiza de Galicia (TSXG) querexeita o ere de extinción na em-presa Arias Hermanos Cons-trucciones, que provocaría 25despedimentos. Mesmo coa re-forma laboral en vigor, o alto tri-bunal galego non ve acreditadasas causas económicas, técnicase produtivas alegadas pola em-presa.

Grazas a esta sentenza, as 25persoas afectadas deberán serindemnizadas con 45 días porano traballado ou reincorpora-das ao seu posto de traballo.

A sentenza do TSXG dálle arazón a FeCOMA-CCOO, que du-rante o período de consultas doere denunciara na Inspección deTraballo que se debía tipificarcomo despedimento improce-dente calquera que se producisedurante a vixencia dun ere tem-poral –cómpre lembrar que aempresa está inmersa nun ata o

n A empresa está inmersa nun ere temporal que remata en febreirode 2013. A normativa impide que nestes casos se poida facer un ere

de extinción.n Os primeiros despedimentos producíronse o pasado 16 de maio.nDurante o período de consultas do ere, CCOO denunciou que a em-presa lles debía aos traballadores as vacacións de 2010, que ascen-dían a preto de mil xornadas.n CCOO tamén denunciou que a empresa xa utilizara en 2011 o pre-texto da redución de ingresos para aplicar o ere temporal, pero acabouo ano con beneficios.

Resumo en catro datos

mes de febreiro de 2013–. Da-quela, CCOO considera que conesta sentenza queda demos-trado que o procedemento queestán a utilizar a maioría dasempresas do sector para des-truír emprego e eliminar ascondicións laborais existentesda clase traballadora «non éunha barra libre para os empre-sarios». O sindicato advirte quenon deixará de denunciar feitoscomo este malia ás novas leisregresivas que impón o Go-berno do PP.

aplicou un eRetemporal en2011 alegandoperdas, peroacabou o anocon beneficios

Homenaxe ás vítimas deSestás e Camposancos

A Agrupación Comarcal dePensionistas e Xubilados deCCOO de Vigo homenaxeou opasado 25 de outubro ass víti-mas da foxa común de Sestáse do campo de concentraciónde Camposancos (A Guarda).

Que a historia non se esquezaCCOO destaca que a ofrenda

é un xesto para honrar a me-moria das mulleres e ho-mesque, na súa loita contra o fran-quismo, foron asasinados e

soterrados nun pequeno es-pazo fóra do cemiterio parro-quial e civil de Sestás.

A Agrupación Comarcal dePensionistas e Xubilados tra-balla acotío para que os ideaisdestas persoas sexan coñeci-dos pola cidadanía, «para quea historia non se esqueza, paraque se recoñeza o seu valor ehonorabilidade, porque senelas non sería posible gozar doestado democrático en que vi-vimos». Imaxe de arquivo da homenaxe do ano pasado

Page 5: O sindicalismo de clase chama a un seguimento «masivo» da ... · rendeu estes días o Conse - llo da Cultura Galega. Nesta conversa con Antón G. Ferreiro, Navaza mós - trase moi

5

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLN.º 29 - Outubro 2012 (2.ª quincena)

CCOO, CIG e UGT rexistraronna mañá do 31 de outubro a con-vocatoria de folga xeral para ovindeiro 14 de novembro.

O secretario xeral de CCOO,Xosé Manuel Sánchez Aguión,apelou a participar na folga amaioría social que «nas pasadaseleccións non lle deron o seuapoio ao PP» e optaron por ou-tras forzas ou ben polo voto enbranco, nulo ou a abstención.

Sánchez Aguión, acompa-ñado de Xesús Seixo (CIG) eJosé Antonio Gómez (UGT), con-fiou nunha participación «ma-siva e contundente» o 14 denovembro a favor dun cambiode políticas que poña fin aosconstantes recortes.

Os secretarios xerais das tresorganizacións insistiron enlembrar que os resultados daseleccións do pasado 21 de ou-tubro, nas que o PP perdeucase 150.000 votos, son aproba de que a cidadanía nonapoia as políticas de axuste.

«Dirixímonos a esa maioríade cidadáns, a ese voto nulo ea esa abstención, que subiu, ea outras forzas políticas, porqueestas políticas non nos levan aningures», afirmaron.

Asemblea nacionalNa véspera de rexistrar a con-

vocatoria de folga, CCOO orga-nizou unha asemblea nacionalno concello de Teo, veciño deSantiago de Compostela. Case800 persoas chegadas de cadacanto de Galicia acudiron paraescoitar as explicacións e argu-mentos a prol da folga debulla-dos por Xosé Manuel SánchezAguión e polo secretario xeralconfederal do sindicato, IgnacioFernández Toxo.

Na imaxe superior, entrega na Xunta do escrito convocando a folga.

Nas inferiores, momentos da asembleia do 30 de outubro

n Ignacio Fernández Toxo e Xosé Manuel Sánchez Aguión chamaron a maioría social galega que non

lle deu o apoio ao PP nas eleccións a que secunde masivamente a folga

Folga xeral o 14 de novembrocontra os novos recortes

Toxo, que asemade presideactualmente a Confederacióneuropea de Sindicatos (CeS),lembrou que todas e todos nosxogamos moito na folga xeral.Do seu éxito dependerá a con-tinuidade ou a fin das políticasde axuste, amais da pervivenciado estado do benestar.

Os servizos públicos estánameazados en boa parte de eu-ropa, especialmente nos esta-dos intervidos. Así as cousas, aresposta será tamén de alcanceeuropeo: haberá folga xeral enPortugal, un paro de catro horasen Italia, folga xeral en Grecia–aínda que se pode adiantar enfunción das novas imposiciónsda troica– e protestas tamén enpaíses como Francia ou Alemaña.

Pola súa parte, SánchezAguión dirixiuse á multitudinariaasemblea para explicar que afolga «está máis que xustificada»por mor «das graves, inútiles einxustas» medidas adoptadaspolo Goberno e pola negativa doexecutivo a dialogar.

Sinalou tamén a «oportuni-dade» da folga, que terá lugar du-rante o proceso de debate dosorzamentos xerais do estado,cuxo anteproxecto, público desdehai unhas semanas, recolle máisrecortes, polo que Aguión avan-zou que se agravará a situación.

o 14-n haberáfolga xeral emobilizaciónsnoutros paíseseuropeos

Page 6: O sindicalismo de clase chama a un seguimento «masivo» da ... · rendeu estes días o Conse - llo da Cultura Galega. Nesta conversa con Antón G. Ferreiro, Navaza mós - trase moi

Número 29 - 2.ª quiNceNa de outubro de 2012

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Estamos saíndo da crise.Vense sinais esperanzado-res. Non, non levei un

golpe na cabeza. Tampoucoescribo baixo o influxo de subs-tancias prohibidas. Limítome arepetir dúas afirmacións quefixo hai poucos días a ministrade Traballo, Fátima Báñez.

Desde que a señora ministrafixo tan sorprendente revela-ción non fixen outra cousa queprocurar os sinais esperanza-dores.

Descartei a EPA, porque estarevela que o desemprego enGalicia está desbocado. O ín-dice de prezos ao consumo xanin o consulto, porque entreque me sangra o peto e que xacase non consumo... Que podeser? Se cadra se refería aosvinte millóns de euros quedoou a Cáritas o multimillonarioAmancio Ortega? ois aínda vaiser iso!

Efectivamente, un sinal es-peranzador. O abnegado cida-dán Ortega, podendo meter esediñeiro nun paraíso fiscal oununha SICAV, optou por doalo áONG Cáritas. Sen dúbida, unxesto tan insólito –sobre todopola magnitude das cifras– quenon me estraña que fose ocausante o estado alterado deconciencia da ministra.

Xa falando máis en serio,cómpre lembrar que houberamoita chanza na etapa de Za-patero cando se falaba de bro-tes verdes. Como xa pasouabondo tempo, podemos con-firmar que non había tal, quefora un arrebato optimista –pornon dicir algo máis duro.

Non sei cales son as motiva-cións de Báñez para ver estesnovos brotes verdes. Nin osvexo eu nin, polo que parece,os seus compañeiros de par-tido. Bendita ocorrencia.

Brotes verdes,outra vez

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

«Vexo moi negro o futuro de RTVEou a CRTVG con estes gobernos»

Cando ollas atrás e lembrasos problemas que che ocasio-nou a túa postura crítica sobrea marcha da sociedade ou ofuncionamento dos medios decomunicación, arrepínteste?

Case nada. Se creo firmementenalgo, deféndoo con vehemen-cia. Son moi kamikaze e nuncapenso nas cousas negativas queme poden acontecer no persoal eno profesional. O que si cambia-ría é o ton e as palabras que em-preguei contra algunhas persoas.

Agora sería posible nalgúnmedio que te enviasen a trans-mitir un acto de grande impor-tancia simbólica sen che darningunha consigna?

Sería imposible. Naquel mo-mento foi posible grazas a Ale-xandre Cribeiro, un demócrata,

Nos últimos anos do franquismo, Tareixa Navaza foi unha dasprimeiras voces galegas na Hora 25 da Cadena SER. Anosdespois, como presentadora dos primeiros telexornais de TVE enGalicia, converteuse nunha figura coñecida en todo o país. A súaxa histórica transmisión para TVE da chegada dos restos deCastelao, ou a súa intervención tras as grandes manifestaciónsdo sector naval en Santiago de Compostela, ocasionáronllegraves problemas laborais. Agora que o último ERE de TVE aconverteu nunha xubilada moi nova, Tareixa Navaza goza dehomenaxes como a que lle rendeu estes días o Consello daCultura Galega.

dando a caRa · por Xosé antón G. Ferreiro

íntegro como persoa e comoprofesional, un home de esquer-das, coherente, moi comprome-tido, cun enorme amor porGalicia e pola liberdade da quecareceu tanto tempo.

Que lles dirías a quen desdedentro e fóra da profesión afir-man que un xornalista non debeter afiliacións ou compromisospolíticos?

Un xornalista é un cidadán queestá inmerso na sociedade, e conésta goza e padece; non vivenunha burbulla na estratosfera.Claro que eu non cheguei ao ex-tremo de lle preguntar a Fraganunha noite electoral «como vaiquedar o noso partido?», comofixo algún compañeiro. Non creona independencia dos xornalis-tas, nin na súa non pertenza a

partidos ou sindicatos. A neutra-lidade non me gusta. O ideal paramin seria dárlles voz a todos osactores dunha nova, e que o lec-tor, oínte, espectador, sexa quensaque as conclusións.

Como ves o futuro de RTVE eo doutras empresas públicas?

O futuro da rTVe véxoo, coneste Goberno, moi negro. Nos úl-timos tempos aterraron en TVeos homes e mulleres do ínclitoUrdaci, o de Ce-Ce-O-O. estandestruíndo todos os alicerces quese puxeron na etapa de Zapateropara que rTVe fose por primeiravez a radio e a televisión da cida-danía española.

As persoas que traballan nunmedio público non poden estarsometidas permanentemente aoxogo de seren enviadas ao ostra-cismo cada vez que hai un cam-bio de Goberno. Os mediospúblicos non poden ser o gabi-nete de comunicación do execu-tivo que toque. Mentres a cida-danía non sexa consciente de quesen liberdade de expresión a de-mocracia non será plena, nontemos nada que facer. Isto valepara a CrTVG, e reafírmome des-pois de ter pasado oito anos noseu Consello de Administración.

No caso dos medios privados,como valoras a situación e ac-tuación dos xornais que se fanou venden en Galicia?

Moi grave. Dáme moitamágoa a situación laboral detantos profesionais, xente novae non tan nova, marabillosa-mente ben preparada, que teñenpermanentemente unha espadade Damocles enriba, sen sabe-ren se ao día seguinte terán tra-ballo. Paréceme inmoral e faltade toda ética a actuación enPrISA do señor Cebrián, quedespois de levar trece millóns deeuros no último ano, pídelles sa-crificios aos redactores.