o relevo e o clima de espaÑa e europa - edu.xunta.gal · estas rochas rompen e provocan terremotos...

33
O RELEVO E O CLIMA DE ESPAÑA E EUROPA Berta Mª Brea González C.E.I.P. A XUNQUEIRA 1

Upload: hoangcong

Post on 09-Nov-2018

228 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

O RELEVO E O CLIMA DE ESPAÑA E EUROPA

Berta Mª Brea GonzálezC.E.I.P. A XUNQUEIRA 1

A FORMACIÓN DO RELEVO

O relevo fórmase debido a uns procesos que teñen lugar tanto no interior da Terra coma no exterior.

PROCESOS NO INTERIOR DA TERRA

As altas temperaturas das capas internas da xeosfera xeran enerxía que move, levanta ou afunde a cortiza terrestre. Estes movementos son moi lentos.

Os plegues fórmanse debido a que a enerxía da xeosfera empurra a cortiza cara arriba ou abaixo.

PLEGUES

Areas, arxilas...

As fallas fórmanse debido a que a enerxía das capas internas da xeosfera empurra a cortiza lateralmente, para arriba ou abaixo.

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

A calor do interior da terra pode fundir rochas e formar VOLCÁNS.

As rochas fundidas do interior da Terra chámanse magmas.

Os magmas saen á superficie terrestre polas gretas que hai na codia orixinando volcáns.

O magma que sae á superficie terrestre chámase lava. Cando arrefría, co paso do tempo, solidifica e forma rochas magmáticas coma o basalto.

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

MAGMA

LAVA

ROCHAS MAGMÁTICAS

CRÁTER

CHEMINEACONO VOLCÁNICO

A calor do interior da terra provoca moita enerxía que pode xerar o movemento de grandes masas de rochas.

Estas rochas rompen e provocan terremotos na superficie terreste. Se o sismo ten lugar no mar orixina un maremoto.

Como consecuencia do terremoto hai terreos que afunden, outros que se elevan, ríos que desvían o curso, rochas das montañas que se desprenden, etc....

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

Tamén pode provocar TERREMOTOS.

Hipocentro: Punto no interior da cortiza terrestre onde se orixina o terremoto.

Epicentro: Proxección do hipocentro no exterior da cortiza terrestre. É o lugar onde o terremoto ten máis intensidade.

Ondas sísmicas: Propáganse desde o interior da cortiza ata o exterior.

● As rochas da superficie terrestre rómpense e desgástanse. Co desgaste das rochas da superficie terrestre o relevo vaise erosionando

● Os grans e os fragmentos de rocha desprendidos poden ser transportados dun lugar a outro pola auga ou o vento.

● Os grans e fragmentos de rochas deposítanse uns enriba de outros formando capas de sedimentos.

● Os sedimentos das capas máis profundas únense uns aos outros debido ao peso dos sedimentos que teñen enriba e forman rochas sedimentarias, coma a arxila

O relevo terrestre está continuamente formándose, destruíndose e variando a súa posición debido aos axentes xeolóxicos externos.

Entre os axentes xeolóxicos externos destacan a auga, o vento e os seres vivos. Estes axentes provocan os procesos de erosión, transporte e sedimentación.

PROCESOS NO EXTERIOR DA TERRA

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

Relevo erosionado

Hai miles de anos

Hoxe Transporte

Sedimentación

TransporteErosión polo vento, chuvia, neve...

AS FORMAS DO RELEVO INTERIOR

CORDILLEIRA

MONTAÑA

SERRA

OUTEIRO

CHAIRA

MESETA

VAL

DEPRESIÓN

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

AS FORMAS DO RELEVO COSTEIRO

ILLA

PRAIA

ARQUIPÉLAGO

CANTIL

CABO

GOLFO

ITSMO

PENÍNSULA

ALBUFEIRA

DELTA

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

RELEVO DE ESPAÑA

TELENOPENA TREVINCA

MONSERRATMONCAYO

TORRE CERREDO

AIZTKORRI

PUIG MAJOR

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

A MESETA CENTRAL

Altitude media de 600mDividida en dúas submesetas (submeseta norte e submeseta sur) polo Sistema Central.Os Montes de Toledo están na submeseta surAltura máis elevada: Pico do moro Almanzor

Imaxe. Nachosan

Pico do Moro Almanzor

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

SISTEMAS MONTAÑOSOS

Bordean a meseta:●Montes de león. Altura máis elevada: Teleno●Cordilleira Cantábrica. Altura máis elevada:Picos de Europa●Sistema Ibérico. Altura máis elevada: Moncayo●Serra Morena

Teleno

Picos de Europa

Moncayo.Imaxe:Eloy Cotallo

Imaxe.Rubén Ojeda

Imaxe.Davidfase

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

Montañas exteriores:● Macizo Galaico. Altura máis elevada: Pena Trevinca● Pirineos Altura máis elevada: Aneto● Montes Vascos Altura máis elevada: Aizcorri● Cordilleira Costeiro catalá. Altura máis elevada:Monserrat● Sistemas Béticos:Cordilleira Subbética Cordilleira Penibética Altura máis elevada: Mulhacen (pico máis alto da Península)

Imaxe.KedrodassosMulhacén

Glaciar del Aneto

Imaxe:Faras

DEPRESIÓNS

RELEVO DA ILLAS

Depresión do Ebro: Entre os Pirineos, Sistema Ibérico, Cordilleira Costeiro catalá e Mar MediterráneoDepresión do Guadalquivir: Entre Serra Morena, Cordilleira Penibética e o Océano Atlántico

Arquipélago Balear: Costas altas e recortadas. Montañas de pouca altura. Puig Major. (illa de Mallorca)Arquipélago das Canarias: Orixe volcánico. En Tenerife está a altura máis elevada de España: Teide (3718m)

Imaxe:Christian Abend

Teide

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

OS CLIMAS DE ESPAÑAEspaña está situada no hemisferio norte, entre o trópico de Cáncer e o círculo polar ártico. Está na zona temperada do planeta.

En España hai catro tipos de clima:

Oceánico ou atlántico: En Galicia e a costa Cantábrica.

Mediterráneo: Este clima podemos dividilo en:

● Clima Mediterráneo continentalizado: zonas do interior.

● Clima Mediterráneo seco: sudeste peninsular.

● Clima Mediterráneo marítimo: resto da Península e as illas Baleares

De montaña: Nos sistemas montañosos, máis de 1000 m sobre o nivel do mar. Pirineos, Sistema Central e Cordilleiras Béticas

Subtropical: Nas Illas Canarias.

MEDITERRÁNEO CONTINENTALIZADO

MEDITERRÁNEO SECO

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

MEDITERRÁNEO MARÍTIMO

Clima Oceánico

Temperaturas medias:● Suaves no inverno, entre 8 e 10 graos.● Frescas no verán (sobre 20 graos)

Precipitacións:● Regulares durante todo o ano.● Abundantes (máis de 800 l/m² ao ano)

Clima de MontañaTemperaturas medias:● Diminúe ao ascender.● Invernos longos e fríos. Veráns frescos e curtos

Precipitacións:● Abundantes e frecuentes (máis de 1000 l/m² ao ano)● Durante o inverno en forma de neve.

IMAXE:russavia

IMAXE:Miguel303xm

Clima Subtropical

Temperaturas:● Suaves todo o ano nas zonas baixas.● Nas zonas altas diminúe a temperatura pola altura.

Precipitacións:● Moi escasas a nivel do mar.● Nas zonas altas máis de máis de 1000 l/m² ao ano

Clima Mediterráneo Mediterráneo continentalizado

Temperaturas:● Moi elevadas no verán na Submeseta Sur e interior de Andalucía.● Non tan altas na Submeseta Norte.● No inverno descende moito polas nevadas e xeadas

Precipitacións:● Escasas (entre 300 e 800 l/m² ao ano)● Principalmente primavera e outono.

IMAXE:Miguel303xm

Monte do Pardo. Comunidade de Madrid Paisaxe propia do clima mediterráneo continentalizado.

La Gomera, illas Canarias

Mediterráneo marítimoTemperaturas:● Elevadas no verán e suaves no inverno.

Precipitacións:● Escasas (entre 300 e 800 l/m² ao ano).● Distribuídas de forma irregular.● Alternacia de períodos de seca e choivas torrenciais.

Mediterráneo secoTemperaturas:● Suaves no inverno e elevadas no verán.

Precipitacións:● Escasas (menos de 300 l/m² ao ano)

IMAXE:Pablo Enzo

Paisaxe de regadío de clima mediterráneoHorta de laranxeiros en Alcira

Javier Marín

Paisaxe típica das zonas áridas. Palmeiral de Orihuela, España

Os climogramas son gráficos nos que se representan as temperaturas medias e precipitacións dun lugar determinado ao longo dun ano

Media das precipitacións que caen nun mes

Eixe vertical coas precipitacións en litros/milímetro cadrado

Eixe horizontal cos meses do ano

Eixe vertical coas temperaturas en graos

Liña vermella que indica a curva

da temperatura media

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

A AUGA NA PAISAXE

Un río é unha corrente continúa de auga doce que nace nas montañas e desemboca no mar, nun lago ou noutro río.Se desemboca noutro río chámase afluente.Elementos para a diferenciar un río doutro.● Leito: terreo escavado polo río, é por onde discorre a auga.● Caudal: cantidade de auga que leva o río. As variación de caudal ó longo do ano é o réxime.● Curso: Percorrido do río desde o nacemento á desembocadura. Distinguimos tres partes: Curso alto

(do nacemento á chaira), curso medio (percorrido pola chaira), curso baixo (tramo final)

Leito

Curso alto

Curso medio

Afluentes

Curso baixo

VERTENTES HIDROGRÁFICASEspaña ten 3 vertentes hidrográficas: Cantábrica, Atlántica e Mediterránea.

NARCEA

CINCA

ZÁNCARA

ADAJA

ALAGÓN

ZUJAR

Ilustrador: José Alberto Bermúdez

RÍOS DA VERTENTE CANTÁBRICADesembocan no Mar Cantábrico.Características:● Son ríos curtos.● Caudalosos.● De réxime regular xa que abundan as precipitacións.● Rápidos, hai moita pendente no seu curso.

Os principais ríos son:● Bidasoa● Nervión● Pas● Besaya● Nalón● Narcea● Navia● Eo

Imaxe:Desmondrx

O Besaya únese ao Saja na localidade de Ganzo (Torrelavega)

Imaxe:Antonio Gregorio

A ría de Ribadeo, formada polo río Eo. Fai fronteira entre Galicia e Asturias

Imaxe:Pablo Moratinos

Rio Bidasoa ao seu paso por Irún (Gipuzkoa)

Imaxe:Balasturias

O Narcea na súa confluencia co Nalón

RÍOS DA VERTENTE ATLÁNTICA

Desembocan no Océano AtlánticoRíos da costa galega:● Caudal abundante e regular.● Máis longos ca os ríos da vertente cantábrica

Destaca o Miño e o seu afluente o Sil

Ríos que percorren a meseta:● Son longos.● Teñen un caudal irregularDestacan:● Duero cos seus afluentes: Esla, Pisuerga, Tormes e Adaja● Tajo cos seus afluentes: Alagón, Tiétar Alberche e Jarama.● Guadiana cos seus afluentes: Záncara, Cigüela, Jabalón e Zújar

Imaxe:Montgomery

Desembocadura do Miño entre España e Portugal

Imaxe.Paula Santos

Desembocadura do Duero en Porto (Portugal)

Imaxe:Diliff

Río Tajo ó seu paso por Toledo

Imaxe:Ardo Beltz

Río Guadiana en Mérida

Ríos andaluces:● Son curtos e de caudal irregular.

Destacan:● Odiel● Tinto● Guadalquivir (é un río longo), o seu afluente é o Genil

Imaxe:Anual

Río Guadalquivir ao seu paso por Sevilla

RÍOS DA VERTENTE MEDITERRÁNEACaracterísticas:● Xeralmente curtos (nacen en montañas preto do mar).● Caudal moi irregular.

Destacan:● Ebro: río máis caudaloso de España. É un río longo (nace na Cordilleira Cantábrica)

Afuentes: Aragón, Jalón, Gállego, Cinca e Segre.● Turia● Júcar● Segura● Guadalhorce

Imaxe:Benutzer:Gisbertn

Río Ebro ao seu paso por Zaragoza Río Júcar en Cuenca

Imaxe:CHENICUENCA

Río Segura en Murcia

Imaxe:Rodriguillo

RÍOS DAS ILLAS

Illas Canarias e Baleares:● Non teñen caudal regular● En época de choivas forman torrentes con lonxitude e caudal variable.

Imaxe:Nikater

Torrente de Pareis (Mallorca)desembocando no Mediterráneo.

RELEVO DE EUROPA

MONTES ESCANDINAVOS

GRAN LLANURA EUROPEA

GRAN LLANURA RUSA

PIRINEOS

ALPES

BALCANES

CÁRPATOSCÁUCASO

URALES

APENINOS

MONT BLANC ELBRUS

MONTES ESCANDINAVOS

GRAN LLANURA EUROPEA

GRAN LLANURA RUSA

PIRINEOS

ALPES

BALCANES

CÁRPATOSCÁUCASO

URALES

APENINOS

MONT BLANC ELBRUS

MACIZO CENTRAL

CABOS, GOLFOS,PENÍNSULAS, ILLAS, MARES E OCÉANOS

ISLANDIA

SICILIA

CERDEÑA

CÓRCEGA

BALEARES

PENÍNSULA DE KOLA

PENÍNSULA ESCANDINAVA

PENÍNSULA DE IBÉRICA

PENÍNSULA DE JUTLANDIA

PENÍNSULA DE ITÁLICA

PENÍNSULA BALCÁNICA

CABO FISTERRA

CABO NORTE

GOLFO DEBOTNIA

GOLFO DEGÉNOVA

GOLFO DELEÓN

GOLFO DEBOTNIA

GOLFO DEVIZCAYA

GOLFO DEFINLANDIA

CABOMATAPÁN

MAR DEBARENTS

ISLANDIA

BALEARES

SICILIA

GRAN BRETAÑA

IRLANDA

CERDEÑA

CÓRCEGA

MAR DE

NORUEGA

MAR MEDITERRÁNEO

MAR DEL

NORTE

MAR NEGRO

MAR CASPIO

MAR BÁLTICO

OCÉANO ATLÁNTICO

MAR JÓNICO

MAR EGEO

MAR ADRIÁTICO

MAR TIRRENO

MAR CANTÁBRICO

MARBLANCO

OCÉANO GLACIAR ÁRTICO

RÍOS DE EUROPA

EBRO

TÁMESIS

RÓDANO

DVINA SETENTRIONAL

DVINA OCCIDENTAL

ELBA

RINRINSENA

LOIRA

GARONA

DANUBIO

DNIÉSTER

DNIÉPER

DON

VOLGA

PECHORA

URAL

TÍBER

PO

VÍSTULA

ÓDER

LAGOLADOGA

LAGOONEGA

LAGOPEIPUS

CLIMAS DE EUROPA

CLIMASPodemos dividir os climas de Europa en climas fríos, temperados e cálidos.

Climas fríos:

● Clima polar:

Situación:Norte de Europa.

Temperaturas: moi baixas todo o ano.

Precipitacións escasas en forma de neve

● Clima de montaña

Situación:zonas con cordilleiras altas (Pirineos, Alpes, Cárpatos, Urales...)

Temperaturas: baixas, invernos moi fríos, veráns frescos. Neves perpetuas a partir de 2500m

Precipitacións abundantes e regulares (choiva e neve)

Matthieu Riegler

Mont Blanc

Andrew Mandemaker

Climas temperados

● Clima continental

Situación: centro e leste de Europa, zonas afastadas do mar

Temperaturas:extremas, invernos moi fríos e veráns calorosos.

Precipitacións: pouco abundantes, máis frecuentes en verán.

● Clima mediterráneo

Situación: costa do Mediterráneo

Temperaturas:altas, invernos temperados e veráns calorosos.

Precipitacións: escasas e irregulares, alternadas con períodos de seca.

Clima oceánico

● Situación: oeste de Europa

Temperaturas:moderadas todo o ano, invernos suaves e veráns frescos.

Precipitacións: abundantes todo o ano (máis no inverno)

Imaxe:José Sánchez Rodríguez

Imaxe michael clarke

Imaxe:Carole

Clima cálido:

● Clima subtropical

Situación: Canarias Madeira, Azores

Temperaturas:suaves, invernos leves e veráns cálidos

Precipitacións: pouco abundantes

Imaxe:Lviatour

Texto:

Berta Mª Brea González.

Pixépolis Coñecemento do Medio 5º. Ed Edelvives.

Wikipedia

Ilustracións e fotos:

● Banco de imagenes y sonidos del Instituto Nacional de Tecnologías educativas y de Formación del profesorado.

● Wikipedia.

www.kalipedia.com