o outes que queremos -...

8
O Outes que queremos #chegouomomento

Upload: others

Post on 23-Feb-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O Outes que queremos - compromisooutes.galcompromisooutes.gal/sites/default/files/2019-05/ProgramaElectoral.pdf · como destino turístico a nivel galego e internacional, e coordinado

O Outes quequeremos

#chegouomomento

Page 2: O Outes que queremos - compromisooutes.galcompromisooutes.gal/sites/default/files/2019-05/ProgramaElectoral.pdf · como destino turístico a nivel galego e internacional, e coordinado

#chegouomomento

1.1. DESENVOlVEMENTO ECONÓMICO►Creación da Axencia de Desenvolvemento Local de Outes, dotada de recursos humanos e técnicos para apoiar a actividade empresarial e produtiva no concello. Esta axencia prestará servizos de asesoramento empresarial, apoio económico a novas actividades, apoio aos empresarios locais para concorrer á contratación pública, busca de fi nanciamento, colaboración coas universidades, etc.

►Creación da Sociedade de Participacións Industriais de Outes, que conte con capacidade fi nanceira e técnicas para impulsar iniciativas empresarias que creen emprego, preferentemente xunto co capital privado.

►Elaboración dun Plan de Desenvolvemento Local no que participen tódolos axentes sociais do concello.

►Lanzamento dunha liña de apoio para a posta en marcha de novas empresas no concello de até 6.000 € por proxecto.

►Posta en marcha dun programa de bolsas-contrato para a incorporación de moz@s de Outes en paro en empresas situadas no termo municipal e co compromiso de que logo pasen a ser empregados indefi nidos.

►Fomento do comercio local e de proximidade. Actividades de difusión, reforzo dos mercados e feiras tradicionais.

►Impulsar empresas de economía social para a atención e servizos á terceira idade.

►Dotación de solo industrial no concello, nunha zona que cumpra os requisitos para este tipo de solo.

►Impulsar, en colaboración co sector da construción e efectos navais, unha feira náutica no Freixo e outras medidas de promoción do sector.

►Programa de apoio ás iniciativas de xestión sostible do noso monte, incluíndo ás SOFOR (Sociedades de Fomento Forestal). Colaboración con propietarios particulares, coas comunidades de montes e con axentes do sector para a súa xestión efi ciente e sostible; mantemento de camiños, creación de roteiros e loita contra os incendios.

►Promoción dos produtos agrarios típicos de Outes, tales como a cebola de San Cosme, o grelo de Valadares e outros, mediante fi guras como as Indicacións Xeográfi cas Protexidas (IXP).

►Promoción dos produtos da nosa ría e apoio ao desenvolvemento de proxectos de transformación e comercialización dos mesmos.

Un concello con futuro

Page 3: O Outes que queremos - compromisooutes.galcompromisooutes.gal/sites/default/files/2019-05/ProgramaElectoral.pdf · como destino turístico a nivel galego e internacional, e coordinado

#outestenfuturo

2.1. INFRAESTRUTURAS E OBRAS►Plan de racionalización e coidado das infraestruturas públicas. Priorización do mantemento sobre a construción de novas infraestruturas.

►Actuacións inmediatas de conservación nos paseos marítimos da Ponte, Rates, Broña e o Freixo

►Posta en marcha dun plan anual de limpeza das beiras das estradas de titularidade municipal.

►Racionalización e adecentamento das pistas deportivas e parques infantís do concello, clausurando aquelas que non teñan usuarios e que poidan ser un perigo para a seguridade cidadán ou que afeen a paisaxe.

►Intermediación ante outras administracións para o arranxo e mellora de estradas de titularidade supramunicipal (estrada A Ponte-Negreira, A Serra-Valadares, etc).

►Mellora das comunicacións, en particular das comunicacións de internet, garantindo unha cobertura adecuada en todo o concello que permita desenvolver actividades profesionais.

►Desenvolver as xornadas “Talento de Outes no Mundo” nas que persoas de Outes que viven noutros lugares poidan compartir a súa experiencia e aportar ideas para o desenvolvemento de Outes.

►Revisión e mellora da fi scalidade, en particular a relativa ás concesións eólicas e á infraestrutura enerxética e de comunicación.

1.2. TURISMO►Elaboración, en estreita colaboración co sector, dun Plan de Turismo que sirva para promover a Outes como destino turístico a nivel galego e internacional, e coordinado coas iniciativas xa existentes.

►Creación dun Centro de Interpretación da Carpintería de Ribeira rehabilitando con fondos europeos un dos talleres tradicionais do concello e poñendo en valor a cultura mariñeira.

►Elaboración dunha guía turística de Outes e difusión da mesma en soporte dixital (apartado específi co na web no concello) e en colaboración co sector (restaurantes, casas rurais, hoteis, etc). Apertura, canto menos nos meses de maior afl uencia turística, dunha ofi cina de turismo.

►Sinalización e conservación de roteiros existentes para a práctica de sendeirismo, visitas culturais e etnográfi cas, etc..

►Creación do roteiro “Outes Industrial”. Un percorrido polos vestixios industriais de Outes (chemineas, antigas fábricas, carpinterías de ribeira etc).

►Impulso ao turismo de natureza no concello, por exemplo o turismo ornitolóxico. Promoción e coidado ambiental das zonas de especial singularidade ecolóxica do concello.

►Posta en valor da Ponte Nafonso, mediante unha adecuada intervención, sinalización e promoción turística.

Un concello que coide o que ten

Page 4: O Outes que queremos - compromisooutes.galcompromisooutes.gal/sites/default/files/2019-05/ProgramaElectoral.pdf · como destino turístico a nivel galego e internacional, e coordinado

#chegouomomento

►Garantía de que exista unha sinal adecuada de TV e Radio en tódalas parroquias do concello.

►Impulso á vila da Serra. Aprobación e posta en marcha dun plan de humanización e rehabilitación dos espazos públicos da vila.

►Realización dun inventario de bens e infraestruturas municipais.

2.2. MEDIOAMBIENTE►Revisión e mellora da rede de saneamento para evitar os numerosos puntos negros e os vertidos aos ríos e á ría, evitando tamén danar aos bancos marisqueiros. Conexión á rede de saneamento nos lugares onde non existe.

►Aposta por modelos de tratamento de residuos innovadores e ecolóxicos tales como depuradoras baseadas en lagoas e humedais, composteiros comunitarios, etc.

►Impulso da efi ciencia enerxética mediante a instalacións de enerxías limpas e de baixo consumo en tódalas infraestruturas públicas do concello.

►Xestión dos residuos alternativos á incineración (puntos limpos, promoción da reciclaxe e compostaxe, actividades de concienciación...) e estudo de alternativas á SOGAMA.

►Posta en marcha dun sistema de recollida de voluminosos.

►Eliminación de vertedoiros incontrolados.

►Reposición e limpeza dos contedores do lixo. Adecentamento das zonas onde se sitúan creando “illas de contedores” que reduzan o seu impacto e eviten o seu desprazamento.

►Posta en valor do medio ambiente e da paisaxe de Outes e implantación do programa “Coñece a nosa natureza e a nosa paisaxe” en colaboración cos centros de ensino do concello.

►Actividades puntuais de concienciacion ambiental como limpeza colectiva de praias do concello, recollida de plásticos e lixo polas rúas da Serra, por paseos e sendeiros...

Un concello para a xente, a igualdade e a inclusión

Page 5: O Outes que queremos - compromisooutes.galcompromisooutes.gal/sites/default/files/2019-05/ProgramaElectoral.pdf · como destino turístico a nivel galego e internacional, e coordinado

#outestenfuturo

3.1. IINFANCIA E XUVENTUDE►Transformación do actual Punto de Atención á Infancia nunha Escola Infantil que preste un servizo adecuado para as familias traballadoras. ►Implantación do servizo de madrugadores nos CEIP de Outes e reforzo do programa de actividades extraescolares. ►Implantación de servizo para a conciliación durante as vacacións escolares. ►Posta en marcha de actividades de educación ambiental e ciencia divertida. ►Impulso á participación da xuventude no concello creando o Consello da Mocidade de Outes.

3.2. XENTE MAIOR►Impulsar, en colaboración coa Xunta de Galicia e outras institucións, un centro residencial para a terceira idade nas instalacións do antigo colexio do Cruceiro de Róo. ►Reforzo dos programas de Asistencia no Fogar. ►Posta en marcha do programa “Xantar Xuntos” para a terceira idade no que os maiores de cada parroquia poderán cociñar e xantar xuntos nos centros sociais das parroquiais. ►Posta en marcha do programa de“Avellentamento Activo”, que inclúa actividades diversas de participación da terceira idade así como talleres interxeracionais para a aprendizaxe. ►Estudar a creación de vivendas sociocomunitarias para maiores, recuperando casas antigas aptas para ese uso. ►Oferta de actividades de carácter terapéutico nas instalacións deportivas do concello (piscina, ximnasio, etc.).

3.3. MUllER►Dinamizar e facer máis visible o Centro de Información á Muller. ►Promover a participación activa das mulleres na vida do concello, procurando o equilibrio entre sexos en todos os niveis dos procesos de toma de decisións. ►Fomentar e garantir o uso da linguaxe e imaxes inclusivas en calquera actividade realizada dende o concello de xeito que mulleres e homes sempre teñan a mesma presenza.

3.4. COlECTIVOS CON NECESIDADES ESpECIAIS►Colaboración e coordinación con entidades de atención a persoas con diversidade funcional, nomeadamente con ADIBISMUR. ►Elaboración dunha Ordenanza Municipal de Supresión de Barreiras Arquitectónicas e de Comunicación, en cumprimento coas normativas da Xunta de Galicia. ►Priorizar a atención a persoas e familias sen recursos (reforzo escolar, orientación laboral,...), coordinación e colaboración con entidades de carácter “social”, bancos de tempo, intercambio de servizos, etc.

3.5. MOBIlIDADE ►Impulsar o uso combinado do transporte escolar con outros usos para conectar A Serra con todas as parroquias de Outes. ►Creación dunha rede de sendeiros ao longo do concello aptas para os viandantes e para o uso de bicicletas. Impulso ao uso da biclicleta como medio de transporte no concello. ►Inclusión de Outes no Plan de Transporte Metropolitano da Área de Compostela, promovendo billetes económicos e combinados e liñas directas Outes-Santiago.

Page 6: O Outes que queremos - compromisooutes.galcompromisooutes.gal/sites/default/files/2019-05/ProgramaElectoral.pdf · como destino turístico a nivel galego e internacional, e coordinado

#chegouomomento

4.1. CUlTURA E pATRIMONIO ►Posta en valor da cultura tradicional de Outes e implantación do programa “Coñece a nosa cultura” en colaboración cos centros de ensino do concello.

►Impulsar un programa de fomento da lectura itinerante.

►Compromiso no uso da lingua galega tanto a nivel da administración interna do concello como externamente. Adhesión ao programa “Apego”.

►Impulsar o “roteiro literario do poeta Añón” por lugares do concello que aparecen na obra do noso senlleiro escritor.

►Plan de conservación do noso patrimonio histórico-artístico e posta en valor de monumentos de interese mediante actuacións de sinalización, recuperación e mellora.

►Celebración de xornadas para poñer en valor o noso patrimonio material e inmaterial en colaboración con universidades e outras institucións.

►Creación do premio “a mellor intervención de arquitectura tradicional” para promover a restauración e conservación do noso patrimonio urbanístico.

►Celebración da “Festa da Emigración”, recuperando e pondo en valor as vivencias dos homes e mulleres de Outes que emigraron, impulsando vínculos cos lugares aos que emigraron e tamén coas persoas inmigrantes residentes en Outes.

►Promover celebracións culturais e lúdicas, mellorando as existentes, que sirvan para proxectar Outes cara fóra e para impulsar a economía local: - Pampallín: recuperar a esencia da celebración que conmemora a chegada da primavera. - Atardecer musical en Broña: especialización e promoción adecuada. - Posta en marcha do programa itinerante “Foliadas nas Tabernas” de Outes. - Posta en marcha do programa “Outes vai de tapas”. - Posta en marcha do programa itinerante “Vermús Sonoros”. ►Local de ensaio para agrupacións con sala de gravación: adaptación do andar superior do local de ensaio da banda municipal.

Un concello para a cultura e o lecer

Page 7: O Outes que queremos - compromisooutes.galcompromisooutes.gal/sites/default/files/2019-05/ProgramaElectoral.pdf · como destino turístico a nivel galego e internacional, e coordinado

#outestenfuturo

4.2. DEpORTES►Creación e impulso do Consello Deportivo de Outes, con participación das asociacións e clubes deportivos, para coordinar as actuacións en materia deportiva do concello.

►Potenciar o deporte feminino.

►Apoio aos clubes federados do concello.

►Plan de actuación para a conservación, mellora e racionalización das infraestruturas deportivas do concello.

►Impulso aos deportes náuticos, aproveitando as condicións naturais do concello.

►Sinatura dun código ético para os concelleiros e concelleiras que, entre outras obrigas, estableza a de dimitir no caso de resultaren acusadas por un órgano xudicial.

►Uso da páxina web oficial do concello de Outes para facilitarlle á cidadanía toda a información relacionada coa institución municipal e cos seus cargos electos, co obxectivo de que as/os veciños/as saiban en todo momento como e en que se invisten os recursos públicos, e quen son as persoas responsables de executar ese gasto. Publicaranse tódolos ingresos recibidos por cada un dos cargos políticos municipais cada trimestre.

►Publicación da declaracións de actividades, ingresos e patrimonio de tódolos membros da corporación municipal.

►Para un mellor coñecemento dos acordos que se toman no máximo órgano de decisión, as sesións plenarias serán gravadas e difundidas a través da páxina web do concello.

►Darlle cobertura económica ás demandas da cidadanía mediante a posta en marcha de orzamentos participativos, que reserven unha porcentaxe do capítulo dedicado a investimentos para realizar aquelas obras ou servizos que, de xeito regulado, a cidadanía consideren prioritarios nas súas parroquias.

►Redución canto menos nun 20% dos gastos destinados a órganos políticos (salarios de dedicacións exclusivas e dietas por asistencias a comisións e plenos).

►Aposta por uns servizos á cidadanía áxiles, eficaces e eficientes. Axilizar trámites burocráticos (posibilidade de facer solicitudes a través da web) para unha pronta resposta á cidadanía (certificados, licencias, etc.)

►Axilizar o pago ás empresas provedoras de servizos ao concello.

Un concello transparente, participativo e eficiente

Page 8: O Outes que queremos - compromisooutes.galcompromisooutes.gal/sites/default/files/2019-05/ProgramaElectoral.pdf · como destino turístico a nivel galego e internacional, e coordinado