o neoclásico

6
Tema do Neoclásico. O Neoclásico. 1.1. O contexto Histórico Artístico. A mediados do século XVIII en Europa os artistas comezaron a cansarse do dinamismo do barroco, que chega a converterse en asimetría e desequilibrio, e iniciou unha busca dun novo camiño artístico. Moitos artistas teñen necesidade de repouso, simplicidade e equilibrio: xorde así o Neoclasicismo, corrente artística que se converteu no símbolo das ideas da Ilustración, e posteriormente da Revolución Francesa e do Imperio Napoleónico. Pero o Neoclásico tamén foi unha corrente artística que serve como instrumento político de crítica o Antigo Réxime. Mentres o Barroco e o Rococó simbolizado o poder das monarquías absolutas, que utilizaron a arte barroca como un medio de harmonizar o seu poder e luxo; o Neoclásico simboliza a orde da Ilustración e de unha sociedade máis racional e lóxica. Nas súas últimas etapas os monarcas absolutos, e concretamente o rei de Francia Luís XVI, serviuse dunha arte máis recargada, o Rococó, que en realizade converteuse no último elemento do Barroco. O Neoclásico desenrólase en Francia entre 1770 e 1830 (fechas relativas), asistindo pois, a varios acontecementos políticos: o fin do Antigo Réxime, personificado por Luís XVI. o triunfo da Revolución Francesa e todos os acontecementos relacionados con ela. o Imperio Napoleónico, coa súa expansión, crise e intento de Reconstrución. os inicios da Restauración dos Borbóns. os inicios das Revolución Liberais, tanto nas dúas vagas revolucionarias de 1820 e 1830. Nos inicios do Neoclasicismo tivo unha gran importancia a filosofía das luces, a Ilustración, que influíu nas teorías estéticas e que preparou o camiño cara o cambio político que se materializou coa Revolución Francesa. As criticas da Ilustración contra o Antigo Réxime, desembocou nunha ideoloxía burguesa que rexeitaba o pasado máis recente. Todo isto reflectirase de forma clara na arte da época. 1

Upload: profejrhis

Post on 01-Feb-2016

283 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Apuntes sobre a arte neoclásica

TRANSCRIPT

Page 1: O Neoclásico

Tema do Neoclásico.

O Neoclásico.

1.1. O contexto Histórico Artístico.A mediados do século XVIII en Europa os artistas comezaron a cansarse do dinamismo do barroco, que chega a converterse en asimetría e desequilibrio, e iniciou unha busca dun novo camiño artístico. Moitos artistas teñen necesidade de repouso, simplicidade e equilibrio: xorde así o Neoclasicismo, corrente artística que se converteu no símbolo das ideas da Ilustración, e posteriormente da Revolución Francesa e do Imperio Napoleónico.Pero o Neoclásico tamén foi unha corrente artística que serve como instrumento político de crítica o Antigo Réxime. Mentres o Barroco e o Rococó simbolizado o poder das monarquías absolutas, que utilizaron a arte barroca como un medio de harmonizar o seu poder e luxo; o Neoclásico simboliza a orde da Ilustración e de unha sociedade máis racional e lóxica. Nas súas últimas etapas os monarcas absolutos, e concretamente o rei de Francia Luís XVI, serviuse dunha arte máis recargada, o Rococó, que en realizade converteuse no último elemento do Barroco.O Neoclásico desenrólase en Francia entre 1770 e 1830 (fechas relativas), asistindo pois, a varios acontecementos políticos:

o fin do Antigo Réxime, personificado por Luís XVI. o triunfo da Revolución Francesa e todos os acontecementos relacionados con ela. o Imperio Napoleónico, coa súa expansión, crise e intento de Reconstrución. os inicios da Restauración dos Borbóns. os inicios das Revolución Liberais, tanto nas dúas vagas revolucionarias de 1820 e 1830.

Nos inicios do Neoclasicismo tivo unha gran importancia a filosofía das luces, a Ilustración, que influíu nas teorías estéticas e que preparou o camiño cara o cambio político que se materializou coa Revolución Francesa. As criticas da Ilustración contra o Antigo Réxime, desembocou nunha ideoloxía burguesa que rexeitaba o pasado máis recente. Todo isto reflectirase de forma clara na arte da época.Os descubrimentos arqueolóxicos (escavacións en Pompeia e Herculano) foron a base dun coñecemento máis profundo da antigüidade. Aparecen tratados que defenden o ideal da arte clásica como punto de partida de toda beleza. Aparecen os primeiros estudos científicos sobre a arte , e nacen os museos e as academias de Arte. O neoclasicismo foi unha corrente moi intelectualizada, o cal ten un sentido, como filla da Ilustración, para quen a Razón era o máis importante. O termo Neoclásico definese como unha volta os ideais dos Mundo Clásico, que é o que aspiran volver. A arte neoclásica queren retomar ó pasado, o mundo clásico grego e romano, e foi unha arte sobria, austera fiel á estética antiga e oposta o dinamismo e frivolidade do Rococó. Como consecuencia de todo isto, esta arte tivo un forte contido ético e político.

1.2. Pintura Neoclásica.

1.2.1. Características Xerais.O non existir apenas pinturas de época clásica grega e romana, a pintura neoclásica vai buscar os seus referentes na escultura clásica, sobre todo nos relevos, e nas tradicións pictóricas do Renacemento.A pintura quizás é a tendencia máis representativa do Neoclasicismo, que se caracteriza por:

Importancia do debuxo. Unha pintura moi lineal, cun debuxo moi preciso, na que os contornos das figuras están moi delimitadas, co cal se acentúa o carácter volumétrico ou plástico das mesma.A cor perde importancia fronte o debuxo. Triunfa a liña sobre a cor, a diferenza da pintura do barroco, e sobre todo do Rococó, onde a importancia da cor e fundamental.Luz uniforme. A luz deixa de ser envolvente e atmosférica como no Barroco. A luz convertese en algo fixo, que potencia as formas, e non as desfai como no Barroco.

1

Page 2: O Neoclásico

Tema do Neoclásico.Buscan a estabilidade mediante as composicións dos cadros. As composicións son pechadas, cortase a visión en profundidade. Xeralmente introdúcese as figuras dentro dun espazo cúbico e pechado.Importancia da serenidade e o equilibrio. Fronte o dinamismo do Barroco, buscase composicións equilibradas e repousadas.Representan as persoas de forma universal. As figuras son representadas en actitudes heroicas, en xeral os personaxes perden a súa individualidade e pasan a converterse en arquetipos (o revolucionario, o deposta, o burgués, etc.).Presentase as figuras en posicións moi teatralidade. As figuras son inexpresivas, e cando executan xestos estes son moi teatrais, moi solemnes. En realidade parece coma se estiveran a actuar no escenario dun teatro.

1.2.2. A Pintura Francesa: Jacques Louis David.As ideas ilustradas acadan o seu maior éxito en Francia de aí que sexa neste país onde triunfe de forma máis clara e contundente o Neoclasicismo. A pintura neoclásica francesa alcanzou as súas máximas cotas durante o goberno de Napoleón, e moitos pintores converteranse nos cantores das xestas e fazañas napoleónicas. Foi fundamentalmente unha pintura eminentemente politizada, de entre a que alcanzou o seu máximo representante a Jacques Louis David. Este foi o verdadeiro creador da pintura Neoclásica, imbuído dos ideais da Revolución Francesa, converteuse despois nun entusiasta de Napoleón.Nas súas pinturas atopamos as características básicas que definen á pintura Neoclásica:

pintura lineal e figuras volumétricas.espacio cubico ou composicións pechadas.luz fixa e unidireccional, que potencia as formas e non as desfai.canta as glorias da Revolución Francesa e Napoleón.uso de personaxes paralizados nas súas actitudes, moi inexpresivos, sendo representados en actitudes moi heroicas e amosando xestos de grandilocuentes (moi teatrais).Uso de cores pobres.

Un dos cadros máis significativos de David e no que se reúnen todas esas premisas é a “Morte de Marat”(1793), na que representa a un heroe da Revolución Francesa. Marat aparece morto nunha bañeira. David representa ó personaxe como un heroe, como un home xeneroso e integro. Marat xa morto, sostén na súa man un cheque no que acaba de asinar para a muller que o acaba de matar. Charlotte Corday, a súa asasina, é unha opoñente política que cuestiona a labor de Marat na Revolución. A escena ten unha forte carga dramática, moi do gusto neoclásico, pero non violenta. David seguindo os ideais clásicos prescinde da violencia para resaltar a heroicidade e honestidade do personaxe morto.A moral propia da Revolución Francesa, coa que David encaixa totalmente, vese simbolizada porque no cadro pasamos do SER (Marat) ó NON SER ou a NADA (fondo escuro): dando a entender que tras a morte, non hai nada. A luz tamén é simbólica, xa que incide na zona de vida, mentres a nada (a morte) aparece a escuras.Dentro da súa obra atopamos grandes obras artísticas:

O Xuramento do Horacios.(1784)O Xuramento de Xogo de Pelota.(1791)Napoleón cruzando os Alpes.(1801)A Coroación de Napoleón. (1806).

1.3. Arquitectura Neoclásica.

1..3.1. Características Xerais.Pretende marcar unha simplicidade espacial e compositiva.Desenvolvemento de fachadas estéticas e pórticos con columnas, e moitas ocasións sen frontóns a partir de modelos de templos clásicos.Uniformidade estilística, como consecuencia da formación dos artistas nas academias.

2

Page 3: O Neoclásico

Tema do Neoclásico.Vontade de ser transmisora dos valores eternos, polos seus propios elementos e non polo ornamento engadido.Desenvolvemento racional do medio urbano, que abandona a fisionomía esencialmente relixiosa en favor da civil.Atopa unha enorme adecuación entre a forma e a funcionalidade.Utilización de tódalas innovacións tecnolóxicas do momento (uso de novos materiais como o ferro e o cemento).Edifico representativos como casas de campo e edificios palacios. Aínda que a verdadeira arquitectura manifestase na cidade, que adquire unha fisionomía laica: museos, bibliotecas, teatros, paseos públicos....

Destacan dos grandes centros arquitectónicos: Francia e os Estados Unidos. Dentro de Francia: G. Soufflot co “Panteón de Homes Ilustres”; Gabriel, que deseñou a “Praza da Concordia”; e J. François Chalgrin co seu “Arco do Triunfo de l'Etoile”. No caso dos Estados Unidos destacan “o Capitolio dos Estados Unidos de América”, que sufriu sucesivas remodelacións. No resto de Europa ten unha vixencia limitada pola oposición as ideas francesas e a supervivencia de gustos barrocos (como no caso de España). Pese o cal, en España ten un certo desenvolvemento potenciado cunhas características propias:

inspiración no pasado (mantendo elementos do Renacemento e Barroco). importante peso das Academias, que intentan depurar eses elementos barrocos. Individualismo creativo dos diferentes artistas, que idean espazos de devoción, espazos para

desenvolver o saber, expansión na natureza ou monumentos urbanos. Dentro dos grandes arquitectos españois destacan:

Ventura Rodríguez. Remodelación da Basílica do Pilar de Zaragoza, e a fachada da Catedral de Pamplona.

F. Sabatini. Puerta de Alcalá. Juan de Villanueva. Observatorio Astronómico de Madrid.

1.4. Escultura Neoclásica.1.4.1. Características Xerais.

Predominio do emprego do mármore branco como material máis puro. Imponse a austeridade, a imitación da Antigüidade e o razoamento intelectual da beleza. Isto

provoca unha certa frialdade e aloxamento do espectador. Desenvolvemento do retrato, o baixorrelevo e o bulto redondo (que leva unha clara influencia

da cultura grecolatina). Busca arredarse da temática relativa o emotivo, o sentimento e a paixón. As figuras posúen

unha contención expresiva, que suple cunha perfección formal. Prescinde de movementos violentos, escorzos e diagonais para reducir a visión a un so lado: o

frontal. Ofrece especial importancia do nu como representación ideal do ser humano, tomando tanto

de modelos actuais como de esculturas da antigüidade. Desta o renacemento da escultura funeraria, como consecuencia das leis que obrigan a

enterrar os mortos fora dos recintos urbanos. Escultura é considerada como unha das interpretacións artísticas menores do Neoclásico. Os principais autores destacan:

o J. A. Houdon. Especializouse en facer retratos dos principais personaxes históricos do momento.

o A. Canova. Gran representante da escultura neoclásica, e que se inspira na tradición helenística e mitolóxica. Destacan como obras máis importantes:

Teseo co Minotauro. Dedalo e Icaro. Hercules e Licas.

3

Page 4: O Neoclásico

Tema do Neoclásico. Perseo coa cabeza de Medusa. Amor e Psique.

o Bertel Thorwaldsen. Seguidor e discípulo de Canova, sendo un escultor refinado , que busca unha beleza serena. Dentro das súas obras destacan:

Ganimedes e a Aguia. Jasón. León de Lucerna.

4