o mar mitoloxía

20
Mencía Bóveda Oubiña 1º ESO A. IES Francisco Asorey Cambados, abril 2013

Upload: iesasorey

Post on 24-May-2015

2.166 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: O mar mitoloxía

Mencía Bóveda Oubiña 1º ESO A. IES Francisco AsoreyCambados, abril 2013

Page 2: O mar mitoloxía

Neptuno o Deus do MarNeptuno na mitoloxía romana e Poseidón na grega.

Éra o fillo maior dos deuses Saturno e Ops, irmán de Xúpiter e Plutón.

Page 3: O mar mitoloxía

Neptuno goberna as augas e os mares. Cabalga as ondas sobre cabalos brancos. Vive nas profundidades do mar nun reino con castelos dourados. Co seu poderoso tridente axita as ondas, fai abrollar fontes e mananciais e provoca terremotos e tifóns. Ten poder sobre todas as criaturas mariñas.

Page 4: O mar mitoloxía

Na mitoloxía grega representa ao gran océano mundial, personificado como un Titán, fillo de Urano e Xea. Aparece representado co torso e brazos dun home musculoso con barba longa e cornos e ás veces con pinzas de cangrexo e a parte inferior do corpo de serpe ou de peixe. Da súa unión con tetis naceron as tres mil Oceánices ou ninfas do mar, todos os Oceánidas, os ríos do mundo e os lagos.

Océano

Page 5: O mar mitoloxía

Na mitoloxía grega era o maior dos fillos de Ponto e Xea, o deus das ondas do mar. Con Doris tivos cincuenta fillas, as nereidas, todas ninfas do mar (entre elas Tetis). Vivía no mar Exeo.

Nereo

Page 6: O mar mitoloxía

Na mitoloxía grega eran as cincuenta fillas de Nereo e Doris. Considerábanse as ninfas do mar e vivían nas profundidades do océano. Ás veces emerxían á superficie para axudar aos mariñeiros. Aparécense montadas en golfiños e outros animais mariños. Cantaban con voz melodiosa e bailaban ao redor do seu pai. Represéntanse coroadas por ramas de coral e portando o tridente de Poseidón (formaban parte do seu séquito).As máis importantes eran Tetis, Galatea e Anfítitre.

Nereidas

Page 7: O mar mitoloxía

Tetis é unha das nereidas que guiou aos argonautas para que se libraran de Escila e Caribdis. Representa a fecundidade do mar.

Tetis

Page 8: O mar mitoloxía

Na mitoloxía grega era unha ninfa, filla de Atlante e Pléyone. Vivía na illa Ogigia. Recibiu hospitaliariamente a Odiseo (Ulises) cando a súa nave naufragou. Calipso, enamorada profundamente de Odiseo, retenno contra a súa vontade na illa durante moito tempo, mentres él cre que apenas son uns días.

Calipso

Page 9: O mar mitoloxía

Na mitoloxía grega é a deusa do amor, a sexualidade e a beleza, equivalente á Venus romana. Estaba asociada co mar. Naceu da escuma do mar.

Afrodita-Venus

O nacemento de Venus de Botticelli (1485).

Page 10: O mar mitoloxía

Escila e CaribdisSon dous monstros mariños da mitoloxía grega que vixiaban o estreito de Mesina, de tal xeito que os barco que fuxían dun atopaban co outroEscila era una moza que foi transformada nun monstro mariño de varias cabezas

Page 11: O mar mitoloxía

Caribdis é un monstro mariño terrrible, filla de Poseidón e de Xea, tragaba grandes cantidades de auga tres veces ao día e soltábaa xerando remuíños que devoraban todo o que atopaban. Caribdis foi orixinariamente unha ninfa mariña que inundou a terra para ampliar o reino submariño do seu pai, ata que Zeus transformouna nun monstruo.

Odisei pelexando contra Escila e Caribdis

Page 12: O mar mitoloxía

As SereasNa mitoloxía grega é unha ninfa filla do río Aqueloo, o máis grande de Grecia, e dunha musa, Calíope (ou Terpsícore). Outras versións din que é filla de Forcis e Xea. Ten corpo de ave e cabeza humana que pode ser de home ou muller. Cos seus cantos engaiolaba aos mariñeiros e provocaba a súa morte contra os cantís.

Serea do século I a.C.Ulises e as sereas 480-470 a.C

Page 13: O mar mitoloxía

A partir do século XII comezan a aparecer as sereas-peixe: metade superior de muller e metade inferior de peixe. Chamada tamén Nereida.

As sereas son moi perigosas xa que cos seus cantos fan que os barcos

naufraguen e morran todos os mariñeiros.

Page 14: O mar mitoloxía

Na mitoloxía grega é un deus mensaxeiro das profundidades mariñas. É fillo de Poseidón e Anfítitre.Represéntase co torso humano e a cola dun peixe, cun tridente ou unha caracola que tocaba para calmar ou elevar as ondas do mar. Vivía cos sus pais nun pazo dourados das profundidades mariñas.

Tritón

Page 15: O mar mitoloxía

Na mitoloxía Na miltoloxía grega era un cabalo mariño coa parte inferior do corpo con forma de peixe ou monstro mariño.

Hipocampo

Page 16: O mar mitoloxía

Na mitoloxía grega o peixe-centauro ou centauro-tritón describíase con torso humano, as patas dianteiras dun cabalo e a cola de peixe.

Ictiocentauro

Page 17: O mar mitoloxía

Leviatán É unha grans besta

mariña que aparece na Biblia, no antigo testamento. Asóciase ao demo.

Page 18: O mar mitoloxía

Na mitoloxía escandinava Jörmundgander (a serpe de Midgard) é unha xigantesca serpe filla do deus Loki e da xigante Angrboda. Odín lanzouna ao mar e medrou tanto que mordendo a cola podería abrazar toda a Terra.

Serpe de Midgard

Page 19: O mar mitoloxía

O Kraken É unha criatura mariña da

mitoloxía escandinava e finlandesa descrita como un polbo ou calamar xigante que afundía os barcos cos seus tentáculos e devoraba os mariñeiros.

Page 20: O mar mitoloxía

Morgawr Dise que é o gran monstruo mariño que pertence a familia do do

lago Ness. Aparece nas costas de Cornuealles (Gran Bretaña)