o magosto no noso ies - edu.xunta.gal … · •o 1º magosto celebrouse o 22 de novembro de 1994,...
TRANSCRIPT
O Magosto no noso IES
• O 1º Magosto celebrouse o 22 de novembro
de 1994, segundo testemuñan un informe
de Secretaría e un artigo da revista do
Centro, “O Capador”.
• Dende aquela xa choveu, pero o espírito
festeiro mantívose vivo nas actividades
esenciais: castañas asadas, música
tradicional e diversión a esgalla.
O informe do 1º Magosto
• Explica que foi organizado polo E.N.L. e contou
coa presenza do pintor Conde Corbal que falou
da tradición e cultura do magosto. Tamén estivo
o afamado cociñeiro da TVG, Paco Feixó quen
impartiu unha clase maxistral sobre a
gastronomía da castaña en Galicia.
• Houbo un xantar enxebre que contou coa
música das pandeireteiras da A.C. Malveiras.
Venres, 16 novembro, ás 11 horas.
Charla e exposiciónsobre os cogomelosDeportes e xogos
Entrega premios ConcursoLiterario e Carteis
Música tradicionale instrumental
Xantar do Magosto:
Castañas asadasChourizos á brasaQueixo do país
Organiza:Equipo de NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.I. E. S. CARRIL.
As castañas e o Magosto
Curso 2009-10
I.E.S. “Miguel A. González Estévez”. O Carril (Vilagarcía de Arousa)
Tradición e outono
Curso 2010-11
I.E.S. “Miguel A. González Estévez”. O Carril (Vilagarcía de Arousa)