o espolón plano turístico históricoterrasdeiria.com/wp-content/uploads/plano-guia-padron...(un...

2
Plano turístico Padrón, municipio situado ao sur da provincia da Coruña, límite coa de Pontevedra, asénta- se nunha ampla veiga entre os ríos Ulla e Sar, porta natural da ría de Arousa. O nome da Vila, probablemente proceda do “Pedrón”, ara romana que se garda baixo o altar maior da Igrexa de Santiago. A tradición xacobea vincúlao como o lugar de amarre da barca Apostólica, que guiada por un anxo, conduciu desde “Haffa” en Palesti- na ata o porto de Iria Flavia o corpo sen vida do Apóstolo Santiago (s. I), acompañado dos seus discípulos Teodoro e Atanasio. A Vila ten a súa orixe no século X, como un alfoz de Iria Flavia, xurdindo á beira dun río, o Sar, que ata ben entrada a Idade Media era navegable. Padrón xorde nunha encrucillada de camiños, un lugar de peregrinacións xacobeas. A estru- tura urbanística conserva unha disposición medieval, as rúas son estreitas e dispóñense ao redor dun eixe central, a Rúa Longa, da que transversalmente parten as demais, in- tercaladas por pequenas praciñas. Ata a Idade Moderna posuía dous portos: un exterior no río Ulla, lugar da Ponte, e outro interior en Murgadán á beira do río Sar. O Foro que lle concedeu o Rei Fernando II de León (1164), por ser o lugar de arribada do Apóstolo, transformou o burgo padronés nun núcleo urbano, obtendo a Vila exencións fis- cais, e privilexios políticos nos reinos da mo- narquía, confirmados por todos os monarcas ata o Rei Felipe V (1701) e depositados no Arquivo Histórico Municipal. No século XV, Padrón padeceu os avatares da Revolta Irmandiña (loita entre o arcebispado e os cabaleiros), constituíndose na Vila unha “Irmandade” (1467) que levaría á destrución da fortaleza da Rocha Branca en Iria Flavia (un dos castelos máis fermosos do arcebis- pado) e da Torre Moucha, atalaia defensiva, arrimada á Igrexa Parroquial. Coa introdución do téxtil, s. XVII, prodúcese na Vila unha importante protoindustrializa- ción que duraría ata mediados do s. XIX e na que operarán compañías propias que comer- ciaban cos diversos países europeos. A inicios do século XIX padecería as conse- cuencias da Invasión Francesa, con saqueos no Convento do Carme, no de Herbón e no Santuario da Escravitude. Desde o século XVIII, ostenta a denominación de moi leal e nobre Vila de Padrón. Cabeza de partido xudicial (3/2/1820) e Municipio Turístico (7/2/2000). Cruceiro de Fondo de Vila, s. XV. Pedestal con figuras da paixón: salamántigas, tibias e caveiras. Varal coas imaxes do Apóstolo pere- grino e San Juan. O Espolón, Paseo fluvial, s. XIX, recuber- to artisticamente por plátanos e presidido ao norte pola Estatua de Rosalía de Castro, 1957, obra de José María Mateos. Ao sur, a de Camilo José Cela, obra de Ferreiro Badía, 2003. Todos os domingos do ano desde a Ida- de Media, celébrase nel, un típico mercado, no que se venden todo tipo de mercadorías, atraendo a miles de visitantes. Igrexa de Santiago de Padrón, 1876, de estilo neoclásico, José Piquet, levantada so- bre un templo románico, obra do arcebispo Xelmírez (1123). Reformada nos séculos XVI e XVII. No interior atópase o Pedrón, ara ro- mana, un púlpito gótico (s. XV) da época do arcebispo Rodrigo de Luna, no que está es- culpida unha bela imaxe de Santiago Peregri- no. Dous lenzos, representando a chegada en barca do Apóstolo Santiago (s. XVII), e dous relevos, en táboa, recentemente recuperados nos que se representa o bautismo da Raíña Lupa, e a chegada en barca do Apóstolo San- tiago a Padrón. Ponte Santiago, 1904, obra de Juan Peón, reconstruído sobre unha ponte medieval. Fonte do Carme, 1577. Reformada en 1789. Iconografía xacobea, representando a che- gada do Apóstolo a Padrón e o bautismo da Raíña Lupa. Convento do Carme, 1752, antigo mosterio carmelita, hoxe ocupado polos PP. Dominicos. Sobresaen as tallas da Virxe do Carme, obra de Felipe de Castro (1704-1775), a Virxe das Angustias, Cristo coa Bóla do Mundo, obras de José Ferreiro (1738-1830). Desde o seu magnífico adro, tense unha espléndida vista da Vila. Pazo de Quito, 1666, edificio renacentista de Melchor Velasco Agüero, realizado por en- cargo de D. Alonso de la Peña y Montenegro, reitor da Universidade Compostelán, arcebis- po e capitán xeral de Quito. Pazo do Concello. Reformado no 1794, obra do mestre don Francisco Domínguez. Na fa- chada, escudo pétreo municipal, esfera do reloxo inglés da mesma época. No salón de plenos, imaxe de San Xoán Anteportam Lati- nam (vulgarmente coñecido como San Xoán do Raio), un lenzo do s. XIX, obra do pintor local Balsa de la Vega, representa ao frade e poeta medieval Juan Rodríguez del Padrón e no último andar dependencias do Arquivo Histórico Municipal. Edificio de Alfolí do Sal, pósito de venda de sal do século XII. Casas brasonadas e galerías do casco histórico, testemuña dun pasado florecente. Xardín Histórico-Artístico, s. XIX, con nu- merosas especies arbóreas, exemplares úni- cos: palmeira do Senegal, sequoias, carballos, hibiscos de Siria, etc. Declarado monumento artístico nacional desde 1946. No interior, bustos do poeta medieval Macías e do insigne rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Vía Crucis de acceso ao Santiaguiño. Den- de Padrón ao cume do monte, 125 chanzos, obra do s. XIX, patrocinada polo mecenas padronés Vidal Cepeda. Santiaguiño do Monte, santuario xacobeo, integrado polas penas, a casa do ermitán, fonte e ermida. Na porta oeste, escudón do arcebispo Rodrigo de Luna (s. XV): no interior imaxe pétrea do Santo e sartego do coengo Gregorio (s. XV). Sostén a tradición xacobea que nas penas predicou o Apóstolo Santiago e que fixo brotar a fonte co seu bastón. Iria Flavia Desde a máis remota antigüidade foi un foco irradiador de cultura. Antigo núcleo prerro- mano, colonizado no s. I d.C. polos romanos. Mansión romana da vía XIX (s. I). Nos anos 69-70 d.C. o emperador Vespasiano concé- delle o ius latii. Sé episcopal desde o século V ata o 1095. Colexiata ata 1895, a partires desta data Parroquia Maior, dedicada a Santa María. Un dos primeiros templos marianos do mundo, reconstruído no século XVIII. Na portada, tímpano gótico no que se representa a Anunciación, no frontal escudo do Cabido de Iria. O campanario é piramidal. No interior, sartegos do Corpo Santo e do arcebispo Ro- drigo de Luna (s. XV). O altar maior de estilo churrigueresco, con imaxe en xisto da Virxe e o Apóstolo de xeonllos. Enreixado de ferro barroco, no que están esculpidos os doantes. Capelas laterais, do arcebispo de Quito (s. XVII) e da Virxe de Belén. No adro, cemiterio de Adina, no que estivo enterrada Rosalía de Castro desde 1885-1891 e ao que fermosa- mente cantara nas súas poesías. A tumba do Premio Nobel Camilo José Cela (1916-2002) e dous artísticos cruceiros. Fundación Camilo José Cela. Antigas casas dos Coengos (século XVIII). Alberga o legado do Premio Nobel de Literatura 1989 e impor- tantes obras de arte. O Museo do Ferrocarril, en recordo do bisavó de don Camilo, constru- tor da primeira liña ferroviaria Cornes (San- tiago)-Carril (Vilagarcía) en 1873 e o Museo de Arte Sacro. Casa Museo de Rosalía de Castro. Monu- mento Histórico Artístico desde o 7 de outu- bro de 1946. Casa Museo desde 1972. Nas súas dependencias faise un percorrido pola vida e obra da poetisa (1837-1885). mente destacan as altas torres e a escalinata. No interior, o retablo do altar maior. Igrexa Parroquial de estilo románico, refor- mada ao longo dos séculos. FUNDACIÓNS Fundación Camilo José Cela Teléfono: 981 810 348 / Fax: 981 810 453 Fundación Rosalía de Castro Teléfono: 981 811 204 Lugar de Extramundi Pazos privados da Torre do Monte (s. XV) e do Vinculeiro (s. XVIII). Lugar da Ponte Antigo peirao comercial ata finais do século XIX. Paseo fluvial e área recreativa na con- fluencia do río Sar co Ulla. Parroquia de Santa María de Herbón Igrexa románica (s. XII), mandada construír polo arcebispo Xelmírez. Mosterio Francis- cano de Herbón (s. XIV), antigo colexio mi- sioneiro. No que viviu o poeta medieval Juan Rodríguez del Padrón, destaca a igrexa cun fermoso retablo no que traballaron os prin- cipais escultores galegos do s. XVIII e XIX. As pesqueiras romanas de Lampreas no río Ulla e os invernadoiros de pementos. Parroquia de San Pedro de Carcacía Lugar de nacemento do poeta medieval Ma- cías ou Namorado. Calvario de Xuane, século XVIII. Falla do Monte Lapido, escavada en roca polo río Ulla. Lampreeiras e Couto salmoneiro de Sinde. Parroquia de Santa María de Cruces Santuario da Escravitude, obra de José San Martín; as orixes remóntanse ao século XVI, construído maioritariamente no século XVII e rematado definitivamente no 1885. Exterior- CALENDARIO FESTIVO Entroido de Carcacía, cos famosos xenerais. Festas Patronais de Pascua e “Pascuílla” (coincide coa Semana Santa, meses: marzo-abril). San Xoan do Raio, patrón do Concello: 6 de maio. Corpus: 60 días logo da Pascua. San Pedro (Carcacía): finais de xuño. Romaría de Santiaguiño do Monte: 24 e 25 de xullo. Festa do Pemento (Herbón): 1º sábado de agosto. A nosa Señora e San Roque (Iria): 15 e 16 de agosto. Virxe da Escravitude: 8 de setembro. Romaría da Virxe da Mercé (Bandín-Carcacía): 24 de setembro. O Rosario (Padrón): outubro. O Rosario (A Escravitude): outubro. A Traslatio (Padrón): 30 de decembro. HORARIOS DE MUSEOS Casa-Museo de Rosalía de Castro Horario de inverno: Martes a Sábado: de 10:00 a 13.30 h. e de 16:00 a 19:00 h. Horario de verán: Martes a Sábado: de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h. Domingos e festivos: de 10:00 a 13:30 h. Luns pechado. Prezo de entrada: 1,50Fundación Camilo José Cela Horario de inverno: Luns a Xoves: de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h. Venres: de 10:00 a 14:00 h. Horario de verán: Luns a Venres: de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h. Prezo de entrada: 8Igrexa parroquial de Santiago de Padrón Mañás: 10:00 a 12: 30 h (misa ás 9:30 h) Tardes: 16:30 a 20:30 h (misa ás 21:00 h) Domingos: 11:00 a 11: 45 h (misas ás 10:00 e ás 12:00 h). Igrexa parroquial de Santa María a Maior de Iria Flavia Mañás: 11:00 a 13:30 h Tardes: 17:00 a 19:30 h Convento do Carme 19: 30 a 20: 00 h Convento de Herbón Mañás: 9: 00 a 13:00 h Tardes: 16:00 a 20:30 h Santuario da Escravitude Mañás: 9:00 a 10:00 h Tardes: 18:30 a 21.00 h Misas. 20:30 h (sábados 20:00 h) HISTORIA E TRADICIÓNS MONUMENTOS A fertilidade da veiga padronesa ten o seu reflexo nos produtos típicos de tempada: hortalizas, patacas, cebolas, chícharos, tomates, destacando os pementos de Herbón. Pesca: lamprea do Ulla, tempada de febreiro a maio. PRODUTOS TÍPICOS ENCANTO E TRADICIÓN DO PADRÓN RURAL Paisaxe, arte e cultura conforman o rural padronés. O Pedrón. A ponte de Santiago e o convento do Carme ao fondo. Couto salmoneiro de Sinde (río Ulla). Pazo do Vinculeiro en Extramundi. Santa María de Herbón. Pementos de Herbón. Paseo fluvial no lugar da Ponte. Santuario da Excravitude. O río Ulla ao seu paso polo Lapido. Paseo do Espolón. Pazo de Quito. Colexiata de Iria Flavia. Padrón: terra de Rosalía TELÉFONOS DE INTERESE Concello: 981 810 451 / Oficina de Turismo: 627 210 777 Policia Local: 981 810 247 / Garda Civil: 981 810 091 Centro Médico: 981 810 303 / Centro Social Auditorio: 981 811 329 Convento PP Dominicos: 981 810 044 / Convento PP Franciscanos: 981 811 704 Paradas de taxis: Rúa Real: 981 810 295 / Avda. de Compostela: 981 811 459 O Padrón de D. Camilo Concellería de Turismo Concellería de Turismo

Upload: others

Post on 21-Jan-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O Espolón Plano turístico históricoterrasdeiria.com/wp-content/uploads/plano-guia-padron...(un dos castelos máis fermosos do arcebis-pado) e da Torre Moucha, atalaia defensiva,

Plano turístico

Padrón, municipio situado ao sur da provincia da Coruña, límite coa de Pontevedra, asénta-se nunha ampla veiga entre os ríos Ulla e Sar, porta natural da ría de Arousa. O nome da Vila, probablemente proceda do “Pedrón”, ara romana que se garda baixo o altar maior da Igrexa de Santiago.

A tradición xacobea vincúlao como o lugar de amarre da barca Apostólica, que guiada por un anxo, conduciu desde “Haffa” en Palesti-na ata o porto de Iria Flavia o corpo sen vida do Apóstolo Santiago (s. I), acompañado dos seus discípulos Teodoro e Atanasio. A Vila ten a súa orixe no século X, como un alfoz de Iria Flavia, xurdindo á beira dun río, o Sar, que ata ben entrada a Idade Media era navegable.Padrón xorde nunha encrucillada de camiños, un lugar de peregrinacións xacobeas. A estru-tura urbanística conserva unha disposición medieval, as rúas son estreitas e dispóñense ao redor dun eixe central, a Rúa Longa, da que transversalmente parten as demais, in-tercaladas por pequenas praciñas. Ata a Idade Moderna posuía dous portos: un exterior no río Ulla, lugar da Ponte, e outro interior en Murgadán á beira do río Sar.

O Foro que lle concedeu o Rei Fernando II de León (1164), por ser o lugar de arribada do Apóstolo, transformou o burgo padronés nun núcleo urbano, obtendo a Vila exencións fis-cais, e privilexios políticos nos reinos da mo-narquía, confirmados por todos os monarcas ata o Rei Felipe V (1701) e depositados no Arquivo Histórico Municipal.No século XV, Padrón padeceu os avatares da Revolta Irmandiña (loita entre o arcebispado e os cabaleiros), constituíndose na Vila unha “Irmandade” (1467) que levaría á destrución da fortaleza da Rocha Branca en Iria Flavia (un dos castelos máis fermosos do arcebis-pado) e da Torre Moucha, atalaia defensiva, arrimada á Igrexa Parroquial.Coa introdución do téxtil, s. XVII, prodúcese na Vila unha importante protoindustrializa-ción que duraría ata mediados do s. XIX e na que operarán compañías propias que comer-ciaban cos diversos países europeos. A inicios do século XIX padecería as conse-cuencias da Invasión Francesa, con saqueos no Convento do Carme, no de Herbón e no Santuario da Escravitude. Desde o século XVIII, ostenta a denominación de moi leal e nobre Vila de Padrón. Cabeza de partido xudicial (3/2/1820) e Municipio Turístico (7/2/2000).

Cruceiro de Fondo de Vila, s. XV. Pedestal con figuras da paixón: salamántigas, tibias e caveiras. Varal coas imaxes do Apóstolo pere-grino e San Juan.

O Espolón, Paseo fluvial, s. XIX, recuber-to artisticamente por plátanos e presidido ao norte pola Estatua de Rosalía de Castro, 1957, obra de José María Mateos. Ao sur, a de Camilo José Cela, obra de Ferreiro Badía, 2003. Todos os domingos do ano desde a Ida-de Media, celébrase nel, un típico mercado, no que se venden todo tipo de mercadorías, atraendo a miles de visitantes.

Igrexa de Santiago de Padrón, 1876, de estilo neoclásico, José Piquet, levantada so-bre un templo románico, obra do arcebispo Xelmírez (1123). Reformada nos séculos XVI e XVII. No interior atópase o Pedrón, ara ro-mana, un púlpito gótico (s. XV) da época do arcebispo Rodrigo de Luna, no que está es-culpida unha bela imaxe de Santiago Peregri-no. Dous lenzos, representando a chegada en barca do Apóstolo Santiago (s. XVII), e dous relevos, en táboa, recentemente recuperados nos que se representa o bautismo da Raíña Lupa, e a chegada en barca do Apóstolo San-tiago a Padrón.

Ponte Santiago, 1904, obra de Juan Peón, reconstruído sobre unha ponte medieval.

Fonte do Carme, 1577. Reformada en 1789. Iconografía xacobea, representando a che-gada do Apóstolo a Padrón e o bautismo da Raíña Lupa.

Convento do Carme, 1752, antigo mosterio carmelita, hoxe ocupado polos PP. Dominicos. Sobresaen as tallas da Virxe do Carme, obra de Felipe de Castro (1704-1775), a Virxe das Angustias, Cristo coa Bóla do Mundo, obras de José Ferreiro (1738-1830). Desde o seu magnífico adro, tense unha espléndida vista da Vila.

Pazo de Quito, 1666, edificio renacentista de Melchor Velasco Agüero, realizado por en-cargo de D. Alonso de la Peña y Montenegro, reitor da Universidade Compostelán, arcebis-po e capitán xeral de Quito.

Pazo do Concello. Reformado no 1794, obra do mestre don Francisco Domínguez. Na fa-chada, escudo pétreo municipal, esfera do reloxo inglés da mesma época. No salón de plenos, imaxe de San Xoán Anteportam Lati-nam (vulgarmente coñecido como San Xoán do Raio), un lenzo do s. XIX, obra do pintor local Balsa de la Vega, representa ao frade

e poeta medieval Juan Rodríguez del Padrón e no último andar dependencias do Arquivo Histórico Municipal.

Edificio de Alfolí do Sal, pósito de venda de sal do século XII.

Casas brasonadas e galerías do casco histórico, testemuña dun pasado florecente.

Xardín Histórico-Artístico, s. XIX, con nu-merosas especies arbóreas, exemplares úni-cos: palmeira do Senegal, sequoias, carballos, hibiscos de Siria, etc. Declarado monumento artístico nacional desde 1946. No interior, bustos do poeta medieval Macías e do insigne rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Vía Crucis de acceso ao Santiaguiño. Den-de Padrón ao cume do monte, 125 chanzos, obra do s. XIX, patrocinada polo mecenas padronés Vidal Cepeda.

Santiaguiño do Monte, santuario xacobeo, integrado polas penas, a casa do ermitán, fonte e ermida. Na porta oeste, escudón do arcebispo Rodrigo de Luna (s. XV): no interior imaxe pétrea do Santo e sartego do coengo Gregorio (s. XV). Sostén a tradición xacobea que nas penas predicou o Apóstolo Santiago e que fixo brotar a fonte co seu bastón.

Iria FlaviaDesde a máis remota antigüidade foi un foco irradiador de cultura. Antigo núcleo prerro-mano, colonizado no s. I d.C. polos romanos. Mansión romana da vía XIX (s. I). Nos anos 69-70 d.C. o emperador Vespasiano concé-delle o ius latii. Sé episcopal desde o século V ata o 1095. Colexiata ata 1895, a partires desta data Parroquia Maior, dedicada a Santa María. Un dos primeiros templos marianos do mundo, reconstruído no século XVIII. Na portada, tímpano gótico no que se representa

a Anunciación, no frontal escudo do Cabido de Iria. O campanario é piramidal. No interior, sartegos do Corpo Santo e do arcebispo Ro-drigo de Luna (s. XV). O altar maior de estilo churrigueresco, con imaxe en xisto da Virxe e o Apóstolo de xeonllos. Enreixado de ferro barroco, no que están esculpidos os doantes. Capelas laterais, do arcebispo de Quito (s. XVII) e da Virxe de Belén. No adro, cemiterio de Adina, no que estivo enterrada Rosalía de Castro desde 1885-1891 e ao que fermosa-mente cantara nas súas poesías. A tumba do Premio Nobel Camilo José Cela (1916-2002) e dous artísticos cruceiros.

Fundación Camilo José Cela. Antigas casas dos Coengos (século XVIII). Alberga o legado do Premio Nobel de Literatura 1989 e impor-tantes obras de arte. O Museo do Ferrocarril, en recordo do bisavó de don Camilo, constru-tor da primeira liña ferroviaria Cornes (San-tiago)-Carril (Vilagarcía) en 1873 e o Museo de Arte Sacro.

Casa Museo de Rosalía de Castro. Monu-mento Histórico Artístico desde o 7 de outu-bro de 1946. Casa Museo desde 1972. Nas súas dependencias faise un percorrido pola vida e obra da poetisa (1837-1885).

mente destacan as altas torres e a escalinata. No interior, o retablo do altar maior.Igrexa Parroquial de estilo románico, refor-mada ao longo dos séculos.

FUNDACIÓNSFundación Camilo José Cela Teléfono: 981 810 348 / Fax: 981 810 453

Fundación Rosalía de Castro Teléfono: 981 811 204

Lugar de ExtramundiPazos privados da Torre do Monte (s. XV) e do Vinculeiro (s. XVIII).

Lugar da PonteAntigo peirao comercial ata finais do século XIX. Paseo fluvial e área recreativa na con-fluencia do río Sar co Ulla.

Parroquia de Santa María de HerbónIgrexa románica (s. XII), mandada construír polo arcebispo Xelmírez. Mosterio Francis-cano de Herbón (s. XIV), antigo colexio mi-sioneiro. No que viviu o poeta medieval Juan Rodríguez del Padrón, destaca a igrexa cun fermoso retablo no que traballaron os prin-

cipais escultores galegos do s. XVIII e XIX. As pesqueiras romanas de Lampreas no río Ulla e os invernadoiros de pementos.

Parroquia de San Pedro de CarcacíaLugar de nacemento do poeta medieval Ma-cías ou Namorado. Calvario de Xuane, século XVIII. Falla do Monte Lapido, escavada en roca polo río Ulla. Lampreeiras e Couto salmoneiro de Sinde.

Parroquia de Santa María de CrucesSantuario da Escravitude, obra de José San Martín; as orixes remóntanse ao século XVI, construído maioritariamente no século XVII e rematado definitivamente no 1885. Exterior-

CALENDARIO FESTIVO Entroido de Carcacía, cos famosos xenerais. Festas Patronais de Pascua e “Pascuílla”

(coincide coa Semana Santa, meses: marzo-abril). San Xoan do Raio, patrón do Concello:

6 de maio. Corpus: 60 días logo da Pascua. San Pedro (Carcacía): finais de xuño. Romaría de Santiaguiño do Monte:

24 e 25 de xullo.

Festa do Pemento (Herbón): 1º sábado de agosto. A nosa Señora e San Roque (Iria):

15 e 16 de agosto. Virxe da Escravitude: 8 de setembro. Romaría da Virxe da Mercé

(Bandín-Carcacía): 24 de setembro. O Rosario (Padrón): outubro. O Rosario (A Escravitude): outubro. A Traslatio (Padrón): 30 de decembro.

HORARIOS DE MUSEOSCasa-Museo de Rosalía de CastroHorario de inverno:Martes a Sábado: de 10:00 a 13.30 h. e de 16:00 a 19:00 h.Horario de verán: Martes a Sábado: de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.Domingos e festivos: de 10:00 a 13:30 h.Luns pechado.Prezo de entrada: 1,50€

Fundación Camilo José CelaHorario de inverno: Luns a Xoves: de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.Venres: de 10:00 a 14:00 h.Horario de verán: Luns a Venres: de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.Prezo de entrada: 8€

Igrexa parroquial de Santiago de PadrónMañás: 10:00 a 12: 30 h (misa ás 9:30 h)Tardes: 16:30 a 20:30 h (misa ás 21:00 h)Domingos: 11:00 a 11: 45 h (misas ás 10:00 e ás 12:00 h).

Igrexa parroquial de Santa María a Maior de Iria FlaviaMañás: 11:00 a 13:30 hTardes: 17:00 a 19:30 h

Convento do Carme19: 30 a 20: 00 h

Convento de HerbónMañás: 9: 00 a 13:00 hTardes: 16:00 a 20:30 h

Santuario da EscravitudeMañás: 9:00 a 10:00 hTardes: 18:30 a 21.00 hMisas. 20:30 h (sábados 20:00 h)

HISTORIA E TRADICIÓNS MONUMENTOS

A fertilidade da veiga padronesa ten o seu reflexo nos produtos típicos de tempada: hortalizas, patacas, cebolas, chícharos, tomates, destacando os pementos de Herbón.Pesca: lamprea do Ulla, tempada de febreiro a maio.

PRODUTOS TÍPICOS

ENCANTO E TRADICIÓN DO PADRÓN RURALPaisaxe, arte e cultura conforman o rural padronés.

O Pedrón.

A ponte de Santiago e o convento do Carme ao fondo.

Couto salmoneiro de Sinde (río Ulla).

Pazo do Vinculeiro en Extramundi. Santa María de Herbón.

Pementos de Herbón.

Paseo fluvial no lugar da Ponte.

Santuario da Excravitude.

O río Ulla ao seu paso polo Lapido.

Paseo do Espolón.

Pazo de Quito.

Colexiata de Iria Flavia.

Padrón: terra de Rosalía

TELÉFONOS DE INTERESE

Concello: 981 810 451 / Oficina de Turismo: 627 210 777Policia Local: 981 810 247 / Garda Civil: 981 810 091

Centro Médico: 981 810 303 / Centro Social Auditorio: 981 811 329Convento PP Dominicos: 981 810 044 / Convento PP Franciscanos: 981 811 704Paradas de taxis: Rúa Real: 981 810 295 / Avda. de Compostela: 981 811 459

O Padrón de D. Camilo

Concellería de TurismoConcellería de Turismo

Page 2: O Espolón Plano turístico históricoterrasdeiria.com/wp-content/uploads/plano-guia-padron...(un dos castelos máis fermosos do arcebis-pado) e da Torre Moucha, atalaia defensiva,

PAD

N

Carcacía

Extramundi

Monte

Meda

Monte

Castro Valente

A Ponte Pazos

A Escravitude

Pesqueiras de lam

preaIria Flavia

Herbón

Pedroso

Areal

A Picaraña

Cruces

Prada

LoureiroV

ilar

Río Sar

Río Ulla

Muiños

Baiuca

SoutoC

ambela

Quintáns

Pedreda

Retén

A M

atanza

Piñeiro

BarcoLestido

Cortiñas

Morono

Barca

Berxaus

Bandín

Rumille

Sande

Outeiro

Rial

Corral

Guim

aráns

Pousada

SindeRibadulla

Xuane

Lamas

Casal

Soborribas

A Pedreira

Lamas

N550

AP9

FerrocarrilA

Coruña-V

igo

AG

11

GA

LICIA

ESPAÑ

A

Pad

rón

UBIC

AC

IÓN

XEO

GRÁ

FICA

A M

atanza

Iria Flavia

Ferrocarril A Coruña-Vigo

FundaciónCamilo José Cela

Igre

xa

de Iria

Flavia

Tum

ba d

eC

.J.Cela

Cem

iterio

de A

din

a

A Trabanca

Casa-M

useoR

osa

lía

de C

astro

Espazo culturalhistórico e de lecer

San

tiag

uiñ

o

do

Mo

nte

Ofi

cina

de Tu

rismo

Telf.: 6

27 2

10 7

77

T

TEstación

Ferrocarril

Estación deA

utobuses

Bordel

Rúa do Bordel

Rúa Dores

Porta doBordel

Rúa de S. D

omingo

Lugar daBarca

Rúa de Santiago

Esca

leira

s do

San

tiag

uiñ

o

Co

nven

tod

o C

arm

e

Fon

te d

oC

arm

e

Costiña do

CarmeRúa do Carme

Costa do

San Xosé

Praza da Leña

Po

nte

de

San

tiag

o

San

tiag

uiñ

od

o M

on

te

Río Sar

Porto deM

urgadán

R. Murgadán

Pazo

de

Qu

ito

P. de Rodríguez C

obián

R. Balsa de la VegaR. Rosalía de C

astroR. Ruíz Pons

P. do Cantón

da Igrexa

Igre

xa d

e

San

tiag

oC

orreos

Rúa Nova

P. deBaltar

R. Limoeiros

Sol

R. Juán Rodríguez

P. de Ramón

Toxo

R. Figueiras

R. Longa

R. Vidal C

epeda

R. Alonsode la Peña

P. de Cam

ilo J. C

elaP. d

eM

acía

s

Pazo

do

Co

nce

lloRúa doC

astroP. do

Castro

Calexa

do Cuco

Paseo do Espolón Monumento a RosalíaMonumento

a C.J.CelaAvda. de Castelao

R. Pérsico

R. Ferreiros

R. Travesas

R. Real

R. Fondo de Vila

R. Tetuán

R. Tafona

Xu

lgad

os

Avda. de Compostela

Avda. da Estación

Xard

ínB

otá

nico

R. Enlace Parque

Souto

Bib

liote

ca

Auditorio

Centro Social

Centro

Médico

Praza de Abastos

Canal do Sar

Cem

iterio vello

Cruceiro

Fondo de Vila

Taxis

Taxis

Poulo

Capela do Santiaguiño.

Penas do Santiaguiño.

Pesqueiras de lam

prea en Herbón.

Cruceiro de Xoane en C

arcacía.

Vía Crucis de subida ao Santiaguiño.

Xardín botánico.

Imaxe policrom

ada do Apóstolo na igrexa de

Santiago de Padrón.

Aparcadoiro

Aparcadoiro

Aparcadoiro

Aparcadoiro

Ribeiro

R. do Sar

Avda. de Camilo José Cela

Avda. de Pontecesures

R. Defensa do Xardín

Santiago/A Coruña

Pontevedra/Vigo

Rianxo/Boiro/Ribeira

Autoestrada AP9

Herbón/C

arcacía

Extramundi/Rois/Noia

R. Maruxa Villanueva

Sártego de Rodrigo de Luna.

Tumba de C

amilo José C

ela.Lápida da antiga tum

ba de Rosalía de C

astro.

Piscinamunicipal

Polideportivo

Cam

po de fútbol

Cam

po da Feira

R. Mollet del Vallés

R. Noirmoutier

R. Rianxo

Textos: Eloy Rodríguez Carbia • D

eseño: Serxio Suárez • Imprim

e: La Ibérica (Santiago) • Depósito Legal: