o entroido nas mariñas

25
UNIDAD E 3

Upload: isabel-maceira

Post on 31-Mar-2016

273 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

Unidade didactica elaborada polo ENDL

TRANSCRIPT

Page 1: O entroido nas Mariñas

UNIDAD E 3

Page 2: O entroido nas Mariñas

INTRODUCIÓN:

Esta unidade ten como obxectivo fundamental dar a coñecer ao alumnado o carácter singular do Antroido da comarca mariñá , terras moi próximas ao concello de Sada.

TERRA DAS MARIÑAS é a antiga denominación da COMARCA DE BETANZOS que agrupa concellos coruñeses coma:

ARANGA BETANZOS CESURAS

COIRÓS CURTIS IRIXOA

MIÑO OZA DOS RÍOS PADERNE

VILARMAIOR VILASANTAR

Page 3: O entroido nas Mariñas

Esta unidade está baseada no libro “ EL ANTROIDO EN LAS MARIÑAS DOS CONDES”

do cronista betanceiro J.R Núñez Lendoiro que fai un pequeno recorrido polo Antroido de

Abegondo,Aranga,Bergondo,Betanzos,Cesuras,Coirós,Irixoa,Oza dos Ríos,Paderne e

Sada,entre outros.Céntrase na peculiar forma de celebrar estas datas,os seus bailes,os

apropósitos,as prohibicións e a gastronomía típica.De seguido describimos cada un deles.

O ANTROIDO NO CONCELLO DE ABEGONDO

Na parroquia de Meangos,as máscaras chamábanse “CHOQUEIROS” e percorrían as

aldeas.Ao chegar ás casas eran agasallados con filloas,buñuelos e abundante viño.

Os choqueiros tiñan por costume coller os carros dos veciños e trasladalos de lugar ou

subilos enriba dos palleiros.

Page 4: O entroido nas Mariñas

Ata a guerra civil (1936) había por costume enterrar o “antroido”,subirse os acompañantes

a un castiñeiro e desde alí dirixían as coplas aos veciños. En ocasións ían acompañados

dunha gaita e un tamboril e acudían todos os parroquiáns coma se fora unha festa da aldea.

O ANTROIDO NO CONCELLO DE ARANGA

As máscaras típicas deste lugar chamábanse “FARANDULOS”.Tiñan un aspecto espantoso e

percorrían as aldeas cuns “antroidos” de palla e vestidos con roupas moi parrandeiras. Nas

casas ofrecíanlles freixoas e viño, bailaban coas mulleres e cantaban coplas.O mércores de

Cinsa queimaban o “moneco” e os compoñentes da mascarada cantaban coplas coma esta:

Adiós,martiñosdeAntroido

Adiós,meuqueridiño

quehastadomingodePascua

nonuntomáisofuciño.

MartesdeAntroido,

comenuncoiro

queensetesenanas

Page 5: O entroido nas Mariñas

O ANTROIDO NO CONCELLO DE

BERGONDO

O domingo de Carnaval disfrazábanse os homes de “vellos” chamados “CHOQUEIROS”.

Percorrían as parroquias para “tentar” aos veciños que os convidaban con viño e postres

típicos.

Pola tarde,preparaban unha carroza con flores de nabos, mimosas e camelias e nela

sentábase unha moza fermosa cun acompañante que tiña que saber recitar.

Page 6: O entroido nas Mariñas

As mozas do lugar ían na comitiva disfrazadas xunto cos mozos e outros veciños e

percorrían os seguintes lugares ,por esta orde: Bergondo, Fiobre, San Isidro e volta a

Bergondo.

No “campo da aldea” de Fiobre recitaban as coplas e os mozos solicitaban baile ás

máscaras,ao ritmo da música de “Cecebre”.

En San Isidro facían o mesmo ca en Fiobre e ao voltar a Bergondo asistían a un baile no

“Salón do Raxado”, onde actuaba a música de Cecebre e ata alí chegaban moitas

comparsas de Sada e A Coruña.

O mércores de Cinsa, construían un féretro e nel metían un home disfrazado de choqueiro.

Era un enterro onde non faltaban velas ,rezos e pranxideiras,que se dirixían ata o Campo

da Senra onde se queimaba o antroido cantando coplas coma esta:

O ANTROIDO NO CONCELLO DE CESURAS

Adiós,meuAntroido

Adiós,meuantroidiño

hastaodomingodePascua

nonchecomomáistouciño.

Page 7: O entroido nas Mariñas

Neste concello, as mulleres preparaban “ o almoado” para facer as filloas. Os mozos

disfrazados chamábanse “ ZARRALLEIROS” e percorrían as aldeas montados a cabalo.

Construían un antroido de palla e vestíano con roupas vellas. Os acompañantes tocaban

pandeiretas e cunchas.

Nalgunhas casas non eran ben recibidos porque acababan coas provisións pero noutras

eran agasallados con roxós e viño da terra. Ao pasar por algunhas casas volcaban os

carros e os arados e ás veces deixábanos cravados polo timón . Cantaban coplas coma

esta:

No lugar de Mandaio,ao rematar a misa, esperaban a chegada do antroido cunha manda. O antroido ía subido nun burro e era recibido con cohetes,gaitas,pandeiretas e bailes. A continuación facíanlle un manteo e despois queimábano entre os choros e os apropósitos, referentes ao acontecido na parroquia ese ano.

O ANTROIDO NO CONCELLO DE COIRÓS

Estepandeiroquetoca

elledecoirodeovella

indaontepacíaherbas

ehoxetocaquerabea.

Page 8: O entroido nas Mariñas

Na parroquia de Santa María de Ois construían un antroido de palla, vestíano con roupas de home ou de muller ,montábano sobre un burro e percorrían con el as aldeas.

A diferenza dos demais concellos das Mariñas,en Coirós poñíanlle nome ao antroido,que xeralmente era o dunha persoa do lugar que destacara nese ano polas cousas boas ou malas que fixera.

Era un antroido articulado que o facían mover cunha corda dicíndolle: “ saúda Balbino” e o boneco movía o brazo coma se saudara.

O Mércores de Cinsa era manteado e apaleado diante dos veciños e veciñas. Remataba tan desfeito que ás veces xa non tiña lugar a queima.

No lugar da Espenuca, levaban o antroido ao monte da Pedreira e alí enterrábano berrando:

ADIOS , MEU FARRUQUIÑO

ADIOS , MEU ANTROIDIÑO

Page 9: O entroido nas Mariñas

O ANTROIDO NO CONCELLO DE IRIXOA

Neste concello construían un antroido e unha antroida que chamaban ESPANTALLOS. Estaban feitos de palla e colgábanos en dúas árbores. A cabeza era de madeira e a cara de pao pintada. Os veciños e veciñas disfrazados chamábanse FARANDULOS e MASCARAS. Percorrían as corredoiras de forma moi respectuosa e os veciños invitábaos a filloas,orellas e viño.

O mércores de Cinsa a parella de antroidos era baixada das árbores e levados en andas ata o lugar dos Chaos, nun cruce de camiños . Na comitiva ía rezando un home disfrazado de cura, as pranxideiras chorando,unha gaita e un tamboril. Procedían á queima da parella bailando ao seu redor e remataba a festa cun baile.

Os FARANDULOS, nos seus apropósitos, trataban temas locais que sucederan no ano, coma este:

OCarballidodeBris

ordenoudeiraHabana

enomediodocamiño

borróuselleagana.

Máisvalentefoioseusogro

queemprendeuoseucamiño

Diosqueiraqued´hoxenunano

nonotraiandebagaxe.

Page 10: O entroido nas Mariñas

O ANTROIDO NO CONCELLO DE OZA DOS

RÍOS

Neste concello os “ZARRALLEIROS” formaban un grupo denominado “CINGARRALLADA” que percorría as parroquias . Eran agasallados nas casas dos veciños e veciñas con viandas e viño.

Ata o ano 1930, o Mércores de Cinsa, colocábase o antroido sobre un carro decorado con mimosas e ramallas. O antroido era de palla e vestíano con roupas vellas.

Na comitiva do antroido non faltaba un cura, un home disfrazado de viúva chorando e varios artesáns coas ferramentas dos seus oficios, feitas de madeira e de gran tamaño. A multitude escoitaba o sermón e ao chegar á ponte do ferrocarril, subían ás vías do tren e alí queimábano e despois lanzábano ao baleiro, mentres se consumía en chamas. Nese momento pronunciábanse as “VEXIGUADAS” que trataban os problemas entre veciños,os abusos das autoridades, acontecementos do ano ou queixas de amoríos , coma esta:

Vaite,neniña,

Vente,neniña

¿quequeres?

Ascatrovacas,

Page 11: O entroido nas Mariñas

O ANTROIDO NO CONCELLO DE PADERNE

Neste concello construíase un espantallo ben adornado e colgábase dunha árbore ata o Mércores de Cinsa, en que era queimado.

As máscaras e choqueiros chamábanse “VIXIGEIROS” e percorrían as casas en grupo, onde eran convidados a orellas de frade, filloas, buñuelos e viño do país.

Facían un desfile de carrozas que se reunían no Consistorio de Paderne.

Page 12: O entroido nas Mariñas

A primeira carroza chamábase CUARESMA e consistía nunha “zorra” adornada con flores.Nela ía sentada a Cuaresma que tiña formas de muller, unhas sardiñas como pendentes e unhas garrafas de viño como sobrepeso. Detrás da carroza ía un suposto sacerdote que preguntaba polo que se podía comer ou non: - ¿ ... E CHOURIZOS ?

- Non.

A segunda carroza procedía da parroquia de Obre e ao chegar ao Consistorio encarábase coa CUARESMA. A temática entre elas era estritamente parroquial e mencionaban o sucedido no ano ou as desavenencias entre veciños, coma estas:

O ANTROIDO NO CONCELLO DE SADA

Segundo se recolle na obra de D. Enilio Santos Martínez “ Era costume os días de Carnaval saír comparsas arroupadas con traxes de cores, cantando cantigas que chismeaban todo o que pasou no ano.O mesmo criticaban ós políticos ou ós do Concello ou cousa que houbese no pobo e que puidera servir de conto”.

AmiñaMadalena

candovaiávila

coassúasprejuntas

eassúasreprejuntas

elaemailanoite

sempreveñenxuntas.

Porquenonllecompras

aBarralunhavaca?

EuaBarralnonllecompro

porquetennovefillas

emenosvacas.

Page 13: O entroido nas Mariñas

Un dos personaxes máis criticados das comparsas era da Coruña e chamábase “ MARQUÉS DE PIBELA E BRAZOS CURTOS”.

Ata SADA chegaban comparsas de Betanzos,Bergondo,Oleiros e Iñás e cantaban:

Nos salóns de baile, os CHOQUEIROS tiñan que identificarse ante o dono do salón, dicindo os seus nomes, para que os deixara entrar.

Os bailes remataban ás catro ou cinco da madrugada e os cativos e cativas non podían entrar.

O mércores de Cinsa queimábase un boneco feito de palla e vestido con roupas vellas que ía deitado nun ataúde de madeira e percorría as rúas de Sada ao lombo de catro rapaces. Na comitiva,detrás do féretro, ía un home vestido de muller enloitada e berrando pola morte do antroido. Ao chegaren á beira do mar, unhas veces queimábano e outras tirábano ao mar sen queimar.

En Sada, no Antroido, facíanse nas casas todo tipo de lambetadas: orellas, freixós, torrixas, rosas e buñuelos. Nas comidas non faltaba o lacón e a cachola de porco.

No ano 1934, o xornal “La Voz de Galicia” publicaba unha noticia sobre os importantes bailes do Carnaval de Sada, dicía textualmente:

Betanceiros,quepedindes

maldigo,pedimosnada

quehaiunrefránquedi

subaopanebaixeacaña,

Paracomerebeber

nonfanfallalambós

oquenqueiralarpeiros

enBetanzososhaibos.

Pobresbetanceiros,quevaiserdenós

haiquerevirarsecontraeseslambós

soncatroseñoresquetenBetanzosaquí

despoisqueestáncheosescapanpaMadrí.

...”Prometenresultarconcurridísimoslosbailesdeesteaño,loscualessecelebrarán

en losamplios salonesde“LaTerraza” “Moderno”y “Royalty” losdías11,12,13y

14.Desdehacedíasseprocedealadornode lossalones, loscualesa lavez lucirán

artísticaybiencombinadalailuminación.

Empezarán a primeras horas de la tarde y terminarán a altas horas de la

madrugada,amenizados ambos bailes por las orquestas FOX y la que dirige Dn

Page 14: O entroido nas Mariñas

O ENTERRO DO ANTROIDO NAS MARIÑAS

Na comarca das Mariñas, o enterro tiña lugar o Mércores de Cinsa. Este día dábanse por rematados os festexos e a tolemia do Carnaval.

Na organización dos actos non participaban persoas das clases altas da sociedade porque consideraban que eran unhas festas mundanas e irrespectuosas.

En Betanzos, a comitiva do enterro saía da Praza dos Irmáns García Naveira nunha carroza adornada com mimosas e ramaxe e tirada por un par de bois. Dentro do carro levaban botas e garrafas de viño para refrescarse e recuperar as forzas perdidas de tanto “chorar” . Detrás da carroza ían os “representantes da Igrexa” e detrás o resto da comitiva con máscaras,cirios,farois e unha cruz de madeira. Un dos monaguillos levaba un caldeiro e unha pequena vasoira que facía de hisopo para bendecir ás persoas. Na comitiva ía un home disfrazado de viúva con roupas negras e um gran número de máscaras e “VIXIGHEIROS” que portaban vexigas de porco inchadas e suxeitas a unha vara que lles servía para espantar á xente que se acercaba moito a eles. A marcha era amenizada por gaiteiros, comparsas ou murgas que percorría a vila ata a Ponte Vella, onde remataban tirando o antroido ás augas do Mandeo.

Así foi como se celebrou o enterro do antroido ata o ano 1915 porque despois desa data substituiuse o carro por unhas madeiras a modo de angarellas ou ben era levado ao lombo de catro persoas.

Page 15: O entroido nas Mariñas

Cabe reseñar como anécdota curiosa que no ano 1933 foi substituído o antroido por un home vivo e ao chegar á Ponte Vella ao berro de ¡ tiralo á auga! saltou do ataúde e escapou correndo para a casa en calzóns.

A partires de 1980, un veciño de Betanzos decidiu substituír o antroido por unha sardiña, magnificamente decorada, que remataba no mesmo río Mandeo.

COPLAS DUN ENTERRO DO ANTROIDO EN BETANZOS NO ANO 1984

COMIDAS TÍPICAS DO ANTROIDO DAS MARIÑAS

NabisbarradasMariñas

causaespantoápoboación,

tantoedificioenruinas,

quetenaAdministración.

Entrefiltraciónsederrumbes,

ostelladosestáncaendo,

nossobradosnontetumbes,

quetodoestápodrecendo.

Vexancantosdesperdicios,

nopatrimonionacional,

cadaundosedificios,

supónungrancapital.

Xanosdixounpaxariño,

queestoéculpadosdeantes,

quedeixaronnocamiño

moitospufosemangantes.

Page 16: O entroido nas Mariñas

LACÓN CACHOLA

Page 17: O entroido nas Mariñas

Na comarca das Mariñas conserváronse, co paso do tempo, os mesmos pratos típicos do Antroido. Na imaxe, un bo COCIDO GALEGO, que non faltaba en ningunha casa e estaba elaborado con:

• Lacón da montaña • Cachola de porco • Grelos de Monfero • Patacas cocidas • Chourizos

Antes de chegaren as patacas a España, o cocido facíase con castañas e garbanzos. Cando o Antroido coincidía coa matanza do porco, co sangue facíanse as freixoas ( morcillas) e coa graxa os roxóns ou chicharróns .

Como postres típicos destas datas facíanse: orellas de frade, arroz con leite, filloas, buñuelos, flores ou torrixas. A continuación van algunhas receitas destes exquisitos produtos.

Faise un amoado co caldo de cocción da carne. Engádense ovos batidos, fariña de trigo e sal. A

Mmmmmm,querrrricas…

Page 18: O entroido nas Mariñas

mestura irase vertendo cun cullerón na filloeira, untada previamente con touciño.Voltéanse e colócase sobre un pano de lenzo.

Ingredientes:

• 200 ml. auga morna • 50 gr. Azucre • 100 gr. de caldo limpo ou manteiga • 50 ml. Anís • 1 ovo • 500 gr. fariña

Preparación: Mesturar ben na auga morna con sal o azucre, a manteiga fundida e os ovos batidos. Engadir a fariña e amasar todo. A outra metade da manteiga engádese á mestura e amásase ata lograr unha masa elástica. Coas mans untadas en aceite cóllense cachiños de masa, aplánase co rolo e bótase á tixola dándolle forma de orella e fritindo a medio lume. Ao sacalas, colócanse nun prato con papel de cociña para que solten o aceite sobrante . Despois espolvorealas ben con azucre.

Page 19: O entroido nas Mariñas

Ingredientes:

• Auga quente • Sal • 500 g. de fariña • Manteiga • 8 ovos • Azucre

Preparación:

Nun recipiente con auga quente e sal, bótase a fariña e a manteiga,reméxese constantemente ata que ferva. Engádense os ovos batidos ata que se forma unha masa compacta.

Nunha tixola con manteiga vaise botando a masa a culleradas e cando estén dourados colócanse nunha fonte e espolvoréase o azucre sobre eles.

Page 20: O entroido nas Mariñas

Ingredientes:

• Auga • Leite • 500 g. de fariña • 6 ovos • Aceite ou manteiga

Preparación:

Bátense os 6 ovos e engádese un pouco de auga e leite. Esta mestura vértese sobre un molde coa fariña e reméxese sen parar para non formar grumos.

Métese o molde das flores no aceite da tixola fervendo e logo introdúcese na pasta feita para botalo á sartén ata que se desprenda do molde e se doure. Retírase a unha fonte e cóbrese con azucre.

Page 21: O entroido nas Mariñas

• Reciben o nome de flores porque os moldes normalmente tiñan deseños de rosas,estrelas ou as letras iniciais das familias.

Algúns dos moitos deseños das exquisitas flores de Antroido

E estes os moldes cos que se fan as flores

Page 22: O entroido nas Mariñas

AS PROHIBICIÓNS DO ANTROIDO NAS MARIÑAS

Durante os séculos XVIII e XIX, debido aos actos vandálicos e ás borracheiras do Carnaval, promovéronse algunhas leis nas Cortes que prohibiron os bailes de máscaras.

Ao rematar a guerra civil ( 1939), as festas do Antroido foron suprimidas. A Radio Pirenaica nos anos 40 anunciaba textualmente:

“ En España no se celebran los

Carnavales por estar prohibidos.

Page 23: O entroido nas Mariñas

En 1716 o rei Felipe V emitiu un bando que foi repartido por todos os lugares de España e dicía textualmente:

Page 24: O entroido nas Mariñas

NOTA: O texto non está revisado nin ortografica nin gramaticalmente, aparece transcrito coma o orixinal.

Posteriormente , no ano 1895 publícase esta ordenanza municipal no Concello de Betanzos:

Page 25: O entroido nas Mariñas