o big bang

12
O Big Bang Luis Canedo López Nº8 Sergio Currás Rivera Nº11 Iago Fernández Montes Nº17

Upload: ciencialopez

Post on 30-Jun-2015

922 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: O Big Bang

O Big BangLuis Canedo López Nº8

Sergio Currás Rivera Nº11

Iago Fernández Montes Nº17

Page 2: O Big Bang

Índice

1º O Big Bang 2º Idea do Big Bang 3º Efecto Doppler 4º Os primeiros átomos 5º Formación de estrelas e galaxias 6º A enerxía escura 7º Características 8º Problemas 9º Teoría da inflación (A presentación estará acompañada con música de

guitarra eléctrica tocada en directo)

Page 3: O Big Bang

O Big Bang

En 1929, o astrónomo estado- unidense Edwin Hubble (1889-1953) descubriu galaxias máis alá da Vía Láctea que se afastaban de nós, coma se o universo se expandira constantemente. En 1948, o físico  ucraniano, George Gamow (1904-1968), propuxo que o universo creouse a partir dunha gran explosión (Big Bang). Recentemente, enxeños espaciais postos en órbita conseguiron "oír" os vestixios desta xigantesca explosión.

Page 4: O Big Bang

Idea do Big Bang

A principios do século XX os astrónomos descubriron algo raro no espectro da luz que nos chegaba dende as galaxias. As líñas do espectro que representaban diferentes elementos químicos non estaban colocadas no seu sitio, senón que aparecían desprazadas. Isto significaba que as galaxias estábanse a afastar unhas doutras. Para comprender este fenómeno debemos comprender o efecto Doppler.

Page 5: O Big Bang

Efecto Doppler

Cando un obxecto, tanto un coche coma unha galaxia, emite ondas mentres se está movendo, estas ondas son distorsionadas. Se o emisor se acerca á onda, comprímese (lonxitud de onda máis curta), e se se afasta, a onda estírase (lonxitude de onda máis longa).

Page 6: O Big Bang

Os primeiros átomos

Uns 300 000 anos despois do Big Bang formáronse átomos de hidróxeno e helio, nunha porcentaxe moi semellante ao que observamos actualmente.

Page 7: O Big Bang

Formación de estrelas e galaxias

Uns 400 millóns de anos tras o Big Bang, zonas do espazo lixeiramente máis densas convertéronse en centros de atracción gravitacional. Ao seu redor reuniuse materia, formando nebulosas, planetas e estrelas. Pouco despois orixináronse as primeiras galaxias.

Page 8: O Big Bang

A energía oscura

Cara ós 9000 millóns de anos, as galaxias comezaron a viaxar a velocidades cada vez maiores. Pénsase que a causa dunha enerxía escura de natureza descoñecida.

Page 9: O Big Bang

Características

Inmediatamente despois do momento da "explosión", cada partícula de materia comezou a afastarse moi rapidamente unha doutra, da mesma maneira que ao inflar un globo este vai ocupando máis espazo expandindo a súa superficie. A materia lanzada en todas as direccións polo estoupido primordial está constituída exclusivamente por partículas elementais: Electróns, Positróns, Mesóns, Barións, Neutrinos, Fotóns e un largo etcétera ata máis de 89 partículas coñecidas hoxe en día.

Page 10: O Big Bang

Problemas

Historicamente, xurdiron varios problemas dentro da Teoría do Big Bang. Algúns deles so teñen interese histórico e foron evitados, xa sexa por medio de modificacións á teoría ou como resultado de observacións máis precisas.

Page 11: O Big Bang

Teoría da inflación

Na teoría da inflación, isto é un requisito: a expansión exponencial empuxou grandes rexións do espazo máis alá do noso horizonte observable.

Page 12: O Big Bang

Conclusión

“As observacións indican que o Universo está en expansión. Isto significa que as galaxias deberon estar moi preto no pasado. Debeu existir un estado de densidade infinita, ao que se lle coñece como a singularidade do Big Bang. Debeu ser o comezo do Universo. Todas as leis coñecidas da ciencia perden o seu valor nunha singularidade”.

Stephen Hawking