o aprendiz de - edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. os dous, un de preto e o...

20

Upload: others

Post on 14-Jun-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba
Page 2: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

O aprendiz de bruxo e Os Invisibles

PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA INFANTIL

Page 3: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

rodeira

Page 4: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

Jordi Sierra i Fabra

O aprendiz de bruxo e Os Invisibles

rodeira

PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA INFANTIL

Page 5: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou trans-formación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Derei-tos Reprográficos) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra (www.conlicencia.com; 91 702 19 70 / 93 272 04 45).

Obra gañadora do Premio EDEBÉ de Literatura Infantil segundo o ditame do xurado formado por: Teresa Colomer, Toni Iturbe, Esperanza Nova, Roberto Santiago e Vicenç Villatoro.

Título orixinal: El aprendiz de brujo y Los Invisibles© Jordi Sierra i Fabra, 2016

© Ed. Gal.: rodeira, 2016Rúa Rafael Alberti, 11, baixo15008 A Coruñawww.edebe.com

Atención ao cliente 902 44 44 [email protected]

Directora de Publicacións: Reina DuarteEditora de Literatura Infantil: Elena ValenciaTraducción: María Xesús Gómez Sanjurjo Deseño gráfico de cuberta: César FarrésIlustracións: Francisco Ruizge

Primeira edición: marzo 2016 ISBN 978-84-8349-506-3Depósito Legal: B. 4466-2016Impreso en EspañaPrinted in Spain

Page 6: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

Índice

PRIMEIRA PARTE: A noite dos mortos viventes1. A estraña poción do profesor Haggath ....................................... 82. Unha besta no cemiterio de Parr-Harway ............................................ 203. A resurrección de Meredith Conway... e algo máis ..................... 314. Un morto anda solto ..................................... 41

SEGUNDA PARTE: O primeiro día5. O poder de tres simples pingas ...................... 526. No orfanato Monroe ..................................... 637. O morto vivente da rúa McDougal ................. 758. Preparando a nova escapada ......................... 889. Un rostro na parede ..................................... 99

Page 7: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

TERCEIRA PARTE: O segundo día10. Na procura dos Invisibles ........................... 11411. O xornalista do Daily Today ..................... 12612. A gran sorpresa dos Invisibles .................... 13813. Plans para desenmascarar un asasino ............................................... 150

CUARTA PARTE: O último día14. A alegre e feliz xornada de Jonas Petigrew .................................... 16015. A pantasma ............................................. 17216. O encontro de dous vellos inimigos ............ 18217. Fronte a fronte ......................................... 19418. Medianoite no cemiterio ............................ 206

EPÍLOGO: Ao día seguinte... 19. Un futuro perfecto (ou case…) ................... 212

Page 8: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

Primeira parte:A noite dos mortos viventes

Page 9: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

1A estraña poción do profesor Haggath

Ás veces non sabía como facía para se mover coa súa cadeira de rodas

entre tantos centos, miles de botes, botellas, caixas, recipientes ou pebideiros cheos de pos e líquidos de todas as cores. Pero facíao, e facíao rápido e con precisión milimétrica. Igual que cando lle tomaba as medidas a cada cousa. Unha cullerada pequena de pos ver-mellos, dous chiscos de pos verdes, un vaso de líquido azul, medio de líquido amarelo, o xusto e exacto de rabo de lagarta, tres follas de plantas cortadas de pola mañá ou a folla dunha planta seca coidadosamente gardada,

Page 10: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

9

as especias, o ollo dunha rata morta, a pluma dunha pomba, un pouco de vento captura-do ao voo, unhas pingas de choiva de pri - mavera…

Todo ía parar á pota que se quentaba no lume e da cal fluía un fume branco, case vivo. Un fume que adoptaba formas no aire du-rante un segundo, ou dous, e logo esvaíase. Na pota, os ingredientes fervían formando burbullas.

Era o único que se escoitaba, porque a cadeira de rodas do profesor Haggath non facía ruído ningún.

«Plub, plub, plub».Mortimer observábao todo desde un re-

cuncho.Case sen respirar.Porque o profesor Haggath tíñache moi

mal xenio.Se se poñía era quen de o converter a el

nunha lagarta e quitarlle o rabo para llo botar a unha das súas apócemas.

Page 11: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

10

—Ben, isto xa case está —detívose de sú-peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz.

Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura.

Só faltaba o último.O máis importante.Que o profesor Haggath pronunciase as

palabras máxicas e adecuadas no momento único e preciso.

«Miau…», miañou Arquímedes, o gato e mellor amigo do profesor.

—Cala, que non é a túa cea —rifoulle el.Arquímedes afundiu a cabeza entre as

patas dianteiras, pechou os ollos e colocou o extremo da súa longa cola fronte a eles, coma se, xa que non era a súa cea, non qui-xese ver nada do que estaba a facer.

Mortimer sabía que Arquímedes era ma-lo.

Só lle faltaba falar.

Page 12: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

11

E se noutro momento da súa vida foi un neno ou unha nena e o profesor Haggath o converteu en gato?

Era posible?Ben, a maxia… non, a maxia non. O po-

der alquimista do profesor era moi notable, pero tanto…

Ademais, Arquímedes adorábao.O reloxo da igrexa de St. John’s resoou

na noite coas súas badaladas lentas, graves. Mortimer contounas, aínda que sabía perfec-tamente que eran once. Cando se extinguiu a última polo aire, a luz da lúa entrou pola xanela coma unha admonición, no momen-to en que unhas nubes se apartaron para descubrila.

O rapaz mirou pola xanela.A lúa estaba chea, como tiña que ser para

que a apócema funcionase. Chea, perfecta, branca, coma un faro iluminando a escuri-dade.

Ela marcaríalle o camiño.

Page 13: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

12

Tería que correr para chegar antes da me-dianoite ao cemiterio de Parr-Harway.

O fume que saía da pota que estaba no lume formou unha caveira no aire. Unha ca-veira tétrica, de grandes ollos negros. Flotou ingrávida ata que, aos poucos, a súa boca de dentes rectos comezou a subir polos lados.

Mortimer anicouse un pouco máis no seu recuncho.

Había momentos en que, malia todo, o medo podía con el.

A caveira botou unha risa.Daquela, o profesor Haggath comezou o

esconxuro.A parte final de todos os seus traballos,

porque a el non lle gustaba chamarlles feiti-zos. Non era un mago. Como moito un bru-xo. Un bruxo co poder ancestral de todos os dominadores da enerxía, os sabios capaces de entender a física e a química dos elemen-tos, mesturándoa coa forza das sombras e os ritos herdados da escuridade do pasado.

Page 14: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba
Page 15: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

14

Algo que só pasaba de pais a fillos, ou de mestres a aprendices.

—Aixakalandra munharis guggan ha! —levantou as dúas mans cara ao ceo sen deixar de mirar a caveira riseira—. Que o río da vida volva fluír en ti! Que a terra che devolva a súa enerxía! Que as sombras dean paso a unha nova luz!

A caveira sorriu máis aínda.O profesor Haggath estendeu as dúas

mans por encima do recipiente.—Moh ajkadarm suggestered vij! —be-

rrou.A caveira esvaeuse paseniñamente.A pota tremeu.O lume que a quentaba apagouse de súpeto.—Sexa! E fíxose o silencio.Mesmo as candeas, que un momento an-

tes abanaban as súas lapas nerviosas, están agora moi quietas, e espallan a súa difusa claridade polo laboratorio.

Page 16: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

15

Sempre que acababa a elaboración dunha poción, o profesor quedaba exhausto, e des-ta volta tamén. Deixouse caer cara a atrás na cadeira e arquexou coma se acabase de facer unha longa carreira sobre as súas per-nas. Arquímedes volvía ter os ollos abertos. Mortimer saíu do seu recuncho.

—Quere que o faga eu, señor? —pregun-toulle ao seu amo ao ver o seu esgotamento.

Peter Hawthorn-Thorne Haggath ergueu a man dereita.

—Insensato —arquexou—. Non ves que unha soa pinga derramada, unha soa, cam-biaría o devir dos acontecementos segundo onde caese?

—Só quería ser de máis axuda —inclinou a cabeza submiso.

—Xa o es —dixo o alquimista—. Para ser un neno non o fas mal. E es listo. Poida que algún día herdes os meus coñecementos. Pe-ro mentres tanto…

Mortimer sacou peito.

Page 17: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

16

Algún día.De momento só tiña doce anos e levaba

pouco máis de tres co seu mestre. Escollido entre todos os do orfanato Mon-

roe.Deixouno facer. Haggath seleccionou unha

botella de cristal cun tapón de cortiza. Sa-couno e puxo un embude na boca da botella. Logo, protexeu ambas as mans con luvas de pel e colleu a pota quente con coidado, e con máis coidado aínda verteu o líquido final na botella a través do embude.

Máis que un líquido, era unha pasta que non se pegaba nin á pota nin ao embude, como o mercurio, que parecía líquido pero non mollaba nin deixaba restos. A súa cor era estraña, gris escura con pintiñas verme-llas, verdes, azuis, amarelas e laranxas. Ata a última pinga pasou da pota á botella, que quedou practicamente chea. Despois, deixou a pota de novo sobre as brasas misteriosa-mente apagadas e pechou a botella co tapón.

Page 18: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

17

—A túa quenda —díxolle a Mortimer.O mozo foi agarrala.A man do seu amo agarrouno.—Escoita —fitouno aos ollos—. Cum-

priches moitos encargos, fuches un eficaz recadeiro e servente, nunca tiveches un pro-blema, es rápido, fiel, e iso hónrate. Pero isto —sinalou a botella coa outra man—, é diferente. Moi diferente ao que imaxines, ou ao que puideches ver aquí ata agora. Trátase dun encargo especial. Na vida unicamente fixera un parecido, hai bastantes anos. É unha poción moi moi forte, única, difícil, que só pode funcionar esta noite. A persoa que o pediu pagarame moito diñeiro por isto —os seus ollos viránronse un pouco máis peque-nos—. En primeiro lugar, debes levarllo antes das doce. En segundo lugar, debes entregar a botella intacta. Non a abras. Que non se derrame nin unha pinga! Entendíchelo? Nin unha! Se unha soa desas pingas caese nou-tro lugar, podería desencadear algún feito…

Page 19: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

18

preocupante, por dicilo de forma suave!, entendes? Plimton encárgase de cobrar. Ti lévao. Lembras o enderezo?

—Cemiterio de Parr-Harway, detrás da parroquia da Madeleine, ao fondo, xunto ao muro que dá ao río. Eles estarán alí, agar-dando por min.

—Ben —a man deixou de lle premer o brazo—. Levas o teu zurrón?

—Si —e ensinoullo.O profesor Haggath colleu a botella coas

dúas mans. Debía de conter polo menos un litro. Colocoulla el mesmo no fondo acol-chado do zurrón, a proba de tropezos in-oportunos e caídas. Mortimer notou o seu peso.

—Imos, corre —ordenoulle o seu amo—. Tes o tempo xusto.

—Si, señor.Deu media volta. Os primeiros pasos.«Miau!», miañou Arquímedes, coma se se

despedise.

Page 20: O aprendiz de - Edebe · peto o alquimista cun aquel de orgullo na voz. Os dous, un de preto e o outro de lonxe, quedaron mirando para a cocción da estraña mestura. Só faltaba

19

—Non corras, pero vai rápido! —foi o úl-timo que escoitou de beizos do alquimista.

Como se ía rápido sen correr?Xa na rúa lanzouse con valor.Que raios, tiña doce anos, era áxil, nunca

caeu.