novembro / decembro 2018dunha caracterización non xeneralista de cuestións bá-sicas coma a...

2
MIRADA PAÍS. VIDEOCREACIÓN A construción da imaxe videográfica en Galicia desde os anos oitenta do século XX ata hoxe resolve algúns aspectos de carácter creativo, ideolóxico, de compro- miso e reivindicación social, e por suposto estéticos – por tanto, de cultura visual entroncada coa cultura individual e colectiva–. Aspectos coma a posibilidade de iniciación á activación e á acción a través da imaxe dunha caracterización non xeneralista de cuestións bá- sicas coma a memoria (descrición do tempo vivido e a súa axialidade co tempo pretendido), o posicionamento co tempo histórico de referencia ética político-participa- tiva (desde a sexualización intermediaria ás activacións dos fundamentos de xénero, a reivindicación crítica e comprometida co feminismo retrospectivo, aberto e evo- lutivo, a igualdade transitiva, a atemporalidade impropia da mesma historia), tamén o tempo histórico de Galicia como entidade-país e como entidade-territorio (daquela, Galicia como entidade humana substantiva). A constru- ción da imaxe videográfica que, cremos, é unha imaxe en que a acción artística consulta os seus fundamentos plásticos para se indicar na videoarte como axitación da forma e como solución axeitada á súa incerteza e ines- tabilidade nestas recentes catro décadas de intransixen- cia antiestática. As oito sesións de Mirada País (catro no CGAI e catro no CGAC) seguen unha orde cronolóxica e temática. Coidamos que, precisamente, o indicador cronolóxico permite unha relación entre a historia particular de cada artista e a historia intermediaria (a historia-tempo, que foi o seu 'agora' e é o seu 'agora'), en que as escolleitas –obras de referencia e trascendencia icónica, obras de resistencia e insistencia– describen non só as súas afi- nidades ou disonancias creativas e as súas formaliza- cións, senón tamén a aceptación do medio audiovisual como sistema narrativo en que as ferramentas e dispo- sitivos tecnolóxicos reforzan a sincronía coas linguaxes da imaxe e co seu uso descritivo, a canda as mutacións de significados e a súa adaptabilidade ás novas estru- turas de comunicación. Alberto Carton, comisario. YASUZO MASUMURA, RETRATOS AO LÍMITE En colaboración con: Nacido en Kofu, Yasuzo Masu- mura (1924-1986) estudou Dereito e Literatura na Univer- sidade de Toquio e foi compa- ñeiro de clase de Yukio Mishima. Tras deixar os estu- dos, traballou como asistente de director nos estudios Daiei. Regresou á universidade para estudar Filosofía e graduouse en 1949. Conseguiu unha bolsa que lle permitiu estudar no Centro Sperimentale di Cinematografia onde lle deron clases Michelangelo Antonioni, Federico Fellini e Luciano Visconti. Voltou a Xapón en 1953 e desde 1955 traballou como director de segunda unidade en pelícu- las dirixidas por Kenji Mizoguchi e Kon Ichikawa antes de dirixir a súa primeira fita, Kuchizuke (くちつけ , 1957). Durante as tres décadas seguintes realizou unhas sesenta películas de xéneros variados. O seu tra- ballo sobrancea pola sátira incisiva no temático e pola fluencia de estilo. Considerado como un precursor da Nova Onda xaponesa, Nagisa Oshima coidaba que era un referente á altura de 1958. Para Jonathan Rosen- baum, que o cre moi próximo tanto estilística como te- maticamente a directores norteamericanos como Samuel Fuller, Nicholas Ray, Frank Tashlin ou Douglas Sirk: “O que é constante na obra de Masumura (…) é un certo compromiso ético co mundo, e un conxunto de estratexias cuxo fin é procurar e manter ese compro- miso, como o de privilexiar e esaxerar formas de com- portamento obsesivas. En parte é por esta razón pola que moitas das súas películas son fondamente eróticas. Porque a sexualidade decote serviu ás mulleres como moeda de troco na sociedade xaponesa: a forma en que se aforra, se gasta ou se desbalde a 'fortuna' destas mu- lleres, dentro desa economía, segue sendo un asunto ético serio, e podo pensar en poucos directores ade- mais de Masumura, fóra do seu mentor parcial Mizogu- chi e do seu discípulo parcial Oshima, que fixeran tantas películas eróticas acompañadas da franqueza das súas preocupacións políticas.” (“En xaponés non existe o plu- ral. Viaxe de ida e volta de Masumura a Hawks”, de Jo- nathan Rosenbaum e Shigehiko Hasumi, Mutaciones del cine contemporáneo, Errata Naturae, 2010). Agradecementos: Alejandro Rodríguez Medina/Japan Foundation; Filmoteca Española; Filmoteca de Catalunya. Copyright fotografías: Kadokawa Pictures. FICX: JOHANN LURF En colaboración con: Organizado en colaboración coa 56ª edición do FICX, este foco na obra do artista visual estruturalista austríaco Johann Lurf presenta dous programas en que se in- clúen, por un lado, a súa pri- meira longametraxe, titulada , e por outro, unha coidada escolla de curtametraxes nunha sesión des- eñada coma unha montaña rusa visual onde o especta- dor poderá desfrutar dos efectos da experimentación de Lurf co tempo e co espazo fílmico. Johann Lurf estudou na Academia de Belas Artes de Viena e no Slate School of Art de Londres e graduouse no Harun Farocki’s Art and Film Studio. As súas fascinantes pezas deron a volta ao mundo e mostráronse en festivais internacionais de referencia como Sundance, Róterdam, Toronto, Vien- nale, Karlovy Vary ou, máis recentemente, cunha retros- pectiva no Bafici. Programa curtametraxes: 1ª parte: (untitled) (2003), The Quick Brown Fox Jumps Over the Lazy Dog (2009); 2ª parte: Pan (2005), A to A (2011), Reconnais- sance (2012), Embargo (2014), Vertigo Rush (2007); 3ª parte, Un epílogo tras 10 segundos na escuridade: Capital Cuba (2015). Agradecementos: Johann Lurf; Silvia Alonso, Manel Ro- dríguez López, Yolanda Eiroa, Tito Rodríguez/FICX; Ál- varo Arroba, Magdalena Arau, Javier Porta Fouz/Bafici; Brigitta Burguer/Sixpack; Institut Valencià de Cultura-La Filmoteca; Martin Pawley. MARIANO LLINÁS – LA FLOR E CLASE MAXISTRAL En colaboración con Zinebi, o CGAI programa a monu- mental película de Mariano Llinás de máis de catorce horas de duración, La flor. Sen dúbida, é unha das gran- des películas do ano, gran vencedora da última edición do Bafici e participante en festivais como Locarno, To- ronto ou Nova York. Se o ano pasado Llinás xa estivo no CGAI presentando a primeira parte da película, nesta ocasión, ademais de proxectarmos a obra íntegra en tres días distintos (e en horarios especiais), o cineasta arxentino impartirá unha clase maxistral sobre o pro- ceso de creación do filme, mais tamén sobre a súa con- cepción da sétima arte. Mariano Llinás recibirá un Mikeldi de Honor no certame bil- baíno, en cuxa web podemos ler o seguinte sobre La flor: La Flor é un monumental complexo narrativo integrado por seis historias independentes e sucesivas. O punto de unión que teñen entre si é que cada unha delas está protagonizada polas catro mesmas actrices: Pilar Gam- boa, Elisa Carricajo, Laura Paredes e Valeria Correa. O universo das devanditas ficcións é radicalmente dife- rente dun episodio ao outro, de feito o realizador pro- ponse desde o comezo pór de relevo esa diferenza extrema. Así mesmo, os personaxes que as catro actri- ces encarnan en cada relato aspiran a mesma varie- dade. Pilar Gamboa, por exemplo, é unha feiticeira no primeiro, unha cantante pop no segundo, una espía muda no terceiro, ela mesma no cuarto, un personaxe secundario, case invisible, no quinto e unha presa fuxida na Pampa do século XIX no sexto. Cada unha das ac- trices haberá de saltar dun universo ficcional a outro, coma nunha danza de máscaras. O obxectivo de Ma- riano Llinás é duplo: por un lado, converter as actrices en máquinas de narrar, depositar no seu corpo a obriga e a responsabilidade de dar conta das nomeadas ficcións para provocaren en nós, como dicía Samuel T. Coleridge, a suspensión voluntaria da incredulidade que é o obxec- tivo último de calquera práctica artística; e por outro lado, que o salto dunha ficción a outra nos revele, ao longo do vasto traxecto narrativo, a verdadeira faciana desas mu- lleres. Como observa Álvaro Arroba no seu artigo para o catálogo desta edición, 'La Flor deixa o pouso (e o peso) de lermos unha voluminosa película. De asistirmos ao mesmo tempo a unha elefantiásica novela (clásica e me- talingüística á vez, como 2666 de Roberto Bolaño) e a súa propia adaptación cinematográfica. Encontramos algún precedente desa sensación na historia do cine e recoñécese facilmente, pois son películas guiadas por un principio creador que ten moito que ver co pracer, como Max Ophuls e a súa obra final, Lola Montes (1955), a posmoderna e ambiciosa biografía feminina dunha mata- hari da que La flor parece unha multiplicación masiva. Películas en que un grupo de creadores pon toda a carne no asador como se fose a primeira, mais tamén a última. Nacemento e testamento a partes iguais'.” A clase maxistral de Mariano Llinás no CGAI celebra- rase o sábado 1 de decembro ás 18 horas. A asisten- cia é libre ata completarmos a capacidade da sala; se ben, pódese reservar praza no seguinte correo electró- nico: [email protected] (indicando no asunto “Clase ma- xistral de Mariano Llinás”). Agradecementos: Mariano Llinás, Laura Citarella/El Pampero Cine; Inés Intxausti Garmendia, Vanesa Fer- nández Guerra/Zinebi; Tabakalera; Márgenes; Cineu- ropa; Álvaro Arroba. FESTIVAL DE SEVILLA: ULA STÖCKL En colaboración con: Imaxinación ao poder, espírito combativo, frescura e sentido do humor: o cine da alemá Ula Stöckl xoga na mesma liga (por ton e xeración) ca o de Vera Chytilova e Agnes Varda. A que fai irromper un novo modelo de muller, e a que ousou erguer unha voz gozosamente feminista ao ritmo das novas vagas que sacudiron o cine europeo nos se- senta. Desde o comezo Stöckl tivo claro que o privado é político, e o cine unha poderosísima ferramenta para desvelar as estruturas do poder. Mais por razóns difíciles de comprender (ou demasiado obvias), o cine de Stöckl permaneceu nas sombras e renaceu aos novos públicos grazas ás restauracións dalgunhas das súas películas. Un traballo de recuperación e posta en valor que apenas acaba de comezar, e sobre o que queremos deitar luz dedicando un foco especial ao seu traballo, explosiva- mente lúdico e sensual. (Catálogo Festival de Sevilla) Agradecementos: Elena Duque, Javier H. Estrada, Sil- via López/Festival de Sevilla; Diana Kluge/Deutsche Ki- nemathek; Ramona Sehr/Arri Media; Edgar Reitz Filmproduktion; Clara Burckner/Basisfilmverleih Berlin; IVAC-La Filmoteca. Outros agradecementos: Diversidarte. Festival das Artes Inclusivas; Vía Láctea Filmes, Fernanda Tabarés; Sen Ánimo de Nome; Javier Porta Fouz, Anxos Fazáns, Dani Froiz/Matriuska Producciones; Xose Prieto Souto, Elena Oroz, Josetxo Cerdán/Filmoteca Española, ICAA; Vídeo Mercury, EGEDA, Filmoteca Española, Pepe Coira, Academia Galega do Audiovisual; Canyon Ci- nema; Formato Producciones. Programación 249 novembro / decembro 2018 MIRADA PAÍS. VIDEOCREACIÓN YASUZO MASUMURA, RETRATOS AO LÍMITE FICX: JOHANN LURF MARIANO LLINÁS: LA FLOR E CLASE MAXISTRAL FESTIVAL DE SEVILLA: ULA STÖCKL CENTENARIO PICADILLO CENTENARIO INGMAR BERGMAN (e IV) A ILUSIÓN É PERFECTA: HORACIO VALCÁRCEL PENSANDO EN CINE, PENSANDO EN GALICIA: FERNANDA TABARÉS DESENCADRES: STAN BRAKHAGE (32) FÓRA DE SERIE CGAI JÚNIOR OFF GALICIA

Upload: others

Post on 22-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: novembro / decembro 2018dunha caracterización non xeneralista de cuestións bá-sicas coma a memoria (descrición do tempo vivido e a súa axialidade co tempo pretendido), o posicionamento

MIRADA PAÍS. VIDEOCREACIÓNA construción da imaxe videográfica en Galicia desdeos anos oitenta do século XX ata hoxe resolve algúnsaspectos de carácter creativo, ideolóxico, de compro-miso e reivindicación social, e por suposto estéticos –por tanto, de cultura visual entroncada coa culturaindividual e colectiva–. Aspectos coma a posibilidade deiniciación á activación e á acción a través da imaxedunha caracterización non xeneralista de cuestións bá-sicas coma a memoria (descrición do tempo vivido e asúa axialidade co tempo pretendido), o posicionamentoco tempo histórico de referencia ética político-participa-tiva (desde a sexualización intermediaria ás activaciónsdos fundamentos de xénero, a reivindicación crítica ecomprometida co feminismo retrospectivo, aberto e evo-lutivo, a igualdade transitiva, a atemporalidade impropiada mesma historia), tamén o tempo histórico de Galiciacomo entidade-país e como entidade-territorio (daquela,Galicia como entidade humana substantiva). A constru-ción da imaxe videográfica que, cremos, é unha imaxeen que a acción artística consulta os seus fundamentosplásticos para se indicar na videoarte como axitación daforma e como solución axeitada á súa incerteza e ines-tabilidade nestas recentes catro décadas de intransixen-cia antiestática.As oito sesións de Mirada País (catro no CGAI e catrono CGAC) seguen unha orde cronolóxica e temática.Coidamos que, precisamente, o indicador cronolóxicopermite unha relación entre a historia particular de cadaartista e a historia intermediaria (a historia-tempo, quefoi o seu 'agora' e é o seu 'agora'), en que as escolleitas–obras de referencia e trascendencia icónica, obras deresistencia e insistencia– describen non só as súas afi-nidades ou disonancias creativas e as súas formaliza-cións, senón tamén a aceptación do medio audiovisualcomo sistema narrativo en que as ferramentas e dispo-sitivos tecnolóxicos reforzan a sincronía coas linguaxesda imaxe e co seu uso descritivo, a canda as mutaciónsde significados e a súa adaptabilidade ás novas estru-turas de comunicación.Alberto Carton, comisario.

YASUZO MASUMURA, RETRATOS AO LÍMITEEn colaboración con:

Nacido en Kofu, Yasuzo Masu-mura (1924-1986) estudouDereito e Literatura na Univer-sidade de Toquio e foi compa-ñeiro de clase de YukioMishima. Tras deixar os estu-dos, traballou como asistentede director nos estudios Daiei.Regresou á universidade paraestudar Filosofía e graduouseen 1949. Conseguiu unhabolsa que lle permitiu estudarno Centro Sperimentale di Cinematografia onde llederon clases Michelangelo Antonioni, Federico Fellini eLuciano Visconti. Voltou a Xapón en 1953 e desde 1955traballou como director de segunda unidade en pelícu-las dirixidas por Kenji Mizoguchi e Kon Ichikawa antesde dirixir a súa primeira fita, Kuchizuke (くちつけ ,1957). Durante as tres décadas seguintes realizouunhas sesenta películas de xéneros variados. O seu tra-ballo sobrancea pola sátira incisiva no temático e polafluencia de estilo. Considerado como un precursor daNova Onda xaponesa, Nagisa Oshima coidaba que eraun referente á altura de 1958. Para Jonathan Rosen-baum, que o cre moi próximo tanto estilística como te-maticamente a directores norteamericanos comoSamuel Fuller, Nicholas Ray, Frank Tashlin ou DouglasSirk: “O que é constante na obra de Masumura (…) éun certo compromiso ético co mundo, e un conxunto deestratexias cuxo fin é procurar e manter ese compro-miso, como o de privilexiar e esaxerar formas de com-portamento obsesivas. En parte é por esta razón polaque moitas das súas películas son fondamente eróticas.Porque a sexualidade decote serviu ás mulleres comomoeda de troco na sociedade xaponesa: a forma en quese aforra, se gasta ou se desbalde a 'fortuna' destas mu-lleres, dentro desa economía, segue sendo un asuntoético serio, e podo pensar en poucos directores ade-

mais de Masumura, fóra do seu mentor parcial Mizogu-chi e do seu discípulo parcial Oshima, que fixeran tantaspelículas eróticas acompañadas da franqueza das súaspreocupacións políticas.” (“En xaponés non existe o plu-ral. Viaxe de ida e volta de Masumura a Hawks”, de Jo-nathan Rosenbaum e Shigehiko Hasumi, Mutacionesdel cine contemporáneo, Errata Naturae, 2010).Agradecementos: Alejandro Rodríguez Medina/JapanFoundation; Filmoteca Española; Filmoteca de Catalunya.Copyright fotografías: Kadokawa Pictures.

FICX: JOHANN LURFEn colaboración con:

Organizado en colaboracióncoa 56ª edición do FICX,este foco na obra do artistavisual estruturalista austríacoJohann Lurf presenta dousprogramas en que se in-clúen, por un lado, a súa pri-meira longametraxe, titulada ★, e por outro, unhacoidada escolla de curtametraxes nunha sesión des-eñada coma unha montaña rusa visual onde o especta-dor poderá desfrutar dos efectos da experimentación deLurf co tempo e co espazo fílmico. Johann Lurf estudouna Academia de Belas Artes de Viena e no Slate Schoolof Art de Londres e graduouse no Harun Farocki’s Artand Film Studio. As súas fascinantes pezas deron a voltaao mundo e mostráronse en festivais internacionais dereferencia como Sundance, Róterdam, Toronto, Vien-nale, Karlovy Vary ou, máis recentemente, cunha retros-pectiva no Bafici.Programa curtametraxes: 1ª parte: (untitled) (2003),The Quick Brown Fox Jumps Over the Lazy Dog(2009); 2ª parte: Pan (2005), A to A (2011), Reconnais-sance (2012), Embargo (2014), Vertigo Rush (2007);3ª parte, Un epílogo tras 10 segundos na escuridade:Capital Cuba (2015).Agradecementos: Johann Lurf; Silvia Alonso, Manel Ro-dríguez López, Yolanda Eiroa, Tito Rodríguez/FICX; Ál-varo Arroba, Magdalena Arau, Javier Porta Fouz/Bafici;Brigitta Burguer/Sixpack; Institut Valencià de Cultura-LaFilmoteca; Martin Pawley.

MARIANO LLINÁS – LA FLOR E CLASE MAXISTRALEn colaboración con Zinebi, o CGAI programa a monu-mental película de Mariano Llinás de máis de catorcehoras de duración, La flor. Sen dúbida, é unha das gran-des películas do ano, gran vencedora da última edicióndo Bafici e participante en festivais como Locarno, To-ronto ou Nova York. Se o ano pasado Llinás xa estivono CGAI presentando a primeira parte da película, nestaocasión, ademais de proxectarmos a obra íntegra entres días distintos (e en horarios especiais), o cineastaarxentino impartirá unha clase maxistral sobre o pro-ceso de creación do filme, mais tamén sobre a súa con-cepción da sétima arte.Mariano Llinás recibirá un Mikeldi de Honor no certame bil-baíno, en cuxa web podemos ler o seguinte sobre La flor:“La Flor é un monumental complexo narrativo integradopor seis historias independentes e sucesivas. O puntode union que teñen entre si é que cada unha delas estaprotagonizada polas catro mesmas actrices: Pilar Gam-boa, Elisa Carricajo, Laura Paredes e Valeria Correa. Ouniverso das devanditas ficcións é radicalmente dife-rente dun episodio ao outro, de feito o realizador pro-ponse desde o comezo pór de relevo esa diferenzaextrema. Así mesmo, os personaxes que as catro actri-ces encarnan en cada relato aspiran a mesma varie-dade. Pilar Gamboa, por exemplo, é unha feiticeira noprimeiro, unha cantante pop no segundo, una espiamuda no terceiro, ela mesma no cuarto, un personaxesecundario, case invisible, no quinto e unha presa fuxidana Pampa do século XIX no sexto. Cada unha das ac-trices habera de saltar dun universo ficcional a outro,coma nunha danza de mascaras. O obxectivo de Ma-riano Llinas é duplo: por un lado, converter as actrices enmaquinas de narrar, depositar no seu corpo a obriga e aresponsabilidade de dar conta das nomeadas ficcións

para provocaren en nós, como dicía Samuel T. Coleridge,a suspension voluntaria da incredulidade que é o obxec-tivo ultimo de calquera practica artistica; e por outro lado,que o salto dunha ficcion a outra nos revele, ao longo dovasto traxecto narrativo, a verdadeira faciana desas mu-lleres. Como observa Alvaro Arroba no seu artigo para ocatalogo desta edicion, 'La Flor deixa o pouso (e o peso)de lermos unha voluminosa pelicula. De asistirmos aomesmo tempo a unha elefantiasica novela (clasica e me-talinguística á vez, como 2666 de Roberto Bolano) e asúa propia adaptacion cinematografica. Encontramosalgun precedente desa sensacion na historia do cine erecoñécese facilmente, pois son peliculas guiadas por unprincipio creador que ten moito que ver co pracer, comoMax Ophuls e a súa obra final, Lola Montes (1955), aposmoderna e ambiciosa biografia feminina dunha mata-hari da que La flor parece unha multiplicacion masiva.Peliculas en que un grupo de creadores pon toda a carneno asador como se fose a primeira, mais tamén a ultima.Nacemento e testamento a partes iguais'.”A clase maxistral de Mariano Llinás no CGAI celebra-rase o sábado 1 de decembro ás 18 horas. A asisten-cia é libre ata completarmos a capacidade da sala; seben, pódese reservar praza no seguinte correo electró-nico: [email protected] (indicando no asunto “Clase ma-xistral de Mariano Llinás”).Agradecementos: Mariano Llinás, Laura Citarella/ElPampero Cine; Inés Intxausti Garmendia, Vanesa Fer-nández Guerra/Zinebi; Tabakalera; Márgenes; Cineu-ropa; Álvaro Arroba.

FESTIVAL DE SEVILLA: ULA STÖCKLEn colaboración con:

Imaxinación ao poder, espíritocombativo, frescura e sentido dohumor: o cine da alemá UlaStöckl xoga na mesma liga (porton e xeración) ca o de Vera Chytilova e Agnes Varda. Aque fai irromper un novo modelo de muller, e a queousou erguer unha voz gozosamente feminista ao ritmodas novas vagas que sacudiron o cine europeo nos se-senta. Desde o comezo Stöckl tivo claro que o privado épolítico, e o cine unha poderosísima ferramenta paradesvelar as estruturas do poder. Mais por razóns difícilesde comprender (ou demasiado obvias), o cine de Stöcklpermaneceu nas sombras e renaceu aos novos públicosgrazas ás restauracións dalgunhas das súas películas.Un traballo de recuperación e posta en valor que apenasacaba de comezar, e sobre o que queremos deitar luzdedicando un foco especial ao seu traballo, explosiva-mente lúdico e sensual. (Catálogo Festival de Sevilla)Agradecementos: Elena Duque, Javier H. Estrada, Sil-via López/Festival de Sevilla; Diana Kluge/Deutsche Ki-nemathek; Ramona Sehr/Arri Media; Edgar ReitzFilmproduktion; Clara Burckner/Basisfilmverleih Berlin;IVAC-La Filmoteca.Outros agradecementos: Diversidarte. Festival dasArtes Inclusivas; Vía Láctea Filmes, Fernanda Tabarés;Sen Ánimo de Nome; Javier Porta Fouz, Anxos Fazáns,Dani Froiz/Matriuska Producciones; Xose Prieto Souto,Elena Oroz, Josetxo Cerdán/Filmoteca Española, ICAA;Vídeo Mercury, EGEDA, Filmoteca Española, PepeCoira, Academia Galega do Audiovisual; Canyon Ci-nema; Formato Producciones.

Programación 249novembro / decembro 2018

MIRADA PAÍS. VIDEOCREACIÓNYASUZO MASUMURA, RETRATOS AO LÍMITEFICX: JOHANN LURFMARIANO LLINÁS: LA FLOR E CLASE MAXISTRALFESTIVAL DE SEVILLA: ULA STÖCKLCENTENARIO PICADILLOCENTENARIO INGMAR BERGMAN (e IV)

A ILUSIÓN É PERFECTA: HORACIO VALCÁRCELPENSANDO EN CINE, PENSANDO EN GALICIA: FERNANDA TABARÉSDESENCADRES: STAN BRAKHAGE (32) FÓRA DE SERIECGAI JÚNIOROFF GALICIA

Programación 249 cgai-qxp_Maquetación 1 29/10/18 13:52 Página 1

Page 2: novembro / decembro 2018dunha caracterización non xeneralista de cuestións bá-sicas coma a memoria (descrición do tempo vivido e a súa axialidade co tempo pretendido), o posicionamento

.......................................................

Dec. 1118h.Centenario BergmanDOCUMENTO SOBRE FÅRÖ 1979(1980)103'. DCP. Subt. Castelán.

20.30h.A ilusión é perfectaMIGUELÍNHoracio Valcárcel, 196565'. Vídeo. Presenta: Pepe Coira.Entrada de balde.

En colaboración coa Academia Galega do Audiovisual

.......................................................

Dec. 1220.30h.Festival de Sevilla: Ula StöcklAntigona (1964)THE CAT HAS NINE LIVES (1968)94'. DCP. Subt. Galego*.

.......................................................

Dec. 1318 e 20.30h.Centenario BergmanDE LA VIDA DE LAS MARIONETAS(1980)104'. DCP. Subt. Castelán.

.......................................................

Dec. 1418h.Festival de Sevilla: Ula StöcklSLEEP OF REASON (1984)82'. 35mm. Subt. Galego*.

20.30h.Desencadres: Stan Brakhage (32)Angels' (1971) Desert (1976) TheDream, New York City, The Return,The Flower (1976) RR (1981)Unconscious London Strata (1982)City Streaming (1990)85'. 16mm.

.......................................................

Dec. 1518h.CGAI JúniorEL MALVADO ZORRO FEROZBenjamin Renner e Patrick Imbert,201779'. DCP. Versión castelá. Entradade balde.(+4 anos)

.......................................................

Dec. 1820.30h.Centenario PicadilloPICADILLO, O PESO DA COCIÑAGALEGABreogán Riveiro, 2018106'. DCP. Presentación. Entrada debalde.

.......................................................

Dec. 1918h.Centenario PicadilloBetanzos (Fondo Foto Blanco,c.1950) La Coruña al día (AmandoHermida Luaces, 1959, fragmento)Lúpulo (Marqués de Villa-Alcázar,1951) Lúpulo y cerveza (NO-DO,1957)40'. Vídeo. Entrada de balde.

20.30h.Centenario PicadilloCOCINANDO EN EL FIN DELMUNDOAlberto Baamonde Bello, 201593'. DCP. Entrada de balde.

.......................................................

Dec. 2018h.Festival de Sevilla: Ula StöcklTHE GOLDEN THING Ula Stöckl, Edgar Reitz, 1971113'. 35mm. Subt. Galego*.

20.30h.Festival de Sevilla: Ula StöcklDon't Talk About Fate (1992)THE OLD SONG (1992)101'. 35mm. Subt. Galego*.

.......................................................

Dec. 2119.30h. Centenario BergmanFANNY Y ALEXANDER – Eps. 1-2-3(1983)161'. DCP. Subt. Castelán.

.......................................................

Dec. 2218h.Centenario BergmanFANNY Y ALEXANDER – Eps. 4 e 5(1983)138'. DCP. Subt. Castelán. Entradade balde.

!

....................................................... ....................................................... ....................................................... ......................................................

Nov. 0218 e 20.30h.Centenario BergmanCOMO EN UN ESPEJO (1961)91'. DCP. Subt. Castelán.

.......................................................

Nov. 0318h.Off GaliciaDiversiArte. Festival das Artes inclusivas108'. Vídeo. Presentación. Entradade balde.

.......................................................

Nov. 0620.30h.Mirada País. VideocreaciónOs presentes simbólicosObras de Xavier Villaverde, IgnacioPardo, Antonio Segade, Eloy Lo-zano, Teo Manuel Abad, 1985-199148'. Vídeo. Presentación e coloquio:Alberton Carton (comisario), AntónReixa. Conversa: Teo Manuel Abad e Xisela Franco. Emtrada de balde

.......................................................

Nov. 0718 e 20.30h.Centenario BergmanLOS COMULGANTES (1963)80'. 35mm. Subt. Castelán.

.......................................................

Nov. 0818 e 20.30h.Yasuzo MasumuraWARM CURRENT (1957)94'. 35mm. Subt. Galego*.

.......................................................

Nov. 0918 e 20.30h..Centenario BergmanEL SILENCIO (1963)96'. DCP. Subt. Castelán.

.......................................................

Nov. 1018h.Pensando en cine, pensando en GaliciaA ESMORGAIgnacio Vilar, 2014111'. DCP. Presentación e coloquio:Antón Reixa e a xornalista FernandaTabarés. Entrada de balde.

.......................................................

Nov. 1318h.Fóra de serie1+1 PlayObras de Inma Veiga, Antía Carreira,Emanuele Dainot, Alessandro G. Ca-puzzi, 2011-201845'. HD. Presentación. Entrada debalde

20.30h.Mirada País. VideocreaciónExperiencia e definiciónObras de C. Nieto, J. Lesta e B.Montero, V. Blanco, P. Dopico, X.Anleo, M. Ruido, S. Pacheco, D.Santome, R. Rodríguez, 1995-200570'. Vídeo. Presentación: A. Carton(comisario), A. Reixa. Conversa:Juan Lesta e Belén Montero. Entradade balde.

.......................................................

Nov. 1418 e 20.30h.Yasuzo MasumuraWITH MY HUSBAND'S CONSENT(1964)92'. 35mm. Subt. Galego*.

.......................................................

Nov. 1518 e 20.30h.Yasuzo MasumuraSEISAKU'S WIFE (1965)93'. 35mm. Subt. Galego*.

.......................................................

Nov. 1618h.Centenario BergmanSECRETOS DE UN MATRIMONIO –Eps. 1-2-3 (1973)140'. DCP. Subt. Castelán.

20.30h.Centenario BergmanSECRETOS DE UN MATRIMONIO –Eps. 4 e 5 (1973)150'. DCP. Subt. Castelán. Entradade balde.

.......................................................

Nov. 1718h.CGAI JúniorEL BOSQUE DE HAQUIVAQUIRasmus A. Sivertsen, 201675'. DCP. Versión castelá. Entradade balde.(+4 anos)

.......................................................

Nov. 2018 e 20.30h.Centenario BergmanPASIÓN (1969)100'. DCP. Subt. Castelán.

.......................................................

Nov. 2118 e 20.30h.Yasuzo MasumuraHOODLUM SOLDIER (1965)102'. 35mm. Subt. Galego*.

.......................................................

Nov. 2218 e 20.30h.Yasuzo MasumuraSPIDER GIRL (1966)86'. 35mm. Subt. Galego*.

.......................................................

Nov. 2318 e 20.30h.Centenario BergmanGRITOS Y SUSURROS (1972)91'. DCP. Subt. Castelán.

.......................................................

Nov. 2418h.Mirada País. VideocreaciónMemoria e contrasteObras de R. Grilo, A. Negro,F. Fernández, L. Patiño, P. Rocha, M. Mariño, 2008-201572'. Vídeo. Presentación: A. Carton(comisario), A. Reixa. Conversa: Ignacio Pardo, Diego Santomé. Entrada de balde.

.......................................................

Nov. 2720.30h.Mirada País. VideocreaciónOs presentes proxectadosObras de I. Pardo, X. Anleo e U. Per-muy, J. Lesta e B. Montero, R. Fdez.,X. Franco, F. Strate, C. Andrade,2003-2017.71'. Vídeo. Presentación: A. Carton(comisario), A. Reixa. Conversa: Antonio Segade, Federico Strate.Entrada de balde.

.......................................................

Nov. 2818h.Galicia ProfilmeEncontro con Javier Porta Fouz, di-rector do Bafici, seguido da proxec-ción de:A ESTACIÓN VIOLENTAAnxos Fazáns, 2017.68'. DCP. Entrada de balde.

20.30h.FICX: Johann LurfCurtametraxes60'. DCP. Presenta: Magdalena Arau.

......................................................

Nov. 2918 e 20.30h.Yasuzo MasumuraTHE RED ANGEL (1966)95'. 35mm. Subt. Galego*.

.......................................................

Nov. 3019hMariano Llinás / La florLA FLOR (Parte 1) (2018)225' (con 1 intervalo de 15'). DCP.

.......................................................

Dec. 0118h.Mariano Llinás/La florClase maxistral de Mariano Llinás.Entrada de balde. Reserva de prazasen: [email protected]

!

......................................................

Dec. 0418h.Fóra de serieVestigios en Súper 8: Una crónicaamateur de los años del cambio Investigación e compilación: XosePrieto Souto e Elena Oroz. Montaxe:Víctor Berlón.50'. HD. Entrada de balde.

20.30h.FICX: Johann Lurf★99'. DCP. Presenta: Martin Pawley.

En colaboración con Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

.....................................................

Dec. 0517.30 Mariano Llinás/La florLA FLOR (Parte 2) (2018)343' (con 2 intervalos de 15'). DCP.Subt. Castelán.

...................................................... .......................................................

Dec. 0717.30Mariano Llinás/La florLA FLOR (Parte 3) (2018)320' (con 2 intervalos de 15'). DCP.

.......................................................

!!

Información xeralTodos os filmes se proxectan en versión orixinal, agás indicación contraria. A duración dos filmes é orientadora e aproximada. Esta programación pódese ver alterada porrazóns alleas á nosa vontade. Unha vez comezada a sesión, non se permitirá a entrada á sala de proxeccións.As sesións de capacidade limitada teñenreservado un número indeterminado de butacas.

As sesións sinaladas con signos de excla-mación sofren modificacións respectodos horarios habituais.

Prezo da entradaXeral: 1'20 € Carné Xove: 0'60 € Abono de 10 sesións: 9 € As sesións de entrada gratuíta notificaranseno programa. A venda de entradas iniciarase 15 minutos

antes de comezaren as sesións (non sevenden entradas anticipadamente).Só se venderán un máximo de dúas entradas por persoa.

Sala de proxecciónsCGAI. Durán Loriga, 10 baixo, 15003 A CoruñaTel.: 881 881 270 Fax: 881 881 271e-mail: [email protected]

Subtitulado electrónico*: Subtitula’m S.L.

Información adicional sobre ciclos e filmes: https://cgai.xunta.gal

!

MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO

Programación 249novembro / decembro 2018

Depó

sito

legal:

C 6

71-2

001

Programación 249 cgai-qxp_Maquetación 1 29/10/18 13:52 Página 2