novedades ebook agosto 2016 galego

13

Upload: bibliotecadicoruna

Post on 23-Jan-2018

171 views

Category:

Entertainment & Humor


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Novedades ebook agosto 2016 galego
Page 2: Novedades ebook agosto 2016 galego

C

Boletín de Novidades Agosto

2016

2

Temos feito esta edición do boletín de novidades da nosa biblioteca para aumentar a visibilidade da nosa colección de documentos digitais en:

http://ebook.dicoruna.es

Lembramoslles que para poder utilizar esta plataforma só é necesario que: sexan usuarios da biblioteca, que o solicitante teña polo menos 15 anos e que se dispoña dun enderezo electrónico. Para darse de alta poden comunicárnolo verbalmente no mostrador de Información Bibliográfica do primeiro andar, por teléfono, chamando ao 981 080 176, ou ben enviándonos un correo a: [email protected] Tras darse de alta recibirán un correo avisando dun “Cambio de contrasinal en eBook Dicoruna” con un

enlace que lles dirixirá á plataforma e lles pedirá un contrasinal (que é o contrasinal que utilizaran cada vez que entren na plataforma, xunto có seu enderezo electrónico). Se o seu dispositivo é Android, podrán descargar a aplicación “eBook DiCoruña” en “Play Store”; se o seu dispositivo é Apple, na “App Store”, poderán descargar “eBook Dicoruña”; se teñen un e-reader con acceso a internet poderán descargarse o programa Adobe Digital

Editions en http://www.adobe.com/es/solutions/ebook/digital-editions/download.html

Page 3: Novedades ebook agosto 2016 galego

C

Boletín de Novidades Agosto

2016

3

ÍNDICE

ÍNDICE .................................................................................................................... 3

Anna ...................................................................................................................... 4

Circunstancias casuales ..................................................................................... 5

¡Alucina! ................................................................................................................ 6

Cuarteto para un solista ..................................................................................... 7

El asesino obediente ........................................................................................... 8

El caballo negro ................................................................................................... 9

El método 15/33 ................................................................................................. 10

El muchacho persa ........................................................................................... 11

El último reducto ................................................................................................ 12

Los protectores ................................................................................................... 13

Page 4: Novedades ebook agosto 2016 galego

C

Boletín de Novidades Agosto

2016

4

Ammaniti, Niccolò

Anna

Barcelona : Anagrama, 2016

187 p. (formato: epub)

[versión en papel: 3S/10946]

Sinopsis: Un virus, que comezou a manifestarse en Bélxica, tnse extendido polo mundo

coma unha epidemia. Ten unha particularidade: só mata aos adultos. Os nenos o

incuban, pero no lles afecta ata que crecen. Sicilia nun futuro próximo. Todo está en

ruinas. A enfermidade que o virus produce a chaman A Vermella, e circulan extranas

teorías sobre supostos modos de inmunizarse. Anna, que ten trece anos, debe rescatar

ao seu irmán pequeno Astor e emprender con el unha viaxe que os levará até

Palermo e despois até Messina. O obxetivo: cruzar o estreito e alcanzar o continente,

onde acaso Anna, á que pola idade a morte xa asexa, atope un xeito de se salvar.

Failles compaña un can, e contan coma bitácora con un caderno de cubertas

marróns que lles deixou a sua nai antes de falecer. Titulouno AS COUSAS IMPORTANTES

e anotou nel algunhas instruccións útiles para sobrevivir. Niccolò Ammaniti, que xa tiña

abordado a infancia e a adolescencia en varias excelentes novelas anteriores, insiste

no tema, e o fai combinando a ciencia ficción distópica, a narración de aventuras e a

novela de iniciación. Poderíamos atopar aquí ecos de O señor das moscas de

Golding, ou de Walkabout, aquela película de 1971 de Nicolas Roeg sobre unha

adolescente e o seu irmán pequeno perdidos no deserto australiano. En todos os casos

temos un universo poboado exclusivamente por nenos. Como sobreviven? Como se

interrelacionan sen a presenza dominante e represora dos adultos? Como afrontan os

medos e as incertezas?

URL: http://ebook.dicoruna.es/es/anna-9788433937247

Page 5: Novedades ebook agosto 2016 galego

C

Boletín de Novidades Agosto

2016

5

Flamigni, Carlo Circunstancias casuales

Madrid : Siruela, 2016

200 p. (formato: epub)

Sinopsis: «A vida vaise construíndo como un armazón de feitos casuais e feitos

voluntarios, que se suceden sen regra algunha (...), nunha molesta desorde do que a

miúdo nin sequera nos decatamos». Annibale Ricci Ribald é un ser verdadeiramente

detestable, un ancián notario de familia adiñeirada que vive nun niño de víboras

ateigado de vítimas que, á súa vez, son tamén verdugos. A muller e os fillos, as criadas

e os empregados, os clientes e os veciños, todos están cheos de mediocres

resentimentos e culpas inconfesables. Pero un día o funcionario aparece morto no seu

despacho na costa de Romaña; e pouco despois, a comadrona que trouxo ao

mundo aos seus fillos corre tamén a mesma sorte... Para esclarecer o sucedido, o xefe

de policía Macbetto Fusaroli volverá contar nesta ocasión coa inestimable axuda de

Primo Casadei e a súa estraña familia de investigadores: a súa esposa Maria, unha

inmigrante chinesa que aprendeu italiano escoitando os culebróns da radio; o seu

amigo Proverbio; o simplón Pavolone e as pequenas xemelgas Beatrice e Berenice.”

URL: http://ebook.dicoruna.es/es/circunstancias-casuales-9788416749836

Page 6: Novedades ebook agosto 2016 galego

C

Boletín de Novidades Agosto

2016

6

Butcher, Pauline

¡Alucina! : mi vida con Frank Zappa

Barcelona : Malpaso, 2016

407 p. (formato: epub)

Sinopsis: Londres. Corre o ano 1967 e Pauline deambula sen rumbo pola máxica

metrópole contracultural dos sesenta. Ten 21 anos, traballa nunha axencia de

secretarias e non adoita desmelenarse, pero un inesperado encontro cambiará

radicalmente a súa vida: unha tarde recibe a chamada dun suxeito que necesita

transcribir as letras dun disco. É Frank Zappa. Ese feliz e improbable encargo virá

seguido por vagos flirteos, estrañas confidencias e unha proposta desconcertante:

trasladarse a Los Ángeles e ingresar na variada cuadrilla que alí convive e desvaría co

cantante. Aceptada a invitación, a nosa audaz mecanógrafa asistirá atónita e

cegada ao asombroso espectáculo que se representa fronte a ela. Contempla a

incansable actividade creativa de Zappa, é toda oídos durante os seus peregrinos

coloquios con tipos coma Mick Jagger, George Harrison, Eric Clapton ou Rod Stewart e

asiste relixiosamente aos extáticos ensaios do seu grupo, cerimonias polas que desfila

unha caterva de friquis, tunantes, colgados e entrañables soñadores. De todo iso dá

conta neste libro.

URL: http://ebook.dicoruna.es/es/alucina-mi-vida-con-frank-zappa-

9788416420926

Page 7: Novedades ebook agosto 2016 galego

C

Boletín de Novidades Agosto

2016

7

Sampedro, José Luis

Lucas, Olga

Cuarteto para un solista

Barcelona : Debolsillo, 2015

208 p. (formato: epub)

[versión en papel: 3S/5601]

Sinopsis: Novela de ideas ou ensaio novelado, alegoría do noso tempo e radiografía

do ser humano en toda a súa complexidade, Cuarteto para un solista é un audaz e

fascinante relato que non deixará indiferente a ninguén. Un vello profesor, interno nun

sanatorio, recibe a visita dos catro elementos -Terra, Auga, Aire e Lume-, con quen

comparte as súas preocupacións sobre o destino da Humanidade. Admirarase do

abrazo de Aire e Auga, paseará e charlará con Terra, mentres Lume salvaralle do frío.

A súa filla, a enfermeira e o doutor que lle trata mirarán con receo eses delirios, pero os

acontecementos acabarán superándoos a todos eles, hondamente impresionados

pola súa irrefreable paixón pola vida. Cuarteto para un solista é unha viaxe a través da

Historia, desde as súas orixes ata os nosos días, onde sairá a relucir o papel de Europa,

a economía de mercado, a sociedade de consumo ou o eterno debate entre

progreso, ciencia e fe. En suma, reflexión, aventura interior, lucidez e radicalidad en

estado puro. De onde vimos? Onde imos? Estamos a volvernos TOLOS?

URL: http://ebook.dicoruna.es/es/cuarteto-para-un-solista-9788466336482

Page 8: Novedades ebook agosto 2016 galego

C

Boletín de Novidades Agosto

2016

8

Davidson, Richard

El asesino obediente : Ramón Mercader y la muerte de Trotsky

Barcelona : Plaza Janés, 2016

301 p. (formato: epub)

Sinopsis: Un escuro e cautivante thriller. Un home cunha misión: ase sinar a León Trotsky,

o gran intelectual inimigo da Rusia estalinista. John P. Davidson fai unha revisión da

vida de Ramón Mercador, o nacionalista español educado para asasinar a León

Trotsky. O gran conflito interior de Mercador esperta por mor dunha paixón que non

tiña que cruzarse no seu camiño: unha muller xudía chamada Sylvia, á que el está

obrigado a seducir para poder achegarse a Trotsky. Pero a vida xógalle unha mala

pasada e el termina seducido polos encantos dela. É nese momento cando todo o

adestramento recibido pola súa nai vaise desintegrando. Seguimos entón a Ramón

por España, Francia, Bélxica, para chegar finalmente a México, onde se fai amigo de

Frida Kahlo e Diego Rivera, os mesmos que tiñan dado refuxio a Trotsky. A crítica

opinou: "A calidade da súa escritura confírmase con esta vívida novela que retrata os

eventos que levarán ao asasinato de León Trotsky. Unha historia política ben

construída, con intriga, amor, traizón e a indiscutible habilidade de Davidson para

reproducir unha época" -Neil McMahon, autor de Dead Silver- "Ler O asasino

obediente é como ver unha película de Alfred Hitchcock. Desde o primeiro parágrafo

o lector é atrapado nunha intriga envolta en suspenso que se retorce entre o amor filial

e a decepción. Nesta gran novela, John P. Davidson transforma o asasinato político de

León Trotsky no íntimo e inesquecible retrato dun crime" -Stephen Harrigan, autor do

bestseller The Gates of the Alamo-

URL: http://ebook.dicoruna.es/es/el-asesino-obediente-ramon-mercader-y-la-

muerte-de-trotsky-9786073145343

Page 9: Novedades ebook agosto 2016 galego

C

Boletín de Novidades Agosto

2016

9

Johnson, Craig

El caballo negro

Madrid : Siruela, 2016

274 p. (formato: epub)

Sinopsis: Craig Johnson logra nesta quinta entrega da serie do shériff Longmire unha

magnífica combinación de policiaco clásico e temas de actualidade, sempre co

inhóspito paisaxe de Wyoming como pano de fondo. Wade Barsad, un home de

pasado escuro e unha abraiante facilidade para crearse inimigos, prende lume ao

cortello dos cabalos da súa esposa, Mary. Ela, como vinganza, lle dispara seis tiros a

pelacorpo. O shériff Walt Longmire, a quen a versión oficial do sucedido non

convence en absoluto, está decidido a esclarecer o asunto, mesmo se o crime queda

fóra da súa xurisdición. Para iso, facéndose pasar por un investigador do seguro, visita

o rancho dos Barsad, en Absalom. Alí descubrirá que todos no diminuto pobo, incluídos

o leal vaqueiro que traballaba para os propietarios, un rancheiro con debilidade polo

alcol e unha camareira guatemalteca afeccionada a resolver asasinatos, tiñan

motivos suficientes como para querer ver morto a Wade...

URL: http://ebook.dicoruna.es/es/el-caballo-negro-9788416749638

Page 10: Novedades ebook agosto 2016 galego

C

Boletín de Novidades Agosto

2016

10

Kirk, Shannon

El método 15/33

B Books, 2016

244 p. (formato: epub)

Sinopsis: Premio National Indie Excellence para a mellor novela de suspense de 2015

Imaxinade a unha moza de dezaseis anos, embarazada e vulnerable, a quen acaba

de arrincar da tranquilidade do seu fogar para arroxala dentro dunha furgoneta

escanastrada. Raptada? Soa? Aterrorizada. Agora, esquecédevos dela. Imaxinade en

cambio a unha prodixiosa manipuladora de dezaseis anos que, desde os primeiros

instantes do seu secuestro, céntrase, con tanta serenidade como determinación, en

dúas cousas: salvar ao neno que leva no seu seo e vingarse. Metódica e calculadora,

pon a punto un plan organizado de maneira case científica no que nada foi deixado

ao azar. A súa férrea vontade e o seu enxeño serán as súas mellores armas contra a

brutalidade dos seus raptores, e o único que lle falta por facer é esperar o momento

ideal para lanzar o seu ataque. Eloxios desde Estados Unidos: «Os lectores verán unha

semellanza entre a protagonista e Lisbeth Salander, a heroína da saga Millenium.

Ambas néganse a ser victimizadas? Benvidos a unha excitante nova voz da ficción

policiaca.» The Boston Globe «A vontade e o enxeño da protagonista superan con

fartura a desapiadada brutalidade dos seus captadores, á vez que a excitante historia

alcanza un clímax sorprendente.» Publishers Weekly «Nietzsche advertiunos que nos

coidásemos das persoas que albergan un gran desexo de vinganza. Esa idea perdura

tras ler este libro escuro, turbador e condenadamente fascinante? Un excitante

desafío que pode dar lugar a debates apaixonantes, como ocorre co profesor, de

John Katzenbach.» Booklist «En mans dunha autora menos talentosa, podería ser outra

historia máis dunha moza nun apuro, pero non é así. O método 15/33 é intensa,

reflexiva e emocionalmente gratificante.» Forward Reviews «O método 15/33

trasládanos a uns lugares moi escuros... No último capítulo unha luz ilumínao todo,

tanto o pasado como o presente. Entón releredes o libro para descubrir en que vos

equivocabades.» Mystery Scene Magazine «Unha das mellores novelas de suspense

deste ano. » Crime Fiction Eloxios desde Francia: «A escritura é precisa, eficaz e sólida.

O ámbito da novela de suspense é tomado por asalto por un prodixio do xénero. Un

libro apaixonante dunha calidade literaria indubidable.» Polars Pourpres «A prosa e o

estilo de Shannon Kirk son incisivos e demostran a súa mestría. O lector vai da sorpresa

ao asombro.... Unha intriga rica e fascinante, personaxes singulares... Unha autora de

indubidable talento!» Azilis «Unha historia moi ben construída onde os códigos resultan

investidos, posto que neste secuestro a conduta máis sociópata é a da vítima. Unha

obra mestra.» Bernieshoo «O enxeño, a frialdade e o espírito metódico da heroína

mergullan ao lector nun thriller de gran virtuosismo.» 4decouv

URL: http://ebook.dicoruna.es/es/el-metodo-1533-9788490694756

Page 11: Novedades ebook agosto 2016 galego

C

Boletín de Novidades Agosto

2016

11

Renault, Mary

El muchacho persa

Barcelona : Debolsillo, 2016

450 p. (formato: epub)

[versión en papel: 3M/13175]

Sinopsis: A historia de Alejandro Magno contada por Bagoas, o seu fiel criado.

Baseada nunha figura histórica, O raparigo persa conta os últimos anos de vida de

Alejandro Magno a través dos ollos do que fose o seu amante, Bagoas. Fillo dun nobre

executado por traizón, vendido como escravo e castrado cando era neno, pasou ao

servizo de Darío III Codomano e, tras o asasinato deste, foi regalado ao mozo

macedonio. A súa relación sosterá a Alejandro mentres este ten que facer fronte a

varios complots de asasinato, ás demandas de dúas esposas, aos motíns periódicos do

seu exército e ao seu formidable carácter. Bagoas será tamén testemuña dos

profundos lazos de amizade e de compromiso que o emperador ten cos seus

soldados. Renault ensínanos como este raparigo persa podería comprender e apoiar

os ferventes plans de Alejandro mellor que calquera dos seus xenerais. Recensión:«As

novelas históricas de Renault están entre as mellores xamais escritas.» The Washington

Post

URL: http://ebook.dicoruna.es/es/el-muchacho-persa-9788466337977

Page 12: Novedades ebook agosto 2016 galego

C

Boletín de Novidades Agosto

2016

12

Cornwell, Patricia El último reducto

(Serie Kay Scarpetta)

B Books, 2016

444 p. (formato: epub)

[versión en papel: 3M/17434]

Sinopsis: É Nadal, e a forense Kay Scarpetta acaba de perder ao seu amante, Benton Wesley. O último caso da detective segue aberto, pois non se conseguiu esclarecer a autoría dunha serie de asasinatos, achacados ao mafioso Chandonne. Unha conspiración leva a situación a límites insospeitados, ata o punto de que Scarpetta pode ser procesada por asasinato. Por outra banda, os indicios apuntan a unha posible relación entre os crimes e a morte de Benton..

URL: http://ebook.dicoruna.es/es/el-ultimo-reducto-serie-kay-scarpetta-

9788490693162

Page 13: Novedades ebook agosto 2016 galego

C

Boletín de Novidades Agosto

2016

13

Santiago, Roberto

Los protectores

Madrid : SM, 2016

200 p. (formato: epub)

[versión en papel na biblioteca infantil e xuvenil: N SAN pro/v]

Sinopsis: Vicente Friman é o novo. Xa lle pasou outras veces, así que non lle preocupa

moito. Aínda que esta vez é diferente. Esta vez está Bárbara. A xefa dos Protectores.

Ou iso crese ela. E tamén están os Apaches. Unha banda de adolescentes que teñen

atemorizado ao barrio. Todos queren algo de Vicente. Pero el non sabe moi ben que

é. E ademais estase fartando. É o momento de demostrar quen é de verdade Vicente

Friman. Premio O Barco de Vapor 2016

URL: http://ebook.dicoruna.es/es/los-protectores-ebook-epub-9788467589627