nota de prensa concello de padrón

2
Exmo. Concello de Padrón CIF.: P150660-D Rúa Longa 27 15900 - Padrón (A Coruña) www.concellodepadron.es Tfno: 981810451 -Fax: 981811550 NOTA DE PRENSA Padrón contará cun técnico para colaborar nas tarefas protocolarias e a relación cos medios de comunicación O Concello e a Escola Internacional de Protocolo asinaron un convenio co que a administración local busca protocolizar axeitadamente os eventos que organiza ou dos que é partícipe, ao mesmo tempo que axilizar o contacto cos medios de comunicación Padrón, martes 24 de abril de 2012. O concello de Padrón non conta actualmente cun gabinete profesionalizado que se encargue das tarefas protocolarias e da debida e fluída relación cos medios de comunicación. Deste xeito, ditas labores son asumidas directamente por persoal político, cos inconvenientes que isto reviste ao ser ao mesmo tempo partícipes e organizadores dos actos e eventos. Considerando que Padrón é un concello con suficiente entidade como para ter regulamentados determinados aspectos protocolarios e para ter unha relación seria cos medios de comunicación, dende o concello establécese un convenio de colaboración coa Escola Internacional de Protocolo, totalmente gratuíto para a administración local e por unha duración inicial de tres meses. Este convenio permite dispor nas dependencias municipais dun técnico en protocolo, que colaborará na realización destas tarefas, axustándose a parámetros protocolarios obxectivamente establecidos. Todo isto, contando co asesoramento profesional desta prestixiosa entidade con sede na nosa comunicade en Coruña. Na actividade política deste concello existen numerosos actos que se realizan ano tras ano seguindo criterios baseados unicamente nos costumes e tradicións sen ter en conta que nos actos de carácter oficial existen unhas normas protocolarias establecidas por lei, decretos e disposicións. De igual xeito, existen múltiples actos de carácter non estritamente oficial, pero no que se conta con presenza de autoridades, debendo atender a diversas cuestións formais que o persoal político que integra as corporacións debe coñecer. O mesmo acontece co departamento de prensa. No concello non existe un gabinete como tal que actúe como referente cos medios de comunicación, carecendo polo tanto de dosieres de prensa, bases de datos de medios, regulación axeitada da información institucional nas redes sociais e demais tarefas asumidas por estes organismos. Dispor deste material, con continuidade no tempo, suporá ademais para posteriores corporacións a posibilidade de ter un referente histórico da actividade política, cultural e social da súa vila. Así, con este convenio preténdese regular todas estas cuestións de xeito obxectivo, atendendo non a criterios políticos senón en base a coñecementos profesionais en materia protocolaria e comunicativa.

Upload: eip-galicia

Post on 05-Aug-2015

1.529 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nota de prensa Concello de Padrón

Exmo. Concello de Padrón

CIF.: P150660-D Rúa Longa 27

15900 - Padrón (A Coruña) www.concellodepadron.es

Tfno: 981810451 -Fax: 981811550

NOTA DE PRENSA

Padrón contará cun técnico para colaborar nas taref as protocolarias e a relación cos medios de comunicación O Concello e a Escola Internacional de Protocolo asinaron un convenio co que a administración local busca protocolizar axeitadamente os eventos que organiza ou dos que é partícipe, ao mesmo tempo que axilizar o contacto cos medios de comunicación Padrón, martes 24 de abril de 2012. O concello de Padrón non conta actualmente cun gabinete profesionalizado que se encargue das tarefas protocolarias e da debida e fluída relación cos medios de comunicación. Deste xeito, ditas labores son asumidas directamente por persoal político, cos inconvenientes que isto reviste ao ser ao mesmo tempo partícipes e organizadores dos actos e eventos. Considerando que Padrón é un concello con suficiente entidade como para ter regulamentados determinados aspectos protocolarios e para ter unha relación seria cos medios de comunicación, dende o concello establécese un convenio de colaboración coa Escola Internacional de Protocolo , totalmente gratuíto para a administración local e por unha duración inicial de tres meses. Este convenio permite dispor nas dependencias municipais dun técnico en protocolo, que colaborará na realización destas tarefas, axustándose a parámetros protocolarios obxectivamente establecidos. Todo isto, contando co asesoramento profesional desta prestixiosa entidade con sede na nosa comunicade en Coruña. Na actividade política deste concello existen numerosos actos que se realizan ano tras ano seguindo criterios baseados unicamente nos costumes e tradicións sen ter en conta que nos actos de carácter oficial existen unhas normas protocolarias establecidas por lei, decretos e disposicións. De igual xeito, existen múltiples actos de carácter non estritamente oficial, pero no que se conta con presenza de autoridades, debendo atender a diversas cuestións formais que o persoal político que integra as corporacións debe coñecer. O mesmo acontece co departamento de prensa. No concello non existe un gabinete como tal que actúe como referente cos medios de comunicación, carecendo polo tanto de dosieres de prensa, bases de datos de medios, regulación axeitada da información institucional nas redes sociais e demais tarefas asumidas por estes organismos. Dispor deste material, con continuidade no tempo, suporá ademais para posteriores corporacións a posibilidade de ter un referente histórico da actividade política, cultural e social da súa vila. Así, con este convenio preténdese regular todas estas cuestións de xeito obxectivo, atendendo non a criterios políticos senón en base a coñecementos profesionais en materia protocolaria e comunicativa.

Page 2: Nota de prensa Concello de Padrón

Exmo. Concello de Padrón

CIF.: P150660-D Rúa Longa 27

15900 - Padrón (A Coruña) www.concellodepadron.es

Tfno: 981810451 -Fax: 981811550

¿Que é a EIP? A Escola Internacional de Protocolo é, ademais dun centro de formación, unha entidade de carácter privado, dirixida por un grupo de recoñecidos especialistas no eido do Protocolo, integrada por unha rede de centros con sedes en: Madrid, Barcelona, Valencia, Granada, Asturias, Elche, Valladolid, Palma de Mallorca, A Coruña, Tenerife, Budapest, Bos Aires e Paraguai. Consolidouse como primeiro centro mundial especializado na formación en Protocolo, Relacións Institucionais e Xestión de Eventos. Conta con: Centro de Investigación, Centro de Datos, Servizo de Publicacións,Biblioteca especializada, Servizo de Asesoramento ás Institucións públicas e privadas e Medio de comunicación especializado no sector de Protocolo e Eventos. É tamén a organizadora dos principais eventos internacionais de Protocolo: Congreso Internacional de Protocolo e Premio Internacional de Protocolo Saúdos Prensa : 673 656 163