normas de uso da sala de informática. biblioteca de narón

4
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NARÓN Rúa 25 de Xullo s/n, Narón -15570- A Coruña [email protected] Teléfono: 981 38 21 73 PROCEDEMENTO PARA O USO DOS EQUIPOS INFORMÁTICOS

Upload: biblioteca-publica-municipal-de-naron

Post on 25-Jan-2015

67 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Normas de uso de la sala de Informática

TRANSCRIPT

Page 1: Normas de uso da sala de informática. Biblioteca de Narón

BIBLIOTECA PÚBLICA

MUNICIPAL DE NARÓN

Rúa 25 de Xullo s/n, Narón -15570- A Coruña

[email protected]

Teléfono: 981 38 21 73

PROCEDEMENTO PARA O

USO DOS EQUIPOS

INFORMÁTICOS

Page 2: Normas de uso da sala de informática. Biblioteca de Narón

PROCEDEMENTO PARA A UTILIZACIÓN DOS

EQUIPOS:

Para a utilización do servizo será necesario o

carné de socio da biblioteca. Para o caso de

persoas que veñan de paso valerá con que

presenten o DNI.

No caso de menores de 14 anos, requirirase

unha autorización asinada polo pai/nai/titor

legal para a utilización do servizo.

Cada persoa deberá rexistrarse nunha folla

habilitada para tal efecto que se atopará no

mostrador central. Nela consignarase o

número de carné, o nome do usuario/a, a hora

de chegada, o número do equipo asignado e a

hora á que debe deixalo libre.

Entregaráselle ao usuario unha tarxeta co

número do equipo que se lle asigna, que

deberá manter en lugar ben visible durante a

súa utilización como medida para asegurarnos

de que cada persoa que fai uso do servizo

estea previamente anotado na folla de rexistro.

Page 3: Normas de uso da sala de informática. Biblioteca de Narón

O tempo límite de uso será de 90 minutos

diarios. Se o usuario precisa máis tempo e non

hai ninguén agardando polo equipo, poderase

prorrogar este tempo 30 minutos máis.

Unha vez rematado o tempo límite de uso, o

usuario deberá deixar libre o equipo e

devolver a tarxeta ao mostrador central.

NON ESTARÁ PERMITIDO:

Chats.

Xogos.

Programas de descarga de música e vídeo.

Páxinas de envío de SMS.

Outras páxinas de contidos non apropiados

para unha biblioteca pública.

SERÁN DEBERES DOS USUARIOS:

a) Contribuír ao coidado e conservación das

instalacións e equipos.

b) Notificar ao persoal as anomalías que detecten nos

equipos, tanto de hardware como de software.

c) Facilitar a actividade de vixilancia e supervisión,

Page 4: Normas de uso da sala de informática. Biblioteca de Narón

identificándose se así fosen requiridos e amosando os

arquivos que estean a utilizar.

d) Respectar as indicacións que reciban do persoal

respecto ao funcionamento da aula e ao uso dos seus

equipos.

e) Abandonar a aula se así é requirido polo persoal

por ter incumprido as presentes normas.

f) Gardar silencio e contribuír ao mantemento da

orde na aula.

g) Non fumar ni consumir ningún tipo de alimento ou

bebida, así como non facer uso de teléfonos móbiles.

O servizo estará suxeito á normativa xeral de

utilización da biblioteca. O mal uso do servizo

suporá a suspensión deste. A duración da medida

determinarase segundo o principio de

proporcionalidade, atendendo á intención, á

natureza dos prexuízos ocasionados, á reiteración e

á reincidencia.