normalizacion
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
A normalización lingüística da galego. Estado actual e porvir do galego
●Conflito lingüístico => marxinación e desaparición lingua dominada / planificación lingüística.
●Planificación lingüística => deter o proceso de substitución do galego polo castelán.
●Planificación => dous aspectos:
● Normativización: fixación da norma.
● Normalización: ampliación dos usos e dos falantes.
As insitucións e a normalizacióna
➔ Institucións públicas papel determinante.➔ Xunta de Galicia crea Dirección Xeral de Política Lingüística:
➔ Antes Consellería de Educación (limitación ao ensino)➔ Agora Consellería de Presidencia
➔ As deputacións e os concellosa destinan orzamentos á normalización lingüística.
➔ LNL non acadou o freo da substitución do galego polo castelán coas súas iniciativas.
➔ DXPL centrouse en:➔ Cursos de Formación➔ Axudas e subvencións (introdución do galego en novos
ámbitos)➔ Financiamento da Compañía de Radio Televisión de Galicia➔ Ensino (obxectivo primordial).
Críticas á D.X.P.L.
● A escola segue empeñando un claro papel castelanizador.
● Hai un incumprimento da lei vixente.● A falta de formación específica en planificación
lingüística do persoal da DXPL● A falta de seguimento e vixilancia do
cumprimento da normativa legal.● O inadecuado seguimento e valoración dos
resultados dos investimentos destinados á normalización do galego.
Axentes normalizados privados
● Movementos, asociacións e organizacións que interveñen en diferentes ámbitos.
● Mesa pola Normalización Lingüística.● Asociación d Funcionarios para a Normalización
Lingüística.● Fundación Galicia Empresa.● Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
● A lexislación lingüística caracterízase por: Imprecisión temporal Imprecisión grao de cumprimento.
● Necesario Plan Xeral: Obxectivos, medidas e procedementos.
● Ausencia do Plan => improvisación, parcialidade e o voluntariosmo.
● Concellos de Santiago e Ferrol e a Univ. Santiago si fixeron plans de normalización.
● Servizos de Normalización Lingüística (dirixir e coordinar o proceso de normalización). Funcións: Asesoramento. Formación Dinamización (actividades destinadas a potenciar o uso do
galego) Acaban sendo gabinetes de tradución e correción da lingua.
Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega● 2004 o Parlamento de Galicia aprobou o Plan Xeral de
Normalización da Lingua Galega.● 445 medidas destinadas a potenciar o galego e lograr o seu uso
en todos os niveis e funcións.● Oito sectores:
Administración Educación, familia e mocidade Medios de comunicación e industrias culturais. Economía Sanidade Sociedade: Servizos sociais, crenzas relixiosas e
inmigración. Sociedade: Asociacionismo, deporte, lecer e turismo. Proxección exterior da lingua.
Obxectivos do Plan
● Garantirlle a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe.
● Conseguir máis funcións sociais e máis espazos de uso.
● Introducir na sociedade a oferta positiva de atender o cidadán ou o cliente en galego.
● Promover unha visión moderna e útil da lingua.● Dotar o galego dos recursos lingüísticos e técnicos
necesarios.
Administración
● O obxectivo fundamental é que o galego sexa a lingua habitual das administracións autonómica e local.
Educación e familia● As medidas céntranse no aumento do galego como
lingua vehicular en todos os niveis.● Preescolar e Educación Infantil: oferta en galego
para todos os nenos galegofalantes.● Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e
Ciclos Formativos: como mínimo o 50% da docencia en galego
● Canto á mocidade: fomentar o uso do galego nos ámbitos sociais de máis impacto e utilización por parte dos máis novos.
Medios de comunicación e industrias culturais
● Prensa escrita: nun prazo de 10 anos mínimo o 30% en galego.
● Concesión de subvencións segundo a porcentaxe de uso do galego.
● Cine: a dobraxe dun mínimo de 10 películas anuais.
Economía
● Para os produtos galegos promoverase a tripa etiqueta (galego, castelán e inglés).
Sociedade
● As medidas neste ámbito van encamiñadas á promoción do galego en aspectos como o deportivo e o lúdico.